Page 1

Novembro 2011

Novas do Centro de Supercomputación de Galicia

Ampliación do SVG

Principais características de configuración

CloudPyme

Tecnoloxía para competir


NOVEMBRO

2011

DIRECCIÓN Javier García Tobío COORDINACIÓN Fernando Bouzas Sierra REDACCIÓN María Piñeiro González COLABORACIÓN Alejandro Feijóo Fraga Carlos Fernández Andrés Gómez César Veiga Peregrina Quintela Mª José Rodríguez Malmierca DESEÑO, GRAFISMO E MAQUETACIÓN Alba Souto García FOTOMECÁNICA E IMPRESIÓN Artes Gráficas LITONOR S.A.L. DEPÓSITO LEGAL C 1604-1998 ISSN 1139-563X EDITA

A CLAVE DA C ESTÁ NA SUP

Todos os estudos a nivel mundial coinciden en que a Computación de Altas Prestacións, (HPC), volveuse indispensable para o progreso científico e a competitividade económica. O HPC demostrou ser un multiplicador substancial do investimento científico e económico, unha ferramenta de produtividade importante para os investigadores e un activo esencial para a competitividade global. Produce solucións científicas e industriais máis rápidas, menos custosas e con maior calidade complementando aos métodos teóricos e/ou experimentais tradicionais. Por iso os principais países e rexións do mundo están a competir polo liderado en HPC como requisito previo ao liderado científico e económico.

O HPC está integralmente vinculado á política gobernamental en países como EE.UU., Xapón, Rusia ou China. Sen prexuízo das estratexias nacionais dalgúns dos seus estados membros, Europa perfila a súa estratexia con vistas ao 2020. As diferentes iniciativas e plans nacionais en xeral coinciden na necesidade de potenciar a formación de científicos e tecnólogos e en reordenar os seus recursos HPC para poñelos ó alcance da investigación e a industria. Do que non cabe dúbida en ningún caso é que o esforzo a realizar nos próximos anos debe ser coordinado, contando con todos os axentes implicados: gobernos, industria e academia.

FUNDACIÓN CESGA

Fondo Yolanda González

Avenida de Vigo, s/n (Campus Vida) 15705 Santiago de Compostela Telf. 981 569 810 Fax. 981 594 616 dixitos@cesga.es CONTIDOS A clave da competitividade está na supercomputación [2-3] CLOUDPYME [4-5] Code-Aster [6] BonFIRE [7] Actualización SVG [8-10] MY OCEAN [11] Tecnalia [12] Math-in [13] Noticias e Premios [14-15]

2

novembro 2011

PROPORCIONAR RECURSOS HPC ÁS PEMES: A INICIATIVA AMERICANA

O

pasado Xuño o Presidente dos EEUU, Barak Obama, presentou o “Advanced Manufacturing Partnership”, AMP, un esforzo nacional que reune á industria, universidades e goberno federal para investir en tecnoloxías emerxentes (TIC, biotecnoloxía e nanotecnoloxía) que podan crear empregos de calidade no sector manufactureiro. Trátase de achegar capacidade computacional e difundir o uso de Software CAD/CAE na industria especialmente entre as SMSM (Pemes). Os $500 millóns de dotación inicial deberían mellorar a competitividade do país, axudar aos fabricantes a reducir custos, aumentar a calidade e acelerar o desenvolvemento de productos. O acceso a Internet de alta velocidade e a recursos computacionais sen prioridades.

A AMP é unha estratexia nacional encamiñada á creación de emprego pero tambén de posta en valor do potencial do país, mesmo con nostalxia dunha época na que “Made in America” era sinónimo de calidade e innovación. Pero agora xa non chega con innovar. Hai que fabricar tamén os propios productos, conservando o valor engadido que supón o desenvolvemento e manufacturación dos mesmos, porque é o que xera traballo e riqueza. Por iso a AMP marca como necesidade o desenvolver produtos tecnoloxicamente avanzados que poidan competir no mercado global, sinalando como sectores estratéxicos manufacturas para a seguridade nacional, a ciencia de materiais, robótica ou eficiencia enerxética.


A COMPETITIVIDADE UPERCOMPUTACIÓN

s os iPC

aíias a n

Os informes do Consello de Ciencia e Tecnoloxía americano sinalan que a clave está fundamentalmente no maior e máis extenso uso do HPC para simulación numérica en todas as súas vertentes, incluíndo os sistemas CAD/CAE para simulación. O uso da supercomputación é moi desigual entre pequeñas e grandes compañías. So un 10% dos dos manufactureiros o empregan. Son necesarios recursos computacionais de primeira liña para poder competir no escenario económico global, e o acceso aos mesmos significa acceso a Internet de alta velocidade, algo do que carece a maioría dos fabricantes. http://www.digitalmanufacturingreport.com

De ahí que a manobra deseñada polos expertos e asesores presidenciais está orientada a estender as conexións de Internet de alta velocidade para facilitar o acceso aos recursos públicos dispoñibles, a través do DOE (Departamento de Enerxía), o DOD (Departamento de Defensa) e a Fundación Nacional de Ciencia (NSF). Traballarán xuntos unindo recursos computacionais públicos e privados e poñéndoos a disposición da industria manufactureira. Unha das accións propostas para lograr este obxectivo é a creación de PICs (Predictive Innovation Centres), algo parecido aos Centros Tecnolóxicos en España, que faciliten ás Pemes o acceso a aplicacións manufactureiras aloxadas no Cloud en contornos de supercomputación.

A formación dos traballadores cun novo perfil innovador e outro dos puntos débiles do sistema que o consorcio tentará liquidar. Son necesarios recursos computacionais de primeira liña para poder competir no escenario económico global. O NCMS (National Center for Manufacturing Sciences), apoia esta iniciativa con ferramentas como o Portal Web adicado ás aplicación de HPC para o sector manufactureiro en xeral. Naceu para promocionar o uso das tecnoloxías HPC para as PEMES, xa que teñen unha necesidade crítica de adoptar solucións HPC que lles permitan competir no mercado global, reactivando así as economías locais e creando emprego.

EUROPA 2020

UN PLAN CARA AO LIDERADO DO HPC Nos últimos anos o investimento europeo en computación de altas prestacións (HPC) foi inferior ao doutros países. A investigación en supercomputación continúa por detrás de Xapón e EEUU. Para poder competir, será necesario aumentar o investimento e atopar modos de aplicación do HPC máis eficientes e innovadores que aceleren o progreso científico e o crecemento económico. O liderado en Supercomputación é un requisito, polo que será necesario un plan de actuación coordinado que proporcione os mellores recursos de HPC ás comunidades científicas e aos sectores industriais en Europa, de xeito que sexan quen de competir.

