Page 1

Caricatura de Lois Pereiro realizada polo seu amigo Chichi Campos


SUMARIO

3

EDITORIAL

4

AS NOSAS FESTAS

5-9

PRIMAVERA DAS LETRAS GALEGAS

10

PROGRAMA DAS LETRAS GALEGAS

11

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

12-14

COLABORACIÓNS EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS

15-16

EDUCACIÓN INFANTIL 4/5 ANOS

17-19

1º DE PRIMARIA

20

2º DE PRIMARIA

21-23

3º DE PRIMARIA

24-25

4º DE PRIMARIA

26-27

5º E 6º DE PRIMARIA

28-32

ACTIVIDADES CULTURAIS

33-34

ACTIVIDADES DE BIBLIOTECA

35-37

AS NOSAS EXCURSIÓNS

38-40

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

41-42

DEPORTE ESCOLAR

43-46

ENREDOS E PASATEMPOS

47-48

AGRADECEMENTOS

49

ORLA DE GRUPO

50

3


Achegámovos este novo exemplar co desexo de compartir convosco un breve resumo das actividades levadas a cabo no centro ao longo do presente curso escolar. Dispoñedes deste xornal en formato dixital na nosa páxina web.

Non é preciso recordarvos que, tanto por antiguidade como por coñecemento de todos vós, é o mestre ao que máis recordades e con quen máis contacto tivéchedes tanto país e nais, como alumnos, ao longo destes anos.

Como ben sabedes, este curso académico incorporouse ao equipo directivo a mestra Lucía Doval, á que lle agradezo o esforzo e a dedicación que prestoulle a todos os asuntos relacionados co centro ao longo do seu primeiro ano de singladura nestas lides.

Persoalmente pido todos os días para que teña unha pronta recuperación que lle permita levar a vida que se merece. Aquela vida que ten que recompensar a unha persoa de ben, a un ser cun corazón de ouro, a un neno grande que nunca tivo malicia con ninguén, a un colega que sempre tivo nos seus beizos unha palabra de ánimo para con todos nós, e a ese gran profesional cuxa dedicación foi sempre silenciosa pero digna de admirar.

Tamén tivo lugar unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar, incorporándose a dito órgano máximo de goberno Carina Pallas Fraga e Silvia Dubra Bermúdez en representación do sector de país/nais. Eu, pola miña parte, continuarei un ano máis convosco e, aínda que a miña intención inicial foi a de tomar posesión do meu novo posto na Coruña, as peticións feitas desde distintos estamentos, as circunstancias afectivas e sentimentais, así como o ben que sempre me atopei neste centro, moveron a balanza a favor da Silva; así que permanecerei aquí durante o vindeiro curso salvo que desaparecese calquera dos vínculos que a priori condicionaron a miña permanencia. Como vedes, todo continúa máis ou menos igual, salvo no relativo aos cambios lóxicos que co paso do tempo prodúcense como consecuencia dos concursos de traslados e as novas incorporacións nos distintos sectores de participación comunitaria. Co que non contabamos ningún de nós foi coa desgraza que lle sucedeu ao noso benquerido Xoaquín que, como todos sabedes sufriu un grave derrame cerebral do que lle está a costar moito recuperarse. Supoñemos que xa non volverá a traballar máis con esta Comunidade Educativa que axudou a levantar.

Desexo que estas páxinas feitas con todo o agarimo sexan unha homenaxe para ti pois estiveches presente en cada letra, en cada foto que nesta publicación se reflicta. Un bico moi grande ao meu compañeiro, ao meu amigo, ao meu confidente, a Xoaquín. LETRAS GALEGAS 2011 O día das LETRAS GALEGAS dedicouse ao escritor nado en Monforte “LOIS PEREIRO”. Lois Pereiro nace en Monforte en 1958. Aos 17 anos trasládase a estudar idiomas a Madrid. Nesta cidade compartirá piso co seu irmán Xosé Manuel Pereiro e con Manuel Rivas e colaborará na edición de 'Loia', unha publicación cativa, nacida en 1978, onde ven por primeira vez a luz os poemas de Lois. No 81 é vítima do envelenamento polo aceite de colza. Volta a Galicia cunha enfermidade que había de acompañalo o resto da súa existencia. No ano 1996 Lois Pereiro morre na Coruña. Desexamos que distrutedes con cada unha das páxinas deste xornal feito para vós.

