Issuu on Google+

TRABALLANDO POLA PAZ A investigación e a reflexión sobre o estado da convivencia no noso centro escolar, o deseño de estratexias a adoptar para o fomento da Cultura da Paz e a millora do clima de convivencia escolar foi o punto de partida do OBSERVATORIO de CONVIVENCIA, un dos órganos colexiados do centro, no que están representados familias, profesorado e persoal non docente. No seno do Observatorio, despois de moitos análises e reflexións, é onde nace o PLAN de CONVIVENCIA, un instrumento destinado a facer do centro educativo un espazo para a aprendizaxe da resolución de conflictos e da convivencia democrática para toda a comunidade educativa.

Os obxectivos deste Plan están pensados para conseguir a millora das relacións persoais entre todos os membros da nosa comunidade educativa e o desenvolvemento dun entorno tranquilo e agradable que favoreza a promoción de valores de cooperación, solidariedade, educación para a paz, non discriminación e coeducación .

BIBLIOTECA CEIP DE CERVO

Dixo María Montessori: “ Sementade nos nenos ideas boas, aínda que non as entendan; os anos encargaranse de descifralas no seu entendemento e de facelas florecer no seu corazón”.

3o de xaneiro 2011 Día Escolar da Non Violencia e da Paz BIBLIOCERVO http://www.bibliocervo.blogspot.com/


O proxecto da biblioteca “Lendo e pintando” traballando pola PAZ PABLO RUÍZ PICASSO

En 1951, durante a guerra de Corea, Picasso pinta “ Matanza en Corea”, cadro no que de novo denuncia as brutalidades da guerra,inspirándose no cadro “ Los fusilamientos del 2 de mayo” de Goya

O 26 de abril de 1937 a vila vasca de Guernica Sufríu un cruel bombardeo pola aviación alemana, que causou numerosas víctimas inocentes e cuantiosos danos materiais. O pintor malagueño Pablo Ruiz Picasso recibiu o encargo do Goberno da República Española de pintar o cadro GUERNICA, para ser exposto no pavillón español durante a Exposición Internacional de 1937 en París.

SABÍAS QUE…? Picasso foi o autor do debuxo La Colombe, con lápiz azul sobre papel, que foi seleccionado para o cartel do Congreso Mundial de Partisanos pola Paz que se cele-

GUERNICA

brou en París no ano 1940. A imaxen foi coñecida rapidamente como:

A POMBA DA PAZ


tTRABALLANDO POLA PAZ