Issuu on Google+

Partido dos Socialistas de Galicia

PROGRAMA ELECTORAL 2011 TRANSPARENCIA E GOBERNO ABERTO Agrupación Socialista de Pereiro de Aguiar

• • •

Impulsar a transparencia das decisións do Concello nas diversas materias (urbanísticas, emprego, axudas…..) mellorando a información pública a os veciños/as. Implantar un sistema de orzamentos participativos, para que os veciños e veciñas tomen parte activa na decisión de cómo investir o diñeiro do Concello. Desenvolver o Proxecto "Pereiro Aberto", como unha nova forma de comunicación permanente e transparente entre o Concello e os veciños, acadando a súa participación efectiva nos procesos de xestión, decisión e control do Concello. Este proxecto se desenvolverá a través dunha serie de medidas: Participación do Concello en redes sociais, a través de redes sociais e blogs, co fin de establecer novas canles de comunicación e diálogo cos veciños, facilitando información actualizada e de interese. Implantar unha plataforma de participación e colaboración veciñal a través de Internet que permita unha maior participación dos veciños na discusión dos proxectos do Concello, e nos plenos municipais. Regular a concesión de subvencións municipais mediante procesos abertos e transparentes, orientadas a proxectos e propostas de asociacións de veciños e entidades sociais en xeral.

EMPREGO • • • •

Organizar itinerarios formativos de inserción socio-laboral nos que se realizarán cursos dirixidos a mellorar a ocupabilidade dos colectivos demandantes de emprego. Fomentar, a través de convenios e incentivos unha política activa de contratación de desempregados/as do Pereiro por parte de empresas ubicadas no municipio. Desenvolver políticas de promoción do emprendemento e o autoemprego, asesorando e facilitando a posta en marcha de iniciativas empresariais innovadoras. Elaborar e aprobar urxentemente a Relación de Postos de Traballo do Concello (RPT), e elaboración dun Regulamento Municipal que regule os procesos de provisión de postos de traballo públicos do Concello. Crear unha Bolsa de Emprego Municipal, servizo gratuito de intermediación, asesoramento e orientación laboral, na que figuren ofertas de emprego do Concello e de empresas domiciliadas neste.

psoepereiro@gmail.com www.pereirodeaguiar.psoe.es

1


Partido dos Socialistas de Galicia

PROMOCIÓN ECONÓMICA, INDUSTRIA E COMERCIO • • • Agrupación Socialista de Pereiro de Aguiar

• • •

Propiciar convenios de colaboración con comerciantes e empresarios do Pereiro, para axudar a impulsar e difundir as súas actividades, productos e servizos. Crear o Consello Económico e Social do Pereiro, que asesorará, informará e aportará ideas ao Concello sobre a evolución económica e do emprego no municipio. Organizar xornadas temáticas en colaboración cos centros educativos, empresarios, sindicatos, asociacións, universidade, etc, como núcleo dunha actividade formativa, recreativa e económica. Crear o distintivo “O Pereiro Excelente” que premie a actividade de empresas, asociacións, comunidades, etc, que destaquen pola aplicación de boas prácticas comprometidas coa salvaguarda dos recursos naturais e a historia do Pereiro. Elaborar un Plan de Dinamización Turística do Pereiro que promova o aumento da calidade dos servizos turísticos do municipio, e a mellora do medio natural. Reforzar e potenciar a Axencia de Desenvolvemento Local, poñendo ao servizo dos seus usuarios un sistema de atención en Internet. Potenciar a celebración de mercadillos periódicos de produtos de artesanía, ecolóxicos, horta e naturais...

SOCIEDADE DA INFORMACIÓN • • •

• • •

Elaborar un plan de formación e capacitación en novas tecnoloxías, co fin de incorporar a población de todas as idades ao manexo, uso e aproveitamento dos servizos de Internet. Potenciar os servizos de teleasistencia para persoas maiores que vivan soas. Desenvolver o "Cartafol Cidadán", un espazo virtual que permita a realización de trámites online de determinados servizos, consulta de recibos, xeración de cartas de pago, xestión do padrón, etc. Impulsar a mellora das conexións a Internet, por cable e inalámbricas, así como a cobertura de telefonía móbil e TDT en todo o municipio. Modernizar os sistemas informáticos do Concello, impulsando a utilización de software libre que permita aforros en licencias. Mellorar a eficiencia e a xestión do coñecemento no funcionamento do Concello, así como o aproveitamento da experiencia dos empregados a través do uso de ferramentas de traballo colaborativo interno.

