NÚMERO 18

Page 1

QUINTELA DE LEIRADO

Número 18

Boletín de información e actualidade municipal

Inverno 2009/10

Correo electrónico: quinteladeleirado@inorde.com

Un concello para disfrutar todo o ano As piscinas municipais, un novo atractivo Mellorando a saúde

Merecida homenaxe

VI Festa da Cachena

A Mancomunidade Terra de Celanova segue a desenvolver as actividades do programa Concellos Saudables. A súa finalidade é mellorar os costumes de vida, incidindo, sobre todo, no exercicio físico e na alimentación.

Coincidindo coa inauguración da piscinas municipais e dos trinta anos de concellos democráticos, a Corporación e o pobo de Quintela de Leirado homenaxearon a tres dos concelleiros máis veteranos do noso municipio.

A VI Festa da Cachena volveu ser a cita gastronómica do verán en toda a comarca. Un acontecemento que serve para fomentar o sentimento de colectividade e abrir o concello para a súa promoción de cara ó exterior.


Quintela de Leirado

Editorial

O Ano Xubilar tamén deu a coñecer o noso concello Quintela de Leirado vivíu en 2009 o Ano Xubilar Paulino, un acontecemento relixioso que trouxo ata o noso municipio a milleiros de devotos de toda Galicia e de fora, mesmo do veciño Portugal. Tamén os medios de comunicación se fixeron eco desta efeméride, que servíu para lembrar o dous mil aniversario do nacemento de San Pablo, chamado tamén o "Apóstolo dos Xentiles". Dende o 24 de xaneiro e ata o 29 de xuño, festividade de San Pedro e San Pablo, data na que se clausuraron os actos oficiais, a pequena igrexa de Quintela foi un dos máis importantes lugares de peregrinación da provincia de Ourense, xa que tivo a honra de ser a única parroquia da diócese na que se puido gañar a indulxencia plenaria con motivo deste Ano Xubilar de San Pablo. Da trascendencia deste acontecemento é significativa a visita do noso bispo, don Luis Quinteiro Fiuza, acompañado dos vicarios e delegados episcopais, dos arciprestes e de numerosos cregos chegados dende as distintas zonas da diócese. Pero

tamén foi a ocasión para que moita xente descubrise o noso municipio, a fermosura da natureza na que está enclavado e algúns tesouros arquitectónicos, como as igrexas de San Pedro de Leirado e de San Pablo de Quintela. Este templo ben merece unha visita, cun fermoso retábulo barroco, un dos poucos da provincia de Ourense construído íntegramente en pedra, o mesmo que as figuras relixiosas. Todos os que nos visitaron quedaron encantados e, os que non coñecían o concello de antes, gratamente sorprendidos. Tal vez fose unha oportunidade o fomento do turismo rural e os deportes cinexéticos, que sempre tiveron eiquí un pequeno paraíso. Agora, co novo Plan Leader ábrense boas expectativas para que a xente emprendedora poida levar adiante os seus proxectos con importantes axudas. O que non se intenta, nunca se consegue. Asemade, estamos na derradeira fase das axudas concedidas pola Unión Europea a España, polo que non deberíamos desaproveitar esta boa oportunidade.

Os meus mellores desexos para que o ano 2010 traia paz, progreso e benestar a tódalas nosas familias. Felices Festas José Antonio Pérez Cortés, ALCALDE