O

informe encargado pola Dirección Xeral de Sociedade da Información e Medios de Comunicación da Comisión Europea (Information Society and Media of the European Comission), para coñecer o estado da supercomputación con vistas a produción dun plan estratéxico para 2020, advirte do perigo que corre a UE de quedar atrasada na carreira da computación de altas prestacións. Ningún país europeo por si só pode darse o luxo de competir en HPC cos actuais líderes (EEUU e Xapón) nin coas potencias emerxentes como China. É necesaria unha estratexia común Europea en HPC . Poucos países europeos teñen unha estratexia nacional definida a través de programas de financiamento da investigación en HPC nacionais e rexionais. Segundo a opinión da maioría dos expertos consultados neste estudio, os programas deberán unificarse en Europa para desenvolver unha estratexia coherente en HPC que responda á crecente demanda da industria e a investigación en capacidade computacional. A supercomputación e de vital importancia para os cidadáns europeos; as ferramentas de predición e planificación que aporta son fundamentais para iluminar solucións para os retos que como sociedade confrontamos. A computación de altas prestacións é un recurso clave para a investigación de vangarda e para a innovación e o liderado da industria en Europa.

*

Nesta década crearanse oportunidades para poñer Europa á cabeza do desenvolvemento da seguinte xeración en investigación e tecnoloxías de software HPC. É preciso enfocar os esforzos a captar o liderado mundial en áreas nas que somos fortes. Na industria existen moitos sectores que teñen ben asentadas estas tecnoloxías no núcleo do seu negocio. Sería hoxe imposible competir sen ferramentas HPC de primeira liña en aeroespacial, automoción, naval, farmaindustria ou química, por mencionar algúns sectores nos que Europa conta con grupos líderes no mundo. Para outros, coma o sector das tecnoloxías da información e as comunicacións, o HPC é a este o que a Formula 1 é para a industria do automóvil. Requírese moito investimento, accións coordinadas e un forte liderado, que esixiría ademais expandir o número, tamaño, e o acceso aos recursos HPC en toda a UE, investir no desenvolvemento de software de próxima xeración exaescala e atraer a máis estudantes cara ás disciplinas científicas, de enxeñaría e HPC. Os resultados deste plan poderían proporcionar melloras inmensas á UE en 2020, na que se creen novos postos de traballo de alto valor engadido tanto na ciencia como na industria, axudando ao crecemento das economías nacionais. http://www.euroris-net.eu/dotAsset/5847.pdf

novembro 2011

3


Tecnoloxía para competir Departamento de Aplicacións e Proxectos, CESGA

X

estionar a transición cara a unha economía baseada no coñecemento é un desafío crave para a Unión Europea. No actual marco de competitividade, para obter éxito é necesario actuar e tomar decisións mellor e máis rápido. Xeralmente as Pemes, parte imprescindible do cambio, non dispoñen dos medios nin os recursos necesarios para satisfacer as esixencias cada vez maiores dos mercados. E con todo a importancia económica de soster unha forte industria manufactureira resulta evidente. O avance das TIC nos últimos anos permitiu acadar novos modelos de traballo. O desenvolvemento de ferramentas como o Software CAD / CAE ocasiona gran impacto na industria, tamén nas Pemes, porque achegan valor ás empresas, facéndoas máis viables e con máis posibilidades de expansión. Grande parte do software existente no mercado está suxeito a licenzas e canons demasiado custosos e non sempre fáciles de manexar, e con todo, a moitas das Pemes estarían dispostas a empregar esta tecnoloxía se o seu custo fose inferior. Por iso o obxectivo principal do PROXECTO CLOUDPYME é deseñar, crear e probar unha infraestrutura sustentable de soporte ás Pequenas e Medianas Empresas do sector manufactureiro para mellorar a súa competitividade internacional, coa inclusión nos seus procesos do software libre CAD e CAE. 4

novembro 2011

Asegurar unha economía competitiva en Europa esixe o mantemento dunha industria manufactureira innovadora, na que as PEMES son fundamentais. O proxecto CLOUDPYME pretende introducir e xeralizar a Simulación Numérica nas Pemes Galegas e Portuguesas, promocionando a tecnoloxía Open Source Software (OSS) para a simulación numérica e CAD/CAE a través de pilotos de avaliación e demostración en infraestruturas de Computación Cloud.

O Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, é o coordinador do proxecto, no que participan como socios a Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste, AIMEN, o Centro de Apoio Tecnolóxico á Industria Metalomecánica, CATIM, e a Associaçao dúas Industriais Metalúrxicos e Metalomecánicos de Portugal, AIMMAP. O custo total do proxecto é de 417.280, dos que o 75% está financiado con fondos FEDER. A través da Execución de Pilotos de Formación e coñecemento da estado da arte, o proxecto pretende ofrecer ás Pemes de Galicia e Norte de Portugal unha metodoloxía para optimizar os seus recursos, en base ao deseño dunha guía dos mecanismos, ferramentas e estratexias a curto e medio prazo para obter a maior eficiencia posible na transferencia de resultados, no marco do software libre CAD/CAE e simulación. á contorna empresarial principalmente Pemes. Tratarase de crear unha infraestrutura suprarrexional que apoie a innovación baseada na transferencia tecnolóxica en OSS, implicando a organizacións para a xeración de coñecemento a través dos axentes de transferencia cara ás Pemes. O software é un dos elementos económicos clave no ámbito TIC e a súa estrutura, competitividade e aplicación na industria ten o potencial de ser fortemente influenciado polo software libre. Crea un coñecemento ao redor das empresas locais, contrariamente ao que ocorre co software propietario. Ademais hai moito coñecemento e ferramentas dispoñibles de software libre, desenvolvidas en proxectos de investigación desde hai anos.

Parte do traballo de CLOUDPYME consistirá na identificación das barreiras na adopción de software libre nas pequenas empresas manufactureras e en deseñar e testar novos enfoques que permitan solucionar estas dificultades en test reais, pilotos e demostradores. Promovendo a integración da tecnoloxía baseada en OSS dentro das empresas proporciónase un desenvolvemento sustentable á economía rexional abrindo novas oportunidades de negocio para as Pemes e infraestruturas de apoio do sector seleccionado. CLOUDPYME mellorará así a capacidade de transferencia tecnolóxica e as redes de cooperación entre Galicia e Portugal. Trátase ademais de probar o modelo de desenvolvemento con experiencias reais con empresas. Para iso os socios de CLOUDPYME cobren o espectro de axentes requirido para levalo a cabo, contando con centros de investigación, axentes de transferenza ou sector público. >> http://cloudpyme.eu

Este proxecto mellorará a capacidade de transferenza tecnolóxica e as redes de cooperación entre Galicia e Portugal.


CLOUDPYME

e un proxecto

cofinanciado con fondos FEDER a través da segunda convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España – Portugal 2007-2013 POCTEP (0448_CLOUDPYME_1_E).

O

Os Socios

CESGA

é responsable da coordinación do proxecto e participa en todos os paquetes de traballo. Como Centro de cálculo, comunicacións de altas prestacións e servizos avanzados, achega ao Proxecto CLOUDPYME as infraestruturas e coñecementos que permiten operar o servizo de simulación remota que require o proxecto. Como resultado da súa participación previa en proxectos similares, (para avaliación do grao de simulación e uso de tecnoloxías CAD/ CAE en Pemes de ámbito rexional ou en iniciativas para promover o uso do software libre en empresas), o CESGA aporta ao proxecto gran experiencia nestas áreas, así como a capacidade de avaliación do software técnico.

