Page 1

045

dec2008

É moito o que nos xunta


045dec2008 2de6

Acto de Proclamación de Emilio Pérez Touriño O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE e Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, aceptou a súa candidatura para as próximas eleccións autonómicas galegas. Fixoo no auditorio do Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, absolutamente ateigado, con máis de cinco mil simpatizantes e militantes.

Estou orgulloso de todos vós, desta explosión, deste cántico de futuro na nosa terra As primeiras palabras do líder dos socialistas galegos foron de agradecemento para os compañeiros e militantes: “estou orgulloso de ser un socialista galego que, gracias á vosa confianza son quen de dirixir o partido máis antigo da nosa terra e o máis cargado de futuro; o partido de Pablo Iglesias, de Felipe González, de José Luis Rodríguez Zapatero, de compartir un proxecto de liberdade.” Touriño engadiu “gracias a todos os socialistas de Galicia; sen vós nada sería posible e, sobre todo, sen vós nada sería posible no futuro. Grazas á miña muller e ós meus fillos, que me acompañan na vida.”

O Presidente da Xunta agradeceu ás conselleiras e conselleiros presentes no acto o seu traballo. Tamén ao partido que sustenta a coalición de Goberno: “Quero agradecer tamén ao BNG, que colaborou con nós na tarefa do goberno. Cada un, dende as súas ideas, estamos todos a buscar o mesmo: facer unha Galicia máis forte.” “Grazas tamen aos cidadáns que non só estiveron presentes cada día no meu ánimo, senón que eles son as guías que marcan o meu Goberno”, dixo Touriño.

Ricardo, Mar e Pepe Blanco, sempre xuntos, sempre cerca, sempre traballando para todos “O fío condutor que atravesa o noso proxecto, o que dá sostén ao mesmo, é construír o futuro de Galicia a partir de todo aquelo que nos une, evitando o que nos separa, porque eso nos da máis fortaleza. Esa será sempre a miña folla de ruta,


045dec2008 3de6 se os galegos deciden que siga sendo presidente”, continuou Touriño.

país e que hoxe son os embaixadores desta terra alén do mar.”

A continuidade do cambio é o máis razonable para Galicia

Touriño fixo tamén unha referencia ás linguas: “Xúntanos un bilingüismo esencial, que sempre vivimos con naturalidade. O galego únenos, o castelán, tamén, porque os dous son nosos, de todos. Únenos o que temos de galegos, pero tamén o que

cambiou un país.” “Vivimos tempos difíciles, é certo que moitos traballadores o están a pasar mal, e que o signo do noso tempo é o incertidume, pero eu invito a preguntarlles se cambiarían a Galicia que estamos a vivir nos nosos días pola Galicia de noutrora. Teño a convicción máis profunda de que a sociedade galega considera no seu conxunto que, en xuño do 2005, este país fixo o que tiña que facer: votou cambio”, asegurou o Presidente da Xunta.

Os galegos saben que deron un paso trascendental, pero necesario e acertado. Un paso atrás agora sería como unha gran frustración colectiva “Algúns desexarían voltar á Galicia que viviu ancorada ao pasado e dependente de Madrid, ao tempo de inmobilismo: é o pasado deste país, e sobre o pasado no se constrúe o futuro de Galicia”, enfatizou. O titular da Xunta fixo unha referencia á emigración: “Eu quero construír unha Galicia a partir da busca e da potenciación deses elementos en que todos podemos sentirnos recoñecidos e incluídos. Xúntannos as emocións, o sentimento de pertencer a unha comunidade histórica cunha personalidade única no mundo. Dende aquí quero enviar unha mensaxe de recoñecemento a esa galeguidade dos que un día marcharon do noso

temos de españois. A vocación de avanzar cara á modernidade, sen renunciar ás nosas raíces, construíndo a España plural, das libertades, das autonomías, nunha Europa Plural.”

