Page 1

Novas do Centro de Supercomputaci贸n de Galicia Xu帽o 2014


Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

DIRECCIÓN Javier García Tobío COORDINACIÓN Fernando Bouzas Sierra

Creando sinerxías entre investigación e empresa Fortissimo e Transfiere

COA COLABORACIÓN DE Vanessa Pombo Nartallo DESEÑO, GRAFISMO E MAQUETACIÓN Grupo Código Cero Comunicación, S.L. FOTOMECÁNICA E IMPRESIÓN Artes Gráficas LITONOR, S.A.L. DEPÓSITO LEGAL C 1604-1998 ISSN 1139-563X EDITA FUNDACIÓN CESGA Avenida de Vigo, s/n (Campus Vida) 15705 Santiago de Compostela Telf. 981 569 810 Fax. 981 594 616 dixitos@cesga.es

CONTIDOS [ 2 ] Creando sinerxías entre investigación e empresa [ 3 ] Computación de altas prestacións [ 4 - 5 ] Un software galego que analiza interaccións moleculares complexas [ 6 - 7 ] Entrevista a Miguel Ángel Ríos [ 8 ] INCAT emprega os recursos do CESGA [ 9 ] O CESGA acolle unha estudante de Erasmus [ 10 ] Investigadores galegos participan na creación dun mapa 6D da Vía Láctea [ 11 ] Non os veredes nas listaxes do paro [ 12 - 13 - 14 - 15 ] Novas do CESGA

O CESGA segue a reforzar a súa participación en iniciativas clave para a transferencia de tecnoloxía entre investigación e empresa. O 29 de novembro de 2013, o Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, celebrou unha xornada na que as PEME participantes tiveron ocasión de coñecer o proxecto Fortissimo, de man de varios expertos do noso Centro en retos de computación de altas prestacións aplicada á industria. Posteriormente, puideron expoñer as súas propostas de experimentación e reunirse cos expertos do ITMATI e do CESGA, socio do proxecto responsable de coordinar a preparación de propostas de experimentos por parte de pequenas e medianas empresas en España e Portugal. Tamén se celebraron unha serie de webinars e sesións informativas para dar a coñecer entre as empresas as convocatorias

abertas de Fortissimo. De todas estas iniciativas, xurdiron xa varias propostas empresariais nas que se está a traballar. Ademais, o CESGA incorporouse ao Comité Organizador de Transfiere, Foro Europeo para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación. Transfiere encara a súa cuarta edición despois de emprazarse como un evento de referencia no eido da transferencia de tecnoloxía; é ademais unha potente ferramenta de xeración de networking para encontrar potenciais socios tecnolóxicos dos ámbitos científico e empresarial. O Foro celebrarase no Pazo de Feiras e Congresos de Málaga en febreiro de 2015 e conta coa participación de máis de 375 grupos de investigación, 52 universidades e 375 empresas de referencia en I+D+i nacionais e internacionais.


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

Computación de altas prestacións para impulsar a competitividade das pequenas e medianas a empresas galegas

da HPC nos seus procesos produtivos e de deseño de produtos ou servizos.

Proxecto CloudPYME Cada vez son máis os campos de investigación que utilizan simulacións informáticas para estudar sistemas complexos. Pero tamén o eido empresarial benefíciase desta posibilidade e usa modelos informáticos, por exemplo, para mellorar os plans de evacuación de grandes superficies ou xestionar o almacenamento de grandes volumes de stock, entre outras moitas aplicacións. As empresas manufectureiras tamén aproveitan estas tecnoloxías para o desenvolvemento simulado de produtos, o cal lles permite: ·· ·· ·· ·· ·· ··

Aforrar materiais e enerxía Xerar menos residuos Explorar novos conceptos e mellorar os seus deseños Desenvolver en menos tempo produtos de maior calidade Ter uns procesos de produción máis flexibles Gañar maior cota de mercado

Salvar a fenda computacional As tecnoloxías de simulación, ás veces, necesitan grandes recursos de computación ou moi longos tempos de execución e poden xerar inxentes cantidades de información para analizar, polo que requiren o acceso a computación de altas prestacións (HPC) para axilizar estes cálculos. A HPC é cada vez máis empregada no eido empresarial para outras actividades diferentes á simulación, por exemplo para analizar grandes conxuntos de datos, facer análises xenéticos ou renderizar películas 3D. Isto orixina unha fenda entre as grandes empresas, que dispoñen de equipos con gran capacidade para asumir o uso destes recursos e persoal cualificado, e as PEME, que habitualmente non poden permitirse investir neles, tanto polo custo do hardware como do software. Dende 2011, o CESGA leva a cabo a iniciativa CloudPYME para que pequenas e medianas empresas de Galicia e o norte de Portugal poidan impulsar os seus procesos de innovación con software de código aberto, usando os recursos do Centro. Con CloudPYME, as PEME poden liberar aos seus equipos do estres de atender esta demanda extra de capacidade. Agora, na segunda fase do proxecto, as PEME poden experimentar con outras posibles utilizacións do HPC, como o acceso a plataformas de big data, ou solicitar ao CESGA unha análise das posibilidades de uso

Ademais das actividades de HPC, a nova fase de CloudPYME incorpora outras dúas actividades que poden beneficiar as PEME nos seus procesos de innovación para mellorar a súa competitividade. A primeira é avaliar a implantación das tecnoloxías de xestión do ciclo de vida dos produtos (“Product Lifecycle Management” ou PLM) usado tamén nas grandes empresas. Esta avaliación abranguerá a inclusión de solucións de software libre na nube (o novo paradigma de cloud).

