Page 1


editorial ○

Este ano os que imos levar o «peso» da nosa revista somos os de 4º A. Todos nós esforzámonos e traballamos moito, sempre con ilusión e, claro, baixo a vixilancia da profe para evitar que soltemos algunha que outra das nosas «burradas». E a maior recompensa que poderiamos obter deste traballo de todo o curso sería que esta revista vos gustase aínda máis cás anteriores, cousa por outro lado difícil de conseguir… Este curso en «Dtodo» falaremos das Bandas Deseñadas, tema protagonista do curso, arredor das cales fixemos exposicións, traballos e debuxos sobre os «heroes de papel» que as profes nos penduraron do teito… Esperamos que esta sección vos guste a todos. Tamén veredes moitos outros artigos de todos os nenos e nenas do cole que quixeron intervir e se algúns non están é porque nalgún caso tivemos que escoller xa que non é posible incluílos todos por falta de espazo, por cuestións económicas, etc., non é porque non nos gustaran, eh?, pero o traballo de redacción é así de duro... Por último dámosvos as grazas por comprar esta revista xa que, como sabedes, o recadado vai destinado, como todos os anos, aos nenos ex soldado de Modestine na RDCongo (aos que xa lles temos un especial cariño). Un bico dende 4º A ESO para todos os que a leades e aos que non... dedicámoslles un: ¡ ÍDEVOS BAÑAR !

☺ ANDREA MONTERO, 4º A

ESTA É A «MARABILLOSA» PORTADA QUE FIXERON ESTE CURSO MARINA E SARA (4ºA ESO) PARA «DTODO». Chula, eh???

Menos mal que Andrea e Miriam, ao final, se puxeron as pilas e quedou a chulísima portada que todos tedes agora entre mans. A disfrutar da revista!


1

Resumo dunha década Facemos un repasiño? Segundo o New York Times, as noticias máis importantes desta década 2000-2010 son as catro seguintes:

Atentados do 11-09-2001

Tsunami no sur asiático 26-12-2004

Barak Obama, presidente 24-11-2004

Morre o Papa Juan Pablo II 02-04-2005


2 O noso «postiño» en Miño

SOMOS SOLIDARIOS Seguimos intentando axudar. Como sempre, aos nosos nenos ex soldado. Fixemos dous rastrillos: un no cole e outro no pobo, en Nadal e xaneiro respectivamente.

E tamén fixemos unha campaña de recollida de cartos no cole para enviar a Haití despois do terremoto que sufriu este país. A idea partiu de Carla, Luísa e Irene, ás que se nos uniu posteriormente Fernando. Fomos por toda sas aulas para recadar cartos e a aportación de todo o cole enviámola a ese país e fomos facer o ingreso en Caixa Galicia un día ás 8,30 h. da mañá. Foi unha experiencia gratificante. CARLA, LUÍSA, IRENE

E

FERNANDO

ALGO DE DEPORTE... ¿PRACTICAS ALGÚN? Autocross. É un deporte que consiste en dar voltas a un circuíto de terra cun coche que recibe o nome de Semog. Este coche está preparado para andar por terra. Os espectadores sitúanse ao redor do circuíto e no seu centro. Chessboxing. É un xogo no que se mistura o xadrez e o boxeo. Consiste en dúas rondas de boxeo e catro de xadrez. Pódese gañar por xaque mate ou por K.O. e, en caso de empate, deciden os xuíces quen será o gañador. Slamball. É un deporte que consiste en encestar unha pelota nunha canastra collendo impulso en colchonetas que están situadas no chan. Xogan cinco xogadores de cada equipo. A puntuación divídese da seguinte maneira: se se realiza un mate, a puntuación é de dous puntos; se é un lanzamento e logras meter o balón, a puntuación é de un punto. O malo deste deporte son as lesións debido ás malas caídas e tamén polos golpes que os xogadores se dan entre eles. VILARIÑO, JESÚS, MIGUEL

E

BRAIS


3

Festas e celebracións no cole QUE FIXEMOS O DÍA DA PAZ? -Lemas: -Menos puñetazos, máis abrazos. Fernando López

-Cando se queimen as armas, no mundo haberá calma. Brais López

- Plantamos a oliveira da PAZ e arredor dela fixemos un camiño de pedras. - Enviamos postais aos nenos ex soldado da RDCongo, debuxadas polos nenos e nenas de Infantil 5 anos e escritas polo alumnado de 3º e 4º ESO. - Bailamos - Cantamos - Miguel Forcelledo e Fernando López –3º A ESO– rapearon un texto de Juan Picos e Alejandro Pérez sobre a paz. Este: RAP para a PAZ

Queremos a Paz, non queremos violencia. Rosas brancas teremos se rosas negras non queremos. A paz desexamos para o mundo que amamos. A guerra é o peor, a paz, o mellor. Se todos loitamos ao final gañamos. A paz desexamos para o mundo que amamos. Moitas formas hai de difundir a paz: o respecto, a educación, pero sobre todo ter un gran corazón. A paz desexamos para o mundo que amamos.


4 EU SERÍA FELIZ, SEN GUERRAS QUE MATARAN NIN ARMAS QUE DISPARARAN. OS POLÍTICOS PASAN CON ESCUSAS, TONTERÍAS... QUIXERA QUE AS GUERRAS DESAPARECERAN ALGÚN DÍA. A PAZ DESEXAMOS PARA O MUNDO QUE AMAMOS.

- Luísa recitou o seu poema á oliveira: HAIKU Chega o maio: Oliveira, florece. Mundo, amence! - En 3º A ESO escribimos un manifesto:

Manifesto pola Paz PROTESTAMOS POR: As guerras, as inxustizas do mundo, protestamos pola xente que lle fai dano aos demais, polos programas violentos de TV, pola sociedade agresiva, polos maltratos que sofren os nenos e as mulleres, polo racismo, polo machismo, pola xenofobia, polas existencia de enfermidades que se poderían curar, pola fame, polo analfabetismo, polas discusións dos políticos que non levan a ningunha parte; pola falla de hospitais e escolas en moitas partes do mundo, polo estado de benestar que nos impide ver as traxedias que hai, polo egoísmo, pola indiferenza... DESEXAMOS QUE: Se destrúan todas as armas do mundo e non se derroche máis diñeiro en loitas e guerras, que se constrúan hospitais, escolas e estradas; que a xente teña dereito á sanidade gratuita; que nos ensinen dende pequenos a facer o ben e a pensar nos demais; que a pomba deixe o seu espírito nos corazóns de todas as persoas. DESEXAMOS amor, amizade, sorrisas, apertas, bicos, aloumiños... POR TODO ISTO: PEDIMOS, non! mellor ESIXIMOS!!! que todos nos impliquemos en conseguir o que desexamos e acabar dunha maldita vez co que protestamos.

JUAN PICOS, MANUEL AMADO, ADRIÁN RAMOS

E

Texto básico: FERNANDO LÓPEZ


5

OS PEQUENOS NO SAMAĂ?N encheron de cabazas o cole


6

E chegaron os Reis... Ademais dos Reis cargados de caramelos que falaron cos máis peques do cole para saber se se portaran ben durante o ano, os máis maiores, dirixidos por Patricia Cubillo (xa sabedes: «a mellor do mundillo») fixeron un precioso festival de panxoliñas no salón de actos do Concello. Os gañadores, elixidos por un xurado «popular» formado por Celia, María M., Mikel e Graña, disfrutaron ao día seguinte no cole, dunha magnífica «cuchipanda». Todos cantaron, tocaron, interpretaron e pasárono moi ben.

Agasallo de Elvira para todos nós

Un ano máis, o Entroido

Desta volta foron os de 6º os encargados de poñer as ordes do Meco... Un día levamos un babeiro, outro fomos coa roupa do revés, outro colocamos un adorno na cabeza... e así chegou o día da festa. Os disfraces deste ano foron todos relacionados coa Banda Deseñada, claro! Non podía ser doutra maneira, xa que o tema do cole foi ese. Os máis «ghuapos», coma sempre tamén, os pequerrechos. Houbo de todo: Zipis e Zapes, con Don Pantuflo e esposa; Superchikis, El Zorro... Sempre é unha festa divertida. JUAN

E

MIGUEL 4º A


7

Día do Libro

CHAPA

Fixemos marcapáxinas e chapas. Os marcapáxinas, cos haikus que nos agasallou unha profe do cole e con debuxos de Andrea e Miriam (4º A ESO). As chapas, obra manual de Cristina e Laura coa nosa maquiniña, foron os agasallos para os participantes na exposición «E nós que lemos?»

O Club de Lectura Salicornia viaxou a Porto (PORTUGAL, eh?)

Día do libro 23 de abril Xardín das letras: entre folliñas brancas palabra en flor Agasalla cun libro e unha flor! CPI Castro Baxoi

MARCAPÁXINAS

Fomos celebrar o día do libro 2010, acompañados polo IES Castro da uz de As Pontes. Ao noso parecer, todos quedamos realmente contentos coa viaxe xa que, aínda sendo tan lonxe, non resultou nada pesada, agás por algúns «pequenos imprevistos», pero como son tan pequenos... só vos imos contar un: o da famosa «RAMPA» (en fonética portuguesa: «a gampa»). Era en realidade unha encosta xigantesca, moi moi moi pendente, que tivemos que subir despois dunha longa e esgotadora camiñata nocturna pola Ribeira de Porto. Hai que dicir que algúns estamos aquí de milagre xa que case morremos no intento... Suamos sangue para chegar ao cume da «gampa»! XD Ben, pois o dito. Agás ese pequeno, e sen importancia, incidente que NUNCA esqueceremos e algún que outro máis como estar volta para aquí, volta para alá no bus para atopar o hotel, perdernos e ter que camiñar máis da conta para «atoparnos»... e darlles algún que outro disgustiño nocturno ás profes... jejeje..., todo foi de marabilla. E a noite... que noite!!! Á mañá seguinte, durmíndonos polas esquinas, fomos ao que iamos: LER. Chegamos á preciosa libraría Lello e irmao e non puidemos entrar os 54 que iamos porque como era o día do libro, aquilo era un non parar de xente entrando e saíndo, facendo fotos, comprando, lendo... IMAXINADE! Pero conseguímolo. Lemos en dúas tandas, serios, traballando, calados e escoitando ao lector de turno. Vivimos esa fantástica experiencia e de aí saíron palabras fermosas que deron lugar ao xenial poema creado por todos nós, con moito esforzo, moitos berros, algún cabreo para que o fixeramos mellor e MOITO SONO (sobre todo iso, pero as profes non nos deixaron durmir nin 5 segundos!) na viaxe de volta. Comentámosvos que o poema o rematamos nós, Andrea e Marina, xusto xusto xusto á entrada de Miño!!! Xusto a tempo. E alí todos aplaudimos cando Chelo o leu en voz alta polo micro. Con todo isto queremos dicirvos que vos animedes a participar nesta saída, se as profes están dispostas a repetir, jeje, que non desaproveitedes esta marabillosa oportunidade de ver tantas cousas, de pasalo ben, de facer unha lectura e un poema entre todos, de coñecer outros rapaces... E agora só queremos dar as grazas ás catro profes que nos aguantaron e que sempre o levaron todo con tanta paciencia. BICOS de MARINA

E

ANDREA (4º A ESO).


8

Día das Letras Galegas

Este ano dedicado a Uxío Novoneyra. Aprendemos moito sobre o autor xa que os cursos de 1º e 4º ESO estivemos traballando na WIKI. Fixemos unha introdución sobre o día das letras e de Novoneyra traballamos a súa biografía, libros, poemas e aprendemos moitas cousas sobre O Courel –terra na que naceu e viviu e sobre a que escribiu os seus preciosos poemas–. Se queredes ver o que fixemos, entrade en: www.galeblogcb.blogspot.com Aí tedes todo! Como esta revista sairá antes de que se celebre o día, tal vez atoparedes sorpresas no galeblog das que aínda non falamos, así que visitádeo... Agora un poema caligráfico deste autor:

Tan perto o canto che eu miro! Coma se chegara a nembrar pro que eu nacera. Xuventú! Inda aínda, Xuventú


9

Canto traballamos! Os nenos e nenas de 4º B de Primaria fixemos un pouco de todo este curso: - Quixemos ser Velázquez e pintar coma el. Debuxo de SANDRA

- Publicamos anuncios da nosa biblioteca.

- Inventamos adiviñas: «Quen son, quen son? De día dou calor e de noite me vou». Iván Iglesias.

