CONCELLO DE 32814 QUINTELA DE LEIRADO (OURENSE)
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO PLENO DISTE CONCELLO NA DATA DO 02 DE ABRIL DE 2013 ALCALDE D.José Antonio Pérez Cortés CONCELLEIROS. D.Pablo Pérez Pérez D.Juan José Lamas Álvarez D.Xosé Antonio Estevez Fernández Dª Julía Domínguez Rodríguez D.David Domínguez Díaz D.Manuel Rivera Rodríguez SECRETARIO. D.Daniel Carnoto Espiño. No Salón de Sesións da Casa do Concello de Quintela de Leirado, presentes os señores concelleiros, que se expresan con anterioridade, ao obxecto de celebrar Sesión ordinaria, cursada legalmente en forma,ó efecto. Preside o sr.Alcalde D.José Antonio Pérez Cortés e actúa como Secretario D.Daniel Carnoto Espiño. Aberto o acto pola Presidencia sendo as doce horas da data sinalada, procedeuse a exame dos asuntos incluídos na orde do día. 1.-APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.- Achegada a Acta da sesión anterior correspondente á ordinaria de data unanimidade.
5 de febreiro de 2013; a Acta é aprobada por
2.-CONTA XERAL DO ORZAMENTO 2012.- O sr.Alcalde achega a
Conta Xeral do Orzamento municipal para o ano 2012, o Sr. Rivera Rodríguez sinala que tal como fixo na Comisión de Contas votara en contra. Sometida a votación a Conta Xeral 2012 é aprobada por seis votos a favor ( Srs. Pérez Cortés, Pérez Pérez, Lamas Álvarez; Estevez Fernández, Domínguez Rodríguez e Domínguez Díaz) e un en contra( sr. Rivera Rodríguez).
3.- MOCIÓNS PSDG-PSOE.- O sr.Rivera Rodriguez Achega a seguinte moción: 1. “Manuel Rivera Rodriguez, concelleiro portavoz do Partido Socialista de Galicia PSOE, ante o Pleno da corporación comparece , e polo medio do presente escrito, somete a debate a seguinte moción:
1
Posiblemente o GDR 16 fara en colaboración coa Universidade de Vigo un estudio sobre as rutas de sendeirismo do Parque Natural Peneda Geres e o Parque do Xures, non estando en principio sinalado o noso Concello de Quintela de Leirado para formar parte desas rutas de sendeirismo. Como Vd.recordara, Vd que estaba presente cando informaron daquelo reclamou, e eu tamén o fixen constar na miña reclamación. Por tal motivo solicito sexa aprobada esta proposta nos seguintes termos: A corporación de Quintela de Leirado solicita ante o GDR 16 e o equipo da Universidade de Vigo, encargado de facer un estudio das rutas de sendeirismo do Parque Nacional Peneda Geres e Parque Natural do Xures, sexa incluido nese estudio este Concello por pertencer a Rede Natura e estar encravado no Macizo do Leboreiro na Serra do Penagache, dentro da Comarca da Baixa Limia en Celanova, enclave natural de excepcional beleza paisaxista e monumentos arqueoloxicos de enterramentos nas súa proximidades.” O sr.Alcalde di que está totalmente de acordo coa propostaa do sr.Rivera Rodriguez. Sometida a votación a moción é aprobada , por unanimidade 2. Manuel Rivera Rodriguez, concelleiro portavoz do Partido Socialista de Galicia PSOE, ante o Pleno da corporación comparece , e polo medio do presente escrito, somete a debate a seguinte moción: O día 8 de marzo pasado conmemorouse o día da Muller Traballadora, con tal motivo propoño que este Concello teña en conta a Lei de igualdade de oportunidades e proporcionalidade nos postos de traballo , así como na procura de formación para mellorar a súa calidade de vida e loita contra a violencia de xénero, fomentando tamén o asociocionismo e o cooperativismo para manter a poboación neste medio rural creando postos de traballo e levando á practica sempre o de a mesmo traballo mesmo soldo homes e mulleres. Conseguir as condicións de vida adecuada procurando que non entorno haxa os servizos necesarios e optimos, como escolas primarias, gardería , atención médica de nenos e de familia. Trasladar a Xunta de Galicia este requirimentos para dende a Consellería que corrresponda apliquen estas normas do mesmo xeito ou mellorando. O sr.Alcalde di que está totalamente de acordo coa propostaa do sr.Rivera Rodriguez. Sometida a votación a moción é aprobada , por unanimidade.
4.MOCIÓNS PARTIDO POPULAR SOBRE O PECHE DA OFICINA DE NOVAGALICIA BANCO NESTE CONCELLO. Tendo coñecemento que por parte de Novagaliciabanco pretendese pechar a sucursal da dita oficina neste Concello; Considerando que se se produxera o peche a oficina de refencia a que terían que acudir os verciños deste Concello é a de Celnaova, que se atopa a 15 Km. Considerando que a maior parte dos usuarios da dita sucursal son persoas maiores que non dispoñen de medios de locomoción que lle permitan acercarse ata Celanova, nin tampouco existen liñas regulares de transporte interurbano.
