Page 49

CESGA Informe Anual 2012

REDE DE CIENCIA

E TECNOLOXÍA DE GALICIA

Ao

longo de 2012, houbo unha intensa actividade relacionada co despregamento da nova rede. A fibra escura e a conmutación DWDM xa foron instaladas ao comezo do ano. Grazas á froitifera collaboración entre RECETGA e RedIRIS no proxecto RedIRIS-NOVA, en 2012 o traballo concentrouse no despregamento efectivo das lambas cos circuitos internos e a conectividade IP entre campus universitarios en Galicia. Os usuarios galegos están agora listos para disfrutar de servizos da mellor calidade durante anos.

Destacable no 2012 na Rede Troncal No 2012 o CESGA deu os pasos que levaron a finalización da última fase de despregamento da rede troncal para construir a rede con topoloxía de anel baseada en fibra óptica escura con nodos redundados de enrutamento. Estes pasos incluiron:

O despregamento de dous enrutadores troncais baseados na plataforma Juniper MX480 en Vigo e Santiago. Agora a rede é tolerante incluso a un fallo total do nodo CESGA.

O despregamento do anel rexional de RECETGA NOVA de 10Gbps provendo conectividade a case tódolos campus universitarios en Galicia. Para isto 9 novos enlaces rexionais de 10 Gbps foron activados unindo as áreas máis poboadas de Galicia.

O despregamento de novos enlaces para prover conectividade IP ás universidades (cada universidade conecta a súa rede interna ao núcleo por medio de enlaces de 10 Gbps redundantes a diferentes localizacións xeográficas). Para isto 4 novos enlaces rexionais de 10 Gbps foron activados desde cada universidade a cada nodo de enrutamento principal de RECETGA.

O despregamento dos novos enlaces para prover unha topoloxía interna en anel para comunicar tódolos campus da Universidade de Vigo. Para isto 4 novos enlaces rexionais a 10 Gbps foron activados interconectando os tres campus.

49

Profile for FUNDACIÓN CESGA

Informe Anual Actividade 2012  

Publicación periódica de la Fundación CESGA

Informe Anual Actividade 2012  

Publicación periódica de la Fundación CESGA

Advertisement