Page 1

anos

Novas do Centro de Supercomputaci贸n de Galicia Xu帽o 2013

20 anos contribu铆ndo ao avance da ciencia e da innovaci贸n


Fundación Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

DIRECCIÓN Javier García Tobío COORDINACIÓN Fernando Bouzas Sierra

valorización do coñecemento

UN CENTRO CREADO CON VISIÓN DE FUTURO

DESEÑO, GRAFISMO E MAQUETACIÓN CESGA FOTOMECÁNICA E IMPRESIÓN Artes Gráficas LITONOR S.A.L. DEPÓSITO LEGAL C 1604-1998 ISSN 1139-563X EDITA FUNDACIÓN CESGA Avenida de Vigo, s/n (Campus Vida) 15705 Santiago de Compostela Telf. 981 569 810 Fax. 981 594 616 dixitos@cesga.es

........................................................

CONTIDOS

O Centro de Supercomputación de Galicia foi creado en Santiago de Compostela hai vinte anos, cando moi pouca xente sabía o que era Internet ou un supercomputador. Foi precisamente o CESGA o que instalou na comunidade o primeiro nodo de acceso a Internet a través da rede científica española RedIRIS, sendo pioneiro no que hoxe en día é algo cotián, compartir información e coñecemento con outras persoas en calquera parte do mundo. O primeiro supercomputador instalado na súa sede de Santiago de Compostela era en 1993 o máis potente de España e foi o núcleo arredor do cal se desenvolveu unha crecente comunidade investigadora que facía uso das súas grandes capacidades de cálculo para a época, desde as universidades galegas ou desde os centros do Consello Superior de Investigacións Científicas. Desde aquela, o CESGA viviu inmerso nun proceso de mellora continua no que palabras como eficiencia, excelencia, calidade ou innovación reflicten o traballo que nel se fai día a día na busca dun mellor servizo á comunidade científica e tecnolóxica galega e do CSIC. Isto permitiu que desde o Centro se axudara á in-

ternacionalización de grupos de investigación galegos, que co seu apoio puideron acceder a relevantes proxectos europeos. E a outra gran vertente do traballo do CESGA é a valorización do coñecemento e a súa transferencia á industria, conseguindo que os resultados de investigacións se poidan aplicar na práctica para ofrecer novas ferramentas ás empresas e maior calidade de vida para as persoas. Desde estas liñas quero ofrecer o meu recoñecemento ás persoas que hai xa máis de dúas décadas tiveron visión de futuro e apostaron por crear un Centro de Supercomputación capaz de atender as necesidades da comunidade científica daquela época e preparado para adaptarse e medrar seguindo o ritmo das novas tecnoloxías. Síntome orgulloso de presidir o CESGA e para min é unha responsabilidade conseguir que poida continuar evolucionando para atender as necesidades da comunidade científica e empresarial de hoxe e das vindeiras décadas. Manuel Varela Rey Presidente CESGA e director da Axencia Galega de Innovación

[ 2 ] Manuel Varela Rey, Cronoloxía [ 3 ] Memoria do século XX [ 4 ] Javier García Tobío [ 4 ] Ignacio López Cabido [ 6, 7 ] Manuel Millares [ 8 ] Juan José Casares Long [ 9 ] Ramón Villares Paz e Miguel Ángel Ríos Rodríguez [ 10 ] José Manuel Gallardo Abuín [ 11 ] Elías Fereres Castiel, Mary-Cruz Mato

cronoloxía 1990. A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Xunta de Galicia comezan a colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) de cara a establecer unha unidade informática conxunta. 1991. Asínase o convenio entre a Xunta de Galicia e o CSIC para constituír o que será o Centro de Supercomputación de Galicia para darlles servizos á comunidade de investigación en Galicia e a centros e laboratorios do CSIC. 1992. A Xunta de Galicia publica o Decreto 6/1992 do 16 de xaneiro polo cal se crea o Centro de Supercomputación de Galicia.

Iglesias [ 12 ] Yoshihiro Kosaka [ 13 ] Kunio Suzuki, Keiichiro Uchida [ 14, 15 ] Francisco Fernández Rivera, Berta Fernández Rodríguez, Saulo Vázquez Rodríguez, Vicente Pérez Muñuzuri e Juan Luis Ruiz Buján

1993. Constitúese a Sociedade Anónima de Xestión do Centro de Supercomputación de Galicia. O día 10 de maio inaugúranse as instalacións do Centro, que conta entón co supercomputador máis potente de España, un monoprocesador vectorial Fujitsu VP2400, o cal ocupa o posto 146 na listaxe Top500 dos supercomputadores con maior capacidade de cálculo do mundo. Créase a Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA)

que conta cun punto de acceso a Rede ARTIX (Arteria IRIS X.25) precursora de RedIRIS. 1995. RECETGA convértese en rede ATM de banda larga sobre radio enlaces e cabo óptico. 1996. O Centro participa no seu primeiro proxecto europeo, o proxecto HIPSIA. 1997. Adquírense os supercomputadores vectorial paralelo Fujitsu VPP300E/6 e escalar paralelo Fujitsu AP3000, de memoria distribuída, que substituirán o ano seguinte o VP2400. 1999. O CESGA complementa as súas arquitecturas de cómputo. Comeza a operar un servidor Sun HPC4500 con arquitectura de multiprocesamento simétrico. Entra en servizo unha librería robotizada de cintas para afianzar o servizo de almacenamento de datos. 2000. CESGA pon en marcha a Rede de Bibliotecas Universitarias de Galicia que logo se constituirá como Consorcio, BUGALICIA, e comeza a fornecer servizos de cómputo para a acabada de crear MeteoGalicia, para a realización da predición operativa.


