Issuu on Google+

Ponteareas agrupación municipal

BOLETÍN INFORMATIVO

maio xuño

2/09

2009

socialista

neste boletín ...

¿E os cartos que me debe o Concello?

Os impagos do concello a PEMES e autónomos Nestes intres, ainda que o Concello tivera diñeiro (todos coñecemos a situación de débedas millonarias á que nos levaron os gobernos do PP), os autónomos e PEMES con facturas sen conbrar atrasadas, non recibirían nin un euro ó non estar recoñecidas polo concello.

páxina 2

páxina 3

A estratexia do Goberno do Municipal para non facer fronte ás débedas con PEMES e autónomos

O PSdeG-PSOE, única alternativa o (des)goberno do PP en Ponteareas

A deixdez do Concello no novo Instituto que comezará a funcionar en setembro

Os socialista de Ponteareas denuncian intentos de fraude nas obras do PlanE en Ponteareas

www.psoe-ponteareas.org

páxina 4

A análise de Pancho dos dous anos de goberno do PP no noso concello

1


maio-xuño 2009

Ponteareas

agrupación municipal socialista

Os impagos do concello a PEMES e autónomos O PSdeG-PSOE denuncia a estratexia do Concello gobernado polo PP negáronse a apoiar unha moción do grupo socialista para o recoñecemento das débedas a pequenos acreedores No último Pleno Municipal de 28 de maio, o grupo de goberno negouse a apoiar unha moción do PSdeGPSOE para o recoñecemento das débedas dos últimos anos a pequenos acredores, que permitira establecer un calendario de pago, así como poder acollerse ás medidas que a través do ICO aprobou o Goberno do Estado para o pago de débedas pendentes dos Concellos a autónomos e PEMES. Dende o Grupo Municipal Socialista, queremos alertar da política que está a aplicar o Concello de Ponteareas, política iniciada por Nava Castro, que consiste basicamente en esperar a que transcorran 4 anos para que así prescriban as facturas e xa non ter obriga de recoñecelas nin de pagalas.

Unha burla e unha estafa a autónomos e empresarios que con moito esforzo tratan de sacar adiante a súas empresas e que subministraron materiais Nava Castro iniciou a estratexia ou prestaron servi- de deixar prescribir as débedas zos para o concello esperando poder cobrar nun tempo razoable. Obrigas de pago ás que se comprometeron os concelleiros delegados correspondentes.

a estratexia, iniciada por Nava Castro, consiste en deixar que prescriban as facturas e así xa non ter que pagalas Para calquera consulta ou aclaración, o Grupo Municipal Socialista está á plena disposición de Autónomos, Comerciantes e Empresarios que precisen de información ou iniciativas en relación coas débedas do Concello. ponteareas.po@agrupaciones.psoe.es

A deixadez do Concello no novo Instituto No pasado Pleno do día 28 de maio, a Concelleira socialista Chus Garrote, presentou unha moción solicitando que o goberno municipal aclarara en que situación se atopan as obras das que o Concello é responsable para que o novo IES (Instituto de Ensinanza Secundaria) que se inaugurará o vindeiro setembro teña os servizos axeitados: iluminación, saneamento, auga, etc.

Os presentes no Pleno quedamos abraiados cando o concelleiro Juan Carlos Carrera evidenciou que aínda non hai proxecto ningún (o instituto comezou a facerse hai 4 anos) e, ademais, negouse a responder a algunha das preguntas feitas por Chus, como por exemplo, se xa tiñan resolto como ían facer para dar acceso peonil e dos autobuses o novo IES.

o novo Instituto que comezará as clases en setembro, aínda non ten garantido os servizos de luz, auga, sanemaneto... pola deixadez do goberno municipal Obras do novo IES que iniciará o curso en setembro

www.psoe-ponteareas.org

2


Ponteareas

agrupación municipal socialista

maio-xuño 2009

O PSOE é a única alternativa ó goberno do PP en Ponteareas Tralos resultados das últimas citas electorais confirmase a solidez e o fortalecemento da base electoral do PSOE en Ponteareas, sendo neste momento a única alternativa real ó goberno municipal do PP. Dende a Agrupación Socialista valoramos moi positivamente esta tendencia que é o resultado do traballo desenvolto nos últimos tempos.

de e a coherencia para lograr o obxectivo de acadar o apoio maioritario dos cidadáns de Ponteareas

temos a fortaleza de ser un partido unido en torno ó noso líder Francisco Candeira, a diferencia das loitas internas no BNG e o PP

o PSOE é a única alternativa real o goberno municipal do PP De cara as eleccións municipais partimos coa fortaleza dun partido unido en torno ó noso líder Francisco Candeira, mentres nos outros partidos teñen esta cuestión aínda por resolver. No BNG actualmente sen líder definido existen dúas faccións enfrontadas polo poder. No PP aínda que siga a gobernar Salvador Solla, é sabido que Nava Castro vai loitar moi duramente para ser ela a próxima candidata e facerse definitivamente co poder local do partido popular. Diante de este panorama da política local, o PsdeG continuará a traballar dende a unida-