Open innovation para as PEME A segunda nova acción é promocionar e desenvolver a innovación aberta nas PEME galegas e portuguesas. Dende a publicación do libro Open Innovation, onde Henry Chesbrough analizaba os procesos de innovación de grandes compañías americanas e os mecanismos para mellorar a súa eficiencia, este é un concepto cada vez máis estendido. O paso da innovación pechada (feita polos laboratorios da propia empresa e case sempre incremental) á innovación aberta (con achegas de terceiros ou a explotación con novos modelos de negocio ou formas de uso non imaxinadas pola empresa) ten demostrado ser moi beneficioso para elas, abrindo novas e rendibles posibilidades. Pero aínda hai pouca experiencia na súa aplicación nas PEME. O obxectivo de CloudPYME é explorar estas posibilidades coas pequenas e medianas empresas e crear unha plataforma de colaboración entre elas ou cos seus clientes, de cara a mellorar os seus produtos, servizos ou procesos, ou crear novas oportunidades de negocio non identificadas coa innovación pechada. En CloudPYME participan a Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (AIMEN), o Centro de Apoio Tecnológico à Indústria Metalomecânica (CATIM) e a Associação dos Industriais Metalúrgicos, Metalo-Mecânicos e Afins de Portugal (AIMMAP). O proxecto baséase en recomendacións europeas para fomentar a competitividade e está promovido polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP). As PEME manufactureiras de Galicia e do norte de Portugal que queiran participar poden obter máis información na páxina web do proxecto http://www.cloudpyme.eu enviar un correo electrónico a info@cloudpyme.eu.

xuño 2014  díxitos

3


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Un software galego que analiza interaccións moleculares complexas, pioneiro a nivel mundial Software 4 Science Developments, spin-off da USC, está a desenvolver AFFINImeter Desenvolver un produto eficaz en laboratorio é extremadamente complexo. Para crear un medicamento, por exemplo, os laboratorios farmacéuticos estudan as interaccións entre as proteínas patolóxicas vinculadas a enfermidades e os ligandos que as neutralizan (os fármacos). O habitual é traballar con estruturas químicas moi complexas, nas que o fármaco non se poida separar quimicamente ou nas que as proteínas teñan varios sitios de unión co fármaco, cada un deles con distinta afinidade. Cada factor debe estudarse de forma individual e en combinación cos demais. O mesmo acontece en produtos moi diversos que impactan na nosa vida cotiá. Acertar coa fórmula máis eficaz para resolver un problema determinado supón un proceso de investigación arduo e custoso en tempo, recursos, persoal e produtos químicos. Software 4 Science Developments (S4SD) é unha empresa de base tecnolóxica que resolve esta necesidade dos laboratorios ao ofrecer AFFINImeter, un software de modelado e análise que emprega os recursos computacionais do CESGA. S4SD foi creada por membros do Grupo de Materia Branda e Biofísica Molecular da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

4

díxitos  xuño 2014

 Ángel Piñeiro, cofundador e director científico de S4SD A flexibilidade e posibilidades que ofrece a súa solución convértena en pioneira a nivel mundial. «AFFINImeter é unha plataforma computacional para a análise de medidas de afinidade, agregación e disociación molecular. Está deseñada específicamente para estudar sistemas complexos», explica Ángel Piñeiro, cofundador e director científico de S4SD. «Para estudar un sistema complexo

primeiro hai que desenvolver un modelo, o cal implica varias fases: escribir as reaccións químicas, traducilas a ecuacións, crear un código informático que as resolva e validalo antes de levar a cabo a análise; este proceso pode estenderse durante anos de traballo e en ocasións son obxecto de teses doutorais. Connosco, o investigador só se ten que ocupar do primeiro paso, escribir as reaccións químicas; do resto faise cargo AFFINImeter».


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

O punto forte da plataforma é que complementa as funcionalidades dos software que os fabricantes introducen por defecto nos equipos de laboratorio. Decote, estes software ofrecen aos investigadores menos de 10 modelos diferentes. «Nós ofrecemos un número ilimitado mediante un construtor co que o investigador pode crear modelos específicos, definindo as reaccións químicas que lle interesa estudar. A flexibilidade da nosa solución é única. Ademais, os seus resultados son plenamente fiables e non hai cabida a erros de cálculo que poidan falsear as conclusións dos experimentos».

lle a información que bota o experimento e o software de S4SD, empregando os recursos de cálculo do CESGA, ofrece ao investigador unha caracterización completa da interacción molecular. Retomando o exemplo da industria farmacéutica, de entre todos os candidatos posibles, o programa amosará o fármaco que mellor inhibe á proteína e será, polo tanto, máis eficaz contra unha enfermidade determinada. AFFINImeter Spectroscopy, aínda en desenvolvemento, analizará os resultados de técnicas espectroscópicas que miden

AFFINImeter é unha plataforma computacional para a análise de medidas de afinidade, agregación e disociación molecular. Está deseñada específicamente para estudar sistemas complexos, explica Ángel Piñeiro AFFINImeter conta polo de agora con tres aplicacións. AFFINImeter Simulator é un asistente para deseñar experimentos de calorimetría de titulación isotérmica (ITC, polas súas siglas en inglés). Estes experimentos botan información das interaccións moleculares a través da calor que se libera ou se absorbe no proceso. Con este programa, o investigador propón diferentes parámetros de concentración de produto ao simulador e este predí a calor que obterá para cada un. Así, redúcese o número de experimentos reais que hai que realizar e optimízase o uso do produto. AFFINImeter Analysis analiza o experimento real. O equipo de laboratorio reco-

outras propiedades físicas diferentes ao calor (intensidade de absorción ou emisión de luz, ou desprazamento químico, por exemplo). Este software permitirá estudar substancias que non poden ser analizadas a través de ITC e, para substancias que responden aos dous métodos, a combinación das dúas posibilidades dará maiores garantías dos resultados. Eva Muñoz, experta en resonancia de plasmóns superficiais, uniuse ao equipo en xaneiro de 2014 para colaborar na implantación desta funcionalidade en AFFINImeter Spectroscopy. Avalía a ferramenta como desenvolvedora e como usuaria: «Levo anos traballando en interaccións moleculares, enfocada en sistemas difíci-

les de analizar. Sempre notei unha falta de ferramentas para tratar de entender estes sistemas complexos que na natureza son moi comúns. Como usuaria, paréceme unha ferramenta moi potente». A participación do CESGA no proxecto foi moi activa. Carmen Cotelo, Técnico Superior de Aplicacións ICTS do Centro, explica que houbo unha fase inicial de asesoramento técnico que se centrou en tres aspectos: a optimización do código da aplicación científica que estaba a desenvolver S4SD, para un mellor aproveitamento do seu potencial; a creación dunha interface web amigable, atractiva e doada de usar, que puidese ofrecer os resultados en formatos visuais e textuais recoñecibles e útiles; e a creación dun conectador que posibilita a comunicación entre ambas as dúas. Actualmente, o CESGA achega a AFFINImeter os seus recursos computacionais, cuxa capacidade é esencial para levar a cabo cálculos que, segundo os casos, poden durar horas. AFFINImeter está nunha fase alfa plenamente funcional e os seus creadores esperan lanzar a versión comercial este verán. Non obstante, seguirán engadindo funcionalidades. «Cando teñamos representadas todas as posibilidades de simulación de agregación, disociación e asociación molecular, queremos abranguer outras características, por exemplo, cambios nas estruturas das moléculas», continúa explicando Ángel Piñeiro. «O noso obxectivo a longo prazo será explorar que outras demandas de análise de datos científicos hai no mercado e implantalos na plataforma».

