Page 1

Infraestructuras CientĂ­ticas y Tecnicas Singulares

Novas do Centro de SupercomputaciĂłn de Galicia Xullo 2018

25 investigador@s

anos conectando


Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

DIRECCIÓN Ignacio López Cabido COORDINACIÓN Fernando Bouzas Sierra COLABORAN Growcom DESEÑO, GRAFISMO E MAQUETACIÓN

Recetga:

A autoestrada galega do coñecemento

Grupo Código Cero Comunicación, S.L. FOTOMECÁNICA E IMPRESIÓN Gráficas Garabal, S.L. DEPÓSITO LEGAL C 1604-1998 ISSN 1139-563X EDITA FUNDACIÓN CESGA Avenida de Vigo, s/n (Campus Vida) 15705 Santiago de Compostela Telf. 981 569 810 - Fax. 981 594 616 dixitos@cesga.gal

CONTIDOS [ 2 ] RECETGA: A autoestrada galega do coñecemento [ 6 ] Máis de 1.670 millóns de veces a velocidade inicial [ 7 ] 265.000 de usuarios e subindo [ 8 ] A clave da investigación interdisciplinar [ 9 ] As necesidades dunha grande empresa

——A rede específica de Internet que conecta a todos investigadores galegos entre eles e coa comunidade científica internacional é xestionada desde 1993 polo Centro de Supercomputación de Galicia. Esta infraestrutura autónoma, con equipos propios e canles máis potentes que as convencionais, implica servizos especiais que garanten a fluidez e a efectividade do tráfico de coñecemento grazas ao equipo técnico do CESGA

C

ando un transporte especial circula polas nosas estradas, procúrase que a maior parte do traxecto se faga de noite –cando menos tráfico hai– e, aínda así, é inevitable que ralentice nalgún punto a circulación e mesmo chegue a entorpecela. Foi o que pasou o 5 de marzo de 2017 na A-52, cando un camión cunha dovela de 47 metros que ía ser usada na ampliación da ponte de Rande quedou avariado á altura de Barbantes. Eran as nove da noite. Por fin, a intervención das patrullas de Tráfico permitiu que os coches puidesen dar a volta e seguir pola nacional logo dun bo atasco. Mentres, os vinte camións atrapados detrás do transporte especial tiveron que agardar a que se solucionase a avaría para poder continuar.

[ 10 ] O éxito do traballo en Rede [ 11 ] A universidade conectada ao mundo [ 12 ] A docencia 4.0 [ 13 ] Alén do acelerador europeo de partículas [ 14 ] Ata a outra punta do planeta [ 15 ] Navegar pola sustentabilidade

A Fundación CESGA é unha organización sen animo de lucro ao servizo da investigación científica, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación dende 1993. Participan na Fundación CESGA a Xunta de Galicia e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Infraestructuras Cientíticas y Tecnicas Singulares

As infraestruturas xestionadas pola Fundación CESGA foron parcialmente financiadas pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e do Goberno de España, a través do Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO), así como pola Xunta de Galicia e o CSIC. A Fundación CESGA xestiona unha infraestrutura integrada na Rede Española de Supercomputación, unha Infraestrutura Científico Tecnolóxica Singular (ICTS) do Estado.

2

díxitos  xullo 2018

Sempre se trata de cousas enormes que pesan moitas toneladas, nada que ver coas manexables mercadorías transportadas a diario nos miles de furgonetas e camións que transitan polas estradas ao mesmo ritmo que os nosos utilitarios. O mesmo que pasa cos obxectos físicos que circulan pola rede viaria ocorre coa información que transporta Internet, que ao fin e ao cabo non é máis que mercadoría virtual. Seguindo coa analoxía, cando calquera persoa manda un correo a un amigo ou consulta unha web para mercar algo é coma se transportase unhas caixas nunha furgoneta. Pero, ¿que ocorre cando un investigador da universidade ten que compartir os resultados dun proxecto cun colega ou cunha empresa? Ese feixe de xigabits equivale á enorme viga metálica que viaxa nun enorme camión articulado. Imaxinemos agora que queremos mandar un email ou rematar a compra online dun artigo en promoción por tempo limitado e temos que quedar á cola porque un científico quere mandar un paquete de datos a un colega. Impensable, ¿verdade?

A máis potente de España A implantación da tecnoloxía ATM á Recetga converteuna, só dous anos despois do seu nacemento, na rede de comunicacións académica máis potente de España. Mantivo esta característica durante un tempo, no que foi a única con velocidades de 155 Mbps en circuitos de longa distancia, o que supoñía non só conectar as cidades entre elas senón tamén permitir a súa extensión a puntos externos aos núcleos urbanos. A alta calidade de transmisión de vídeo e audio da Recetga grazas a esta nova tecnoloxía permitiu montar en Galicia unha rede de aulas de teleensino e a realización de experiencias moi innovadoras, como a retransmisión da primeira operación desde un quirófano galego do Hospital Juan Canalejo, seguida desde a Universidade da Coruña.


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

 Acto de presentación de RECETGANOVA celebrado no CESGA en 2013 De esq. a der.: Javier García Tobío, entón director xerente CESGA, Tomás de Miguel, entón director RedIRIS, Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, José Ignacio Doncel Morales, S.G. de Grandes Instalaciones Científico-Técnicas, Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, Manuel Varela, entón presidente CESGA.

Afortunadamente, isto xa se tivo en conta desde os inicios de Internet. En Galicia, supuxo a posta en marcha en 1993, fai xusto 25 anos, dunha autoestrada paralela á rede convencional e específica para a comunidade científica: a Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Recetga). É a Internet das universidades e dos centros de coñecemento galegos. Só para eles e á marxe da rede que usamos todos os demais.