Centro de Supercomputación de Galicia

CESGA

MEMORIA DO SÉCULO XX O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, MUNCYT, recibiu o 12 de abril na súa sede da Coruña unha peza do primeiro supercomputador do CESGA, que era o máis potente de España en 1993. No centro da imaxe,

Manuel Varela Rey, director da Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e presidente do CESGA, e Javier García Tobío, director xerente do CESGA, entregáronlle a Ramón Nuñez

Centella, director do MUNCYT -á esquerda na imaxe- un dos catro módulos da CPU do supercomputador. Esta peza representa o ano 1993 nunha mostra do Museo sobre o século XX. Foto: Cortesía MUNCYT-FECYT.

2001. Nace o Superordenador Virtual Galego (SVG), un clúster de cómputo distribuído precursor das iniciativas grid que logo o Centro lideraría.

2005. CESGA, xunto coas universidades de Vigo e do Minho e o Centro de Computação Gráfica de Guimarães, pon en produción a primeira rede de salas de traballo colaborativo en rede, AccessGrid, da Península Ibérica. CESGA obtén a certificación ISO 9001; é o primeiro Centro de Supercomputación europeo en contar con este certificado.

2011. O Centro supera os 650 usuarios dos servizos de computación. CESGA obtén a certificación UNE 166.002 e comeza a prestar servizo de cómputo e almacenamento á Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica do Servizo Galego de Saúde.

2002. Amplíase a capacidade de cálculo cun HPC320 e un clúster de computadores Beowulf de Compaq, e aumenta a capacidade de almacenamento a 51 Tb. CESGA lanza a nova plataforma de colaboración e e-Learning AULACESGA. 2003. Constitúese a Fundación CESGA. Mércase un supercomputador Superdome de HP, o de maior capacidade en España, para substituír os VPP300E/6 e AP3000, e o CESGA volve á listaxe dos Top500 na posición 227. Como parte dunha cooperación público-privada, CESGA bota a andar, xunto con cinco operadoras, o Punto Neutro de Intercambio de Tráfico de Internet en Galicia, GALNIX. 2004. O CESGA asume o servizo de contabilidade na maior rede de cómputo científico do mundo nacida das iniciativas de computación grid impulsadas polo CERN e que culminará na constitución da European Grid Initiative.

2006. CESGA pon en funcionamento a Iniciativa Galega polo Software Libre, Mancomun. org, e participa activamente dende o arranque no proxecto Consolider Mathematica. 2007. Obras de adaptación do edificio e actualización das infraestruturas de apoio. Comeza a instalación do supercomputador FinisTerrae. 2008. Posta en produción do FinisTerrae o 1 de abril de 2008: CESGA logra o posto 100 da lista dos supercomputadores máis potentes do mundo e o Ministerio de Ciencia e Innovación recoñéceo como Infraestrutura Científico Tecnolóxica Singular do Estado Español (ICTS). 2010. Puertos del Estado realiza en CESGA a súa predición oceanográfica operativa.

2012. O Centro contribúe con equipamento, software e persoal nos experimentos principais que se desenvolven no colisionador de hadróns do CERN. O 4 de xullo, o CERN anuncia a observación dunha nova partícula consistente co bosón de Higgs. A plataforma AULACESGA cumple dez anos e supera os 30.000 usuarios. 2013. CESGA acumula unha experiencia de participación en máis de 170 proxectos cooperativos de investigación. RECETGA conta con enlaces propios de fibra escura interconectando as sete cidades galegas con dobre acometida a RedIRIS e provendo a esta dun enlace coa rede portuguesa de FCCN. O CESGA celebra o seu vixésimo aniversario e afronta a renovación do seu equipamento para continuar prestándolle servizo á comunidade científica galega e do CSIC.

xuño 2013

díxitos

3


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

20 anos Coñecemento e experiencia, os valores máis importantes do CESGA Neste ano 2013 celébrase o 20 aniversario da posta en marcha do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), aínda que a súa historia comeza alá polo ano 1990, no que investigadores galegos lles propoñen ás institucións a creación dun centro de supercomputación. Durante estes vinte anos pasaron polo Centro equipamentos, hardware e software que a tecnoloxía ía deixando obsoletos, pero hai un contido no que a institución medrou e segue a medrar, e é o coñecemento. Ao longo destas dúas décadas o CESGA consolidouse como un centro de coñecemento en computación de altas prestacións, tendo participado en máis de 170 proxectos colaborativos de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación, levados a cabo polo persoal que traballou e está a traballar nel, que é en definitiva o que mantén os valores máis importantes da institución, que son o coñecemento e a experiencia. Vaia así o meu recoñecemento explícito aos ‘pais e nais’ do Centro e a todas as persoas que contribuíron, e seguen a contribuír, á historia do CESGA, achegando o seu traballo e dedicación. Javier García Tobío Director Xerente CESGA

Javier García Tobío, posando en 1998 á beira do multiprocesador paralelo Fujitsu AP3000. Ao fondo, o supercomputador vectorial paralelo Fujitsu VPP300E/6. Foto: Arquivo CESGA 1998.

“CONSOLIDOUSE COMO UN CENTRO DE COÑECEMENTO EN COMPUTACIÓN DE ALTAS PRESTACIÓNS”

O persoal do CESGA, depositario dos coñecementos e experiencia xerados no centro. Foto: Arquivo CESGA, 2008