Páxina 2


Quintela de Leirado

O Plan E permitíu tamén acondicionar o salón de plenos e a biblioteca municipal

A ruta do Facho pasa a carón das antigas minas de wolframio e culmina no mirador, ofrecendo unha ampla panorámica da comarca As obras contempladas en Quintela de Leirado a través do Fondo de Inversión Local para o Emprego de 2009 xa están rematadas. Os 141.768 euros empregáronse para completar a praza de Quintela e restaurar a fonte/lavadoiro de entrada ó pobo, e, nestes últimos meses, para habilitar unha ruta de sendeirismo ata o Facho, onde se construíu un mirador a carón da torre do reloxo, e diversas obras na Casa do Concello, coa reforma do salón de plenos e da biblioteca municipal. En Quintela, en fases sucesivas, fíxose a remodelación completa da praza, coa dotación de zonas de xogos e de lecer, e unha nova estética. A ruta do Facho parte da estrada principal e sube polo monte, na zona das antigas minas de wolframio agora precintadas, ata a torre do reloxo. Eiquí habilitouse unha estrutura con escaleiras metálicas que coroan nun mirador á altura da campá. A reforma do interior da Casa do Concello é, de feito, unha redistribución de espacios na planta superior. O salón de plenos, con novo mobiliario e bancadas para o público, ocupa o que era, antiguamente, a sala de lectura, mentres que a biblioteca pasouse ó antigo salón de plenos.

A ruta do Facho non é moi longa (apenas 600 metros), pero sí bastante empinada na primeira parte da ascensión. Pero o esforzo ben merece a pena, polo que imos atopar. Subindo ó novo miradoiro pode contemplarse unha fermosa paisaxe das terras do Deva e dos concellos limítrofes.

O novo salón de plenos (na imaxe da esquerda) permite que os veciños e veciñas poidan asistir ás sesións e actos que eiquí se celebren. A biblioteca, na fotografía superior, é agora máis diafana.

Páxina 3


Quintela de Leirado

As piscinas, unha oferta de ocio máis para pasar un bo verán no noso concello

R

O día 27 de xuño foi unha data importante na historia recente do concello de Quintela de Leirado. Nesta xornada quedaron inauguradas as piscinas municipais, a dicir de moitos, unhas das mellores da provincia de Ourense polo entorno no que están enclavadas. Centos de veciños xa poideron disfrutar delas durante o pasado verán.

Unhas boas instalacións, nun marco incomparable

A apertura das piscinas municipais foi un día de festa en Quintela de Leirado, xa que cadrou coa homenaxe que lle tributou o Concello a tres veteranos ex concelleiros da Corporación local. A Banda de Gaitas de Verea animou os prolegómenos e o percorrido polas instalacións. As autoridades, encabezadas polo titular da Deputación Provincial de Ourense, José Luis Baltar, e o alcalde de Quintela de Leirado, José Antonio Pérez Cortés, abriron a comitiva na compaña de numerosos veciños e veciñas de todo o municipio, moitos deles residentes fora. "Era o que nos faltaba" apuntou un veciño de Mociños, recoñecendo que "en Quintela de Leirado xa temos moito feito nos últimos anos". "Agora habería que facer un polideportivo", sinalaba un rapaz máis novo que reside en Ourense. O alcalde, José Antonio Pérez Cortés, recolleu a proposta e dixo "que é unha posibilidade que hai que ter en conta de cara ó futuro, pero o principal problema que temos agora é a disponibilidade dos terreos adecuados". Todos se felicitaron polas instalacións e o entorno, con fermosas vista sobre Penagache, Mociños e as terras do Deva. Q

Páxina 4

A Deputación Provincial de Ourense e o propio Concello de Quintela de Leirado fixeron posible a aspiración de moita xente, sobre todo, a máis nova, que botaban de menos unha zona recreativa durante os calurosos días do verán. Nas obras investíronse uns 180 mil euros, aportados por ambalas dúas Administracións públicas (a provincial e a local).

“O que nos preocupa realmente é poder sat


Quintela de Leirado

Numeroso público asistíu á inauguración das piscinas, coa preceptiva bendición a cargo do cura párroco de Leirado. José Antonio Pérez Cortés e Pablo Pérez fixeron uso da palabra para agradecer o apoio da Deputación e desexar ós veciños un bo aproveitamento.