C A TI M

Tamén serán parte das actividades do CESGA en CLOUDPYME o deseño e execución do cuestionario, o panel de expertos e os análises de resultados así como a validación por contraste cos resultados obtidos mediante programas comerciais ou a achega dunha contorna de formación. En relación coa execución de pilotos participará no deseño, execución e análise dos resultados dos mesmos.

AI M E N

>> http://www.cesga.es

AI M M A P

Creada en 1986, CATIM é unha institución privada de utilidade pública sen ánimo de lucro, resultado da unión de varios centos de empresas e asociacións con organismos públicos para a innovación e competitividade das industrias nacionais da metalomecánica e sectores afíns. Para apoiar técnica e tecnoloxicamente ao sector, presta os seus coñecementos en promoción da innovación e competitividade da industria a través de servizos en Marca CE, Enxeñaría e Equipos de Seguridade, Saúde e Seguridade no Traballo, Estudos de Ruído, Medio, Materiais de proba, Proba de Produto, Metrología, Calidade e Innovación. Executa tarefas no ámbito das Normas Nacionais e Europeas de Normalización, Cualificación, Metroloxía e Marca CE, con competencias en Ensaios de Materiais, Ensaios de Produtos, calibraciones e Medicións, laboratorios Acreditados e Normalización.

Con máis de 40 anos de actividade ao servizo da Sociedade e da Industria e mais de 500 clientes de diferentes sectores, o Centro Tecnolóxico AIMEN adícase aos fortalecementos da capacidade competitiva das empresas mediante o fomento e execución de actividades de I+D+i e a prestación de servizos tecnolóxicos de alto valor engadido. O Centro dispón dun coñecemento profundo en materiais e as súas propiedades e procesos de transformación, equipamento técnico de gran capacidade tecnolóxica e profesionais altamente cualificados para prestar asistencia e servizos ás empresas para incrementar a súa competitividade. Ademáis colabora con empresas e centros de investigación na transferencia de resultados de investigación.

Fundada en 1957, a Asociación de Industriais Metalúrxicos, Metalomecánicos e Afíns de Portugal, é unha das asociacións sectoriais máis representativas do país, cun papel destacado entre a patronal portuguesa. Actualmente contan cunha unidade loxística e organizativa que, en cooperación co sector público, pon a disposición das empresas un importante conxunto de servizos para a modernización da industria metalúrxica e mecánica. Resultado da acción concertada en áreas de importancia estratéxica, a súa misión é contribuír á promoción e dinamización do sector fornecendo apoio técnico, tecnolóxico, loxístico e de formación profesional e información. Aproveitando os recursos existentes e promovendo a súa actualización permanente, AIMMAP pretende lograr un grande desenvolvemento sustentable no sector que representa.

>> www.catim.pt

>> www.aimen.es

>> www.aimmap.pt

novembro 2011

5


Code- Aster SOFTWARE LIBRE VERSÁTIL PARA SIMULACIÓN NA EMPRESA

A

Departamento de Aplicacións e Proxectos, CESGA

s empresas manufactureiras que deseñan os seus propios produtos, cada día dependen máis da simulación numérica para a súa competitividade e para obter produtos de alta calidade que respondan correctamente nas condicións para as que foron deseñados. A cantidade de simulacións a realizar crece continuamente, polo que é necesario recorrer a software que non teña limitacións de licenza, unha das principais barreiras para a adopción da simulación na empresa. Ese é o caso de Code-Aster, programa de software aberto desenvolvido por EDF. Este software permite unha gran variedade de análise multifísicos, incluíndo métodos que non están dispoñibles habitualmente nos paquetes de software termomecánicos, desde fatiga até análise sísmico. Incorpora 95 leis de comportamento de materiais e unha variedade importante de resolutores, tanto lineais como non lineais. Adicionalmente, inclúe a posibilidade de enlazarse con outros códigos para análises máis complexas en hidráulica, electromagnetismo, térmicos ou dinámica. Dada a súa versatilidade, é unha das ferramentas a ser empregadas no proxecto CloudPYME (páx. anterior).

Code-Aster é moi versátil e intégrase perfectamente con outros Software de pre e post procesado.

+i >> http://www.code-aster.org/V2/spip.php?rubrique2 6

novembro 2011

Outras características que fan este software moi versátil é a súa integración con software de pre e post-procesado. Así, está complemente integrado con Salomé-Méca, outro paquete de software aberto para o deseño en 3D, e conta con ferramentas para permitir o seu uso con ENSIGHT ou Gmsh, entre outros. Para facilitar o seu manexo, incorpora Python como linguaxe de comandos, o cal facilita a aprendizaxe e a reutilización do coñecemento. Pero se se quere ir máis aló, tamén facilita non só a capacidade de análise multifísico senón tamén multiescala, realizando integración de propiedades de materiais a escala micro nas simulacións realizadas a escalas maiores. Aínda sendo un software de código aberto, é frecuentemente actualizado incorporando continuamente novidades. Con todo, conta cunha metodoloxía de desenvolvemento enfocada ao aseguramento da calidade, tendo máis de 2000 casos de proba e realizándose validacións independentes. Isto é debido a que conta con tres versións: desenvolvemento, onde se incorporan as novidades; operacional, utilizada por EDF e outras empresas asociadas; e Libre, que é utilizada pola comunidade. Ademais, distribúese con licenza GPL polo que é posible modificar o código para adaptalo a novas necesidades. Dadas as súas capacidades e a dispoñibilidade da licenza Libre, é un software ideal para a incorporación de novas empresas ao campo da simulación numérica ou para aquelas que, xa tendo unha contorna de traballo onde se utiliza, queren aumentar as súas capacidades. Así, por exemplo, poden executar simultaneamente os casos dunha análise paramétrico dun novo produto, acurtando o tempo de deseño substancialmente mentres manteñen baixo control o custo de execución. Para este modelo de uso, a empresa pode mesmo evitar a necesidade de ter o seu propio hardware, utilizando os recursos do CESGA ou outras plataformas de Cloud. Desta forma, elimina unha seria limitación para sacar todo o proveito deste ou outro software de simulación que non necesita licenza.

IN

V IN


BonFIRE

O

Departamento de Aplicacións e Proxectos, CESGA

Cloud Computing está en plena efervescencia, con cada día máis provedores de servizos baseados nese concepto. Dende os servizos de aplicacións (denominados Software as a Service ou SaaS) onde o usuario ten acceso a aplicacións remotamente dende calquera dispositivo, até a infraestrutura completamente virtualizada (computadores, espazo de almacenamento, redes de comunicacións, etc.). Os servizos na nube representan para os usuarios a posibilidade de non preocuparse de actualizacións ou copias de seguridade, mentres que aos provedores de novos servizos pódelles permitir adaptarse dinamicamente á demanda, absorbendo picos de peticións para os cales antes era necesario sobredimensionar a infraestrutura. Isto significou unha diminución das barreiras de entrada para novos conceptos de negocio ou servizos.

