FILOSOFÍA PARA NENOS/AS CON "RENATO"

Page 1

FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS Sesións Renato Recursos de carácter intercultural cultural empregados Imos usar o libro Renato de Manolo Hidalgo.

Conto

Normas do xogo dialóxico Descargamos pictogramas do sitio Arasaac e, con eles, representamos graficamente as regras que queremos seguir durante o diálogo. Nesta ligazón pódense consultar: http://atropadepaulo.blogspot.com.es/2016/09/as-regras-do-xogo.html

Habilidades de pensamento e preguntas para o diálogo •

Investigación/Tradución: buscar alternativas (formular hipóteses, anticipar consecuencias e seleccionar posibilidades) e narralas e describilas oralmente. ◦ Renato decide usar os seus cornos como pólas para resolver o problema que causou. Imaxinemos que estamos na situación de Renato. Que fariamos nós? Busquemos outras formas de solucionar iso e, para iso, imos pensar. Cando teñamos unha idea, levantades a man e subides ao estrado para narrár nola a todos e todas.

Que tema/concepto/valor estarei traballando? •

Autenticidade: sinceridade e coñecemento dun mesmo. ◦ Amosando a ilustración na que Renato está triste. ▪ Como se encontra aquí o noso amigo? Por que está triste Renato? Que lle pasa cos seus amigos? E de quen ou que pensa que é a culpa diso? ▪ Hai algo en vós que non vos guste? Que?

Civismo: coidado da natureza. ◦ Diante da ilustración onde Renato corta todas as árbores. ▪ Que pasou nesta parte do conto? E, agora, que lles ocorre os outros animais?

Avaliación figuro-analóxica Servíndonos de novo de pictogramas, comezaremos un breve diálogo final onde reflexionemos sobre a sesión. A folla de pistogrmas e as preguntas avaliadoras pódense ver nesta ligazón: http://atropadepaulo.blogspot.com.es/2016/11/a-avaliacion-figuroanaloxica.html

Rexistro do diálogo Ao non dispoñer de gravadora de sons, utilizaremos para rexistrar as sesións a aplicación Android Easy Voice Recorder.

Páxina 1 de 3

01/12/16


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.