Para Galicia, contar cunha infraestrutura destas características é a chave da competitividade na contorna global, na que a investigación é inconcebible sen comunicación e colaboración. A Recetga é hoxe a ferramenta sen a que sería imposible que o coñecemento obtido desa investigación se poña en valor en forma de innovación, a maior fonte de crecemento económico e benestar social na actualidade e de cara ao futuro.

A Recetga cumpre agora 25 anos e xa hai tempo que superou os 200.000 usuarios, todos eles coas facilidades que supón unha conexión de capacidade e velocidade excepcionais. Ao longo deste cuarto de século evolucionou ao ritmo dos requerimentos dun contexto no que o coñecemento en movemento é o ben máis prezado e o motor da sociedade e da economía.

Desde os seus inicios, e detrás da continua evolución que a levou a ser un referente a nivel estatal, a Recetga está xestionada polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e tanto a súa posta en marcha como a súa permanente actualización son unha realidade grazas ao soporte económico da Xunta de Galicia e do Goberno central.

Aqueles mozos do CERN Na memoria do CESGA quedou a visita, en 1993, de Miguel Marquina e Ignacio Reguero. Aqueles dous mozos, que viñeran invitados pola USC para dar unha charla, aproveitaron a viaxe para instalar unhas aplicacións do CERN no supercomputador do centro galego. A súa intervención nas xornadas sobre informática e comunicacións organizadas naquelas datas pola Universidade supuxo a primeira noticia aquí sobre o sistema Word Wide Web (WWW), deseñado polo CERN, onde traballaban daquela e continúan na actualidade, exercendo postos de responsabilidade.

RedIRIS e GEANT A Recetga naceu coma prolongación do nodo de RedIRIS en Galicia. Esta última non só interconecta todas as universidades e centros de investigación españois, senón que permite a conexión destes co resto do mundo a través do enlace coas redes internacionais. A RedIRIS tamén está de aniversario especial, xa que naceu no ano 1988. Na actualidade ten adscritas máis de 500 entidades, principalmente universidades e centros públicos de investigación. Á súa vez, a conexiaón a GÉANT, a rede europea que comezara a operar en 1991, garante as comunicacións dos investigadores españois a nivel internacional, xa que interconecta 50 millóns de usuarios de 10.000 institucións de toda Europa. Ademais, enlaza o continente con outros 65 países do resto do mundo. Isto é o que fai posible desde hai xa case dúas décadas que un investigador galego poida, por exemplo, manter a custo cero para el unha reunión por videoconferencia vía Internet cun colega arxentino.

xullo 2018  díxitos

3


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

 De esquerda a dereira: Javier García Tobío, exdirector xerente CESGA, Tomás de Miguel, exdirector RedIRIS, Ignacio López Cabido, Subdirector Técnico CESGA

O ancho de banda dun smartphone antigo Nos seus inicios, a Recetga proporcionaba unha velocidade de conexión de 64 Kbps (kilobits por segundo) para toda a comunidade científica galega. Isto viña supoñer que todos os investigadores das tres universidades compartían a mesma velocidade de conexión a Internet que tiña un smartphone hai cinco anos. Aínda así, foi un fito en España e, desde a súa posta en marcha, vén sendo un referente entre o conxunto das redes autonómicas pola súa calidade. Hoxe a velocidade é nada menos que de 10 Xbps (xigas por segundo), unha evolución acorde ao imperativo de ter redes de comunicación moi potentes para levar a cabo proxectos de investigación cooperativos e iniciativas de innovación aberta nunha contorna na que a ciencia non ten fronteiras e avanza a contrarreloxo. A posta en marcha da Recetga supuxo a posibilidade de interconectar a todos os investigadores universitarios e de centros públicos de Galicia, ao tempo que facía posible que a súa presenza a nivel internacional adquirise outra dimensión. O CESGA supuxo para todos eles a porta de entrada a Internet e, polo tanto, o acceso ao mundo enteiro.

4

díxitos  xullo 2018

Primeira alarma de saturación Nos seus inicios, a rede estableceu diferentes rangos de conexión en función do número de usuarios e do volume de información transmitido por cada centro. Porén, a tecnoloxía que soportaba esta rede primixenia non podía seguirlle o ritmo ao aumento significativo no número de usuarios e á aparición de novas aplicacións que, ao tempo que facilitaban o traballo, incrementaban as necesidades de ancho de banda das súas comunicacións. Foi a primeira alarma de posible saturación da Recetga, que foi atallada a tempo polo CESGA co apoio económico do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). A solución para convertir a rede orixinal nunha rede de banda ancha atopouse na última tecnoloxía dispoñible naquel momento: a ATM (de asynchronous transfer mode, en galego: modo de transferencia asíncrona). Permitía por primeira vez a transmisión simultánea de voz, vídeo e datos a altas velocidades. Para a súa implantación, o CESGA apoiouse na rede de radioenlaces da Radio e Televisión de Galicia. De feito, isto converteu a Recetga na primeira rede de banda ancha ATM montada sobre radioenlaces.

