Issuu on Google+

OS RITOS FÚNEBRES DOS ROMANOS O Romanos tiñan unha esperanza de vida curta debido á enfermidade, ao limitado coñecemento médico e ás guerras case constantes. Os rituais e as prácticas funerarias xogaban un papel esencial nas súas vidas, pois crían que o feito de honrar aos membros defuntos da súa familia e un enterro apropiado eran esenciais para a vida de ultratumba. Os romanos tiñan un concepto moi detallado da vida no máis alá e para eles era crucial a crenza de que os espíritos dos mortos eran conducidos a través do mitolóxico río Styx ao mundo subterráneo, onde se xulgaba se o espírito ía atopar o seu lugar no ceo, o Elysium, ou no inferno, o Tartarus. Os funerais eran considerados como un xeito de preparar o espírito para esta viaxe. Había numerosos costumes que se seguían para asegurarse de que o defunto era enterrado ou Mosaico procedente de Pompeia incinerado correctamente, de que tería unha vida propicia no máis alá e de que non volvería para atormentar aos vivos. Pretendíase que estes tamén reflectisen o lugar do defunto na familia e a importancia vindeira da familia que lle sobrevivía. Cando un romano estaba a piques de morrer, o parente máis próximo presente procuraba coller o último alento da súa respiración coa boca. Quitábanselle os aneis ao defunto e o familiar pecháballe os ollos e a boca. Lavábase entón o cadáver e untábase con aceite e perfumes polos escravos, chamados Pollinctores, que pertencían aos Libitinarii, ou enterradores. Os Libitinarii estaban asociados ao templo de Venus Libitina (as expresións vitare Libitinam e evadere Libitinam eran utilizadas no sentido de escapar da morte). Dende este templo servían ao pobo romano proporcionando os servicios funerarios, levando a cabo os ritos e rexistrando todas as mortes con fins estatístiticos. Ningún destes servicios, por certo, era gratuíto, e variaban segundo a súa complexidade e pompa, baseándose nuns prezos establecidos, chamados arbitria. Os romanos consideraban un corpo morto como un obxecto impuro, capaz de contaminar o espírito. Aos Libitinarii, como serventes de Libitina, estáballes permitido manexar un cadáver sen temor a seren contaminados. Normalmente eran os responsables de quitar todas as xoias, pechar os ollos e da limpeza do cadáver, tanto física como espiritual. Por unha tarifa extra os Libitinarii untaban e perfumaban o corpo con aceites e perfumes. Despois diso se lle poñía unha pequena moeda na boca, para pagarlle a Caronte por transportar ao morto a través da lagoa Estixia. Restos de bronce dunha moeda procedentes Restos de Unguentaria, recipientes de perfumes, queimados despois dunha cremación

dunha cremación

1


Os que estaban de loito exhibían a súa pena vestindo os vestes pullae (roupa de la basta) e rexeitando lavarse, peitearse o pelo, cortar as uñas, ou cambiar as súas roupas. Segundo o declarado pola lei, podíase gardar loito durante un ano polos pais e os nenos maiores de seis anos, durante un mes polos nenos menores de seis anos, dez meses por un marido, e oito meses polo parentes de sangue máis achegados. Entoábanse ao son das frautas lamentos, cancións ou poemas que expresaban pena, mentres que se preparaba o corpo para a procesión fúnebre. A familia reuníase e realizaba a conclamatio, que consistía en dicir en voz alta o nome do defunto tres veces mentres soaban as trompas para anunciar a súa morte. Despois de que cada membro da familia dese o seu extremum vale, o adeus final, o corpo era conducido fóra da casa cos pés por diante. Se o defunto era dunha clase máis baixa, o corpo levábase pola ruta máis curta posible. Se o defunto era dunha orde social máis alta había unha procesión fúnebre máis elaborada, chamada pompa funebris. Os músicos abrían o paso mentres que as plañideiras, chamadas praeficae, seguían cantando pregarias fúnebres ou naeniae. A continuación ía o corpo coa cara cuberta e a familia e os amigos vestidos de loito. Se o defunto era unha figura prominente, a procesión paraba no foro para a oración fúnebre, laudatio funebris, pronunciada polo fillo máis vello do defunto ou por outro parente próximo, mentres que o corpo era exhibido posto de pé. Os enterros eran levados a cabo máis ben pola noite para evitar grandes concentracións de público e para desalentar aos xentíos e ás lamentacións excesivas. A inhumación era máis común que a cremación na Roma prehistórica. Sen embargo, a inhumación foi abandonada xeralmente cara ao final do século quinto a.C. e só foi de novo posta en práctica contra a metade do segundo século d.C. A aceptación da cremación como o sistema principal deu lugar ás ustrina, os recintos sagrados nos cales se construían as piras para converter os cadáveres en cinzas. As doce táboas, o código da lei romana, prohibían o enterro ou a cremación dentro das murallas da cidade e normalmente tiñan lugar fóra das murallas ao longo dos camiños que conducían á cidade. Na tumba bendicíase o lugar de descanso, botábase terra enriba dos restos e purificábase aos membros da familia, xa que se pensaba que quedaban contaminados pola morte, mediante a aspersión, por Urnas funerarias con restos de ósos e cinzas un sacerdote, de auga pura dunha póla da oliveira ou de loureiro. Se o corpo era enterrado baixábase dentro da tumba nunhas angarellas ou nun ataúde de arxila cocida ou de pedra. As tumbas eran de varios tamaños e formas, segundo a riqueza e o gusto do dono. As tumbas do romanos adornábanse de varios xeitos, pero raramente representaban a morte directamente. Na cremación, o cadáver queimábase nunha pila de madeira en forma de altar, con catro lados iguais. Cando as chamas comezaban a levantarse botábanse nelas perfumes, cuncas de aceite, ornamentos, roupas, pratos de comida, e outras cousas de acordo co gusto dos defuntos. Despois de que a pira se extinguise, un membro da familia (xeralmente a nai ou a esposa do defunto) recollía as cinzas e colocábaas nunha urna. Cando a pila se queimaba por completo, as ascuas eran empapadas con viño, e os ósos e as cinzas dos defuntos recolectadas polos parentes máis próximos, quen os regaban con perfumes e os colocaban nunha urna. Era práctica habitual que se celebrase un a miúdo refinado banquete no lugar do enterro ou da cremación.