xuño 2014  díxitos

5


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Miguel Ángel Ríos: "A sociedade debe convencerse de que a ciencia é básica para o benestar social" O profesor Miguel Ángel Ríos, catedrático emérito da USC, foi pioneiro nos eidos da Química Cuántica e Computacional en Galicia e impulsor dos primeiros plans de investigación dende a Secretaría Xeral de I+D da Xunta de Galicia. Ademais, foi un dos investigadores que propiciaron a creación do CESGA e, entre 1998 e 2003, presidente do Consello de Administración do Centro. En decembro de 2013, o profesor Ríos asumía a presidencia da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e comprometíase á súa revitalización. Falamos con el sobre a relación entre ciencia e sociedade. Vai cumprir 6 meses á fronte da RAGC. Pode facer xa algún balance? É moi cedo para balances, pero si fixemos avances: por exemplo iniciamos o programa de novas admisións, coa incorporación de catro novos académicos; o primeiro deles tomará posesión o 2 de xullo e o resto ao longo de 2014. Antes de rematar o ano teremos outra admisión relativamente numerosa. Con isto nutrimos a Academia de talento a través das persoas. Ademais, puxemos a punto unha páxina web nova que xa está a funcionar e que mellora moito a anterior. Estamos moi ilusionados tentando achegarnos á sociedade a través das novas tecnoloxías. Aí temos moito que facer e mellorar. As dúas liñas mestras da RAGC nesta nova etapa serán: promover socialmente o coñecemento como un factor de desenvolvemento socioeconómico e explicar o papel da ciencia como axente de cambio cultural. Que iniciativas se están a levar a cabo? A misión básica da Academia é achegar o coñecemento á sociedade e isto faise a través da divulgación. Pero actualmente hai unha vertente moi especial relacionada co desenvolvemento socioeconómico: é fonte de innovación tecnolóxica e, polo tanto, da competitividade das empresas e do benestar social. Por iso, ademais de na divulgación, a Academia está nestes momentos moi interesada en achegar á sociedade o valor do coñecemento para o seu desenvolvemento socioeconómico e benestar social. Se a sociedade, a través dos seus distintos estamentos, se convence de que o coñecemento e a ciencia son beneficiosos para ela, procurará que progresen, que se vexan favorecidos. Esa é unha das nosas liñas mestras. Logo está o aspecto cultural, porque o coñecemento é fonte de cultura. Todos sabemos que o desenvolvemento tecnolóxico dos últimos anos cambiou completamente o panorama cultural: non teñen nada que ver os modos de facer, de comportarse e de comunicarse actuais cos que había cando eu tiña 15 ou 20 anos. Pero a Academia ten máis vías de traballo. Quere achegarse a

6

díxitos  xuño 2014

todos os organismos que poidan axudala a chegar á sociedade e xa asinou un convenio marco coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG). A finais do ano pasado fixemos unha colaboración con eles e nestes momentos intentamos continuala. Tamén van por bo camiño os acordos para colaborar cos colexios profesionais dos distintos eidos científicos. Hai que formular a divulgación de forma diferente segundo se dirixa aos cidadáns ou ás empresas? Dirixirse aos individuos, á sociedade de base, é fundamental, porque lles axudará a adquirir un dos criterios que debería guialos como votantes. A mensaxe dirixida ás empresas é lixeiramente distinta, máis técnica. Por exemplo, nas xornadas coa CEG do ano pasado, organizamos catro mesas redondas para analizar casos de éxito de colaboración entre empresas e centros de coñecemento, universidades na súa maior parte. Interésanos amosar eses acertos aos empresarios porque o exemplo rende: se hai vinte casos de éxito, por que non pode haber douscentos?Pero son dúas cousas que van relativamente unidas. A sociedade son os políticos, as empresas, os cidadáns, as institucións educativas... Se hai un auténtico convencemento social de que a ciencia e a tecnoloxía son básicas para manter a prosperidade do país, as empresas, como parte desa mesma sociedade, incorporarán o coñecemento aos seus procesos produtivos. Xa o fan, pero hai camiño que percorrer aínda.

Se hai un auténtico convencemento social de que a ciencia e a tecnoloxía son básicas para manter a prosperidade do país, as empresas, como parte desa mesma sociedade, incorporarán o coñecemento aos seus procesos produtivos.