ST MO IÓ NIT RE N C E X DO OR I URS PE C ZA O RI ICL CIÓ S C ME O N L NT DE E C OUD AC VI ON H I Ó DA T E T R N D E DO O L E ROX G R E X P A VA É N AN ER NZ EO DE IM AD S NCIA DE R EDE ES RXE ES ENT O E V CA O N LA

ER

O próximo ano 2012, BonFIRE realizará a segunda convocatoria de experimentos sobre a infraestrutura. Na primeira, celebrada este ano, a proposta do CESGA foi seleccionada xunto con outras tres experiencias. Desde setembro deste ano, e durante un ano, os diferentes experimentos executarán as súas propostas mentres se evoluciona a infraestrutura. A proposta do CESGA profundará no coñecemento sobre o despregamento de clústers virtuais dedicados á computación de alto caudal (ou High Throughput Computing-HTC) en contornas Cloud. O experimento estudará os diversos factores que afectan o despregamento destes clústeres, incluíndo as influencias que poida ter outras peticións simultáneas, tanto durante o seu arranque como durante a execución das aplicacións. Grazas ao seu carácter distribuído, tamén se analizará a posibilidade de utilizar diversos sitios (sites) para mellorar a calidade de servizo proporcionado ao usuario. Estudarase tanto a súa utilidade para reducir o tempo para obter a solución (time-to-solution), como para responder fronte ao fallo dun dos sitios: o clúster virtual debería recuperarse desa situación no sitio sobrevivente, aumentado o número de máquinas virtuais en servizo aproveitándose da elasticidade horizontal dos servizos Cloud. Adicionalmente, grazas ás capacidades de control das propiedades da rede, analizaranse as dependencias destes clústeres virtuais distribuídos cos parámetros básicos da rede de comunicacións. Os resultados obtidos permitirán deseñar servizos que necesiten capacidade de cálculo baixo demanda de forma máis eficaz e fiable.

VIZ

CO

IN

OS

FR A PE EST BB RM RU AI AN CT XO E U PE NTE R AS TIC S IÓ E N

BonFIRE nace para solucionar a falta de infraestruturas estables de investigación na área de Cloud a nivel europeo. Este proxecto, co-financiado polo Sétimo Programa Marco, está a construír unha infraestrutura distribuída de Cloud que permita a empresas e investigadores probar novos conceptos ou ensaiar novas solucións. Conta con dous servizos esenciais: unha infraestrutura distribuída de Cloud Computing que proporciona máquinas virtuais e almacenamento (é dicir, en formato de Infraestrutura como Servizo ou IaaS) que permite experimentar novos servizos; e unha infraestrutura computacional con control sobre as propiedades da rede de interconexión como ancho de banda, latencia ou número de paquetes perdidos, onde se pode estudar os efectos da rede nos servizos propostos.

XE

L

M

RA PA A D A IÓN ULS ENTE C A P M TIG T IM TAL S VE NE N IN TER IME IN PER O V I R T UA UR EX

Con todo, probar novos conceptos ou simplemente facer investigación en Cloud implica utilizar unha infraestrutura comercial sobre a que existe pouco ou case nulo control, ou instalar unha infraestrutura propia, cos consecuentes sobreesforzos e limitacións.

>> http://www.bonfire-project.eu Se

rv

De

izo

sc

rip R to ep de Xes res osi t Ac tor de ore Fede or ra s do D Mo dos Cic espr e Xe dor d nit e lo eg sto de or Niv de ue r C da el Vid de es d loud Ca de a d Ser e M s lid Se o ad rv Se vizo V e d izo rv s e S (S i z o er L A) viz o

novembro 2011

7


AmpliACIÓN DO

durante o mes de abril presentouse no cesga a ampliación do supercomputador virtual galego (svg).

a necesidade da devandita ampliación empezaba a quedar latente nos requirimentos que os usuarios demandaban para poder realizar as súas simulacións. Alejandro Feijóo Fraga Departamento de Sistemas CESGA

D

ita actualización tiña que cumprir unha serie de requisitos, por unha banda, tiña que ser capaz de afrontar as novas necesidades e retos que os usuarios nos propuñan, e doutra banda, tiña que mostrar unha maior capacidade non só de cálculo, senón tamén unha maior eficiencia enerxética.

Ao final do proceso de selección, o CESGA optou por unha ampliación que abarca un total de 1200 novos cores y 2400GB de memoria. Esta mellora foi posible grazas a 46 nodos HP Proliant SL165z G7, os cales ofrecen unha mellora na capacidade de cálculo, e un considerable aforro enerxético cun consumo total de 21KW; é dicir unha mellora de 20 veces o ratio rendemento/consumo.

+

A ampliación de SVG foi financiada polo Ministerio de Ciencia e Innovación a través do programa de acceso e melloras para Instalacións Científico Tecnolóxicas Singulares de España (Ref. ICTS-2009-40), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.

CARACTERÍSTICAS DE CONFIGURACIÓN Procesadores AMD Opteron 6174 2 procesadores por servidor

BENEFICIOS DA MELLORA Aumentou un total 10 millóns de horas de cálculo científico. Isto supón un incremento do 50% en relación ás horas de cálculo empregadas no 2010.

S.O

Durante esta actualización, non só mellorouse o Hardware dispoñible, senón que tamén se actualizou o sistema operativo, quedando todos os nodos coa última versión de Scientific Linux 6.0, desenvolvida polo CERN, con optimizacións específicas para traballos científicos. Dotouse ao sistema con 5 servidores frontais virtuais, os cales permiten un acceso redundante ao SVG, tratando de mellorar a dispoñibilidade do sistema. Para non interromper o servizo aos usuarios o CESGA diseñou un sistema que permitiu o funcionamento dos dous sistemas simultáneamente durante a actualización. Deste xeito os usuarios puideron continuar coas súas simulacións, mentres que o persoal técnico do CESGA instalaba e puña en produción o novo SVG.

+

Esta ampliación permite poñer a disposición dos usuarios un maior número de horas e de procesadores para a execución das simulacións. Non só se ampliáron os límites de Cores, actualmente pódense solicitar até 300 horas en traballos sen checkpoint e aumentouse a memoria utilizable polos traballos dos usuarios até 63GB por nodo.