4

xuño 2013 díxitos xullo 2012


Centro de Supercomputación de Galicia

CESGA

UN POLO DE I+D+i a colaboración, clave para manterse á vangarda da innovación Desde a súa creación o CESGA vén non só prestando servizo senón tamén colaborando intensamente cunha extensa rede de grupos de investigación punteiros que desenvolven o seu labor nas máis variadas disciplinas, que van dende as xenómicas á ecoloxía, das altas enerxías e a radiofísica médica á astronomía, da dinámica de fluídos en enxeñarías aos movementos oceánicos, da química teórica á simulación de materiais multiescala, dos fenómenos meteorolóxicos locais aos estudos clímaticos globais, tamén da matemática financeira á simulación de comportamentos sociais. A colaboración con outras institucións e con empresas, tanto usuarias como socios tecnolóxicos do Centro veñen sendo profundamente intensas. Estas colaboracións permanentes -ben de servizo, ben como socios en proxectos de investigación, ben creando desenvolvementos tecnolóxicos- sostidas durante décadas favorecen o mantemento dun polo de coñecemento de valor único na nosa contorna xeográfica. Os retos e esixencias que os nosos usuarios, as institucións e empresas nos presentan a cotío son clave para manter o CESGA á vangarda dos desenvolvementos tecnolóxicos. Este coñecemento, alimentado polas existentes relacións de traballo, permítenos ofertar os nosos servizos na xestión de infraestruturas globais e afrontar con garantías a nosa contribución ás colaboracións con grupos á vangarda da investigación, desenvolvemento e innovación internacionais. Ignacio López Cabido Subdirector Técnico CESGA

Ignacio López Cabido traballando na consola do supercomputador VP2400 de Fujitsu no CESGA en 1993.

“OS RETOS QUE OS NOSOS USUARIOS NOS PRESENTAN A COTÍO SON ESENCIAIS”

O supercomputador VP2400 de Fujitsu, primeiro instalado no CESGA. Foto: Arquivo CESGA, 1993

xuño 2013

díxitos

5


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Aspecto do VP2400 de Fujitsu o 22 de xaneiro de 1993, no inicio da instalación na sede do CESGA, na imaxe da esquerda. Na outra imaxe, Juan Casares, segundo pola esquerda, observa os axustes que realizan os técnicos que participaron no proceso de instalación e posta en marcha do supercomputador o 25 de xaneiro de 1993. Fotos: Cortesía Manuel Millares

O SUPERCOMPUTADOR MÁIS POTENTE QUE ESTABA instalado EN ESPAÑA EN 1993 Hai agora 20 anos chegou a Galicia o primeiro supercomputador, e con el iniciouse a historia do CESGA. Ese supercomputador vectorial Fujitsu VP2400 era daquela o máis potente que xamais se instalou en España alcanzando os 2,5 Gflops de potencia pico. Esta era a primeira xeración de supercomputadores que deixaba atrás a utilización da palabra megaflops como unidade de medida e empezaba a popularizar a palabra gigaflops, aínda que hoxe nos pareza xa en desuso sendo substituída por teraflops, petaflops ou ata exaflops. Incorporábase tamén á supercomputación o uso do UNIX como sistema operativo, xa que ata entón os grandes supercomputadores implementaban sistemas operativos propietarios. Hoxe foi substituído por Linux, versión libre de UNIX. Era tamén a primeira vez que se utilizaba a linguaxe C (e C++) en supercomputación xa que ata entón Fortran era a única linguaxe de referencia nesta contorna. C e Fortran seguen sendo hoxe as dúas linguaxes maioritarias da contorna científica.

Linpack segue sendo o test de referencia para os centros de supercomputación e Top500 a lista dos maiores supercomputadores do mundo. VP2400 era o nome que máis aparecía entón nos primeiros postos desta lista creada por Jack Dongarra. A arquitectura vectorial segue sendo unha das máis adecuadas para a execución desta proba consistente na resolución dun sistema de ecuacións mediante eliminación gaussiana.

“VINTE ANOS DESPOIS, A TECNOLOXÍA DE PROCESO VECTORIAL SEGUE SENDO CLAVE”

Avanzou moito a tecnoloxía nestes últimos 20 anos, pero estes avances centráronse fundamentalmente na tecnoloxía dos semicondutores -maior integración e menor consumo eléctricomentres que as arquitecturas seguen totalmente en vigor. Vinte anos despois a tecnoloxía de proceso vectorial segue sendo clave nos supercomputadores e está baixando ata os computadores de propósito xeral ou ata os microprocesadores utilizados en tabletas e teléfonos móbiles. Esta tecnoloxía segue sendo a máis axeitada para procesar matrices e as resolucións gráficas das pantallas utilizadas hoxe en tabletas teñen vectores de ata 2.000 elementos (e medrando) que moitas aplicacións de hai 20 anos non utilizaban nos supercomputadores de entón.

6

xuño 2013 díxitos xullo 2012

Comprobar todos os compoñentes do supercomputador era esencial. Foto: Manuel Millares


Centro de Supercomputación de Galicia

CESGA

CONEXIÓNS CON TODO O MUNDO O neno da imaxe tiña entón cinco anos, e faltaban aínda uns días para que se instalara o nodo de Internet no edificio do Centro de Supercomputación de Galicia no daquela Campus Sur da Universidade de Santiago. Dúas décadas máis tarde Internet é o seu medio de comunicación por excelencia e o seu círculo de amigos alcanza lugares como Corea, Xapón, China, Reino Unido, Alemaña, Estados Unidos, Brasil... ou calquera deles viaxando por calquera país do mundo cos que está en contacto permanente.

