Page 1

Novas do Centro de Supercomputaci贸n de Galicia Decembro 2014


Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

DIRECCIÓN Javier García Tobío COORDINACIÓN Fernando Bouzas Sierra DESEÑO, GRAFISMO E MAQUETACIÓN Grupo Código Cero Comunicación, S.L. FOTOMECÁNICA E IMPRESIÓN Artes Gráficas LITONOR, S.A.L. DEPÓSITO LEGAL C 1604-1998 ISSN 1139-563X EDITA FUNDACIÓN CESGA Avenida de Vigo, s/n (Campus Vida) 15705 Santiago de Compostela Telf. 981 569 810 Fax. 981 594 616 dixitos@cesga.es

CONTIDOS [ 2 ] Recoñecemento europeo [ 3 ] Ampla participación galega na cuarta edición do foro Transfierecións [ 4 - 5 ] Facendo música con máis de 2.700 km de por medio [ 6 ] Cooperación galego a tres bandas [ 7 ] O CESGA anuncia a incorporación de novos servidores para o Superordenador Virtual Galego [ 8 ] Compartindo avances na innovación matemática [ 9 ] Obxetivo: rematar coa dor crónica [ 10 ] Contra a fenda dixital de xénero [ 11 ] Crea o Teu Futuro [ 12 - 13 - 14 - 15 ] O CESGA participa na execución de dez experimentos do programa europeo Fortissimo

2

díxitos  decembro 2014

Recoñecemento europeo

Torus, elixida para formar parte do programa Instrumento PEME Horizonte 2020

O

programa Instrumento PEME Horizonte 2020 da Unión Europea seleccionou unha start-up galega xunto a 20 proxectos TIC europeos. Estamos a falar da coruñesa Torus Software Solutions (torusware.com), especializada na redución do tempo de resposta de aplicacións informáticas. Por certo que o programa consiste basicamente en apoiar proxectos cun elevado potencial de crecemento dotándoos con até 2,5 millóns de euros de financiamento sendo o seu obxectivo incrementar a competitividade da economía europea apostando por empresas innovadoras para consolidar sectores prioritarios da economía europea como é o TIC. E indo ao noso participante, se por algo salienta Torus Software Solutions -promovida e participada polos membros do grupo de investigación Grupo de Arquitectura de Computadores da UDC, a Universidade da Coruña e a Fundación Barrié, a través do seu Fondo de Ciencia- é polas súas importantes contribucións nas prestacións das bases de datos (multiplicándoas e ampliándoas), nas plataformas de big data e, en xeral, en achegar máis axilidade e rapidez a cal-

quera aplicación que precise novos folgos e, en consecuencia, máis vantaxes competitivas. Segundo palabras de Guillermo López -socio director da firma galega- “Hoxe en día unha web ou un programa fluídos, sen tempos de espera tras cada click, transmite unha imaxe positiva, seguridade na marca que está detrás, e por tanto incrementa os beneficios”. Creada na Coruña en abril de 2013, Torus abrangue moitos sectores, tendo especial relevancia nos mercados financeiros onde a velocidade de proceso é unha importantísima vantaxe competitiva. É por iso que a empresa galega xa traballa con varias das principais entidades financeiras situadas en Londres. Volvendo ao programa de Horizonte 2020 co que abrimos este artigo, subliñar que ningunha empresa alemá ou italiana do sector TIC foi seleccionada, mentres que Galicia conta cunha representante neste programa: Torus. Por se isto non abondase, a compañía da Coruña acadou unha das maiores puntuacións a nivel europeo, sendo ademais a única empresa en Europa en facerse con este recoñecemento con menos dun ano de vida. 


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

Ampla participación galega na cuarta edición do foro

europeo Transfiere

A

cuarta edición de Transfiere, o Foro Europeo para a Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, vai ter ampla presenza galega. A cita, que se vai desenvolver en Málaga entre os días 11 e 12 de febreiro, contará entre os seus promotores co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e entre as entidades que van participar (amosando a través de xeiras de networking as súas investigacións) coas tres universidades galegas (USC, UDC e UVigo) e máis co Instituto Tecnolóxico de Galicia, entre outros organismos e entidades. En total, procedentes de todos os recantos do Estado, participarán un total de 45 plataformas tecnolóxicas. Segundo informa a organización do evento, estamos ante a cita estatal de referencia en materia de transferencia tecnolóxica e investigación. Haberá reunións de traballo, conferencias, obradoiros e espazos de networking. Ademais, estarán representados todos os sectores produtivos: novas tecnoloxías da información, agroalimentario, enerxía, industria, infraestrutura e transportes, medio ambiente, sanidade, administracións públicas e, por primeira vez, o sector aeronáutico e aeroespacial. “A través da súa presenza en Transfiere 2015”, informan os responsábeis directos do evento (Concello de Málaga, Palacio de Congresos e Exposicións de Málaga) o foro aglutinará “toda a demanda de tecnoloxía e innovación dos diferentes sectores,

