Page 69

CESGA Informe Anual 2012

Redes Temáticas e Plataformas Tecnolóxicas nas que CESGA participou activamente en 2012

_ TELGalicia Technology Enhanced Learning Galicia. Rede de E-learning Galicia http://redetelgalicia.es/ Membros: RedeTELGalicia iniciou a sua andaina coa colaboración de 7 grupos de investigación galegos co departamento de e-Learning do CESGA. Tres destes grupos veñen da TIC e os outros catro veñen da área pedagóxica. Adicionalmente, outros grupos relevantes de España e de Europa interesaronse nesta colaboración. Coordinador: Universidade de Vigo (Manuel Caeiro) Financiamento: Xunta de Galicia. Obxectivo: RedeTELGalicia é unha rede de grupos de investigación interesados na aplicación das TIC á educación, cun foco especial en educación primaria e secundaria. O grupo de participantes acumula extensiva experiencia no desenvolvemtneo de proxectos de e-Learning baixo diferentes abordaxes. A conexión entre a tecnoloxía e a pedagoxía reflicten a interdisciplinariedade deste área de investigación que require da coordinada contribución de ambalas duas partes. O principal obxectivo de RedeTELGalicia é contribuir á mellora do ensino-aprendizaxe a través de novas pedagoxías e tecnoloxías. As iniciativas existentes na nosa comunidade (Abalar, Plataforma Proyecta e EducaBarrie) demostran o interese social neste área.

_

Rede TMATI Rede Tecnolóxica de Matemática Industrial Membros: USC, UDC, UVIGO, CESGA. Coordinadora: Peregrina Quintela Estévez. Financiamento: Xunta de Galicia.. Obxectivo: A creación desta rede é un paso na consolidación da posición de liderado internacional dos grupos de investigación galegos de Matemática Industrial.

_

REGICC Rede Galega de Investigación en Cáncer Colorrectal http://www.regicc.ime.dir.udc.es Coordinador: Alejandro Pazos Sierra. Financiamento: Xunta de Galicia.

69

Profile for FUNDACIÓN CESGA

Informe Anual Actividade 2012  

Publicación periódica de la Fundación CESGA

Informe Anual Actividade 2012  

Publicación periódica de la Fundación CESGA

Advertisement