EN DECEMBRO DE 1992 PÚXOSE EN MARCHA O NODO DE REDIRIS PARA DARLLE ACCESO A INTERNET Á COMUNIDADE CIENTÍFICA GALEGA As limitacións da tecnoloxía de semicondutores obrigaron á evolución das arquitecturas a través da paralelización de varios procesadores e así o VP2400 foi substituído posteriormente por outro supercomputador vectorial e paralelo chamado VPP300. Con esta nova arquitectura aparecen outros conceptos como MPI, PVM ou ben OpenMP que modifican a estrutura dalgunhas aplicacións para permitirlles utilizar a potencia agregada de varios supercomputadores vectoriais. Pero se o supercomputador Fujitsu VP2400 foi o “cerebro” do CESGA non menos importancia ha ter o nodo de RedIRIS. En decembro de 1992 puxemos en marcha este nodo consistente nun

conmutador X.25 enlazado co nodo central en Madrid mediante unha liña punto a punto de 64Kbps. Directamente a el conectábase o servidor de correo X.400 e un router Cisco AGS+ que proporcionaba enlaces IP para interconectar a contorna científica e universitaria de Galicia co resto do mundo a través de Internet. En 1993 recordo que uns mozos do CERN chegaron ó CESGA para promocionar o acceso á súa información a través de Internet. Deseñaran un sistema de hiperenlaces, chamáronlle World Wide Web (WWW) e a través dun programa para estacións de traballo UNIX chamado Mosaic podíase acceder á documentación do CERN desde calquera parte do mundo a través de In-

ternet. Hoxe o navegador de internet (evolución daquel Mosaic orixinal) forma parte das nosas vidas e Google, Facebook ou Twitter son xa tan familiares que ata dan lugar á creación de novos verbos. Aplicacións como Whatsapp ou Skype ocupan unhas cantas horas do noso tempo diario pero permítennos un nivel de comunicación ó que moi poucos estarían dispostos a renunciar. A través dos 20 anos de historia do CESGA podemos observar como evolucionaron as tecnoloxías de cálculo e de comunicación, e os avances que estas tecnoloxías lle achegaron á sociedade e dos que hoxe non poderiamos prescindir. Texto: Manuel Millares, Consultor de Proxectos Estratéxicos, Fujitsu

Varios técnicos poñendo equipos a punto. Á dereita, Manuel Millares instalando o líquido refrixerante do VP2400 o 25 de xaneiro de 1993. Fotos: Arquivo Manuel Millares

xuño 2013

díxitos

7


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

SALTO CUALITATIVO Juan José Casares Long, reitor da USC

UN NOVO TEMPO PARA A COMUNIDADE CIENTÍFICA O actual reitor da Universidade de Santiago de Compostela foi o primeiro director do Centro de Supercomputación de Galicia e antes diso presidiu a comisión técnica constituída previamente para levar a bo porto a iniciativa. Nesta breve entrevista comparte os seus recordos sobre o proceso que despois de máis de dous anos de traballo de moitas persoas deu lugar á súa creación no daquela campus sur da USC. - ¿Cal foi o seu papel na posta en marcha do CESGA? - Presidín a Comisión Técnica de Informática de Galicia que actuou ao longo do ano 1990 e que sentou as bases para a adquisición dun ordenador de cálculo de altas prestacións e onde se prepararon os benchmarks para someter a proba os equipos propostos polos fabricantes así como coñecer as posibilidades de equipamento daqueles que entón tiñan máquinas neste ámbito: Convex, Cray, Digital, Fujitsu, IBM, NEC. Posteriormente sacouse un prego de condicións técnicas para a adxudicación no primeiro semestre de 1991 e adxudicouse a través da Fundación Empresa-Universidad Gallega, FEUGA. - ¿Como continuou este proceso? A miña misión nesta fase foi a avaliación das ofertas e a recomendación de compra do VP2400 de Fujitsu e do equipamento directo aos organismos implicados: Xunta de Galicia e Consello Superior de Investigacións Científicas, por 500 millóns de pesetas. Ao longo do ano 1992 negociei a cesión de parte da

finca do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas polo CSIC e a construción do edificio por parte da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. O 24 de decembro dese ano rematou a construción e o 7 de xaneiro de 1993 iniciamos a instalación dos equipos. O 6 de xuño de 1993 celebrouse a primeira xuntanza do Consello de Administración da S.A. Centro de Supercomputación de Galicia e o meu nomeamento como director do mesmo cando o CESGA levaba xa meses en operación. Ata o 17 de decembro de 1997. - ¿Que supuxo naquel momento para a comunidade científica e universitaria de Galicia e que supón hoxe, desde a súa perspectiva? - Un salto cualitativo e cuantitativo a nivel de investigación no eido da computación de altas prestacións. Naquel momento fomos o centro de cálculo de maior capacidade de cálculo de España con moita diferenza sobre os demais. Abriuse en realidade un novo tempo. - ¿Pode contarnos algunha curiosidade ou anécdota relativa á posta en marcha do CESGA en 1993? - Os primeiros días da posta en marcha do Centro, tanto os técnicos nosos coma os xaponeses que instalaban o superordenador vectorial tivemos que empregar caixas como mesas e cadeiras xa que non recibiramos os mobles a tempo e non había tempo que perder.

Juan Casares explícalles o funcionamento do VP2400 ós daquela presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga; conselleiro de Educación, Juan Piñeiro; reitor da Universidade da Coruña, José Luis Meilán, e deputada no Congreso María Jesús Sainz, no fondo.

8

díxitos xuño 2013


Centro de Supercomputación de Galicia

CESGA

RAMÓN VILLARES: “foi unha decisión excelente” Ramón Villares Paz é presidente do Consello da Cultura Galega e catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, da que era reitor no momento no que se inaugurou o CESGA. Na posta en marcha do Centro, “o meu papel foi o propio de reitor da USC, isto é, de facilitar no posible o convenio entre a Consellería de Educación, o CSIC e as universidades galegas para abrir este centro e situalo no daquela chamado Campus Sur en Compostela. Alén diso, o seu primeiro director, procedente da empresa privada, foi tamén incorporado daquela como catedrático ao cadro docente da USC”. Sobre a creación do Centro de Supercomputación de Galicia indica que “creo que foi unha decisión excelente e anticipatoria das necesidades que estaba a ter a comunidade cientifica, de dispoñer de servizos comúns e con infraestrutura avanzada. Se ben daquela se dicía que eran moi poucos grupos os que precisaban deste servizo -na realidade, creo que había só dous con elevada demanda, un en Química Física e outro en Matemática Aplicada-, penso que a expansión que experimentou Galicia, tanto no campo da investigación como no da comunicación, se viu claramente favorecida por este centro, que actuou desde a sua fundación como un servizo compartido”. Desa época “lembro unha anécdota que non ten maior importancia, pero que resulta acaída ao asunto. Un cargo político, do grupo do goberno na Xunta, anunciara dias antes de se asinar o convenio a aparición deste proxecto como un centro de ‘supercomposición’, o que induciu a algúns equívocos que moi logo se esvaíron”.