Deputación e Concello, unha colaboración permanente

A culminación dun vello sono compartido por moita xente

A construción das piscinas municipais de Quintela de Leirado é outro exemplo máis da estreita colaboración que manteñen dende hai moitos anos a Deputación Provincial de Ourense e o Concello. O presidente da institución provincial, José Luis Baltar Pumar, xustificou este apoio a proxectos desenvolvidos no noso municipio: "O organismo provincial -dixo- ten a obriga, por lei, de apoiar a tódolos concellos por igual en canto ó reparto dos fondos públicos, por medios dos Planes Provinciais. Pero tamén é certo que non tódolos concellos son iguais, e que non todos se preocupan como o fai a Corporación de Quintela de Leirado para facer máis obras e por dotar ó concello de novos servizos que repercutan na mellora da calidade de vida dos seus veciños e veciñas". "Por todo isto -engadíu Baltar-, cando José Antonio Pérez nos propuxo a construción das piscinas, non podíamos negarnos". Despois xurdíu o convenio e a busca das fórmulas de financiamento do proxecto.

Para o alcalde, José Antonio Pérez Cortés, "as piscinas son a culminación dun vello sono, compartido por moitos veciños e os que estamos á fronte do Concello de Quintela de Leirado". Tamén agradeceu o apoio prestado dende a Deputación Provincial polo seu presidente, José Luis Baltar, para quen tivo palabras de loubanza e recoñecemento. "Agora -manifestou- é unha obra para o pobo, que agardo poidades disfrutar durante moito tempo". Recoñecemento tamén nas verbas do tenente de alcalde, Pablo Pérez, ao referirse a tódalas persoas e institucións que colaboraron para sacar adiante este proxecto, "aínda que houbo algúns -dixo- que non estaban polo labor". Pablo felicitouse do resultado final, "xa que hai poucas piscinas tan fermosas e funcionais como as que temos eiquí, no noso concello". Moita xente, entre residentes e visitantes, xa o puido comprobar persoalmente o acertado desta iniciativa.

tisfacer as peticións que nos fan os veciños para dotar novos servizos” José Antono Pérez Cortés, alcalde

Páxina 5


Quintela de Leirado

Os tres homenaxeados recibiron as medallas e insignias do Concello, e os parabéns polo seu traballo durante o tempo que ocuparon cargos públicos na Corporación local.

Serafín, Alfredo e Antonio asinaron no libro de honra do Concello, visiblemente emocionados polo acto. Estiveron acompañados por numerosos veciños, familiares e amigos.

Unha merecida homenaxe Serafín Álvarez, Alfredo Míguez e Antonio Seoane recibiron o recoñecemento da Corporación e dos veciños No ano que se cumpriron tres décadas de Corporacións democráticas en Quintela de Leirado (1979-2009), o Concello acordou rendirlle unha pequena homenaxe a tres dos concelleiros máis veteranos: Antonio Seoane Alonso, de Fondóns, que exerceu dende 1970 ata 1987; Alfredo Míguez Estévez, de Mociños, durante os anos setenta; e Serafín Álvarez Cid, que foi concelleiro de 1991 a 2007, e que nos deixou para sempre un triste día do mes de outubro (DEP). O acto, celebrado na entrada da Casa do Concello, contou con numeroso público e autoridades, como o presidente da Deputación, José Luis Baltar, a senadora Carmen Leyte, varios deputados nacionais e autonómicos e a Corporación de Quintela de Leirado en pleno, presidida polo alcalde, José Antonio Pérez Cortés. Foi él precisamente o

Páxina 6

encargado de abrir o acto e explicando o motivo polo que se celebraba: rendir unha homenaxe a tres dos homes que loitaron dende o Concello polo ben do municipio e, lembrando ao mesmo tempo, a outros moitos que xa non están connosco e que tamén arrimaron o ombreiro para que esa prosperidade foxe posible. Serafín, Alfredo e Antonio recibiron de José Luis Baltar e José Antonio Pérez Cortés as medallas e insignias de Quintela de Leirado e asinaron no libro de honra do noso Concello. Os tres coincidiron en valorar positivamente a evolución do municipio dende os tempos nos que eles participaron do Goberno local. Sobre todo, as comunicacións, as redes de abastecementos e saneamentos e outros moitos servizos, impensables cando a Corporación estaba aínda na antiga casona a carón da igrexa de Santa María.