polo que constitúe unha ferramenta única para investigadores e empresas”. A idea, a maiores, é acadar obxectivos e repercusión máis aló dos devanditos dous días de celebración. Ou sexa, que o que se pretende é lograr “unha vixencia permanente”. De feito, a través do seu comité debátense e avalíanse de continuo (antes e despois da celebración do foro) as tendencias da innovación en España, que despois acaban por reflectirse en detalle nos contidos do evento. Segundo informa a organización, a internacionalización terá un papel salientábel Transfiere 2015, buscándose con isto “atraer a entidades doutros países e fomentar así contacto e traballo con empresas nacionais para explorar as oportunidades que brinda o mercado internacional”. Desta maneira, o foro conta co apoio da Rede Enterprise Europe Network e o seu nodo en Andalucía, a Rede CSEAND, que ten como finalidade atraer a empresas procedentes de Europa e doutros continentes nos que ten presenza. Outro dos piares desta cuarta edición será o emprendemento. Con isto, búscase aumentar a concorrencia de PEME innovadoras tanto do ámbito estatal como do ámbito europeo. Para acadar o mercado internacional das pequenas e medianas empresas traballarase a través da plataforma Eur opean Business & Innovation Centres Network (EBN). 

decembro 2014  díxitos

3


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

FACENDO MÚSICA CON MÁIS DE 2.700KM DE POR MEDIO

O

CESGA e a USC participaron nunha experiencia para facer posíbel un concerto a distancia cun mínimo de latencia

Recentemente celebrouse a edición 25 das Xornadas Técnicas de RedIRIS, a rede académica e de investigación española que proporciona servizos avanzados de comunicación á comunidade científica. A cita foi no Complexo Cultural San Francisco, centro de congresos e exposicións da Deputación de Cáceres. Este centro, antigo convento franciscano construído entre os séculos XV ao XVIII, foi durante parte das xornadas o extremo dunha autoestrada de comunicación de máis de 2.700 quilómetros que conectou Cáceres directamente á cidade italiana de Trieste. A conexión entre unha e outra levouse a cabo ao abeiro do Relatorio sobre tecnoloxías de música en rede con demostración en vivo, no que os intérpretes convo-

4

díxitos  decembro 2014

cados puideron demostrar ou seu talento de forma conxunta. O recoñecido músico e compositor galego Pablo Novoa dende Cáceres e o violinista italiano Sebastiano Frattini dende Trieste, interpretaron dous coñecidos temas musicais: Sunny de Bobby Hebb, tema moi popular nos anos sesenta, e Get lucky, tema do grupo francés de pop electrónico Daft Punk. A idea era botar man das tecnoloxías máis avanzadas para facilitar por unha banda unha conexión de gran calidade e, pola outra, que dous músicos fosen quen de tocar xuntos alén dos atrancos que até o de agora poñían no camiño este tipo de tecnoloxías. Acompañando a experiencia atopábase, como relatores, Natalia Costas Lago, Técnica superior de Comunicacións do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e Javier Abreu, produtor musical e membro do equipo Canal Campus da Universidade de Santiago de Compostela.

 Natalia Costas, enxeñeira responsable da experiencia


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

Abreu, durante o seu relatorio, espertou o interese de boa parte dos asistentes ás xornadas debullando a problemática das experiencias musicais en vivo desenvolvidas na Rede, problemática que ten que ver coa existencia dun factor chamado latencia, que en redes informáticas de datos refírese á suma de retardos temporais dentro dunha rede e, no caso que avaliou, entre os dous extremos dunha conexión. Natalia Costas, pola súa parte, explicou no devandito relatorio as diferentes metodoloxías e ferramentas dispoñíbeis para a realización deste tipo de performances en rede, amais das medidas que foron precisas adoptar para a adaptación da infraestrutura no Complexo Cultural San Francisco de Cáceres. Os músicos fai anos que fan uso das novas tecnoloxías da información e das comunicacións. Aprenderon a gozar dos

novos sistemas de gravación rexistrando música de alta calidade nos seus ordenadores e mesmo recibindo pistas de audio en calquera parte do mundo, pero aínda quedan asuntos por resolver, como é o caso da formación, ensaios e actuacións facendo uso da rede, como se fixo neste caso. A ferramenta empregada para esta ocasión, LOLA (LOw LAtency) foi desenvolvida polo Conservatorio Giuseppe Tartini de Trieste (www.conservatorio.trieste-it) en consorcio con GARR (a rede italiana de investigación) e trátase dun software e de unha especificación hardware que se emprega para a transmisión de audio e vídeo de alta definición minimizando a latencia entre os dous extremos dunha conexión en liña. As condicións da rede, no que destaca como parámetro crítico a latencia e o jitter