Ramón Villares e Miguel Ángel Ríos o día da inauguración do CESGA, o 10 de maio de 2003.

MIGUEL ÁNGEL RÍOS: “superou expectativas” É vicepresidente da Real Academia Galega de Ciencias e foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela na época da posta en marcha do CESGA. Formou parte “da Comisión encargada de valorar as distintas propostas recibidas, quizais por ser un dos investigadores que tiña experiencia no campo da supercomputación e que, desde uns anos antes, viña avisando da necesidade imperiosa deste tipo de servizo”. A creación do CESGA, indica, “foi un proxecto estratéxico moi acertado. Inicialmente viña cubrir unhas necesidades de cálculo avanzado aínda limitadas, pero que tiña, ademais, a importante misión de impulsar a supercomputación en Galicia”. Considera que “actualmente, tras unha Dirección acertada e moi eficiente, o CESGA superou amplisimamente as expectativas. Converteuse nun centro de supercomputación actualizado, tras a época dos procesadores vectoriais, con investigacións e iniciativas propias e un importante labor de formación. Un centro de referencia, recoñecido nacional e internacionalmente, sobre todo en Europa. Grazas á súa eficaz xestión, conseguíronse tamén melloras substanciais na rede de comunicacións. Para rematar, o CESGA desenvolveu un importantísimo labor no impulso e difusión das novas tecnoloxías, sobre todo a través da súa participación e liderado nun elevado número de proxectos europeos”. Conclúe que “á vista de todo iso, pódese dicir que se converteu de feito nun gran Centro Tecnolóxico, que, ó meu xuízo, pode xogar un papel importante no desenvolvemento científico e socioeconómico de Galicia. Oxalá os recortes derivados da crise actual non trunquen esta brillante carreira”.

Miguel Ángel Ríos, que en 1998 era secretario xeral de I+D da Xunta de Galicia, saúda o conselleiro delegado de Fujitsu ICL España, Shigeji Tomío, tras a sinatura dun convenio para desenvolver software de control acústico para Fujitsu desde o CESGA. Foto: Cortesía Grupo Correo Gallego

xuño 2013

díxitos

9


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

José manuel gallardo: “Unha análise rigorosa dos 20 anos do CESGA demostra que contribuíu de xeito notable ó desenvolvemento da I+D+i en Galicia”

UN ANTES E UN DESPOIS É profesor de investigación do CSIC no grupo de Química de Productos Mariños do Instituto de Investigacións Mariñas, pertencente ó CSIC. Foi director do Instituto de 1979 a 1983 e unha das persoas que desde o Consello Superior de Investigacións Científicas contribuíu á creación do CESGA, época que lembra con detalle. “No ano 1990, eu era delegado do CSIC en Galicia -actualmente a denominación é coordinador institucional do CSIC-, cando a miña institución decidiu levar a cabo un investimento con fondos Feder de 50 millóns de pesetas para crear unha Unidade Informática en colaboración coa Universidade de Santiago. Aínda que naqueles anos, pensar nun Centro de Supercomputación en Galicia soaba a ciencia ficción e parecía inviable desde o punto de vista económico, pensouse que cambiar a proposta inicial da Unidade Informática e propoñer a creación dun Centro de Supercomputación, podería ser clave para o futuro de Galicia. Ademais, había outra baza a favor, xa que se aprobou a creación do Centro de Supercomputación de Cataluña, por iniciativa da Generalitat e das Universidades de Cataluña.

José Manuel Gallardo era o delegado do CSIC en Galicia en 1990, momento no que se inicia o proceso que levou á inauguración do Centro de Supercomputación de Galicia en 1993. Foto: J.M.G.

Para comprobar ata que punto esta idea podía ter unha boa acollida desde a Xunta de Galicia, solicitei unha entrevista co conselleiro de Educación, Juan Piñeiro Permuy, e co secretario xeral da Consellería, Lucio Rafael Soto, e expúxenlles esta proposta, mostrándose ambos moi receptivos. O conselleiro trasladoulla ó presidente da Xunta, Manuel Fraga, que a apoiou sen reservas.

tres universidades galegas, designándose a Juan Casares Long, xefe de Análise e Resultados da empresa ENDESA, como presidente desta Comisión. Logo de numerosas reunións e estudos, todas as institucións puxémonos de acordo en crear o Centro de Supercomputación.

Esta formulación era completamente distinta da orixinal xa que se trataba dunha distinta e custosa infraestrutura, na que ademais do CSIC deberían estar involucradas as tres universidades galegas.

Logo dunha visita que o presidente do CSIC lle fixo ó presidente da Xunta asínase en 1991 o convenio entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Consello Superior de Investigacións Científicas para a creación do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) baixo a figura xurídica de

Informouse destas xestións ó presidente do CSIC, Emilio Muñoz Ruiz, quen tamén se mostrou moi favorable a esta nova formulación, do mesmo xeito que o reitor da Universidade de Santiago, Carlos Pajares, e o vicerreitor Alfredo Bermúdez. Posteriormente tamén contou co apoio do seguinte reitor, Ramón Villares. Como primeira medida, e baixo a responsabilidade do director xeral José Manuel Touriñán constituíuse unha Comisión Técnica, integrada por representantes do CSIC e das

10

xuño 2013 díxitos xullo 2012

“pensar nun Centro de Supercomputación en Galicia soaba a ciencia ficción e parecía inviable desde o punto de vista económico”

