Issuu on Google+

Manuel Vázquez:

“Non se lle pode ter medo ao futuro. O futuro deste país o vamos construír nós” 051

abr2009


051abr2009 2de8 Pontevedra acolleu o 24 e 25 de abril a celebración do Congreso Extraordianiro na que os socialistas galegos elixiron a Manuel Vázquez como Secretario Xeral do PSdeG. O novo líder dos socialistas galegos do PSdeG, Manuel Vázquez Fernández, levará o timón nesta nova etapa na que “abriremos as portas do Partido Socialista a todos os cidadáns”. Trala súa proclamación como Secretario Xeral, Pahi Vázquez manifestou o seu “inmenso agradecemento só comparable á ilusión que teño para empezar a traballar e ó compromiso co que vamos ser capaces de reforzar, cambiar, potenciar este partido, co único obxectivo de transformar este país”. A súa candidatura foi apoiada polo 90´55% dos votos dos delegados, despois de presentar un proxecto para o PSdeG que é, segundo dixo, “a única alternativa de goberno para transformar este país”. Nas súas intervencións no Congreso Extraordinario en que “empeza unha época nova, nin mellor nin peor, distinta, pero da que co voso apoio e o de quen representades ten que saír un novo proxecto de país, para Galicia, para a nosa terra, e imos ser capaces de ilusionar a miles de galegos e de galegas”, dixo Vázquez. “Non se lle pode ter medo ó futuro; o futuro deste país o vamos construír nós”, aseverou, polo que

prometeu para os próximos anos “vivir con pasión uha tarefa tan bonita e apasionante que é vivir con vós” e estar cerca de todas as agrupacións, das grandes e das pequenas.

Vou facer política con maiúsculas, para a xente anónima

“Vou facer política con maiúsculas, para a xente anónima, para a xente que necesita de nós, para os que esperan que fagamos o que lles prometemos”, asegurou Pachi Vázquez no seu discurso ante o Plenario do Congreso. Pero engadiu que “este desafío non o fai un home só, senón que ter que ser unha decisión colexiada”, polo que “hai que debater e falar” dentro do partido; “o camiño está moi claro, e é ser responsables para que non haxa un só militante deste partido que quede fóra deste proxecto”, agregou. Ademais Vázquez asegurou que “neste proxecto cabemos todos”, e que todos o militantes deste partido están chamados a participar activamente. Ademais explicou que a súa máxima será “un home/unha muller: un cargo”, polo que a nova Executiva ten que ter tempo para traballar, igual que el vai dedicar todo o seu “tempo, empeño e ilusión” a esta nova estapa que comeza o PSdeG. Non faltou por parte do novo líder dos socialistas galegos o agradecemento ó seu antecesor Emilio Pérez Touriño, polo seu traballo dirixido sempre a “sumar, unir e conseguir gobernar este país”.


051abr2009 3de8

Intervención de José Luis Rodríguez Zapatero “Sabremos ganar el combate frente a la crisis económica” O líder dos socialistas mostrouse convencido de que España vai superar este momento. “Vamos a ganar la lucha por el empleo manteniendo y ampliando la protección social”, afirmou Zapatero, que engadiu que o Goberno “no acordará el despido más barato ni el recorte de prestaciones sociales” cando se sente a concertar con sindicatos e empresarios. O número un do PSOE reiterou que “se ganará el combate a la crisis con un gran esfuerzo de inversión pública que empezará a dar resultados en poco tiempo”. Superar a crise suporá “un proceso duro” que tamén servirá para “cambiar el modelo de crecimiento si queremos que la nueva etapa sea sólida e innovadora”. Por iso, Zapatero aposta por “cambiar la piel” do mercado laboral. “El empleo que se destruye ahora es precario”, considera, “hay que ir a un modelo de crecimiento con un empleo más digno, estable y con más garantías. Ese es el rumbo”. Zapatero ofreceu ao novo secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, todo o seu apoio e colaboración, pero non se esqueceu de Emilio Pérez Touriño. Del salientou “su buen estilo democrático, su sentido de la responsabilidad” e a pegada que deixou en Galicia “por su buen hacer a la hora de

gobernar”. E engadiu que Touriño asumiu a victoria de Feijoo “sin excusas” non como “Rajoy y el PP que ponen excusas cuando pierden”.

