Page 1

Xaneiro 2011

BOLETíN INFORMATIVO DA AGRUPACiÓN LOCAL DO P5deG-P50E DE BRIÓN http://psoebrion.blogspot.com/

Brión, un concello para vivir Unha das frases máis repetidas polo noso alcaide Xosé Luís García nos últimos anos é a de que, cando rematasen as obras que se estaban a facer no municipio, Brión sería un auténtico xardín no que vivir. Porque, dende sempre, ése é o obxeetivo dos homes e mulleres que integran a candidatura da Agrupación Socialista de Brión. Un grupo de persoas

que leva xa máis de trinta anos traba liando polo benestar dos seus veciños. Hoxe en día os veciños e veciñas de Brión xa disfrutan dos logros conseguidos, tanto nas infraestruturas como na vida social e cultu' ral. Neste "Adiante Brión" repasaremos eses avances e os que están por chegar. Unhas mello ras que fan de Brión, non xa un xardín, senón un paraíso no que vivir. Páxina 1


Adiante Brión

Máis de 3 millóns de euros na mellora de estradas e servizos aos veciños A Deputación está a investir máis de 900.000 euros na mellara da estrada DP-1301, de Gándara á Amañecida, un dos principais viais de Brión

o ano 2010 péchase con boas novas para os veciños de Brión, poi s a Deputación Provincial xa aprobou o proxecto de mellora da travesía de Vilar, orzamentado en 626.000 euros. Despois de falar cos veciños, a entidad e que preside o socialista Salvador Fernández Moreda vai acometer nos vindeiros meses un ensancha mento do vial ata os 8 metros, con beirarrúas de 2 metros, zona de aparca mento e a instalación de recollida de pluviais. Ademais, tamén aprobou investir out ros 277.000 euros en arranxar os primeiros 300 metros deste vial, entre Os Ánxeles e a travesía de Liñares. Deste xeito, en apenas dous anos a Deputación da Coruña leva gastados

Brión. único municipio con sanea mento en todos os fogares

1,23 millóns de euros en mellorar unha estrada que utilizan cada día centos de veciños. Ademais, 2011 chega con máis melloras nas estradas e beirarrúas de Bastavales, onde o Concello vai investir

125.000 euros. Unhas melloras que complementan ás realizadas grazas ao Plan E do Goberno Zapatero, que permitiron investir 1,17 millóns de euros no acondiciona mento de pistas en todas as parroquias.

Rematar o saneamento integral de Brión é un dos compromisos que a candidatura encabezada por Xosé Luís García adquiriu cos veciños en 2007. Apenas tres anos despois, Brión é un dos poucos concellos galegos que cun sanea mento de auga que chega ao 100% das localidades. Os 428.000 euros do Plan Zapatero de 2010 permitiron rematar os flecos pendentes en Nináns, Ardións e Moldes (Luaña), Busto de Frades e Alfonsín (Cornanda) e Reboredo Pequeno (San Salvador).

En breve... Chegamos a un acordo con Unión Fenosa, que instalará transformadores para solucionar os problemas de luz nos Ánxeles e Bastavales. Instalamos contedores soterrados de recollida selectiva en Pedrouzos. Cedemos terreos para a ampliación do centro de saúde de Brión. • Asinamos un acordo co Goberno socialista de Zapatero para a construción de 144 vivendas de protección oficial. Páxina 2

Único concello de menos de 10.000 habitantes con piscina climatizada En paucas meses, Brión será o único conce110 de Galicia con menos de 10.000 habitantes que terá piscina climatizada cuberta, grazas a un investimento de máis de 1,12 millóns de euros. Con dúas saunas e ximnasio, estas instalacións están chamadas a con verterse nun dos maiores centros de ocio para os veciños. A obra está sendo executada grazas ao tesón

do equipo liderado por Xosé Luís García, pois o

PP non apoiou esta obra en ningún momento.


Adiante Brión

Apoio total e sen excusas á comunidade educativa do lES Brión Mentres a Xunta reduce o profesorado do instituto, en Brión melloráronse as instalacións do colexio, da gardería e das unitarias de Bastavales, Luaña e Os Ánxeles A situación que están a vivir os alumnos do lES Brión, as súas familias e o profesorado nos últimos meses é vergonzosa. Apenas dous anos despois de que o goberno presidido por Emilio Pérez Touriño inaugurase unhas instalacións modernas e trouxera o bacharelato desexado a Brión, a nova Xunta do PP semella querer dilapidar os máis de 3,7 millóns investidos neste centro educativo. Os recortes no xa escaso profesorado do lES Brión supuxeron un auténtico desprezo da Consellería de Educación á comunidade educativa brionesa. Un desplante fronte ao que se opuxeron tanto os profeso-

As xustas demandas dos país só recibíron acalada do PP res como os pais e nais dos máis de 200 rapaces que estudan aló. Unha postura na que contaron co total apoio da agrupación municipal socialista, que impulsou unha moción de apoio á comunidade educativa. Ao PP aínda se lIe anda a buscar nalgunha das reunións e concentracións ás que non acudiu. Por desgraza, ata o momento as xustas demandas de Brión só recibiron a calada por resposta. Investir en educación Fronte a esta actitude de se escudar na crise económica para facer recortes no