Sociedade Anónima de Xestión, decidíndose que debería estar situado en Santiago de Compostela, xa que o CSIC dispoñía de terreos da súa propiedade no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia. A supercomputación constituíu inicialmente unha ferramenta moi poderosa para aqueles investigadores das universidades galegas e dos centros do CSIC a nivel nacional que necesitaban recorrer á simulación e modelización computacional. Actualmente, estas técnicas empréganse en moitos sectores industriais como o naval, o de automoción, deseño de fármacos, secuenciación, predición do clima, novos materiais, comunicacións, entre outros. Unha análise rigorosa dos 20 anos do CESGA demostra claramente que contribuíu de xeito notable ó desenvolvemento da I+D+i en Galicia, é dicir, hai un antes e un despois na nosa comunidade autónoma, grazas a que unha dotación inicial de 50 millóns de pesetas se converteu nun investimento de arredor dos 1.000 millóns de pesetas, que supuxo a creación dun dos máis potentes centros de supercomputación de España”.


Centro de Supercomputación de Galicia

CESGA

elías fereres castiel: “OS PROFESIONAIS transformaron con grande esforzo un CESGA inicial, baleiro, nun centro de supercomputación de prestixio recoñecido”

INFRAESTRUTURA HUMANA É actualmente catedrático de Enxeñería Agrícola e presidente da Real Academia de Ingeniería. No ano 1991, cando se asinaron os convenios para a creación do CESGA, era o presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas. Cando se inaugurou, en 1993, era secretario de Estado de Universidades e Investigación. “Síntome moi honrado de ter podido participar na posta en marcha do CESGA desde o cargo de presidente do CSIC que exercía en 1991, cando se materializan os acordos para crear o Centro de Supercomputación de Galicia”, afirma. Lembra que “naqueles tempos era unha iniciativa pioneira, a cal aunaba os esforzos das universidades galegas, da Comunidade Autónoma e da Administración Xeral do Estado. Tratábase de cooperar a todos os niveis para dar un salto cualitativo na creación de infraestrutura científica e resulta moi satisfactorio comprobar que eses inicios deron lugara unha entidade prestixiosa ó servizo da investigación. Aínda que son poucos os recordos que teño das xestións que levaron á sinatura dos acordos, quixera destacar os esforzos reali-

zados desde a Comunidade Autónoma por Lucio Rafael Soto, quen fora secretario xeral do CSIC con anterioridade, así como os do reitor da Universidade de Santiago, o destacado físico Carlos Pajares. Hai unha tendencia nos medios de comunicación en pensar que a infraestrutura material é a máis importante; edificios, equipamento, etc. Con todo, os científicos sabemos que a verdadeiramente valiosa (e a máis cara) é a infraestrutura humana, eses profesionais que durante estas dúas décadas transformaron con grande esforzo un CESGA inicial, baleiro, nun centro de supercomputación de prestixio recoñecido. Todos eles deberían ter o maior recoñecemento da nosa sociedade”.

“naqueles tempos era unha iniciativa pioneira, a cal aunaba os esforzos das universidades galegas, da Comunidade Autónoma e da Administración Xeral do Estado”

Elías Fereres Castiel é hoxe en día presidente da Real Academia de Ingeniería. En 1991, cando se asinaron os convenios para a posta en marcha do CESGA, presidía o Consello Superior de Investigacións Científicas. Foto: Cortesía Real Academia de Ingeniería

MARY-CRUZ MATO IGLESIAS

unha gran ferramenta No momento da sinatura dos convenios para facer realidade o Centro de Supercomputación de Galicia no ano 1991, Mary-Cruz Mato Iglesias era delegada do Consello Superior de Investigacións Científicas en Galicia. Como lle correspondía a este cargo oficial, “acompañei o recén nomeado presidente do CSIC, Elías Fereres, á sinatura do Convenio do CSIC coa Xunta de Galicia para a posta en marcha do CESGA”. Así mesmo, “como delegada do CSIC participei no Consello de Administración do CESGA ata 2002, era a única persoa do CSIC en Santiago e colaborei no dia a dia do Centro de Supercomputación de Galicia”. Considera que a creación do Centro nos primeiros anos da década dos noventa “supuxo

poñer a disposición da comunidade científica de Galicia e de toda España a través do CSIC unha nova ferramenta que facilitou o traballo dos investigadores e abriu as portas a novas investigacions”.

DELEGADA DO CSIC EN GALICIA NAQUELA ÉPOCA, ESTIMA QUE A APARICIÓN DO CENTRO “facilitou o traballo dos investigadores e abriu as portas a novas investigacions”

Mary-Cruz Mato Iglesias con Javier García Tobío e un representante de Fujitsu na inauguración.

xuño xullo2013 2012

díxitos

11


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

O DOUTOR yoshihiro KOSAKA TRABALLABA EN DESENVOLVER O SUPERCOMPUTADOR MÁIS EFICAZ POSIBLE PARA A COMUNIDADE CIENTÍFICA E INDUSTRIAL

GALICIA ESTABA MOI AVANZADA

Juan Marín, segundo pola esquerda; Juan Casares, terceiro, e Javier García Tobío, quinto, comezando unha reunión para establecer unha colaboración con investigadores e técnicos en Xapón. Foto: Arquivo CESGA

Na época na que a comisión técnica estudaba cal podería ser o modelo de supercomputador máis conveniente para instalar na sede do Centro de Supercomputación de Galicia, o doutor Yoshihiro Kosaka era director xeral do negocio de supercomputación de Fujitsu, no cal “o meu papel era por entón, promover e desenvolver o supercomputador máis eficaz posible para a comunidade científica e industrial, supercomputador que o CESGA decidiu instalar”.