Autonómicas 2009 Europeas 2009 50% 45% 40% 35% 30% 25% 20% 15% 10% 5% 0%

Tendencias nas votacións en Ponteareas

O PSOE denuncia intentos de fraude nas obras do PlanE O PSOE quere alertar do intento por parte de algunhas empresas adxudicatarias das obras do PlanÊ en Ponteareas de facer unha obra menor á presupostada inicialmente coa excusa de que estaba mal contemplada no proxecto ou directamente que non é rendible facer a obra polo orzamento adxudicado.

algunhas das empresas adxudicatarias das obras do PlanE en Ponteareas tratan de facer unha obra menor á presupostada inicialmente Esta practica irregular non debería estar consentida polo Goberno Local.

3

Dende o PSOE de Ponteareas queremos deixar claro o seguinte: 1. As empresas optaron libremente a adxudicación de ditas obras. 2. O compromiso é executar estrictamente e integramente o proxecto aprobado 3. No caso de que se rebaixen as obras en relación có proxecto aprobado, estaríase incorrendo nun fraude á Facenda Pública. 4. No caso de detectarse irregularidades na execución de algunha obra con respecto ó proxecto aprobado, o Estado podería retirar os cartos correspondentes para o pago de dita obra. Dende o Grupo Municipal Socialista queremos alertar ás distintas asociacións parroquias onde se están a executar obras do PlanE que estean vixiantes e non permitan baixo nin-

www.psoe-ponteareas.org

(Continúa na páxina 4)


maio-xuño 2009

Ponteareas

agrupación municipal socialista

(Ven da páxina 3) gunha circunstancia o abuso e o fraude de facer obras de menor entidade ás previstas inicialmente É inmoral ademais de ilegal, tratar de apropiarse para lucro privado de un Fondo Estatal dirixido a fomentar a reactivación económica e a creación de emprego. Dende o Grupo Municipal Socialista de Ponteareas poremos to-

do o noso empeño en loitar contra estas practicas corruptas.

no caso de irregularidades, o Estado podería retirar os cartos correspondentes para o pago de dita obra

Balance de 2 anos de goberno municipal do PP e UCPA Pancho Candeira (Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Ponteareas)

O balance da xestión do goberno municipal do PP en Ponteareas non pode ser máis negativo, o que lamentamos fondamente porque isto perxudica ós cidadáns. Se estes concelleiros estivesen xestionando unha empresa privada habería moito tempo que terían sido despedidos por incompetentes.

Comportamento antidemócrata Néganse a que os plenos se retransmitan pola televisión municipal, e ante as críticas, Solla, como nos peores tempos de Castro, reacciona suspendendo os Plenos.

Así, tras 2 anos de goberno PP-UCPA:

Liortas co persoal laboral.

O PXOM, continúa paralizado: En seis anos foron incacapaces de aprobar o Plan pese a ter despilfarrado ducias de miles de euros. O comercio, a construcción e os cidadáns pagan as consecuencias.

Mentras tanto eternízanse as graves carencias en servizos fundamentais como o da Policía Local.

A ETAP continúa sen construirse.

Todo isto nun ambiente de liortas internas no goberno do PP local. Din que son todos do PP e, sen embargo, non perden oportunidade para criticarse mutuamente e actúan cada un pola súa conta como dous gobernos distintos.

12 mil habitantes en Ponteareas consomen auga sen as necesarias garantías sanitarias e de potabilidade.

todo isto nun ambiente de liortas internas no goberno do PP local

Acumulación de débedas millonarias Uns 15 millóns de euros actualmente. As facturas sen contabilizar amoréanse en caixas. Aparcadoiro soterrado Incapaces de facer realidade o necesario aparcadoiro, a pesares da moita publicidade que fixeron dando a entender que xa estaba solucionado.

O PSOE esixe ó PP de Ponteareas e ó alcalde que reclame con firmeza diante da Xunta de Galicia, o cumplimento dos compromisos adquiridos con Ponteareas polo anterior goberno: remate do saneamento de Areas, Arnoso e Xinzo; ETAP; parque empresarial; ampliación do Centro de Saúde; ampliación de prazas escolares de Educación Infantil e Primaria, etc. O único positivo para Pontetareas ten sido o Plan E do Goberno socialista que aportou nun só ano case 4 millóns de euros

Agrupación Socialista de Ponteareas Rúa Virxe dos Remedios, 1 1º A · 36860 Ponteareas

4

986 660 212

www.psoe-ponteareas.org

ponteareas.po@agrupaciones.psoe.es


Boletín 2/09 (maio-xuño-2009)