(variación da latencia) non permite tocar en tempo real cando as distancias son grandes. Con proxectos como o presente empezamos a achegarnos aos límites que permiten actuar xuntos a músicos xeograficamente separados e nos permite sacar conclusións moi positivas relativas a un novo campo pouco explorado. Por este motivo, o uso de LOLA debe facerse en redes de investigación, xa que son precisos elevados anchos de banda, latencias e jitter moi baixos, como as que pode ofrecer a RedIRIS, a rede de investigación e académica española, no eido nacional e GEANT no eido europeo. Para que a experiencia de Cáceres-Trieste fose posíbel, foi necesario unha intensa colaboración entre as diversas entidades involucradas a nivel de infraestrutura de rede: Deputación de Cáceres, Universidade de Estremadura, RedIRIS, GÉANT e GARR. Amais, revisouse que o trazado fose óptimo desde o punto de vista da latencia. Ferramentas como a empregada nesta experiencia teñen evidentes  aplicacións no ámbito cultural: dende educación e actuacións musicais ó seu uso noutras formas de expresión cultural (teatro, danza, etc.) e no futuro poderán xurdir outros usos en eidos completamente diferentes. Una mostra da gravación da sesión que tivo lugar o pasado mércores 26 de novembro pode verse nun vídeo específico posto en liña polo propio CESGA: http://videocenter.cesga.es/videos/video/2796/ 

decembro 2014  díxitos

5


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Cooperación galega a tres bandas Empresas xurdidas da USC colaboran na creación de software científico

O

estudo da estrutura e as interaccións entre moléculas a través da computación é o que une a tres compañías tecnolóxicas xurdidas da Universidade de Santiago que na actualidade están a buscar sinerxías entre a tecnoloxía que desenvolven cadansúa, complementaria entre si, para conseguir crear un software que complete os procesos que leva a cabo cada unha pero sen perder a súa propia identidade empresarial. Recentemente a spin-off da USC Software 4 Science Developments (S4SD), autora de AFFINImeter, un software pioneiro internacionalmente e que complementa as funcionalidades do que teñen por defecto os equipos de laboratorio, comezou a colaboración con MestreLab Research, unha compañía nacida no Departamento de Química Orgánica da USC (na que foi spin-off) que conta con recoñecido prestixio internacional grazas á súa experiencia no desenvolvemento de software de análise de espectros de Resonancia Magnética Nuclear. O seu produto estrela Mnova, con máis de setenta mil clientes, é un referente nos laboratorios de investigación químicos e farmacéuticos de todo o mundo. No caso de S4SD, emprazada no Edificio Emprendia e á cabeza da cal está o profesor da USC Ángel Piñeiro, o apoio da USC e do CESGA foi determinante na súa posta en marcha a través de asesoramento técnico, participación no desenvolvemento e soporte de cómputo dos cálculos requiridos por AFFINImeter. S4SD foi creada por membros do Grupo de Materia Branda e Biofísica Molecular da USC e especialízase no desenvolvemento de software científico e metodoloxías experimentais para aplicacións biolóxicas, biofísicas e químicas. Á colaboración entre estas dúas compañías xurdidas na Universidade, que se concreta no desenvolvemento dunha nova aplicación destinada ao estudo de propiedades moleculares de interese en diversas industrias, sumarase MD.Use Innovations, a piques de constituírse como spin-off da USC coa investigadora Rebeca García-Fandiño como promotora e que se dedicará á prestación de servizos de consultaría para a aplicación de simulacións computacionais de Dinámica Molecular como alternativa e complemento dos métodos experimentais tradicionais. Por outra banda, S4SD e MestreLab Research acordaron recentemente a entrada da segunda no capital da spin-off da USC, no que representa unha alianza estratéxica para as dúas empresas xa que a tecnoloxía de AFFINImeter é aplicable ás técnicas de RMN nas que MestreLab está especializada.

6

díxitos  decembro 2014


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

O CESGA anuncia a incorporación de novos servidores para o Superordenador Virtual Galego

O

Centro de Supercomputación de Galicia vén de reforzar o Superordenador Virtual Galego (SVG) cunha serie de novos nodos de cómputo e almacenamento. Con esta ampliación mellorarase tanto o tempo de resposta ás demandas de cálculo dos usuarios como a eficiencia enerxética do Centro. Estes traballos de optimización do SVG constan de dúas partes. Por unha banda a relativa de nodos de cálculo, que é a primeira parte da ampliación e que ten por obxectivo aumentar a capacidade de cómputo engadindo 18 nodos de cálculo ao actual SVG. Por outra banda, a que atinxe aos nodos de almacenamento, que é a segunda parte da iniciativa e que se basea en mellorar o sistema de almacenamento co que conta na actualidade o supercomputador. Do que se trataría é de engadir cinco novos nodos de almacenamento ao clúster. Xa nun plano máis detallado, a ampliación relativa ao cálculo comporíase de 18 nodos coas seguintes características: • • • • • • • • •

Modelo: HP ProLiant XL230a Gen9 Tipo de chasis: HP Apollo a6000 Procesadores: 2 procesadores Intel Xeon E5-2680v3 cada un con 12 núcleos de proceso Número de total de cores por nodo: 24 cores Memoria RAM: 64GB DDR4-2133 Conectividade MPI: Infiniband FDR Mellanox ConnectX-3 de 2 portos Conectividade de rede: 4 portos GbE, con opción de usar os portos da tarxeta Infiniband como 40GbE ou 10GbE Número de discos: 2 discos HP 1TB 6G 7.2K RPM SFF SC MDL Consumo eléctrico: 370W