4


O día 5 de novembro celebramos o MAGOSTO 2010. Uns logrados murais nos que os rapaces supéranse ano a ano, distintos xogos coa castaña como protagonista, un magnífico partido de fútbol no que destacaron Lucía, Ana e Sarah, para vergoña nosa, e unha enchenta do froito máis solicitado nesta época, marcaron unha xornada estupenda na que incluso o instituto meteorolóxico agasallounos cun día totalmente veraniego.

5


Como as cousas que funcionan e gustan deben de manterse e mellorarse, este ano non esquecimos montar de novo un precioso Belén. Convocamos de novo o concurso de postais que empregamos de presentación navideña ante as familias e as institucións e, como non, recibimos a visita de Papá Noel o día 22. A continuación tivo lugar o xa clásico FESTIVAL DE NADAL no que levamos a escena múltiples panxoliñas e obras teatrais para encher de sorisos un fermoso día.

6


O 31 de xaneiro conmemoramos o DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA. Confeccionamos un puzzle xigante coa pomba de Pablo Picasso como emblema e levamos a cabo un maratón de xogos cooperativos na polideportiva da Silva.

7


O 03 de marzo non podía faltar unha degustación de produtos típicos doados polas familias do alumnado. O día 04 celebramos o desfile de disfraces. Este curso decidimos organizar o Entroido partindo do centro de interese elexido para traballar desde a biblioteca: “O MUNDO DO CIRCO”, e por iso chegamos todos disfrazados en torno á mesma temática.

8


9


CATEGORÍÍA: Educación Infantil: 1ª CATEGOR • 1º PREMIO:

INFANTIL 4 e 5 ANOS

CATEGORÍÍA: 1º CICLO DE PRIMARIA 2ª CATEGOR • 2º PREMIO:

IVÁN GONZÁLEZ LORENZO

• 3º PREMIO:

INÉS CASTRO POMBO

CATEGORÍÍA: 2º CICLO DE PRIMARIA 3ª CATEGOR • 3º PREMIO:

THAIS RAMILO AMOR

4ª CATEGORÍA: 3º CICLO DE PRIMARIA • 1º PREMIO:

ISABEL RABUÑAL IGLESIAS

• 3º PREMIO:

JÓNATHAN BÉRTOA PALLAS

10


FESTIVAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS “Celso Emilio Ferreiro”

27 de maio de 2011

PROGRAMA • Presentación de Lois Pereiro • Educación Infantil: o Move Rock da Silva • Teatro extraescolar Infantil e Primaria: o As aventuras de Asilbux • O clube da comedia de 2º de Primaria: o Popurri de chistes • Quinto e Sexto de Primaria: Primaria: o Obra de teatro: A consulta do doutor • Primeiro de Primaria: o Prefiro bailar twist • Presentación do proxecto “Viaxando nu nun libro”: libro”: o O planeta desaparecido desaparecido • Quinto e sexto de Primaria: Primaria: o Obra de teatro: Esta sí que che é unha desgracia • O clube da comedia de 2º de Primaria: o Popurri de chistes • Terceiro e cuarto de Primaria: Primaria: o Obra de teatro: A cousa que máis doe do mundo • Sexto de Primaria: Primaria: o Baile: On the floor • Todos Todos os asistentes: o “ HIMNO GALEGO ”

11


O venres 27 de maio, a partires das 10,00 horas, celebramos o emblemático Festival das Letras Galegas. Obras de teatro, un clube da comedia moi especial, bailes, cancións e a presentación do traballo colectivo “O planeta desaparecido”, marcaron unha xornada lúdico-festiva na que o noso alumnado e profesorado, puso o mellor de si, tal como comprobaron as numerosas familias asistentes.