Quintela de Leirado

José Antonio Pérez Cortés, alcalde:

“Hai 33 anos, cando cheguei á Alcaldía, estaba todo sen facer, polo que era prioritario mellorar as infraestruturas e dotar os servizos básicos” municipais e moitos servizos que José Antonio Pérez Cortés presipresta a Mancomunidade da de a Corporación Municipal de Terra de Celanova. Quintela de Leirado dende o ano P.- De que tipo? 1976. Son máis de tres décadas José Antonio.- A Mancomunidaclaves para entender o que é de encárgase da recollida do lixo, hoxe este fermoso e moderno dos servizos sociais, do parque concello da comarca da Terra de de bombeiros, da limpeza de Celanova. P.- Lembra como foi a súa cheestradas, do centro de diminuigada ó Concello? dos, etc. Moita xente di que é a José Antonio.- Eu substituín a que mellor funciona da provincia Manuel Álvarez Montero, cando de Ourense. P.- Preocupálle o descenso da o Concello estaba nunha casa poboación? vella en Santa María, con escaso José Antonio.- Esto, nos concepersonal e poucos medios. Lemllos do interior de Galicia, é algo brou que os únicos traballadores Despois de trinta e tres anos como alcalde, difícil de controlar, polos cambios eran o secretario, Gerardo CarniJosé Antonio considera que “se traballou que se produciron nos últimos cero, o porteiro, José Prieto, e o moito, a tódolos niveis, pero, tamén, que semanos, co progresivo abandono da auxiliar administrativo, José pre hai cousas novas que facer para mellorar agricultura e da gandería. Pero María Senra. Daquela, o orzao nivel de vida dos veciños”. algo haberá que facer. mento anual non debía pasar P.- Como ve o futuro do concello moito de 2 millóns de pesetas. de Quintela de Leirado? P.- Cal era a situación de QuinteJosé Antonio.- Penso que hai que seguir Democracia? la de Leirado naquel tempo? José Antonio.- As carencias eran totais, José Antonio.- Moi positiva. Comezaron traballando para que as vías de comunicaxa que non tiñamos un camiño asfaltado, a elaborarse planos de obras e servizos, e ción sexan mellores, sobre todo nos accenin alumeado público, as estradas foran a buscar financiamento. Nesa etapa foi sos ás autovías, para que a xente poida feitas polos propios veciños. As únicas prioritario comunicar a parroquia de seguir residindo eiquí e trasladarse en vías de comunicación un pouco decentes Redemuíños, xa que non se podía ir en pouco tempo ata os seus centros de traeran a pista dos Garaxes, en Leirado, e a coche ata Leirado sen dar a volta por ballo. Eso é fundamental. A partir de ahí, Gomesende, Cerdal e Celanova. Tamén que poidan achegarse ós polígonos comarde Mociños a Quintela. P.- E as primeiras decisións súas como comezaron a instalarse os alumeados cais as empresas de ámbito local. Polo públicos, porque antes non había nin demais, considero que a calidade de vida, alcalde? José Antonio.- O primeiro obxectivo era unha soa bombilla. en xeral, é bastante boa. Polo tanto, hai comunicar ben o municipio, adecentando P.- E as redes hidráulicas, de abastece- que incidir tamén nos aspectos que poidan os camiños, case sempre coa colabora- mento e saneamento? mellorar as condicións dos nosos veciños e ción dos veciños. Chegou daquela o Plan José Antonio.- Había poucas traídas, fei- veciñas, cunha preocupación especial dos Bulleiro de Victorino Núñez, na presiden- tas polos veciños dalgúns pobos. Hoxe, de máis idade, porque son moitos e a cia da Deputación, que aportaban cartos este servizo chega á práctica totalidade necesitan maís ca ninguén. Xusto agora e materiais, cos que se fixeron moitas da poboación, grazas ás novas canaliza- estase a falar da fusión dos concellos, e cións, captacións e tanques de auga. O dende Quintela de Leirado rechazamola, xa obras. P.- Como foron aquelas primeiras elec- mesmo pode dicirse do saneamento, por- que ademáis de ser un Concello cunha que antes non había absolutamente identidade propia, sabemos que o fututro cións municipais do ano 1979? José Antonio.- Naquelas eleccións pre- nada. non é a fusión, se non a unión dos servizos, P.Que mellorou no Concello, a nivel de sentáranse o PSOE, AP e UCD. Eran temtal e como se está a facer na Mancomunipos moi politizados, en plena transición, e servizos xerais? dade "Terra de Celanova", que como dixen había que ir casa por casa, falando cos José Antonio.- Construíuse a nova Casa antes é un exemplo de funcionamento. veciños para que fosen a votar. O resulta- do Concello e o Centro de Saúde, xa que Ademais, a fusión de concellos mermaría do foi de 7 concelleiros para UCD, 1 para antes a Casa do Médico non reunía as os servizos da xente do rural, agudizando a condicións mínimas para atender ós perda de habitantes, en beneficio das AP e outro para o PSOE. P.- Que valoración fai da implantación da enfermos. Pero tamén temos as piscinas áreas urbanas. Q