No que respecta aos nodos de almacenamento, os traballos de mellora implican a incorporación de cinco unidades de almacenamento coas características que citamos de seguido: • • • • • •

Modelo: HP ProLiant DL380 Gen9 Número de discos: 12 discos HP 2TB 6G 7.2K RPM LFF Memoria RAM: 64GB DDR4-2133 Conectividade de rede: 2 portos 10GbE e 4 portos GbE Procesadores: 2 procesadores Intel Xeon E5-2620v3 cada un con con 6 cores Consumo eléctrico: 285W.

decembro 2014  díxitos

7


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Compartindo avances na innovación matemática A Unidade Mixta de Investigación ITMATI-Repsol achega os achados dos nosos matemáticos a empresas de múltiples sectores e procedencias

O

Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), constituído en febreiro de 2013 da man das tres universidades galegas co obxectivo de favorecer a transferencia de tecnoloxía matemática e impulsar o noso tecido produtivo, ten en marcha unha iniciativa colaborativa de innovación dirixida a fomentar o desenvolvemento de técnicas matemáticas e computacionais que permitan resolver problemas de simulación numérica e, tamén, complexos labores de optimización que xorden directamente do sector enerxético. Esta iniciativa colaborativa do ITMATI, unha entidade que mantén fortes vencellos cooperativos co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), é a Unidade Mixta de Investigación ITMATI-Repsol. Está financiada pola Axencia Galega de Innovación e o Ministerio de Economía e Competitividade e insírese no marco da Estratexia Española de Innovación en Galicia. Da Unidade Mixta xurdiu, sen ir máis lonxe, a nova edición (a décima) do Foro de Interacción Matemática Industria, un encontro promovido polas tres universidades no que participaron varias empresas de renome internacional (a propia Repsol ou o grupo BSH, integrado por Bosch e Siemens, amais de Fujitsu e Mestrelab). O Foro celebrou na Facultade de Matemáticas de Santiago o pasado 21 de novembro, e nel expuxéronse os principais recursos que a nosa investigación matemática pode pór en xogo á hora de satisfacer as demandas de innovación das empresas, sobre todo en ámbitos como a simulación numérica, a estatística e a investigación operativa. As empresas participantes, pola súa banda, amosaron necesidades computacionais concretas para a optimización das súas actividades en ámbitos como a mecánica de fluídos, o cálculo de estruturas, a transferencia de calor, a acústica, o electromagnetismo ou mesmo as finanzas. Volvendo ao ITMATI e á súa unidade mixta de I+D, lembrar que esta púxose en marcha vinte meses despois da constitución do propio instituto do que emana. A iniciativa colleu corpo en colaboración con Repsol, empresa que xa tivo ocasión de contar coas achegas dos matemáticos galegos para a resolución de problemas, desafíos que abrangueron dende a optimización de plataformas mariñas de enerxía eólica até o perfeccionamento de simuladores de reaccións químicas. Estes exemplos de cooperación dos nosos investigadores coa compañía enerxética foron dados a coñecer, precisamente, no devandito Foro celebrado en Santiago de Compostela.

8

díxitos  decembro 2014

 Alfredo Bermúdez de Castro: Director Científico Técnico da UMI ITIMATI-Repsol Como dixemos, as liñas de investigación da Unidade Mixta (UMI) están ligadas ao desenvolvemento de técnicas matemáticas e computacionais que permitan resolver problemas de simulación numérica e de optimización no sector da enerxía, problemas que veñen derivados, na súa maioría, pola necesidade de manexar grandes cantidades de datos e pola complexidade dos mesmos. A Unidade Mixta publicou en outubro unha convocatoria para a contratación de investigadores matemáticos (un máximo de oito), co obxectivo de dar cabida no seu seo a profesionais (doutoras/es, licenciadas/os, enxeñeiras/os, graduadas/os) con formación e experiencia en modelado, optimización, simulación numérica (modelos EDP), programación e computación. O responsábel científico da Unidade Mixta é o profesor Alfredo Bermúdez de Castro López-Varela, catedrático de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, amais de investigador adscrito ao ITMATI. A xornada abrangueu mañá e tarde e nela participaron responsábeis de ambas entidades, tanto do instituto como da compañía enerxética, así como o director científico técnico da UMI e os coordinadores das distintas liñas de investigación. 


