Programa PSdeG 2012

Page 113

113 3.2.3

PENETRAR EN TODOS OS ÁMBITOS A revitalización debe basearse en desfacer as actitudes negativas que aínda persisten, en estimular a transmisión do galego na familia e en fomentar o seu uso en todo tipo de situacións e ámbitos. Débese facer, asemade, un esforzo suplementario para achegar o galego a certos sectores sociais e institucionais: a xudicatura, o mundo da empresa, a sanidade, os medios de comunicación privados, a publicidade, etcétera Hai que dotar aos individuos e á propia lingua galega das ferramentas, dos recursos e das capacidades para que calquera poida usala en calquera circunstancia da súa actividade profesional e da súa vida, pública ou privada. Para todo o que acabamos de sinalar asúmese a posta en marcha, cos recursos orzamentarios, materiais e humanos precisos, do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado no Parlamento no ano 2004. A posta en marcha do PXNLG debe sustentarse na realización dunha planificación lingüística decidida. Non pode haber política lingüística sen planificación, do mesmo xeito que a planificación é inútil se non hai principios políticos claros e explícitos.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.