Un proyecto político basado en principios y valores

Á nova dirección do partido en Galicia Zapatero lembroulle que os socialistas contan con “un proyecto político basado en principios y valores” cos que traballar “por el futuro y construír una alternativa política sólida y eficaz” sen esquecer o traballo construtivo desde a oposición para que Galicia non perda “las conquistas” logradas nos catro anos de goberno socialista. Diante da nova Executiva do PSdeG-PSOE, o Secretario Xeral dos socialistas salientou a importancia das eleccións europeas. Animou ao seu partido a que se mobilice e convenza á cidadanía da importancia de contar cunha maioría progresista no parlamento Europeo. Segundo Zapatero, son moitos os aspectos que se poñen en xogo o 7-J. Europa se expoñerá ese día como quere saír da crise, como quere coidar o planeta e como quere que sexan as súas relacións internacionais. Pero ante todo, para o líder do Partido Socialista, os europeos terán que elixir se queren un proxecto de UE que “sea una unión social y no exclusivamente una unión de mercados”. O Secretario Xeral do PSOE e presidente do Goberno tamén se referiu a outra cita próxima: o

debate sobre o Estado da Nación. A Zapatero sorpréndelle que Rajoy diga que o debate debería ser despois das eleccións europeas. “¿Acaso el desempleo y la crisis no hacen que sea necesario el debate ahora?”, preguntouse.


051abr2009 4de8

Blanco: “Hoy empezamos a construír el nuevo futuro de Galicia, que pasa por Pachi Vázquez” O Vicesecretario Xeral do PSOE, José Blanco, afirmou trala proclamación do novo Secretario Xeral que “se acabaron los lloros y las lamentaciones; hoy hemos empezado a construir el nuevo futuro de Galicia que pasa por Manuel Pachi Vázquez” para “recuperar el contacto con la gente que nunca debimos haber perdido”. O responsable socialista cualificou de “gran decisión” a elección do novo Secretario Xeral, porque “conoce como nadie este país; sabe cómo respira, cómo siente y cómo se mueve este país, y ofrece seguridad y solvencia”. Engadiu que “por encima de todo ofrece ganas y hambre de futuro, sentimientos, pasión y sobre todo ofrece trabajo, que es lo que necesita este partido para salir adelante” e engadiu que “quien más se va a entregar a este proyecto que hoy nace será el militante de Lugo José Blanco”. Ao remate da primeira xornada do venres, Blanco salientou que “hemos sentado las bases de un proyecto sólido que se va a comer el mundo y va a acabar con la resignación de quienes querían que ganáramos pero se quedaron en casa”. Dixo tamén que “inauguramos un nuevo tiempo y un nuevo proyecto, con nuevas ilusiones, expectativas y li-

derazgo; lo único que no es nuevo son nuestros principios, ideas, aspiraciones y deseo de progreso y bienestar para todos los gallegos y gallegas”. Blanco cualificou de “revés” o ter perdido a Xunta a pesares de maner os deputados, pero animou aos socialistas galegos porque “este partido ofrece un ejemplo de madurez democrática, de saber responder situación de revés electoral, pensando en el futuro”. Dixo que “hemos sido capaces de construír gran partido en Galicia, enraizado en la sociedad, pero lo tenemos que hacer más fuerte para gobernar en 2013 tenemos que reivindicar los aciertos de quienes conformaron gobierno”.

En democracia la oposición es sólo el paso previo antes de alcanzar el gobierno, y lo vamos a alcanzar en 2013

“En democracia –puntualizou- la oposición es sólo el paso previo antes de alcanzar el gobierno, y lo vamos a alcanzar en 2013”. Salientou que “todos –incluido Gonzalo Caballero- tenemos la misión de hacerlo bien en la oposición” e engadiu que “ser oposición es tan importante como gobernar porque representamos a los ciudadanos igual que los representamos en el Gobierno”. Anunciou que os socialistas faremos “una oposición leal con Galicia y exigente con el gobierno” porque “no podemos consentir que Galicia ponga la marcha atrás, vaya Feijóo en el coche que vaya”. Con este obxectivo, dixo, “tenemos que hacer una oposición que sepa dialogar pero que sepa también decir que no, (…) que sepa hablar alto y claro y tomar decisiones en defensa del interés general”.