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

Obxectivo:

rematar coa dor crónica O grupo BioFarma da USC e a firma Esteve desenvolverán novos analxésicos máis eficaces Mabel Loza

O

grupo BioFarma da Universidade de Santiago, co que mantén importantes acordos de colaboración o Centro de Supercomputación de Galicia, anunciou este mes de novembro o seu obxectivo de buscar novos fármacos para loitar contra a dor crónica, é dicir, aquela dor que se mantén no tempo, alén da fronteira temporal do medio ano, desaparecera ou non a causa que o producira. Para dar forma a esta obxectivo, o grupo da USC e a empresa Esteve puxeron en marcha unha Unidade Mixta de Investigación (UMI) que traballará no desenvolvemento de produtos que axuden a paliar, mitigar ou facer desaparecer a dor crónica. A Unidade, máis polo miúdo, centrarase en novos ensaios experimentais e na localización de compostos activos.

Por outra banda, entidades como a International Association on the Study of Pain (IASP) e a European Federation of the IASP Chapters (EFIC) salientan que a dor continua e recorrente constitúe de maneira específica unha doenza ou síndrome. Para estas organizacións, estamos ante “un dos grandes problemas actuais da saúde pública, tanto pola súa presenza persistente a nivel mundial como polos custes económicos, sociais ou psicolóxicos que implica”.

A colaboración BioFarma-Esteve conta co apoio da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, que salientou o alto grao de interese da proposta e achegará o 30 % do financiamento do proxecto. En termos concretos, falamos dunha subvención total para o período 2014-2017 de 803.598,85 euros, sendo o orzamento total da unidade de 2.678.660 euros.

O traballo dos profesionais do grupo da USC e de Esteve, como dixemos, centrarase no desenvolvemento de novos ensaios experimentais en dianas innovadoras para o tratamento da dor, na identificación de compostos activos nestas dianas e na avaliación de fármacos en relación coas dianas propostas e antidianas. Ademais van adicar unha boa parte dos seus esforzos á caracterización de compostos mediante estudos funcionais en sistemas celulares, realizando investigación de farmacocinética preliminar in vitro e in vivo e executando estudos de seguridade preliminar.

Ao fío deste prazo de tempo e segundo informaron fontes da Universidade de Santiago, BioFarma e Esteve agardan ser quen de acurtar ao máximo os prazos na obtención de resultados para abrir as portas do mercado á comercialización real e factíbel da nova xeración de medicamentos analxésicos máis eficaces que abrollen da investigación conxunta. Serán, informan, fármacos máis seguros e que poderán abranguer máis tipos de dor cós comunmente achegados nos dispensarios. Os responsábeis da Unidade tamén agardan “un impacto económico e sanitario elevados” coa creación de emprego de alta cualificación e o desenvolvemento de novas tecnoloxías de predición. Como dixemos, a base do proxecto non é outra que a dor e o aproveitamento das novas tecnoloxías actuais (deseño, cómputo, experimentación, optimización de novos fármacos) para pórlle freo do mellor xeito posíbel e, en última instancia, mellorar a calidade de vida das persoas que sofren este tipo de mal. Por certo que a base de cidadáns afectados de dor crónica non é precisamente pequena. Segundo reflicte os responsábeis da UMI e máis a Universidade de Santiago, está na raizame da meirande porcentaxe das consultas actuais (case unha cuarta parte das mesmas) en atención primaria a nivel internacional. Son datos da Organización Mundial da Saúde, OMS.

Polo tanto, o obxectivo da Unidade Mixta de Investigación non é un obxectivo específico ou secundario: está presente en todos os países e en boa parte das familias.

Segundo lembra a Universidade de Santiago, BioFarma e Esteve colaboran dende o ano 2004 na execución de programas de descubrimento de fármacos e participaron como socios en proxectos de alcance internacional. Coordinando e e dirixindo BioFarma (e agora a Unidade Mixta) atópase a investigadora Mabel Loza, doutora en Farmacia e catedrática de Farmacoloxía da Universidade de Santiago, amais de coordinadora da plataforma de cribado de fármacos da USC. Como emprendedora, participou na creación de compañías como a citada plataforma de cribado, e liderou a Rede Galega de I+D de Medicamentos. Así mesmo, participa activamente na creación da Rede española de Descubrimento de Fármacos (SDDN). Por certo que a investigadora e o seu equipo achegarán ao proxecto o seu coñecemento no desenvolvemento de ensaios in vitro en fases temperás do descubrimento de fármacos. Pola súa banda, Esteve achegará persoal e coñecementos para ensaios in vivo, xunto co deseño e síntese de novos compostos químicos. 

decembro 2014  díxitos

9


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Contra a fenda dixital de xénero ICT-Go-Girls apunta á necesidade urxente de atraer ás mozas ás TIC dende a Secundaria

