Page 1


Si, chegamos, xa estamos en 4º ESO e Begoña quérenos explotar: ESTE ANO TEMOS NÓS QUE FACER A REVISTA!!! Imos contarvos todo o que pase ó longo do curso: noticias interesantes do alumnado, actividades realizadas no centro, comentarios de lecturas e música, excursións que fagamos, traballos, concursos, exposicións, talleres e a «UVL» (unidade de vixilancia lingüística) para contarvos as «paridas» que din os profesor@s e algúns alumn@s. Escribiremos poemas, relatos e faremos debuxos, falaremos do medio ambiente, deportes e ensinarémosvos a cociñar algún que outro prato e a ter unha dieta sana. Se non vos gusta isto haberá pasatempos, tests, horóscopos… e cousas relacionadas co tema do curso: AS CIVILIZACIÓNS ANTIGAS.

ÁNIMO E A MERCALA A FIN DE CURSO QUE XA SABEDES QUE OS CARTIÑOS VAN PARA OS NENOS EX SOLDADO DA REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO, QUE BOA FALTA LLES FAI!

4º A ESO


1

O TEMA DESTE CURSO:

DENDE AS CAVERNAS ÁS ESTRELAS Este curso a nosa viaxe comeza na Prehistoria e nas primeiras civilizacións. Para situármonos, a nosa viaxe ten dúas etapas: A primeira comeza hai uns 5 millóns de anos, cando viven os nosos primeiros antepasados: os Australopitecus. Con eles e os seus descendentes, veremos como empezamos a camiñar erguidos, como dominamos o lume, como empezamos a soterrar os nosos mortos, a falar e a facernos artistas. Asistiremos á primeira revolución, que nos fai producir os nosos propios recursos e descubriremos que é máis útil un machado de ferro que un biface de pedra, sen esquecer os nosos castros, dolmens e menhires. Na segunda etapa da nosa viaxe, chegaremos a terras afastadas, onde –ás beiras dos grandes ríos, o Tigris, o Éufrates, o Indo e o Nilo– tiveron lugar as primeiras grandes civilizacións. Miraremos as estrelas cos mesopotámicos, visitaremos os xardíns da mítica Babilonia, coñeceremos a orixe do noso alfabeto en Fenicia, aprenderemos matemáticas cos arquitectos de Exipto, quedaremos impresionados ante as súas pirámides e abraiados polas riquezas dos faraóns, esperando que a maldición da momia non chegue a nós…


2

ALGO SOBRE OS NOSOS CASTROS

En Galicia, encontramos innumerables restos dunha antiga cultura. Son os chamados «castros», pobos máis o menos grandes formados por casas circulares de pedra, fortificados e construídos en lugares elevados, que permitían ver a chegada dos inimigos. Case toda a información que hoxe en día dispoñemos dos castreños (habitantes dos castros), debémoslla a un historiador grego chamado Estrabón: «Todos os habitantes da montaña levan unha vida sinxela, beben auga, dormen no chan e levan o pelo longo coma as mulleres; no combate poñen na súa frente unha cinta. Principalmente comen carne de macho cabrío e fan sacrificios a Ares, deus da guerra». A relixión castreña era politeísta. Crían en deuses facedores do mundo, en divindades relacionadas coa guerra, o vigor físico e a forza e en deidades relacionadas coa produtividade e a abundancia. A clase relixiosa –curandeiros, sacerdotes e druídas– gozaba dun estatus especial. A realeza caracterizábase por ter uns lazos místicos coa terra e unha das suas funcións era a xudicial. Os seus membros procedían da clase guerreira e o seu posto era electivo e revocable. En Galicia hai máis de 3000 xacementos arqueolóxicos da cultura castreña. Por aquí cerca, no municipio de Miño, temos unha mostra na zona de San Xoán de Vilanova. Aquí, os arqueólogos atoparon pezas de decoración corporal, como un valioso e importante torques de ouro. Na actualidade, este castro non se pode excavar para poder ser visto en todo o seu esplendor, xa que se atopa nunha propiedade privada e os donos non o permiten.

PATRICIA

E

ALEX, 4º ESO


3

CANTAS COUSAS FIXEMOS! Como todos os anos, celebramos o SamaĂ­n, fixemos un magosto no cole, celebramos o NADAL e viĂąeron os Reis para saber se foramos bos durante o ano...


4


5

HISTORIA DUNHA CABAZA DE SAMAÍN

Nenos e nenas de 5 anos


6

VISITAS, EXCURSIÓNS E DEMAIS Fomos os alumnos de 2º, 3º e 4º que cursamos francés ao colexio Cruceiro Baleares para ver unha obra de teatro de Molière. As profes que nos acompañaron foron Bego e Carmen Presedo (como era de esperar). A obra estivo moi ben. Eran soamente tres actores, pero eles sós facían un montón de personaxes! Ademais de introducir algunha que outra canción con coreografías sinxeliñas polo medio, a Aquí estamos todos obra era sobre unha rapaza que estaba namorada agardando para de Clitandre, pero a súa nai –que estaba «estudando entrar. modais» cun home moi cursi– non aceptaba ese compromiso! Ela quería que casara co home que lle ensinaba... pero o pai... o pai e a sirventa fixeron unha trampiña... E resolveuse todo cun bonito final. Á maioría gustounos moito, dado que a obra tiña un lixeiro toque cómico. Despois de asistir á obra, e estar «marujeando» un anaco, fomos á cafetería e alí estivemos ata que a Begoña lle entraron as ganas de tomar o sol... e díxonolo a Alex, a Silvia e a min. Entón alá fomos... tomar o sol os catro! Pero miramos cara atrás e detrás nosa vimos que viñan TODOS-AS! Jejeje… pensaban que marchabamos!!!!!!!!! En definitiva, pasámolo xenial e deberíamos facer isto máis veces... aínda que Begoña nos diga que sempre andamos de parranda! PATRICIA, ALEX E SILVIA

LANZALIA NA TVG! Hai uns días, ás pandereteiras da A.C.R. do Castro de Miño, chamáronnosda TVG e preguntáronnos se podiamos actuar para un programa, «A SOLAINA». Foi todo improvisado: fomos ensaiar coa nosa profesora, Fransy, e deunos a ropa tradicional que iamos poñer ese día. O programa rodábase en directo e todas estabamos moi nerviosas, pero ao fin e ao cabo, saíunos ben. Cando rematamos de tocar a Maneo e a Punteada de Cerqueda, a presentadora foi facéndonos algunas preguntiñas ao noso grupo, LANZALIA. A presentadora non sabía que había concursos de pandereteiras! Preguntarédesvos que é iso, ¿non si? Ben pois eu estou aquí para explicarvos en que consisten. Todos os anos celébranse varios concursos de pandereteiras e gaiteiros, si, si, como o ledes. Tamén hai concursos de gaiteiros. Ben, para comezar, explicareivos o das pandeiretas: non todos os anos imos pero sempre que o facemos, polo que eu recordo, gañamos algo. Temos tres primeiros premios no concurso de Xiradela, un en cada categoría (A, B, C) e no concurso de Xacarandaina un segundo premio, como tamén acontece no concurso de Cantigas e agarimos. Seguindo co programa, a moza preguntounos moitísimas cousas do noso grupo, por exemplo, que é LANZALIA? Pois ben, para nos é alegría e moita festa. E agora… aproveitando a nosa revista «Dtodo», esperade un momentiño que vos vou presentar o noso grupo… Pasade, pasade…! IRENE TARACIDO, 3º B ESO

De esquerda á dereita: Noelia, Sara, Claudia, Andrea Montero, Andrea Seijas, Leticia e Irene.


7

MADRÍ, MADRÍ, MADRIIIID... Alá fomos con Patricia, Rosa e María Méndez. Pasámolo moi ben pois comezamos a relacionarnos con outros compañeiros cos que dentro do colexio nin nos saudabamos. Tamén rimos e cantamos moito. En fin, unha excursión na que houbo de todo, ata algunha pequena perda: algúns compas foron a un restaurante CO MESMO NOME no que quedaramos pero........... a un quilómetro de distancia!!! E ... quizais vos preguntaredes se é pasalo ben ir ata Madrid con algunhas das profes máis «estritas» do cole!!??? Pois abofé que si porque fomos ver moitísimas cousas: ao Prado e ao Reina Sofía, uns museus enormes; a Faunia, un parque temático da Natureza; ao Bernabeu, que non fai falta explicar que é...; ver o Circo do Sol, espectacular circo sen animais; ver Os Miserables, un musical de moito éxito; ao Xanadú, un dos centros comerciais máis grandes de Europa a onde, se tedes a oportunidade de ir, recoméndovos que probedes os karts porque son unha pasada. E tamén tivemos algún ratiño de tempo libre. Ademais... coas profes non houbo ningún problema, só que non nos deixaron durmir nalgún momento dos que queriamos, jejeje... A nosa viaxe só tivo unha pega: os nosos compañeiros de hotel, uns italianos que non paraban e que facían un ruído in-so-por-ta-ble. Pero foi unha bonita experiencia! IVÁN PENA, 3º ESO B

A PATINAR!!!! O día 25 de Xaneiro fomos patinar sobre xeo os alumnos de 3º e mais 4º. Pasámolo xenial e patinamos unha hora seguida! Fixemos de todo: o tren, tirarnos xeo, correr, empuxar, agarrarnos das mans... Aínda que tivemos un pequeno problema: uns nenos doutros colexios rían das nosas caídas... Pero fixemos a nosa propia vinganza... así que saímos da pista entraron eles... e... Entón fomos nós os que rimos ás gargalladas e os que berramos cada vez que caían eles! De novo, esta foi unha experiencia digna de recordar! IVÁN PENA, 3º ESO B

TAMÉN ESTIVEMOS CON XAVIER ALCALÁ Fomos á biblioteca do cole para asistir a unha conferencia de Xavier Alcalá que resultou moi interesante porque é un home moi falangueiro, gran comunicador e un bo conversador. Falounos de todo o habido e por haber, ata de fútbol!!! 4º A - B ESO


8

DIXEMOS

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!! TI SENTES SATISFACCIÓN??? EU SINTO LÁSTIMA

NEREA LÓPEZ

Non deixes que ninguén che poña a man enriba! Carla Rivera

Obsesión e posesión= VIOLENCIA Silvia Blanco ALGUÉN QUE CHE PEGA, NON TE DESEXA Manuel Grueiro CADA MULLER MALTRATADA É UN PASO ATRÁS

Patricia Freire e Alex Pérez

A PRIMEIRA VEZ QUE TE VIN, XUREICHE A MOR ETERNO. A PRIMEIRA VEZ QUE ME PEGACHES, XUREIME QUE SERÍA O FIN DESA ETERNIDADE Patricia Freire e Alex Pérez

NON PECHES A BOCA. BERRA FORTE!!!