- Tamén traballamos co tema do cole deste curso: a banda deseñada. David fixo esta tan chula:

- Describimos paisaxes coñecidas. Lede esta descrición feita por Nacho:

«A praia grande de Miño ten moitas duchas. Ás veces fai moito vento, por iso hai moitas ondas, e moi grandes! Ten moitas casetas para os socorristas. Á dereita de todo hai a desembocadura dun río e un restaurante. Nos veráns sempre imos ao restaurante comer un xeado ben frío!» E moitas cousas máis que non collerían na nosa revista, por iso só vos ensinamos unha selección das que máis nos gustaron. Nenos e nenas de 4º B PRIMARIA


10

Arte postal Movemento artístico creado por Ray Johnson en 1962. A arte postal é a tarxeta postal creada por un autor, que viaxa cara ao seu destinatario grazas ao servizo de Correos. Pero non é só iso, porque tamén é arte o sobre no que se garda a tarxeta, xa que nel pode aparecer a sorpresa, o inaudito... E ademais de ARTE, tamén é comunicación, unha variante máis do xénero epistolar, xa que a tarxeta postal debe ir escrita para un amigo-a, familiar... A temática é moi variada, pero polo xeral o MAIL ART ou ARTE POSTAL interésase por asuntos pacifistas, antimilitaristas, ecoloxistas, contestatarios, socialmente preocupantes, homenaxes a músicos, escritores, pintores... AQUÍ VEDES ALGÚNS EXEMPLOS DE SOBRES e TARXETAS de ARTE POSTAL:

No cole fixemos a nosa exposición de Arte Postal

3º A e 4º A


11

Salicornia, club de lectura Outro ano máis co noso club! Este curso quedamos apuntadas 16 alumnas, de 2º, 3º e 4º ESO (2ºA: Marina de Miguel, Tamara Bello; 3ºA: Noemi González, Irene Varela, Patricia Freire, Luísa Molina, Carla Rivera, Mª José Núñez, Silvia Blanco; 4ºA: Sara Díaz, Marina Grueiro, Andrea Montero, Laura Pérez, Cristina Ares; 4ºB: Estefanía Cabeiro, Verónica Cousiño). Contámosvos a nosa experiencia e os libros lidos. Lista de libros: - Zara y el librero de Bagdad - O clan do oso cavernario - Emigrantes - Seda, o libro co que fixemos a lectura continuada en Porto, Portugal, na libraría Lello e irmao. -Actividades: Ademais de ler e pasalo moi ben… comemos algunha lambetada, visitounos Inés Cuadrado, fixemos un taller de caligrafía, escoitamos a Saleta contando contos aos pequerrechos e organizamos unha sesión, sendo nós «as contacontos», nunha escola unitaria en Ombre –Pontedeume-. Para contar os contiños preparounos a fondo Chus.

OPINIÓNS SOBRE O TALLER DE CALIGRAFÍA? - Pareceume unha actividade interesante xa que eu nunca debuxara esas letras nin fixera ese tipo de práctica. Tamén me gustou porque o mestre que veu ensinar é un gran profesional. Tamara. - A min gustoume e pareceume interesante pero tamén me resultou algo aburrido porque a clase ía moi lenta. Noemí. - A min gustoume, pareceume unha actividade moi interesante que nos pode servir para facer traballos ou para as letras capitulares que nos manda facer Begoña nos textos que escribimos... Patricia. - Pareceume entretido, non se fixo pesado, gustoume... que vooolvaaaa!!! Marina. - Pareceume entretido e bonito, algo novo e distinto, saber escribir como antes e de formas diferentes ás que xa sei. Pero foi moi curto!

Sara

- Moi guai! Gustoume moitísimo aprender a escribir como antes! Moi entretido e bonito. Andrea. - Aprendín a facer unhas letras que sempre me gustaron e que me parecían moi difíciles de facer. Laura. - Pareceume un obradoiro interesante e educativo. Gustoume pero foi pouco tempo. Cristina.

Para o curso que vén, entre outras moitas cousas, a sesión de contacontos será cos «avós e avoas» da Residencia para maiores de Laraxe –Cabanas-. Así que, animádevos a participar no noso CLUB! O club de lectura Salicornia


12

Para pasar un bo rato Unha das cousas que podemos facer para pasar un bo rato é LER. Como a nós (Alison e Raquel, 3ºB) nos gusta moito, recomendámosvos aquí unha serie de libros que nos encantaron e cos que pasamos moi bos momentos.

Catro amigos fóra de clase É unha colección que trata de catro amigos adolescentes que viven os seus problemas de cada día: o primeiro amor, a separación dos seus pais, a anorexia dunha delas, a baixa autoestima de Laura… A nós gustounos moito porque nos encantan as historias que tratan de problemas da adolescencia.

Zara e o libreiro de Bagdad Trata dun escritor que recibe unha mensaxe importante sobre as últimas palabras de Antonio Machado, un poeta español da Xeración do 27. No libro cóntanse os sentimentos e sensacións que ten. Foi un dos libros que lemos este curso no club de lectura do cole. Pareceunos algo difícil pola forma de presentar os feitos pero trata de moitas cousas interesantes.

Crepúsculo, Lua Nova, Eclipse e Amencer Son os catro libros da colección Crepúsculo. Neles cóntase unha historia de amor entre un vampiro e unha humana. O vampiro renuncia ao seu sangue por amor e ela quere ser vampira coma el para estaren sempre xuntos. A nós gustounos porque é unha bonita historia máis alá da morte entre adolescentes.

Pamela (4ºB), a quen tamén lle encanta ler, recoméndanos estes: Ollos de auga, unha noveliña «negra». ¡Encantoume! E tamén me gustou moito El encuentro, outra novela negra. Son interesantes, entretidas e fáciles de ler. Veña, animádevos a lelos, asegurámosvos que vos gustarán


13

E nós, que lemos? No cole vimos unha expo, «E ti que les?», na que distintos persoeiros da nosa cultura (Manuel Pablo, Yolanda Castaño, Xurxo Souto, Eva Veiga... entre outros) explicaban cal era o seu libro preferido.

A partir desa exposición xurdiu a idea de facer unha propia. Os profes puxéronse mans á obra e organizaron outra, esta co título de «E nós, que lemos?» Todos tivemos que traer unha foto nosa ou un debuxo que nos identificase e despois pensamos e eliximos un libro que nos gustara moito. Fixemos un resumo do seu contido a modo de recomendación de lectura e colocamos todo no corredor de Secundaria, en taboleiros, pola parede e nos cristais. Na exposición, ademais das nosas recomendacións, tamén veredes libros recomendados por profes, amigos, amigas, pais, nais, parentes... Luísa, Nerea e Brais (3º A ESO)


14

Vai de animais ¿QUEREDES SABER COUSAS DO OSO PANDA? O seu nome científico é Ailuropoda melanoleuca. Pertence á orde dos carnívoros e á familia ursidae. É un animal de hábitos solitarios, de aspecto pesado pero moi áxil. É tímido e raramente agresivo, só son violentas as femias se ven en perigo os seus cachorros ou o seu territorio invadido. Soen ter unha soa cría que nace diminuta –só uns 100 gramos de peso– e cega. Ás sete semanas, o osezno xa pesa 1,5 kg. e abre os ollos e comezará a comer bambú como complemento do leite materno. Só abandoará a nai cando cumpra os 18 meses. Alejandro Pérez, 3º A ESO

E agora un animal fantástico! (Inventado por Héctor, 2º B) Un leonagui é un animal con cabeza de aguia e corpo de león. É moi forte, pode voar e correr a moita velocidade. Come animais moito máis grandes ca el e vive, en mandas, en África. Polo xeral chega ata os 50 anos de vida. Dise que apareceron por culpa duns científicos tolos que facían experimentos raros con animais. Son moi perigosos. Se vos atopades con un... fuxide, agochádevos para que non vos vexa!!!

OS ANIMAIS TAMÉN TEÑEN DEREITOS!!! Pois si. Tamén teñen dereitos, e son 14. Vai un, para que o teñades en conta, que falta fai. Na biblioteca atoparedes o libriño que fixemos na clase de Ética os de 4º A ESO. E NON O ESQUEZADES:

Artigo 1 Todos os animais nacen iguais ante a vida e teñen os mesmos dereitos á existencia.


15

Un novo libro de creación propia Seguimos escribindo. Este ano temos un novo libro para colocar no andel de CREACIÓNS PROPIAS da biblioteca: Flores e toxos (o título escollémolo entre todos a partir dunha lista deles que propuxo unha profe do noso cole). Son textos que fixemos en 3º e 4º ESO sobre O QUE NOS GUSTA e O QUE NON NOS GUSTA.

Escribimos un para que vaiades abrindo boca: Gústanme os que van «a por todas», os que van cara adiante e non se abanean ante os problemas, os que che fan ver que ao malo hai que lle sacar sempre o lado bo; a xente cercana, cálida, os que tenden as mans, os que non lles importa expresar os sentimentos, os que che fan rir, os que che amosan o lado fermoso e divertido da vida; os que fan de todo por todos; os auténticos. A luz, o sol, as candeas, as velas, ver o que os meus ollos me amosan. Os AMIGOS. A imaxinación, deixarme levar pola miña mente e fuxir da realidade; pensar que todo é como querería que fose; ser libre e ter ás para voar; vivir momentos especiais e máxicos. SOÑAR. A cor verde, as árbores. A cor azul, o mar. A humidade, a choiva, os arrecendos, a comida, a casa, o meu fogar. GALICIA. ANDREA MONTERO, 4ºA ESO RECORDADE: ESTARÁ NA BIBLIOTECA PARA DISFRUTE DE TODOS

A preciosa portada fixérona Andrea Montero e Miriam Anido.


16

¿Dereitos humanos? Os dereitos humanos son os que temos todos os homes e mulleres do mundo. Pero ao traballar este tema en Ética, démonos conta de que moitos deses dereitos, desgraciadamente, se incumplen. Tanto aquí como noutros países. Un dos que menos se respecta é o 5, e mirade que é importante. Este artigo di: «Ninguén será sometido a torturas ou tratos crueis, inhumanos ou degradantes». Pois en EEUU, China… iso non se leva a cabo. Atopamos moitos casos nos que non é así. Por exemplo, hai moitas persoas que son aínda hoxe en día torturadas e sen ir moi lonxe, no noso país hai mulleres acosadas, maltratadas, sometidas a tratos degradantes e tamén traballadores que malviven case escravizados para que os xefes se lucren á súa costa. Outro artigo: «Ninguén será sometido a escravitude nin servidume», tampouco. Hai moitos nenos escravos en moitas partes do mundo. Parece incrible pero é certo. Conclusión: Os DH son os que nos permiten ter unha vida digna e todos debemos loitar por eles, para que se cumpran en TODO O MUNDO. Mirade unha foto da exposición contra a violencia de xénero e sobre os dereitos humanos que realizamos os días 25 de novembro e 10 de decembro respectivamente, no cole, toda a ESO: Para loitar contra a violencia de xénero, que nos ten tan preocupados porque é un tema moi grave xa que leva á morte a moitas mulleres e parece estar aumentando entre a xente nova, escribimos frases, eslogans e debuxamos cartolinas. Tamén se repartiron globos a todo o alumnado e sobre eles escribimos unha palabra. Dereito debuxado por Miriam Anido

LUÍSA

DOS

ANJOS

E

JESÚS MORENO, 4º A ESO


17

Novos voluntarios e novo blog no cole para os nosos nenos ex soldado Como xa sabedes, no noso cole colaboramos dende hai un par de anos cos nenos ex soldado da República Democrática do Congo e agora, coa fin de que todos teñades información de primeira man sobre o tema e tamén vos poidades adherir á causa, Andrea, Sara, Brais e eu –na hora de Ética– puxémonos a traballar e fixemos un novo «sub-blog». Así que agora no noso xa magnífico blog escolar temos outro dedicado exclusivamente aos «nosos» nenos ex soldado: www.nenosexsoldado.blogspot.com. Este está dividido en apartados onde vos informamos onde se atopan, quen os coida, que facemos para axudar...

Esperamos as vosas visitas, comentarios e, sobre todo, a vosa axuda cando comecemos cos rastrillos e vendas varias.

Este ano apuntámonos voluntariamente para os rastrillos e talleres solidarios, os seguintes alumnos-as de 3º e 4º: Sara, Marina, Cristina, Andrea, Beatriz, Noemí, Manuel G., Brais, Diego, Carla, Irene, Mª José, Silvia, David, Luísa; Nerea, Alex e Patricia.

E agora os de 3º ESO, que son os novos nisto, vannos dar unha pequena explicación dos porqués: -Apunteime aos talleres solidarios porque xa estiven e sei como van, gústanme, gústame axudar e facer cousas polos demais. Noemí -Porque me parece ben. Beatriz -Porque me dan pena os nenos «afrodisíacos» (é unha broma que só entendemos os de CuCa). Brais -Para axudar a eses pobres nenos. Manuel Grueiro -Porque ser solidario coas persoas que o necesitan paréceme importante. Diego López -Porque quero axudar aos nenos coma min que o pasan mal, porque non é xusto. Patricia -Para axudalos e que poidan saír da miseria e das guerras. Alex -Para axudalos. Irene e Silvia -Porque é interesante. Nerea -Porque me gusta axudar aos nenos. Mª José -Porque me gusta axudar aos demais. Carla -Apunteime porque me dan pena e os quero axudar no que poida. Luísa -Porque creo que hai que axudar a quen o necesite. David


18

E agora dicímosvos COMO FACER UN BLOG. ¡Está chupado! Nós escollemos BLOGGER: -O primeiro é ir a www.blogger.com e pinchar sobre o botòn que pon Crear un blog. -Primeiro crearemos unha conta de Google. Escribirás o teu enderezo de correo electrónico (este xa ten que existir), introducirás unha contraseña e un «nick» (nome que se verá cando publiquemos un «post» ou entrada). Acepta as condicións. -Clicaremos en Continuar. -Asignaremos un nome ao blog. -En Dirección del Blog (URL) poñeremos o enderezo en internet, que será algo así como http://NOMEESCOLLIDO.blogspot.com -A continuación, premeremos sobre Continuar. -Escolleremos a aparencia de noso Blog (hai moitas plantillas). -Presionamos sobre a que queiramos e prememos en Continuar -Aparecerá unha mensaxe de confirmación de que o noso blog se creou con éxito. -Premeremos sobre Comezar a publicar.

