Page 74

CESGA Informe Anual 2012

TRANSFERENCIA DE COÑECEMENTO E TECNOLOXÍA Os

estatutos da Fundación CESGA mencionan especificamente como un dos seus obxectivos a transferencia de coñecemento e tecnoloxía ás empresas e administracións públicas. Polo tanto CESGA ten o obxectivo de colaborar activamente na transferencia de resultados de investigación en computación, almacenamento e comunicacións a outros centros de I+D+i así como a empresas e administracións. Outro mandato especificamente recollido nos estatutos do CESGA é o de colaborar con outras institucións así como con empresas privadas para mellor satisfacer as necesidades tecnolóxicas doutras entidades e actores empresariais no campo da supercomputación. O Plan Estratéxico do CESGA tamén aborda esta cuestión desde o inicio. Así se recolle na Visión CESGA 2025: Chegar a ser centro de referencia mundial en investigación, servizos e transferencia á industria na aplicación da ciencia computacional. Propoñense actividades de transferencia ao longo de todo o Plan Estratéxico. En xeral, tódalas actividades de transferencia están destinadas a satisfacer a misión do Centro recollida nos seus estatutos: Contribuir ao avance da ciencia e da tecnoloxía mediante a investigación e a aplicación da computación de altas prestacións e as comunicacións avanzadas, en colaboración con oturas institucións, para beneficio da sociedade. Nesta sección, presentamos exemplos relevantes de actividades de transferencia realizadas en 2012.

74

Profile for FUNDACIÓN CESGA

Informe Anual Actividade 2012  

Publicación periódica de la Fundación CESGA

Informe Anual Actividade 2012  

Publicación periódica de la Fundación CESGA

Advertisement