O

proxecto europeo ICT-Go-Girls! rematou a súa andaina de forma oficial o pasado 30 de outubro de 2014. A iniciativa, que foi coordinada pola área de e-learning do Centro de Supercomputación de Galicia, dirixiuse a achegar ás rapazas de Secundaria os coñecementos, habilidades e valores para axudalas a crear e obter innovación e emprego de calidade nas TIC. O día 15 de outubro, celebrouse en Amberes (Bélxica) a conferencia final do proxecto, onde, cunha participación en local e a través da rede, concorreron máis de 150 persoas nunha sesión onde se presentaron as conclusións máis importantes e desenvolvéronse diversos obradoiros prácticos sobre posibilidades de levar as TIC á aula de forma que sexan máis atractivas para as alumnas dos primeiros cursos de educación primaria. Como lembraremos, o proxecto de innovación educativa ICT-Go-Girls!, co-financiado pola Unidade de Aprendizaxe Permanente da Comisión Europea, reuniu a expertos investigadores de 5 países (CESGA e USC da nosa terra, Universidade do Danubio e Die Berater de Austria, a Universidade Spoleczna Akademia Nauk de Polonia, o Instituto Fraunhofer IAO de Alemaña e o centro de formación CVO Antwerpen de Bélxica) para analizar e deseñar métodos e recursos de soporte ás escolas europeas e mellorar o modo no q u e

se abordan as TIC nos primeiros anos da Secundaria. A idea era animar a alumnas e alumnos a adquirir habilidades emprendedoras e interese polas carreiras e empregos relacionados coas novas tecnoloxías. O proxecto estaba dirixido a estudantes dos primeiros cursos de Educación Secundaria (de idades entre os 10 aos 14 anos) e os seus profesores e profesoras nas escolas europeas, para tratar de reverter a tendencia negativa que fai que só un 30% do sector TIC estea formado por mulleres, e que ademais, só supoñan un 19% nos ámbitos de decisión deste sector, un dos máis activos, diversos e con posibilidades de emprego a nivel mundial. A Comisión Europea calcula unha carencia de 900.000 traballadores formados en TIC en Europa para o ano 2020, polo que lograr unha maior participación das mulleres neste sector resulta crucial. Os resultados do proxecto poden ser consultados nunha guía en 5 idiomas: Manual para Centros Educativos. Promovendo o espírito emprendedor a través das TIC. Este manual é unha guía práctica de 40 páxinas que resume as actividades, achados, barreiras e recomendacións para

10

díxitos  decembro 2014

mellorar o número de mulleres traballando no sector do TIC desde a Educación Secundaria. Está dispoñible en formato PDF desde a propia web do proxecto (http://www.ictgogirls.eu/?q=es/node/30) ou en formato papel, que se pode solicitar ao CESGA. Ten unha licenza Creative Commons Attribution Share Alike, polo que pode ser utilizado, adaptado ao contexto de traballo particular. O manual inclúe un CD con materiais extra, documentación do proxecto, material de difusión, e mesmo o código da rede social empregada na iniciativa, baseada en desenvolvementos de software libre Elgg e SocialWire. Como lembraremos, o proxecto ten a súa continuación no marco do Plan Proxecta, da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, cunha iniciativa denominada Rapazas Emprendedoras nas TIC, onde se propón levar á práctica diferentes proxectos de aula coa referencia e apoio dos materiais do proxecto europeo. Esta iniciativa conta co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, así como outras institucións como o Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia, AGASOL, USC, UDC e UVigo. Máis información en: http://www.edu.xunta. es/web/node/12755 


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

Crea o Teu Futuro O CESGA traballa nun programa que mellorará a empregabilidade dos mozos que sufriron cancro na nenez

O

pasado 19 de novembro celebrouse en Sofía, Bulgaria, a reunión de arranque dun novo proxecto na área de e-learning no ámbito da saúde, participado polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e coordinado por Catro, unha empresa de consultoría e formación búlgara. O proxecto denomínase Create Your Future e está orientado á creación dun programa personalizado e flexible para a orientación e formación dos mozos (15-25 anos) que sufrisen cancro na súa nenez. Este programa terá en conta as súas necesidades específicas, limitacións e as posibles secuelas físicas e/ou psicolóxicas que deixa a enfermidade, co obxectivo de mellorar o seu empregabilidade.

pañola de Pais de nenos con cancro, que agrupa a 16 asociacións en todo o país, contribuirá de forma activa no mesmo, achegando a visión e experiencia do colectivo de usuarios en España. O proxecto aínda non ten unha páxina oficial. Se está interesado neste proxecto, por favor contacte con e-learning@cesga.es ou siga a nosa información na web do CESGA (www.cesga.es) ou redes sociais (@elearningcesga en Twitter e elearningcesga en Facebook). 