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

Como avala a RAGC o emprendemento científico? Este ano, o noso ciclo de conferencias "Avances en ciencia e tecnoloxía" estará dedicado ao emprendemento científico. Aínda que non é a panacea que o resolverá todo, si é unha faceta importante. Fai falta xente emprendedora que, coa formación necesaria, teña as galadas de crear empresas a partir de innovacións científicas. Hai que perder o medo ao fracaso, a non conseguir sacar unha empresa adiante. E as empresas pequenas son elementos de produción importantes, sobre todo se xeran emprego. Trátase de que empresarios e investigadores se perdan o medo. Claro. É un tema moi complexo. A I+D non é unha vara máxica que nos vaia sacar da crise, porque os seus efectos non se notan de inmediato senón a medio prazo. Aínda que, por suposto, hai que seguir investindo en I+D ou pasarémolo mal nos anos por vir. Debemos apertar o acelerador todo o posible, avanzar todo o que poidamos, sendo conscientes de que é un proceso que leva o seu tempo pero que unha vez iniciado non pode deterse. Como contribuíu o CESGA a este cambio nas sinerxías entre investigación e empresa? A Academia tamén establecerá puntos de colaboración co CESGA, porque, á marxe do meu cariño e afinidade persoal polo Centro, estou absolutamente convencido de que é unha infraestrutura de gran transcendencia para o desenvolvemento de Galicia. O Centro conta coa supercomputación, que xoga un papel chave no desenvolvemento de tecnoloxía que, en ocasións, chega a ser exportada porque resulta novidosa para a industria. Por outro lado está a rede de comunicacións que despregou o Centro en Galicia, estas redes son vitais no noso mundo global interconectado. E ademais están as novas tecnoloxías, onde o CESGA desenvolve con solvencia numerosas experiencias piloto, na súa maior parte da Unión Europea. Pero as máquinas por si soas non fan nada. O gran segredo do CESGA, para min, é que creou equipos de xente preparada e é capaz de sacar adiante proxectos en ámbitos moi diferentes. Vai máis alá do ámbito autonómico, xa que é un Centro recoñecido tamén a nivel nacional e internacional, pero maioritariamente presta os seus servizos a Galicia e é, na miña opinión, unha peza chave para o seu desenvolvemento. Como lembra a súa etapa como presidente do Centro? Foi unha época moi ilusionante, conseguíronse moitas cousas. Tiven a sorte de contar con Javier [García Tobío], unha persoa moi válida e a alma do que foi o CESGA nesa época. Sempre estiven moi orgulloso do que representaba o Centro. Progresou ata situarse nunha posición dende a que pode facer moito por Galicia. 

xuño 2014  díxitos

7


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

ÍNCAT emprega os recursos do CESGA para estudar a acción do mar en Punta Langosteira Ingeniería Civil del Atlántico (ÍNCAT) computa en CESGA para mellorar a seguridade no Porto Exterior da Coruña e medir os efectos da acción do mar sobre a galería para canalizacións de graneis líquidos. O proxecto do Porto Exterior da Coruña, situado en Punta Langosteira (Arteixo), naceu en 2005 co obxectivo de liberar as instalacións portuarias da cidade do tráfico de maior perigosidade ambiental. As obras avanzaron en varias fases e a febreiro de 2014 o nivel de execución atopábase no 79,2 %. En xuño de 2013, a UTE Galería Langosteira, formada polas empresas Puentes e Calzadas Infraestructuras e Azvi, obtivo a concesión para construír unha galería que protexa da acción do mar ás canalizacións de graneis líquidos (constituídos principalmente por produtos petrolíferos), así como unha canle para desaugar a auga que supere o dique. Para levar a cabo as obras, a UTE solicitou a Ingeniería Civil del Atlántico (ÍNCAT) un estudo do impacto da acción do mar sobre a estrutura. Tamén lle solicitou un sistema de previsión meteorolóxica e de rebordo do dique, para garantir a seguridade do seu persoal e da maquinaria durante as obras. ÍNCAT cumpriu con ambos os dous labores utilizando os recursos computacionais do CESGA. Para a primeira parte do encargo, pretendíase determinar a variación da ondada ao longo dos 3.200 metros de dique e as presións de rebordo en diferentes seccións, para optimizar o deseño estrutural da galería. Pero a análise do rebordo con modelos físicos (tanques e piscinas) baséase nos resultados de presión para unha única ondada e nunha única sección. A simulación do rebordo en Punta Langosteira requiría uns recursos de cálculo superiores a outros diques, debido ao gran tamaño da sección e a alta resolución das mallas de

8

díxitos  xuño 2014

elementos finitos necesarias para determinar a presión sobre a galería. Por outra banda, o prazo para realizar o estudo era de aproximadamente un mes. Os resultados da simulación numérica, máis precisos, rápidos e económicos que as simulacións físicas en tanques, permitiron optimizar a estrutura da galería, discriminada en tramos que soportan presión e ondada específicas. Así, a zona inicial só ten que resistir o peso propio da estrutura; a 2ª aliñación do dique soporta presións da orde da metade das de proxecto; e outros tramos son construídos para soportar presións lixeiramente superiores ás calculadas en proxecto. Para a previsión meteorolóxica e de rebordo, ÍNCAT desenvolveu a aplicación web SIMEON. Esta aplicación utiliza os datos diarios atmosféricos e de ondada que MeteoGalicia recolle a través dos servidores

do CESGA para calcular unha estimación do run-up (o aumento do nivel do mar debido á ondada ) e o rebordo estimados durante as seguintes 72 horas. Estas previsións permiten garantir a seguridade do persoal e a integridade da maquinaria, ao poder programar restricións de acceso ás obras en condicións meteorolóxicas adversas con suficiente antelación. Para cada zona de traballo no dique, establecéronse tres niveis de alerta en función de tres parámetros climáticos diferentes, vento, run-up e rebordo: risco baixo (libre acceso); risco medio (acceso logo de autorización para labores de protección); risco alto (prohibidos todos os traballos). A eficacia operativa de SIMEON espertou o interese de Portos de Galicia para controlar a seguridade durante os traballos de reparación do dique de abrigo do porto de A Garda, que se levarán a cabo durante o verán de 2014.


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

O CESGA acolle unha estudante de Erasmus para facer prácticas en investigación de redes O Centro de Supercomputación de Galicia tamén acolle estudantes de Erasmus. Ivelina Karagulieva, búlgara de 24 anos, xa estivera en Santiago hai dous anos preparando a súa tese na Facultade de Física, grazas ao programa Erasmus Education. Cando Erasmus Training lle deu a posibilidade de volver saír ao estranxeiro, esta vez para un período de prácticas profesionais de nove meses, seguiu a recomendación dun amigo e escolleu o CESGA como destino. Ivelina estuda o Máster en Telecomunicacións da Universidade Técnica de Varna e empezou as súas prácticas no CESGA en outubro de 2013. Durante toda a estanza recibiu formación nos diferentes aspectos nos que desenvolvería a súa actividade: xestión e configuración de redes IP, sistemas de videoconferencia e streaming, administración de sistemas, entre outros. O seu primeiro proxecto enmarcouse no ámbito da actividade de vixilancia tecnolóxica que leva a cabo o CESGA. Ivelina estudou as tecnoloxías de redes definidas por software (SDN polas súas siglas en inglés, 'Software Defined Networking') máis novidosas, particularmente da especificación Openflow. SDN permite aos administradores de rede xestionar os servizos desta mediante a abstracción da funcionalidade de máis baixo nivel. Isto conségueo desadaptando o sistema que se encarga de tomar as decisións sobre onde se envía o tráfico (o plano de control) dos sistemas subxacentes que resubministran o tráfico ao destino seleccionado (o plano de datos). Openflow é unha especificación particular que se insire no ámbito do SDN. «Achega flexibilidade e podería ser unha plataforma experimental moi útil para investigacións sobre redes», explica. «Pode aplicarse a centros de datos ou en provedores de servizos de rede para mellorar a eficacia e a seguridade da rede». Ivelina analizou a evolución e os casos de