De Vigo a Ourense pasando por Houston Nos primeiros anos de Internet, era común que un correo electrónico enviado, poñamos por caso, por un usuario de Vigo a outro de Ourense chegase ao seu destino logo de pasar polos Estados Unidos ou calquera outro punto afastado do estranxeiro. Era o que ocorría habitualmente entre usuarios de diferentes provedores de telecomunicacións ata que alá polo ano 1999 as principais operadoras fixeron un esforzo común por instalar os primeiros puntos neutros de intercambio de tráfico de Internet. Os puntos neutros son nodos nos que conflúen varias redes para que o tráfico entre usuarios de diferentes compañías dentro dunha mesma zona poida transitar localmente, sen dar voltas de centos ou miles de quilómetros. O resultado son comunicacións máis rápidas e unha rede global menos conxestionada. No ano 2002 botaba a andar o GALNIX (Galician Neutral Internet Exchange Point) a iniciativa do Foro da Sociedade da Información. O punto neutro galego era o terceiro en España, só por detrás dos activados en Madrid (ESPANIX) e Cataluña (CATNIX). Un dos efectos inmediatos da posta en marcha do GALNIX foi un contexto de maior facilidade para as relacións entre a comunidade científica galega e o tecido empresarial –que se estendeu á Administración e aos fogares, apoiados tamén en redes de diferentes operadores–. A transferencia de coñecemento iniciaba así en Galicia unha nova era.


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

A construción da ponte con Portugal A conexión da autoestrada galega do coñecemento co país veciño foi un proxecto que os promotores da Recetga tiveron en mente desde o primeiro momento. A oportunidade para facelo realidade chegou en 2003 co compromiso da Unión Europea a través dos FEDER, que cofinanciaron nun 75% os 4 millóns de euros da iniciativa a través do programa Interreg III, completando o resto a Xunta de Galicia e os gobernos español e portugués.

A orixe da tecnoloxía no fogar Aínda que as operadoras de Internet se apropiaron rapidamente nas súas estratexias de márketing do termo banda ancha para referirse a tecnoloxías coma o ADSL e diferencialas así das tradicionais a través de fío telefónico, o certo é que este termo era o empregado orixinariamente para denominar de xeito case exclusivo as redes de investigación. Pero a conexión está aí, xa que, ademais de funcionar como ferramentas de comunicación na contorna científica, estas redes especializadas veñen servindo como banco de probas para experimentar e desenvolver as tecnoloxías das que hoxe xa se poden beneficiar as empresas e que todos podemos desfrutar nos nosos fogares. Foi o caso do streaming de audio e vídeo, a videoconferencia vía IP ou o almacenamento e a compartición na nube de grandes volumes de datos. Todos estes avances, logo de ser concibidos para solucionar necesidades no ámbito científico, están xa ao alcance de calquera internauta.

A nova rede, implantada en 1995, non só supuxo un salto de capacidade moi importante, cun ancho de banda de entre 34 e 622Mbps, senón tamén a asignación dinámica de recursos segundo as necesidades e a demanda, coa vantaxe engaida de permitir o seu posterior crecemento, xa que se trataba dunha infraestrutura flexible e modular.

Só un par de anos despois, en 2005, o proxecto Torga.net materializábase na primeira rede de comunicacións para a comunidade científica e tecnolóxica da Eurorrexión. Quedaron así conectados desde aquela os campus galegos cos da Universidade de Minho, situados en Braga e Guimarães. E, a partir desta autoestrada, o resto das universidades e centros tecnolóxicos galegos e portugueses, ademais do punto neutro de intercambio de tráfico de Internet (GALNIX). No marco do proxecto Torga.net quedou instalada tamén a primeira rede de salas Access Grid da Península Ibérica, con sete puntos de conexión situados nos campus galegos e portugueses e un punto móbil. Esta tecnoloxía de conexión telemática permite o traballo en colaboración de grupos de investigación distantes entre eles. As salas foron equipadas con tecnoloxía de transmisión de audio e vídeo, o que permite a realización de videoconferencias de alta calidade ao mesmo tempo que se comparten documentos ou se analizan datos en tempo real.

Xa en 2004, produciuse a migración á fibra óptica, deixando os radioenlaces como recursos de reserva en caso de problemas. A tecnoloxía ATM, dominante durante anos na contorna das operadoras pola súa gran capacidade, mantívose na base da Recetga ata 2011.

800 veces máis potente En efecto, o inicio da presente década supuxo a renovación completa dos cementos da rede. En 2011 nacía a Recetga-Nova, unha infraestrutura que multiplicaba por 800 a

Os 3,4 millóns de euros investidos por Xunta e Goberno central na Recetga-Nova supoñían unha inxección de enerxía para o ecosistema de innovación galego. As comunicacións alcanzaban un novo nivel dentro de Galicia, onde se ampliaban a parques tecnolóxicos e spin-offs universitarias, pero tamén entre Galicia e o resto do mundo, cunha conexión máis rápida, fiable e económica que se foi reforzando de xeito continuado ata hoxe.

TIMELINE: 1993. Nace a Recetga. 1994. Transmisión experimental de datos por fibra óptica durante a emisión de TVG do Salón

da Enerxía en Silleda.

1994. Primeiro proxecto de telemedicina en Galicia para a consulta vía Internet desde os

hospitais de Ourense e Verín con especialistas.

1995. Optimización da Recetga a banda ancha mediante a tecnoloxía ATM. 1998. Plan SIEGA da Xunta para conectar todos os centros públicos de ensino primario de

Ademais, o CESGA desenvolveu, en colaboración coas Universidades de Vigo e do Minho, unha plataforma de computación Grid que permite realizar cálculos científicos de forma remota en ordenadores distribuídos pola rede Torga. net.

capacidade da súa antecesora e que abría así unha ventá de oportunidade sen precedentes para o desenvolvemento científicotecnolóxico de Galicia. Cun ancho de banda de 10 Xbps por enlace, as posibilidades para compartir coñecemento entre as universidades, os centros de investigación e as empresas alcanzaban cotas difíciles de imaxinar só uns anos antes, ao tempo que as institucións académicas vían abertas as portas dos fogares galegos a través de iniciativas de ensino masivo online.

Galicia a Internet no curso 2001-2002.

1999. Presentación do primeiro navegador de Internet que incorpora a lingua galega, o Inter

net XIS.