Irene Valiño

Se un home che levanta a man, DENUNCIA! TOLERANCIA CERO! Diego López

Moitas inocentes mortas. Moitas familias destruídas… DAVID VIDAL

Unha labazada non é a solución. Para resolver problemas: comunicación Juan Picos A PRIMEIRA: A DERRADEIRA! Xandre Rodríguez

NON PEGUES! Manuel Amado


9 MARÍA ANTÍA SUSANA SARA MARINA CARMEN SONIA BELÉN KATTHY ANA SOFÍA XOANA ANDREA PILAR EDITA ROSA YING YING CHUS BERTA MARTA PATRICIA NEREA SILVIA TERESA SABELA Mª XOSÉ NOELIA FLOR CORAL CLARA ELVIRA RITA BEGOÑA ELSA UXÍA ELISA RAQUEL LUZ SOLEDAD CAROLINA ADRIANA LUÍSA LIVIA RUTH DIANA DORACONSUELO MARISA MAGDALENA ALMUDENA ARANTXA CRUZ XOANA MARÍA ANTÍA SUSANA SARA MARINA CARMEN SONIA BELÉN KATTHY ANA SOFÍA XOANA ANDREA PILAR EDITA ROSA YING YING CHUS BERTA MARTA PATRICIA NEREA SILVIA TERESA SABELA Mª XOSÉ NOELIA FLOR CORAL CLARA ELVIRA RITA BEGOÑA ELSA UXÍA ELISA RAQUEL LUZ SOLEDAD CAROLINA ADRIANA LUÍSA LIVIA LAURA RUTH DIANA DORA CONSUELO MARISA MAGDALENA ALMUDENA ARANTXA CRUZ XOANA MARÍA ANTÍA SUSANA SARA MARINA CARMEN SONIA BELÉN KATTHY PILAR EDITA ROSA RUTH FLOR XOANA ANDREA PILAR RITA...???????????????????STOP!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Todas as persoas temos dereito: – A vivir unha vida libre de abuso de poder. – A contalo, cando sexamos vítimas de violencia ou abusos. – A buscar apoio e pedir axuda. – A sentir medo, rabia, tristeza, alegría, xa que as emocións son esenciais na supervivencia. – A levar unha vida digna, libre de vexacións. Ninguén ten dereito: – A agredir a outras personas, nin física, nin psicoloxicamente. – A forzar a ninguén a facer algo que non quere. – A violentar ou tocar o corpo doutra persoa para o seu beneficio persoal. Igualmente debes saber que: – As emocións poden expresarse axeitadamente. – Existe o abuso psicolóxico (insultos, ameazas, restricións, etc.) - Hai persoas adultas en quen podes confiar. – Hai un teléfono para chamar e contalo todo: 016

PARA FALAR DO TEMA TIVEMOS UN ENCONTRO CON NIEVES O día 29 de novembro, Nieves veu polo cole. Quen é? Pois é unha educadora social que nos falou dos problemas das mulleres que sofren violencia de xénero. E alí estivemos 4º A ESO e 4º B ESO.


10 HAI MOITAS COUSAS QUE DESEXARÍA FACER ANTES DE MORRER... Hai moitas cousas que desexaría ter feitas antes de morrer. Si, din que ir á escola é aburrido, pero a min encantaríame coñecer a educación. Daríao todo por vivir a etapa dos dezaseis: saír de festa, fumar ás agachadas, coñecer o meu primeiro amor e chorar por iso, desobedecer... En definitiva, facerme home. Quizais ninguén me escoite, quizais ninguén me sinta e é probable que poucos se acorden de min, pero necesito falar. Necesito dicir que á miña nai matouno un «cabrón» que se facía chamar o seu marido. Como é obvio, morrín con ela. Meu pai, esa gran persoa de portas cara fóra e ese asasino de portas cara dentro. Sen embargo, ela amábao. Amaba a súa maneira de mentir aínda que sabía que debía poñerlle fin. Cantas veces sentiríaa chorar, pedirlle que tivera compaixón, rogarlle unha e outra vez que a soltara... Pero el menosprezábaa e poñía a súa autoestima polo chan se a miña nai non lle daba sexo. A noite final, mamá e el pelexaran porque mamá estaba enferma e non podía erguerse para facerlle o almorzo. Como xa estaba de 8 meses o médico rogoulle que non se erguese. A persoa á que poderíamos chamar meu pai entrou furioso no cuarto e botouna da cama tirándolle do brazo. Mamá caeu. Tiña dificultades para erguerse. Comezou a darlle patadas en sinal de protesta, pero ela non podía moverse. E foise. Parecía que todo pasara, pero volveu. Esta vez cun coitelo na man, dos novos, recén afiado. Mamá choraba, gritaba, pateaba, pedía clemencia. Eu limitábame a sentir a súa dor. E o seu corazón deixou de latir... O meu foise con ela. A miña alma seguía vendo como meu pai, coas mans ensanguentadas, alonxábase dicindo: «Que é o que fixen? ¡Bah, a quen vou enganar, alégrome! Unha guapa menos. Unha vez morta non poderán mirala, non poderá irse. É miña, miña, só miña». RAQUEL PORTAS 4º B de ESO

Celebramos o día da PAZ:

Apoiando aos nenos ex soldados


11

A Candeloria:

A FESTA DA LUZ E DO AMOR (2 de febreiro) «Cando a candeloria chora, medio inverno vai fóra; e que chore ou que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar». Velaí o refraneiro para o inicio deste mes de febreiro, pero hai moitos máis... A orixe está nunha antiga festa pagá, celta, na que se colocaban candeas nas fiestras das casas. Entre nós adquiriu un sentido relixioso e é nese día cando se bendicen as candeas a usar na Semana Santa seguinte. Pero a tradición galega ofrece para esta xornada outras fermosas implicacións: – O feito de sentírense no aire os primeiros abrollos, relaciónaa cunha festa primaveral, de exaltación da natureza. – Tamén é o tempo do casamento dos paxariños xa que, da Candeloria en diante, «ningunha ave voa soa», proclamando o día como o da festa do amor. – E ata onde a memoria da xente chega, fálase deste día como o da «festa da luz».

Para celebrar ese día escribimos cartas de amor.


12

PARTICIPAMOS EN: CONCURSOS E EXPOSICIÓNS «Rimos un pouquiño?» Un concurso no que empregamos imaxe e texto para rir un pouco.

Fixemos tamén unha exposición con textos ARGUMENTATIVOS: houbo quen nos quixo «convencer» de que o mellor era ir comer ao bodegón, outros que para ir en bicicleta debes mercar un casco «Corneta»; outros que con deterxente «Cancha» non terás unha mancha...!!!

Tamén estudamos cos alfabetos, dende o inicio da escritura ata hoxe. E fixemos unha exposición conxunta: alumnado de cuca e Infantil 5 anos) con escrituras diversas, dende as runas ata os xeroglíficos exipcios. Todo un traballiño ben feito! ALUMNOS/AS

DE

CUCA

E moitas cousas máis que veredes ao longo da revista xa que pertencen a temáticas distintas.


13

MOITOS ANOS XA...!!! Si, moitos anos xa: en concreto, oito. Oito anos levamos xa celebrando a

no noso cole a fins de curso. E quero aproveitar a nosa revista para agradecerlle ao profe (J.L. Graña) o traballo que fixo durante estes oito anos en todas as Festas da palabra nas que todos o pasamos tan ben, aprendemos e ensinamos a toda a comunidade escolar o valor da nosa lingua e da nosa literatura. Tocoume escribir a min estas verbas porque me vou... e porque sempre participei recitando ou sendo personaxe dunha obra dramática. E só digo unha cousa máis: espero voltar e seguir vendo nos anos futuros esta celebración. Grazas, Graña, por aturarnos, por ensaiarnos, por ter paciencia e por amosarnos o bonito mundo das palabras. JUAN PICOS VARELA, 4º A ESO

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS Fomos a Monforte, lugar de nacemento do autor homenaxeado este curso: LOIS PEREIRO. E alí, os alumnos de 4º A, dous alumnos de 4º B (Javier e Laura) e un grupo de alumnos-as de 1º BAC de As Pontes, acompañamos e animamos durante catro horas aos «nosos artistas» que pintaron un grafitti nun muro que nos cedeu o Concello monfortino. Quedou chulo, chulo. Os artistas foron Rubén Moledo, un excelente grafiteiro de As Pontes ex alumno de Begoña, e Manuel Grueiro. Dende aquí, grazas Rubén por deixar o traballo e achegarte a Monforte dunha forma tan desinteresada. E grazas a Manuel porque por fin se responsabilizou do seu «traballo». Así quedou de ben! 4ºESO A


14

POSTAIS PARA LOIS Foi un frío día de febreiro. A profe entrou na clase coa disposición de facernos traballar duro. E así foi. Cada un recibiu unha cartolina e tivo que plasmar nela un poema de Lois, escollido entre unha chea deles. Despois tivemos que facer un debuxo en relación. Todo ía ben. Todos desfrutabamos e traballabamos, peeerooo… chegou o momento en que Begoña dixo que como o selo que iamos poñer, o de Lois Pereiro, non era válido porque Correos NON O ACEPTARA, entón… debiamos cada un de nós comprar un selo para enviar as postais a León. O selo custaba nada máis e nada menos que medio euro, unha barbaridade!!!! J De todos modos, todos aceptamos. E conseguimos facer unhas postais ben fermosas:

En León foron moi ben recibidas, encantáronlles e a nós tamén nos gustou que o noso traballo fose tan ben acollido en terras castelás. Os-as que queirades ver as postais, entrade en: http://loispereiropostal art.wordpress.com/ Ou na páxina web de islakokotero.

B RAIS , M IGUEL MATA (3º ESO)

E

J UAN


15

DÍA DA CIENCIA

Durante dous días celebramos o Día da Ciencia no cole. Os alumnos e alumnas de 3º ESO fixemos un experimento cun fígado; os de 4º ESO fixeron unha maqueta dun volcán que a nós nos pareceu moi interesante. Tamén houbo maquetas de bacterias, espermatozoides... que lle levaron moito tempo a Elvira, a nosa profe de Bioloxía. Os de 1º e 2º tamén fixeron experimentos curiosos que explicaron moi ben (por certo, algúns mellor ca nós...). Houbo moitas cousas divertidas e interesantes e todos nós convertímonos nos pequenos científicos que levamos dentro por dous días e, o máis importante, aprendemos moitas cousas. Agora xa fin de curso, desexámosvos que teñades todos e todas unhas boas vacacións e que aproveitedes os coñecementos adquiridos. VERÓNICA FACHAL

E

YING YING


16

SOMOS PINTORES

VERÓNICA, 3º A

NOELIA

E

SARA, 3º B

IVANNA, 3º B

ANTÍA, 3º B


17

Debuxos de alumnos de 5anos


18

OS PROFES TAMÉN SABEMOS DEBUXAR E neste caso, moi ben. Non vos parece? Poñede nome ao autor-a…


19

SOMOS ESCRITORES

¡AI MIÑA QUERIDIÑA! ¡AI MIÑA QUERIDIÑA! QUE FERMOSA ES. A VIDA SEN TI, EU NON A TERÍA. ¡AI MIÑA QUERIDIÑA! TODO ME FAI QUERERTE. CANDO CHEGA O VENRES MORRO POR VERTE! JUAN SÁNCHEZ

EMBARAZADA AOS 16! Embarazada e non podía crelo. Pero se só teño 16 anos! Isto é algo incomprensible. Tomei as precaucións precisas e mírame. Non rematei os meus estudos e non teño un oficio aprendido e en canto llo diga aos meus pais de seguro que me botan á rúa. A onde vou ir? Teño que falar con Andrés o antes posible. Como tomará a noticia? Son as dez da noite e aínda no me atrevo a entrar na casa. Xa falei con Andrés e apóiame en todo.


