Issuu on Google+

HORARIOS Xornada Escolar. Horarios. o Horario lectivo de 8.50 ata as13.50 h. o Comedor Escolar de 13.50 ata as 16.00 h

Dirección : De luns e martes de 8.50 a 10.30, xoves de 9.40 a 11.15

Secretaría :

A xestión de altas e baixas do comedor farase directamente coa empresa de Catering nos teléfonos 655 299 678

Luns de 10.30 a 11.15, martes de 12.15 a 13.00, mercores e xoves de 13.00 a 13.50.

O colexio está tamén aberto (biblioteca, actividades extraescolares,...) de luns a xoves de 16.00 ata 18.00 horas co comezo das actividades extraescolares.

Xefatura de estudios:

Cando alguén precise recoller a un alumno/a dentro do horario lectivo é necesario avisar ao conserxe para non interromper o funcionamento da clase. A puntualidade é moi importante para o bo desenvolvemento das actividades lectivas Entradas e saídas de persoas do centro: Entradas:O alumnos e alumnas a medida que vaian chegando irán para o patio interior e serán custodiados polo Conserxe do Colexio e polos mestres/as de garda. Se algún alumno/a chega tarde, deberá ser acompañado por un adulto para firmar o xustificante de retraso que vos facilitará o conserxe.

Saídas: As 13.50 os mestres/as xunto co Conserxe controlarán que os nenos non perdan o autobús respectivo. As nais e pais durante a entrada, saída e desenvolvemento das clases non deben pasar ao patio nin ás aulas xa que interrompen e distraen a vida escolar e a intimidade dos alumnos/as e dos mestres/as.

Luns de 13.00 a 13.50, mércores e xoves de 9.40 a 10.30

Titorías de mestres/as coas familias: Martes de 17.00 a 18.00. Solicitar entrevista para que o titor/a poida preparala con tódolos profesores.

Orientadora Escolar: concertar cita previo aviso. Audición e Linguaxe e Pedagoxía terapéutica : concertar cita

É moi importante solicitar a cita previa para preparar a entrevista e que non coincida cunha reunión de traballo dos mestres. A entrevista debe ser solicitada pola familia á mestra/e. Se ten problema de acercarse ata a escola pode chamarnos por teléfono no horario sinalado anteriormente. (Tlf. 986 35 30 15).

No proceso educativo é moi importante manternos en contacto

INFORMACIÓN BASICA DO COLEXIO Colexio de Educación Infantil e Primaria de Belesar Enderezo: Estibada, 46 (Belesar) 36307 Baiona Teléfono: 986 35 30 15 Fax: 986 35 30 15 Correo electrónico: ceip.belesar@edu.xunta.es . Web: http://centros.edu.xunta.es/ceipdebelesar Blogue: http://bibliobelesar.blogspot.com.es/ Teléfono ANPA : 636 050 513 Niveis académicos que se imparten no centro: Educación Infantil (de 3 a 6 anos) e Educación Primaria (de 6 a 12 anos) Transporte escolar: transporte escolar gratuíto dende o Clube de tenis Monterreal por Medialdea e o Urgal ata A Granxa.


CEIP BELESAR Salvemos o planeta, comezando polo noso cole! Benvidos ao novo curso escolar 2012-2013. Este ano continuamos aportando o noso grao de area neste recuncho chamado Terra. Queremos favorecer o respecto e a tolerancia e incentivar accións que xeneren positivismo para afrontar cambios. Traballaremos comidas de época, transportes ecolóxicos e os nosos espazos naturais como fonte de vida. A escola, como eixo da educación, é un espazo idóneo para desenvolver estas propostas. Unidos da vosa man, da vosa colaboración, esperamos promover iniciativas que se van a espallar por todos nós. Continuamos no programa Comenius, no que traballaremos con oito países, en torno a este proxecto. Desde Belesar, queremos defender a calidade da escola pública, como un dereito primordial que garante a calidade e igualdade de oportunidades e sexa a base das futuras xeracións.

CALENDARIO ESCOLAR Segundo a Orde do 13 de xuño de 2012 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2012/2013, as clases comezarán o día 12 de setembro do 2012 e rematarán o 21 de xuño de 2012. Períodos de vacacións Nadal: desde o día 22 de decembro de 2012 ata o día 7 de xaneiro de 2013, os dous incluídos. Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o 1 de abril de 2013, os dous incluídos. Entroido: días 11, 12 e 13 de febreiro de 2013. Días non lectivos Co fin de unificar as celebracións dos patróns de cada nivel educativo, establécese o DIA DO ENSINO o 2 de novembro do 2012. O 26 de setembro é festividade local, polo que non será lectivo. O Consello Escolar propón día non lectivo en base a razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica: o 20 de maio do 2012 (solicitado á Delegación).

Este curso o alumnado de primaria recibirá sesións de Educación Física e de Plástica utilizando a lingua inglesa, aínda que non recibirán acreditación oficial por elas. EQUIPOS DE TRABALLO Os mestres do centro ademais das súas actividades lectivas, traballan arreo para ofertar unha educación pública de calidade. Equipo de Novas Tecnoloxías, Biblioteca, Dinamización Lingüística e Extraescolares continuarán este curso coa labor de ofertar actividades estimulantes ao alumnado que lles garante unha formación competente, cos recursos dos que dispoñemos. Continuamos no Plan de Melloras de Biblioteca.

De 16.00 ás 18.00 h temos un programa de actividades extraescolares ofertadas pola ANPA que, segundo a demanda inclúe, entre outras, baloncesto, futbito, multideportiva, lingua inglesa, música, patinaxe, iniciación á gaita, teatro, pintura, natación, xadrez, cociña, vela


Guía escolar 2012 - 2013