Páxina 7


Quintela de Leirado

O Plan Xeral de Ordenación Municipal, na fase de aprobación inicial por parte da Xunta e pendente da exposición ó público O Concello de Trasmiras remitíulle á Xunta de Galicia, que preside Alberto Núñez Feijóo, o anteproxecto do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que, unha vez superado este trámite, será sometido a exposición pública para que os propietarios e veciños, en xeral, poidan presentar as alegacións e propostas que consideren oportundas. Unha das novidades máis importantes é o proxecto de creación dun pequeno parque empresarial na zona do Lodairo, que satisfaga a demanda de solo industrial e con miras de futuro. Por parte do Concello existe o interese de que o PXOM recolla as necesidades dos veciños do noso municipio, que serán claves durante o proceso de exposición e alega-

O Plan Xeral será o instrumento clave para o desenvolvemento urbanístico do noso concello durante as próximas décadas. Vista xeral de Redemuíños

cións. O Plan de Quintela de Leirado deberá adaptarse á Lei do Solo de Galicia, que é o planeamento que rixe en toda a Comunidade autónoma.

O PXOM delimitará as zonas de crecemento dos pobos e un pequeno polígono industrial na zona do Lodairo.

Preparados para a Televisión Dixital Terrestre (TDT) A Televisión Dixital Terrestre (TDT) estará totalmente implantada en Quintela de Leirado nos primeiros días de 2010. Esta é a previsión da Dirección Xeral de de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, que traballou neste proxecto en colaboración co propio Concello. Cando se produza o chamado "apagón analóxico" (inicialmente, o vindeiro 18 de xaneiro), os televisores que non teñen integrado o decodificador da TDT non poderán recibir o sinal (ese aparello custa, por termo medio, entre 30 e 50 euros). O Concello de Quintela de Leirado colabora neste proxecto de instalación da nova tecnoloxía dixital, participando en varias reunións técnicas con técnicos e responsables da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, nas que se abordou a situación e as perspectivas de futuro. O noso municipio, pola súa configuración orográfica, presenta dificultades nalgunhas zonas que non reciben o sinal dixital dende A Cañiza ou Monte Meda, como é o caso dos pobos de Xacebáns, Retortoiro, Redemuíños e Mociños. A cobertura destes núcleos de poboación vaise realizar cun micro-reemisor que se vai instalar na zona do Facho, a carón da torre da campá e do reloxo. As entidades e os veciños que non poidan recibir a

Páxina 8

sinal dixital terrestre por dificultade de dispersión ou orografía poderán solicitar a instalación da TDT por satélite a un técnico autorizado. Nestes casos, haberá tamén que instalar ou axustar de novo as antenas de recepción, co obxectivo final de que ninguén quede sen cobertura cando se produza o apagón analóxico, momento no que deixarán de funcionar os aparellos que non teñan instalado o TDT e os que non teñan ben orientadas as antenas de recepción. O prazo para comezar a solicitude destas antenas parabólicas abríuse no pasado mes de novembro. Para resolver dúbidas, pode recabarse máis información no teléfono: 901 201 004, ou nas webs "www.tdtgalicia.es" e "www.televisiondigital.es".