E ¡hala!, comeza xa a «postear».

MARINA GRUEIRO, 4º A ESO


19

Imos ao cine? Unha das pelis que máis me gustou foi AVATAR, en 3D. Vai de uns humanos que viaxan a outro planeta na busca dun mineral moi caro. Para conseguilo, debían arrincar as árbores e remover a terra, pero isto afectaría aos seres dese planeta. Entre os humanos había tres persoas que se convertían en «avatar» mediante unhas máquinas e durante o día convivían cos seres do planeta para estudalos e coñecer os seus costumes. Ao final hai unha guerra e os humanos son expulsados, agás os tres que se transformaban xa que entre eles e os seres do novo planeta nace o amor. HÉCTOR HUERTAS, 2º B

Pintamos un Pero… recordade que sempre hai que facelo en sitios permitidos, en muros que se poden pedir nos concellos, nas asociacións, nos centros de ensino, portas particulares, garaxes… mesmo en paredes interiores. Nunca en fachadas, en monumentos, en lugares privados ou comunitarios sen permiso. Un grafiteiro non é un bandoleiro! Nesta páxina tedes dous de Manuel Grueiro, un artista que promete.


20

E vai de lendas, que nos contan 3ºB «A santa Compaña» Sempre dixeron que Galicia tiña algo máxico, que as pantasmas e as meigas elixían este sitio por ser especial. Eu tiña pouco máis de vinte anos, que non eran os vinte anos de agora. A pesar de que sempre fun algo supersticiosa, non cría nas meigas nin nos demos, así como que a queimada que facía meu pai nas festas tivese o poder de limpar as nosas gorxas e o noso corpo de malas vibracións. Eu era unha rapaza corrente, de aldea, de aldea, á que lle gustaban as verbenas como a calquera. Acórdome que un día viñamos das festas de Leiro, camiñando, como era costume. Eramos uns cinco ou seis, ou coido que aínda máis. Xa era moi de noite, e pasar polos carreiros a altas horas era algo arriscado e, sobre todo, medoñento, pero nós eramos fortes e valentes e pasabamos por calquera sitio que se nos puxese por diante. Estaba todo moi escuro e ía moito frío, pero non tiñamos medo a nada. De súpeto, vimos un grupo de xente vestida de escuro e cunhas velas na man. Murmuraban algo, pero non era nin galego nin castelán. Un do noso grupo falou da Santa Compaña e a min treméronme as pernas. Abofé que comezaba a crer nas lendas que me contaba a avoa. Agochámonos tras unhas árbores e o grupo de xente pasou. Moitos do meu grupo dixeron que se trataba das monxas que facían exercicios espirituais, pero sei que iso era só unha mentira máis das tantas que nos dicían para quitarnos o medo. RAQUEL PORTAS ARMESTO

LENDA ANTIGA

Contan as antigas lendas que existiu unha fértil illa entre Europa e América, no que hoxe chamamos Atlántico pero que os antigos o coñecían polo nome de «Océano Tenebroso», grande case como un continente, chamada Atlántida. Era a súa capital Poseidona, cidade sagrada dedicada a Poseidón, deus do mar. Florecía nela unha extraordinaria civilización. O seu reflexo gardábase quizais en ambas as dúas beiras do Atlántico, en Exipto, en México e en Perú, pero un espantoso cataclismo sepultouna para sempre baixo as ondas. LAURA COUSIÑO INFESTA

A MORTE DA NENA

Esta historia trata dunha nena de corta idade que faleceu nos seus soños. Era dunha familia rica á que lle custara moito ter fillos, xa que nacían enfermos e morrían ao pouco tempo. Esa nena morreu aos 9 anos, pero non dunha morte normal, senón asfixiada por non poder saír da tumba. En realidade non morrera por morte súbita coma todos crían, senón que estaba en catalepsia. O pai non podía crer o sucedido, enterrouna no xardín e púxolle unha campaíña no dedo coa esperanza de que fose catalepsia e espertase e así puideran desenterrala. A nena espertou e golpeou a tapa do ataúde con todas as súas forzas. Intentou saír por todo os medios e rabuñou a tapa con tal forza que arrancou as unllas. Á mañá seguinte o pai viu a campaíña tirada no chan e cando desenterrou a súa filla, alí estaba ela, pálida, coas mans ensanguentadas e as unllas cravadas no ataúde... sen vida.

ALISON LEMA


21 Onde eu vivo din que hai uns 40 anos había un gaiteiro que morreu por causas que aínda se descoñecen e dende entón, todos os días, din que se escoita como o gaiteiro toca a gaita nun gran penedo que hai en Torres, sobre as 12:00 h. da noite. Eu nunca o oín... pero nese penedo no que toca a gaita hai unha especie de tumba coa forma do gaiteiro coa súa gaita ao lado. E dende entón a ese penedo chámaselle a «Tumba do gaiteiro».

ALBERTO FERNÁNDEZ ESPIÑEIRA, 3º B

A LENDA DE PEPA A LOBA Conta a lenda que PEPA A LOBA era unha bandoleira que vivía na serra de A Loba. Era unha bandoleira que lles roubaba aos ricos para dárllelo aos pobres e que gardaba todo na súa guarida da Serra da Loba. JUAN SÁNCHEZ

Conta unha lenda de Sada que un mariñeiro se botou ao mar moi cedo e cando quixo volver para casa levantouse un forte vento que fixo que o mar embravecera. Nunha destas, unha onda bateu contra a embarcación e o mariñeiro caeu ó mar. Cando xa estaba a piques de afogar, o mariñeiro rezoulle unha oración á virxe de Pastoriza e, sen saber como, ao seguinte día o mariñeiro apareceu na praia.

JAVIER FERNÁNDEZ CASTIÑEIRA


22

Imos á cociña? Veña, que este ano toca outra recetiña con cebola (chata, claro!): UNHA RIQUÍSIMA TARTA DE CEBOLA

Para a pasta quebrada utilizaremos masa quebrada (que se pode comprar conxelada). Para o recheo utilizaremos 150 gr de mantequilla, 1 kg de cebolas chatas, 1 folla de loureiro, sal e pementa. Para a crema 500 ml de nata, 4 ovos, sal, pimenta e noz moscada. Cortamos a cebola en tiras finas. Poñémola a «pochar» coa manteiga e a folla de loureiro, tapada para que o vapor queda na tixola e «poche» mellor. Cando estea lixeiramente douradiña, sacámola e deixámola que arrefríe. Facemos a crema do recheo e mesturamos todo coa cebola. Colocamos todo enriba da masa quebrada e metemos ao forno durante 25 min. aproximadamente a 170º C. Notaremos que está feita se a movemos lixeiramente e NON SE MOVE como un flan.

E AGORA: A COCIÑA SOFISTICADA DE 6ºA PRIMARIA

PRIMEIROS PRATOS Rolo de primavera recheo de saltón, ourego e leituga, cuberto de crema de chocolate amargo e vainilla aceda. Sopa de cabaza cunha ramiña de canela e perexil do país. Cogomelos á prancha con espárragos e pementos vermellos, enriquecendo o prato cun chisco de maionesa. Espinacas á prancha con salsa de puré de pataca e frangullas de chourizo galego. Potaxe de fabas mouras con pata de saltón e peixe cornudo.

Debuxo de Elena


23 Caldo galego con rabo de porco e xema de ovo de avestruz de curral. Gambas e patas de cangrexo con patacas cocidas en salsa de carne asada. Remexido de cantarelas do país con ovos de galiña quica sobre base de pementos de Padrón gratinados.

SEGUNDOS PRATOS Raxo á prancha con salsa de setas do bosque aromatizada con canela. Costelas de touro á pedra con patacas cocidas en auga de mar da ría. Costelas de furón salpicadas de baba de morcego e po de allo macho.

Debuxo de Francisco

Peixe globo á prancha con salsa de cabaciña e uva romana e toque de canela en po. Pescado ao espeto regado de limón, acompañado con puré de arandos e froitas do bosque. Pata de porco ibérico con cebolas aromáticas e refrito de ortigas brancas. Lingua de vaca cunha salsa multicolor de pementos verdes, amarelos e vermellos. Paella de lebre vella con arroz integral e concentrado de herbas aromáticas a discreción.

PRATOS DE SOBREMESA Mazás confeitadas bañadas en crema de chocolate con folerpas de piña esparexidas ao chou. Xeado de caviar á escocesa con espuma de plátano de Canarias e mandarina chinesa. Trufas con chocolate negro e xeado de menta e vainilla cun toque de herbas aromáticas. Melocotón recheo de ovos de caracol confeitados.

Debuxo de Elena

Copa de chocolate e tona do leite decorada con salsa rosa elaborada con selectas froitas silvestres. Empanada de cogomelo azulenta, azucrada con xarope de mel de chorima de toxo galego. 6ºA P


24

Recuncho literario Poetizamos MARINA GRUEIRO, 4ยบ A ESO

CONSTANTINO BELLO

LUรSA

DOS

ANJOS

ANDREA MONTERO


25

Fixemos tautogramas Textos escritos con palabras que comparten inicial. Que vos parece se creamos un texto con palabras que comecen sempre pola mesma letra? Medrarei mentalmente. Madurar. Marina. Marina Grueiro Cando comín carne, cegueime. Collín carraxe. Cristina Ares Anoitece: amámonos. Amence: adeus. Luísa dos Anjos Chove. Choven cristais. Choven cicatrices. Choven choros... Cando cortamos corazóns... chove calquera cousa. Miriam Anido Cando comía castañas, Carlos contaba cartos coa carteira chea. Constantino Bello Sara, Sariña, soñadora... Sempre serei simple, sinuosa, simpática, sagaz. Saberei sempre sentir, sacar soidades... Sara Díaz Andalucía anda aí abaixo. Pablo López

Palíndromos Un palíndromo é un texto que di o mesmo do dereito que do revés: é a simetría; un eixo central que abre ás de bolboreta e pólas de palmeira. Os palíndromos son coma moitas cousas na vida, non teñen explicación... e dan sorte. Mmm… sugus sugus… mmm Sara Díaz Amor Roma Luísa dos Anjos O sono é o noso Cristina Ares


26

L’amour, l’amour, toujours l’amour... Eu quería a aquela rapaza que me dixo que non. Tiña o pelo marrón como os ollos e a cor. Eu quería estar con ela, pero... ela comigo non! RAÚL FREIRE, 2º B ESO

Había unha vez unha rapaza chamada Noa e un rapaz chamado Mar. Coñecéronse en verán e fixeron moita amizade, pero a Noa gustáballe Mar e ... a Mar... Pois a Mar, non. Pero Noa decidiuse e pediulle saír. Mar díxolle que si para non facerlle dano. Aínda que ao final fíxollo, era mellor que lle tivese dito NON. Noa, coas ganas que tiña de estar con el, lanzouse nos seus brazos e ... Mar, enfadado, rodeouna coas súas ondas e... Noa afogou. DIEGO PÉREZ, 2º B ESO

Agora lede unha carta de amor Amor: doume conta de que a vida é moi fermosa sempre e cando teñamos a alguén ao noso lado, sobre todo cando temos unha persoa pendente de nós, sinceira, que non minte, que cun bico nos leve ao ceo e que un aloumiño seu nos faga sentir que somos especiais. Unha persoa que cunha palabra nos faga sentir bolboretas no estómago, con quen o noso corazón latexe rápido... Pero que non sexa unha nube que leve o vento, unha palabra escrita na auga que corre, nin un sentimento que esquezamos en segundos. O amor é tan inmenso como o sol, tan eterno como a beleza dos solpores. Cando temos amor, as penas vanse e as tristezas vólvense alegrías, todo é marabilloso. Moitas persoas din que isto non existe pero eu creo que ese sentimento é real, verdadeiro, algo que comparten dúas persoas, a loucura de amar e ser amado... poder dicir: QUÉROTE! e que outra persoa che responda o mesmo. TAMARA TENREIRO, 2º B ESO

AMOR... PODE SER ALGO PRECIOSO OU ALGO HORRIBLE. Se outra persoa sente o mesmo, podes acadar a felicidade, pero... se, polo contrario, esa persoa non sente nada por ti... a dor que sentes é MORTAL. BRAIS LÓPEZ, 3º ESO A


27

Homenaxe aos «Cabalos azuis» de Franz Marc HAIKUS de 3º A ESO

Azul pelaxe e enormes corazóns. Son puro amor.

