Page 1

Ponteareas agrupación municipal socialista

BOLETÍN INFORMATIVO 3/09

Setembro outubro 2009

neste boletín ...

Festa dos socialistas de Ponteareas O pasado 12 de xullo, xuntámonos mais de 120 persoas en Guláns. Arredor dun bo xantar, falamos, rimos e sobre todo, compartimos un agradable día entre compañeiros e compañeiras socialistas. Vémonos pronto de novo!

páxina 2

O PP na Xunta suprime a gratuidade dos libros de texto implantada polos socialistas

páxina 3 O novo IES: as reiteradas mentiras do Goberno Municipal Concelleira de Economía e Facenda. Para que?

www.psoe-ponteareas.org

páxina 4

Festa dos socialistas de Ponteareas

1


Ponteareas

agrupación municipal socialista

setembro outubro 2009

A EDUCACIÓN é un piar indiscutible do estado do Benestar Os socialistas de Ponteareas defendemos o dereito á gratuidade dos libros Dos, aproximadamente, 221.000 alumnos/as da ensinanza obrigatoria que terían dereito a solicitar a axuda para libros:

a gratuidade dos libros de texto

• Tan só 55.000, no mellor dos casos,

é un dereito

terán dereito á prestación dos 180 euros.

• Sobre 75.000 terán que conformarse

coa axuda de 104 euros.

Chus Garrote

• Máis de 91.000 carecerán de calquera

Concelleira socialista

deféndeo

tipo de axudas.

o PSdeG non renunciará nunca a un Sistema Educativo Público, Universal, Gratuito e de Calidade Se tanto lle gustan as enquisas a Alberto Núñez Feijóo, por que non lle pregunta aos pais se queren que se reimplante o modelo de gratuidade de libros de texto para todos e todas implantado polos socialistas? Galicia pasará de ser a Comunidade Autónoma coa “VOLTA AO COLE” máis barata de España a ser, xunto con Madrid de Esperanza Aguirre, a máis cara de España.

O que non di o PP: • Unha parella de traballadores que teñan un

fillo/a, se gañan cada un deles máis de 578 euros brutos mensuais, non teñen acceso a axuda de gratuidade dos 180 euros.

• Esa mesma parella, se gañan 964 euros

brutos mensuais, non teñen acceso a ningún tipo de axuda.

• Unha parella de traballadores que teñan

dous fillos/as se gañan cada un deles máis de 771 euros brutos mensuais, non teñen acceso a axuda de gratuidade dos 180 euros.

GRATUIDADE SÓ PARA O 22% DO ALUMNADO GRATUIDADE PARA O 100% DO ALUMNADO

SUPRIME A GRATUIDADE AO 78% DO ALUMNADO SUBVENCIONA PARCIALMENTE AO 30% QUÍTALLE TODO TIPO DE AXUDAS AO 48%

Crea un novo dereito universal cara un modelo de educación pública universal, de calidade e gratuita para todos e todas

Un paso atrás que implica a supresión de dereitos consolidados pola cidadanía

Con menor cantidade de diñeiro, se facilitaban libros gratuitos para todo o alumnado

Cun 25% máis de custo só o 22% do alumnado terá a axuda de 180 € e un 48% non terá ningunha axuda

Se tes algúnha dúbida e queres máis información, ponte en contacto connosoco. Chus Garrote é a Concelleira Socialista responsable da Área de Educación. Envíanos un correo electrónico ó seguinte enderezo: ponteareas.po@agrupaciones.psoe.es 2

www.psoe-ponteareas.org


setembro outubro 2009

Ponteareas

agrupación municipal socialista

O novo IES: as reiteradas mentiras do gobernó municipal O dia 17 de setembro foi a data para o inicio oficial do curso 2009-10 na educación secundaria obrigatoria (ESO). En Ponteareas estaba previsto que ademais dos institutos Pedra de Auga e o Val do Tea, tamén iniciara o seu funcionamento o novo IES do Barral.