Axudando a conciliar a vida laboral e familiar Disque os rapaces son a alegría da casa, mais cando chegan as vacacións escolares este dito lIe supón máis dun quebradeiro de cabeza a moitas familias galegas: que fago cos fillos mentres vou traballar? Brión foi dos primeiros concellos en darlles aos pais e nais unha solución organizando obradoiros para que os pequenos ocupasen esas mañáns de vacacións e permitindo aos seus pais conciliar a vida laboral coa familiar. E sempre con autobús de balde, para que poidan participar cativos de todas as parroquias. Pero este ano o noso Concello deu un paso adiante e organizou tres aulas de reforzo nas que unha vintena de rapaces non só conseguiron avanzar nos seus estudos, senón que melloraron a súa capacidad e de organización e de comunicación cos demais.

benestar das familias, como a supresión da gratuidade dos libros de texto, en Brión apostamos por que os nosos pequenos teñan as mellores instalacións onde estudar. Así, neste último ano investíronse máis de

45.000 euros no arranxo da pista polideportiva do colexio de Pedrouzos, xa que a Xunta do PP incumprira o seu compromiso de financiar a obra. Menos mal que os dous millóns de euros destinados polo

Porque o deporte é saúde... Máis de 460 veciños e veciñas, sobre todo rapaces de entre 3 e 18 anos, participan nas actividades deportivas organizadas en Brión. O fútbol, tanto na modalidade tradicional como na de Fútbol-7, é a máis solicitada, seguida por predeporte, iudo e pilates, todas elas con máis de 40 inscritos. E é que o deporte é saúde, e iso contribúe a que os nosos veciños disfruten dunha mellor calidade de vida.

Goberno socialista á reforma do colexio xa estaban investidos. Ademais, impermeabilizouse o novo tellado da escola infantil e se fixeron melloras nas unitarias de Bastavales, Luaña e Os Ánxeles. Páxina 3 •


Adiante Brión

Brión por e para os veciños A oferta cultural, deportiva, formativa e de lecer do municipio incrementa a calidade de vida dos seus veciños e veciñas Se algo caracteriza a Brión é que, por enriba de todo, o primeiro son as persoas, os veciños. Por eles se fixeron e se están a facer múltiples investimentos en infraestruturas, que configuran ese "xardín para vivir" do que falaba o alcalde Xosé Luís García. Pero de nada serviría ter boas instalacións se non hai nada que ofrecerlles aos veciños para que as disfruten. Así, o centro social polivalente non deixaría de ser un simple edificio de non ser polos centos de veciños que participan nos cursos e obradoiros formativos e de lecer que alí se imparten. O pavillón poli deportivo e o campo de herba artificial non serían máis ca simples recintos de non ser polos centos de nenos e mozos que os empregan a diario. E o Espazo das Artes non sería máis ca un bloque de

cemento de non ser poi as exposicións e actuacións que teñen lugar nel. E é que os veciños non só teñen as mellores instalacións á súa disposición, senón tamén a mellor ofer-

ta cultural, deportiva, formativa e de lecer posible, que demostra que os cartos investidos nas infraestruturas, ben gastados están. Máis isto non remata aquí. Xa está en marcha

unha gran área de ocio en Pedrouzos, con parque infantil, parque biosaudable para os malores e zona de patinaxe para os mozos. Porque en Brión todo é por e para os veciños

Por enriba de todo: Brión A nova estrada entre Os Barreiros e o río Pégo, que o PP pide que non se faga, posibilitará a construción de 144 vivendas de protección oficial Para nós, os socialistas de Brión, os intereses dos veciños están por enriba de todas as consideracións políticas e de partido. E así o viñemos demostrando dende sempre. En cambio, os nosos adversarios políticos do Partido Popular non son das mes mas ideas. Aí temos o exemplo: os conPáxina 4

celleiros do PP están pedindo nestes últimos días que o Concello de Brión renuncie á construción da nova estrada entre Os Barreiros e o río Pégo. Un vial que desatascará o tráfico pesado do embudo de Brans de Arriba e Pedrouzos e que posibilitará o desenvolvemento urbanístico da zona oeste da capitalidade do

concello, con iniciativas tan importantes como a construción dun lote de 144 vivendas de protección oficial. É esta unha das infraestrutruras máis desexadas e pola que se leva loitando dende hai anos. A Xunta de Galicia, sendo conselleiro de Ordenación do Territorio o actual presidente Núñez Feijoo,

firmou un convenio co Concello comprometéndose a realizala a cambio da cesión dos terreos para o paso da autovía Santiago-Brión. Agora que o Concello cumpriu, o PP de Brión quérelle aforrar cartos á Xunta a conta dos intereses dos seus veciños. Os do Partido Popular venden a Brión ...

Adiante Brion  

Adiante Brion Xaneiro 2011 - Revista do Grupo socialista

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you