8

novembro 2011

2.2Ghz 12MB de Cache L3

12*512KB en L2

12 cores por procesador

64/32GB de memoria RAM (dependendo do servidor)

500GB/ 1000GB de almacenamento (dependendo do servidor)

Rede Gigabit


Unha das novidades que achega a ampliación do SVG é a incorporación de catro servidores de Visualización, estes servidores empezan a ser demandados polo persoal de investigación. Para iso, o CESGA suma ao SVG 4 nodos HP Proliant DL385 G7 coa seguinte configuración:

Procesadores AMD Opteron 6174 2 procesadores por servidor

12*512KB en L2

2.2Ghz

12MB de Cache L3

64GB de memoria RAM

12 cores por procesador

2TB de almacenamento

Rede Gigabit

Cartón Gráfico ATI Firepro V5700

(para visualización)

Con esta actualización O CESGA amplía o SVG (Superordenador Virtual Galego), arquitectura complementaria ao FinisTerrae.

Almacenamento

C

Departamento de Sistemas CESGA

ESGA acaba de reorganizar o seu sistema de almacenamento en disco. Renóvanse así as anteriores cabinas de almacenamento que estaban a prestar servizo a Finis Terrae e SVG, así como outros equipos IT do centro, e que tiñan superado amplamente a data de obsolescencia tecnolóxica. Algúns destes equipos estaban en produción desde o ano 2003 como as cabinas HP EVA3000 e EVA3500. Grazas á dispoñibilidade de fondos europeos de cohesión, foi posible a adquisición, mediante concurso, deste novo equipamento. O concurso, ao que se presentaron 10 ofertas, valorou criterios económicos, tecnolóxicos e de soporte así como as características de aforro e eficiencia enerxética. Finalmente o gañador foi a empresa Bull España S.A., cunha cabina de almacenamento EMC2 VNX5500. A gama de almacenamento VNX, que se presentou ao mercado a comezos de ano, é líder nos benchmarks SPECsfs2008 de rendemento de operacións NFS grazas á súa arquitectura modular unificada optimizada para explotar os beneficios dos novos discos de estado sólido (SSD). Tras un período de deseño da configuración final e probas, o novo equipo púxose en produción a mediados de Outubro.

novembro 2011

9


O novo sistema de almacenamento foi cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do subprograma de proxectos de equipamiento científico-tecnolóxico, da Dirección General de Investigación y Gestión del Plan Nacional de I+D+i do Ministerio de Ciencia e Innovación (Ref.a CESG08-1E-001), así como pola Xunta de Galicia e o CSIC.

A

CARACTERÍSTICAS DE CONFIGURACIÓN

dicionalmente o sistema de ficheiros paralelo de alto rendemento de FinisTerrae será utilizado exclusivamente durante a execución dos traballos e o almacenamento de arquivos deberá realizarse sobre este almacenamento compartido. Desta forma se maximiza o rendemento do sistema HP-SFS para procesos con alta necesidade de acceso a disco. Ademais en caso de fallos deste os usuarios dispoñen dun sistema alternativo onde realizar as súas execucións con menores perdas de rendemento, conseguíndose así tamén unha maior fiabilidade e dispoñibilidade de todo o equipamento de cálculo.

59 discos SAS de 600GB e 15Krpm de altas prestacións 60 discos SAS-NL de 2TB e 7,2Krpm

Para a migración dos datos dos usuarios desenvolvéronse unha serie de utilidades e un plan de migración que axudarán aos usuarios a mover a súa información ao novo sistema co menor impacto sobre o traballo diario e no momento máis conveniente. En calquera caso poden dirixirse a sistemas@cesga.es para obter máis información ou para que o equipo de soporte realice esta migración de forma transparente para o usuario.

Dispón de 3 servidores de datos en redundancia cada un deles coa seguinte configuración:

2 controladoras con 12GB de memoria caché cada unha 2 procesadores Intel 3 discos SSD (Enterprise 5600 quad-core con Flash) de 100GB cada un 12GB de memoria para cache adicional

4 portos FC a 8Gbps 3 interfaces de rede 1GbE e 2 interfaces de rede 10GbE

VANTAXES PARA O USUARIO Acceso a máis capacidade de almacenamento, máis fiable (maiores niveis de redundancia e alta dispoñibilidade) e con maiores prestacións, que permiten acelerar as súas computacións de forma considerable. Separación de datos entre usuarios, con menos interferencia entre procesos, posibilitando garantir calidades de servizo para aqueles que requiren maior dispoñibilidade e reducidos tempos de acceso aos datos. Restauración de datos polo propio usuario. En caso de borrado accidental dalgún ficheiro por parte do usuario, el mesmo poderá restauralo sen necesidade de acceder ao servizo de soporte. Maior capacidade de almacenamento para gardar resultados de simulacións a través do sistema de ficheiros store. Este sistema de ficheiros permite un acceso máis rápido aos datos almacenados que o SFS, cando o acceso prodúcese desde os frontais do FT e do SVG. O SFS é recomendado só para o seu uso desde os nodos do FT que son os únicos que acceden directamente ao mesmo. É dicir, o SFS queda reservado para o seu uso dentro de traballos enviados a través sistema de colas. Redución do número de interrupcións dos traballos debido a paradas do SFS. Pola súa arquitectura o novo sistema require moi poucas operacións de mantemento que impliquen unha parada do mesmo. 10

novembro 2011

Mellores tempos de resposta en interactivo, especialmente nos momentos do día nos que se concentra a actividade dos usuarios. Deste xeito aínda que haxa varios usuarios facendo uso intensivo do sistema de almacenamento, por exemplo realizando descargas de datos, os demais usuarios poderán seguir accedendo aos seus ficheiros dun modo rápido.

VANTAXES PARA O CENTRO Consolidación de equipamento, o que se traduce en redución de compoñentes redundantes e un importante aforro enerxético prestando mellor servizo cun custo enerxético menor. Facilidade de xestión, ao dispor dunha contorna única e centralizada de xestión para todo o almacenamento do centro. Aforros enerxéticos, diminución do custo eléctrico de 12,81€ por TB a 1,35€/TB co novo equipo (aproximadamente 10 veces máis económico), ademais de apagado de equipamento de almacenamento de soporte (varios servidores de datos conectados ás cabinas HP-EVA3000). Mantemento do equipo 24x7 durante os próximos 6 anos, co consecuente aforro nos custos de mantemento.

O


O

máis ambicioso proxecto acometido pola U.E. en Oceanografía Operacional permitiu a creación dun novo Sistema Europeo de Predición e monitorización mariña. pde acaba de presentar os desenvolvementos para a Fachada Atlántica. A predición compútase e alóxase no

PdE EMPREGA FINISTERRAE NA PREDICCIÓN OCEANOGRÁFICA EUROPEA

F in is Te rra e.

OPERATIVA MYOCEAN NO CESGA: COMPUTACIÓN:

Enrique Álvarez Fanjul, xefe da área de Medio Físico de Puertos del Estado

P

ara aumentar a capacidade europea de predición e monitorización mariña e asegurar a existencia dun servizo de información de acceso público que permita coñecer con precisión o estado dos océanos e mares europeos, un total de 61 institucións de 29 países europeos traballan en MyOcean, desenvolvendo o Servizo de Datos Mariños (SDM) e o Servizo de Predición Mariña (SPM).