2002. Posta en marcha do punto neutro de tráfico de Internet en Galicia (GALNIX). 2004. Migración á fibra óptica. 2005. Conexión coa Eurorrexión a través do proxecto Torga.net. 2011. Transformación en Recetga-Nova. A capacidade multiplícase por 800. 2014. Estrea do dominio.gal, aberto a calquera web en galego ou sobre a lingua e a cultura galegas.

xullo 2018  díxitos

5


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Máis de 1.670 millóns de veces a velocidade inicial

4. Adaptación a novos protocolos. O protocolo de Internet é o sistema

 Responsables Técnicos RECETGA: Natalia Costas, Ignacio López e Juan Villasuso

A

finais deste ano, a Recetga terá un ancho de banda de 100 Xigabites por segundo por enlace. Isto supón unha velocidade de conexión que multiplica por máis de 1.670 millóns a que tivo a primeira visita a Internet desde Galicia no ano 1993. Así e todo, os retos de futuro nunha contorna cada vez máis conectada crecen a un ritmo aínda maior, polo que os técnicos do CESGA traballan sobre futuros escenarios para garantir a capacidade de resposta da Recetga ante estes desafíos:

1. Máis ancho de banda. As tecnoloxías emerxentes como a Internet das cousas e o big data, baseadas no tráfico de inxentes cantidades de información, farán que as necesidades de ancho de banda se sigan incrementando. A isto contribuirá tamén a previsión de que o número de dispositivos conectados siga crecendo de xeito exponencial. Aos ordenadores, smartphones e tablets xa se sumaron smartwaches, coches e televisores, entre outros, e de camiño veñen os frigoríficos, a roupa e os espellos, por exemplo.

6

díxitos  xullo 2018

2. Máis seguridade. Dado que cada vez haberá un maior número de dispositivos conectados intercambiando unha cantidade de datos progresivamente máis alta, o problema da seguridade demanda cada vez unha maior atención. A ciberseguridade é unha preocupación crecente para os técnicos, que a converteron nunha prioridade para tratar de adiantarse ás ameazas. 3. Máis virtualización. Todo apunta a que moitos dos servizos da Recetga se prestarán de forma virtual nun futuro non moi lonxano. Así, a priori aparecerán redes virtuais específicas para usos ligados á supercomputación, o tráfico de datos dos grandes proxectos científicos e as videoconferencias, entre outros. Isto, que na práctica supón desdobrar a rede a través de canles paralelas virtuais para usos específicos, permitirá garantir un mellor servizo e a desconxestión da rede física. Neste mesmo contorno sitúase a implementación da tecnoloxía das denominadas redes definidas por software, permitindo axilizar o despregue de novos servizos aos usuarios, xestinando calquera parte da rede desde un punto centralizado.

de identificación que utiliza a rede para enviar información entre dispositivos. Faino a través das direccións IP, que identifican cada conexión igual que un número de teléfono. A versión actual deste protocolo é a IPv4 e xa está quedando sen direccións libres, a piques de esgotar os 4.295 millóns dispoñibles inicialmente. Será substituída en breve pola versión IPv6, dotada cunha cantidade de direccións dificilmente esgotables: 340 sextillóns. A IPv6 xa está dispoñible na Recetga desde hai 15 anos, así que a súa implantación integral non suporá un problema.

5. Maior especialización. Unha das razóns de ser da Recetga nos seus inicios era a conexión con enlaces propios á práctica totalidade dos centros aos que lle proporcionaba acceso a Internet. Era así como suplía as limitacións das operadoras comerciais, que daquela non podían subministrar anchos de banda tan grandes ou, se o facía, era a custos inasumibles. Na actualidade, as operadoras teñen largo de banda para ofrecer moita máis capacidade a prezos razoables, polo que o CESGA, como xestor da Recetga, pasou de concentrar gran parte dos seus esforzos en estendela punto por punto a focalizarse na rede troncal. É por isto que a función da rede se concentra cada vez máis en interconectar grandes institucións e centros de investigación con requerimentos moi esixentes e a estes co resto do mundo.


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

265.000 usuarios e subindo

A

Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Recetga) acadou xa os 265.000 usuarios coa perspectiva de seguir sumando e a tranquilidade de contar cunha infraestrutura preparada para crecer. Ademais de darlle soporte ao uso da Internet en condicións óptimas aos investigadores e tecnólogos das universidades, entidades de investigación e centros tecnolóxicos galegos, a rede prové dunha conexión privilexiada aos docentes e alumnos tanto das universidades como dos centros públicos de ensino secundario de Galicia. A Recetga actual sustenta a calidade do seu servizo na colaboración continuada entre o CESGA e os xestores da a rede estatal, optimizada para toda España desde 2012 baixo a denominación RedIrisNOVA. Esta cooperación foi tamén o que lle permitiu á Recetga converterse no que

é hoxe: unha rede de moi alta velocidade construída sobre circuítos en propiedade que percorre as sete cidades nas que se asentan os campus universitarios e, á súa vez, está interconectada con Portugal.

aí a todo o mundo. Estes enlaces compleméntanse con outro entre Vigo e Porto que reforza a unión en condicións óptimas das redes galega, española e portuguesa.

A infraestrutura de fibra óptica que cimenta a rede na actualidade foi adquirida con base nun contrato de 21 anos, o que garante a súa operatividade ata 2032. A tecnoloxía que a soporta, denominada de conmutación óptica, fai posible incrementar a velocidade dos circuítos cambiando simplemente os equipos de conmutación, é dicir, sen intervir directamente sobre a infraestrutura troncal da rede. Isto supón que a rede se manterá actualizada coa última tecnoloxía con relativa facilidade e durante un longo período.