20 Teño sorte. Se fose outro deixaríame tirada coma un can. Acompáñame á miña casa e falamos cos meus pais. Supúñao: non queren que estea alí. Collo as miñas maletas e marcho con Andrés. Non sei aínda a onde, pero lonxe. Mentres camiñamos penso entre bágoas o que me dixeran os meus pais: «Abortar nin de broma». Pode que isto desfaga os meus plans de futuro, pero non penso asasinar o meu fillo. De súpeto sinto que soa o teléfono. É a nai de Andrés que chama preocupada. Entón el explícalle o sucedido e ela axúdanos. Hoxe imos durmir na casa da nai de Andrés e despois imos alugar un piso. Andrés deixará os estudos e poñerase a traballar. Non saíu tan mal pero en momentos así gustaríame sentir o apoio da miña familia e non sentirme tan soa. O peor de todo é que xa non poderei ir á escola, saír coas miñas amigas, ser unha adolescente outra vez. A culpa é nosa e teremos que saír adiante xuntos coma unha familia, pero aínda así non podo evitar sentir este medo tan grande. Quéroo e agora só teño que pensar que imos saír adiante os tres. Pero como din por aí, a casa no se empeza polo tellado e vai ser un camiño longo e difícil de percorrer... pero espero que xuntos, conseguiremos rematar. ALISON – 4º B de ESO

A NENA DA CASA ENMEIGADA Cando eu tiña trece anos, fun xogar ao fútbol cos meus amigos ao bosque. Os citados fomos: Tania, Clara, Diego, Andrea e eu. Estabámolo pasando moi ben, pero, ós quince minutos de que comezaramos a xogar, Tania deulle tal golpe á pelota que esta saíu disparada cara ás árbores. Comezamos a correr todos cara a onde fora a pelota, e, atopámonos diante dunha casa vella, pero moi bonita. Por fóra víase que estaba feita de madeira e que ardera en anos pasados. Decidimos entrar todos xuntos nela. Eu fun a primeira en abrir aquela porta que estaba totalmente esnaquizada. Todos tiñamos moita curiosidade por saber que albergaba aquela estraña casa por dentro. O primeiro que vin foi un salón ensumido nunha abrancazada e espesa néboa. Os mobles estaban cheos de teas de araña, vellos e deteriorados. Tamén parecía que estaban queimados, o mesmo ca a casa. A respiración facíase cada vez máis e máis dificultosa co paso do tempo, e todos comezamos a tusir. Nun intre, escoitei que a porta se pechaba rapidamente. Xirei a cabeza para ver que pasara e non vin a ningún dos meus amigos. Fun dicindo todos os seus nomes un por un, pero os meus esforzos non daban resultados. -Onde estades todos?- berrei con todas as miñas forzas, pero ninguén respondía ás miñas preguntas. Esperei uns minutos pero ninguén aparecía. A néboa foi facéndose cada vez máis e máis espesa e houbo un momento no que case non se podía respirar.No intre en que pensaba que ía morrer afogada, unha nena pequena entrou no salón; tiña postas dúas coletas na cabeza, e o resto do seu pelo longo e louro caía polos seus ombros e polo seu lombo coma auga que flúe por unha rúa. A nena, duns seis anos, díxome con aquela vociña que rompía o silencio: -Moléstache a néboa? A nena dou un estalo cos dedos e todo o aire que non me deixaba respirar desapareceu misteriosamente.


21 -Chámome Altea e teño sete anos -dixo mentres comenzaba a camiñar cara a min-. E ti? -Eu chámome Natalie -dixen cun fío de voz. Altea levaba posto un vestidiño curtiño de cor azul, que lle chegaba ata os xeonllos.Tamén tiña postas uns zapatiños azuis cuns calcetíns a xogo que cubrían os seus pés de boneca. A nena cada vez estaba mais preto de min. -Queres que che conte unha historia? Vai sobre por que estou aquí e por que así. -Claro que quero sabela -dixen eu. -Cando eu tiña cinco anos, o demo meteuse no meu corpo, apoderouse da miña alma. Ao principio, meus pais pensaban que o que pasaba era que eu tiña días un pouco raros. Pero cada vez esas estrañas cousas que facía foron ocupando a miña vida. O demo atormentábame cada mañá, cada tarde, cada noite. Era como se tivera control do meu corpo. Ás veces atravesábame a pel, ou facía que eu me subira enriba da neveira coas luces apagadas. Era insoportable, día a día o demo atormentábame cada vez máis. Cada vez que eu vía lume, saía correndo á procura del, tirábao no chan e tentaba asasinar a quen o tivera. Iso ocorría día tras día, era unha rutina. Tres meses despois de que se deran conta de que o demo estaba en min, decidiron facerme un exorcismo. Cada noite era un, ata que o 27 de marzo, o meu corpo non aturou máis exorcismos e morrín. - Entón, como é que estás viva agora? -Estou viva porque o demo xa ocupou o meu corpo e como nunca morre, eu tampouco. - Es unha reencarnación do demo? - Sí, son. - Non te podes librar del? - Sí, hai unha forma. - Pois, por que non a realizas? - Creo que agora xa vou poder librarme deste suplicio. - Como? - Eu quedo libre do demo se outra persoa decide que o demo pode estar no seu corpo. Síntoo, pero ti es a persoa elixida. A nena colleume a gorxa coas mans e intentou esganarme. Comecei a gritar, e pechei os ollos. Cando os volvín a abrir, estaba tirada no sofá, soa na miña casa. «Foi só un soño», pensei aliviada. Nunca pasara tanto medo nun pesadelo. Agora xa pasaron dez anos. Antes pensaba que esa parvada de pesadelo fora só iso: un soño, pero non é así. Nos últimos anos Altea empezou a aparecérseme na universidade, no traballo e na rúa. Non sei que facer. Hoxe é 27 de marzo, o mesmo día que a nena Altea morreu. Teño medo de que a nena volva, e que intente de novo esganarme. Pero, que é ese ruido? Oh, non! É Altea! -Ola, Natalie. Canto tempo!.


22 -Non me fagas dano! Altea colleume a man, e empezoume a escocer. Sinto cousas raras. Que me está pasando? O demo! Non! PD: Natalie non pode rematar este texto porque xa está morta e xa posuín o seu corpo. Estade todos atentos, porque en calquera momento podo roubarvos a alma e apropiarme do voso corpo. Asinado: O DEMO. HELENA FERNÁNDEZ VALES

Onte soñei contigo, que os teus labios me bicaban. E nos teus labios adormecín, miña ruliña. Soñei que rías, que rías comigo. Soñei que chorabas, que chorabas por min. KEVIN VARELA MACEIRAS

Un libriño que fixo o alumnado de CuCa. A portada é de Ying Ying. Atoparédelo na biblio.

Gústame o debuxo a carbón e a pintura porque me relaxa. Cantar e pasar o rato compoñendo porque adoro a música. O deporte, porque despois de practicalo me sinto moi ben. Ir á piscina no verán porque non me gusta a area das praias. Saír cos meus amigos porque o paso moi ben. Non me gusta ver os animais en xaulas porque me parece inxusto. Ver a paisaxe chea de lixo. Que a xente non sexa sinceira. Que os abusóns se metan cos máis débiles porque non é xusto. Os egoístas. Teño medo das serpes. De cando estou soa e oio ruídos estraños porque me poño moi nerviosa. De poñerme nerviosa cando teño que falar en público. VERÓNICA FACHAL


23

No concurso de relatos breves arredor da historia antiga e clásica resultou gañador o relato:

AFRODITA Afrodita, como xa sabedes, é a deusa so amor. Pero o que non sabedes é por que. Como tódalas rapazas na súa adolescencia, ela estaba namorada dun rapaz que era moi humilde e analfabeto, coma case todos os rapaces naquela época. Afrodita non sabía por que se namorara del, pero si que sabía que o amaba. Un día confesoullo á súa nai. A nai, enfurecida por tal barbaridade, non deixou que Afrodita saíra da súa casa nunca máis. O rapaz, chamado Xeremías, deuse conta de que Afrodita estaba encerrada na súa casa e que ela o amaba profundamente. El tamén estaba namorado dela e quería confesarllo, aínda que fose o último que fixese nesta vida. O pai de Afrodita mandou matalo. A súa filla non podía estar cun home humilde e analfabeto senón que tiña que casar con alguén que fora importante e rico. Afrodita deuse conta do que quería facer o seu pai e quixo fuxir. Tirouse pola ventá con tan mala sorte que bateu a cabeza contra o chan e morreu. A nai encontrouna morta e mandou que lle trouxeran a Xeremías. Díxolle que el tiña toda a culpa de que Afrodita morrera. Entón torturárono ata matalo.

Esta é a historia de Afrodita. Agora ela intenta que dúas persoas que se aman sempre estean xuntas. LAURA COUSIÑO INFESTA 4ºB ESO

O XURADO DE 4º A ESO


24

QUE... Viaxar en barómetro, cometer erros, ser idiotas, ducharse con minutos, ser golpeados, ser sempre o último, berrar o contrario do que di o outro, ser intelixente, respectar a todo o mundo, votar por fulano, respectar a natureza e a pintura, a orixinalidade e a liberdade, ser diferente, explotar as ideas, ser incomprendido, ter maxia, soñar, crer no imposible, ser descoñecido, ser irrealista, ser rompedor, ter cen desexos, crer na fantasía, deleitarse coas paisaxes, ser imposible, ser pensador, ser librepensador librepensador,, ser artista, maquear a realidade, ser un escravo da beleza e da imaxinación, viaxar de soño en soño, ser único, facer obras irrepetibles, crer en ti, ser innovador, vivir para a arte, crer na arte, facer arte, amar a natureza, ser cor, ter un pouco de tolo, ir a outra galaxia e voltar en tres minutos, ter mil propósitos, soñar coa imaxinación, imaxinar un soño, vivir nun tiovivo, ver o cemento, tocar a herba, ser preciso, contar coa mente mente,, ver as cousas boas e as malas, ler un libro en grego sen saber grego, ser rápido, ser cambiante, ser inesperado, durmir na herba, bañarse nun lago, beber a auga da chuvia, contemplar a primavera, sorrir incompresiblemente, vivir e amar o ideal ... ideal...

iso é ser un ser fel feliz! PATRICIA FREIRE, 4º A ESO


25

QUE É GALICIA? PARA LOIS PEREIRO: a. Auga, Ar. A Amnesia do vencido, a Atracción do Abismo, a Árbore ao pé da Árbore e a ledicia do espacio circundante. O Atlántico e a Alma e o Acantilado co corpo da súa chamada Atroz. b. Barroco: a Beleza cotiá feita materia en pedra á Beira do Bosque, omnipresente. c. Calma. Castelao, Curros, Cunqueiro, Cultura, Celebración e Culpa: unha Conciencia Céltica do Cosmos. d. Difícil é definir esa Dor. Dobregar o Destino, e facer que o Destino siga sendo útil. (Diluvia). e. Espiral no Espacio Esférico. Emigración: o Estímulo do noso Exilio interior que nos leva polo Leste cara a Europa, polo mar cara ao Éxito e a Enfermidade, e sempre ao Eterno Estrañamento do Espírito. f.