Dende o PSdeG hai tempo que estamos avisando ó Goberno local que tiña que comezar as obras , que non podía seguir durmindo porque xa desconfiabamos que podíamos chegar a setembro coas obras sen facer.

unha vez máis, a desidia e incompetencia do Alcalde supón un grave atranco para Ponteareas Hai máis de 3 anos que O Concello comprometeuse a acometer os traballos necesarios para dotar ó novo Instituto dos servizos que garantiran a súa posta en marcha: acometida de auga, conexión coa rede eléctrica, saneamento e accesos rodados e peonís. Sen embargo, atopámonos na actualidade cun Instituto rematado e preparado para iniciar as clases, que non pudo comezar a súa actividade polos continuos despropósitos do Goberno Municipal, a súa inoperatividade e, o que é máis grave, a deixadez coa que tratan os asuntos relativos á Educación.

Novo IES do Barral: sen accesos peonil e rodado, e sen auga, luz e saneamento pola incompetencia do Concello

o Alcalde, se aínda lle queda algo de decencia política, debería dimitir e pedir desculpas ante tan lamentables feitos

Concelleira de Economía e Facenda . Para que? Para que ter e pagar a unha Concelleira de Economía e Facenda, cando ésta non fai o seu traballo nin sabe dar explicación da súa área? Dita Concelleira, Raquel Bautista, foi incapaz de respostar ás preguntas formuladas polo Concelleiro socialista Delfín Domínguez no Pleno Ordinario de xullo. • Estamos a finais de setembro e aínda non

presentou os Orzamentos para 2009.

• Non quixo decir, ou non sabe, a canto

ascende a débeda con FCC (empresa coa que se ten contratado á recollida do lixo). As nosas estimacións acadan que se lles debe preto de 2 millóns de euros.

• Non ten coñecemento real de canto se

deixa de recaudar pola mala xestión dos imposotos municipáis. Uns pagan e outros non.

• Descoñece á débeda real do Concello cos

autónomos e pemes, e non se está acollendo ás axudas do Goberno do Estado para axudar a pagar a ditos colectivos.

• E así un largo etcetra.

Raquel Bautista recibe unha herdanza envenenada da anterior Concelleira Nava Castro, quen non desaproveitou a oportunidade para fuxir a Santiago e deixar co petate da súa irresponsabilidade ós demáis.

a Concelleira de Economía e Facenda non foi capaz de respostar ás preguntas sobre a situación económica do Concello

www.psoe-ponteareas.org

3


setembro outubro 2009

Ponteareas

agrupación municipal socialista

Festa dos socialistas de Ponteareas O pasado día 12 de xullo celebramos un xantar de confraternidade para todos os nosos afiliados e simpatizantes. Foi a festa dos socialistas de Ponteareas.

Poríanse de acordó Pachi Vázquez e Pancho para vestirse igual? ☺

Estiveron con nós: Pachi Vázquez (Secretario Xeral do PSdeG) Modesto Pose (Coordinador Provincial e Deputado no Palmento Galego) Abel Losada (Deputado no Parlamento Galego) Marta Estrada (Deputada no Congreso) Luis Piña (Deputado no Congreso) Gonzalo Caballero (da Agrupación de Vigo) Eramos máis de 120 amigos, falando, rindo, … compartindo un día xuntos.

No fantástico Parque da Avisoureira de Guláns disfrutamos dun explendido xantar. Na sobremesa, varios compañeiros contaron contos e fixeron as delicias de todolos presentes. Especial mencion a Jose Barbosa, e a Fran. Vaia panzada de rir cos seus chistes.

Repetiremos!

Alguén pode contar máis chistes por minuto que Fran?

Contamos coa presencia do Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, e con representantes do partido na provincia de Pontevedra. Todos levamos un gran recordo do día e, de seguro, ganas de voltar a xuntarnos o máis pronto posible.

Hai quen se atreveu a animarnos coa súa música.

O sorteo das cestas!! Non estaría un pouco amañado…? Barbosa e os seus contos. Que fartura de rir!

Agrupación Socialista de Ponteareas Rúa Virxe dos Remedios, 1 1º A · 36860 Ponteareas

4

986 660 212

www.psoe-ponteareas.org

ponteareas.po@agrupaciones.psoe.es

Boletín 3/09 (setembro-outubro de 2009)  

Tereceiro Boletín Dixital da Agrupación Municipal Socialista de Ponteareas

Advertisement