Practicamente infalible

A conexión co resto de España realízase a través de circuítos que enlazan Lugo con Oviedo e Ourense con León, desde onde acceden ao resto de España e de

Os usuarios que se conectan a Internet a través da Recetga teñen a sorte de que ningún fallo simple en ningún circuíto nin equipo pode provocar caídas de servizo. Isto é posible grazas a que está dotada de redundancia total, o que quere dicir que todos os equipamentos e rutas están replicados para que os “de reposto” suplan os principais en caso de fallo. Na práctica, o nivel de incidencias desde que se implantou a Recetga-Nova ten sido moi reducido, nalgúns anos mesmo inexistente. Por isto, e polo nivel do servizo, a satisfacción reportada polos usuarios é excelente.

50% centros públicos de ensino de Secundaria (1.306 institutos)

265.000

usuarios

40% das tres universidades galegas

-- USC -- UDC -- UVIGO -- 5 centros tecnolóxicos: Anfaco, Cetmar, CISGalicia, Ceteca, Intecmar.

10% dos centros tecnolóxicos e entidades de investigación públicas de Galicia

-- 1 parque tecnolóxico: Tecnópole. -- 5 centros do CSIC: IEGPS, IIAG, IIM, Incipit e Delegación territorial. -- 2 centros do IEO: A Coruña e Vigo. -- 3 entidades hospitalarias: COG, CHUS e Inibic. -- 4 organizacións públicas: CEIDA e instalacións de FEUGA en Santiago, A Coruña e Vigo

xullo 2018  díxitos

7


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

A clave da investigación

interdisciplinar

N

a Universidade de Vigo aínda lembran como os usuarios “quedaban marabillados coas posibilidades” do acceso a Internet a través da rede de alto rendemento Recetga no momento da súa implantación. “Foi unha revolución”, apunta Juan Aguiar, director da Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións (ATIC). Iso si, precisa, máis rápida en propagarse nas facultades técnicas que nas humanísticas. “Naqueles tempos para conectar un computador había que desmontalo, meter a tarxeta de rede e configurala. Non era nada fácil”, apunta. E iso supoñendo que o edificio estivese cableado e non fose preciso empezar de cero! Nesa prehistoria das comunicacións na institución os usos máis estendidos eran o correo electrónico e a transferencia de ficheiros, o que facilitou moitísimo a comunicación entre investigadores de distintos países e o intercambio de coñecementos. A única forma de buscar información ata entón era acudir ás bibliotecas e mergullarse en revistas especializadas, sen moitas garantías de éxito. “É un dos ámbitos nos que Recetga é clave porque facilita o desenvolvemento de proxectos interdisciplinares”, indica Aguiar, con todo o que iso supón para mellorar a calidade da investigación. Coas infraestruturas e proxectos do Recetga –en computación, transmisión de vídeo ou almacenamento– “a investigación é máis sinxela, máis competitiva e é máis fácil transmitir o coñecemento científico”. En definitiva, insiste o responsable da ATIC da Uvigo, “fai máis sinxelo que os investigadores obteñan resultados”. A Universidade de Vigo dispón para o día a día das súas comunicacións de dobres ligazóns de 10 xigas que garanten a eficiencia do sistema. Que o provedor sexa próximo permite traballar con fluidez nas melloras que sexan necesarias. Coa plena integración coa rede nacional RedIRIS, ademais, calquera problema que xorde soluciónase eficazmente. “E ao ser público – engade Juan Aguiar–, os custos e a xestión

8

díxitos  xullo 2018

“Actualmente a maioría das aplicacións tanto de investigación como administrativas dependen da rede, así que se pode considerar un servizo imprescindible”, resume Aguiar. dos proxectos son moi atractivos para as institucións coma a nosa”. O custo económico non é única “vantaxe competitiva” da conexión da universidade coa Recetga e da opción de levar adiante “proxectos a medida” co persoal do CES-

GA. A capacidade da rede foi determinante en aplicacións en tempo real como a videoconferencia, utilizada pola universidade viguesa case desde o principio. Co proxecto TORGA.net para a creación dunha rede de comunicacións avanzadas de última xeración entre os campus galegos e os de Braga e Guimaraes, en Portugal, a Universidade de Vigo dotouse de catro aulas Access Grid para videoconferencias de alta calidade, onde a dispoñibilidade da rede que achega a Recetga é fundamental. “Actualmente a maioría das aplicacións tanto de investigación como administrativas dependen da rede, así que se pode considerar un servizo imprescindible”, resume Aguiar. 


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

As necesidades dunha

grande empresa

 Antonio Perez Casas USC

Por iso, as principais vantaxes para a USC de contar desde o primeiro momento coa rede Recetga e co soporte do equipo técnico do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) foron “o acompañamento, a formación conxunta e as oportunidades de coordinación entre as universidades e os centros de investigación de Galicia”, sinala Pérez Casas. “Ao ter un socio tan próximo e eficaz, puidemos adaptarnos en todo momento de forma áxil aos servizos e ligazóns que necesitabamos para a conexión entre os nosos campus e con outras redes de investigación”, engade, en referencia á RedIRIS española ou á GÉANT europea.

A

Universidade de Santiago de Compostela (USC) foi unha das primeiras do Estado en integrar todos os seus centros, sen distinción entre facultades de ciencias e humanidades, nunha rede común. Foi en 1993, cando puxo en marcha o seu Plan Estratéxico de Comunicacións (Pecus). Nunha primeira fase habilitouse o correo electrónico e o servizo interno de noticias para dar o salto logo ao acceso a recursos en rede (Internet, transferencia de arquivos con FTP e web) e, paulatinamente, ao resto de servizos, como a computación en rede ou as videoconferencias.