Fogar. Fantasía. Fábricas, Fevre, e as Formas do Futuro, Figuras do pasado. O Fenómeno atmosférico da Felicidade e toas as Festas do mañá...

g. Gráficas do Granito, auga e silenzo, onde transborda a alma da Gulfstream. O xemido das Gaitas, e non carácter esa amable presenza da Graxa. h. Historia: Herbicida o olvido. A Humidade, o «Horror vacui» e a Humildade impídennos convertir a Historia en Heroísmo. A nosa Herdanza adestraza na fuxida, coa sabedoría das vellas feridas, vencidos somentes por nós mesmos. i.

Ironía: a arte de convertir o Inferno nun conto de Inverno.

l.

Loito: manchas na paisaxe, bolas negras sobre o tapete verde.

m. O Misterio da Música dos Mortos, pero o Miño vai levando ese Misterio ao Mar. n. Norte. Noite. Néboa. Negro: materia poética Nacional. o. Oeste: «Galicia atende e obedece á chamada do Oeste (R.Otero Pedrayo). Tantos séculos de Ofensas e Olvido crean anticorpos no Organismo dun pobo, e esa continua Ofensa da historia vai xenerar no Orgullo deste pobo apacibre e destrutivo Osíxeno do Odio, a Obsesión do fracaso e da culpa. p. Poesía. Patria. Paixón. Perigo de extinción, Perdidos na nosa Propia Pureza, da necesidade de ser un Pobo. A nosa indiferenza alimentará o Proceso de autoxenocidio que vivimos. Paisaxes espalladas, enfiadas entre os Perfís do Pasado, coa Presenza dunha vexetal sensación de eternidade. q. Química da dor. Quintaesencia do medo. Quen ri ao meu carón? r.

Río: o Rumor da vida, a Relixión das augas. Os Risos xorden sempre onde Reina a calma, no fondo acougo de quen coñece o Risco e o domina. Rural: corre sangue Rural por estas veas; e se algunha vez a Razón opón Resistencia, o galego Recoñécese na terra, na lenta vitalidade da árbore, na invencible Resignación da herba.

s. O Son da Soidade e o Silenzo. O Salvaxe Sarcasmo dos Soños do presente, e a Silente atracción polo Sucidio: o Sil. O Miño é o noso Sangue, e o Sil a Súa Sombra. Sereos e Sombríos, finalmente transcende o Sorriso astuto. t.

Terra. E o Tempo, o Trastorno e as súas Tebras. A Tradición dunha Triste Tenrura. A Terra é o principio, e Todo existe nela e para ela.

u. Utopía: compaxinar o desexo e a necesidade dos nosos soños. v. Vacas en Vales mollados e a férrea Vontade dos Vellos encadeados á terra, co Vicio do seu fatalismo escéptico. Verde, Verde e máis Verde sobre outros Verdes, e por tras: Verde. x. 25 de Xullo. Z. FIN.


26

ESCRIBIMOS AO XEITO DE LOIS:

PARA JUAN PICOS: a. Amizade, Andar cos que quero. b. Bulir, Beber, Bosque, Berrar... c. Celta: Cultura do pasado da nosa terra. d. Dozura, Desexo de Destruír e axudar aos Derrotados. e. Exilio, Emigración, Estranxeiro. f. Fieito, Ferreñas, Falar... g. Galicia! h. Humildade, Historia da terra e Humidade. i.

Inverno Íntimo cos Irmáns galegos.

l.

Loita contra as inxustizas para acadar a Ledicia das xentes.

m. Miño, Mar, Marea, Marisco. O que sempre está aí e nunca Morrerá. n. Noroeste, Noite, Néboa. o. Otero: Obsesión polo Orgullo galego. p. Patria, Pobo, Persoa, Percebes… PAÍS! q. Queixo. Cocido Quente, coidado con Queimarte! r. Risco, Rivas, Ruralidade, Resistencia, Rumor dos pinos. s. Sil, Sorriso, Sangue que deixaron xentes do pasado por este gran territorio. t. Tradición da Terra con gran Tenrura polas cousas Tolas. u. Ubre das vacas leiteiras. Uces. v. Viño, Valado, Verde, Vacacións... x. Xabarín, animal celta. z. Zapatos: para percorrer este recuncho acolledor da Península Ibérica que chamamos GALICIA.


27

HOMENAXE A GUSTAV KLIMT, «O BICO»

Bico abraiante! Que gran corazón! Moita paixón! DAVID VIDAL DURMIDA CO ENCANTO, SOÑANDO CON EL. VIVINDO UN SOÑO, ESTANDO CON ELA. TODO ERA MÁXICO, EL, ELA... XUNTOS AO AMENCER SILVIA BLANCO Unha parella namorada nunha noite de verán: Os dous abrazados están cunha doce mirada. NEREA LÓPEZ A noite deixaba entrever O bico dos amantes ao amencer. O sono comezaba a vencer a felicidade do anoitecer. PATRICIA FREIRE

Dous namorados famentos de sexo danse un bico sobre as flores da liberdade. Séntese a paixón da luz do amor e un xogo de cores sobre as herbas... Pero... a muller dubida, xa non quere ser bicada... Un borrón de sentimentos: Indiferenza, noxo, estrañeza, pena, violación do pracer... NADA! POEMA CONXUNTO, 3º B ESO

Amor... cal é o significado? Parella: dúas persoas bicándose. Tenrura. Ollos observadores cheos de paixón e tristeza. Cariño. Unha simple aperta. Amizade. Seres opostos. Compatibilidade. A despedida. Mágoa, pena, destrución. Unha dama morta. Un home espértaa cun bico. Sentimento. Xogo de cores. Unha simple parella. LEDICIA! VERÓNICA FACHAL


28

AS NOSAS CREACIÓNS Como todos os anos, escribimos un libriño. O deste curso é este:

DENDE A MIÑA VENTÁ Todos temos unha VENTÁ pola que ás veces botamos unha ollada e miramos o mundo. A VENTÁ pode ser unha porta ás lembranzas, á curiosidade, á reflexión, aos sentimentos... Dende ela moitas veces soñamos, disfrutamos, curioseamos, rimos, pensamos, choramos... Aquí tedes un exemplo das «nosas ventás» que atoparedes na nosa biblioteca, xa sabedes, no andel de AS NOSAS CREACIÓNS:

Dende a miña ventá vexo a praia de Perbes, na que paso o verán que tanto desexo que chegue durante o curso. Vexo o mar, as lanchiñas e os barcos, un mar ás veces tranquilo e outras tan bravo... Vexo o embarcadoiro dende o cal nos tiramos á auga e tamén vexo as vilas costeiras do outro lado da ría, como Sada ou Lorbé. Observo tamén dende ela os fermosos solpores.

HAIKU Ondas na beira, unha escuma branca. As ondas rotas. LUCÍA SEIJO, 3º B ESO


29

QUEN ERA PEGASO? Os alumnos de CuCa explicámosvos quen era este fermoso cabalo voador.

Pegaso nace de Poseidón (deus grego do mar) e Medusa (unha das tres Gorgonas). O seu nome significa en grego «manancial», porque alí onde pousaba os seus cascos nacía unha fonte. Posuía un carácter indomable, polo que foi perseguido moitas veces para ser domesticado. E só o conseguiu Belerofonte, heroe grego, grazas á axuda da deusa Atenea que lle regalou unha brida de ouro coa que puido domalo e ser o seu dono dende entón. Pero o dominio sobre o cabalo alado non duraría moito xa que Belerofonte se volveu cobizoso e desexou achegarse voando sobre Pegaso ata o mesmo monte Olimpo onde vivía o deus dos deuses: Zeus. Este, enfadado pola ousadía do heroe envioulle un raio que fixo que Pegaso, asustado, tirase do seu lombo a Belerofonte que quedou eivado para sempre. Así o fermoso cabalo puido alonxarse voando e ser libre de novo. NON VOS PARECE UNHA BONITA LENDA? Pois hai moitas máis... (e están nun libriño feito por nós na nosa biblioteca, así que buscádeo e lédeo, gustaravos!)

Alumnos-as de CuCa: ADRIÁN, FER, KATTY, MIGUEL, CARLOS, JUAN, IVANNA, LAURA, ELSA, SOFÍA, BRAIS, YING YING E UXÍA


30

E TAMÉN SOMOS XORNALISTAS Pilar Fariña, unha emigrante de tantas Como todos sabemos, nos anos 50, moitos galegos emigraron cara América á procura dunha mellor calidade de vida. Pilar Fariña, a miña avoa, foi unha das moitísimas galegas que emigraron. Ela atopábase nunha situación moi difícil e, ao estar unha pequena parte da súa familia no Brasil, decidiu ir para onda eles. Alí comezou unha nova vida. ¿Cal era a túa situación neses anos? Era mala. O meu pai acababa de morrer e había dez anos que enfermara. ¿Por que decidiches emigrar? Porque os meus irmáns maiores estaban no Brasil e tiven que ir para alí. A miña situación económica era mala e tiña que traballar. Falemos da despedida. ¿Foi difícil? ¿Como foi a túa última noite na túa casa? Foi do máis triste do mundo (entristécese ao recordalo). Marchabamos o meu irmán en eu, e a miña nai quedaba soa coa súa nora, seis meses despois da morte do meu pai. Durante a viaxe, ¿tes algún recordo que queiras contar? Si. Non comín nada nos catorce días de travesía. Algunhas veces, un camareiro andaluz do barco traíame froita e pan. ¡O olor do barco mareábame! Ao chegar a Brasil, ¿encontraches traballo facilmente? Sí. Xa o atopei o primeiro día que o fun buscar. Contratáronme nunha fábrica de confección de chaquetas ou manharía, como lle chaman alí. Os galegos, no Brasil, tíñamos moi boa fama de traballadores, e iso axudaba. ¿Por que decidiches irte de Brasil para comezar outra vez en Venezuela? Despois de quince meses alí, a moeda caeu, e os meus irmáns fóronse para Venezuela, e eu, con eles. ¿Que é o máis importante que recordas da túa estancia en Venezuela? Alí vivía ben, e casei co meu home. Ademais, tiven a dous dos meus fillos alí (ao dicir isto, médralle un sorriso de orella a orella). Despois duns anos, o teu marido e ti decidistes voltar para a nosa terra. ¿Que foi o que vos impulsou a deixar Venezuela? Queríamos vir para aquí, queríamos as nosa vidas aquí. Cando aforramos para facer unha casa, voltamos o antes posible. Para rematarmos, ¿cal foi o bo e o malo de emigrares? ¿O malo? Deixar a familia e a miña terra. O bo, a satisfacción, despois de traballar tanto (ao dicir isto, nótase a fachenda que sente ao recordar o traballo ben feito), de gañar o meu diñeiro para voltar a estar coa miña familia. Esta é a triste historia dunha das miles de emigrantes galegas que conseguiron saír a diante despois de moito esforzo. Algúns voltaron e continuaron as súas vidas aquí. Outros nunca máis voltaron e viviron coa tristeza de pensar que nunca máis poderían ver a súa familia. IAGO PENA MORADO