051abr2009 5de8

Leire Pajín: “El paso más importante ya lo habéis dado, mantener la unidad y la cohesión que hace grande a este partido” No seu discurso, Pajín afirmou que “éste es un partido federal con un Congreso soberano que tiene la misión de elegir a sus representantes políticos”. E engadiu “la política de Galicia se hace desde Galicia” Salientou que o PSOE é un partido centenario onde os seus dirixentes e decisións se toman de xeito democrático. Fixo fincapé en que os delegados e delegadas tiveron que debater en cada asamblea para ser elixidos e elixir aos seus voceiros. A isto contrapuxo o que sucede noutros partidos onde os dirigentes elíxense de “forma dixital”.

Para nosotros el poder no es un fin en sí mismo sino un compromiso con la sociedad

A Secretaria de Organización da CEF apuntou que o PSdeG-PSOE perdeu unhas eleccións e sinalou que este Congreso era momento de reflexionar. Pero asegurou que “la reflexión autocrítica no debe durar ni un minuto menos de lo que sea necesario, pero tampoco un segundo más para no

correr el riesgo de no dejar de mirarnos a nosotros mismos en lugar de mirar a la sociedad“. “El compromiso personal y colectivo de los compañeros y compañeras con los ciudadanos es lo que nos obliga a no mirarnos al ombligo“, dixo. E considerou que “para nosotros el poder no es un fin en sí mismo sino un compromiso con la sociedad”. Leire Pajín referiuse ao goberno da Xunta presidido por Emilio Pérez Touriño e opinou que “los socialistas gallegos podéis estar orgullosos de la labor que habéis realizado hasta el día de hoy”. E nomeou conquistas “de las más importantes que ha visto Galicia en materia de políticas sociales, medioambientales, de equilibrio territorial y de educación y sanidad. Galicia es más fuerte, pesa más en España y está más segura de sí misma”, aseverou.

Considerou que “el paso más importante ya lo habéis dado: mantener en las circunstancias más difíciles la unidad y la cohesión que hace grande a este partido“. E cualificou como “ejemplar” o comportamento dos socialistas galegos trala derrota electoral. Neste Congreso, explicou, establecerase “la línea de trabajo que permita al PSdeG fortalecerse y fortalecer su papel en la defensa de los ciudadanos para ganar de nuevo las elecciones dentro de 4 años“. Pajín concluíu: “Tenemos más de 100 alcaldes, 1100 concejales, diputados provinciales, autonómicos, nacionales, miembros del gobierno, ministros, altos cargos y sobre todo una militancia que no hay quien la pare; tenemos ideas, proyecto e ilusión“.


051abr2009 6de8

Primeira reunión da nova Executiva do PSdeG A nova dirección do PSdeG-PSOE, encabezada polo seu Secretario Xeral, Manuel Vázquez, participou o pasado luns 27 de abril na súa primeira reunión Executiva, trala que fixeron a tradicional foto de familia. Na rolda posterior, Manuel Vázquez afirmou que a reunión estivo marcada pola “ilusión, ledicia e esperanza” dos compañeiros que “levarán o timón da dirección socialista os próximos catro anos” e que se convertirán a través das agrupacións locais

e dos grupos municipais nos “ollos e nos oídos de Galicia”. “Queremos escoitar ata como medra a herba”, dixo Vázquez, quen explicou que contrariamente ó que viña facendo o PPdeG, os socialistas faremos, “con alegría, tranquilidade e responsabilidade”, “unha oposición con vocación de ser goberno; non para atacar ó PP nin ó Presidente da Xunta, senón para mellorar a calidade de vida dos galegos e das galegas”. Cunha Executiva renovada nun 70%, a participación será a palabra clave desta nova etapa do PSdeG na que os os socialistas “traballaremos permanentemente pensando en Galicia e os galegos”.