Cabalos azuis con negras cabeleiras. Fondo vermello.

Non é o ceo, nin a azul choiva. Só son cabalos!

ÁGATA NGUEMA

NEREA

MANUEL GRUEIRO

Cabalos azuis. Nas pingas de xeada, gotiñas de luz.

Cabalos azuis, Paisaxe luminosa, Árbores brancas.

Á luz da tarde, os cabalos azuis brillan no solpor.

ALEJANDRO PÉREZ

SILVIA

DIEGO

Cabalos azuis: ¡Que bonita cor de pel! Son como o mar.

Corazóns azuis na pintura de Franz Marc: Vida salvaxe.

As nubes baixas. Hai cabaliños azuis entre montañas.

BRAIS LÓPEZ

ADRIÁN

ALEJANDRO PÉREZ

PATRICIA

E

E

LUÍSA MOLINA

E

MIGUEL F.

E

MANUEL AMADO


28

Uns relatos mariñeiros A LENDA DO MAR Volvín a aquel recanto do areal no que afogara o meu mellor amigo. Non volvera alí dende que acontecera a traxedia, no verán do 2005. O meu avó contáranos unha lenda, un misterio que o mar escondía e que se mostraba soamente o 31 de agosto cada 4 anos. Estabamos no día exacto no que ocorrería aquel feito misterioso se a lenda fose verdade, e a curiosidade fíxome convencer a Alberte. Ámbolos dous sumerxímonos na aventura de descubrir se tal cousa era certa ou non. Á tardiña chegamos ó areal. Non había ninguén. Todo estaba deserto, coma se o medo se apoderase de todo o mundo –porque todo o mundo coñecía a lenda– e ninguén se quixera expoñer. Roldarían as oito e media e Alberte e mais eu sentámonos na area. Ollámonos un ó outro e empezamos a falar. Acórdome que eu lle dixen: «Todo está en calma, amigo; teremos que acougar». E el respondeu: «Non creo que vaia pasar nada. Xa levamos un intre aquí e xa ves, un día coma outro calquera». Pasaron os minutos e, xa cansos de agardar por algo que nin sequera sabiamos se pasaría, decidimos meternos na auga e bañarnos. Como faciamos moitas veces, dispuxémonos a competir buceando. Cando subín á superficie, non vin a Alberte. Agardei un anaco, pero nin rastro. Entón berrei por el todo o que me daba a voz. Alberte non aparecía. Fun pedir axuda ás casas máis achegadas. A xente foise xuntando no areal. Unha morea de persoas estiveron buscando nel pola area e polas penedas, tamén se incorporou á busca Protección Civil cunha zodiac, pero todo foi inútil. Botaron tres meses na súa procura, sen resultado ningún. Durante todo este tempo a culpabilidade roíame por dentro. Aínda así tiven que continuar cos meus estudos e a miña vida. Catro anos despois, o mesmo día e á mesma hora, todo era diferente. Cando cheguei á praia, quedei abraiado: a baía estaba ateigada de xente. Todos estaban ollando o mar; uns buceadores atoparan algo estraño enganchado no temón dun barco. Sacárano á superficie, e eran os restos dun corpo humano. Decontado chegou a Garda Civil. Achegárono á area e, coa axuda dun forense, descubriuse que era Alberte, e que morrera por unha parada cardiorespiratoria. O meu pesadelo rematara. Agora sei que a lenda non se cumpría e que eu non era o culpable. Simplemente ese era o destino do meu amigo Alberte.

CARLOTA VARELA VILLADÓNIGA (1º ESO B)

NOITE DE VENTO E TRONADA Aquela noite non puidera durmir, co vento e a tronada. A verdade é que tamén estaba nunha situación incómoda, porque meus pais marcharan de vacacións e eu estaba só na casa. Cada vez que comezaba a cabecear, sentía unha vaga de vento na ventá e parecía que a ía romper. Entón decidín coller un libro. E desa forma entroume un sono pesado e adormecín de certo.


29 Cando me erguín, mirei pola fiestra cara á praia e todo estaba no seu lugar, pero eu tiña a sensación de que algo raro estaba pasando, ou pasara xa, esa noite na praia. Despois de vestirme, botei un chisco de auga na cara para espertar ben. Logo fun á cociña e almorcei. Ese día tiña gana de verme co meu amigo Xan e ó redor das doce funo chamar á súa casa, que está a uns cincuenta metros da miña. Decidimos baixar á praia e polo camiño contoume que tivera un soño moi inquietante e púxose a contarmo. — Pois que un barco, o Rondiro, navegaba por aquí próximo á costa e, pola forma de vestir a tripulación, aquilo parecía ocorrer no século XVIII. Máis concretamente, no 1705. E o máis curioso, ¿sabes que é?... Que non teño nin idea como sabía eu con exactitude o ano no que aquilo estaba a acontecer. Asusteime. Mellor dito, impresionoume moito todo o que me dixera Xan. Ó chegarmos ó areal, seguimos falando do soño mentres que andabamos polas rochas e, de repente, vimos entre as pedras un pequeno cofre que tiña unha insignia que levaba inscritos os números 1 – 7 – 0 – 5. Puxémonos moi nerviosos e intentamos abrilo dándolle á pechadura cunha pedra. De súpeto soltouse o broche e cando estabamos a punto de abrilo… ¡Erguinme dun brinco, suando! ¡Todo fora un soño! CARLOS PENA RODRÍGUEZ (2º ESO A)

O MARIÑEIRO GALEGO Antes de nada, situémonos. Estamos no Lago Ness, en Escocia. Un grupo de científicos están investigando sobre a existencia do monstro. Xa levan case catro anos e aínda non conseguiron proba ningunha. Os patrocinadores, xa cansados da falta de resultados, déronlles ata o remate deste cuarto ano de investigación para atopar algo, por insignificante que fose. Se non se cumprise esa condición, retiraríanse tódolos cartos. Os científicos pensaron, entón, en deixar de buscar dende terra con aparatos electrónicos de última tecnoloxía e pasar a investigar en pleno lago. Daquela, decidiron contratar os cinco mellores mariñeiros do mundo: un finés, un estadounidense, un portugués, un sudafricano e, como non, un galego –concretamente, de Rianxo-. Todos aceptaron rapidamente o emprego, agás o galego, que, despois de pedirlles varias veces «que non lle viñesen con lerias de monstros e bechos raros», acabou aceptando ó decatarse de que se trataba dun contrato serio. Uns días despois, xa en Escocia, os mariñeiros saíron á procura con cadanseu equipo e cadansúa embarcación coa tripulación correspondente. Ao segundo día, aló pola tardiña, tódolos mariñeiros volveron con algunha pequena proba, que, cun pouco de fe, podería xustifica-la existencia do monstro, xustificación na que o galego tamén disentiu. E disentiu porque un cacho antes de que os demais volvesen a terra, el collera algo grande. Tras hora e media de loita entre «a besta» e a tripulación, ó final a peza foi subida a bordo. O mariñeiro galego deu por feito que aquel era o monstro. En realidade, non se parecía nada ao que describen os contos. Tiña forma de peixe xigante, cunha especie de aleta no lombo con forma de cabeza. A medio camiño cara ao punto de reunión con tódolos implicados na investigación, o galego deuse conta de que este era un ser vivo único no planeta e que, se llelo entregaba aos científicos, con tódalas probas que lle ían facer e todo, acabaría morrendo. Así que decidiu volver a botalo ao


30 lago; pero antes, arrincoulle dúas escamas: unha para el e outra como proba, e gardounas no seu camarote. Ao chegar a terra, os mariñeiros foron entregando as probas, pero as escamas xa non estaban no lugar que o rianxeiro as deixara, cousa que ós científicos non lles importou, xa que cosas pequenas probas que os demais achegaran, xa lles abondaba para teren salvada a investigación. Cando o noso mariñeiro voltou a Rianxo, amigos e os familiares organízáronlle unha festa rachada. El seguiu saíndo a pescar de cando en cando (agora por pura afección, porque os cartos que lle deran os científicos chegábanlle para vivir ben o resto da vida), e cada vez que saía, collía moreas e moreas de peixe. Un día chegou a recoller no aparello un peixe que concedía desexos e mais un mapa do tesouro… Pero esas son outras historias. Ah!, case o esquezo! As dúas escamas do monstro!… Ao remate, as escamas encontrounas no peto do pantalón, no peto do pantalón que usaba os domingos para ir dar unha volta pola ribeira, sen chegar a explicarse nunca cómo foran dar alí. Para ser exactos, atopou unha escama e mais un diamante. O diamante… tamén é outra historia. A escama, enmarcouna e colgouna na parede da sala da súa casa como memoria do día no que un galego pescara o monstro do Lago Ness. CARLOS BOUZA CASTIÑEIRA (2º ESO – A)

XANTEMOS MENTRES NON ESCAMPA Xa hai ben anos, nunha casa grande da parroquia de Centroña vivía un matrimonio. Pepe, o home da casa, dicidira ir pescar luras para o xantar e quedara de volver sobre a unha e media. Alí, no peirao, o mar estaba tranquilo, era un día de sol e as gaivotas víanse ó lonxe voando suavemente. Pepe tiña moita paciencia para pescar, pero aquel día os piexes non picaban e decidiu dar unha volta polo porto. Alí atopou con Xoán, un amigo de vello. Estiveron falando un bo anaco e acordaron ir ó bar. Alí perderon a noción do tempo. Mentres, sen máis nin máis, levantouse un vento ameazador. Desapareceu o sol e non se vían máis ca nubes negras. Logo comezou a chover e incluso caía algún que outro lóstrego. María, a muller de Pepe, comezou a precocuparse. Xa eran as dúas e media e o seu home aínda non chegara á casa. Pepe, como ía moi mal tempo, decidiu quedar no bar ata que o día calmara un pouco. Comeu alí e pensou en como o debería de estar pasando a muller, pero o máis razoable era agardar alí a que pasase a treboada. Eran outros tempos e non había móbiles… E poucas casas tiñan teléfono fixo. María acendeu a radio nos informativos e escoitou unha nova que lle produciu arrepío. Dicían que no porto afundiran moitas lanchas e que se atoparan algúns corpos no fondo. Nunha arroutada, María saíu cara ó peirao. Efectivamente, alí non estaba a lancha de Pepe e deu por feito que o home morrera. Un sentimento de perda do seu compañeiro invadíalle o corazón e a muller desfacíase en bágoas. Deseguido, foi falar co cura e os veciños foron avisando uns ós outros para facerlle unha misa alí mesmo, no porto.


31 Durante a misa, o ceo despexou e Pepe despediuse de Xoán para busca-la lancha e as súas cousas, e alí atopou unha morea de xente reunida co cura. Entón achegouse para ver que pasara. Cando a xente o viu, asustouse porque pensaba que era unha pantasma, pero el acougounos. — Que pasa aquí? A que se debe esta misa? — Oh! Pero ti non estabas morto? –dixeron tódolos veciños a coro. — É que non volvías á casa e era moi tarde. Xusto no momento no que comecei a inquietarme, saíu nos informativos que morrera moita xente no porto por causa do temporal. Como a túa lancha non estabal aquí… –dixo María. María deulle unha aperta moi forte e fóronse para a casa. O que vos acabo de contar, por curioso que pareza, aconteceu de certo. Así que, cando vos pase algo parecido na vosa casa, acougade e informádevos ben. VERÓNICA FACHAL VÁZQUEZ (2º ESO A)

UN DÍA DE PESCA Aínda non sei por que, pero aquela mañá espertei con ganas de ir pescar. De feito, nin almorcei. Preparei un par de bocadillos, cunha xenerosa cantidade de xamón e, xunto cunha gran botella de auga, metinos na miña mochila. Vestinme ás présas e collín o meu fardelo coas cousas que se precisan para facer unha boa pesca. Pero, para o meu desgusto, non me quedaban nin anzois nin miñocas. Sentín rabia, pero alegreime ó darme conta de que podía ir na miña dorna a Ribeira para mercalos. Aínda que de Xuño a Ribeira leva un bo anaco por mar… Inmediatamente saín da casa. Aínda estaba a rosada na herba e o Sol non quentara a terra, pois non pasaran nin trinta minutos dende o amencer. Dirixinme cara ó embarcadoiro que o meu avó construíra había moitos anos detrás da miña casa, xusto ó lado das Furnas.Subin a bordo da miña dorna, soltei os cabos e saín ó mar. Observei a gran extensión de mar diante de min, a costa de Corrubedo e o ceo, todo despexado, menos un pequeno anaco ó norte, no que se vían nubes de tormenta. Todo tranquilo. Demasiado tranquilo, pensei. Pero ese pensamento pronto se esvaeceu da miña cabeza ó dar a volta a Corrubedo. Puiden observar a gran Ría de Arousa, e as illas de Sálvora e Ons sen ningún atranco. Acerqueime a terra para poder deixar a miña dorniña na praia de Coroso. Amarrada a barca, dirixinme á tenda de pesca A poutada. Alí estaba o dono, Xavier, un amigo meu. Estivemos a falar un bo anaco. Sempre facíamos iso, aínda que cada semana, por unha cousa ou outra, nos encontrabamos. Elixín, despois, uns anzois de ferro do tamaño axeitado para pescar unhas xardas, e unhas miñocas do Carreiro. Feliz pola miña compra, que me deixaba cumprir o meu desexo de pescar, volvín saír ó mar. Fun dereito ó meu sitio favorito para pescar, ao lado da Illa de Rúa. Aínda tardei un bo anaco en chegar, pero pagou a pena. ¡En vinte minutos collín trece xardas! Unha cousa conseguira: non ía ter que mercar máis peixe nunha semana. Nada máis pensar niso, entroume unha fame negra. E é que entre pitos e gaitas, xa eran as doce da mañá e eu sen almorzar. Devorei un dos bocadillos que, por certo, estaba moi bo. Satisfeita a miña fame, dispúxenme a seguir pescando. Pero algo estraño ocorría; escurecera de súpeto. Estrañado, mirei cara ós lados, e axiña tiven