31

Fran Castro, un rapaz que sabe compatibilizar estudos e baloncesto Fran Castro vive en Santiago e ten 14 anos. Vén a Viadeiro algunhas fins de semana, en Semana Santa e no verán. ¡É un rapaz que aproba todo con sobresaíntes e pasa en Londres varias semanas no ano coa mesma familia! ¿Con que idade comezaches a xogar? Con oito anos, cando estaba na categoría de preminibásket. ¿Cal foi o teu primeiro equipo? La salle. ¿En que posición xogas? Base. Dirixo o equipo sobre a xogada que temos que facer en cada ataque. ¿Soñas con chegar axiña á ACB ou prefires quedar na túa categoría? Aspiro a xogar na ACB, nun equipo aceptable, empezando polo DKV. ¿Que exercicios practicas para mellorar o bote e a resistencia? O 3x3, trenzas de pase, bloqueos directos, indirectos e cegos. ¿Cales con as túas técnicas de tiro? Depende, podo tirar dende a zona, dende triple e tamén podo canear ao opoñente. ¿Que obxectivo marcas para esta temporada? Xa o marquei e cumpriuse: quedamos de primeiros na nosa liga galega. ¿É dificil compaxinar o básket coa túa familia e cos amigos? No meu caso, non. Toda a miña familia xogaba a este deporte. Pero, en xeral, penso que custa. ¿Que é para ti sentimentalmente o baloncesto? Faime sentir ben, libérame da carga dos estudos, porque é un deporte que me gusta e que se me dá ben. ¿Con que xogador profesional te identificas e por que? Con Rondo, da NBA, xogador dos Boston Céltics, porque corre, sabe dirixir o equipo (é base), é un ídolo xuvenil e fai uns mates incribles. TAMARA TENREIRO SALIDO


32

ENTREVISTA A… Carmen Presedo, a nosa profe de Francés. Comezamos cunhas preguntiñas «fáciles»: -En que Centro estabas antes de vira ao noso cole? -No IES de Mugardos -Que te levou a ser profesora de Lingua francesa? -Gústame ensinar. Quería aprender unha lingua estranxeira e no meu colexio, cando eu era pequena, só había profesor de Francés. -Cal foi a primeira impresión do alumnado cando chegaches a este Centro por primeira vez? -Foi raro. Era a primeira vez que me tobapa con alumnos e alumnas de 12 anos e, sinceiramente, gustoume moito. Tamén atopei nenos de 4º ESO, máis maduros, cousa que hoxe… (risas). Agora pasamos a algo máis persoal: -Cales son os teus gustos e afeccións? -Gústame moito viaxar, coñecer xente nova e perderme… -Onde pasaches a túa infancia? -Pois, na miña aldea, coa miña familia e os meus veciños, moi unidos. A miña aldea é Bergondo, un dos meus recunchos. -Que fas no teu tempo libre? -A verdade é que teño pouco tempo libre, pero cando o teño, bailo e aprendo a tocar a pandeireta coas miñas alumnas. Tamén fago sendeirismo, descubro Galicia, España, Francia… Agora unhas preguntas rápidas… -Praia ou montaña? .......... -Peixe ou carne? ............... -Noite ou día? ................... -Inverno ou verán? ...........

MONTAÑA CARNE NOITE INVERNO

-Cal é a túa comida favorita? -Non teño, gústame todo. -Cales son os teus gustos musicais? -Gústame moito o rap porque non teño oído musical e o rap paréceme moi fácil de comprender. Tamén me gusta a ópera e non me importa bailar Rock and Roll. -E a túa bebida favorita? -Auga fresca e tamén o limón recén esprimido cun pouquiño de azucre. -Se che deran a escoller un lugar a onde viaxar, a onde irías? -A algún deserto do Sáhara cos tuaregs. E xa para rematar: -Cales son os teus proxectos para o próximo curso? -Seguir traballando neste cole e tratar de entusiasmar e ilusionar os meus alumnos coa aprendizaxe da lingua francesa, das novas TICs, coa lectura. Grazas, profe, por concedernos esta pequena entrevista que esperamos sirva para que todos te coñezamos un pouquiño mellor. CARLOS PENA

E

IRENE TARACIDO, 3º ESO


33

Entrevista a Santiago Romero (Rossmero) do grupo»Radio Océano» Santiago Romero é un dos compoñentes do grupo de música pop-rock con influencia punk «Radio Océano», grupo co que mantivo contacto Lois Pereiro e ao que pertence o seu irmán, Xosé Manuel Pereiro. - Como xurdiu «Radio Océano»? Xosé Manuel Pereiro (o irmán de Lois Pereiro) e eu, ambos os dous xornalistas, estabamos moi interesados por todo o que xurdía naqueles anos no panorama musical que supoñía entón a vangarda dos grandes cambios sociais que se estaban a producir en España. Falamos de principios dos anos 80, cando a sociedade española vivía un verdadeiro «Big Bang» de liberdade tras décadas de ditadura e todo o que rodeaba a música era o escaparate daquela efervescencia. Entón, ao contrario do que sucede hoxe en día, que podes ter acceso inmediato a canto se fai no planeta a través de internet e das redes sociais, a información era clave. Nós viaxabamos frecuentemente a Londres, Amsterdam ou Berlín e iso nos daba unha gran avantaxe para descubrir con anticipación as tendencias que irrompían en Europa. Ese «Know how» fusionouse perfectamente ao cruzármonos con músicos brillantes como o guitarrista Pablo Iglesias. «Radio Océano» debutou case como unha broma no primeiro festival de rock coruñés, un dos pioneiros en España, en 1982. A aceptación da mensaxe do grupo obrigounos a tomalo grupo máis en serio, aínda que sempre tivemos o hándicap de non poder dedicarnos plenamente ao grupo polos nosos compromisos profesionais como xornalistas. - Que vos motivou a facer o tema de «Narcisismo», baseado nun poema de Lois Pereiro? Lois Pereiro era practicamente un membro máis de «Radio Océano». Estivo sempre presente no proceso anímico e creativo do grupo e formaba parte do noso contorno persoal. Tiñamos unha gran admiración pola súa obra e pola súa visionaria actitude ante a poesía. O poema de «Narcisismo» é unha fermosa e durísima metáfora da adicción á heroína, como un naufraxio persoal ante unha vida sen esperanzas, a unha distancia que ninguén de «Radio Océano» viviu coa mesma crueza que Lois. Pero máis alá diso, era sobre todo un poema magnífico e supuxo o noso recoñecemento ao seu talento e á súa amizade. O tema foi gravado en Lisboa en 1984 e aínda que non figurou no LP editado por Radio 3 en 1986, foi incluído nunha selección dos mellores temas de rock galego publicado polo selo DRO en 1997. - Que tipo de persoa era Lois Pereiro? Sempre que escoito a canción «Perfect Day» de Lou Reed, acórdome de Lois. Naqueles anos tolos profesabamos a relixión do exceso e o lema era «máis vale queimarse que oxidarse». Lois, que sempre descubría unha fronteira antes ca nós e era o aventureiro do coñecemento que sempre chegaba antes, mostrounos que o segredo non estaba no lume impulsivo que abrasa senón no xélido e fino bisturí que disecciona a alma. Lois era a furia conxelada. O seu pensamento era extremo, pero el era a elegancia en persoa.


34 - Como ves o panorama musical e poético hoxe en día en Galicia? O panorama musical, grazas ás novas tecnoloxías, é moito máis accesible para crear e gravar, aínda que resulta moito máis complicado que nos anos 80 poder vivir como músico. Creo que debido a internet é un mundo en transición no que aparecerán novas vías. En canto ao poético, creo que segue predominando como entón a figura do poeta moi académico e vinculado xeralmente ao profesorado. - Como cres que influíu a persoa de Lois Pereiro e a súa poesía no panorama galego? Hai unha verdade conmovedora na súa obra moi difícil de atopar no panorama galego ou en calquera outro. Recordo unha frase de Uxío Novoneyra: «Dá gusto atopar un poeta que non é profesor». - Sabemos que Lois era unha persoa un tanto escura en canto á súa poesía e que era consumidor de heroína, unha droga da que se sabía moi pouco en canto ao seus efectos. ¿Como cres que influíu na súa obra? Nos anos 80, tras a ditadura, vivimos unha desbordante explosión de liberdade. Para facerse unha idea dos tempos que corrían, basta dicir que «Radio Océano» debutou tan só un ano despois do golpe de estado do 23F. As drogas víanse entón como unha parte inseparable desa liberdade que non sempre soubemos dosificar. Entón non sabiamos nada da Sida, nin da Hepatite C nin de tantas outras pragas que acabarían diezmando esa xeración de forma implacable. No caso de Lois, ademais de compartir connosco os mesmos signos dos nosos tempos, hai que contar que tivo a mala sorte de ser unha das vítimas da intoxicación por aceite de colza que arruinou a súa vida moi novo, cando máis esperanzas abrigaba. A heroína foi, no seu caso, un tratamento paliativo. En calquera caso, a súa experiencia coas drogas foi sempre íntima, discreta, espiritual e atormentada. - Para rematar, en que ambientes se movía o poeta? Con que tipo de persoas se relacionaba no seu día a día? Cando o coñecín en Madrid, a finais dos 70, era moi cosmopolita, aínda que á vez foi sempre unha persoa solitaria e ensimesmada nas súas lecturas. Ao seu arredor podía atoparse sempre a xente máis en vangarda. Recordo unha anécdota, estando na súa casa co seu amigo Antón Patiño, hoxe un gran artista e entón comezando a interesarse pola pintura, na que contaba a súa primeira experiencia en Nova Iork. Quedara nun daqueles míticos albergues YMCA, que nós só coñeciamos polas letras das cancións, e o primeiro qu atopara ao entrar era un ex veterano de Vietnam xogando nun corredor co seu ollo de cristal. Lois era unha persoa cunha gran erudición, pero non era un excéntrico nin tampouco alguén a quen gustase ser o centro de atención. Era unha persoa reservada co que un podía pasar unha noite enteira conversando na tranquilidade da súa casa, sentíndose á vez en calquera rincón de Nova Iork, Marrakech ou Berlín.

Así rematamos esta entrevista que esperamos vos sirva para coñecer un pouco máis a personalidade de Lois Pereiro. Dámoslle a grazas a Santiago por dedicarnos parte do seu tempo e por contarnos cousas deste poeta ao que a Academia Galega considerou que este ano era o seu momento.

JUAN ANDRÉS CAMPOS ESTÉVEZ, 4º ESO


35

Noticias do futuro ¡CAMPIÓNS DO MUNDO! No minuto 85, un gol de Aranzubía deunos o segundo mundial. España gañou o mundial do 2.014 grazas a un gol do novo porteiro da selección, o avoíño Aranzubía. No minuto 85, un córner forzado por Fábregas, que centrou Xavi, foi directamente á cabeza do gardameta deportivista que subiu desde a súa portería coma un tolo para probar sorte e, grazas a ese intento, conseguiu marcarlle ao porteiro brasileiro Julio César. Nen@s Noticieir@s, 7 de Xuño de 2014 (Martín, Álex e David, de 5ºA)

gañaba nin un euro. O concello deulle as grazas e moito diñeiro, pero quedou arruinado. Nen@s Noticieir@s, 20 de xullo do 2.034. (Nacho, Daniel, e Miguel, de 5ºA).

MULTA ESPACIAL Extraterrestres dun autobús espacial son multados por lanzar un meteorito ao planeta Marte. Un autobús espacial, que levaba dez nenos e oito nenas extraterrestres, lanzou un meteorito ao planeta Marte. Baixaron un momento do autobús e déronlle unha patada. Un garda espacial multou o condutor extraterrestre cunha multa de trece céntimos, traballar gratis oito anos, ser amistoso cos extraterrestres de Marte e non chamarlles vermexudos nin marxinados. Nen@s Noticieir@s, 31-12-30.182 (Marcos, Iván, Jose e Adrián, de 5ºA

DESCÓBRESE A TEMUS Atópase unha nova enfermidade capaz de deformar as pernas.