2
CONCELLO DE 32814 QUINTELA DE LEIRADO (OURENSE) Considerando que desta maneira estase atacando a pervivencia poboación no Rural, fomentando o seu traslado a outros lugares.
da
Considerando que o servizo que prestaba a diota sucursal é un servizo esencial e necesario para todos os veciños deste Concello; que de producirse o peche perderían un dos servizos fundamantais para o seu desenvolvemento. Considerando que temén supón un ataque as empresas do Concello, que ata agora podian realizar as súas operación fiunancieiras no Concello sen que que desprazarse. Proponse o seguinte acordo ao Pleno do Concello. 1º Manifestar a súa preocupación polo posible peche da Sucursal de Novagalicia bamco no Concello de Quintela de Leirado er solicitarlle a Novagaliciabanco que reconsidere a súa postura, 2ºDar conta deste acordo aos organos directivos de NovaGaliciabanco e a Consellería de economiá e Indstria da Xunta de Galica para que fagan as xestións oportunas. Esta moción é aprobada, por unamidade
5.-REXEITAMENTO ACTOS VANDALICOS CONTRA O CONCELLEIRO DO PP S.R LAMAS ÁLVAREZ .- Fai unhas semanas o sr, Concelleiro desta Corporación e membro do grupo do Partido Popular, o Sr.Lamas Álvarez, foi obxecto dun acto vandálico contra un inmoble da súa propiedade sita en Quintela deste Concello. O dito acto consistiu en que un incendio intencionado destrúeo por completo un galpón da súa propiedade. O sr.Alcalde considera que o dito ataque é debido a que é un concelleiro do Partido Popular, dentro da campaña de acoso contra cargos deste partido; considera que é totalmente rexeitable e entende que as forzas de seguridade deberían unir todas a súas forzas nestes supostos que se atenta contra persoas elixidas democraticamente, simplemente por ter unhas ideas diferentes. Ante esta situación, O Pleno, por unanimidade, acorda: 1º Rexeitar e condenar enerxicamente os actos vandálicos que se produciron conta o inmoble propiedade do Concelleiro Sr.Lamas Álavrez. 2º Deixar claro que nadir pode atentar contra os bens e as persoas por pensar diferentes que os demais e por defender unhas ideas. 3º Considera que se esta ante un caso claro de acoso ao dito concelleiro pola súa condición de cargo electo do Partido Popular . 4º Solicitar da Subdelegación do Goberno en Ourense inste as Forzas de Seguridade do Estado a que poñan todos os medios necesarios para
3
investigar estes actos vandálicos e sobre todo evitar que se volvan a producir situacións semellantes
6.-ROGOS E PREGUNTAS.Ábrese a quenda de rogos e preguntas O sr.Rivera Rodríguez 1. Levo un ano preguntando polo Plan de Ordenación , sempre me responde igual, por elo hoxe volvo coa mesma pregunta: En IU estado de tramitación se atopas o Plan de ordenación e, cando vai a ser exposto ao público? E cal é o problema que ten para estar paralizado tanto tempo?. O sr.Alcalde respóndelle que no proxecto remitido para o informe previo a aprobación inicial o equipo redactor cometeu unhas incorreccións, que foron subsanadas e agora estase a espera do dito informe para que unha examinado pola Xunta se emita o dito informe, e logo levalo a aprobación inicial. 2.Cales son as obras que se van a incluír nos plans provinciais neste exercicio e cales no PEIM O sr.Alcalde sinala que non plans provinciais vanse incluír a reparación de camiños do Concello que están en mal estado e traballos nos alumeados públicos de Mociños e Aguafría. En canto ao PEIM a día hoxe non ten noticia ningunha del. 3ºSe ten pensado celebrar este ano a festa da cachena, ou colaborar para pola en marcha? O sr.Alcalde sinala que no Plan de axuste para acollerse ao pago de provedores establecíase a supresión da dita festa, polo que non se pode realizar 4ºCando se porán a exposición os Padróns da auga Municipal, ou non pensa levar a cabo a cobranza das taxas aprobadas no Pleno O sr.Alcalde sinálelle que xa están expostas no taboleiro de anuncios e que cobraranse tan pronto se arranxe o programa informático que se ten que preparar ao efecto. 5º O sr.Secretario me responda se este tramite de auga ten un tempo limitado é indefinido?, igualmente o do Plan Xeral ten un tempo limitado ou indefinido como esta a ocorrer. En canto ao da auga non existe problema sempre que se faga dentro do período impositivo. E do Plan Xeral non existen prazos preclusivos. 6º Pregunta sobre unhas cantidades que aparecen no BOP de Ourense que se adscriben como Subvención á Mancomunidade Terra de Celanova e ao Concello de Quintela de Leirado.
4
CONCELLO DE 32814 QUINTELA DE LEIRADO (OURENSE)
O Concelleiro Pérez Perez infórmalle que se trata do Plan concertado que agora asume a Deputación e se refire á contratación dun técnico de grao superior e outro de grao medio, e ao outra cantidade é para axuda no fogar. E,non habendo máis asuntos a tratar clausurase a Sesión pola Orde do señor Alcalde, sendo as trece horas e vinte minutos da data sinalada de todo o que EU SECRETARIO DOU FE; VISTO E PRACE O ALCALDE.
5