SERVIZO DE DATOS

O Servizo de Datos Mariños (SDM) en tempo real condensa todas as medidas do medio mariño proporcionadas por 2.400 estacións: 100 mareógrafos, 1.900 aboias de deriva e outros dispositivos móbiles e 400 aboias ancoradas. Puertos del Estado é responsable en MyOcean do desenvolvemento do portal de datos da Fachada Atlántica de Irlanda a Canarias (Zona IBI: Iberian-Byscay-Ireland). Coa información recompilada en tempo real de 150 estacións distribuídas polas costas españolas, portuguesas, irlandesas, francesas e do Reino Unido, e cos datos dos dispositivos móbiles proporcionados por Ifremer (Francia), responsable do portal de datos global, PdE desenvolveu un portal de datos e unha páxina web cun servizo de visualización dos datos para a Zona IBI que se pode consultar xa gratuitamente en: http://myodata.puertos.es/myo_ibi_fsvs.html

PREDICIÓN O Servizo de Predición Europeo proporcionará acceso libre a través dun portal web aos máis completos produtos de predición a curto prazo, menos dunha semana vista, preparados para o seu uso inmediato polos usuarios. Complementa ao Sistema de Datos MyOcean, permitindo un coñecemento completo do océano en tempo real, co estado das distintas variables oceanográficas a partir dos últimos datos recibidos e ademais as pautas da súa evolución máis probable. Así se pode organizar, xestionar ou previr eficientemente actividades afectadas polo océano e a súa variabilidade.

Reserva semanal: 83 horas semanais Recursos dedicados: 9 nodos de cálculo e 144 procesadores Simulación Diaria: 4 horas Memoria Necesaria: 450GB (50GB/nodo) Consumo no 2011: 210.000 horas (dende 1 de Abril)

ALMACENAMENTO: Total: 6TB Mensual operativa: 600GB

SOPORTE: Optimización, execución de modelo, mellora do 40% Evolución de versións Xeración de scripts necesarios para realizar a operativa Configuración, instalación e mantemento do servidor de información Monitorización de servizos

Puertos del Estado e o Centro Francés Mercator-Ocean son responsables do desenvolvemento e operación do SPM da zona IBI. Este sistema de predición, IBI-V1 (versión 1 do modelo na zona IBI) está baseado nunha aplicación do modelo numérico de predición oceánica NEMO. IBI-V1 emprega forzamentos atmosféricos procedentes da predición do centro Europeo ECMWF e aníñase no Modelo Global MyOcean. A aplicación operacional nominal foi desenvolvida por Puertos del Estado e Mercator-Ocean en colabración co Centro de Supercomputación de Galicia e está a ser executada polo supercomputador FinisTerrae. Proporciona de maneira diaria predición oceanográfica a un horizonte de cinco días de temperatura, salinidade, correntes e nivel do mar.

APLICACIÓNS DO NOVO SERVIZO:

A resolución espacial é de 1/36 de grao na horizontal (1 dato cada 2 km, aprox.) e 50 niveis verticais. Os datos de predición IBI-V1 poden descargarse desde o catálogo MyOcean*. Ademais dos datos da predición do día poderán descargarse os datos simulados do último ano.

Enerxías renovables.

* http://www.myocean.eu

Optimización de Rutas de Buques Deseño de Infraestructuras Portuarias Enxeñería marítima e xestión integral de zonas costeiras. Estudos de Bioloxía e pesquerías (transporte de larvas) Xestión de crises derivadas de eventos asociados a contaminación marítima accidental (derrames de hidrocarburos). Detección de infractores en casos de contaminación marítima intencionada (os sentinazos, por exemplo).

Axudas á navegación (condicións nas bocanas dos portos). Coñecemento da dinámica mariña Estudos de Cambio Climático

novembro 2011

11


A patente é unha das formas da Propiedade Industrial que protexe o deseño de produtos e procedementos con fins industriais para que o seu titular obteña todos os dereitos de explotación dos mesmos, pero Son patentables os algoritmos? Compensa patentar? Para dar resposta a preguntas como estas, a Plataforma Consulting do Nodo CESGA de i-Math organizou o pasado mes de setembro o Seminario sobre “Patentabilidade de Algoritmos e/ou Invencións Implementadas en Computador”.

SON PATENTABLES OS ALGORITMOS?

P. As fórmulas matemáticas, as derivadas, os algoritmos, en principio non son patentables. Por que se fala de patentabilidad dos algoritmos?

Sergio: Para que a ciencia avance unha derivada non pode pertencer a ninguén, é algo tan universal como unha palabra; con todo no mundo das matemáticas moitos desenvolvementos si teñen aplicación industrial. As derivadas, os algoritmos, son ferramentas transversais que sementan as bases para facer desenvolvementos e por tanto non se poden patentar como integrantes individuais dunha invención. Pero os desenvolvementos verticais a través desa ferramenta transversal inferíndolles un carácter técnico e aplicación industrial, sí son patentables.

Javier:

Un algoritmo pódese facer patentable como elemento integral dunha invención máis global. A Oficina Europea de Patentes e Marcas concede patentes que implican o uso de software e en bases de datos SPACENET aparecen moitas patentes de algoritmos. Así que si, se pode.

P. Como “facelo patentable”?

Os Investigadores de TECNALIA, Sergio Gil Lopez e Javier Del Ser, presentaron a súa experiencia e apuntaron ademais algúns “trucos para sobrevivir” ao arduo proceso de patentar.

P.

Cando interesa patentar un algoritmo ou outra invención?

J:

En principio debe reunir os requisitos de patentabilidade: que sexa novo, con actividade inventiva e que teña aplicación industrial. Despois analizar: se dá beneficios, se se pode manter en segredo, o número de produtos e procesos alternativos ao proposto, a facilidade de sen violar a patente, evadila e o tempo estimado de vida media no mercado. Dado que a patente non permite manter o segredo, interesará patentar cando consideres que a mellor maneira de protexer a túa invención non é mantela en segredo e cando consideres que es capaz de facela valer no mercado. Co tema da algoritmia hai que sopesar moitísimo se existen, ou poderían xerarse, procesos alternativos ao que pretendes patentar.

S: Que conste que esta non é a miña opinión persoal, pero tamén se realizan patentes por razóns estratéxicas para despistar ou entorpecer á competencia, en caso que os seus sistemas de vixilancia tecnolóxica sigan os teus avances. Do mesmo xeito patentar axuda a gañar tempo e avanzar na nosa investigación.

J: Pódense facer patentables inferíndolle ca- P. O proceso de patentar é difícil? rácter técnico, integrando un algoritmo ou unha técnica de optimización dentro dun dispositivo como elemento dunha invención máis global. Ademais debe contribuír á resolución dun problema e deixar moi claro na redacción do documento de patente as vantaxes ou novidades que supón dentro do estado da técnica. A Lei de Protección Xurídica do Deseño Industrial sinala que o software ou algoritmos que forman parte dunha patente ou dun modelo de utilidade, gozan da mesma protección que todos os restantes elementos desa patente. Outra cousa é que che interese patentar. 12

novembro 2011

S: É longo, moi complicado de redactar e caro. Para empezar hainas nacionais, europeas, internacionais, cada unha cos seus procedementos, territorios e prazos, porque o dereito de monopolio da explotación é sempre territorial e de duración limitada. A solicitude de patente internacional costa sobre 8000 euros, uns 3000 a española. Valorala e defendela, moito máis.