32 resposta: aquela petada de nubes, convertérase nunha xigantesca tormenta que se dirixía cara a min. Ó instante púxenme a funcionar: acendín o pequeno motor da barca e puxen rumbo a Xuño. A reacción foi rápida, pero a tormenta foi máis rápida ca min. Ó pouco, vinme rodeado dunhas olas de dous metros que golpeaban a miña dorna. Non me detiven a observar, pois non quería rematar batendo contra algunha peneda. A idea do naufraxio medraba a cada tanto, xunto co medo e as olas. Aínda non comezara a chover, pero uns ameazadores raios caían relativamente preto de min. Acelerábaseme o pulso. Respiraba cada vez máis rápido. Dei a volta e o último que recordo foi unha xigantesca ola rompendo sobre min. Non sei canto tempo pasou, pero espertei sobresaltado aboiando preto duns anacos da miña dorna. Aferreime ó máis grande, pois as olas non cesaran aínda. Sabía que ninguén podería rescatarme, pero comecei a pedir axuda, e o único sonido que me respondeu foi o zoar daquel vento frío. Pouco a pouco, o cansazo ía vencendo á desesperación, e eu ía pechando os ollos, pechando os ollos… para non volver a abrilos. Polo menos ocorreu no meu lugar preferido, o mar. Aínda que se soubera que o meu final ocorrería nel, dubidaría desa preferencia. Pero, preguntarédesvos... como estou eu contando isto, quen son eu ou que é o que son... A verdade, non importa quen sexa. O único que importa son Ribeira, Xuño e, en especial (sobre todo), o meu mar. ÓSCAR PÉREZ VILA (1º ESO – A)

UN ANO POR SAN XOÁN Todos os anos, na noite de San Xoán, baixamos á praia pequena que hai en fronte da miña casa. A iso das sete e media ou oito empezamos a baixar as toallas, uns cantos paus para prender lume e, por último, o pan, as bebidas e as sardiñas. Meu pai empeza a asalas mentres que a miña nai vai polos ingredientes da queimada. O ano pasado, en concreto, cando acabamos de comer as sardiñas e iso, o meu pai viu unha luz estraña aló na praia de Sada que cada vez se acercaba máis. Uns crían que era Costas, outros, a Garda Civil… Aquilo era horrible: ver a toda amiña familia argallando como recoller e como esconderse para que non os visen. Uns corrían cara ás rochas, onde había unha especie de burato no que te podías agochar; outros subían escaleiras arriba para ver se chegaban á casa… E eu quedei sen moverme e sen saber qué facer mentres vía como cada un procuraba un sitio e escoitando aquel boureo horrible que armaban. De súpeto tocáronme no lombo. Pensei que me daba algo, co medo. Dei a volta e peguei un berro descomunal. E a que non sabedes quen era? Pois o meu padriño, que viña no bote xogando coa lanterna. Cando todos viron quen era, botaron a rir e a dicir que xa o sabían, que eles non colleran medo. -¡Non, que va! -dicía eu, aínda co corazón a todo bater. Aquela noite foi xenial! ÁNGELA ALAGE (1º ESO A)


33

Entrevista a... MIKEL Un novo profe entrou este ano no noso cole. Sabemos que é un gran deportista e que ten unha vida moi activa que hoxe intentaremos descubrir un pouco máis… Comezamos coas preguntas: - ¿Que impresión che deu o cole a primeira vez? Moi boa, estupenda, familiar. - ¿Por que estudaches inglés, non che interesaban outras cousas? Non había tantas oportunidades como, tantas facilidades como hoxe en día. E si que me interesaban moitas outras cousas, pero non se pode facer todo. - Polo que sabemos, es un bo deportista, ¿que deportes practicas? Son deportista de alto nivel en vela, campeón de España, de Europa e 6º do mundo. Practico vela, karate, mergullo, pesca, bicicleta… - Como podes observar, estamos moi ben informadas e sabemos que tiveches a oportunidade de coñecer distintos lugares do mundo, ¿que tal a experiencia? Estupenda, imaxinade! Competindo nunha das regatas máis prestixiosas… - Falando de regatas, ¿cal foi a última? O Volvo Ocean Race, unha regata organizada polo Royal Ocean Racing Club, que percorre todo o mundo e celébrase cada tres ou catro anos. Agora pasamos a temas máis persoais: - As túas tatuaxes, ¿a que se deben? Gústanme as tatuaxes. - Defínete a ti mesmo en tres palabras. Xusto, testán e activo. - ¿Que levarías a unha illa deserta? A miña Leatherman (navalla multiusos), poderíame salvar a vida. - ¿Cal é o nome de muller que máis che gusta? ¿E o de home? Rosa. Mikel !!! - ¿Que propósitos tes para este curso? Saír de aquí vivo (risas). - ¿Participas nas tarefas do fogar? Basicamente as fago eu. - ¿Que recordos tes dos outros centros de traballo? Moi bos, agás algún puntual. Gústame ensinar. - ¿Que che gusta facer no teu tempo libre? De todo, pero fundamentalmente deporte ou actividades na natureza, enredar no taller…


34 -¿Que acostumabas facer de máis novo? Deporte, saír cos amigos, coñecer mundo, escapar por aí… o que pasaba é que non tiña moitos cartos. - ¿Onde coñeciches á túa moza? En Ferrol. - ¿Que é o que máis che gusta da túa vida? ¿E o que menos? Todo. O que menos… nada, ben, gustaríame ter máis tempo libre e pelexar menos cos alumnos. - ¿Cambiarías algo da túa vida? Non. - ¿Como pensas que será o teu futuro? Estupendo! Retirado xove, con cartos e dando a volta ao mundo por pracer. - ¿Hai algún lugar onde che gustaría especialmente vivir? Si, en Nova Zelanda ou en Xapón. - ¿Cal é a comida que máis che gusta? Arroz malaca, un arroz que inventei eu no Estreito de Malaca, navegando. - ¿Cal é a túa música preferida? Rock and roll, Rock duro e Heavy. Moitas grazas pola túa colaboración, Mikel, e esperamos que cumpras os teus soños e que este curso remate ben para ti.

Entrevista a... ANTÓN PREGO Este ano, tamén lle tocou «sufrir» a nosa entrevista a Antón Prego. Fixémoslla na clase de Plástica, comendo as súas galletiñas e bebendo o seu zumiño… Comeza o bombardeo, primeiro unhas preguntiñas suaves, de tipo profesional: - ¿Cantos anos levas nesta profesión? Levo sendo mestre 18 anos… - ¿Por que deciciches estudar isto? Alégrome moito de que me fagades esta pregunta. Estudei Belas Artes e comecei tarde a carreira porque en Galicia non a había, pero sempre tiven o desexo de facela. - ¿Onde realizaches entón os teus estudos? En Salamanca. En Santiago gradueime en Artes aplicadas e especialiceime en tallado de pedra. -¿Cal é o mellor recordo que gardas deste cole? Recordo as actividades de teatro que fixemos con bonecos. ¿Anécdotas? Ummmh… Quedamos un par de veces encerrados na clase de Plástica, jejeje… - ¿Gustaríache cambiar de traballo? Siii… todos os días, jejeje… Gustaríame ser membro do COI (Comité Olímpico Internacional), gañan moitísimos cartos e só lles fan a pelota.


35 - Temos entendido que estás moi interesado pola Arqueología e a Historia. Cóntanos un pouco sobre esa afección. Pertenzo a unha asociación para a protección do Patrimonio cultural. Son o Presidente. Comezamos con algo máis... persoal: - ¿Que prefires: praia ou montaña? Jejee… síntome como Alejandro Sanz… Prefiro montaña, vivo ao lado da praia e xa me cansa. - Se foses un animal, ¿cal serías? Pois… unha ameba, jejeje… - Comida e bebida favoritas O caldo galego e a auga, ben simple. - ¿Con que estilo de música te sentes maís identificado? Co tango, por suposto, non o dubido. - ¿Tes algún obecto que gardes con especial cariño? Pois… moitos, teño a casa chea de cachivaches. - ¿Es un bo «cocinillas»? Non, iso faino sempre a miña muller. - ¿Axudas nas tarefas da casa? Menos cociñar, fago todo o demais. - Unha afección preferida: Cantar tango, coidar do xardín, estar cos meus fillos, debuxar… non sei… ¡teño tantas! - Defínete cunha única palabra. Alcachofa, jejeje… Non, non, defínome como… AÍNDA (resposta dadaísta). - ¿Que é o que máis che gusta do mundo? A vida mesma. - ¿Hai algo que sempre levas contigo? Unha navalla suíza.

- Entre os profes-as, gardas algunha relación máis estreita con algún-ha? Anda, móllate… Non. ☺ - ¿Tes algunha obra de arte preferida? A fonte de Marcel Duchamp. - ¿Cambiarías algo da túa vida? Non. -¿Que é o que máis che gusta da vida? Os meus fillos. Ben, pois xa vedes como é o noso profe. Grazas por aguantarnos unha vez máis e por facer esta entrevista tan familiar e divertida. Esperamos que agora todos te coñezan algo mellor. MARINA, SARA e ANDREA (4º A ESO)


36

UVL (unidade de vixilancia lingüística) Pois este ano, como prometemos, tocounos vixiar a nós. Xa sabedes dende o ano pasado que os profes falades moi «malamente» e que vos tivemos «arrodeados» e estivemos vixiándovos durante todo o curso. Non vos lembrades daquelas risiñas que de cando en vez escoitabades na clase? Je, je, je... Pois estabamos gravando no «disco duro». Así que agora aquí tedes estas historias, meteduras de pata, erros, momentos nos que rimos con vós... (dixemos «CON VÓS»??? Ejem... máis ben, DE VÓS...). VAN. PREPARÁDEVOS... 1. Conversa entre Begoña, Marina e Sara: – SARA: Profe, Marina debuxa fatal, verdade? – BEGOÑA: Si, xa o sei, pero se calca... (viva a sinceridade!) 2. Estamos en clase de Mates sen facer nada. – ROSA (cabreada): Xo! É que non facedes nada!!! (XO é tradución galega de JO!) 3. Na clase de Mates, Aneiros cae da silla e todos rimos. – ROSA: Sois tontos a mazo! 4. En clase de Lingua galega, Andrea dá un berro. – BEGOÑA: Andrea, cala, non berres! Cada vez tes máis voz de pito! (Risas...). 5. En clase de Francés, repasando algo xa explicado. Vilariño contesta todo mal. – CARMEN: Mon dieu, mon dieu, mon dieu!!! (Con todo de desesperación) 6. Facendo exercicios de Lengua española. Cada exercicio é máis difícil có anterior. – ANA ANDRÉS: Cada vez se ponen más capullos, eh?? 7. En clase de Plástica, entrando. – SARA: Dios, profe, que frío! A ver cuando compramos radiadores!!! – PREGO: ¿Qué? ¿Que tenemos que comprar tenedores?? 8. En Plástica, mirando unha foto de Frida Khalo. – PREGO: Mirade, esta é socia de UNICEJ como yo...

¿Que vos pareceron, profes?


37

Lede un contiño escrito por MARÍA LAGE (4º B Primaria) Un día Perla, unha gata branca de ollos azuis, foi ao parque co seu dono Daniel. Perla viu un rato e entón comezou a correr tras del. Daniel, desesperado, berraba: – Perla, onde estás? E ela contestáballe: – Aquí, aquí! Daniel pregontoulle a un reiseñor: – Viches unha gata branca de ollos azuis? O reiseñor díxolle: – Non, non a vin. Despois Daniel preguntoulle a un verme: – Viches unha gata branca de ollos azuis? – Non, non a vin. Ao final, Daniel preguntoulle a unha formiga: – Viches unha gata branca de ollos azuis? A formiga respondeulle: – Si, non é esa? E viu a Perla xogando cun ovillo de la dunha vella.