psoepereiro@gmail.com www.pereirodeaguiar.psoe.es

2


Partido dos Socialistas de Galicia

POLÍTICAS SOCIAIS E SAUDE • •

Agrupación Socialista de Pereiro de Aguiar

• • •

• • • • • • • • • •

• • • • • • • •

• •

Poñer inmediatamente en funcionamento o novo CENTRO DE DÍA de Os Gozos. Elaborar un censo de persoas con necesidade de servizos sociais para o uso do Centro de Día, de forma ocupacional ou asistida no que se inclúan servizos de coidado, comedor e de axuda a domicilio. Proporcionar transporte público e gratuito ao centro de saúde. Implantar un servizo de asesoramento social na tramitación de axudas económicas, servizos ou prestacións. Elaborar unha Guía de Servizos Sociais Municipais na que se recollan actividades, recursos e dereitos en materia de asuntos sociais para facilitar o acceso a axudas, prestacións etc. Desenvolver un programa de Axuda no Fogar para dependentes, maiores, minusválidos e novos pais e nais. Implantar un servizo de Teleasistencia 24 horas. Fomentar proxectos de autoemprego e emprego relacionados co sector de dependentes. Implantar Puntos de atención especializada a colectivos con necesidades, especialmente dirixidos á muller, xuventude, emigrantes retornados e inmigrantes. Adquirir urxentemente e poñer a disposición da Xunta os terreos necesarios para a construcción inmediata dun novo Centro de Saúde. Promover e impulsar a eliminación de barreiras arquitectónicas en vivendas e no espazo público. Crear unha Oficina de Voluntariado. Fomentar actividades extraescolares de calidade no colexio Público Ben-Cho-Shey, dirixidas a todos os nenos e nenas do Concello. Fomentar campamentos e escolas de verán para os nenos e nenas do Concello. Constituir o Consello do Neno integrado por nenos e nenas, elexidos polas asociacións veciñais e polos centros educativos, co obxectivo de que reproduzan o funcionamento dun Pleno no que lle transmitan ao Alcalde as súas propostas. Organizar a Semana da Infancia que coincida co Día dos Dereitos do Neno, cun programa de diversos actos en colaboración coas familias e cos centros educativos. Incrementar o número de parques infantís, mellorar os existentes e adaptalos á normativa de seguridade e hixiene. Crear un Banco de Tempo para fomentar as relacións sociais e alentar a existencia de servizos recíprocos na comunidade. Garantir unha porcentaxe de postos de traballo no Concello para discapacitados. Desenvolver unha política activa de reducción de riscos de exclusión social. Promover, en colaboración con asociacións especializadas, programas de intervención e educación relacionados coas drogodependencias e co alcoholismo. Editar e difundir información sobre conductas de risco e as súas consecuencias. Elaborar un Programa de Axuda Risco de Exclusión para persoas do municipio sen ningún tipo de ingresos, fundamentalmente para familias onde ningún dos seus membros traballa e non perciba ningún tipo de axuda. Elaborar un Programa de Voluntariado específico do Concello, con accións formativas asociadas. Ofertar información, atención social, xurídica, laboral e as ferramentas necesarias para a normalización social e laboral de inmigrantes e emigrantes retornados.

