Issuu on Google+

RecitandoCelsoemiliO CANCIÓN O vello cantaba unha lembranza. O mozo cantaba unha esperanza. O neno cantaba unha louvanza. Pobo meu:pois que cantas, Érguete i anda. O NENO Había un lume aceso na casa dos avós. Agora ben comprendo que o lume eramos nós. O pai que contaba unha historia medoñenta. A nai surría,pois a historia n-era certa. Afora, nos camiños refungaba o corisco. Unha irmá preguntaba polos pobres de Cristo. O vento neboeiro agallopaba a chaira. ¿Onde están esta noite os que non teñen casa? O bosco era un misterio rumoroso e lonxano. O irmau máis pequeño preguntaba calado. Agora é xa un home, e sigue preguntando.

BIBLIOCERVO- EDNL CEIP DE CERVO


DEITADO FRENTE AO MAR Lingua proletaria do meu pobo,

LONGA NOITE DE PEDRA

eu fáloa porque si, porque me gosta,

O teito é de pedra. De pedra son os muros i as tebras. De pedra o chan i as reixas. As portas, as cadeas, o aire, as fenestras, as olladas, son de pedra. Os corazós dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra. I eu, morrendo nesta longa noite de pedra.

porque me peta e quero e dáme a gana; porque me sai de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sen raíces que ao pór a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos avós que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos da linguaxe, remo i arado, proa e rella sempre. Eu fáloa porque si, porque me gosta

INVERNO e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bos que sofren longo unha historia contada noutra lingua. Non falo pra os soberbios, non falo pra os ruíns e poderosos, non falo pra os finchados, non falo pra os baleiros,

Chove, chove na casa do pobre e no meu corazón tamén chove. Dor da mau encallecida, dor da xente aterecida de frío polos camiños. Dor dos vellos e meniños. Dor dos homes desherdados e dos que están aldraxados.

non falo pra os estúpidos, que falo pra os que aguantan rexamente mentiras e inxustizas decotío; pra os que súan e choran un pranto cotidián de bolboretas, de lume e vento sobre os ollos núos. Eu non podo arredar as miñas verbas de tódolos que sofren neste mundo. E ti vives no mundo, terra miña, berce da miña estirpe, Galicia, doce mágoa das Españas, deitada rente ao mar, ise camiño...

Mágoa da ferida allea. Dor dos que están na cadea, dos que sofren a inxusticia e viven baixo a cobiza. Mágoa e loito por tanto pranto que escoito. No meu peito, sulagado, soturno, fondo, calado, un río de amor se move. Chove, chove na casa do pobre e no meu corazón tamén chove.


RECITANDOA CELSOEMILIO