12


13


14


15


16


17


18


19


LA VACA Había una vez una vaca llamada Sorayita. Era muy alegre y divertida y le gustaba mucho salir al campo a jugar con sus amiguitas Selenita e Inesita. Pero su amo Agustín, si hacía frío, no la dejaba salir del establo. Sus amiguitos los patitos valientes, Manuelito, Botanita e Iglesito, la estaban esperando para ir a jugar un partido de fútbol. Eran rapidísimos y cuando estaban en plena competición, la vaca Sorayita se cayó y se rompió una patita. ¡Qué miedo y que disgusto se llevaron sus amigos cuando vieron que no podía caminar!. Corrieron como balas para avisar a su amo Agustín que vino a socorrerla. Sus amiguitos la llevaron al establo, la curaron y le hicieron compañía en su recuperación. Hoy es una vaca muy coqueta, que con el cariño y cuidado de sus amigos se curó rápidamente. Y colorín colorado, este cuento se ha acabado.

Soraya Rodríguez Campos

20


21


22


23


Este ano estivo no noso colexio Sarah Barbod. Veu como auxiliar de conversa para ensinarnos Inglés. Nós ensinámoslle a ela algo de Galego. É moi boa e simpática con todos nós. Fixémoslle unha entrevista para que a coñezades mellor. Esperamos que vos guste.

MARCO- Where are you from? SARAH- I´m from California. MARTÍN- Are you happy living in Spain? SARAH- Yes, I love living in Spain. BRAIS- What do you think about Spanish people? SARAH- I think Spanish people are very nice and honest. BRAIS- Have you got Spanish friends? SARAH- Yes, I have got Spanish friends. I like my Spanish friends. TATIANA- Did you visit any cities in Spain? SARAH- I have visited many cities in Spain, for example: Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla and others. TATIANA- Are you going to visit another city? SARAH- I hope so. I hope to visit Vigo, Pontevedra and the Basque Country. SORAYA- What is your favorite food? SARAH- My favorite food is my mother´s cooking. She cooks Iranian food: rice, kebabs… SORAYA- What is your favorite book?

24


SARAH- My favorite book is “Gulliver´s travels”. THAIS- Do you do any sports? SARAH- Yes, I play soccer. MARCO- Did you meet a famous person in America? SARAH- Yes, I meet an actor: Will Ferrell. MARTÍN- Do you like our school? SARAH- Yes, I love your school. THAIS- Will you continue living in Spain? SARAH- Yes. Next year I´ll go to Madrid.

THANK YOU VERY MUCH FOR BEING IN OUR SCHOOL AND TEACHING US A LOT OF THINGS.

25


26


27


Gustoume porque me ensinou que hai que axudar ós demais aínda que sexa moi difícil. Porque se cres en ti mesmo, podes lograr que, aínda que a ti non te axuden, ti axudas a moita xente. Sara

Gustoume moito a película porque dinme conta de que non todas as persoas teñen o que queren. Por iso o protagonista intenta axudar á xente facéndolle favores. Elixe a tres persoas para axudarlles e cada unha delas ten que facer favores a outras tres persoas máis. O que non me gustou foi que o protagonista morrera porque era moi bo. Amanda

A min gustoume a película porque está baseada na amizade e en axudar á xente Uxía

Penso que Trévor fixo moi ben en empezar a “cadea de favores” e axudar a un vagabundo, ó seu amigo e ó profesor que era o que lle mandara facer un traballo para a clase de sociais Jónathan

Gustoume moito a película porque o neno fai moitas cousas para que as outras persoas o pasen mellor nas súas vidas; vida que a Trévor se lle acabou moi rápido

Gustoume a película porque hai que saber perdoar e valorar á xente.