A proximidade na relación entre o CESGA e a USC é física tamén. Comparten campus e iso fixo posible unirse en moitas xornadas de formación e aprendizaxe. “O carácter público é fundamental porque falamos a mesma linguaxe e todos os proxectos desenvolvidos estes anos foron abertos e con total confianza, con todos colaborando no mesmo sentido”, destaca Antonio Pérez Casas. Con case 5000 traballadores e máis de 20.000 usuarios diarios, a institución ten “as mesmas necesidades que unha grande empresa”, ilustra Antonio Pérez Casas, responsable da rede de datos da Área TIC da USC. Pero a maiores están todas as variadas funcións ás que lles hai que dar soporte relacionadas coa docencia, desde o campus virtual ás aulas de informática; coa investigación (recursos bibligráficos, laboratorios con equipamentos moi diversos, cálculo intensivo ou a conectividade internacional de redes e de persoas); e, por suposto, os departamentos administrativos, entre os que mesmo está a xestión hostaleira das residencias universitarias.

Ademais dun incremento inasumible do custo polas necesidades de maior velocidade de conexión que a USC foi requerindo durante estes 25 anos, calquera alternativa de rede privada á Recetga supoñería, en opinión da universidade compostelá, limitarse “a contratos por escrito con pouca capacidade para adaptarse aos proxectos piloto ou ás oportunidades de participar en iniciativas de RedIRIS”. É o caso, por exemplo, do programa Ópera Aberta, co que a partir de 2001 a USC ofrece á comunidade universitaria a retransmisión de espectáculos en directo desde o Gran Teatro do Liceo de Barcelona.

xullo 2018  díxitos

9


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

O éxito do

traballo en rede

T

oda a información científica obtida nas lonxas repartidas pola costa española, das mostraxes biolóxicas en laboratorios e dos observadores a bordo de buques comerciais introdúcense, procésanse e analízanse nos servidores da sede central do Instituto Español de Oceanografía (IEO) en Madrid e nos do resto de centros do organismo. Ata alí chegan tamén as comunicacións periódicas, mesmo cada hora, da súa rede de boias para medir a temperatura da auga e do aire, a salinidade ou a altura das ondas. E, por suposto, os avances das investigacións doutras entidades e centros marítimos do mundo. Parecen moitos, pero en realidade son só algúns dos innumerables datos manexados polo IEO na súa tarefa cotiá de investigación, xestión e ordenación dos recursos e avaliación da contaminación mariña. “Hoxe en día a investigación sen comunicación, intercambio de datos e fluxos de información non ten ningún sentido”, describe Victoria Besada, directora do centro costeiro do IEO en Vigo. “Implicaría directamente estar illado e atrasado – insiste– ante os avances necesarios para facer un labor punteiro”.

“A implantación desta rede foi valente e crucial para incrementar a potencialidade e as sinerxias de moitas das iniciativas que dependían das TIC”

Internet fai posible tamén o traballo online no centro e organizar reunións en directo tanto a escala nacional coma internacional coas institucións da Unión Europea e co Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES), habituais para o IEO como referente español en investigación mariña.

pezar a traballar “con total fluidez” con servidores e investigadores “de practicamente calquera parte de España e do mundo. Algo fundamental para un centro de investigación que opera en rede con outros centros do IEO e internacionais”, apunta a súa directora. A conexión á rede con radio-enlace a partir de 2002 deu outro impulso “vital” para poder abordar proxectos e iniciativas que, “de non ser por este soporte, non serían factibles” e incrementar “as nosas posibilidades de desenvolvemento”.

Cunha infraestrutura de comunicacións “case doméstica” de RDSI e ADSL ata finais dos anos 90, a implantación da Recetga foi “un salto cualitativo e cuantitativo enorme”. A capacidade potencial para as comunicacións acadou daquela os 155 megas. O centro vigués puido em-

Entre esas iniciativas impensables sen as prestacións da Recetga para relacionarse con outros centros de investigación están os proxectos internacionais do Observatorio Oceanográfico da Marxe Ibérica (Raia), que reúne a un elevado número de entidades da costa atlántica

10

díxitos  xullo 2018

de España e Portugal coa misión de dar información fiable e útil sobre o estado do mar ás administracións, ás empresas e á cidadanía en xeral. É tamén o caso do proxecto europeo Mareframe, no que o IEO participa para que a xestión da pesca poida enfocarse máis á situación dos ecosistemas. “A atención que recibimos do CESGA foi sempre eficiente e eficaz”, valora Besada, que destaca, sobre todo, o apoio en momentos de problemas (avarías, desconexións ou cambios de equipos) e “a profesionalidade e implicación do persoal”. “A implantación desta rede –continúa a responsable do IEO en Vigo– foi valente e crucial para incrementar a potencialidade e as sinerxias de moitas das iniciativas que dependían das TIC”.