Sumar enerxías para crear emprego Boa parte do discurso de Emilio Pérez Touriño centrouse na situación económica e nos esforzos para superala: “temos o desexo de sumar todas as enerxías disponibles para superar as consecuencias da crise e para crear emprego. Temos un desexo colectivo de non dar marcha atrás na nosa historia. Feijóo, Baltar, Louzán el Rajoy non admitiron que Galicia cambiou. Nunca o pasado

“O PP pensa que o poder lle pertence, gañen ou perdan, non cambiaron; e se non, que llo pregunten ós veciños de Mos, á súa alcaldesa.”


045dec2008 4de6 “Os populares cometeron o inmenso erro de se opoñer ao Fondo de 11.000 millóns de euros para os concellos. Mentres eu sexa Presidente da Xunta estarei disposto a pór enriba da mesa todos os recursos dispoñibles para afrontar a crise. É moito o que nos une, e todo o que nos une, nos fai máis fortes. O autogoberno fainos máis fortes”, salientou Touriño.

Estamos a facer a maior transformación de Galicia, e non a imos deter. Un cambio silencioso, sereno, pero un cambio profundo “Nestes tres anos avanzamos máis na democratización, na transparencia, na xestión dos recursos e da administración que nos 25 anos anteriores. Ése é o sinal de identidade dunha forma de gobernar o noso país. Todo isto fixo que as mentiras lanzadas polo PP non calaran na sociedade, non atoparan terra sementada. Nunca nos sacarán do camiño da moderación e do encontro, o camiño da unidade. Ése é o camiño, é a ruta”, dixo Touriño.

O cambio baséase na confianza e na autoestima; atrás queda o clientelismo, o inmovilismo e a dependencia

Emilio Pérez Touriño enumerou unha serie de obxectivos logrados presidindo o Goberno de Galicia: “achegámonos a España e a Europa. Cada día creamos nesta lexislatura 92 postos de traballo, 7 de cada 10 ocupados por mulleres. En plena crise, temos máis dun millón douscentos mil ocupados. Temos o nivel máis alto de ocupación da nosa historia. A nosa taxa de paro estaba algo máis de 2 puntos por riba do paro medio de España, agora está 3 puntos por baixo.”

As políticas sociais foron tamén salientadas na intervención do Secretario Xeral dos socialistas galegos: “fixemos centros de día, centros de Alzheimer, creamos prazas de escola, desenvolvemos a Lei de Dependencia. Hoxe hai 50.000 galegos perceptores de pensións non contributivas que contan xa cun completento. Eliminamos a asfixia e reducimos tempos de espera na sanidade. Hai case 3.000 sanitarios máis traballando no sistema público. Aumentamos nun 112% os recursos


045dec2008 5de6 para innovación, melloramos a educación, a gran esquecida dos gobernos populares, cun 30% máis de recursos”.

Galicia avanza porque estamos potenciando a formación, a educación e a innovación O Presidente da Xunta sintetizou as políticas de Ordenación do Territorio emprendidas polo seu Goberno: “Freamos a privatización das nosas costas coa lei dos 500 metros, tivemos a determinación de dicir “basta”; non compartimos a determinación de Rajoy de que toda a terra de Galicia é un solar. Cremos nun urbanismo responsable, dende Sálvora a Cortegada. Deseñamos a Galicia de futuro coas directrices de Ordenación de Territorio. Creamos vivenda protexida a un prezo razonable, para todos e para todas. Cumprimos a supresión de peaxes de Rande, A Barcala e Ourense.”

Primeiro Galicia, sempre Galicia “Quero ser unha garantía de equilibiro e de integración. Os votos dos cidadáns son toda a nosa forza, pero son tamén o límite da nosa forza. Eu empregarei eses votos para fortalecer Galicia. Primeiro Galicia, sempre Galicia. O país non é, como quere Feijóo, unha peza para alimentar unha estratexia nacional. Galicia non se permuta, non é unha peza de intercambio. É demasiado importante, demasiado grande. Quero unha soa Galicia unida e aberta, que integre a Galicia da costa e do

interior, na que os nosos fillos falen español e galego e, ademais, inglés.”