Hoxe, sinala, “a comunicación entre a comunidade científica non variou, de feito a simultaneidade e rapidez da información aumentou grazas a internet”. Na súa opinión, Galicia era “unha rexión relativamente pequena, pero desde o punto de vista do uso que lle daba á supercomputación estaba moi avanzada e ademais contribuía ás actividades do CSIC”.

Iso podía supoñer un problema, pois “Juan Casares volvía a España cunha sensación negativa do nivel tecnolóxico de Fujitsu cando nos atopamos no aeroporto de Barajas, coincidindo cunha das miñas viaxes por Europa, e púidenlle aclarar estes malos entendidos”.

Lembra que “todas as cousas que ocorren na contorna da supercomputación suceden de forma concorrente, con isto quero dicir que nesta comunidade hai unha intercomunicación constante, de forma que calquera cousa que ocorre se coñece en todo o mundo case ó instante, o que ten vantaxes e inconvenientes”.

Daqueles tempos previos á apertura do Centro de Supercomputación de Galicia, o doutor Kosaka recorda que o interlocutor do CESGA “era Juan Casares, quen, ó estudar as diferentes alternativas de supercomputación que había no mercado, organizou unha viaxe a Alemaña, onde Fujitsu dispoñía dun usuario co mesmo modelo de supercomputador que o incluído na oferta de Fujitsu”.

Así, “o sistema de refrixeración por auga era do supercomputador da competencia, Fujitsu tiña xa entón un avanzado sistema de refrixeración por aire que nos daba un valor diferencial importante, e en canto ó incidente ocorrido na instalación de enerxía atómica, foi unha avería debida ó fenómeno natural de raios gamma que danaba a memoria do computador e por entón non estaba resolto e danaba calquera tipo de computador. Na data do noso encontro, Fujitsu xa desenvolvera a solución a este problema”.

Fujitsu, indica o doutor Kosaka, “sempre estivo moi conectada coa comunidade científica, tamén daquela, o que nos valeu para coñecer as necesidades que entón lles xurdían e que vantaxes vían nas diferentes tecnoloxías que existían nesa época. Desta forma, Fujitsu puido orientar a tecnoloxía de supercomputación para dar resposta a practicamente calquera rama de investigación”.

Sucedeu que “estando o doutor Casares en Alemaña, enteirouse dunha incidencia importante que tivo Fujitsu na súa instalación do centro de enerxía atómica –como comentaba antes, a comunidade científica entéirase de todo case en tempo real–. Ademais, durante a visita á instalación, alguén lle explicou, de forma errónea, que o supercomputador estaba refrixerado por auga”.

“FUJITSU TIÑA XA ENTÓN UN AVANZADO SISTEMA DE REFRIXERACIÓN POR AIRE QUE NOS DABA UN VALOR DIFERENCIAL IMPORTANTE”

12

xuño 2013 díxitos xullo 2012


Centro de Supercomputación de Galicia

CESGA

KUNIO SUZUKI era o responsable de trasladarlles ós investigadores dO FABRICANTE fujitsu as necesidades do cesga na implantación do supercomputador

UNHA ALTERNATIVA SERIA Kunio Suzuki, quen na actualidade é director xeral da unidade de negocio de Administración Pública de Fujitsu España, na época da porta en marcha do Centro de Supercomputación de Galicia “ocupaba o cargo de director xeral de grandes contas”. Lembra que “o meu papel neste proxecto foi o de canalizar cara ós investigadores de Fujitsu todas aquelas preocupacións que tiña por entón o CESGA á hora de implantar o seu centro de supercomputación”. Suzuki explica que “tiñamos que ter a credibilidade suficiente para que o CESGA nos considerase como unha alternativa seria, a competencia entón era feroz, e nós necesitabamos ser mellores”. No plano das anécdotas “recordo que o res-

ponsable de CESGA entón era unha persoa moi enérxica e responsable, buscaba con tenacidade o beneficio do centro e dos científicos que serían os usuarios. Era moi normal recibir as súas chamadas telefónicas en calquera momento, ás 11 da noite –sen esaxerar– esperaba unha resposta inmediata”.

“RECORDO QUE O RESPONSABLE DE CESGA ENTÓN ERA UNHA PERSOA MOI ENÉRXICA E RESPONSABLE, BUSCABA CON TENACIDADE O BENEFICIO DO CENTRO E DOS CIENTÍFICOS QUE SERÍAN OS USUARIOS”

Kunio Suzuki é actualmente o director xeral da unidade de negocio de Administración Pública de Fujitsu España. Foto: Cortesía Fujitsu España

O DOUTOR KEIICHIRO UCHIDA FOI O RESPONSABLE DO DESEÑO DA ARQUITECTURA DO SUPERCOMPUTADOR VP2400

BUSCANDO A MÁXIMA POTENCIA O doutor Keiichiro Uchida foi “o responsable do deseño da arquitectura do supercomputador e o seu principal desenvolvedor”. Naqueles anos “eu vivía en Inglaterra como director do FECIT, o Fujitsu European Center for IT”. Daquela época lembra que “para min o máis importante era deseñar unha arquitectura de supercomputación que puidese ofrecer a máxima potencia á comunidade científica facilitándolles así o labor e o desenvolvemento da súa actividade”. “Por conseguinte”, sinala, “intentei facelo o máis flexible e aberto posible, para que investigadores e usuarios puidesen coñecer as características en canto á súa arquitectura de hardware e ó seu software básico”. Asegura que “estou convencido de que a miña proposta contribuíu a mellorar a forma de programación do CESGA e a comunidade

científica de Galicia e, indirectamente axudaría ó CSIC”. O doutor Uchida continúa traballando no deseño da arquitectura de supercomputadores e desde o seu posto “quero seguir contribuíndo a mellorar a computación de altas prestacións, HPC, dándolle unha continuidade para o futuro”.