Create your Future é un proxecto dentro do programa Erasmus+, financiado pola Axencia Nacional Erasmus+ de Bulgaria, e ten unha duración de tres anos, até finais de agosto de 2017. Conta cun orzamento global de 312.953 euros. O consorcio está formado por 7 entidades en Bulgaria, Austria, España e Grecia e reúne a profesores e investigadores de universidades e institucións de educación continua, asociacións de familias de doentes de cancro e máis ao CESGA como institución tecnolóxica. Na parte galega, tamén participa persoal investigador do grupo de tecnoloxía educativa da facultade de pedagoxía da USC (http://www.usc.es/ tecnoeduc/grupo.htm). Este proxecto parte da experiencia previa dun programa dirixido a nenos sobreviventes de cancro, chamado Mocidade e Futuro e existente en Austria, que durante anos traballou con pacientes novos con cancro para proporcionarlles a motivación para adquirir novas habilidades para a súa integración no mercado laboral, e identificar melloras reais nos seus programas de formación e perspectivas de traballo. Asemade, lembrar que varios dos socios participantes neste proxecto, CESGA, USC e Die Berater en Austria, participaron nunha iniciativa anterior, o Proxecto e-Hospital, onde se deseñaron e avaliaron propostas de formación mediante aprendizaxe a distancia a doentes adultos hospitalizados de longa duración. Un dos colectivos cos que se traballou neste proxecto foi o de mozos enfermos de cancro. Neste novo proxecto preténdese aplicar as leccións aprendidas en e-Hospital no uso das novas tecnoloxías aplicadas á aprendizaxe e soporte aos mozos pacientes unha vez que deixan o centro de saúde. Pola banda española, ademais do CESGA e a USC, que participan como membros do consorcio do proxecto, a Federación Es-

decembro 2014  díxitos

11


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

O CESGA participa

na execución de dez experimentos do programa europeo

Fortissimo

12

díxitos  decembro 2014


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

A

s pequenas e medianas empresas teñen que competir cada día nun ámbito máis globalizado, onde a calidade dos seus produtos así como o seu grao de innovación é moi importante para o éxito. O emprego de recursos computacionais para a simulación dos procesos de desenvolvemento ou para a análise de grandes volumes de datos é unha ferramenta poderosa para mellorar a competitividade. Co obxectivo de facilitar que estes recursos estean dispoñíbeis para as empresas, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), atendendo a unha das súas principais razóns de ser (promover a innovación nas PEME da contorna), aliñouse coa iniciativa Factorías do Futuro da Unión Europea, que entre outras cousas busca a incorporación dos recursos de cálculo ao tecido produtivo, recursos considerados polos impulsores desta iniciativa como “esenciais”.

Dentro deste marco de actuación nace o proxecto Fortissimo. Dos 50 experimentos que acubilla, a quinta parte están en execución no CESGA. Fortissimo é un proxecto colaborador que permitirá que as PEME europeas sexan máis competitivas a nivel mundial, mediante o uso de servizos de simulación executados nunha infraestrutura Cloud HPC. O proxecto, financiado pola Comisión Europea dentro do 7º Programa Marco, e parte da Iniciativa I4MS, está coordinado pola Universidade de Edimburgo e involucra 45 socios de 14 países, entre os cales se encontra o CESGA. O proxecto executará máis de 50 experimentos liderados polas PEME, dos cales dez teñen a súa sede no ámbito estatal (España é o país con meirande número deles), grazas precisamente o papel despregado polo CESGA. Son os que citamos a continuación:

´´ Deseño mecánico mellorado de bridas metálicas O obxectivo do experimento é estudar e predicir o comportamento das bridas durante o proceso de aperte. As bridas son elementos que unen pezas metálicas como canalizacións de gas de alta presión. O proceso de aperte realízase en pasos. Estes pasos execútanse ata que se acada a tensión final desexada. O experimento desenvolverá un frontend para estudar varios casos de aperte e atopar o método máis barato e efectivo. O experimento utilizará o software Code_Aster. PEME participantes: Texas Controls (www.texascontrols.com)

A iniciativa Factorías do Futuro da Unión Europea, busca entre outras cousas a incorporación dos recursos de cálculo e computación ao tecido produtivo

´´ Plataforma de optimización baseada na nube para o reforzo das industrias de corte do aceiro O experimento establecerá un software como servizo baseado no Cloud HPC de Fortissimo para optimizar a fabricación (número, tipo, secuencia) de pezas de aceiro para edificios, dando soporte aos clientes na industria de corte do aceiro. O servizo estará baseado no código de simulación Optimo, que é unha optimización aleatoria que utiliza os métodos de Recocido Simulado e de Monte Carlo. PEME participantes: Schnell Software (www.schnellsoftware.com)

decembro 2014  díxitos

13


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

´´ Deseño mellorado e optimizado de chemineas concéntricas con gases de escape de alta temperatura O obxectivo deste experimento é optimizar o deseño de chemineas concéntricas con gases de escape de alta temperatura, empregando un ámbito de simulación HPC baseado na nube para realizar a análise numérica da convección natural e forzada de gases con alta turbulencia e ensamblado térmico, usando a dinámica de fluídos computacional. PEME participantes: Dinak (www.dinakchimeneas.com)

´´ Plataforma HPC baseada na nube para a conversión de mapas O experimento ofrecerá un servizo baseado no Cloud HPC para a transformación de mapas xeográficos en diferentes formatos e resolucións a un formato de coordenadas regular XYZ usando interpolación Kriging. Tamén apoiará a interpolación de mapas en áreas carentes de información. PEME participantes: Enxeñaría e Control Electrónico (www.ingenieriaycontrol. es), Sisener Enxeñeiros (www.sisener.com)