Novo Estatuto de Autonomía Touriño anunciou que, na próxima lexislatura, volverá a solicitar a tódolos grupos parlamentarios un acordo para lograr un novo Estatuto de Autonomía. “Intentareino sen descanso, só con dúas condicións: que sexa un Estatuto de todas e de todos, e un Estatuto de primeira, como Galicia se merece. Non hai máis condicións.”

Espectáculo audiovisual Máis de 5.000 persoas asistiron ao acto de Proclamación de Emilio Pérez Touriño como candidato á Presidencia da Xunta de Galicia. Por vez primeira uníronse as dúas salas do Palacio de Congresos, a pesar de que as nevadas e o mal tempo deixaron no camiño a oito autobuses procedentes de Lugo e sete de Ourense. O acto foi concebido a modo de espectáculo audiovisual e apoiado con música pop-rock de actualidade, ao son da que entraron cargos públicos e orgánicos do Partido Socialista. Empregáronse 150.000 watios de luz, seis cortinas de leds de última xeneración, así como cinco cámaras destinadas á realización do acto, unha delas erguida sobre un guindastre de oito metros. Arredor de 100 quilos de confeti puxeron o broche final a este acto que, baixo o lema “É moito o


045dec2008 6de6 Os Conselleiros José Ramón Fernández Antonio, María José Caride, Laura Sánchez Piñón, Carmen Gallego, María José Rubio, José Luis Méndez Romeu e Manuel Vázquez precederon na súa entrada ao ExPresidente da Xunta Fernando González Laxe, a Carmela Silva, Portavoz Socialista no Senado, á Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Medio Marino, Elena Espinosa e ao Ministro de Cultura, César Antonio Molina. Por último e antes de facer a súa entrada o líder dos socialistas galegos, Emilio Pérez Touriño, sumáronse ao acto o Vicesecretario Xeral do PSdeG, Ricardo Varela, o presidente de Asturias, Vicente Álvarez Areces, o Presidente de Extremadura, Guillermo Fernández Vara, o Vicesecretario Xeral do PSOE, José Blanco e o Presidente de Andalucía e Presidente do PSOE, Manuel Chaves. Ademais, entre o público atopábanse o Delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras, e o Secretario Xeral dos Socialistas de Valencia, Jorge Alarte. que nos xunta”, puxo de manifesto a ilusión e as ganas de traballar de todo o Partido ante as vindeiras eleccións autonómicas.

Asistentes A Secretaria de Organización do PSdeG, Mar Barcón, encabezou entre aplausos a suba ao escenario da Comisión Executiva Nacional Galega, trala que subiron tamén todos os senadores e deputados galegos no Congreso, no Parlamento Galego e no Parlamento Europeo, encabezados pola Presi-

denta do Parlamento Galego, Dolores Villarino.

Convidados Seguidamente ocuparon o seu lugar no escenario o Presidente da FEGAMP, Carlos Fernández, os Presidentes das Deputacións de A Coruña e Lugo, Salvador Fernández Moreda e José Ramón Gómez Besteiro, e os alcaldes das grandes cidades, Javier Losada, alcalde de A Coruña, José Clemente Orozco, alcalde de Lugo, Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense, Abel Caballero, alcalde de Vigo, Vicente Irisarri, alcalde de Ferrol, e Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago.

Participaron tamén no acto asociacións sociais e organizacións de diferentes ámbitos, como Alecrín, Emprende, a ONCE, COGAMI, Federación de Xordos de Galicia, Cooperación Internacional, UGT, CCOO e Unións Agrarias, entre outros, e persoeiros da cultura galega como Isaac Díaz Pardo.

PSdeG.net#045  

Boletín on-line dos socialistas de Galicia.