UN DESASTRE PARA OS FAMOSOS No corte inglés naceu unha árbore de 1 km e engancháronse nela 4 famosos que foron rescatados por tres nenas de C.P.I Castro Baxoi. Naceu unha árbore xigante no solo do Corte Inglés. Un home chamou aos bombeiros porque viu a Paris Hilton enganchada nunha póla polo tanga. Os bombeiros viron a árbore, pero tiveron medo e fóronse correndo. A xente asombrouse e correu tras os bombeiros e Paris Hilton enfadouse. Despois chegou Justin Bieber e riuse, dou 3 pasos e enganchouse. De súpeto chegou Shakira que quería salvar a Justin Bieber e enganchouse tamén. Chegou toda disposta Lady Gaga a salvar aos 3, acercouse a árbore e quedou enganchada. E por último apareceron Esther, Carmen e Inés, foron sensatas, cortaron a árbore e salvaron aos catro. Os famosos déronlles 15.000€ a cada unha. Cando saíron, uns periodistas entrevistáronas e dixeron que se ían moi felices.

Un laboratorio galego descubre unha nova enfermidade chamada Temus. Esta enfermidade produce deformación nas pernas e problemas cardíacos. Moitos laboratorios do mundo están investigando con bacterias da enfermidade para crear unha vacina que a poida curar. Pero, de momento, é demasiado forte para os humanos.

Nen@s Noticieir@s, 31 de marzo de 2.025

Nen@s Noticieir@s, 21 de Novembro do 2.060

A unha nena que vive en EEUU regaláronlle un avión feito de ouro puro no seu aniversario.

(Inés, Carmen e Esther, de 5ºA)

AVIÓN PARA UNHA NENA

(Raúl, Rubén e Pablo, de 5ºA)

O PORCO DE METAL Un vendedor da feira decidiu crear un porco de metal para utilizalo como axuda ó concello. En Cádiz, un home chamado Milka J.T. decidiu construír un porco de metal para facer os traballos do xardín municipal a cambio de diñeiro, porque na feira non

Unha nena de dez anos chamada Alexia ten un avión feito de ouro puro. O avión regaloullo o seu padriño, e ía acompañado dun piloto privado. Segundo os seus pais, Alexia está seguido no seu avión, non sae nin para comer. Nen@s Noticieir@s , 2 de Xuño de 2.020. (Lucía, Susi e Andrea, de 5ºA)


36

Noticias do mundo Como vai isto das nucleares?

Debuxo de Verónica

Nunha central nuclear prodúcese enerxía termoeléctrica e nela un reactor nuclear actúa de caldeira. A enerxía térmica orixínase polas reaccións nucleares de fisión (unha reacción que ocorre cando un núcleo pesado se divide en dous núcleos pequenos). Esta é diferente da fusión, que é o proceso no que se unen núcleos atómicos de carga similar. Outra alternativa é usar carbón de combustible, como na central térmica de As Pontes. A calor xerada no combustible do reactor é transmitida despois a un refrixerante e emprégase para producir vapor de auga (ten que estar nun circuíto pechado para que a agua antes de convertirse en vapor non escape), que acciona o movemento dunhas turbinas, xerando enerxía eléctrica. Para este proceso é necesario un moderador xa que a reacción non se pode facer moi rápido, porque, se se quenta demasiado, pode chegar a producirse unha bomba.

¿Qué pasou na central nuclear de Fukushima? -A planta quedou sen enerxía por causa do terremoto e do posterior tsunami. -E como consecuencia, os sistemas de refrixeración detivéronse. YING YING, UXÍA

E

VERÓNICA (3º A ESO)


37

Ai, que mundo este! XAPÓN: OUTRO 11-M -Papá, imos morrer? -Que dis, filla? -Si, papá, é que non o ves? É a fin do mundo!

Xapón, 11 de marzo, unha catástrofe que acabou con milleiros de persoas!!!

E nós, que? Parece que temos os ollos pechados, pero cando nos ocorra a nós, que pasará? O malo é que… cando nos deamos conta, será demasiado tarde… RAQUEL PORTAS ARMESTO

Guerra entre palestinos e israelís Semella unha guerra sen final.... Nos últimos días, e despois de 50 anos de contenda, as milicias palestinas e o exército israelí están inmersos nunha escala de violencia sen precedentes. O pasado mércores, soldados israelís mataron a dous palestinos en Gaza, feito que foi seguido o sábado polo lanzamento desde a franxa de medio centenar de proxectís contra Israel. Ese mesmo día disparos do exército mataron a dous menores de 17 e 15 anos cando trataban de cruzar a cerca electrónica que rodeaba a franxa. Segundo o exército eran milicianos armados. O portavoz da milicia islamita, Abu Obeida, sinalou que, se Israel detiña os bombardeos en Gaza, o seu grupo comprometíase a regresar á situación anterior. Ata cando esta guerra?????????????????? LAURA COUSIÑO – 3º B de ESO

Cousas do cole!!! No noso cole tamén pasan cousas. Estes días chegaron novas «fichaxes» para Infantil. Apareceu a mamá pola porta do vestíbulo principal, seguida dos 12 parruliños e Antón Rey comentou que chegaran porque se acababa de abrir a matrícula!!! En que clase lles tocará para o ano?


38

PEDIMOS PARA O NOSO COLE

Estimado Sr. Director do CPI Castro Baxoi: Voulle pedir unha serie de cousas que creo que mellorarían moito o noso colexio. Unha delas, a colocación de taquillas nos corredores que hai diante das clases (por exemplo). Esta é a miña tese e agora expoño os meus argumentos: 1. Ao ter máis espazo na aula, seriamos máis ordeados e limpos. 2. Se temos máis espazo para gardar os libros, poderiamos deixar algúns libros no cole, así a nosa mochila pesaría menos e doeríanos menos o lombo. 3. Non creo que o custe fose tan grande como para non poder afrontalo. Creo que, ao ser un argumento razoado, poderíame facer caso e darnos unha sorpresa para o ano que vén. SOFÍA AMADO, 3º A

Estimado Sr. Director: Eu pídolle unhas portas novas para as aulas xa que hai moitas en mal estado. De feito algunhas non pechan e outras ábrense cun pouco de vento. Agora temos que poñer constantemente un cartón ou papeis para que non ocorra iso. Cunhas portas novas, o colexio terá un mellor aspecto. CARLOS A. JERÍA

Estimado Sr. Director: Xa sei que vostede fai todo o posible por levar adiante este colexio, pero gustaríame pedirlle que amañasen o teito do patio cuberto. Hai moitas goteiras e cando temos que estar todos nel porque chove, algunha que outra pinga cáenos enriba. Tanto nós como os profes de garda agradeceriámolo. Sen as goteiras, o chan estaría limpo e seco e non esvarariamos. Gustaríame que puidese cumprir os meus desexos. MARÍA JOSÉ NÚÑEZ

Sr. Director do Colexio: Gustaríame que no patio houbese unha zona con xogos, como un futbolín, unha diana con pelotas de goma e outros xogos para poder distraernos nos recreos e non ter que xogar só ao fútbol, baloncesto ou estar sentados nos bancos. Tamén me gustaría que puxesen taquillas nos corredores para gardar os libros e non ter que transportalos todos os días. ANTÍA PAZ

Sr. Director: A miña proposta para mellorar o colexio sería que vostede conseguise poñer unha cafetería para o alumnado de Secundaria e os profesores. Así poderiamos tomar algo quente, pinchos, algunha bebida ou simplemente descansar. De non ser posible isto, xa supoño que é moi difícil -aínda que se podería intentar, non?-, de non ser posible, digo, penso que como mínimo debería haber unha máquina expendedora de bebidas quentes, de comida... E non estou falando de boleiría industrial, non, estou a falar de bocatas, zumes, é dicir, comidas e bebidas saudables. Tamén me gustaría que houbese Bacharelato así non teriamos que marchar a Betanzos ou a outros lugares para rematar a nosa titulación. UXÍA GARCÍA


39 Sr. Director: Eu creo que se deberían cambiar as cortinas das aulas e poñer persianas porque na primavera e verán o sol moléstanos moito e vai unha calor terrible dentro das clases. Tamén me gustaría que se puxesen portas novas. LAURA LORENZO

Querido Director: Gustaríame que pensase nalgunhas das normas que agora hai no centro. Unha delas é que non se pode escoitar música porque non podemos traer ningún aparello electrónico deses. Eu creo que non é malo escoitar música nas horas libres, nos recreos... Gustaríame moito que cambiase esa norma. Oxalá teña noticias favorables sobre este tema. Moitas grazas por ler esta carta e un saúdo. TAMARA BELLO Sr. Director do colexio: Creo que sería moi bo para o cole poñer unha máquina expendedora con alimentos e bebidas. Moitos alumnos mercarían os alimentos no propio colexio e con eses cartos igual se poderían amañar as portas, as cortinas e outras imperfeccións. Atentamente, VERÓNICA FACHAL Estimado Director: Con esta carta quero facer unhas recomendacións para mellorar o noso colexio. Primeiro: creo que estaría ben cortar as herbas do parque máis a miúdo. Cando chove, esa parte está feita un desastre. Tamén habería que amañar as goteiras porque cando chove todos quedamos no patio cuberto e algúns «nenos simpáticos» xogan por alí, co cal non nos queda espazo para nada. Segundo: creo que hai que amañar os cristais do pavillón, xa que estamos en inverno e vai moito frío. E limpar e amañar os vestiarios porque están cheos de arañeiras. Terceiro: recomendo que cambien todas as sillas e mesas coxas xa que é un «rollo» andar metendo papeis por debaixo para que non se movan. Ademais, cando borramos algo, sempre se move a mesa e molestamos aos compañeiros co ruído, por exemplo, se estamos a facer un exame... Todas estas son as miñas recomendacións para mellorar o noso colexio. YING YING LI Sr. Director: Eu, como delegada de 3º ESO, propoño os seguintes cambios que creo que non resultarían moi custosos. O primeiro é amañar o teito do patio cuberto porque hai excesivas goteiras. O segundo, é poñer en todas as aulas unha pizarra na que se poida escribir con rotulador xa que a máis do 15% do alumnado lles produce alerxia a xiz. Os rotuladores custan só medio euro cada un e as pizarras supoño que as subvencionaría a Xunta. Se non lle convencen estes cambios, eu propoño facer unha reunión de todos os delegados con vostede para concretalos mellor. ALBA GONZÁLEZ

Estimado Director: Expreso a miña incorformidade por non ter unha pista cuberta para xogar ao fútbol. Tamén me gustaría que se rozase o monte de toxos que hai pola parte de enriba do patio onde xogamos. Se se fixese un patio cuberto, os alumnos poderiamos xogar sempre aínda que chovese. E iso é frecuente en Galicia, xa que é un lugar cun clima oceánico. O de rapar o monte é basicamente porque é un perigo para todos nós xa que esa planta ten uns pinchos de catro centímetros de longo. XOSÉ VALIÑO