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

A universidade conectada ao mundo

A

s primeiras retransmisións en moi alta definición de operacións de cirurxía cardíaca desde un quirófano do antigo hospital Juan Canalejo ao paraninfo da Universidade da Coruña (UDC) cumpren dúas décadas. A elevada capacidade da Recetga permitiu o que hoxe é case unha rutina nos congresos médicos, pero que naquel momento supuxo “un fito tecnolóxico moi excepcional”, como rememora Carlos Escudero Cascón, adxunto ao reitor para o Servizo de Informática e Comunicacións. Ao dispoñer dunhas infraestruturas de comunicacións centralizadas e de alto rendemento, a universidade coruñesa puido iniciar á vez un proxecto de reestruturación da súa propia rede e unificar varias que coexistían vinculadas a diferentes funcións. “Implantouse neses anos unha rede converxente de altas prestacións que integraba de forma pioneira en España as posibilidades de comunicacións de voz e de datos sobre unha única rede de transporte”, explica. Foi tamén a ocasión perfecta para interconectar os campus da Coruña e de Ferrol e igualar as condicións de acceso para todos os investigadores, independentemente da súa localización. Pola súa relación con centros doutros países, a comunidade investigadora “sempre foi a que máis servizos de comunicacións demandou”, segundo Escudero, “e cada vez para sistemas máis esixentes”. As decisións sobre a Recetga tómanse “pensando nos intereses dos nosos centros de investigación”, valora. Hai unha razón máis que fai desa estreita relación e do carácter público da rede un extra a maiores sobre a sempre necesaria capacidade técnica: “Pódense ofrecer servizos avanzados de conectividade a proxectos de interese social ou á

comunidade galega sen que o económico sexa necesariamente o principal obxectivo”, destaca o adxunto ao reitor. A presenza do CESGA como interlocutor coa RedIRIS estatal, ademais, posibilita “transmitir dunha forma máis efectiva os criterios e proxectos relevantes para as nosas redes de investigadores”. A evolución da Recetga marcou o avance tecnolóxico tamén da infraestrutura de comunicacións da UDC, tanto para adaptarse ás novas tecnoloxías das redes de altas prestacións como para aproveitar a maior capacidade e as máis e mellores opcións de comunicación, así como a oportunidade

de facelas chegar ao conxunto da comunidade universitaria. Fronte á conexión a unha rede convencional, Carlos Escudero aplaude a vantaxe que ofrece a infraestrutura xestionada polo CESGA como ligazón directa coas Redes Nacionais de Investigación e Educación Europeas (NREN) e do resto de mundo para impulsar a colaboración entre os equipos de traballo de distintos grupos de investigación internacionais. “A conectividade global”, asegura Escudero, que é unha condición indispensable para traballar en proxectos globais e colaborar na formación, a docencia, a transferencia de coñecemento ou a transformación dixital. A universidade, en definitiva, do século XXI.

xullo 2018  díxitos

11


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

A docencia 4.0 cos. É por isto que na base do seu labor están as colaboracións interdisciplinares con outros grupos de investigación –entre eles, o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) e o European Bioinformatics Institute (EBI)–, cos que a Recetga funciona como enlace ás redes REDIris e GÉANT para o intercambio de datos e información.

P

or enriba do volume, o Grupo de Arquitectura de Computadores da Universidade da Coruña (UDC) prioriza o tempo que tarda en transmitirse un paquete de datos dentro da rede, o que no argot técnico se chama latencia nas comunicacións. “Que sexa rápida”, incide Patricia González, profesora titular e membro do departamento, para evitar que a posible lentitude na transferencia dos datos acabe provocando que o resto dos procesos vaia ao ralentí. E máis no seu caso, no que a computación é básica para as investigacións que desenvolven.

12

díxitos  xullo 2018

Unha das súas principais liñas é a computación paralela (técnica de programación con moitas instrucións executándose simultaneamente) e distribuída (con varios procesadores conectados en rede). Os servizos de almacenamento e computación do CESGA “resultan fundamentais”, sinala González, para asumir a carga de procesamento que conlevan. O seu traballo aplícase a campos emerxentes e moi diversos como a bioinformática, que analiza datos biolóxicos e médicos para afondar no estudo do funcionamento das moléculas ou deseñar novos fárma-

Desde o ano 2010, a Facultade de informática da UDC organiza en colaboración con persoal do CESGA e profesores do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) un máster de computación de altas prestacións “cunha especialización que é moi difícil de atopar noutras escolas de informática en España”, apunta Patricia González. Por iso os alumnos proceden de lugares moi dispersos. “Practicamente desde o comezo decidimos impartilo utilizando os recursos que o CESGA e a Recetga nos ofrecían para a formación a distancia”, indica González. A rede xogou e xoga un papel protagonista porque, ademais da alta capacidade e a calidade necesarias para seguir as clases por videoconferencia ou streaming, os alumnos teñen que conectarse aos servizos de almacenamento e de computación do CESGA para participar nos laboratorios das materias. 


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

Alén do acelerador

europeo de partículas

H

ai uns meses, o acceso ao exterior desde os nodos do centro de cálculo do Grupo de Física de Altas Enerxías da Universidade de Santiago (USC) –un dos de segundo nivel (chamados Tier2) nos que se apoia o Centro Europeo de Investigación en Física de Partículas (CERN)– pasou de repente a funcionar ao ralentí. “Un problema moi serio”, conta Juan José Saborido, director do Departamento de Física de Partículas da USC. Este tipo de instalacións están controladas permanentemente para avaliar a súa fiabilidade e dispoñibilidade, e delas depende a súa acreditación.

As principais liñas de traballo do grupo son para o experimento LHCb, dedicado á busca de nova física máis aló do modelo estándar da física de partículas. Nos últimos anos, os Tier-2 deixaron de orientarse sobre todo a simulacións para encargarse da reconstrución, a selección e a consolidación de datos. A transferencia destes necesita una rede de comunicacións “excelente”. “Estas tarefas requiren picos de ancho de banda superiores aos 1,5-2 xigas e manter, polo menos, uns 500 megas de media, polo que sería imposible sen a rede Recetga”, di o responsable do grupo de investigación. 