Iria

David

28


Gustoume moito porque a nena non se dera conta de que lle gustaba o neno. Cando o neno morreu decatouse de que era importante para ela. Iso ensinoume que temos amigos e non nos damos conta do que nos importan. Sara

Esta película gustoume moito porque Vada e Thomas son amigos e axúdanse moito. Ensinoume o importante que é buscar a amizade.

A película é moi interesante porque ensina sobre a tristura pola perda dun amigo, o amor, a amizade, a alegría…

Uxía

Marta

29


O día da nai, 1 de maio, partimos cara a Portaventura nunha accidentada viaxe na que canceláronnos o vó de saída e ,mentres uns emprenderon a marcha por estrada, tres marchamos en avión con destino a Barcelona ao non atopar autobuses coas prazas suficientes para levarnos a todos. O luns día 2 disfrutamos dunha xornada de relax na que disfrutamos de praia, piscina e visitamos Salou.

30


O martes, día 3, pasamos o día enteiro en Portaventura disfrutando de todas as atraccións aínda que soubo a pouco e prometímonos que cando volvamos iremos dous días e lugar de un.

31


O mércores, día 4, acudimos ao Camp Nou que é o estadio do FC Barcelona desde o 24 de setembro de 1957. Unha ruta guiada por Barcelona na que visitamos a Sagrada Familia, o parque Guell e o Aquarium culminaron unha xornada cultural da que disfrutamos todos.

32


O 21 de xaneiro o alumnado de primaria, acompañado dos seus respectivos titores/as, acudiu a unha exposición de arte na FUNDACIÓN Mª JOSÉ JOVE. A continuación dunha visita guiada participamos en varios obradoiros.

O día 15 de decembro, nas instalación do colexio, representouse unha simpática sesión de monicreques a cargo da compañía EL ANDAMIO que levou a escena a obra “A VERDADEIRA HISTORIA DOS TRES PORQUIÑOS”

33


O día 10 de marzo leváronse a cabo varias sesións de EDUCACIÓN VIAL dirixidas ao alumnado dos distintos ciclos. Os obradoiros foron impartidos por membros do RACC, da POLICÍA LOCAL e de PROTECCIÓN CIVIL.

O 10 de marzo, unha vez rematados os obradoiros de Educación Vial, conmemoramos o DÍA DA MULLER TRABALLADORA. Entre as actividades desenvolvidas, confeccionamos diversos murais alusivos cos que decoramos os corredores do centro.

34


¡Ola amigos! Son Buluchi, a mascota da vosa Biblioteca. Un ano máis quero darvos as grazas pola vosa colaboración ao longo do curso en todas aquelas actividades que programamos. Como sabedes, este ano a temática da biblioteca estivo baseada no tema do ARTE co que inicialmente adornáchedes o meu espazo no cole, e decoráchedes as portas das vosas aulas que quedaron espectaculares como podedes comprobar.

35


Tamén fixéchedes uns orixinais marcapáxinas para conmemorar a LOIS PEREIRO, poeta monfortino ao que este ano se lle dedicou o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e cuxas caricaturas tendes na portada e contraportada deste xornal. No anverso dos marcapáxinas cada un de vós fixo un debuxo sobre un cadro do pintor elexido pola súa clase. Polo reverso da mesma figuraba a caricatura do poeta, así como o seu nome. Realizáchedes, así mesmo, unha exposición museística de pintura e escultura coa que decoramos os corredores para engalana-lo colexio.

36


37


A excursión longa xa está detaiada no resumo elaborado polo alumnado do terceiro ciclo de primaria. Na excursión de fin de curso acudimos á Granxa Escola “ O Sendeiro”, ubicada no concello coruñés de Abegondo que xa coñecemos de anos anteriores e da que sempre quedamos satisfeitos tanto pola atención que teñen cara a nós, como pola cercanía das instalacións con respecto ao noso centro, que nos permite disfrutar durante máis tempo da xornada, das súas instalacións.