J: É obrigatorio difundir a invención, porque

o documento de patente é publico aos 18 meses da solicitude e á explotación da patente. De non explotala un competidor pode recorrela e anulala. Ademais, entre solicitude e concesión poden pasar 4-5 anos. Pero unha vez que tes a solicitude xa podes empezar a producir dispositivos, e a gañar diñeiro?

P. Finalmente, dádenos uns consellos prácticos para investigadores en proceso de patentar:

“O máis importante é saber que hai unha empresa interesada na nosa idea antes de patentala, o que evidentemente axuda a dar valor á patente.” Situarse no sector no que se queira introducir a patente. Paciencia á hora de redactala Ter moitos contactos e un bo xestor da propiedade industrial. Buscar un bo xestor para divulgala e facela forte. Todo o proceso de valoración, negociación e venda, rouba moito tempo ao investigador. Para conseguir un resultado máis rendible, nós en TECNALIA recomendamos recorrer a xestores profesionais de propiedade intelectual que che acompañen ao longo de todo o proceso. En TECNALIA, o maior centro de investigación nacional e o 5º de Europa, axudamos á modelización de algoritmos en forma de implementación software/hardware, asesoramento técnico no enfoque de patentes e colaboracións científicas. http://www.tecnalia.com http://mathematica.nodo.cesga.es


T

TRANSFERENZA CON IMPACTO REAL

Os membros da recén constituída Red Math-In reuníronse en Compostela a finais do pasado outubro

ras cinco anos de traballo en conxunto no marco do Proxecto Consolider Ingenio Matemática, i-MATH, a Red Española Matemática-Industria (math-in.net) xurde coa misión de aumentar a presenza dos métodos e técnicas matemáticas no sector productivo a través da colaboración universidade-empresa, en proxectos estratéxicos.

O feito de que se presente en Galicia débese a que os grupos de investigación de Matemática Aplicada e Estatística e Investigación Operativa galegos e o CESGA, foron relevantes na actividade da plataforma Consulting do Consolider Ingenio Mathemática (i-MATH), centrada no fomento da transferencia de tecnoloxía matemática á industria.

Representantes de 30 grupos de investigación orientados á transferenza matemática de 19 universidades españolas, reuníronse a finais de Setembro en Santiago de Compostela no acto de constitución da nova rede, que contou con ampla representación do mundo académico e empresarial.

Segundo a Enquisa de Oferta Tecnolóxica por Grupos ou Entidades de Investigación realizada no marco do proxecto i-MATH, o 58,5% dos contratos con empresas e o 31% dos proxectos de investigación competitivos foron realizados por grupos de investigación galegos, situando a Galicia como líder no ámbito da Matemática Industrial.

A Rede funcionará como un foro de comunicación e intercambio de experiencias, mellorando a coordinación e optimizando recursos. Como unha “fiestra única” cara ás empresas e centros tecnolóxicos ou un interlocutor valido co que poñer en marcha iniciativas conxuntas.

A mellora na protección de datos nas administracións públicas, a simulación do movemento de viaxeiros en aeroportos, ou os sistemas de control de variables agroclimáticas, son exemplos de ámbitos nos que se teñen aplicado con éxito técnicas matemáticas.

A través da Plataforma i-MATH Consulting do nodo CESGA xurdiron moitas colaboracións e contratos entre os grupos de investigación e a industria: Contactouse con 172 entidades Visitáronse 52 empresas Identificáronse 27 iniciativas de colaboración en sectores como: >> materiais, Construcción, Enerxía, TIC ou Medio Ambiente.

O BXECT IVOS E M E TA S

LOG ROS

+ As metas da Red para os vindeiros 3 anos son: Acadar 100 proxectos competitivos ou contratos directos con empresas Impartir 25 cursos de formación Publicar 25 artigos ou teses no marco de proxectos/contratos co sector produtivo Obter 10 inscricións no Rexistro da Propiedade Intelectual e solicitudes de patentes Crear 5 empresas de base tecnolóxica Difundir a Red entre 900 entidades

novembro 2011

13


Noticias e Premios PREMIO NACIONAL DE URBANISMO para o “PROXECTO TERRA” En Proxecto Terra do COAG colaboran o CESGA, a Xunta de Galicia, Televisión Española e o ONCE. O Premio Nacional de Urbanismo 2010 concedeuse ao Proxecto Terra, un portal educativo froito da colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, COAG e o Departamento de Sistemas de Información Xeográfica (GIS) do Centro de Supercomputación de Galicia. O maior recoñecemento do estado español para un traballo sobre urbanismo concédese por primeira vez a unha iniciativa educativa “polo uso da educación obrigatoria como un recurso imprescindible para o cambio, cara a un modelo de desenvolvemento sustentable do territorio e da arquitectura”. PROXECTO TERRA O Proxecto Terra púxose en marcha no ano 2000 para achegar a arquitectura, o urbanismo e o desenvolvemento territorial galegos aos máis pequenos. O proxecto desenvolve e facilita a profesores e alumnos materiais didácticos, adaptados aos niveis de ensino obrigatorio, sobre o terri-

Portal web do Premio Nacional de Urbanismo “Proxecto Terra”. torio construído en Galicia e cómo evoluciona o seu uso e ordenamento no tempo. O material en forma de libros de texto, cadernos de exercicios, audiovisuais, cómics e sistemas de información xeográfica, compleméntase con actividades. O CESGA soportou a parte técnica e cartográfica, centrándose no desenvolvemento dun interfaz web para a consulta e explotación do servizo

de mapas cartográficos de Galicia. Emprégase como ferramenta, instrumento e recurso didáctico nos centros educativos de primaria e secundaria de Galicia. Adicionalmente, os sistemas de información xeográfica asociados a “Terra” atópanse aloxados nos servidores do CESGA. http://proxectoterra.coag.es

Proxecto Rural Schools & Cloud Computing, galardoado en Educared Escolas Rurais e Computación na Nube, está a desenvolver unha exitosa experienza educativa

O proxecto Rural Schools & Cloud Computing, desenvolvido polo Departamento de e-Learning do CESGA, en colaboración co Colexio Rural Agrupado Boqueixón-Vedra, foi galardoado como un dos 6 proxectos gañadores nos Premios Educared 2011, na Modalidade A II, (escritorio virtual para alumnado de educación infantil).