Extensión da Banda Ancha

O Concello de Quintela de Leirado achégase ás novas tecnoloxías da información e da comunicación a través dunha moderna rede inhalámbrica WIMAX, que xa ten cobertura en Leirado, Quintela e Mociños, cunha velocidade de 2 megabits por segundo. Agora está pendente da autorización definitiva, ao tempo que realiza xestións para extender este sistema de transmisión de datos ó resto do municipio.


Quintela de Leirado

CASA COMUNITARIA DE XACEBÁNS Os residentes valoran a calidade do servizo

A Casa Comunitaria de Xacebáns, concebida como unha mini residencia, está a cumplir de sobra os obxectivos para os que foi construida por parte do Concello de Quintela de Leirado. Na actualidade, ten cubertas as 12 prazas ofertadas, en sete habitacións (5 dobles e 2 individuais), e xa ten outras 5 persoas en lista de

espera para ingresar. O persoal encargado do funcionamento da Casa Comunitaria valora, sobre todo, a atención e o trato personalizado que se lles presta a tódalas persoas, oito mulleres e catro homes. A maioría proceden de pobos do noso municipio, xa que teñen prioridade, pero tamén hai residentes que

chegaron doutros concellos da nosa comarca. ¿Como pasarán as vacacións de Nadal e Aninovo? Teñen plena liberdade para decidir. Algúns irán á casa de familiares e outros celebraránnas coa súa nova familia, que é o persoal e os compañeiros desta Casa Comunitaria.

Síntense a gusto no seu novo fogar?

Teresa Pérez, de Mourisca, está contenta porque pode ver o seu pobo dende Xacebáns. Xa case leva un ano no centro asistencial, pero de vez en cando vai dar unha volta á súa casiña.

Da mesma opinión é José Vidal, que chegou dende Orille, no concello de Verea: “Trátanme moi ben e teño todo feito. Podo dicir que o servizo que nos dan é bo, e aínda non oín ningunha queixa”.

Preciosa Montero é de Leirado: “Gústame a comida, porque é variada. Aquí agora tamén estamos máis controlados que cando vivíamos nas nosas casas. Comemos o que nos fai falla”.

Julio García chegou dende Redemuíños: “Estou divinamente. Eu non sei ler nin escribir, e facíame un lío coas mediciñas que tomaba. Agora non teño ese problema, e estou ben atendido”.

Cristalina Álvarez ten problemas de vista e oído, pero recoñece sentirse moi a gusto, “mellor que na miña casa”. A elo axudan as boas instalacións deste centro e os servizos que lle facilitan”.

Páxina 9


Quintela de Leirado

A Corporación desenvolve e apoia actividades deportivas, culturais e sociais

Un ano de iniciativas e novos proxectos no concello

A nivel político, o gran protagonista do ano que xa remata foi, sen dúbida, o ourensán Alberto Núñez Feijóo, quen desbancou da presidencia da Xunta de Galicia ó socialista Emilio Pérez Touriño. O novo presidente aproveitou unha visita a Celanova para reunirse co alcalde de Quintela de Leirado, José Antonio Pérez Cortés, e varios membros da Corporación. Pérez Cortés plante-

xoulle a necesidade de que a Xunta se volque cos concellos do interior de Galicia, como é o caso dos que integran a Mancomunidade Terra de Celanova, con programas de fomento de emprego e de mellora das infraestruturas comarcais. A Mancomunidade, que preside José Antonio Pérez, tamén conta co apoio da Xunta para desenvolver boa parte dos programas de servizos sociais.

