Page 57

CESGA Informe Anual 2012

PLAN DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA

A

eficiencia enerxética é cada vez máis importante para calquera centro de supercomputación dado o feito de que o consumo dos elementos (servidores, almacenamento, e a rede) ténse disparado. Un centro de supercomputación coma o CESGA ten un consumo medio superior aos 600KW o que implica un elevado coste en enerxía eléctrica. Polo tanto, é da maior relevancia avaliar mecanismos que melloren a eficiencia enerxética xa sexa reducindo o consumo ou tirando mellor proveito dos recursos. Isto resulta beneficioso tanto económica como medioambientalmente. O obxectivo fundamental do Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética e mellorar os niveis de eficiencia do Centro e equiparalos aos niveis de eficiencia dos mellores centros de supercomputación do mundo.. O PUE, o indicador de efectividade de uso de enerxía, é hoxe a medida de consenso para monitorizar a eficiencia enerxética da meirande parte dos centros de procesamento de datos.

O PUE do CESGA decreceu dun 1.71 en 2011 a un 1.56 en 2012. De acordo cun estudo recente elaborado pola EPA* (U.S. Environmental Protection Agency), a Axencia de Protección de Medioambiente estadounidense, o valor medio para o PUE en centros de procesamento de datos é dun 1.924, cun valor mínimo dun 1.362 e un máximo de 3.598. De feito, un valor PUE óptimo na nosa área xeográfica situase en torno a un 1.5 aproximadamente. A redución do noso PUE tradúcese en aforros significativos. Por exemplo, cun consumo anual medio de 700 KWh (6,132,000Kwh ao ano), unha redución dun 0.1 significa aforros de aproximadamente 45,000€ por ano. Grazas as accións tomadas en 2012, o consumo enerxético do Centro reduciuse nun 21.2% con respecto ao ano anterior. Isto, a pesar de ter incrementado o servizo coa instalación dos novos nodos do SVG.

* http://www.energystar.gov/ia/business/evaluate_performance/data_center_tech_desc.pdf

As

Remplazo de Ventiladores EC. Os ventiladores L15 foron remplazados por ventiladores EC. Estes ventiladores de velocidade variable son moito máis eficientes que os previamente instalados. O consumo de enerxía dos ventiladores reduzose de 47Kw a tan só 10Kw. O investimento obtivo retornos en menos dun ano.

Actualización e mellora do sistema de calefacción. Durante

accións tomadas en 2012 relativas á redución do consumo de enerxía incluiron:

Compleción da instalación de paneis acristalados para separar pasillos frios e quentes na sala do CPD.

Desenvolvemento continuo dun sistema de xestión integrado para monitorización e trazabilidade de consumo enerxético e das infraestruturas de apoio, con medición instantánea do PUE así como a xeración de estatísticas de eficiencia.

Adquisición de hardware eficiente desde unha perspectiva enerxética. O novo SVG ten unhas prestacións de 858 Gflops/KW. Instalación de nova iluminación. Instalaronse luces LED de baixo consumo naquelas salas máis utilizadas en horario laboral.

2012 instalouse unha nova bomba de calor. A nova bomba é moito máis eficiente que a anterior. Ademáis está mellor integrada co sistema de recuperación de calor das arrefriadoras para minimizar o consumo enerxético.

A utilización máxima das tecnoloxías de freecooling e de recuperación de calor. O freecooling foi utilizado durante o 55% do tempo en 2012. Adicionalmente, hardware obsoleto foi dado de baixa e consolidaronse equipos.

57

Profile for FUNDACIÓN CESGA

Informe Anual Actividade 2012  

Publicación periódica de la Fundación CESGA

Informe Anual Actividade 2012  

Publicación periódica de la Fundación CESGA

Advertisement