Page 1

Nova Narrativa Galega


1. Características formais e temáticas da NNG. A chamada “Nova Narrativa Galega” é un conxunto de obras editadas entre fins dos 50 e comezos dos 70 que inauguran un novo xeito de narrar contrapoñéndose ás fórmulas tradicionais.A NNG supón a asimilación consciente dunha serie de técnicas, temas e procesos fondamente renovadores utilizados na narrativa universal do século XX. Ademáis destas innovacións, tamén están influenciados do “nouveau roman” francés. Os autores deste grupo refliten nas súas obras a sociedade insegura da ditadura franquista e transmiten unha visión desacougante da realidade. Na NNG está presente tamén o testemuño de problemáticas sociais. A novela da NNG esixe un lector competente e activo; este trazo é a razón do pouco éxito comercial da maioría das obras. A dificultade provén das técnicas utilizadas e dos temas. As novelas da NNG presentan no seu conxunto os seguintes trazos: ∞ O estatuto de omniscencia do narrador vai ser revisado e destruído. Agora limítase a contar o que observa. ∞ Rexeitamento da cronoloxía lineal. ∞ Fuxida da localización concreta dos espazos, redución temporal, contestación da idea de argumento e negación da acción. ∞ Pluralidade de voces narrativas e abundante emprego da técnica do monólogo interior. ∞ Fusión entre realidade e fantasía. ∞ Tratamento do tema do absurdo existencial onde os personaxes poseen personalidades desdobradas, problemas patolóxicos... ∞ Presenza reiterada da violencia, agresividade e tensións. O sexo e a morte son ideas obsesivas nestas novelas. ∞ Práctica da intertextualidade.


2. Fases na Nova Narrativa Galega.

A Nova Narrativa Galega iniciase no ano 1956 coa publicación de Memorias de Tains, de Gonzalo Rodríguez Mourullo, ainda que na súa obra Nasce una Árbore(1954) xa se observaban trazos propios da Nova Narrativa galega. Xa no 1972 este movemento pecharase coa publicación de Adiós, María, de Xohana Torres; con todo hai quen di que a NNG finaliza máis tarde xa que en novelas como Cara a Times Square (1980), de Camilo Gonsar, aparecen características deste movemento.


Segundo algúns investigadores, a Nova Narrativa galega pode dividirse en catro instantes: 1. O de aparición, representado por Memorias de Tains(1956) e Percival e outras historias(1958), de Méndez Ferrín. 2. O de consolidación, coas obras O crespúsculo e as formigas(1961), de Méndez Ferrín, e Lonxe de nós e dentro(1961), de Suárez Llanos. 3. O de predominio da técnica obxectualista (1962-1965), tomada do “nouveau roman” francés (movemento literario francés que significa “nova novela” ). Este instante estaría representado nas obras Como calquer outro día(1962), de Suárez-Llanos; Arrabaldo do norte(1964), de Ferrín, e A orella no buraco(1965), de Mª Xosé Queizán. Outras obras aparecidas entre 1967 e 1969 que se poden incluír, aínda que con matices, neste apartado son Vento ferido(1967) e Cambio en tres(1969), ambas as dúas de Carlos Casares; A torre de babel(1968), de Lois Diéguez; e, finalmente, As ponlas baixas(1968), de Vicente Vázquez Diéguez. 4. O momento de peche, comprendido entre 1969 e 1972, está representado por Adiós, María(1971), de Xohana Torres; Vixiando(1970), de Xesús Manuel Coruxo; O paseo(1970), de Xoán Xulio Alfaia; Retorno a Tagen Ata(1971), de Ferrín; Seis personaxes e un fado(1972), de Xavier Alcalá; e As calexas do cigurath(1973), de Xavier Carro.


Nembargantes, hai estudosos que prefiren unha distinción en tres períodos: 1. Fase de formación (1954-1961), caracterizada polo predominio da temática existencialista, o influxo evidente de Kafka e o afán experimentalista. 2. Fase de auxe (1964-1068), caracterizada pola absoluta prioridade que se lle concede á experimentación formal e unha influencia obxectualista moi marcada. 3. Fase de liquidación, a partir de 1968, caracterizada polo abandono paulatino do afán experimentalista na forma e pola penetración na temática das novelas dunha clara preocupación política, case sempre expresada por medio de alegorías.


3. Autores da Nova Narrativa Galega → Xeración do 50 – Xohán Casal: Precursor do movemento da Nova Narrativa Galega con O camiño abaixo e dúas obras inacabadas: O traxe aldeán e Os profetas. Presenta un mundo dominado pola morte e a sociedade. Fai emprego de estructuras simples e simbolismo. – Gonzalo Rodríguez Mourullo: Nasce un árbore e Memoria de Tains, son o cumio da Nova Narrativa Galega. – Camilo González Suárez-Llanos: Lonxe de nós e dentro e Como calquer otro día. Fóra da Nova Narrativa Galega e da súa estética, escribíu outras tantas obras, como Arredor do non, firmadas co pseudónimo de Camilo Gonsar. – María Xosé Queizán: Comeza con A orella no buraco, que amosa unha posición progresista e feminista. Publicou numerosas obras máis, como Amantia ou Amor de tango. – Vicente Vázquez Diéguez: Autor de As ponlas baixas, considerada por algúns como remate da Nova Narrativa Galega. – Xohana Torres: Gañadora de premios pola súa narrativa ca obra Adiós, María. – Xosé Luís Méndez Ferrín: Inicia a súa narrativa con Percival e outras historias, co que gañou tamén premio en Bos Aires. Escribíu tamén numerosas obras, como O crepúsculo e as formigas, Arrabaldo do norte, Retorno Tagen Ata ou Amor de Artur. Xoán Xulio Alfaia, Xavier Carrio, Xavier Alcalá ou Xesús Manuel Coruxo forman parte do canon da Nova Narrativa Galega, aportando outras obras tamén importantes.

Nova Narrativa Galega  

traballo galego

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you