psoepereiro@gmail.com www.pereirodeaguiar.psoe.es

3


Partido dos Socialistas de Galicia

MEDIO AMBIENTE E MEDIO RURAL • •

Agrupación Socialista de Pereiro de Aguiar

• • • • • •

• • • • •

Crear novas zonas verdes sostibles e mellorar os parques públicos, con zonas de xogo infantil ben dotadas, que cumpran a normativa en materia de seguridade e hixiene. Mellorar o Parque Fluvial de Cachamuiña, mantendo o nivel máximo do encoro na época estival, e construindo un auditorio municipal ao aire libre, parque multiaventuras, carrís bici, minigolf, parques infantis, embarcadoiros, servizo de aluguer de bicis, embarcacións, e cunha ampla axenda cultural para o verán. Crear unha Rede de Rutas Turísticas-Recreativas e Vías Verdes para facilitar a comunicación non motorizada, entre Ourense, o Parque Fluvial do encoro de Cachamuiña e outros núcleos rurais de Pereiro. Establecer mecanismos efectivos de información e tramitación sobre lexislación, iniciativas e axudas no medio rural. Crear un plan de recuperación de muíños e espazos públicos nos ámbitos dos ríos e regueiros principais. Establecer franxas de protección contra incendios arredor dos núcleos rurais principais e das urbanizacións, e elaborar plans de autoprotección. Potenciar a incorporación de criterios da arquitectura bioclimática nas promocións de edificacións e impulsar as novas enerxías renovables. Establecer plans e servizos especiais de limpeza, para puntos rurais de especial interese e datas de feiras e outros eventos. Desenvolver plans enerxéticos municipais que inclúan a necesidade da eficiencia enerxética en todos os edificios públicos e dependencias municipais, asi como, a substitución do parque de vehículos municipal actual por vehículos ecolóxicos. Realizar campañas de sensibilización e concienciación sobre o uso eficiente da enerxía, consumo responsable e boas prácticas nos fogares, centros educativos, asociacións e centros de traballo. Fomentar o uso da bicicleta como un modo de desfrute da natureza e o tempo libre, mediante o establecemento dunha rede básica de carrís-bici, e o impulso de sistemas de empréstito gratuíto. Ampliar o espazo de beirarrúas peonís nos nucleos rurais. Elaborar un Plan Especial de Urbanización e de Rehabilitación de núcleos rurais singulares. Implantar de modo xeneralizado zonas 30 nos núcleos rurais e urbanizacións. Crear un aparcamento público no núcleo rural de Pereiro. Incentivar a compra de vehículos ecolóxicos mediante a reducción do 50% do Imposto Municipal de Circulación.

psoepereiro@gmail.com www.pereirodeaguiar.psoe.es

4


Partido dos Socialistas de Galicia

XUVENTUDE •

Agrupación Socialista de Pereiro de Aguiar

• • •

Desenvolver o proxecto “Soñando Pereiro” que, utilizando as redes sociais, permita manter unha canle continua de comunicación a través da que os xóvenes de Pereiro poidan prantexar directamente ao Concello e colaborar na organización de iniciativas de todo tipo. Potenciar os centros sociais do Concello como lugares de reunión e organización de actividades para a xuventude: ensaios de grupos, concertos, exposicións, proxeccións de cine... Impulsar a creación de zonas de book-crossing nos parques, cafeterías ou rutas de senderismo do Concello como un xeito de fomentar o hábito da lectura e o turismo natural de fin de semana. Crear unha Oficina de Información Xuvenil. Crear un Programa de Promoción de Xóvenes Creadores: exposicións para a presentación da obra de xoves artistas locais, no municipio e fóra deste, premios, etc. Promover a participación en programas que permitan viaxar ao estranxeiro a través de intercambios xuvenís, voluntariado europeo…

MULLER E IGUALDADE • • •

• •

Por en funcionamento o II Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades deste Concello para o periodo 2009-14, paralizado ata o de agora. Realizar campañas de promoción da calidade de vida e da saúde: detección precoz de enfermidades da muller, prevención do embarazo... Establecer políticas activas de prevención da violencia contra as mulleres e atención integral ás vítimas: campañas de sensibilización, información de recursos disponibles para as vítimas, oferta de apoio psicolóxico, asesoramento xurídico e axudas específicas de emerxencia social. Favorecer a inserción laboral das mulleres: información, orientación e asesoramento en materia de emprego e formación. Promover medidas que permitan compatibilizar a vida familiar e laboral.

