Page 1

Setembro de 2013 Partido Socialista Obreiro Español Agrupación local de Nigrán Rúa canido 3 36350 Nigrán Pontevedra psoenigran@gmail.com www.psoe-nigran.org Agrupación de Nigrán

https://es-es.facebook.com/PSdeGNigran

PLAN XERAL DE NIGRÁN

Vial que atravesa Nigrán de norte a sur e destroza vivendas e propiedades

Nigrán necesita un PXOM pero non o Plan Xeral so do Partido Popular O PSOE segue defendendo un Plan da sociedade de Nigrán artellado no Consello Sectorial e na colaboración coas entidades veciñáis e sociais do noso municipio. O período de alegacións remata o 3 de outubro, non esqueza consúltalo e facer alegacións. O que se aprobé de xeito definitivo serán as normas urbanísticas para os vindeiros 20 anos. Tal como está, este, é un mal PXOM para Nigrán. É un mal PXOM para as parroquias de interior, que condena o seu crecemento, e un mal Plan para as parroquias de costa que as enche de edificacións e sobre todo de SAUS, SUDS e PERIS que nunca se poderán desenvolver.


Agrupación de Nigrán

PROPOSTAS DO PSOE DE CARA A APOIAR A APROBACION DO PXOM DE NIGRAN O psoe presentou ante o pleno no que se aprobou inicialmente o PXOM as seguintes propostas de cara a apoiar a aprobacion, as cales foron rexeitadas pola maioria absoluta do PP.

Vial atravesando e destrozando a parroquia de Nigrán

1.- Retirada do Documento de PXOM do Vial dende A Xunqueira a Priegue que ademais de rachar Nigrán en dúas partes afecta a centos de terreos e vivendas e que no propio documento nomea como “viario de gran capacidade cunha expropiación de 30 metros e firme de dous, tres e catro carrís”

2.- Retirada do proxecto de Porto Deportivo de Panxón. Máis de 30.000m2 reservados para a concesión administrativa dun Porto deportivo en Panxón que relegará a labor de mariñeiros e xentes do mar do peirao.

Afección pretendida no Peirao de Panxón para a construción dun Porto Deportivo. Que este mal PXOM localiza non en Panxón senón en Porto do Molle (Camos). Un exemplo máis da incoherencia deste documento.


Agrupación de Nigrán

PROPOSTAS DO PSOE DE CARA A APOIAR A APROBACION DO PXOM DE NIGRAN

3.- Actualización de planos e vivendas existentes e nova delimitación dos núcleos rurais tendo en conta a realidade de Nigrán. E absolutamente imprescindible facer unha nova delimitación dos núcleos que nos permita aprobar un plan Xeral baseado na realidade física do municipio. O uso de cartografía e planos obsoletos foi recoñecida polos técnicos municipais así como polo propio Alcalde. Os núcleos rurais reducen o seu ámbito sen permitir o crecemento no interior de Nigrán. É necesario voltar a deseñalos incluíndo vivendas existentes, camiños e vieiros para que o que reflicte o plano sexa a realidade e non o traballo feito dende un despacho sen coñecer as parroquias.

4.- Representación en cartografía actualizada alineacións.

todos así

os planos como da

do PXOM parcelación

da e

Estase aprobando un documento absolutamente irreal, xa que os planos de Ordenación, a parte mais importante do documento, nos que deberían representarse alineacións e parcelacións xustamente non contemplan nin unhas nin outras. Imposible atopar propiedades ao non estar debuxadas as parcelas nin os viais. É imprescindible corrixir este grave defecto advertido polos técnicos municipais e ninguneado polo goberno do PP