CREANDO EN GRUPO O «cadavre esquís « era un antigo xogo de salón que adoptaron os surrealistas franceses. Tratábase dun xogo colectivo no que alguén anotaba unha frase nun papel e o seguinte participante continuaba a historia, dobrándoo para que o terceiro só vise o escrito por el e continuase de novo (e así sucesivamente). A nós saíunos un cadáver exquisito moi chulo. Aí vai (cada guión esta creado por un de nós lendo só o que escribiu a persoa inmediatamente anterior na escritura): – O vento facía moverse as pólas das árbores producindo un ruído arrepiante. – Dábame moito medo estar alí, polo que decidín chamar a miña nai para dicirlle que viñera por min, cando de súpeto... ¡PLOF!, un estrondo terrible! – A casa en ruínas que tiña detrás miña estábase a derrubar. Por fin collín o teléfono e escoitei os berros dos meus amigos. Pasei moito medo, seguiamos sen saber que era aquilo. Colguei. Algo me tocou nas costas...


38 – Voltei e vin que era só unha póla pero o medo que sentía non cesou... Pola contra, foise apoderando de min. – Era noite pecha e non podía co ruído. Todo era moi confuso, ía por todas partes dando tumbos sen atopar a saída do bosque. Nunha destas, caín e non espertei. – Tardei unhas cinco horas en espertar e cando o fixen vin un home. – O home apuntoume cunha pistola. – Obrigoume a darlle todo o que levaba enriba. – Pero eu non lle fixen caso e fuxín. – Ás veces é mellor pasar de todo, non facer caso e fuxir... – E cando parei de correr, mirei ao meu redor e vin moitísimos homes e mulleres mirándome fixamente. – Tiven moito, moito medo. – O medo seguía no meu corpo e eu pensei que ía seguir alí, atrapado para sempre. – Ata que me dei conta e comecei a berrar para que alguén me axudase. – Lamentablemente ninguén veu axudarme e quedei aí sen sequera moverme. – Non puiden facer outra cousa. Só quedei alí. – Xa non tiña remedio. Agora xa non hai remedio! (3º ESO A)

AGORA FAGO MEMORIA E ESCRIBO UNS «LEMBRO»: LEMBRO LEMBRO LEMBRO LEMBRO LEMBRO LEMBRO LEMBRO LEMBRO LEMBRO

cando caín do bambán, pobre a miña cella! o meu primeiro gol. A rede estaba rota. a miña primeira camiseta, número 21. os parruliños. Eu era o máis grande. o meu primeiro exame, que nervios! o meu primeiro día na neve: todo branco. o meu primeiro día na piragua. Fun á auga cinco veces. aquel gol… Fomos campións de España. a excursión á Expo. Canta auga! JUAN PICOS

ESCRIBO UNS «TEÑO MEDO»: A que o mundo me dea as costas e quedar soa A perder o que máis quero na miña vida A que haxa unha noite sen fin e un día sen principio A que un día non haxa mañá. A ter medo a non ser valente fronte a cousas que me parece que non deberían existir Á perda dalgún dos sentidos Á falta de ilusión, de felicidade, do amor, da compañía da xente… Á falta do mar, das montañas, do ceo… A desaparecer do meu mundo A viaxar a un lugar soñado e non volver nunca máis A quedar no medio do mar, soa, ou no medio dun espazo sen fin. SARA DÍAZ


39

As aucas ou aleluias Din os expertos en cómic (que os hai) que a liguaxe da banda deseñada é un medio de comunicación baseado na sucesión de imaxes, acompañadas ou non de texto, que narran unha historia de xeito secuenciado, é dicir, que a historia narrada ten sentido pola lectura de cada unidade de imaxe-texto nunha orde ou secuencia determinada. Tamén din os expertos que esta maneira de contar historias non é un invento recente, que xa se fixo antes na historia da humanidade en distintas ocasións: as narracións sagradas dos templos e pirámides do antigo Exipto, os relevos da columna que contan as conquistas do emperador Traxano en Roma, o tapiz de Bayeux que refire a conquista de Bretaña por parte de Guillerme o Conquistador, etc. Entre os precedentes do cómic, e máis achegados a nós, están as aucas ou aleluias. Esta maneira de narrar con textos e imaxes foi moi popular en España dende o século XVII ata ben entrado o XX, porque era un dos poucos entretementos que a xente humilde podía disfrutar. O narrador de aleluias era unha persoa, moitas veces cega, que recitaba historias en versos octosílabos rimados en consonante e con moitos ripios, imitando o xeito de sermonear dos cregos (de aí o de aleluia) e, en ocasións, acompañándose dalgún instrumento musical coma a zanfona ou o violín para engadir musicalidade e dramatismo ás historias. Estes narradores achegábanse polas aldeas nos días de feira ou polo patrón, despregaban unha lona con estampas debuxadas que ilustraban o conto e o público os arrodeaba de contado, ansioso por escoitar. Lanzábase logo a recitar as historias namentres o seu axudante neno sinalaba cun pau a estampa correspondente a cadanseu verso. Ao final da actuación, o neno pasaba o cazo para recadar o pouco que os paisanos lles podían dar en pago polo momento de lecer. As historias que máis gustaban eran as de amores imposibles, as de crimes arrepiantes acontecidos nalgún lugar non moi lonxano ou as aventuras dalgún bandoleiro famoso con tráxico final. Tamén eran do agrado da xente os contos moralizantes de ton xocoso, cunha moralexa final de carácter educativo. Este foi o tema que escollín para facer a Auca dos irmáns Raposo ou como triunfar na vida sendo un rapaz estudoso e que podedes ler nas páxinas seguintes. Espero que sexa do voso agrado e que saquedes proveito da ensinanza que leva a moralexa do remate. ANTÓN PREGO (profe de Educación Plástica e Visual)


40


41


42

Trucos para aforrar enerxía AÍ VAN UNS CONSELLOS. ESPERAMOS QUE VOS SEXAN DE UTILIDADE

- Bombillas de baixo consumo: Para a iluminación exterior e as principais interiores, xa que se as poñemos nas de uso intermitente gastamos máis porque estas bombillas nos primeiros 5 minutos quéntanse e consomen moito, e por iso non son rendibles nos lugares de uso intermitente.

- Aforro de auga: Para aforrar auga, nas construcións ecolóxicas úsanse griferías con topes para botar menos auga e duchas que disponen de aireadores que mesturan o aire e a auga, conseguindo así reducir un 35% de consumo de auga. Este sistema consome 10 litros/ minuto, cando o habitual é consumir de 15 a 20 litros/minuto.

- Placas solares térmicas: Son unhas placas que están orientadas cara ao sur, para captar mellor a luz solar. Úsanse para quentar a auga que se almacena en tanques de 1000, 2000 e 4000 litros de capacidade. A auga que sobra vai á piscina. Este sistema é un apoio ao sistema convencional. Os paneis solares térmicos tamén se utilizan para a calefacción por chan radiante que traballa de 40 a 45ºC.

- Aproveitar a auga para o rego: As augas negras e as augas grises sepáranse e depúranse nas súas propias depuradoras, pero aínda así esta auga non é apta para o consumo por non ser depurada con produtos químicos e óptase por vertelas ao campo porque posúen nutrientes e serven para o rego.

- Ocos acristalados: En dirección ao sur as portas son de cristal para aproveitar a calor, e cara ao norte, de madeira, para evitar o frío.


43 - O compost da comida: Os restos da comida compóstanse nunhas caixas de madeira que están ventiladas para favorecer a degradación aeróbica da materia orgánica pola acción de microorganismos e, deste xeito, convértese en abono natural. O abono serve para que medren as plantas na leira.

- Limpeza de augas negras: A auga máis sucia límpase nunha depuradora aeróbica, que consiste en introducir aire e bacterias que limpan a contaminación orgánica. A auga más limpa depura a través de plantas.

- Separación de augas negras e grises: Sepáranse as augas do WC das augas do lavamáns e da ducha. As augas do WC, máis contaminantes, van a unha depuradora biolóxica que degrada a materia orgánica a nitratos e fosfatos e as augas menos contaminantes, ou sexa, as da ducha e do lavamáns diríxense a unha depuradora eficaz pero máis sinxela. Unha vez depurada a auga, condúcese por unha serie de canles ata a leira onde é aproveitada para o rego, xa que non son aptas para o consumo mais conteñen nutrientes (nitratos e fosfatos).

- Tratamento da madeira con Lasur: É un tratamento que se lle dá á madeira a base de vernices ecolóxicos e menos contaminantes. Estes vernices teñen un acabado semellante aos tradicionais, feitos con materiais que permiten a respiración da madeira. O Lasur é un produto altamente ecolóxico e feito a base de resinas acrílicas sobre unha base acuosa. Deixa os poros da madeira abertos, o que posibilita a transpiración.

Facede caso, así viviremos nun mundo mellor!

IAGO PENA MORADO (1ºA)


44

Un día para a memoria Foi un día moi divertido. Estaba de vacacións en Barcelona e fomos ao parque de atraccións do Tibidabo. Subín en todas as atraccións e despois fomos comer ao restaurante do parque. Pola tarde volvín outra vez. Meus pais estaban cansos de perseguirme e acabaron sentando nun banco para esperarme. Ao final da tarde estaba moi canso, cansadísimo, pero pasárao tan ben… Será un día que sempre levarei nos meus recordos. DAVID VIDA (3º A ESO)

Foi un día fantástico. Era o derradeiro día no cole. Sempre o gardo na memoria porque despois de darnos as notas e ter todos case todo aprobado, saímos do cole moi felices e con ganas de que chegase xa o bo tempo. Agora, cando o estou a recordar, póñome triste porque o verán alá se foi… DIEGO LÓPEZ (3º A ESO)

Foi un día especial. Nunca o esquecerei porque foi o día que naceu o meu curmán Brais. Eu fun velo ao día seguinte ao hospital. Era a habitación 304. Entrei e alí estaba el, durmido. Cando espertou collino no colo e el abriu os ollos, ollos dunha cor entre gris e azul, grandes. En resumo, pareceume un bebé precioso. IRENE (3º A ESO)

Foi un día alegre, pero triste á vez. Eu non sabía a onde ía. Só me dixeran que o pasaría moi ben e que estaría cos meus amigos. Eran as 9,00 h. da mañá e aí comezou a catástrofe. Todos os nenos choraban. Miña nai díxome adeus. Eu achegueime a ela e díxenlle que quedara, que non marchase. Pero ela non me fixo caso e foise. Despois apareceu unha muller que comezou a xogar con nós con pelotas e plastilina. Aí comezou todo: xa estaba no colexio para sempre! MANUEL AMADO (3º A ESO)


45

Un par de concursiños: 1. Rimos un pouco?

Fixemos o concurso con imaxes que a nós nos pareceron simpáticas. Os gañadores recolleron un agasallo «humorístico», aínda que a algúns non lles fixo moita gracia… ☺

2. Imaxes que falan Un concurso que fixemos en abril. Estes foron os gañadores que recibiron a súa imaxe enmarcada. Esperamos que vos gustasen.


46

Estivemos en Lucus Augusta Os e as de CUCA estivemos en Lugo cos rapaces e rapazas do IES As Mariñas. O día 10 de marzo saímos do cole pola mañá. Fomos en coche ata o IES As Mariñas e alí collemos o bus co alumnado dese centro e dúas profes. Ao chegar a Lugo, pola mañá, fixemos un xogo que as profes nos tiñan preparado sobre a cidade, dentro das murallas, con cousas relacionadas coa Cultura Clásica, tan importante en Lugo. As preguntas eran, por exemplo, que facían os lucenses coa lotería para que lles tocase... Ninguén o sabía. E outras como quen eran as estatuas que había na portada da catedral... tampouco a sabiamos. Entón argallamos unha solución: ir á oficina de turismo! XD Alí respondemos todas! Despois fomos ver a casa dos mosaicos, en pleno casco vello. Ao rematar as profes, Marisa, Joaquina, Chelo e Begoña, deixáronnos un rato libre. Fomos ver a Catedral e alí tivemos un pequeno accidente: Carla case cae polas escaleiras por culpa de Adrián... JE, JE, JE... Almorzamos nunha cafetería da Praza Maior, tomando o sol porque ía un día precioso, e alí falamos con moitos rapaces do IES As Mariñas, moi simpáticos por certo... :-) Despois de comer fomos dar un paseo polo adarve da muralla, que nos gustou moito. Sacamos fotos en grupo (aí tedes unha ben chula) e pasámolo moi ben. Hai unhas bonitas vistas da cidade dende as alturas, tellados, xardíns, árbores... e a verdade é que merece a pena ir por ela paseando. Á tarde fomos ao que fomos realmente: ver unha comedia de Plauto, OS XEMELGOS. Foi moi simpática e rimos moitísimo. Os actores eran rapaces coma nós, dun Instituro de A Coruña. Nela o tema era o de dous irmáns xemelgos que se separaran de pequenos por un imprevisto e que nun momento se atopan dunha forma moi especial e é neses actos nos que se producen equívocos e enredos pola súa identidade.

