Issuu on Google+

FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS Sesións Renato Recursos de carácter intercultural cultural empregados Imos usar o libro Renato de Manolo Hidalgo.

Conto

Normas do xogo dialóxico Descargamos pictogramas do sitio Arasaac e, con eles, representamos graficamente as regras que queremos seguir durante o diálogo. Nesta ligazón pódense consultar: http://atropadepaulo.blogspot.com.es/2016/09/as-regras-do-xogo.html

Habilidades de pensamento e preguntas para o diálogo •

Investigación/Tradución: buscar alternativas (formular hipóteses, anticipar consecuencias e seleccionar posibilidades) e narralas e describilas oralmente. ◦ Renato decide usar os seus cornos como pólas para resolver o problema que causou. Imaxinemos que estamos na situación de Renato. Que fariamos nós? Busquemos outras formas de solucionar iso e, para iso, imos pensar. Cando teñamos unha idea, levantades a man e subides ao estrado para narrár nola a todos e todas.

Que tema/concepto/valor estarei traballando? •

Autenticidade: sinceridade e coñecemento dun mesmo. ◦ Amosando a ilustración na que Renato está triste. ▪ Como se encontra aquí o noso amigo? Por que está triste Renato? Que lle pasa cos seus amigos? E de quen ou que pensa que é a culpa diso? ▪ Hai algo en vós que non vos guste? Que?

Civismo: coidado da natureza. ◦ Diante da ilustración onde Renato corta todas as árbores. ▪ Que pasou nesta parte do conto? E, agora, que lles ocorre os outros animais?

Avaliación figuro-analóxica Servíndonos de novo de pictogramas, comezaremos un breve diálogo final onde reflexionemos sobre a sesión. A folla de pistogrmas e as preguntas avaliadoras pódense ver nesta ligazón: http://atropadepaulo.blogspot.com.es/2016/11/a-avaliacion-figuroanaloxica.html

Rexistro do diálogo Ao non dispoñer de gravadora de sons, utilizaremos para rexistrar as sesións a aplicación Android Easy Voice Recorder.

Páxina 1 de 3

01/12/16


Organización espacial e temporal Levaremos a cabo a sesións na clase de Atención educativa das aulas de 5 anos a primeira hora da mañá. Usaremos a cortiza que serve de asemblea.

Desenvolvemento das sesións 1. Comezaremos colocándonos en corro, de tal maneira que nos vexamos todos/as mutuamente. 2. Lerei o conto introducíndoo cun pequeno ritual. 3. Iniciaremos o diálogo lembrando antes as normas do mesmo e usando as preguntas antes comentadas (véxase anexos). 4. Pasaremos, logo, á avaliación figuro-analóxica. 5. Remataremos coa representación gráfica.

Bibliografía consultada •

HIDALGO, M. (2004): Renato. Pontevedra: Kalandraka.

SÁTIRO, A. (2012): Jugar a pensar con niños de 3 a 4 años (Proyecto Noria). Barcelona: Octaedro.

Páxina 2 de 3

01/12/16


ANEXO I Preguntas para a 1ª sesión •

Amosando a ilustración na que Renato está triste. ◦ Como se encontra aquí o noso amigo? Por que está triste Renato? Que lle pasa cos seus amigos? E de quen ou que pensa que é a culpa diso? ◦ Hai algo en vós que non vos guste? Que?

Diante da ilustración onde Renato corta todas as árbores. ◦ Que pasou nesta parte do conto? E, agora, que lles ocorre os outros animais?

Renato decide usar os seus cornos como pólas para resolver o problema que causou. Imaxinemos que es tamos na situación de Renato. Que fariamos nós? Busquemos outras formas de solucionar iso e, para iso, imos pensar. Cando teñamos unha idea, levantades a man e subides ao estrado para narrárnola a todos e todas. Despois da sesión plasmaremos graficamente a nosa solución persoal ao problema que crea Renato.

Páxina 3 de 3

01/12/16


FILOSOFÍA PARA NENOS/AS CON "RENATO"