Agrupación de Nigrán

PROPOSTAS DO PSOE DE CARA A APOIAR A APROBACION DO PXOM DE NIGRAN

5.- Revisión de todos os PERI, SUD, SUND e Polígonos para retirar todas as vivendas posibles dos mesmos, para revisar as súas delimitacións, algunhas absolutamente imposibles de levar a cabo pola súa complexidade ou polo seu inmenso tamaño. A inclusión dunha propiedade nunha de estas figuras urbanísticas suporá que os terreos incluídos sexan urbanos, polo que pagaran unha elevadísima contribución urbana, e nunca poderán desenvolverse, 20 anos pagando IBI, dereito de sucesións e sen posibilidade de facer nada neles. SUD 1 de A Bouzavella en Panxón. Máis de 150.000 m2 de superficie e no que se inclúen máis de 50 vivendas. Desenvolvemento imposible, crecemento imposible pero iso si, todos/as pagarán contribución urbana dende o momento de aprobación do Plan. Todo Nigrán está cheo de SUDS, PERIS, SUNDS… Obxectivo do Partido Popular: recadar cartos.

6.- Retirada das “Áreas de recualificación” do Barrio de Sanromán en Priegue e de Tomadas en Chandebrito. Afeccións do PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL (POL) e cuxo desenvolvemento vai a estar moi complicado por estar afectados pola Lei do Litoral. Chandebrito, condenada a non crecer nin regular as súas construcións e para maior desgraza afectada polo Plan de Ordenación do Litoral (POL)


Agrupación de Nigrán

PROPOSTAS DO PSOE DE CARA A APOIAR A APROBACION DO PXOM DE NIGRAN 7.- Retirada do Sistema Xeral exterior 1 en Parada de reserva para equipamento, 43.642 m2 de expropiación salvaxe polos que Alberto Valverde propon pagar a 5 euros o m2. Autoestrada, Porto do Molle e agora 45.000 m2 de novo expropiados no Sobreiro e Tinde en Parada

A conclusión dos técnicos municipáis é que o documento debe ser adaptado a Lei e ao Dereito ou o que é o mesmo, son ilegais. Polo que non queda máis que cumprir o que os técnicos municipais xa non é que recomenden, senón que indican de xeito claro e contundente a obriga de adaptar este documento á Lei, e de este xeito evitar posibles graves problemas para este concello.

O Barrio de Vilariño en San Pedro da Ramallosa condenado seu crecemento pola inclusión de catro Polígonos que nunca se poderán levar a cabo e obligará a pagar Contribución Urbana aos seus propietarios.


¿ALGUEN SAE BENEFICIADO? Agrupación de Nigrán

Nigrán sae moi prexudicado con este PXOM, pero ¿todo Nigrán?... Non, todo non … hai a algúns que o PXOM vai solucionarlles o futuro. Velai un par de exemplos, pero temos O novo documento de Plan Xeral califica este terreo como “Núcleo Rural Tradicional” iso é legalizándolle a vivenda e nave e cunha calificación de “tradicional” o que significa dunha antigüidade de máis de 50 anos. Non so legalizará as súas dúas construción senón que poderá parcelar os 3.776 m 2 e construír vivendas en parcelas de 600 metros. Curiosamente pertence ao Concelleiro do PP de Vías e Obras.

O único exemplo de afección dunha propiedade á autoestrada e non ao reves como seria o loxico. Pertencerá ao Concelleiro de Economía e Facenda do PP de Nigrán?. Para os demais veciños e veciñas a autoestrada ten afección para este, con vivenda expedientada por presunta ilegalidade todo o contrario.

NON SE ESQUEZA, O PLAN XERAL ESTÁ EN EXPOSICIÓN PÚBLICA E PRESENTACION DE ALEGACIONS ATA O 3 DE OUTUBRO DE 2013

Nigrán non merece un documento de ordenación tan mal elaborado, cheo de erros, e tan perxudicial para moitos dos seus cidadáns. A documentación do PXOM pódese descargar na nosa web www.psoe-nigran.org Se desexa mais información os martes e xoves de 18:00 a 20:00 atenderemolo na rua Canido Nº3 ou no 986365455 no mesmo horario. Tamen na dirección de correo electrónico psoenigran@gmail.com

Plan Xeral de Nigrán  

Nigrán necesita un PXOM pero non o Plan Xeral so do Partido Popular O PSOE segue defendendo un Plan da sociedade de Nigrán artellado no Cons...