38


39


O Parque Acuático inaugurou o día 10 de xuño a temporada 2011 cunha grande festa á que convidounos o Concello. Ao programa previsto, tal como observades de seguido, non lle faltaba de nada.

 11.00 Apertura Parque Acuático e atraccións  11.30 Inchables e zona de xogos  13.30 Xantar (grupos)  15.00 Obradoiros (chapas, marionetas...)  16.30 Inchables e zona multimedia  18.30 Actuación do mago Rafa  20.00 Peche do parque acuático O día 9 decidimos anular a excursión debido á previsión dunhas circunstancias meteorolóxicas francamente adversas. De todos os xeitos non nos rendimos e, ao peche desta edición, temos previsto acudir ao Aquapark antes do remate do curso, pois non podemos pechar o ano sen cumprir co requisito de acudir a estas impresionantes e emblemáticas instalacións das que sentímonos francamente orgullosos.

40


PROTOCOLO DE EVACUACIÓN: TEMPOS DE SIMULACRO. Estimouse que o fume era moi tóxico polo que o responsable determinou o confinamento do alumnado do terceiro ciclo na aula de sexto e dun alumno de 4º de primaria na súa aula. O tempo real da evacuación foi contabilizado pola responsable do S.M.P.C de Cerceda.

 12.30: Faise soar a alarma, procedéndose a desconectar as tomas de gas e electricidade.

 12,32: Chamada ao 112.  12,36: Chegada da Policía Local.  12,55: Chegada da dotación de Bombeiros.  13,00:

Da comenzo a evacuación.

 12,15:

Chamada ao 112, dando por rematada a intervención.

41


42


…e van 11 anos xa de Atletismo no noso colexio e concello. No deporte escolar, eliximos ano tras ano facer atletismo posto que para participar nos deportes de equipo (fútbol, voleibol,…) fan falta moitos rapaces dunha mesma idade e como xa sabedes da problemática da natalidade no noso entorno, pois participamos en Atletismo e Campo a Través que é un deporte individual e ademais non existen suplentes, ¡aquí poden xogar todos! O noso lema sempre é “superarse a sí mesmo” e o Atletismo permiteo. Con respecto ao clube de Atletismo de A Silva, que creouse para dar continuidade aos rapaces que marchan da nosa escola e logo extendeuse con tanto éxito aos pais, este ano chegou aos 123 asociados, dos que 81 están federados e compiten con máis ou menos sorte, xa que cada un vai ao seu ritmo e ten obxectivos distintos (saúde, pasalo tempo, xogar, gañar un campionato Galego ou de España,…)

O caso é ter saúde e que grazas a tódolos que apoiades o atletismo, imos acadar a meta de ter Pista. Vai por Xoaquín, o noso amigo e fundador deste noso deporte escolar.Graciñas a todos/as e ahí vai o repaso do ano: -28-nov.2010-premio deputacion pabellones-a silva:Na Silva vivimos por 1ª vez unha competición patrocinada pola deputación que nin os ladróns da noite anterior poideron deslucir. Un total de 22 medallas para os do noso cole.

-17-dec.2010-cross escolar –touro: 6 medallas acadadas.

43


-Xaneiro 2011 –galego – combinadas –cadete/veteránpontevedra:Un total de 9 medallas, 8 dos veteráns e 1 do Cadete Martín Liste.

- febrero/marzo- Galego escolar e cadete pista cubertariazor: O Cadete Martín Liste campión galego en velocidade e subcampión en salto de lonxitude. A millor escolar, Mencía Pena en lanzamento de peso 3 kg.

- febr/marzo- camp. España veterán en pista cubertaantequera: Anteriormente as nais, pais e profes, acadamos 19 medallas no galego de Riazor e despois en Antequera 3 medallas no nacional co debut da profe Lucía, ¡ainda co nocello avariado! e acadando a prata en salto de altura.

