Page 71

CESGA Informe Anual 2012

ACTIVIDADE DESTACABLE EN 2012. Proxectos

MeteoSIX:

Sistema de Información Xeográfica para a Xestión e Distribución de información Meteorolóxica e Oceanográfica de Galicia.

Este proxecto tentou prover unha organización, xestión e diseminación adecuadas da información meteorolóxica e oceanográfica en Galicia a través da implantación de compoñentes SIX, aplicacións móbiles e servizos web.

IDEPatri:

Deseño e Desenvolvemento dun modoelo de datos arqueolóxicos para a Idade de Ferro en Galicia.

Esta iniciativa tenta crear un sistema operativo de xeración e posta a disposición de datos provintes de actividades arqueolóxicas. Os esforzos coordinados de múltiples grupos de investigación resultan no deseño dunha plataforma para o intercambio de información xeoespacial a través de Internet.

FAROS:

Integral Networking of Fishing Sector Actors to Organize a Responsible, Optimal and Sustainable Exploitation of Marine Resources.

O principal obxectivo do proxecto FAROS é o desenvolvemento e a implantación dunha rede de xestión integral e eficiente de descartes involucrando a tódolos actores presentes no sector pesqueiro (flotas, portos, lonxas, industrias, etc.). Pretende a minimización de descartes así como unha óptima valorización para recuperar e producir produtos de valor nas industrias alimentarias e farmaceuticas.

Actividades de Diseminación Sueloempresarial.com: Mantivose operativa a web dos parques industriais desenvolvida polo Consorcio Zona Franca of Vigo. Mapa de Gasolineiras. Semanalmente actualizaronse os datos de prezos e mantivose operativa ao longo do ano esta web coa distribución de estacións de servizo en Galicia. http://servergis.cesga.es/website/gasogal/viewer.htm Artígo no JIIDE 2012 “Xeoportal para a xestión de descartes de pesca: Provendo datos para o SDI Marino: Proxecto FAROS”.

Actividades de Formación Curso de Formación de Formadores para a Consellería de Educación: “Posibilidades dos Sistemas de Información Xeográfica en Rede”. Participación achegando profesorado ao Programa Máster do INCIPIT-CSIC: A aplicación de tecnoloxías de información xeográfica en arqueoloxía. Conferencia “SDIs e Mapas Web”. Conferencia en EXPER-I-CIENCIA CSIC 2012. C.P.I. AURELIO MARCELINO REY GARCIA, para escolares de primaria. Conferencia: Aplicacións SIX.

71

Profile for FUNDACIÓN CESGA

Informe Anual Actividade 2012  

Publicación periódica de la Fundación CESGA

Informe Anual Actividade 2012  

Publicación periódica de la Fundación CESGA

Advertisement