40

SOLIDARÍZATE!!! En xaneiro no noso colexio houbo unha charla sobre a doazón de órganos e fixéronme comprender que ser doador é a única alternativa que teñen moitas persoas para mellorar a calidade de vida doutras e que estas poidan seguir vivindo. Así os enfermos poderán salvar a súa vida e recuperar a saúde. Tamén comprendín que tomar a decisión de ser doador de órganos e tecidos significa estar disposto a realizar un acto de solidariedade. Debemos doar, non só por intereses solidarios, senón tamén polo noso propio ben. En calquera momento algún de nós, ou os nosos familiares, podemos vernos na necesidade de ter que recibir un transplante para continuar vivindo. Na miña opinión, se todos somos doadores, todos teremos máis posibilidades. «DOAR É O MELLOR QUE PODEMOS FACER PORQUE A VIDA É O MELLOR AGASALLO!. MASSIEL POLANCO, 3º B ESO

Nesa charla, un home explicou a súa experiencia na doazón, xa que recibiu dous transplantes de órganos, creo que eran de ril e de páncreas. Pero o que máis me impresionou foi que o home recibiu un órgano dunha persoa de Miño que morrera nun accidente e o señor chegou a coñecer a familia. En xeral, a charla pareceume interesante, aínda que eu xa tiña pensado doar os meus órganos. JAVIER FERNÁNDEZ- 3º B ESO

A min a charla pareceume que estaba moi ben porque nos explicaban cousas relacionadas coa doazón de órganos e o home pareceume moi sinceiro ao contar a súa experiencia. Animáronme moito a facerme doante. ALBERTO FERNÁNDEZ

Pois claro que si! Hai que ser solidarios. Nós seguímolo e seguirémolo sendo, como todos os anos, porque temos un compromiso cos nenos ex soldado: para eles van os cartiños da venda desta revista; o recadado co rastrillo de Nadal; e os euros conseguidos coa reciclaxe de tinta e tóner, da que vos contamos algo a seguir.


41

Reciclamos Este curso apuntámonos a un concurso de reciclaxe de tóner e tinta de impresoras: www.recoatlantico.es Non só está ben apuntarse para que nos leven todo o que usamos no cole (e fóra del), senón que de paso (E ISTO É O MÁIS IMPORTANTE) conseguimos máis cartiños para os nosos nenos ex soldado. Na primeira recollida conseguimos 32,80 puntos, ou sexa:

32,80

EUROS PARA OS NENOS EX SOLDADO! Na segunda recollida, 39,70 puntos, ou sexa:

39,70 euros para

os nenos ex soldado!

DÁMOSVOS AS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN. O GRUPO DE RECOLLIDA DE TÓNER E CARTUCHOS (4º A ESO E 5º A PRIMARIA)


42

ANO DOS BOSQUES Este ano está dedicado aos bosques. Como xa sabedes, no noso cole hai un «bosque celta», ademais de moitas outras árbores. É un bo momento para descubrir a súa importancia e beleza. Xogamos un pouco? A ver se sodes capaces de saber que árbores son estas:

Están todas no cole, así que se non sabedes como se chaman, botade un vistaciño, abride os ollos, preguntade…


43

NENOS E NENAS DE 5 ANOS


44

Outro ano máis para o noso club de lectura! Desta volta xa somos dous grupiños: un, para o primeiro ciclo da ESO e outro para o segundo ciclo. Contámosvos algunhas das cousas que fixemos ao longo do curso e tamén os libros que disfrutamos.

Actividades deste curso: - Visita a Vila Florentina, Cambre. A partir da lectura do libro O bosque animado, de W. Fernández Flórez, visitamos a súa casa familiar en Cambre e fixemos un fermoso percorrido polos arredores da fraga e o río Mero lendo anacos do libro, acompañados por Alicia, a guía da casa. Chus preparounos un xogo en Vila Florentina co que coñecemos moitas árbores e tamén degustamos unhas riquísimas galletas-sorpresa!Foi un día para o recordo! - Recitado e gravación de poemas do libro Makinaria. Despois da lectura, algúns alumnos de 3º ESO apareceron «por sorpresa» para recitarnos algún dos poemas de Carlos Negro. A seguir, o grupo do Club de lectura do 2º ciclo tamén fixo a súa gravación. Podedes escoitar todo no noso blog. - Recibimento aos nenos -as da escola unitaria de Ombre. O curso pasado o CL Salicornia viaxou a Ombre para levarlles contiños, poemas e tamén amizade aos nenos da escola unitaria e a súa mestra Isabel. Este ano recibímolos nós no noso cole e preparamos unhas actividades para eles: visita á nosa cova prehistórica.


45 -Visita ao centro de maiores de Laraxe. Os avós e avoas do centro de maiores escoitan os nosos poemas, cancións, contos, adiviñas e ata unha pequeniña obra teatral. -Saída do día do libro. Ourense, termas de Outariz e lectura na Praza Maior. Unha actividade que se fai todos os anos, na compaña do IES Castro da uz de As Pontes. A actividade consiste en facer unha lectura continua dun libro, escoller palabras -cada alumno-a unha-, escribilas nun panel e con todas elas compoñer un poema. De volta xa no cole, tamén se realiza noutro panel un debuxo relacionado co poema que entre todos escribimos. Ao final colocamos todo nas paredes dos corredores. -Maratón de cine. En maio, unha noite «loca» con pizzas e cine. Quedamos a durmir no albergue da vila e vimos algunha das pelis dos libros que lemos este curso: Matar un ruiseñor, Cumbres borrascosas e O bosque animado. Tamén vimos unha peli, «E ti quen es?» sobre a temática do alzheimer xa que este ano está tamén dedicado a esa enfermidade.

Lecturas que fixemos este curso: -No 1º ciclo: Mi familia y otros animales.O bosque animado.O principiño -No 2º ciclo: O señor Ibrahim e as flores do Corán. Unha escolma de contos de todas as literaturas. Makinaria. Matar un ruiseñor.

PARA O CURSO QUE VÉN LEREMOS LIBROS CHULOS E FAREMOS MOITAS COUSIÑAS INTERESANTES E DIVERTIDAS. ANIMÁDEVOS!


46

DOS NENOS AOS AVÓS Ola, xente! Estamos aquí Alba e Tamara para falarvos dun par de actividades que fixemos este curso co Club de Lectura que nos deixarán a súa pegada para sempre: -Unha, ao centro de maiores de Laraxe e -outra, a visita dos pequenos de Ombre, aos que fomos ver nós o ano pasado para contarlles contiños. A visita aos avós serviu para moitas cousas. Para abrirnos os ollos e darnos conta de que os maiores tamén saben ser felices. Nós pensabamos que unha residencia era un lugar parecido a un cárcere e que os avós alí estaban todos tristes, pero non foi así. Vimos que os maiores do centro de día rían, cantaban e emocionábanse con nós. Igual que nós que, entre bágoas e emocións, case non cuidemos facer o que tiñamos preparado para eles. Ao rematar, cando viñamos para Miño, varias avoas achegáronse a nós para agradecernos que lles dedicaramos parte do noso tempo e por «alegrarlles o día», como nos dixeron elas mesmas. Nós, dende aquí, tamén lles damos as grazas por transmitirnos tantas cousas e sobre todo dicímoslle a unha delas, Dorinda, que tamén nós estamos moi contentos de ter pasado unha mañá tan agradable na súa compaña. E grazas por cantar e bailar con nós, por toda a súa alegría e pola ilusión e os sorrisos con que nos recibiron. A visita dos nenos de Ombre foi moi entretida. As profes preparáronos unha merenda moi rica: manteigadas e biscoito, acompañados de zumes e refrescos. Despois de comer, baixamos á biblioteca onde os pequenos nos fixeron unha obra de teatro sobre os romanos e… curiosamente nos ensinaron moitas cousas porque sabían moito, a pesar do pequenos que eran (14 nenos, dende 3 anos ata 7): cantaron en inglés; faláronnos de Virxilio (o poeta clásico, eh?); de César Augusto, o emperador romano; da Torre de Hércules e o deus Zeus… E tamén de Lois Pereiro, do cal sabían moitas cousas tamén.

Na nosa opinión, e creo que na de todos os participantes no club de lectura, foron unhas actividades moi emocionantes e proveitosas coas que aprendemos moitísimo sobre a vida en especial. Grazas ás profes por seguir traballando co MARABILLOSO Club de Lectura Salicornia!

Unha aperta de Tamara e Alba (3º ESO).


47

Facede deporte..!! Rapaces e rapazas do C.P.I. Castro Baxoi: eu, un dos trece alumnos de 4º ESO A explotados pola nosa profesora de galego, (aínda que no fondo a queremos) vouvos convidar a que fagades deporte. A maioría xa me coñecedes, e ben sabedes que non acougo en todo o día… Ben, pero imos ó serio: Recoméndovos que fagades deporte para que vos sintades mellor, para manter o voso organismo san e forte, para queimar esas graxas que a ninguén lle gustan ó mirarse ó espello, mesmo se o facedes de alto nivel para coñecer xente doutros lugares, tanto en Galicia coma en España, e tamén para ter un corpo estruturado para poder impresionar a aquel@ rapaz@ que che guste… e sobre todo porque o deporte é VIDA!! A min, en concreto, o que máis me gusta é o fútbol, pero tamén xogo ó fútbol sala, vou correr pola praia, fago piragüismo, xogo ó baloncesto (a pesar da miña altura) ou ando en bicicleta. entre outras cousas. Pero, se non vos gusta ningún dos que eu practico, convídovos a que probedes outro de todos os milleiros de deportes que existen.


48


49


50


51

Trucos caseiros para todos! PROBLEMAS COAS FORMIGAS? As formigas «odian» o cogombro, así que colocade pel de cogombro por onde «pasean». Sen matalas, elas fuxirán.

Para obter xeo puro e limpo: Fervede a auga antes de conxelala.

Para facer brillar o espello: Limpádeo con alcohol.

Quitar chicle de da roupa? Gardar a prenda na neveira durante unha hora. Despois sairá facilmente.

«Branquear» a roupa branca: Remóllea en auga quente cunha roda de limón durante 10 minutos.

Evitar o olor do repolo durante a cocción? Coloque un anaco de pan na pota da cocción.

Quitar a tinta da roupa manchada? Colocar pasta de dentes sobre a tinta, deixar secar e despois lavar.

SHEREZADE, 2º ESO


52

Unidade de vixilancia lingüística XA SABEDES QUE, COMO TODOS OS ANOS, ESTADES ARRODEADOS E VIXIADOS PORQUE FALADES MOI MALAMENTE E DICIDES MOITAS PARVADAS!!! Estabamos en clase de Música rematando un exame e dinos Patricia: -Si me aprobáis, os doy un Gallifante. Nós, con cara de sorprendidos, preguntámoslle: -Un gallifante??? -Si, un gallifante –dixo Patricia. -E iso que é? E Patricia di, rindo: -Yo que sé, algo… Manuel Grueiro, falando con Begoña: -Manuel: Profe, ti naciches en Asturias? -Begoña: si. -Diego: Si, claro, ti es de Ciudad Real… -Begoña: Horror, isto é un diálogo de besugos! Como xa sabedes, temos todos os días 20 minutos de lectura, non? Pois cando tocaba ler, Xandre levantouse todo emocionado e dixo: -VAMOS A READING, CHICOS! Estabamos en clase de Mates e Diego comezou a sonar os mocos. E di Rosa: -Diego, remataches co teu escándalo nasal? Estabamos en clase de Historia e di María Méndez: -Que nos dá a sociedade de consumo? E contesta Xandre: -FELICIDADE!