psoepereiro@gmail.com www.pereirodeaguiar.psoe.es

5


Partido dos Socialistas de Galicia

CULTURA E DEPORTES •

Agrupación Socialista de Pereiro de Aguiar

• •

• •

• •

• • • • • • •

Construir unha Casa da Cultura onde teñan cabida de forma centralizada todas as iniciativas culturais e deportivas relacionadas co Concello ao igual que funcionaría como sede das distintas asociacións culturais distribuídas polas parroquias. Actuaría como centro de control e xestión para potenciar a cultura, o deporte, o ocio e tempo libre, e tamén actuaría como centro receptor de iniciativas culturais demandadas polos veciños e sempre aberto á integración de todas as sensibilidades. Poñer en funcionamento un Proxecto de actividades culturais e deportivas con carácter anual, tendo cabida nel as festas patronais dos distintos pobos. Potenciar o funcionamento de ludoteca e biblioteca, e poñer en marcha unha aula de novas tecnoloxías e idiomas, en coordinación cos centros educativos e asociacións culturais. Promover a creación de distintas agrupacións instrumentais e favorecer o desenvolvemento das xa existentes nas distintas parroquias conservando a actual rede de locais de asociacións xa sexa culturais ou veciñais. Recuperar a memoria histórica daqueles personaxes que polas súas características teñan certa relevancia social e cultural vinculados dalgún modo a Pereiro de Aguiar. Realizar un Programa específico de actividades de verán tanto diúrnas como nocturnas fomentando o uso das nosas instalacións deportivas e culturais así como o noso patrimonio natural. Elaborar un Programa municipal de actividades extraescolares de calidade no colexio Ben-Cho-Shey (Idiomas, música, informática....) e de educación física (judo, baile clásico.....) Instar a Xunta de Galicia, a mellora e acondicionamento do colexio público Ben-Cho-Shey e creación dun novo Centro público de Ensino Secundario. Posta en funcionamento das bibliotecas titorizadas, na municipal e nos centros educativos fóra do horario escolar, convertíndoas nun espacio transformador de desigualdades e nun medio de prevención do fracaso escolar. Crear un depósito municipal de libros de texto, como un servicio gratuito de préstamo de libros reutilizables para alumnos de primaria e secundaria. Sinalización do patrimonio arquitectónico, artístico e arqueolóxico. Promover a constitución dunha escola de música municipal, así como agrupacións musicais e de baile no municipio. Crear escolas deportivas e programas de actividades físicas e deportivas. Promover competicións e ligas deportivas municipais. Promover convenios de colaboración para a utilización de instalacións deportivas e piscinas en actividades organizadas polo Concello. Construcción dun complexo deportivo náutico, aproveitando o encoro de Velle, para a práctica de diferentes deportes acuáticos.

psoepereiro@gmail.com www.pereirodeaguiar.psoe.es

6


Partido dos Socialistas de Galicia

URBANISMO E INFRAESTRUCTURAS • •

Agrupación Socialista de Pereiro de Aguiar

• • • • • • • • • •

Impulsar a transparencia das decisións dos órganos públicos nas materias urbanísticas, mellorando a información pública. Crear unha bolsa informativa municipal de vivendas en núcleo rural en venda ou aluguer, e servizos de información, que favoreza a rehabilitación, recuperación e reconstrución das edificacións tradicionais rurais existentes. Aplicar o réxime de incompatibilidades dos políticos e técnicos, responsables do control público da xestión urbanística, en aras dun exercicio transparente, exemplar e democrático desta. Practicar un nivel de tolerancia cero coa corrupción urbanística. Establecer o uso preferente para vivenda protexida de todos os patrimonios públicos de chan, dando prioridade a réximes nos que se conserve a titularidad pública do chan. Velar polo crecemento en torno a núcleos rurais xa existentes, para corrixir a dispersión urbanística e consolidar pobos de calidade. Protexer os espazos significativos polos seus valores ambientais, agrarios, culturais ou paisaxísticos. Reservar solo Industrial-Comercial, conducente á implantación de grandes centros comerciais no Parque Empresarial do Pereiro. Impulsar a rehabilitación integral e revitalización de núcleos rurais degradados ou abandonados, coa creación dun censo de vivendas ruinosas ou abandonadas. Realizar un estudo da seguridade vial no municipio, co obxecto de reducir as víctimas directas provocadas polo tráfico motorizado. Implantar amplos itinerarios peonís na rede de estradas. Carrís peón-bicicleta. Realizar un proxecto integral de acondicionamento e mellora das instalacións deportivas do Concello (pabellón A Chaira…), cun programa anual de actividades. Elaborar un plan de saneamento, abastecemento, comunicacións, iluminación, xestión de residuos, e outros servizos básicos do municipio, con dotación presupostaría e prazos para executarse. Realizar unha mellora integral e urbanizar a travesía da estrada OU-536 na Derrasa.

TRANSPORTE • •

• •

Urxir a aprobación do Plan Metropolitano de Transportes de Ourense, co fin de dotar ao transporte público do máximo nivel de calidade establecendo servizos de alta frecuencia. Informar adecuadamente (carteis, páxina web, SMS…) aos viaxeiros, das rutas, horarios e conexións do transporte público, coidando os ámbitos das paradas e mellorando as suas marquesinas. Realizar campañas informativas sobre o transporte colectivo público e privado. Fomentar o uso compartido do vehículo privado nos desprazamentos cotiáns, promovendo o encontro de cidadáns interesados neste intercambio.

psoepereiro@gmail.com www.pereirodeaguiar.psoe.es

7


Programa Electoral O Pereiro de Aguiar 2011