Ademais das obras contempladas no Plan de Inversión Local (na imaxe, a fonte de Quintela), durante o ano 2009 leváronse adiante outras iniciativas importantes para o noso municipio. A través dos Planos Provinciais acometeuse un ambicioso proxecto de aforro enerxético, coa redución da intensidade lumínica sen afectar ó número de puntos

de luz (máis de mil en todo o municipio). O Concello tamén instalou paneis identificativos dos antigos camiños e xestionou o empedrado da praza da igrexa de Leirado e a instalación de aparellos biosaudabeis na ruta do Facho, que serán realidade nos próximos meses. Tamén está previsto o arranxo da rúa das piscinas e da estrada de Porpallán.

Continúa o Programa “Concellos Saudables”, que desenvolve a Mancomunidade Terra de Celanova, en colaboración coa Consellería de Sanidade. A mellora do exercicio físico e dos hábitos alimenticios entre a poboación máis nova é un dos obxectivos prioritarios. Ao longo do ano desenvolvéronse actividades como as de “recreos con

froita”, de preparación física, no propio centro escolar e nas piscinas municipais de Quintela de Leirado. Tamén se fai un seguemento da estatura e do peso dos rapaces, para comprobar o seu desenvolvemento físico. Outra parte do programa diríxese á poboación adulta, sobre todo á que acude ó Centro de Saúde.

A finais de verán a preocupación de moitos veciños pola gripe A era evidente, provocada, sobre todo, polas alarmantes noticias que aparecíannos distintos medios de comunicación. A maioría déuse conta de que esa alarma era infundada despois de consultar ó persoal facultativo do Centro de Saúde. Deste xeito, a campaña

Páxina 10

de vacinación contra a gripe estacional transcorreu con normalidade. E o mesmo aconteceu, a partir do 16 de novembro, coa campaña da vacinación fronte á gripe A , dirixida, preferentemente, ós traballos de centros sanitarios, persoas doenzas crónicas e anemias, pacientes con inmunosupresión ou obesidade mórbida.


A Festa da Carne de Cachena Ecolóxica cumpríu a sexta edición, cun novo record de asistentes. Unhas mil persoas acudiron a carpa instalada polo Concello en Leirado para disfrutar da gastronomía, outro dos encantos do noso concello. Pero é tamén para moitos un día de reencontro para compartir cos amigos, veciños e familiares en medio dun gran ambiente. Cada ano que pasa, a Festa da Cachena consolídase como a gran cita gastronómica de toda a comarca durante o verán. Na primeira edición, hai seis anos, asistiron unhas 400 persoas. Na última, o pasado 29 de agosto, no Campo do Cura de Leirado houbo máis dun milleiro. Foi día para o divertimento e disfrutar da carne ecolóxica da nosa terra, en empanada, richada e ó caldeiro, acompañada dos bos viños que se producen no noso concello. A organización correu a cargo do Concello de Quintela de Leirado. Pero non sería posible sen o apoio de moita xente, institucións e entidades colaboradoras, con mención especial para Moncho de Redemuíños, a Cooperativa Biocop, o Consello Regulador da Carne Ecolóxica, Caixanova, a Consellería de Medio Rural da Xunta e o INORDE.

Unha charanga encargouse de animar ós participantes durante a comida. Había moita xente de fora, atraídos pola experiencia ou a sona das anteriores edicións dunha festa que vai a máis cada ano que pasa.

Páxina 11


Un verán diferente...

As clases de natación para nenos e adultos nas piscinas tiveron gran éxito. De lúns a xoves, en horario de mañá, máis de trinta persoas aprenderon a desenvolverse na auga e a disfrutar coas actividades organizadas, dentro do programa “Concellos Saudables”, organizado pola Mancomunidade da Terra de Celanova, coa colaboración da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

As felicitacións polas piscinas de Quintela de Leirado chegaron de tódolos usuarios, valorando o mesmo a ubicación, que anima ó relax e ó descanso, como o coidado das instalacións. As piscinas dispoñen de duas zonas de baño, para adultos e nenos,

servizos, vestiarios e bar/cafetería con terraza, cun local construido por Madeiras Quintela SL. Tiveron unha ocupación media de cen persoas os días con bo tempo, chegando a superarse amplamente esa cantidade durante os fins de semana.

Edita: Concello de Quintela de Leirado - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU-2/98