Pasámolo moi ben. Temos que volver! Poderemos?

CARLA, IRENE e ADRIÁN (CUCA 3º ESO A)


47

EDUCACIÓN INFANTIL Os nenos e nenas de 5 anos fixemos moitas cousas este curso.

No Magosto e no Samaín… Comemos castañas, Corre, Corre Cabaciña…!!

No Nadal… Fixemos unha obra de teatro… ”A árbore sen follas”

Na Paz… Que todos os nenos levanten as mans... Que vivan a paz e o amor!

No Antroido... Mulleres Maravilla e Batman!!


48

Saídas!! Que ben... fomos de excursión!! MACUF Arte !

BIBLIOTECA DE MIÑO Lectura!

PAZO DA ÓPERA Música!


49

Chegou a PRIMAVERA ao Castro Baxoi!!

Coa colaboraci贸n das familias do noso alumnado adornamos os corredores con flores e con murais para darlle vida a esta estaci贸n tan fermosa como 茅 a Primavera.


50

QuĂŠ sabemos sobre os desertos? A nosa protagonista de contos, Muna, marchou de viaxe a un deserto e contounos a sĂşa historia. Os nenos/as quedamos fascinados pola aventura e comezamos a investigar!!!

E asĂ­ xurdiu o noso proxecto sobre os desertos!! Xa veredes canto aprendemos!!


51

Que serías... se foses...? – Unha palabra: GOL, porque me encanta ver os goles na tele. – Un número: 10, porque é a nota máis alta. – Unha bebida: Coca Cola porque está moi rica. – Un animal: o paxaro, porque pode voar. – Unha zona do corpo: o pé, porque con el xogo ao fútbol. – Unha obra de arte: A torre de Pisa, porque me parece graciosa. – Unha flor: a rosa, porque é bonita. – Un debuxo animado: Roger, porque é simpático. – Unha película: Os Simpson. Porque me resultan divertidos. – Unha froita: o plátano, porque é amarelo. – Un insecto: a pulga, porque é pequena. – Unha cor: a branca, porque é a do Real Madrid. – Unha estrela: o sol, porque nos dá a vida – Unha virtude: ser moi intelixente para non ter que estudar. – Un mineral: o diamante, porque é moi duro. – Un sentido: o gusto, porque con el saboreo cousas ricas. – Unha paisaxe: o mar, porque é moi grande. – Un político: Rajoy, porque me fai gracia. – Un material: o ferro, porque é moi duro. – Un libro: Harry Potter e a pedra filosofal, porque me pareceu moi entretido. – Un xogo infantil: o escondite, porque o pasaba moi ben. – Un planeta: Xúpiter, porque é moi grande. – Un instrumento musical: a guitarra eléctrica, porque soa moi ben. – Unha arte: a música, porque me gusta. – Un día da semana: o sábado, porque non hai colexio. – Un país: Brasil, porque ten bos xogadores de fútbol. – Un aroma: fresa, porque me encanta ese olor. – Un obxecto: o mando da Play, porque me gusta xogar con ela. – Un superheroe: Superman, porque é moi forte. – Un vexetal: o tomate, porque está rico. – Unha comida: a pizza, porque sabe moi ben. – Unha frase: «O Madrid gañou a liga», porque quero que iso suceda. – Unha cidade: Madrid, porque alí está o Bernabeu. – Un río: O Nilo, porque é moi longo. – Unha montaña: O Teide, porque é a máis alta de España. – Un mar: o Mediterráneo, porque está en España. – Un deportista: Cristiano Ronaldo, porque é o mellor do mundo. RAÚL FREIRE (2º B)


52

Visitounos Inés Cuadrado Este ano, ademais de entrevistar aos profes, entrevistamos a Inés Cuadrado, unha actriz teatral que veu darnos unha charla ao cole. É coordinadora de «Axente das palabras», grupo que traballa co seguinte material (como din eles mesmos):

«A palabra pensada, a palabra lembrada, a palabra soñada… As palabras ditas e as caladas.. as escoitadas. O silencio da palabra pensada. Sons de palabras como a vibración das ideas potentes. O son da palabra como a música da alma». Estivemos presentes todos os de 4º ESO (A e B) e os membros do Club de lectura. Falounos de como hai que ler en voz alta, a postura corporal, os xestos, a entoación... Antes de nada, agradecémoslle a súa atención e paciencia (porque a tivo, si, non había maneira de que participasemos...). Comezamos a entrevista na «olorosa» aula de usos múltiples: - ¿Poderías definirte a ti mesma con tres palabras? Divertida, desordenada e bailarina. - ¿Que levarías a unha illa deserta? Di tres cousas (ou persoas). ¿A unha illa deserta? Pois… levaría a persoas amadas, como o meu compañeiro e os meus fillos, unha radio e, por suposto, non esquecería lapis e papel. - ¿Cal é o nome de muller que máis che gusta? ¿E o de home? Gústame moito o nome de Alma e para home, Manuel. - ¿Tes mascotas? Non. - ¿Poderías contarnos algunha anécdota dalgún cole? Unha vez en Bos Aires, nun espectáculo para nenos, conteilles que eu era arxentina, que nacera alí en Bos Aires pero que vivía na Coruña dende os oito anos e que o que máis botaba de menos eran unhas galletiñas, as «Tita», que adoitaba comer a miúdo. Ao final da actuación unha rapaciña achegouse a min e deume unha galletiña «Tita» cunha nota que poñía: «Gracias por tu actuación. Vuelve pronto». Pareceume algo moi bonito. - ¿Que che gusta facer no teu tempo libre? Gústame moitísimo ler e durmir, son moi durmichona, jejeje…


53 - Dinos tres cousas que che gusten do mundo Encántame a música, a natureza e adoro as persoas que quero. - E tres que non che gusten Non aturo a agresividade, o descoido medioambiental e os desastres climáticos. - ¿Hai algún lugar no que che gustaría especialmente vivir? Puff… ¡ Moitos! Gustaríame pasar un tempo en Londres, nas Illas Roques, na Patagonia arxentina... pero estou moi ben aquí en Galicia. Gústame A Coruña! - Se foses un libro, ¿cal serías? Sería un libro en branco, para ser escrito. - Se foses un animal, ¿cal serías? O tigre. - ¿Tes algún número preferido? O 3. - ¿Cal é a túa cor favorita? Identifícome coa cor violeta. - ¿Cal é a túa comida preferida? Umhhmmm…. Calamares, pero encántame en xeral o marisco. - Dinos un título dun libro que che gustase moito. Cien años de soledad, de G. García Márquez. - Describe o teu paraíso. Rodeada de natureza, nunha casa pequena con cheminea e moitos libros. - ¿Cal é o teu signo do zodíaco? Capricornio. - ¿Practicas algún deporte? Si, xeralmente natación e o que fago todos os días é camiñar. Antes practicaba patinaxe e corría. Cando teño oportunidade esquío, paréceme impresionante esquiar. - ¿Por que escolliches esta profesión? Porque me dá moito pracer facer o que fago. - ¿Onde tes posto o teu corazón? Nos soños por cumprir. Dámoslle as grazas a Inés por esa entrevista tan bonita e dende aquí, se a le, pedímoslle que volva pronto e que nos contaxie a todos o seu entusiasmo e bo humor. ¡UN BICO!

ANDREA, MARINA e SARA (4º A ESO)


54

Xogamos cos gregos? Ola, somos os alumnos e alumnas de CuCa de 3º A e ímosvos contar a historia deste ano ☺. Pasámolo moi ben, aínda que a profe é moi maniática (Todo o quere perfecto!!!). A meta deste ano foi facer un xogo con todo o que aprendemos: deuses e heroes clásicos, a importancia do mundo greco-latino na astroloxía, na lingua, nos deportes, na literatura e no pensamento. Porque… sabiades que os primeiros xogos olímpicos se celebraron en Grecia? Ou que os horóscopos que coñecemos hoxe en día son deuses da mitoloxía grega que o todopoderoso Zeus colocou no ceo? Pois todo iso poderédelo aprender no noso xogo, que estará á vosa disposición. E agora, unhas anécdotas da clase: Pregunta Begoña: «Sabedes quen é Afrodita?» Non sei quen contestou que era a deusa do amor. Entón Begoña volve preguntar: «E sabedes algunha palabra relacionada con ela e co amor que empreguemos hoxe?» Dicimos nós: «Si, os afrodisíacos». E a profe: «E que son?» E di NEREA: «Umhhhh... pois os que viven en África»... je, je, je, je... Esta é unha. Aí vai outra, e seguimos con Afrodita. Cando a profe nos explicou como nacera esa deusa, contounos que Cronos lle cortara os testículos a Urano, que os tirara ao mar e que da unión deles coa escuma das augas nacera Afrodita. Entón IRENE dixo: «Pois non é tan raro, se o pensades ben de aí nacemos todos...» je, je, jee... Outra máis: Begoña deunos mal a árbore xenealóxica e cando se deu conta... tivemos que facer un apaño e cambiala e pola súa culpa quedou mal. Ai, que cabeciña!!

Aquí vedes a xenealoxía dos deuses (menos mal que non se nota a trampiña…):

LUÍSA, ADRIÁN, IRENE, CARLA, BRAIS e NEREA (CUCA 3º A ESO)


55

Estivemos con... Xavier Alcalá Na biblioteca do pobo tivemos un encontro con Xavier Alcalá o día 17 de novembro. Contounos un pouco a súa experiencia como escritor. Primeiro intentou ser poeta pero… non lle saíu ben. Ramón Piñeiro, a quen Xavier enviaba os seus poemas para que os lese, díxolle un día: «Imitas moi ben aos poetas». E... dende entón, Xavier abandonou para sempre a poesía e dedicouse a escribir narrativa. Contounos tamén que lle encantaban os libros de aventuras, en especial os de Salgari e Verne e que tiña como libro de cabeceira o titulado Papillón. Escribiu A nosa cinza e Contra el viento, este en español. Este último está dándolle problemas xa que a gañadora do Premio Planeta deste ano, Ánxeles Caso, escribiu un libro con ese mesmo título e Xavier acúsaa de plaxio do título. Anda en xuízos con ela e de feito durante o tempo que durou a charla con nós, el tivo que pedirnos tres veces desculpas porque o seu móbil non paraba de soar. Contounos que era precisamente por ese tema que está nos tribunais. Falou tamén de costumes, contou anécdotas e deunos consellos moi valiosos, xa que nos dixo que se a alguén lle gusta escribir debe facelo a base de «tirar papeis», de romper e cambiar frases, palabras... ata dar coas palabras precisas. Pareceunos un tipo especial, ameno e gustounos moito ter asisitido á súa «conferencia», como el dicía polo móbil: «Perdoa pero é que estou nunha conferencia e agora non podo falar». CRISTINA e LAURA (4º A ESO)

Debuxo de SING YING LI (1º ESO)


56

A Banda Deseñada ANDREA, MIRIAM e MARINA (4ºA) e SING YING LI (1ºESO) debuxaron personaxes de BD:

Mafalda

Picapiedra

Batman Superman

Popeye

Songoku

Mortadelo


57

UN POUCO DE HISTORIA SOBRE A BD O nacemento da banda deseñada foi obxecto dunha polémica entre os especialistas do cómic. Existe sen embargo un acordo á hora de fixar o que é unha BD, diferenciada do chiste ou serie de chistes. Considérase que a primeira BD apareceu nas páxinas do xornal «New York World». A historieta titulábase «YELLOW KID AND HIS NEW PHONOGRAPH» e nela aparecía un loro agochado nun fonógrafo tomándolle o pelo a Kid, un neno vestido de amarelo. O seu autor foi Richard F. Outcault e a partir desa primeira aparición a tirada do xornal multiplicouse.

En España a BD é unha das máis importantes a nivel europeo, pero ao longo da historia sufriu certas crises. Os seu maiores centros de produción foron Barcelona, Valencia e Madrid. TBO foi unha revista de historietas española de periodicidade semanal que apareceu en 1917 e publicouse, con interrupcións, ata 1998. Tivo unha gran importancia na historia do cómic español, ata o punto de que do título da revista xurdiu o termo «tebeo», que en España é sinónimo de «historieta». Houbo revistas moi importantes como: Cairo, Chicos, Jaimito, Madriz, El Papus, Pulgarcito, TBO, El Víbora, Trinca. Tamén houbo en España personaxes tan famosos como: El Capitán Trueno, Makinavaja, Makoki, Mortadelo e Filemón, Zipi e Zape...