2


Moitos dos romanos máis pobres pertencían ás sociedades fúnebres, chamadas Collegia funeraticia, para procurarse un enterro apropiado. Eran asociacións funerarias nas que se pagaban cotas regulares, que serían utilizadas para cubrir o custo dos enterros dos seus membros. Os membros dos colexios tiñan garantido un lugar nos Columbaria, onde eran colocados os restos incinerados dentro de pequenos nichos nas paredes, marcados a miúdo con placas conmemorativas e retratos esculpidos. Os Collegia e Columbaria eran un xeito barato de garantir unha transición apropiada á vida no máis alá para todas as clases da sociedade romana.

Columbaria

"Os Nove días de loito" comezaban co día da cremación ou da inhumación. Durante este período, secábanse as cinzas e colocábanse en urnas. Nove días despois de que o corpo fose enterrado ou incinerado, os membros da familia terminaban o funeral co sacrificio do novendiale, o sacrificio do noveno día. Entón, participaban noutro gran banquete na casa chamado a cena novendialis. Ofrecíaselle tamén comida ao morto porque pensaban que lle sería requirido na vida do máis alá. Neste día, os herdeiros tamén recibían formalmente a súa herdanza.

Regularmente tiñan lugar celebracións para conmemorar a memoria dos mortos. O período dende o trece ao vinteún de febreiro coñecíase como as Parentalalia ou dies parentales, con especial mención para o derradeiro día, coñecido como Feralia. Había celebracións anuais do día do enterro do morto a finais de marzo e os festivais das violetas e das rosas (Violaria, Rosaria) a finais de maio, cando se repartían violetas e rosas entre os parentes e se poñían nos sepulcros ou apiñadas sobre as urnas. En maio, o romanos celebraban as Lemuria nunha cerimonia que foi pensada para satisfacer a calquera dos Lemures que puidesen frecuentar as súas casas. Na media noite, o cabeza de familia facía o sinal do mano fico e camiñaba descalzo ao redor da casa mentres que cuspía nove fabas negras como intercambio polo benestar dos inquilinos da casa. Para todos estes festivais, facíanse ofrendas nos templos aos deuses e nas tumbas dos mortos. Prendíanse lámpadas nas tumbas e os parentes celebraban un banquete xuntos e ofrecían comida aos seus mortos. Os romanos tamén crían que os defuntos seguían sendo membros moi importantes do fogar. Mantiñan o Lararium, capelas especiais da casa, onde se facían pregarias e ofrendas aos deuses. Tamén se pensaba que os espíritos dos antepasados mortos, os Lares, miraban pola casa.

Mano fico

Texto traducido e adaptado de : JK GILLON http://www.fortunecity.com/athena/exercise/2492/ROMANFUNERALS/

3


Ritos fúnebres dos romanos