Page 1

CONCURSO: UN SELO PARA OURENSE EXPOSICIÓN NACIONAL DE FILATELIA XUVENIL XXIV JUVENIA 2015 OURENSE No ano 2015 celebrarase en Ourense a Exposición Nacional de Filatelia Xuvenil XXIV JUVENIA 2015” coa participación de filatelistas de toda España neste Campionato Nacional de Filatelia Xuvenil. Ao obxecto de acercar aos escolares a unha actividade tan divertida e educativa como é a filatelia, así como animalos a participar nos Talleres de Filatelia Xuvenil, o Comité Organizador propón o seguinte concurso: BASES 1.- Poderán participar todos os alumnos de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria dos Centros escolares de Ourense, divididos en dúas categorías: - Categoría A: Alumnos de Educación Primaria - Categoría B: Alumnos de E.S.O. 2.- O tema dos traballos será: UN SELO PARA OURENSE. Un debuxo que simbolice o que consideres máis representativo da capital da provincia. 3.- Os traballos realizaranse no modelo que se adxunta, en posición vertical u horizontal, baixo pseudónimo que se escribirá no reverso; cada centro educativo encherá unha folla en sobre pechado na que se inclúa o pseudónimo, o nome do alumno, idade, curso ademais do nome e teléfono do Centro. 4.- A técnica será libre (lapis, plumilla, acuarela, carboncillo, etc.); non se poden empregar imaxes nin deseños dixitais. 5.- O prazo de presentación finalizará ás 14h. do 10 de marzo de 2015. Os traballos serán entregados, conxuntamente por un responsable de cada Centro, na Concellería de Educación do Excmo. Concello de Ourense. 6.- Os trabalos serán seleccionados por un Xurado presidido polo Presidente del Comité Organizador e constituído por: un profesor de Primaria e outro de ESO, un artista local, a Directora da Oficina Principal de Correos de Ourense e por un Monitor Nacional de filatelia, e quedarán expostos no recinto da exposición JUVENIA 2015 do 18 ao 25 de abril de 2015, ambos inclusive. 7.- Os dos debuxos gañadores do presente concurso serán o motivo de dous selos postais personalizados con tarifa “A” válido para a correspondencia (carta nacional, tarifa básica) impresos por la F.N.M.T. (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre) e neles incluirase o nome do autor e o centro escolar ao que pertence. 8.- Polo feito de participar, os concursantes aceptan estas bases.


Centro Educativo: ………………………………………………………………………………………… Teléfono: …………………Persoa de contacto: ……………………………………………...……….. Correo electrónico: ……………………………………………………………………………………….. Pseudónimo

Nome

Apelidos

Idade

Curso


Concurso selo juvenia 2015  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you