Page 1

CONCELLO DE 32814 QUINTELA DE LEIRADO (OURENSE)

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO PLENO DISTE CONCELLO NA DATA DO 06 DE AGOSTO DE 2013 ALCALDE D.José Antonio Pérez Cortés CONCELLEIROS. D.Pablo Pérez Pérez D.David Domínguez Díaz D.Manuel Rivera Rodríguez AUSENTES: D.Juan José Lamas Álvarez D.Xosé Antonio Estevez Fernández Dª Julía Domínguez Rodríguez SECRETARIO. D.Daniel Carnoto Espiño. No Salón de Sesións da Casa do Concello de Quintela de Leirado, presentes os señores concelleiros, que se expresan con anterioridade, ao obxecto de celebrar Sesión ordinaria, cursada legalmente en forma, ó efecto. Preside o sr.Alcalde D.José Antonio Pérez Cortés e actúa como Secretario D.Daniel Carnoto Espiño. Aberto o acto pola Presidencia sendo as doce horas da data sinalada, procedeuse a exame dos asuntos incluídos na orde do día. 1.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.Achegada a Acta da sesión anterior correspondente á de 2013; a Acta é aprobada, por unanimidade.

ordinaria de data 4 de xuño

2.- FESTAS LOCAIS 2014- Tras o corresponderte debate,este Concello, por unanimidade, acorda declarar festas locais para o ano 2014 as seguintes:  

8 de setembro, Virxe dos Remedios 24 de decembro, Nadal

3.- MODIFICACION ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE ABASTECEMENTO DOMICILIARIO. O sr.Alcalde achega o dito texto; previos os informes de Intervención, Secretaría todos en sentido positivo ; este Pleno , coa abstención do sr.Rivera Rodríguez,

1


1ºAprobar provisionalmente a modificación da Ordenanza reguladora da prestación do servizo de abastecemento domiciliario e o texto daquela como anexo á memoria da Alcaldía que principia o expediente, 2ºExpor ó público o presente acordo provisional e o texto da Ordenanza fiscal , polo prazo de trinta días hábiles, 3ºElevar a definitivo este acordo se non se achegaran reclamacións ó mesmo e continualo expediente ata o seu remate, 4º A sinalada Ordenanza fiscal modificada entrara en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir desa data.

4.MOCIÓN P.P. CONDENDANO ATENTADOS TERRORISTAS . O Grupo Municipal do PP, achega a seguinte moción: A partir do ano 2006 Galicia está padecendo violentos actos de terrorismo cuxa autoría a banda Resistencia Galega ten reivindicado en varios casos. Entre eles múltiples atentados consistentes na colocación detonación de diversos artefactos explosivos e incendiarios en sedes de partidos políticos, organizacións sindicais ou empresariais, entidades financeiras, empresas, administracións públicas ect.; así como nas vivendas de persoas relacionadas co ámbito xudicial, universitario ou político. Os partidos democráticos defendemos a dignidade do ser humano e os dereitos e liberdades que lle son inherentes , especialmente o dereito a vida e a integridade física e moral e propugnamos a democracia e o estado de dereito como base dunha convivencia en pluralismo, liberdade igualdade . En consecuencia opoñémonos e condenamos o uso da violencia para defender calquera tipo de posicionamento ou postulado político ou ideolóxico e tamén rexeitamos calquera tipo de declaración ou acción que lexitime ou xustifique o terrorismo. Unha vez feita esta exposición de motivos ; este Pleno por unanimidade( o sr.Rivera Rodríguez di que el acepta a moción pero sempre e cando existen actos violentos ou terroristas contra os bens e as persoas), acorda: 1º Manifestar o seu rexeitamento e condena ao terrorismo , e en particular o levado a cabo por Resistencia Galega. 2º Solidarizarse coas vítimas destes Atentados e apoiar ás Forzas e Corpos e Seguridade na súa tarefa de posta a disposición da xustiza dos responsables destes actos. 3º Rexeitar calquera tipo de acción ou declaración que xustifique , ampare ou lexitime a violencia terrorista, especialmente se proceden de representantes públicos.

4.-ROGOS E PREGUNTAS.Ábrese a quenda de rogos e preguntas O sr.Rivera Rodríguez 1. Pregunta se están rematadas as obras de Agader. O sr.Alcalde resposta que si. 2º Se están rematados os circuítos biosaudables. . O sr.Alcalde resposta que si. 3º Se a paxina WEB está en funcionamento.

2


CONCELLO DE 32814 QUINTELA DE LEIRADO (OURENSE)

O sr.Pérez Pérez resposta que si e plenamente operativa.. 4ºComo funciona o WIFi do Concello. O sr.Pérez Pérez comunícalle que é de uso libre, 5º Onde se investiron os 60.000,00 de subvención de mellora ene4rxetica. O sr.Alcalde comunícalle que non existe constancia da concesión da subvención. 6º Sinala que no Padrón de IAE figura a empresa Adelanta; a quén se pode referir. Segundo o Secretario parecen ser os antigos donos de San Miguel 2000. E,non habendo máis asuntos a tratar clausurase a Sesión pola Orde do señor Alcalde, sendo as trece horas e trece minutos da data sinalada de todo o que EU SECRETARIO DOU FE; VISTO E PRACE O ALCALDE.

3

6 de agosto de 2013pdf  

Acta do pleno do 6 de agosto de 2013