Issuu on Google+

SOCIALISTAS DE PONTECESO ABRIL, 2011 Boletín www.ponteceso.psdeg-psoe.org psoe.org número 2

LOIS

Despois de 1 anos , 18 Ponteceso necesita un cambio.

Escola infantil (Xunta Bipartita). O impulso socialista trouxo máis de 6 millóns de euros en 4 anos a Ponteceso, sen que Fondo movera un dedo.

02

EN MAIO DE 2011, O PSOE DE PONTECESO PRESENTARÁ A XOSÉ LOIS GARCÍA CARBALLIDO COMO CANDIDATO ANDIDATO A ALCALDE DE PONTECESO.

“Ponteceso quedou atrás con Fondo, é hora de pasar páxina e abrir as portas ó progreso.”

O Alcalde aplaude o gasto de 200.000 euros nunha marquesina mal colocada en Corme. Onde está a casa da Cultura de 1.500.000 euros uros prometida polo Alcalde?

03


socialistasdePonteceso

www.ponteceso.psdeg-psoe.org

As cousas claras: os que invertiron en Ponteceso foron os gobernos socialistas. Casa Cuartel de Ponteceso, Ministerio do Interior, Goberno de España.

Pavillón da Trabe, Plan E do Goberno de España. O PP votou en contra no Congreso dos Deputados.

Máis dun millón de euros da Deputación da Coruña en catro anos, para obras como o Campo de Pazos.

1.163.000 euros concedidos pola Xunta do Bipartito: PSOE-BNG fixeron posible a Depuradora de

Corme Reforma de todas as Escolas Unitarias e Rede Ponte-Wifi. 2º Plan E do Goberno de España.

Sendas de Nemeño á Campara. Máis de 400.000 euros da Deputación da Coruña presidida polo PSOE.

Centro sociocultural de Canasteves, financiado con fondos europeos, do Plan E e da Deputación da Coruña, como se ve nos carteis.

O único obradoiro de emprego da historia de Ponteceso rehabilitou a Rectoral de Cospindo: concedido pola Xunta do PSOEBNG, sendo Conselleiro de Traballo Ricardo Varela (PSOE). A Deputación investiu máis de 500.000 € en outras obras e en acondicionar os accesos e aparcadoiros de Cospindo.

No próximo boletín

Outras obras ordenadas por presidentes socialistas: “(parte da) Casa dos Veciños de Brántuas, campo de informaremos dos fútbol do Cairo e accesos ó Pinguel. Os saneamentos en Tella e Ponteceso, parte dos 300.000 euros anuais gastos en asesores do da Deputación en obras. 400.000 euros na reparación da depuradora de Ponteceso ( o Alcalde equivocouse Alcalde. totalmente ó situala no centro de Ponteceso). Cun Alcalde dinámico, as inversións duplicaranse. ”

Feitos: Máis de 6 millóns de euros investidos en Ponteceso en 4 anos, por Gobernos con presidentes do PSOE.


2011, O CAMBIO, NO EMPREGO: Ponteceso, 470 parados, pero ningún Plan de Emprego.

“No Concello só entran amigos, familiares e os da lista electoral do O Alcalde enganou a Corme PP. O traballo sempre é para os mesmos. Isto ten que cambiar. O concello é de todos, e todos teñen o mesmo a traballar.” cos planos dundereito centro O CAMBIO, na xestión: “O Alcalde levou a Ponteceso a unha situación de ruina, sociocultural “virtual”. pagando ós políticos do PP 240.000 euros cada ano, e inflando as previsións de O Alcalde de Ponteceso prometeu en Corme un ingresos. Exemplo: en 2009 dixo queSociocultural ía ingresar 1.213.500 euros por licencias de Centro de 1.500.000 euros. obra pero ingresou 55.560, é dicir, 1.157.940 euros menos. Así ano tras ano, a En5lugar diso, de sen euros. pedir ninAs unprobas: euro á Xunta de Galicia para débeda do Concello chegou ós millóns a Cultura de Corme, conseguiu unha parada de autobús de 200.000 euros mal colocada. Corme leva dez anos de promesas incumpridas, como o Museo do Mar da Aldea de Corme e a protección da Pedra da Serpe, ou Roncudo.

O CAMBIO, na defensa dos veciños. O Plan do Litoral deixa limitado o desenrolo urbano en Corme e Ponteceso. Fondo non fixo alegacións. O Concello máis afectado de Galicia (1500ha)

En amarelo, mellora ambiental. Para ver os mapas e zonas afectadas, www.ponteceso.psdeg-psoe.org

Valéndose do seu asesor informático-político o Alcalde publicou planos dun centro sociocultural en Corme de 1.500.000 euros. Dous anos despois non hai nada de nada. Outras mentiras do Alcalde: o Museo do Mar da Aldea de Corme, o Centro de Día, as promesas incumpridas ano tras ano de abrir xa a biblioteca e a Casa da Cultura, e un local para a terceira idade, que non existe en Ponteceso. O único Alcalde que retirou un parque infantil.


socialistasdePonteceso

www.ponteceso.psdeg-psoe.org

Quen é Xose Lois García Carballido? “Son un profesor de inglés de Secundaria de 36 anos, casado cunha rapaza de Carballido ( A Graña), tamén profesora de inglés, e cun fillo de 6 anos. Hoxe son Director dun Instituto da Costa da Morte, de 57 traballadores e traballadoras que formamos un gran equipo.”

Por qué queres ser Alcalde de Ponteceso? Porque Ponteceso merece un goberno tan bo como a súa xente, un Alcalde que viva día a día o seu Concello e os problemas da xente, sen marchar para A Coruña, estando presente nas parroquias, nos bos momentos pero sobre todo nos malos. Para min é un reto histórico darlle á volta á situación de Ponteceso. Vivíronse anos de grandes ingresos, pero o Alcalde deixou ó Concello con grandes débedas e poucos servizos. Non nos imos cansar de dicilo: Ponteceso ten futuro, e o Concello ten que ser a casa de todos.

Cómo se goberna un Concello pequeno que ten que devolver 5 millóns de euros, no medio da crise? “Ata agora gobernouse con moitos cartos e poucas ideas. Nós temos que gobernar con poucos cartos e moitas ideas.

Necesitamos un cambio.

Para que gañe Ponteceso.”

Cómo gobernar en tempos difíciles:

O compromiso do PSOE de Ponteceso é reducir á metade o Capítulo I dos Orzamentos, referente a soldos do Equipo de Goberno.

Orzamentos de Ponteceso 2011. Para os políticos do Goberno: . 214.430 euros Protocolo, dietas e gasoil do Alcalde e os concelleiros do Goberno: 24.000 euros.

TOTAL: 238.430 EUROS Fonte: Grupo programa Órganos de Goberno, 47.


Boletín Maio 2011