44


-26 marzo 2011-1º zonal escolar aire libre-santiago: 20 medallas de 23 participantes, 7 en lanzamentos, 5 en saltos, 4 en velocidade e vallas e 2 en resisitencia.

-09 abril 2011-2º zonal escolar aire caramiñal: 22 medallas nesta ocasión e un moi bo tempo.

libre-pobra

-30-abril-2011-provincial escolar-pobra caramiñal: Nesta ocasión, 5 medallas (Ángel 1, Mencía 1, Moar 2, Andrea 1, Nicolás 1)Ademais pasámolo pipa na praia de Cabío.

45


-maio 2011-camp. España veterans héptatlon e décatlon: Por 1ª vez traemos de Tenerife dous campións de España e unha subcampiona. Dimos, por fin, o salto de calidade nestas probas tan esixentes, non sin o esforzo de meses de adestramentos na Silva e pistas de toda Galicia das que carecemos, claro. Por isto sabe mellor o triunfo, se cabe.

-maio 2011-camp. Galego infantil-ourense: Mencía, Tarrío y Moar (con María como gran acompañante) acudían como únicos clasificados para a disputa das medallas. Ó final, Moar impuxo a súa xavelina e quedou Campión Galego, mentres que Mencía superaba a marca de Natalia na súa idade (23 metros) e acadaba o bronce tamén en xavelina. Por su parte, Tarrío quedaría 6º en 80 metros valados. NORABOA! O futuro está garantizado!

46


47


48


O equipo directivo do centro quere agradecer a colaboración das múltiples PERSOAS, INSTITUCIÓNS e EMPRESAS que colaboraron connosco ao longo do presente curso escolar 2010/2011. Á empresa SERUNIÓN S.L. e, dun xeito especial, a MARÍA e SILVIA pola súa dedicación diaria e a súa colaboración en todas aquelas actividades requeridas desde a Comunidade Escolar. Ao noso conserxe, ALBERTO, pola súa involucración e profesionalidade. Ao persoal de limpeza: FELISA PAZOS e Mª CARMEN PADÍN. A ALBA, por ternos presentes en todas as actividades organizadas desde o Concello. Aos MONITORES e MONITORAS, pola organización e supervisión das actividades extraescolares. Á representante do Concello no Consello Escolar: ISABEL CASTRO FRAGA, pola permanente atención ás necesidades deste centro. Desde o noso colexio desexámoslle toda sorte de ledicias tanto a nivel persoal como na súa nova vida laboral fóra da política. Ás representantes de pais e nais no Consello Escolar: CARINA, SILVIA e ANA polas súas aportacións tanto no seo do Consello Escolar como fóra del.

A LUIS JUNCAL DA SILVA polo seu traballo realizado no colexio. AO CONCELLO DE CERCEDA pola colaboración prestada ao longo do curso e, especialmente, ao seu alcalde: José García Liñares pola súa involucración con esta Comunidade Educativa. AO PARQUE COMARCAL DE BOMBEIROS DE ORDES, ao CAE 112 , a PROTECCIÓN CIVIL e á POLICIA LOCAL, pola súa presenza e posta en práctica do Simulacro de Evacuación levado a cabo o día 26 de maio. Á CAIXA GALICIA polas deferencias que amosaron todos os seus empregados coa nosa escola ao longo do curso. Ás empresas ASICASA e REY VARELA e, especialmente, aos seus condutores/as e acompañantes así como a Carlos e Jesús, respectivamente, pola boa empatía amosada durante todo o curso. As empresas e entidades colaboradoras que figuran ao principio e ao final deste xornal, sen cuxa financiación esta publicación non sería posible. A todos os pais, nais, titores/as e demais persoas que, dun xeito ou outro, colaborastes no axeitado funcionamento do noso e voso Centro.

49


50


51

Xornal  

Xornal2011

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you