servatorio dei Musica Giuseppe Tartini de Trieste; Ultra-Videoconferencing System, da Universidade MCGill de Quebec; e JackTrip, da Universidade de Standford.

uso de OpenFlow existentes na actualidade. Ademais, a compañía Dell puxo á disposición do CESGA equipamento e soporte técnico recibido por parte de enxeñeiros de desenvolvemento de Dell California, para poder levar a cabo un piloto nas instalacións do Centro, que Ivelina tivo a oportunidade de avaliar. Tamén elaborou un informe sobre a cuestión ao que se pode acceder na nosa web. O seu segundo proxecto estivo relacionado coa Xornada Educa do evento Galician Connection '14, na que o CESGA prestou soporte técnico a unha innovadora experiencia de produción musical distribuída en rede. Os membros do grupo musical 'Boys e Vacas' dividíronse en dúas localizacións distintas e tocaron de xeito simultáneo a través de sistemas de videoconferencia de ultra baixa latencia, implantados por centros conectados ás diversas redes de investigación internacionais, para a súa posterior adaptación e uso na Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA). Ivelina realizou a avaliación técnica destes sistemas: Low Latency Audio Visual Streaming System, LOLA, desenvolvido polo Con-

O resultado foi unha coordinación absoluta de imaxe e son. «Foi moi interesante: unha parte do grupo estaba na Cidade da Cultura, onde tamén estaba o público; a outra parte estaba na Facultade de Ciencias da Comunicación, no Campus Norte, o tráfico foi encamiñado a través de Vigo [a uns 100 quilómetros de distancia]. Utilizamos dous software de vídeo e de audio diferentes para a videoconferencia, e a percepción do público foi a de estar a escoitar un grupo no que todos os seus membros tocaban no mesmo espazo. Foi un éxito». Ivelina tamén colaborou á retransmisión do evento por streaming e elaborou un informe sobre as novidades máis recentes e os retos que supón a celebración de eventos audiovisuais en tempo real en rede. Ivelina está satisfeita coa súa elección do CESGA como destino para a súa experiencia Erasmus. «É un bo lugar para facer prácticas profesionais. Estou a aprender cousas que descoñecía, os proxectos son interesantes e os meus compañeiros son moi pacientes e axúdanme con todas as miñas dúbidas. Esa é a parte que máis valoro da miña experiencia: os compañeiros cos que estou a traballar e o moito que aprendo deles». Pero tamén tivo a oportunidade de colaborar con persoal doutras institucións (desenvolvedores de software, técnicos da USC e persoal de enxeñaría especializado de Dell, entre outros). «Erasmus é unha oportunidade que debemos aproveitar mentres somos novos. Quería traballar nunha empresa no estranxeiro e no CESGA aprendín cousas diferentes ás que tería aprendido en Bulgaria. Os meus plans para o futuro? Intentarei participar nalgún outro programa para seguir adquirindo experiencia». http://bit.ly/1mHwOrX

xuño 2014  díxitos

9


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Investigadores galegos participan na creación dun mapa 6D da Vía Láctea Proxecto Gaia A Axencia Espacial Europea (ESA) chámalle a "máquina de descubrimentos". E é que a misión do satélite Gaia, lanzado en decembro de 2013, é moi ambiciosa. Os seus obxectivos declarados inclúen precisar o brillo, cor e posición de mil millóns de estrelas; crear un mapa en 6D da Vía Láctea; atopar as claves da orixe, estrutura e evolución da galaxia; poñer a proba partes chave das ecuacións de Einstein sobre a Teoría da Relatividade Xeral; e descubrir obxectos celestes descoñecidos na actualidade ou comprender mellor os pouco coñecidos. Os membros do proxecto explican o alcance destas aplicacións. «Pénsase que a galaxia ten en torno a 100 mil millóns de estrelas e nós imos caracterizar mil millóns, é dicir, un 1 %. É unha cantidade significativa. Saberemos como están distribuídas en función da súa masa e como se moven, o cal extrapolaremos ao resto de estrelas. Tamén faremos estudos da composición química das súas atmosferas, reconstruiremos a orixe e evolución da nosa Galaxia e comprenderemos a súa estrutura actual. Pénsase que, ao longo da súa vida, a Vía Láctea asimilou pequenas galaxias satélites que se moven de forma particular no seu interior. É un tema controvertido porque os datos existentes na actualidade son moi limitados, pero as observacións de Gaia axudarannos a precisalo». Quen fala é Minia Manteiga, unha das investigadoras participantes. A astrofísica forma parte do Grupo Gaia Galicia, composto tamén por José Carlos Dafonte, Diego Fustes, Bernardino Arcay, Ángel Gómez e Alejandra Rodríguez, da Universidade de Coruña (UDC), e Ana Ulla, da Universidade de Vigo. Hai 10 anos, os investigadores da UDC traballaban nunha liña de investigación de astrofísica computacional, que aplica técnicas de intelixencia artificial á análise de datos astronómicos. «Cando xurdiu DPAC, o Consorcio de Científicos para a Análise e Explotación de Gaia, o grupo de Barcelona que lidera a partici-

10

díxitos  xuño 2014

De esq. a dta.: Diego Fustes, José Carlos Dafonte, Minia Manteiga e Manuel Fernández, durante o lanzamento de Gaia en decembro de 2013 pación española propúxonos traballar na parte de clasificación de CU8».

