Page 58

CESGA Informe Anual 2012

PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN En

2012, houbo unha reducción no número de convocatorias públicas de proxectos nas que o CESGA poidera participar. Afortunadamente, a relevante presenza dos investigadores e técnicos CESGA en Proxectos Europeos mitigou a reducción de ingresos de fondos nacionais. A participación do CESGA en proxectos europeos pode calificarse de sobresainte, contribuindo significativamente á mellora das infraestruturas Cloud nos proxectos BonFIRE, VENUS-C, EGI-Inspire, e EMI, provendo novos requerimentos e solucións técnicas. É importante resaltar tamén a contribución a competitividade das PEME manufactureiras de Galicia e do Norte de Portugal coa creación da infraestrutura CloudPYME, sobre a que poden correr simulacións de produtos e prototipos. A área de e-Learning e Ferramentas de Colaboración tivo unha participación impresionante en proxectos europeos en 2012. Este área gañou tres novos proxectos (WIKI-SKILLS, MOVE IT, e ICT-Go-Girls), un destes liderado directamente desde o CESGA (ICT-Go-Girls). Este é o primeiro Proxecto Europeo que o CESGA lidera como socio coordinador. Este área está transferindo os desenvolvementos tecnolóxicos desenvolvidos no anterior proxecto RuralSchools, de modo que escolas xeográficamente dispersas e menos favorecidas no

tocante a TICS poidan dispoñer de servizos avanzados. Tamén, no referente a proxectos europeos, o proxecto FAROS está demostrando a viabilidade de controlar os descartes no sector pesqueiro. Un bo número de proxectos nacionais e rexionais remataron este ano deixando importantes contribucións ao avance do Cloud e da tecnoloxía de servizos TI, entre outros: o exitoso lanzamento da aplicación móbil Meteosix desenvolvida ploa UDC neste proxecto en colaboración con MeteoGalicia, USC, e CESGA; a demostración da viabilidade de axudar aos medicos con sistemas de diagnóstico asistido por computador realizado por Bahía Software, CESGA e a USC; o desenvolvemento dun entorno Cloud para obter o máximo das aulas de informática das Universidades ou a xa mencionada tecnoloxía RuralSchools. Finalmente, é importante destacar as actividades relacionadas cos servizos operacionais para oceanografía: MyOcean e Océano. A participación en MyOcean está contribuindo á creación dun servizo paneuropeo de predición mentres Océano faino en Galicia. CESGA contribue a facer estes servizos unha realidade. Servizos operacionais deste tipo constituen sempre un reto para un centro de supercomputación, tanto polos recursos que demandan como polas restriccións de tempo asociadas á entrega de resultados.

AREA

PROJECTS 2009

2010

2011

2012

Computing

19

18

17

15

Network Communications

3

3

1

0

Collaboration Tools & e-Learning

9

5

5

6

Geographical Information Systems

3

3

3

4

e-Business

4

2

1

0

Other Grants for Research

6

6

6

4

44

37

33

29

2009

2010

2011

2012

European Comission

10

8

3

9

Spanish Goverment

13

9

9

7

Galician Regional Goverment

19

17

13

11

Industry

2

3

3

2

TOTAL

44

37

33

29

Thematic Networks Tecnological Platforms

19

14

13

13

TOTAL

GRANT SOURCE

58

PROJECTS

Profile for FUNDACIÓN CESGA

Informe Anual Actividade 2012  

Publicación periódica de la Fundación CESGA

Informe Anual Actividade 2012  

Publicación periódica de la Fundación CESGA

Advertisement