´´ CastINCloud - Servizos no Cloud sostibles para proporcionar simulacións de fundición de alto rendemento ás PEME CastINCloud desenvolverá e validará unha capa de servizo de software de simulación para simulacións de fundición avanzadas. O experimento construirase de forma flexible sobre os provedores Cloud HPC existentes e ofrecerá deseño e simulación da fundición ás PEME baixo un servizo de pagamento por uso. Empresas participantes: Quantech ATZ (www.quantech.es), Fundicións de Roda (www.fundicionesderoda.es)

´´ Simulación multifísica de dispositivos supercondutores de alta temperatura Os supercondutores de alta temperatura (HTS) son ideais para o desenvolvemento de cables supercondutores de baixa perda de CA/CC e xeradores eléctricos pequenos, eficientes e lixeiros. En todas estas aplicacións, o coñecemento cuantitativo dos parámetros de deseño esenciais debe ser proporcionado por unha ferramenta HPC dada a forte natureza non lineal, multi-escala e multifísica do problema. O experimento adaptará o software de simulación para a súa execución no Cloud HPC de Fortissimo como un servizo para o fabricante HTS usuario final. Empresas participantes: Oxolutia (www.oxolutia.com)

14

díxitos  decembro 2014


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

´´ VIC4CAM - Experimentación de servizos de simulación HPC de Metroloxía Virtual para o control do proceso de produción da PEME na fabricación sostible e competitiva da árbore de levas VIC4CAM pretende ofrecer novos servizos de simulación HPC de Metroloxía Virtual para a detección temperá de defectos e desviacións. Este servizo xerará información cuantitativa útil para a optimización da fabricación da árbore de levas, permitindo aos usuarios finais acadar un control da calidade dimensional do 100%. PEME participantes: Unimetrik (www.unimetrik.es), Datapixel (www.datapixel.com), Engine Power Components Group Europe (www.engpwr.com)

´´ StamHPC - Computación de altas prestacións para a industria de estampado do metal O principal resultado de StamHPC será unha nova solución de software baseada no Cloud HPC, permitindo á industria de estampado do metal resolver problemas de simulación do conformado da chapa metálica doadamente. Empresas participantes: Quantech ATZ (www.quantech.es), Matrici (www.matrici.com)

´´ HPC-SHEAKS - Sistema HPC habilitado para o deseño mellorado da resposta e mantemento de estruturas marítimas O experimento HPC-Sheaks pretende demostrar a utilidade das ferramentas HPC para os estudos da resposta de estruturas marítimas utilizando as ferramentas máis avanzadas. Isto farase mediante a creación dun servizo profesional no Cloud HPC, pasando da tradicional reserva de tarefas/consultas, cara a un efectivo aprovisionamento da máquina baixo demanda, mantendo os criterios de usabilidade no mesmo nivel de calidade que na súa execución nunha estación de traballo local. Empresas participantes: Compass Ingeniería e Sistemas (www.compassis.com), Vicus Desarrollos Tecnológicos (www.vicusdt.com), WavEC - Offshore Renewables (www.wavec.org)

´´ FLASH - Habilitando a avaliación da fatiga de vida no Cloud HPC para as PEME O principal obxectivo do experimento FLASH é desenvolver, validar e demostrar un servizo one-stopshop doado de usar para o cálculo da fatiga de vida utilizando recursos Cloud HPC. Para este propósito, o código comercial RamSeries será optimizado para infraestruturas HPC seguindo un novo enfoque que aproveita a natureza estatística da avaliación da fatiga de vida. O obxectivo final é integrar eficientemente as infraestruturas HPC dispoñibles co software de cálculo da fatiga estrutural, e permitir o acceso das PEME europeas a estes recursos. Empresas participantes: Isonaval (www.isonaval.net), Compass Ingeniería e Sistemas (www.compassis.com)

decembro 2014  díxitos

15


SERVIZOS TECNOLÓXICOS PARA EMPRESAS • Acceso ao uso de infraestruturas de computación e almacenamento de datos. • Definición de solucións tecnolóxicas adaptadas as túas necesidades. Consultoría, información, análise e asesoramento sobre plataformas de computación, simulación, modelización, big data, almacenamento de datos, e-learning, información xeográfica. • Titorización na incorporación destas tecnoloxías na túa empresa. Acompañamento para o seu uso. Capacitación. Formación. Demostración de solucións tecnolóxicas. • Procura de axudas e subvencións e soporte na definición de proxectos no ámbito da investigación, desenvolvemento e innovación.

CENTRO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICIA

GALICIA SUPERCOMPUTING CENTRE

• Se es: PEME, Micropeme, Autónomo, Emprendedor Spinoff, Startup, • Se es parte de: Aceleradora, Enxeñaría, Oficina técnica ou Departamento de I+D+i. SÚMATE XA ÁS EMPRESAS GALEGAS QUE AVANZAN CO CESGA CHÁMANOS HOXE 98156 98 10 info@cesga.es

Dixitos Diciembre 2014  

Publicación periódica de la Fundación CESGA

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you