Algoritmo de análise e clasificación de estrelas O Consorcio DPAC ten nove unidades de coordinación (CU) con tarefas específicas, distribuídas en varios centros de investigación europeos. A CU8, "Parámetros estelares", liderada por Coryn Bailer-Jones, do Max Planck Institute de Heidelberg, encargarase de clasificar os obxectos que detecte Gaia, moitos dos cales serán observados por primeira vez, e extraer as súas principais propiedades físicas para saber que son: estrelas, quásares, outras galaxias... «Dentro da CU8, Gaia Galicia lidera un paquete de traballo de análise de obxectos outliers, obxectos que non se poden clasificar doadamente dentro dos estándares coñecidos, por ser estraños ou ter un tempo de vida moi curto, e polo tanto son interesantes porque quizais supoñan unha física nova», explica Manteiga. «Tamén participamos nun paquete de traballo que extraerá os parámetros físico-químicos de estrelas a partir de datos de espectroscopía e clasificaraas en función da súa temperatura, gravidade efectiva e contido de elementos químicos da súa atmosfera. E estamos nun terceiro paquete de traballo que fai unha análise non supervisada de todas as observacións». Con análise non supervisada, os investigadores refírense a permitir que os algorit-

mos clasifiquen por similitude os obxectos detectados, sen que os analistas especifiquen criterios a priori. Como explica Carlos Dafonte, este é o método máis recomendable cando se quere ordenar un gran número de obxectos: «Cando traballas con miles e miles de espectros dos que apenas tes información, intentas que o sistema os agrupe por si mesmo en conxuntos formados por obxectos entre os que detecte un parecido. É coma se o sistema entregase ao astrofísico mil bolsas con mil obxectos dos que sabe que gardan un parecido entre si; moito mellor que traballar cun millón de obxectos mesturados sen ningún criterio». Para desenvolver o algoritmo de clasificación de estrelas, os investigadores traballaron na plataforma "Hadoop on demand" do CESGA, probándoo sobre un catálogo de 4,5 millóns de estrelas. Así, puideron probar o comportamento do algoritmo a pequena escala, o cal garantirá a súa eficacia cando traballe cos datos que proporcione o satélite.

Un mapa en 6D O satélite escaneará o ceo durante 5 anos. O software de Gaia Galicia axudará a crear un catálogo aberto á consulta de calquera persoa interesada. Ademais, acaba de crearse a unidade de coordinación CU9 para deseñar ferramentas de visualización.


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

«Faremos un mapa 6D da Vía Láctea cunha imaxe tridimensional da posición dos astros e veremos como se moven. Será parecido ao holograma en 3D do mapa estelar que mostraba Yoda en O ataque dos clons. Hai industria interesada en facer ese desenvolvemento». O sector industrial é un actor clave en Gaia. Participou no desenvolvemento e fabricación do satélite e participará no uso comercial e de divulgación dos datos que recolla, aínda que o seu interese se centra, fundamentalmente, na tecnoloxía que demandará a explotación da base de datos do satélite. Minia Manteiga enumera outros resultados esperados: «Gaia delimitará o campo de gravidade da Vía Láctea e poderemos ver onde se concentra a materia escura, da que só sabemos que non a podemos ver pero que exerce unha atracción gravitacional sobre o resto de obxectos. Tamén poderá comprobar os últimos descubrimentos que parecen confirmar a teoría do universo inflacionista, xa que precisará o corremento ao vermello doutras galaxias e o brillo das estrelas que se utiliza para calibrar a escala de distancias». Á pregunta de se permitirá determinar con maior precisión a órbita de asteroides que poderían cruzarse no futuro coa Terra, a resposta é afirmativa. «As órbitas dos asteroides estableceranse cunha precisión 30 veces superior á actual. Espérase detectar centenares de novos obxectos no cinto de Kuiper e ademais observaranse os asteroides potencialmente perigosos, os NEO ("Near Earth Objects"), con maior exactitude que nunca». Unha auténtica descubrimentos.

máquina

 ESA/ATG medialab;imaxe de fondo: ESO/S. Brunier

de

Non os veredes nas listaxes do paro Máster Interuniversitario en Computación de Altas Prestacións

O pasado 11 de marzo, celebrouse o acto de entrega de premios fin de máster do Máster Interuniversitario en Computación de Altas Prestacións. Daniel Fernández Nuñez e Isaac Fernández Varela viron os seus proxectos premiados nesta edición. José Manuel Abuín Mosquera obtivo un accésit polo seu proxecto. Os representantes das multinacionais tecnolóxicas que secundan esta iniciativa interuniversitaria única en España (IBM, HP, BULL, Fujitsu, AMD, Amazon e Gompute) destacaron a forte demanda de profesionais que experimenta un sector que non coñece a crise e crece a un ritmo anual do 7 %. Aínda que estas empresas compiten a diario pola súa cota nos mercados mundiais, colaboran en Galicia para producir perfís profesionais cunha formación científico-técnica moi demandada no mercado laboral. Como parte da súa formación, os alumnos do Máster realizaron proxectos de desenvolvemento tecnolóxico coa supervisión de profesores, e un próximo e moi interesado seguimento por parte das empresas que o patrocinan. Estes proxectos inclúen desenvolvementos destinados a sacar o máximo rendemento á capacidade dos equipos informáticos, sobre todo na execución de tarefas críticas.