A primeira teoría sobre o fallo quedou descartada moi pronto grazas ao persoal do CESGA, que descubriu a orixe real do problema: o ancho de banda estaba saturado. “Este exemplo mostra a importancia de ter unha comunicación rápida e fluída entre os diferentes actores, en particular coa Recetga –sinala Saborido–, xa que é o noso punto de saída”. De non ter sido así, o centro de cálculo perdería a súa certificación e sairía, alomenos temporalmente, da federación de Tiers.

xullo 2018  díxitos

13


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Ata a outra punta do planeta

A

índa que o Grupo de Filoxenómica da Universidade de Vigo (Uvigo) está especializado no amplo campo da bioloxía evolutiva, desde hai tres anos céntrase especialmente na investigación do cancro. Os seus membros manexan cantidades masivas de datos para, entre outras tarefas, realizar simulacións coas células que imiten o seu comportamento real do xeito máis fiel posible. Non é unha esaxeración. De feito, hai algunhas ocasións nas que non queda outra alternativa que meter os datos nun disco duro e envialos por avión. Non hai rede no mundo preparada para soportar os envíos máis grandes. “Case non fai falta explicar a importancia da Internet en calquera actividade da universidade, pero máis nun grupo computacional coma o noso”, conta o coordinador, David Posada. Sen a Recetga a descarga de información por parte do grupo sería, sinxelamente, “imposible”, admite Posada. O grupo require “unha rede importante de conexións” para poder acceder aos datos do seu propio clúster de computación, apoiado tamén polo CESGA, e para estar en liña a través da RedIRIS coa outra punta do planeta, con Corea do Sur, onde normalmente realizan as

14

díxitos  xullo 2018

“Case non fai falta explicar a importancia da Internet en calquera actividade da universidade, pero máis nun grupo computacional coma o noso” David Posada secuenciacións. “Ter un ancho de banda suficiente é fundamental para poder acabar os traballos de investigación nun tempo razoable”, destaca. O Grupo de Filoxenómica da Uvigo é, á vez, provedor de software. A Recetga permítelle compartir a súa máquina de secuenciación cuns 30.000 usuarios. Van xa máis de 200.000 descargas. “Perdemos a conta xa”, sinala Posada. “Esa capacidade de poder distribuír recursos ao mesmo tempo que investigamos, a visibilidade en definitiva –engade–, tamén a dá a rede”. 


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

Navegar pola

sustentabilidade

A

partir do próximo ano, ningunha das especies reguladas co sistema de cotas e tallas mínimas que chegue aos barcos poderá descartarse. Descontaranse do tope de capturas asignado a cada buque e haberá que procesalas. O proxecto LIFE iSEAS, no que participa o Grupo de Enxeñería de Bioprocesos do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do CSIC, tenta minimizar o impacto desta medida para a frota cun sistema de visión artificial capaz de clasificar e cuantificar a capturas e cun xeoportal –ao que dá soporte o CESGA– que almacena a información sobre a situación das áreas de pesca e os períodos máis apropiados para evitar capturas non desexadas. As embarcacións poderán tomar decisións en tempo real e aforrar esforzos e combustible. A información xérase con modelos matemáticos a partir dos datos recollidos en mareas piloto. “Sen unha rede coma a Recetga, o envío e procesamento online dos datos sobre as capturas dos barcos nos que están instalados os nosos observa-

dores electrónicos non sería posible”, asegura Luis Taboada Antelo, coordinador técnico do proxecto. Sen esta infraestrutura de comunicacións, o LIFE iSEAS perdería a súa esencia: a capacidade innovadora asociada á xestión online das pesqueiras, “facendo máis sustentables os recursos. A alta capacidade da Recetga permite tamén aos investigadores “unha conexión rápida e estable” co seu clúster de cálculo para o fluxo de grandes paquetes de datos asociados ás liñas de investigación. Os 10 anos que van de colaboración entre o grupo e o CESGA en proxectos coma este deixan “resultados de grande utilidade para o sector pesqueiro”, segundo Taboada, que confía en manter esa cooperación “porque este tipo de ferramentas e infraestruturas de datos serán de gran utilidade para a futura planificación de diferentes sectores de actividade”. 

Os 10 anos que van de colaboración entre o grupo e o CESGA en proxectos coma este deixan “resultados de grande utilidade para o sector pesqueiro”, segundo Taboada

decembro 2017  díxitos

15


FEUGA

Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC)

CETMAR

Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC)

RED SERGAS

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Centro de Control de Acuicultura de Vilaxoán

Centro de Investigacións Mariñas de Corón

Retegal

ANFACO FEUGA Instituto Español de Oceanografía

VIGO-TORRECEDEIRA (CAMPUS UNIVERSITARIO)

PONTEVEDRA (CAMPUS UNIVERSITARIO)

CUD

XUNTA DE GALICIA San Caetano

RED XUNTA

LUGO (CAMPUS UNIVERSITARIO)

FERROL (CAMPUS UNIVERSITARIO)

Instituto Español de Oceanografía

Santa Cruz CEIDA

VIGO-MARCOSENDE (CAMPUS UNIVERSITARIO)

ORENSE (CAMPUS UNIVERSITARIO)

Tecnópole

Instituto Investigacións Agrobiolóxicas (CSIC) Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT)

IES San Clemente

Delegación CSIC en Galicia

SANTIAGO (CAMPUS UNIVERSITARIO)

CORUÑA (CAMPUS UNIVERSITARIO)

Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña

GEANT

2xINTERNET

ESPANIX

Clara Tein2 Internet2 GARR Renater Janet2

RECETGA Point of Presence

Third party equipment

20 Gbps or higher 10 Gbps 1 Gbps 100 Mbps > 500 Mbps or higher (wireless) 54 Mbps or lower (wireless)

CIS Galicia

Centro Oncolóxico de Galicia

díxitos Julio 2018  

Publicación periódica de la FundacIón CESGA

díxitos Julio 2018  

Publicación periódica de la FundacIón CESGA

Advertisement