O proxecto recibe o galardón de “finalista premiado”, tras outros 3, dous españois e un arxentino. Previamente foi seleccionado en dúas categorías como semifinalista, para alcanzar agora un dos galardóns máis valorados a nivel internacional no mundo da innovación educativa. O CESGA participou tamén no Encontro Internacional Educared, celebrado en Madrid os días 20, 21 e 22 de Outubro.Educared é un prestixioso certame internacional, financiado pola Fundación Telefónica. Recompensa experiencias de innovación educativa coas Tecnoloxías de Información e Comunicación. Na presente edición presentáronse preto de 4.000 proxectos de 29 países, avaliados por 80 expertos en educación de todo o mundo. O proxecto Rural Schools & Cloud Computing está financiado por HP Labs, o laboratorio de investigación de Hewlett Packard en Palo Alto, EEUU, e conta co apoio da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e os concellos de Boqueixón e de Vedra.

Cruz Martínez, José Luis Mira, Director Xeral de Educación e Innovación Educativa (Xunta de Galicia) e Yolanda Neira, secretaria e directora do CRA Boqueixón Vedra, con María R. Malmierca, coordinadora do proxecto (Cesga).

14

novembro 2011

http://rural.cesga.es http://www.educared.org/global/ premiointernacional/inicio


CloudERT, o piloto do CESGA en VENUS-C Campus Vida: Excelencia Internacional de Refencia Global

José Carlos Mouriño Galego Técnico Superior de Proxectos e Aplicacións, CESGA

O Proxecto VENUS-C (Virtual Multidisciplinary EnviroNments USing Cloud Infrastructures), financiado polo 7º PM da CE baséase na cooperación entre provedores de servizos de computación e comunidades de usuarios científicos para desenvolver, probar e despregar unha gran infraestrutura de computación Cloud para a ciencia e as Pemes Europeas. O proxecto inclúe 7 escenarios de aplicación para probar a infraestrutura despregada e ademais seleccionáronse 15 pilotos para validala, con aplicacións en arquitectura, bioloxía, bioinformática, química, ciencias da terra, saúde, vixilancia marítima, matemáticas, física e medios de comunicación social. A Plataforma eIMRT do CESGA foi elixida como un deses pilotos, baixo o nome CloudERT. Probouse no Cloud utilizando clusters virtuais Linux, aínda que o software tamén está dispoñible en Windows, o que nos vai permitir probar a infraestrutura Azure proporcionada por VENUS-C.

Consta dun conxunto de ferramentas remotas para axudar aos radiofísicos na definición de plans de tratamento e a súa verificación, utilizando simulacións Monte Carlo. Foi analizada como SaaS (Software as a Service), podendo escalar a miles de usuarios e peticións de servizo cada día. As tecnoloxías Cloud son quen de proporcionar a enorme demanda computacional requirida por as simulacións en tratamentos radioterápicos. Permitirán reducir o investimento inicial, mantendo unha infraestrutura local para a carga de traballo media e podendo derivar os picos de traballo a provedores Cloud externos. Tamén facilitarán a execución de algoritmos cun maior grao de precisión, o que mellorará a calidade e efectividade dos plans de tratamento en radioterapia. http://www.venus-c.eu http://www.cesga.es/gl/ver_nova/ idnoticia/4892/p/887

PREMIO NACIONAL DE INVESTIGACIÓN Bascompte conseguiu este desenvolvemento mediante a introdución da teoría de redes no estudo da complexa arquitectura da biodiversidade. Algunha das súas simulacións corren nos supercomputadores do CESGA, colaboración coa que dicen estar “moi contentos”. Este é un dos cinco Premios Nacionais de Investigación que o Ministerio de Ciencia e Innovación otorga anualmente a aqueles investigadores que estean a realizar un labor destacado en campos científicos de relevancia internacional, e que contribúan ao avance da ciencia, ao mellor coñecemento do home e a súa convivencia, á transferencia de tecnoloxía e ao progreso da Humanidade. O Premio Nacional de Investigación “Alejandro Malaspina”, Jordi Bascompte. O investigador da Estación Biolóxica de Doñana e usuario do CESGA, Jordi Bascompte, (Girona, 1967), recibiu o Premio Nacional de Investigación “Alejandro Malaspina”, na área de Ciencias e Tecnoloxías dos Recursos Naturais. Valorouse o seu labor en identificar leis xerais que determinan a forma en que as interaccións entre especies condicionan a biodiversidade.

Os outros premiados este ano son: o físico Francisco José Guinea (Madrid 1953) do Instituto de Ciencia de Materiais de Madrid, do CSIC, o físico Antonio Hernando (Madrid 1947), director do Instituto de Magnetismo Aplicado da Universidade Complutense de Madrid, o químico Ernest Giralt Lledó (Barcelona, 1948), da Universidade de Barcelona e IRB Barcelona, e o matemático Antonio Córdoba (Murcia, 1949), catedrático da Universidade Autónoma de Madrid.

O Ministerio de Educación publicou en Outubro a recalificación do Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela como Campus de Excelencia Internacional de referencia global. Xa en 2009 fora catalogado como Campus de Excelencia Internacional de referencia rexional, e dende entón acadou máis de 30 socios de diferentes ámbitos, entre os que se atopa o CESGA. Este é un paso máis para que o Campus Vida sexa un bioclúster de referencia internacional no terreo das ciencias da vida, entre as que se atopan a investigación biomédica e a química molecular e de materiais. http://www.campusvida.info

Obituario Dende as páxinas de Díxitos rendemos unha pequena homenaxe a tres mentes brillantes, recentemente desaparecidas e fundamentais para o desenvolvemento da tecnoloxía. Sinxelamente, grazas. Steve Jobs, (1955-2011) co-fundador de Apple Computer Inc., morreu o pasado día 5 de Outubro a idade de 56 anos. Dende a creación nun garaxe do Apple II, o primeiro computador pensado para consumo en masa, á interfaz gráfica de usuario e á introducción do iPod, iPhone e iPad, o traballo de Jobs estivo sempre adicado a cambiar o xeito que ten a xente de empregar a tecnoloxía. Dennis Ritchie, (1941-2011) puxo os cimentos da informática moderna ao deseñar e desenvolver a linguaxe de programación C, (do que sairían linguaxes como Java) e, en colaboración con Ken Thompson, o sistema operativo Unix, base para moitos outros sistemas, como Mac OS X, e quizais o máis importante da historia da computación. Ritchie desenvolveu toda a sua carreira de enxeñeiro informatico nos Laboratorios Bell de AT&T. En 1983 recibiu o Premio Turing, o “Nobel” de Informática. John McCarthy, (1927-2011) máis coñecido por ser o creador da linguaxe de programación Lisp e do termo Intelixencia Artificial, finou en California, aos 84 anos. Entre os recoñecementos que recibiu inclúense un Premio Turing en 1971 (o equivalente ao premio Nobel de informática) e a Medalla Nacional das Ciencias en 1991.

novembro 2011

15


“Só os instruídos son libres”. Epicteto

16

novembro 2011

Profile for FUNDACIÓN CESGA

DIXITOS NOVEMBRO 2011  

Publicación periódica de la Fundación CESGA

DIXITOS NOVEMBRO 2011  

Publicación periódica de la Fundación CESGA

Advertisement