Un xurado composto por membros do profesorado e técnicos de recoñecida experiencia no CESGA e nas empresas patrocinadoras decidiu os proxectos premiados. Os criterios de valoración incluían a calidade técnica do traballo, a orixinalidade e grao de innovación e a aplicabilidade de solucións. Entre os finalistas encontrábanse proxectos que abordan problemas científico-técnicos con aplicacións prácticas de alto interese para a industria. Un dos galardoados xa está a ser comercializado pola empresa Torus, unha spin-

off da UDC que comercializa un paquete de software destinado a acelerar procesos de transaccións electrónicas de alta frecuencia en mercados financeiros (high frequency trading). Ganancias en eficiencia de microsegundos na concreción de procesos tradúcense neste ámbito en inxentes cantidades de euros. En xuño, a iniciativa gañaba tamén o premio EmprendedorXXI Galicia da Caixa, por ser a máis innovadora e ter un gran potencial de crecemento. O xurado estivo formado por Alber Trill (BULL), David Mosquera (Hewlett Packard), Cristina Zárate Casanova (IBM), Adriano Galano (Fujitsu), Tomás Fernández Pena (USC), Patricia González (UDC) e Ignacio López Cabido (CESGA). 

xuño 2014  díxitos

11


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Novas do CESGA

O CESGA lanza o Plan de Igualdade 2014-2017 As institucións públicas autonómicas, estatais e europeas queren visualizar e expoñer as desigualdades de xénero que existen no ámbito da I+D+i. Fenómenos como a segregación horizontal (presenza diferenciada de mulleres e homes en áreas profesionais tradicionalmente 'feminizadas' ou 'masculinizadas'), a segregación vertical (menor presenza de mulleres nos postos de poder ou de maior xerarquía dentro da organización.) ou a "fuga de canos" (perda de mulleres ao longo da carreira científica) están moi presentes no ámbito científico-tecnolóxico. O CESGA reaccionou a este interese das institucións e moi especialmente á Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, que no seu artigo 11 establece para as fundacións do sector público autonómico a obriga de elaborar un plan en materia de igualdade de xénero. Por iso,

acabamos de lanzar o Plan de Igualdade 2014-2017. O Plan recolle un diagnóstico completo da situación do persoal do CESGA e doutros aspectos da nosa imaxe, fins e actividades relacionadas con esta materia.

o I Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do CESGA, formula unha ampla estratexia de actuación para fomentar a igualdade de xeito transversal no funcionamento da organización durante os próximos 4 anos.

A partir das conclusións extraidas do diagnóstico, o documento establece o I Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do CESGA, que formula unha ampla estratexia de actuación para fomentar a igualdade de xeito transversal no funcionamento da organización durante os próximos 4 anos. A elaboración do Plan foi subvencionada pola Dirección General para la Igualdad de Oportunidades da Secretaría de Estado de Servicios Sociales e Igualdad, do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. 

Unha nova promoción ESTALMAT visitou o CESGA O 10 de maio, a sexta promoción do proxecto ESTALMAT-Galicia para ESTímulo do TALento MATemático celebrou o seu acto de despedida. Antes do acto, ás 10:30 horas, o grupo de estudantes realizou unha visita guiada ao supercomputador ‘Finisterrae’ do CESGA. Ao longo da visita os participantes no programa interesáronse polas infraestruturas, servizos e traballos desenvolvidos polos usuarios do Centro. O acto de despedida tivo lugar na Aula Magna da Facultade de Matemáticas, nunha sesión que estivo presidida por Juan Casares Long e contou coa presenza da decana da Facultade

12

díxitos  xuño 2014

de Matemáticas, Maria Victoria Otero Espinar; do presidente de ESTALMAT-Galicia e actual reitor da USC, Juan Viaño Rey; do deputado provincial da Coruña, Manuel Costa Carneiro; do coordinador académico do Proxecto, Victor Pollán, e de membros do equipo docente. O pasado 7 de xuño tivo lugar a proba de selección da convocatoria 2014, dirixida a todos os rapaces e rapazas nacidos en 2001 e 2002 que destaquen pola súa destreza e gusto polas matemáticas.


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

CESGA e ITMATI colaboran na execución de proxectos de transferencia á industria O 28 de outubro de 2013, o CESGA e o Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) asinaron un convenio marco de colaboración para dar maior impulso ás súas actividades de transferencia de coñecemento e tecnoloxía á industria e ás Administracións. Queren tamén contribuír a pór en valor a capacidade de innovación dos grupos de investigación universitarios e a súa capacidade de resposta ás necesidades industriais. A sinatura foi formalizada por Manuel Varela Rey, director da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e presidente do CESGA, e Francisco González García, presidente de ITMATI. O convenio prevé a execución de proxectos e programas de transferencia, investigación e desenvolvemento; a promoción social e empresarial conxunta destes proxectos e programas; a cooperación en programas de formación de persoal dos sectores público e privado; a participación conxunta en convocatorias competitivas de ámbito

autonómico, estatal ou internacional; o intercambio temporal de persoal; e o asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coa actividade de ambas as dúas entidades. ITMATI colabora activamente con nove grupos de investigación en Matemática Aplicada, Estatística e Investigación Operativa das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, o que lle permite un intercambio continuo de coñecemento con case 150 investigadores de alto nivel. A principal misión do Consorcio é contribuír ao fortalecemento da competitividade no ámbito industrial e empresarial, e atender ás necesidades de innovación deste ámbito e das Administracións Públicas mediante o desenvolvemento e transferencia de tecnoloxía matemática.

Mapeamos os solos galegos En febreiro deste ano, publicamos o servidor de mapas de propiedades de solos de Galicia, que inclúe tamén un modelado a moi alta resolución dos factores climáticos que as condicionan. O mapa responde ao proxecto de investigación "Establecemento dun sistema experto de base tecnolóxica para a cuantificación de propiedades de solos en Galicia (EM2012/060)". A finalidade deste proxecto é deseñar unha base cartográfica de propiedades de horizontes superficiais, entre as que se inclúen textura do solo, contido en carbono orgánico e contido en metais traza. Ademais, e posto que o clima condiciona decisivamente a distribución das propiedades dos solos, para estimar a súa variabilidade espacial na nosa rexión realizouse un Atlas Climático Dixital de Galicia, utilizando modelos lineais non estacionarios a moi alta resolución. O proxecto está financiado pola Xunta de Galicia a través do Programa de Investigadores Emerxentes na convocatoria 2012, e conta co decidido apoio do CESGA en torno ao deseño e desenvolvemento dos sistemas de información xeográfica. Os resultados obtidos ata a data poden consultarse en: http://rgis.cesga. es/solos/propsolos.html.