A BD galega, nun flash rápido podemos falar de 35 ou 40 anos dende o nacemento da BD en galego. Destacan: Miguelanxo Prado, Carlos Giménez (autor de Paracuellos), Fran Bueno (traballa con regularidade en EEUU), Jacobo Fernández (premio Castelao 2007), Norberto Fernández (O Castelo Regadeira) ou Pepe Carreiro (Os bolechas), para chegar ao «boom» destes derradeiros anos, con álbumes de BD como As serpes cegas que recibiu o premio Nacional de Cómic, entre outros. JUAN, ANEIROS e ANTONIO (4º A ESO)


58

EXPOSICIÓN DE BD NO COLE

No cole tivemos unha exposición de BD moi importante: o IV PREMIO CASTELAO DE BANDA DESEÑADA 2008, outorgado a MARIANO CASAS. Algúns de 4º ESO amañamos a sala de usos múltiples... Vai a historia do proceso. O venres pola mañá a titora veunos buscar para limpar a sala de usos múltiples. Subimos e baixamos escaleiras durante todo o recreo, cargados como burros: armarios, papeis, libros, focos, proxectores, cadeiras, mesas, plásticos, colchonetas... todo baixaba ou ía para a clase de agrupamento. Nesta clase obser vamos algo moi estraño: unha porta, ao final da aula, que está pechada a cal e canto... Alguén tocou a porta para ver o que había dentro pero vimos con sorpresa que NON SE PODÍA ABRIR!!! QUE HABERÁ AÍ DENTRO??? Comezamos a maquinar... Haberá drogha? Xente morta? Apuntes? Begoña díxonos que había un gnomo... Isto permanecerá sempre como a gran incógnita do colexio. Agora imos ao que imos. A exposición consiste nunha serie de carteis feitos a partir dos debuxos do libro de BD Imaxes, obra de Mariano Casas, o autor premiado. Un bonito libro que conta unha historia apocalíptica. Lédeo. Merece a pena.

PABLO, BRAIS, CONSTAN, JESÚS, VILARIÑO e BRAIS


59

Pasatempos

Sopa de letras: Atopa sete palabras relacionadas co San Valentín. LAURA COUSIÑO (3º B)

Encrucillado HORIZONTAIS 1. Árbore pequena da familia da cerdeira que dá guindas. 2. Glándula do aparello reprodutor feminino, de forma ovoide. 3. Líquido que se obtén ao espremer froitos e certos vexetais. VERTICAIS 4. Cortar en anacos pequenos, miúdos ou superficialmente duro. 5. Actitude violenta con respecto as opinións, teorías, ou ideas dos demais. 6. Substancia mineral, máis ou menos dura e compacta. 7. Pensar ou dicir cousas que van en contra da lei de Deus.

JAVIER (3º B de ESO)


60

¿Qué cambiarías? Elaboramos unha enquisa en toda a ESO para saber que cousas que NON HAI no noso cole vos gustaría que SI HOUBESE. Aí vai. Contestade que xa recolleremos os resultados... ¿Que che gustaría que cambiase no noso cole? (ESCOLLE SÓ UNHA RESPOSTA, a túa preferida): Que houbese unha cafetería. Poder traer aparatos electrónicos (móbiles, mp3, mp4...) para os recreos. Ter taquillas para gardar as mochilas. Ter máquinas expendedoras de refrescos, café... Ter xogos no patio como futbolín, mesa de ping-pong... Ter un lugar axeitado para poder falar, ler, xogar ao xadrez e outros xogos de mesa ... nos recreos. Saír nos recreos os alumnos-as de segundo ciclo de Secundaria cunha autorización.

Tamén elaboramos outra para saber que che gustaría cambiar do MUNDO (escolle só unha): As guerras A crise A fame A contaminación A gripe A A falsidade A envexa O maltrato


61

Horóscopo poético FRAN, PLABO E CONSTANTINO (4º A ESO) ARIES: 21 de marzo ao 20 de abril -Saúde: Se non morres mañá, pa outro día quedará. -Diñeiro: Se morres mañá, hache chegar, se non polas portas has mendigar. -Amor: Pagafantas! TAURO: 21 de abril a 20 de maio -Saúde: Para boa saúde ter, Red Bull has de beber. -Diñeiro: O Red Bull está careiro, vaiche escasear o diñeiro. -Amor: Red Bull te da aaaaaalas ! XÉMINIS: 21 de maio a 21 de xuño -Saúde: Ti vas ter un accidente, vai asegurando o dente. -Diñeiro: Para aforrar, siga a frecha! -Amor: Rizo está cachondo, pero Balumba está redondo. CÁNCER: 22 de xuño a 22 de xullo -Saúde: Un día has morrer, pero non sei cando ha ser. -Diñeiro: O calvo da lotería non toca cada día. Pero… para que queres que che toque o calvo? -Amor: Un día calvo has quedar, por iso pouco has ligar. LEO: 23 de xullo a 23 de agosto -Saúde: o mellor terás un catarro, ou as moas cheas de sarro. -Diñeiro: Vai escasear, moitas multas vas pagar. -Amor: Atoparás o teu amor no remolque dun tractor. VIRGO: 24 de agosto a 23 de setembro -Saúde: Non sei por que nin por que non, pero atropelarache un camión. -Diñeiro: Vaiche sobrar sen ter que traballar. -Amor: Desta vez vas ben escaso pois a ti non che fan caso. LIBRA: 24 de setembro a 23 de outubro -Saúde: Estás fresco como unha rosa e forte como un carballo… non te fíes moito que só che queda ata maio! -Diñeiro: Na abundancia has nadar, pero… ¡ coidado de non afogar ! -Amor: Tomando Cola Cao, de amor andarás «sobrao». ESCORPIO: 24 de outubro a 22 de novembro -Saúde: Para que non che doa a cabeza, teraste que bañar en cervexa. -Diñeiro: Como sempre, has ter pouquiño, pero coidado !, vaiche roubar o veciño. -Amor: Co veciño vas casar para o teu diñeiro recuperar. SAXITARIO: 23 de novembro a 21 de decembro -Saúde: De ferro tes a saúde pero vaise enferruxar, báñate no galvanizo que axuda a conservar. -Diñeiro: Tes un furado no peto, vas tirando a «calderilla», fúchela deixando toda dende aquí ata Melilla. -Amor: Non te namores xamais, deixa iso para os demais. CAPRICORNIO: 22 de decembro a 20 de xaneiro -Saúde: Donuts Mini Bombón, sairache duro o cagallón. -Diñeiro: Vaiche tocar un pastón con Donuts Mini Bombón. -Amor: Namoraraste dun Donnete cando o vexas nun retrete.


62 ACUARIO: 21 de xaneiro a 19 de febreiro -Saúde: Sempre che custa durmir, no acuario non se pode vivir. -Diñeiro: Do mar non vas sacar nada, vai para a terra e colle a «hazada» (para que rime…) -Amor: Namoraraste dunha robaliza que cunha mirada enfeitiza. PISCIS: 20 de febreiro a 20 de marzo -Saúde: Escamas hanche saír e non vas poder durmir. -Diñeiro: Peixe barato terás que mercar porque os cartos para o caro non che van chegar. -Amor: Pezqueñines, NON. Hai que deixalos medrar. (É un consello do Fran, do Pablo e do Costán).

GHE, GHE, GHE Entra un cativo na casa cando vén da escola e di: - Mamá, mamá, na escola chámanme despistado. - Pasa para a túa casa, neno, que esta non é!

¿Por que os de Lepe teñen a torre máis alta do mundo? Porque non saben apagar a amasadora.

¿Por que os de Lepe soben á torre máis alta e tiran un bolígrafo dende ela? Para facer AEROBIC.

Un galego, un francés e un inglés atopan unha piscina máxica na que pedindo un desexo e saltando nela caes o que pides. Primeiro salta o inglés e di: «ouro» e cae no ouro. O francés salta e di: «prata» e cae sobre a prata. O galego colle carreira, esvara e di: ¡MERDA!...

Ábrese o telón, aparece un pitufo ensinando o cu. ¿Cómo se chama a película? VERANO AZUL

Ían tres nunha moto. O que estaba sentado no medio era tatexo. Cando corrían por unha recta a 180 km/ h. o piloto dille ao do medio: -¿Que, Manolo, tes medo? E Manolo di: -Ja, ja, ja... Seguen acelerando e cando van a 220 km/h, Manolo volve: -Ja, ja, ja... O piloto dille: -¿Por que ris? ¿Tes medo? E Manolo responde: -Ja, ja, Javier caeu...

PABLO LÓPEZ, FRANCISCO OTERO, CONSTANTINO BELLO (4ºA)


63

¿Quen o dixo? Aquí tedes unha serie de frases célebres pronunciadas por personaxes moi coñecidos. A ver se sabedes quen foron… (dámosvos unha pistiña): – «Casa cun arqueólogo: canto máis vella sexas, máis encantadora te atopará». (Pista: Escritora británica de novelas de misterio coñecida como «A raíña do crime»). – «Hai dúas cousas que son infinitas: o Universo e a estupidez humana. E do Universo non estou tan seguro». (Pista: Científico de orixe alemana que publicou a teoría da relatividade). – «Déanme un punto de apoio e moverei o mundo». (Matemático grego, físico, enxeñeiro, astrónomo e inventor considerado un dos científicos máis importantes da antigüidade clásica que se aproximou moito á valoración do número Pi). – «O que non sabe gozar da ventura cando lle vén, non debe queixar se se vai». (Novelista e dramaturgo español coñecido polo alcume de «O manco de Lepanto»). – «Ollo por ollo e todo o mundo acabará cego». (Pensador e político indio cuxo nome significa «gran alma» e que foi coñecido por ser un gran defensor da Paz mundial). – «O talento é algo bastante corrente. Non escasea a intelixencia, senón a constancia». (Escritora británica que recibiu o Nobel de Literatura en 2007 e escribiu obras como Memorias de Adriano e El cuaderno dorado). – «Eu son libre soamente na medida en que recoñezo a humanidade e respecto a liberdade de todos os homes que me rodean». (Filósofo anarquista ruso, contemporáneo de K. Marx, considerado como un dos pais do Anarquismo). – «O verdadeiro heroísmo está en transformar os desexos en realidades e as ideas en feitos». (Político, pintor, debuxante e sobre todo escritor galego da Xeración Nós coñecido por obras como Un ollo de vidro, Cousas, Retrincos…). – «Todos somos afeccionados. A vida é tan curta que non dá para máis». (Director de cine, escritor, produtor e actor británico mundialmente coñecido polas súas películas de cine mudo e polo seu aspecto: un sombreiro negro, un peculiar bigote e un bastón). – «Se choras por perder o sol, as bágoas non che deixarán ver as estrelas». (Poeta bengalí, filósofo, autor de cancións que hoxe son himnos de Bangladesh e India. Foi nobel de Literatura no 1913). – «Prefiro morrer de pé que vivir sempre axeonllado». (Líder militar da revolución mexicana. Hoxe en día conta con seguidores, entre os que destaca o subcomandante Marcos).

ANDREA e ALBA (4º ESO A)


64

Solucións ¿Quen o dixo?: Ágatha Christie, Albert Einstein, Arquímedes, Cervantes, Gandhi, Doris Lessing, Bakunin, Castelao, Charles Chaplin, R.Tagore, Zapata.

Solución ao encrucillado de Javier HORIZONTAIS

VERTICAIS

1. Guindeira

4. Roer

2. Ovario

5. Intolerancia

3. Zume

6. Pedra 7.Pecar

Sopa de letras de Laura Cousiño

Debuxo de SING YING LI


adeus!!! Como todos os anos, esta é a nosa despedida. Un ano máis unha nova xeración traballa, levando o peso, da nosa revista escolar. Nela queda recollido o noso paso por este cole xa que este é o noso DERRADEIRO curso aquí. Entramos sendo «ananos toliños» e saímos sendo «nenos feitos e dereitos, maduros (algúns máis que outros, claro...!) e cheos de razón» (un dicir...). Algúns, pobriños, entraron sós; outros, con algún amiguiño xa, pero todos saímos de aquí cunha chea de amigos e amigas inesquecibles, e algúns ata con mozo-a!!! Este cole viunos medrar, chorar, rir, estresarnos, sufrir, desfrutar, madurar en fin… Nel pasamos moito tempo, máis tempo que na nosa casa, por iso será sempre parte de nós. Todo: libros, aulas, profes, conserxe, compañeiros que quedan, cabras, parrulos, árbores… todo formará parte de nós sempre. Moitas veces dicimos: «bah... éche todo unha trapallada!»... pero no fondo imos botar este cole de menos xa que todos os traballiños que pasamos, conflitos, discusións, riñas... fixéronnos medrar e todo serviu para aumentar a nosa cultura, para saír ao mundo con algo máis de experiencia e coñecementos. Como vimos nos comentarios de texto: esta foi a nosa viaxe iniciática, como a que fixo Ulises na súa Odisea. Dende aquí queremos despedirnos e darvos as grazas a todos os profes que nos apoiastes, aos que fixestes que traballasemos para ser mellores, aos compañeiros, aos amigos que sempre estiveron ao noso lado, á nosa titora por estar sempre aí e aturarnos aínda que sabemos que iso non é nada fácil...

Un bico e unha vez máis: GRAZAS!


Colabora:

CONCELLO DE MIテ前

Ano académico 2009-2010  

A revista do noso cole

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you