Mensaxes ao PPdeG Ademais, o Secretario Xeral do PSdeG pediu a Alberto Núñez Feijoo que “publique a orde xa tramitada” polos socialistas para incrementar ata o 90% a cobertura dos traballadores asalariados afectados por un expediente de regulación de empregosuspensivo, que foi acordada cos axentes económicos e sociais e dictaminada polo CGRL. Neste sentido tamén pediu que incremente a cobertura e contía de inserción implementado como resultado dos Acordos do Diálogo Social, extendendoa a máis colectivos como propuxo o Partido Socialistano período electoral, e dea cobertura a


051abr2009 7de8

todos os parados que esgoten as súas prestacións. Vázquez considera que este “goberno comeza mal”, e que xa se está desmontando a estratexia de calumnias e demagoxia “na que se columpiou durante a campaña”. De feito, sinalou que “a rebaixa de impostos prometidas era mentira”, e agora di Feijoo que non se pode facer tal rebaixa, que a toma de posesión de Agustín Hernández como Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pon en cuestión “a transparencia e a honestidade” do goberno, e a suposta “austeridade do Presidente “ deixa de ser tal porque “cando parecía que iba vi-

vir de pensión en Santiago, xa se está trasladando a Monte Pío con todo luxo de detalles”.

Financiación Autonómica e Caso Gürtel

Se quere ter un capricho e mercar outro [coche] que o pague do seu bolsillo

Con respecto á financiación autonómica, o líder dos socialistas galegos avisou a Feijoo de que “non pode utilizar os galegos para defender a Rajoy” e de que ésta “non pode ser unha ferramenta de confrontación”.

Con respecto ós coches oficiais, Vázquez lembrou que hai tres coches blindados gardados para o Presidente, e que se quere ter “un capricho” e mercar outro “que o pague do seu bolsillo”, “non teñen por que pagalo todos os galegos”.

Ademais, Manuel Vázquez pediu a Alfonso Rueda que explique “por que hai dirixentes do PPdeG no cárcere” que forman parte da trama de corrupción do caso Gürtel, aínda que aclarou que “é a Fiscacalía a que os ten implicados”, non o PSdeG.


051abr2009 8de8

Composición da Comisión Executiva Nacional

Ignacio Filgueiras Martínez

Manuel Vázquez Fernández. Secretario Xeral

Wilma Cabodevila Val. Sª De Medio Rural

Julia López Vázquez

Mar Barcón Sánchez. Portavoz e Sª de Coordinación, Acción Electoral e Política Municipal

Silvia Longueira Castro. Sª de Cultura

María Loureiro García

Valentín González Formoso. Sª de Industria e Enerxías Renovables

Sonia Méndez García

Pablo García García. Sª de Administración e Organización. Carlos López Font. Sª de Área de Infraestructuras Beatriz Sestayo Doce. Sª de Área de Políticas Socio-Sanitarias, Benestar e Xustiza Ricardo Varela Sánchez. Sª de Área de Relacións Institucionais Laura Seara Sobrado. Sª de Área de Igualdade, Emigración e Movementos Sociais Agustín Fernández Gallego. Sª de Área de Economía

David Regades Fernández. Sª de Emprego Antonio Sánchez Espantoso. Sª de Novas Tecnoloxías Miguel Fidalgo Areda. Sª de Formación

SECRETARIOS/AS EXECUTIVOS/AS: Dulcinea Aguín Pombo Celia Alonso Caramés

José Antonio Prado García José L. Raposo Magdalena María Rivas López Julio Sacristán de Diego Marisol Soneira Tajes José Ramón Val Alonso María José Vilas Rodas

Juan Jesús Ares González

SECRETARIOS PROVINCIAS: Marta Álvarez-Santullano Fernández-Trigales. Sª de Área de Estudos e Programas Carmen Gallego Calvar. Sª de Área de Medio Ambiente e Medio Mariño Miguel Angel Fernández López. Sanidade

Sª de

Guillermo Meijón Couselo. Sª de Educación

Miguel Bautista Carballo Isabel Castro Piedras María Dolores Cubillo Conde

A CORUÑA: Moises Rey Martínez LUGO: Luis Angel Lago Lage OURENSE: Eladio Fernández Vázquez

José M. Domínguez Freitas PONTEVEDRA: Modesto Pose Mesura José A. Dono López


PSdeG.net#051