Un día Diego preguntoulle a Begoña (como é o seu costume á última hora da mañá): -Profe, podo ir ao baño? E Begoña dixo: «Ai, ai, érase un home a un baño pegado!» Non recordamos de que estabamos falando, pero Patricia estaba contando unha das súas anécdotas e díxonos: -Siempre que voy en el coche y veo los rayos del sol, me digo: ahí está Flanders rezando…

Carmen Presedo: «O próximo día dareivos as cartas, xa vin as fotos, son todos e todas moi guapos!» - E David: «Fixo que son unhas crollos de mulleres!» Rosa: «¡Diego claréate!»

Jejeje…!

Clase de 4º A ESO


53

Rapeamos? Falsidade, doenzas, Férveme a cabeza, Hipocresía, rarezas... Non ves que non me interesas? Odio, rancor, Non ves que teño razón? Atura, paciencia, Esquece a túa inocencia. Que é o que pretendes? BEATRIZ ANIDO Vou rapear como un coello coa profe de cabelo vermello. Ela moito di que é rubio, mais eu o nego cun asubío Este rap fixen nun só intento, así que deixádeme en paz porque xa vou contento. LUKAS SILVA Non me gusta a xente que vai de guai nin os sustos no meu fogar. Pero téñome que aguantar e facer este rap para triunfar. A xente que é corta de mente a min non me importa. Prefiro ter en conta o voar dunha gaivota. Non teño cartos nin teño país, pero si teño xente que me axuda a vivir. Non me gusta a xente que vai de guai nin os sustos no meu fogar. ELSA ALLEGUE

Ola, son Miguel e vou falar de min mesmo. Daquela non será un rap senón puro sentimento. Son unha persoa normal, con moitos costumes raros e un carácter especial. Credes que son español? Eu creo que son galego e a miña patria está aquí e no mundo enteiro. Gústame o deporte. É a miña paixón e vai soar moi cursi pero... lévoo no corazón. Gústame o fútbol, que é o deporte rei. Se é o mellor deporte? Iso xa non o sei. Xa levo dez minutos preparando este pseudo-rap, así que, se non vos gusta, a min éme «ighual». Xa sei que ides querer unha segunda parte... Pois tan só recordade: GALICIA CALIDADE! MIGUEL FORCELLEDO


54

PASIÓN

El sexo de los ángeles, las alas de los hombres los tengo en mis libretas, guardados bajo llave. La música sin sentimiento no existe, unos cantan cuando cae dinero, yo canto cuando llueve. La pasión es la que mueve mi bolígrafo, Mi firma vale amor, la de Bisbal valdrá millones pero mis canciones van rellenas de ilusiones. Protecciones , ¡sí! Contra esas fieras que te envuelven. Por qué hacer de ti un crimen, nena? Yo te palpo, te beso, te quiero; otros te deconstruyen, venden tus deseos bien baratos, no respetan tus valores, te destruyen. Fluyen emociones al compás de tus andares. Lanzo frases cargadas con odio que nunca concluyen. Lucho contra compadres que quieren hacerme suyo. Rebelde y pasional, no importa el nombre, concluyo: La música te da la vida, vívela!!! La fuerza en esta senda de inyecciones de ansiedad, mi páramo de felicidad... Pasión es el camino para buscar la verdad.

JUAN ANDRÉS CAMPOS


55

IMOS Á COCIÑA? Veña, imos preparar un prato coa nosa «estrela» culinaria: a cebola… chata, claro!

Receita: Crema de cebola Unha receita sinxela e deliciosa Ingredientes (4 persoas): • • • • • • • •

2 cebolas medianas 1 pataca pequena 1 noz de manteiga ou margarina 2 vasos de leite 1 folla de loureiro 1 vaso de caldo vexetal sal pementa ao gusto.

Pasos: Paso 1: Pelar e trocear as cebolas e a pataca. Paso 2: Derreter a manteiga nunha tixola e saltear as cebolas a lume manso ata que queden transparentes. Paso 3: Engadir o resto de ingredientes e subir o lume ata levar a ebullición. Reducir o lume, tapar e deixar cocer 20 minutos. Paso 4: Quitar a folla de loureiro e deixar enfriar lixeiramente para pasar a mestura polo pasapurés ou a batedora. Rectificar de sal e pementa.


56

JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE JE ¿Como se di dentista en xaponés? Tekuro tuociko

Como se di bico en inglés. Tumorrow con el mío.

¿Como se di choiva en alemán? Gotas caen catiuscas ponte.

Cantas áncoras ten un barco? -Once, xa que sempre se di: «eleven» áncoras.

Están dous mariñeiros xuntos. Un dáse conta de que o outro ten unha pata de pau, un garfo e un parche no ollo. Desconcertado, pregunta: -Amigo, como tes unha pata de pau? -Tiráronme pola borda e unha quenlla mordeume. -E o garfo? -Cando abordei un barco inimigo, cortáronme a man. -E que me dis do parche? -Cagoume unha gaivota no ollo. -E por iso o perdiches? -Non... É que... era o primeiro día que usaba o garfo!

Acaba de afundirse un barco mercante e toda a tripulación está na auga. O capitán berra: «Mariñeiros, escoitade, quen saiba nadar encontrará terra a 5 millas ao norte». Un mariñeiro pregunta: «E os que non saiban?» -Pois... 500 metros cara abaixo!!!

Ían dúas aceitunas esquiando e unha dille á outra: - Hai que ter coidado, non vaimos caer e romper un óso E contéstalle a outra: - Pero como imos romper un óso se somos de anchoa!!!

Cal é o colmo dun gato? Ter un «día de perros».


57

XOGAMOS COS REFRÁNS? Une o debuxo co seu refrán:

Polo mes de xaneiro vento o día enteiro. PABLO Un día festeiro chega no mes de febreiro. ELSA

E

SOFÍA

Con marzo chegan as flores Para regalárlleas aos nosos amores. ALBA Polo mes de abril As gotas caen de mil en mil. FER En maio sae o sol E saca os cornos o caracol. UXÍA

E

E

O verán aí está E en xuño a calor chegará. ADRIÁN

E

MARÍA JOSÉ

TAMARA

YING YING

E

CARLOS

A

Paseniño, paseniño, moi amodiño No mes de xullo vai saíndo o soliño. VERÓNICA O verán remata en agosto Vaite preparando para o magosto XOSÉ Cando o vento comeza a soprar O mes de setembro está a chegar. ANTÍA Outubro ventoso, Mes agarimoso. UXÍA

E

YING YING

Tras os fortes ventos de setembro Chegan as frías xeadas de novembro. LAURA En decembro, que mes! Abriga ben os pés. BEATRIZ 3º ESO A


58

PASATEMPOS SOPA DE LETRAS Busca oito palabras relacionadas co mar.

ES CAPAZ DE FUXIR DO LABIRINTO?


59

QUE ESTÁ REGANDO O AVÓ?

BUSCA AS DIFERENZAS

ADIVIÑAS Ten famosa memoria, fino olfacto e dura pel e os maiores narices que no mundo pode haber... QUEN É?

Pasea de noite e durme de día. Gústalle o peixe e a sopa fría. MANUEL AMADO

E

DIEGO LÓPEZ (4ºA)


60

NIAMH IN SPAIN My experience of Miño. I have been in Spain por 3 weeks, with only one week to go. It has been a difficult experience, yet I have enjoyed it. Everyone is very helpful and have included me in everything we’ve done. Although me lifestyle is different here, live learned to adapt. The most challenging thing has been the language. Without doubt, I have learned a lot more spanish and it has improved greatty since I arrived. My stay here also has been evertful. I visited Santiago, where the cathedral is situated, A Coruña, to the aquarium anda the museums, and to the historical town of Monforte. Morforte was probably my favorite trip because it was with the class and we also stayed overnight. I think me town of Miño is the perfect place for a person like me because it is a friendly community and the weather is pleasant too. I will be relieved to go home and espeak english again. I will be sad to leave Spain I’ve had a great time here learning spanish and the experience was definitly worthwhile. NIAMH

ALEX TRADUCE «A miña experiencia en Miño. Estiven 3 semanas en España e só me falta unha para irme. Foi unha experiencia difícil, pero divertinme. Todos son moi hospitalarios e estiveron comigo e incluíronme en todo o que fixemos. Aínda que a miña forma de vivir aquí é diferente, aprendín como adaptarme. O maior reto foi a lingua. Aprendín moito español e mellorei moito dende que cheguei. A miña estancia aquí tamén estivo chea de excursións. Visitei Santiago, onde está a Catedral; A Coruña, o acuario e os museos; e tamén a histórica cidade de Monforte. Probablemente, ir a Monforte foi a miña excursión favorita porque fun coa clase e durmimos alí. Creo que Miño é o lugar perfecto para unha persoa coma min porque a xente é moi amigable e o tempo tamén é bastante bo. A pesar de estar aliviada por volver a casa e volver falar inglés, estarei triste ao deixar España. Paseino moi ben aprendendo español e a experiencia valeu a pena». NIAMH


DESPEDÍMONOS! Como todos os anos, dicimos adeus! Despois de tantos anos xuntos, de tantos momentos vividos, de tantos recordos, tantas clases, tantos castigos, tantos profesores, tantos compañeiros, tantas risas, tantas alegrías e decepcións, pérdidas, actos e festexos… agora debemos dicir ADEUS! Aínda que non o creades, apenados, tristes e preocupados por algo novo que vai comezar, que nos vai separar, que non sabemos como vai ser, que igual non sabemos enfrontar… Botaremos de menos os chistes malos de Manuel G., as parvadas de Xandre, os enfados de David, os agarimos de Diego, as «inteligencias» de Manuel A, os comentarios de Carla, os peloteos de Rony, o sorriso de Irene, a madurez de Silvia, a sabiduría de Alex, os berros de Nerea, as cursiladas de Patri e a ausencia de Juan Andrés. Queremos dende aquí agradecer a todos os profes o que nos ensinaron con tanta paciencia, a pesar das dores de cabeza que lles producimos. Grazas por darnos coñecementos, tanto escolares como da vida; por espabilarnos e abrirnos os ollos; pola preocupación e atención. Aínda que non o pareza, botarémosvos moito de menos. Podemos ser inmaduros, rebeldes, contestóns e despreocupados pero no fondo sabemos que todo o que facedes é polo noso ben. Finalmente queremos resaltar a nosa titora, a persoa que deu a cara por nós, que tivo unha paciencia inmensa, un corazón enorme e unha loita continua para levarnos polo bo camiño e ensinarnos a ser mellores persoas. Begoña, grazas por todo; aínda que non o penses, querémoste! Pedímosche perdón polos problemas e «rozamentos» que tivemos. Querémoste moitísimo e sabemos que ti a nós tamén, aínda que só sexa un pouquichiño. E agora, só dicirvos a todos que ESTAMOS ORGULLOSOS DE TER ESTADO NUN COLEXIO COMA ESTE!! Con cariño, bicos e apertas de 4º ESO A


Revista_Dtodo  

Revista escolar do curso 2010-11. CPI Castro-Baxoi (Miño)

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you