Acceso centralizado aos nosos servizos A finais de xaneiro púxose en marcha o servizo hpc.cesga.es, que ofrece a posibilidade de conectarse a través dun punto de acceso único a todos os servidores de cálculo instalados no CESGA. Este servizo permite un acceso máis sinxelo e seguro a todos

os servizos de cálculo dispoñibles no Centro, xa que homoxeneiza o proceso de conexión, independentemente do servizo que se desexe utilizar.

xuño 2014  díxitos

13


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Novas do CESGA

Celebramos o Día Internacional das Rapazas nas TIC O pasado 24 de abril o CESGA celebrou o Día Internacional das Rapazas nas TIC (“Girls in ICT Day”), promovido e coordinado pola ITU (International Telecommunications Union), da que España é membro. O acto pretendía dar visibilidade ao colectivo de mulleres emprendedoras no eido das TIC e ofrecer un espazo de intercambio e comunicación entre elas e as alumnas e alumnos dos institutos de secundaria de Galicia. O CESGA promove e coordina o Proxecto Europeo ICT-Go-Girls!, Promoción do emprendemento das rapazas de secundaria a través das TIC, que se dirixe ás alumnas dos primeiros cursos de secundaria para proporcionarlles unha imaxe máis atractiva do mundo do emprendemento tecnolóxico, co obxectivo de incentivar unha maior presenza feminina no eido das TIC.

O acto estivo presidido pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, que lembrou que o crecemento intelixente debe aproveitar o talento e a capacidade innovadora das mulleres novas, mediante a súa incorporación aos estudos e profesións relacionados coas TIC, un eido no que aínda existe unha importante fenda de xénero. Pola súa banda, Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), trasladoulles ás rapazas e rapaces asistentes os resultados do último estudo sobre a Situación Laboral das Enxeñarías en Informática en Galicia, dos Colexios Profesionais de Enxeñaría Informática e Enxeñaría Técnica en Informática, que indican a alta empregabilidade dos enxeñeiros, “con preto dun 92 por cento traballando e máis do 77 por cento con contrato indefinido”.

Tamén participaron na iniciativa a Consellería de Educación, a USC, o Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, 4 mulleres galegas emprendedoras no ámbito das TIC e 13 centros de ensino, entre os que se encontran os dous centros piloto involucrados no proxecto ICT-Go-Girls: o CPI O Cruce (Cerceda) e o IES Rosalía (Santiago de Compostela).

  Intervención das emprendedorasdurante o acto

Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade

O CESGA, Galego do Ano para o Grupo Correo Gallego En novembro de 2013, coincidindo co noso XX aniversario, o noso Centro recibiu o galardón Galego do Ano que outorga cada ano o Grupo Correo Galego. As redaccións deste Gru-

14

díxitos  xuño 2014

po recoñeceron así o noso servizo á comunidade investigadora de Galicia e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

Vinte anos de compromiso coa innovación científica e tecnolóxica En 1990, José Manuel Gallardo, delegado do CSIC en Galicia, propuxo ás Administracións galega e central implantar en Galicia un nodo de coñecemento de supercomputación. A proposta foi tan ben acollida que tres anos despois, o 10 de maio de 1993, inaugurábanse as instalacións do noso Centro co que por entón era o supercomputador máis potente de España e o 146º máis potente do mundo, baixo a dirección de Juan Casares, exrreitor da Universidade de Santiago. O pasado mes de decembro, celebramos o noso XX aniversario cun acto no que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, describiunos como aliados estratéxicos para afrontar o desafío de «facer de Galicia un polo de coñecemento científico e tecnolóxico que se traduza en competitividade para as empresas e en maior calidade de vida para os cidadáns». A chegada de 'Finisterrae' en abril de 2008 supuxo un salto evolutivo, xa que naquel momento estaba no posto 100º da lista de supercomputadores máis rápidos do mundo. O Ministerio de Ciencia e Innovación recoñeceu ao CESGA como Infraestrutura Científico Tecnolóxica Singular (ICTS), co que pasou a ser un centro de referencia estatal e internacional. Núñez Feijóo afirmou que a evolución do CESGA convérteo na locomotora da ciencia e da innovación galega. Nos últimos dez anos, ata decembro de 2013, xurdiron do Centro máis de 2.000 artigos de investigación, 210 teses doutorais e 59 libros ou capítulos de libros; ademais, albergou 171 proxectos de investigación que mobilizaron 533 millóns de euros. Na actualidade, o CESGA dá servizo a 550 investigadores e xestiona unha rede que usan diariamente 90.000 persoas, implicadas directa ou indirectamente na procura de progreso científico.

 Presidente da Xunta, presidente do CESGA e actual e anteriores presidentes do Centro

A supercomputación, chave de innovación para a Administración local Durante o pasado mes de febreiro, a alcaldía de Santiago de Compostela visitou as instalacións do CESGA, onde foi recibida por Manuel Varela, presidente do Centro, Javier García Tobío, o seu director xerente, e Eduardo Pardo de Guevara e Valdés, Coordinador Institucional do CSIC en Galicia. O seu máximo responsable expresou o seu orgullo e admiración por contar con esta infraestrutura científico tecnolóxica singular do Estado e agradeceu o ofrecemento do Centro para facer uso da nosa tecnoloxía no SMART iAgo. «Ademais de permitir o avance en materia de ciencia e tecnoloxía, este Centro pode permitir a

monitorización de aspectos claves no funcionamento da cidade, na liña do que dende o Concello pretendemos co proxecto SMART iAgo», afirmou. A iniciativa SMART iAgo ten como obxectivo formular solucións tecnolóxicas orientadas á xestión e á resolución da problemática específica das cidades Patrimonio da Humanidade nos seus centros históricos. Tamén considera decisivo que a Administración local poida usar recursos de supercomputación no cumprimento das súas competencias.

xuño 2014  díxitos

15


Fujitsu líder en High Performance Computing

Fujitsu impulsa el desarrollo de la Sociedad y la Ingeniería a través del uso de la Supercomputación y el Big Data Fujitsu es un líder reconocido en el mercado HPC, con prestigiosas referencias en diferentes mercados basadas en una propuesta de valor única: una tecnología innovadora y able, las mejores alianzas en el mercado HPC, y los mejores servicios y soporte HPC.

Intel, el logotipo Intel, Xeon, Xeon Phi, y Xeon Inside son marcas registradas de Intel Corporation en Estados Unidos y en otros países.

Servidores PRIMERGY con procesadores Intel® Xeon®

DIXITOS JUNIO 2014  

Publicación periódica de la Fundación CESGA

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you