“intentei facelo o máis flexible e aberto posible, para que investigadores e usuarios puidesen coñecer as características en canto á súa arquitectura de hardware e ó seu software”

Na foto superior, Juan Casares recibe o VP2400 na fabrica de Fujitsu en Numazu, Xapón (foto: Arquivo CESGA). Embaixo, o doutor Keiichiro Uchida (foto: Universidade de Kanagawa)

xuño xullo2013 2012

díxitos

13


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Anacos de FRANCISCO FERNÁNDEZ RIVERA Actualmente catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, nos inicios do CESGA “eu era un investigador da USC que empezaba a súa carreira académica como profesor da Universidade. A temática da miña investigación é a arquitectura de computadores, e xa que logo, vinme beneficiado en primeira instancia da creación do CESGA. As colaboracións empezaron desde o primeiro momento, e supuxeron un cambio cualitativo e cuantitativo na investigación do grupo. Algúns dos primeiros proxectos nos que participou o CESGA contaron coa nosa colaboración. Polo tanto, o contacto establecido con Fujitsu para o noso grupo resultou moi produtivo”. Explica que “o uso do supercomputador vectorial de Fujitsu significou a apertura de novas liñas de investigación no noso grupo. A investigación do grupo naquel momento centrábase en supercomputadores con arquitecturas moi diferentes da instalada no CESGA. Desde o principio o dispoñer dun supercomputador con uso directo por parte dos investigadores do noso grupo significou unha fonte de produción científica importante, pois o noso foi un dos primeiros en utilizalo e tivemos que abordar algúns dos problemas que en primeira instancia xurdiron no seu uso”. Recorda aqueles tempos como “moi produtivos en liñas novas para nós e o estimulante que foi a programación do computador vectorial, xa que supoñía traballar cunha arquitectura alternativa ás que eran obxecto de investigación no noso grupo entón. A programación eficiente do sistema implicaba un coñecemento moi concreto das características arquitectónicas do computador, en especial do solape das operacións vectoriais e da organización dos datos nas memorias. Foi moi atractivo embarcarse en atopar solucións eficientes e imaxinativas na adecuación das aplicacións ás peculiaridades da máquina. Nese ambiente atopabámonos con retos continuos cando se intentaba mellorar o rendemento dos códigos cos que traballabamos, especialmente daqueles, que eran moitos, que non se adecuaban de xeito natural ás operacións vectoriais”.

Nos inicios do CESGA, Francisco Fernández Rivera comezaba a súa carreira académica como profesor da Universidade de Santiago de Compostela

BERTA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ É catedrática de Química Física na Universidade de Santiago de Compostela e, desde os primeiros tempos do Centro de Supercomputación de Galicia e ata o día de hoxe, usuaria dos recursos de cálculo do centro. A creación dun centro de supercomputación en Santiago de Compostela, explica, “para o noso grupo de investigación supuxo a posibilidade de facer cálculos utilizando a mellor metodoloxía químico cuántica dispoñible. Así, puidemos avaliar propiedades moleculares altamente exactas para sistemas de tamaño medio”.

Berta Fernández, unha das primeiras usuarias do CESGA

Actualmente, dispoñer da capacidade de cálculo do CESGA “supón poder estender estes estudos a sistemas de maior tamaño e colaborar desta forma directamente con grupos experimentais que traballan sobre as mesmas moléculas”.

SAULO VÁZQUEZ RODRÍGUEZ É profesor de Química Física na Universidade de Santiago de Compostela e usuario do CESGA. Para el, a posta en marcha do Centro “marcou un salto cualitativo nos recursos computacionais postos a disposición de usuarios en distintos campos científicos”. No seu caso concreto, “como químico computacional, permitiume realizar cálculos de estruturas moleculares con maior exactitude e poder abordar problemas cada vez máis complexos. Ademais, hai que mencionar a axuda inestimable que o CESGA nos ofreceu ós usuarios, desde o principio, para a optimización e posta en funcionamento de códigos informáticos, así como para achegarnos unha formación axeitada en informática”. Considera que “o CESGA foi unha aposta clara en favor da I+D, e neste sentido creo que a súa creación foi un grande acerto. Hoxe en día, moitas ramas da ciencia e da enxeñería necesitan complementar a experimentación con simulacións computacionais. En moitos casos, sobre todo nos proxectos máis ambiciosos, as simulacións con computador esixen o uso de recursos informáticos que só están dispoñibles en grandes centros de supercomputación. O CESGA, ademais de ofrecer unha gran potencia de cálculo, ten un equipo de persoas altamente cualificadas, sempre á disposición dos seus usuarios”.

14

díxitos xuño 2013

Saulo Vázquez beneficiouse da capacidade do CESGA para as súas investigacións en química computacional


Centro de Supercomputación de Galicia

CESGA

historia VICENTE PÉREZ MUÑUZURI É director de MeteoGalicia na actualidade e hai vinte anos, cando o Centro de Supercomputación de Galicia abriu as súas portas, “tiven a sorte de ser un dos primeiros usuarios do primeiro supercomputador do CESGA, un Fujitsu VP2400. Durante aquel tempo estaba a traballar nun modelo de predición meteorolóxica para a Central das Pontes en colaboración co grupo de investigación do profesor Juan Casares”. Este modelo pioneiro “chamábase PMETEO”, e para Pérez Muñuzuri “foi toda unha experiencia pasar dunha estación de traballo SUN a un supercomputador destas características onde ademais do aumento da velocidade houbo que traballar na vectorización dos procesos, etc”. Indica que “claramente, na miña perspectiva, a implementación do CESGA permitiu o desenvolvemento de MeteoGalicia, que naceu a partir dos modelos meteorolóxicos que se executaban no Centro. Sen a capacidade de cálculo e a disposición dos técnicos do CESGA, MeteoGalicia non sería o que é hoxe: nos primeiros supercomputadores xerouse a operativa e o xermolo do que é hoxe MeteoGalicia”. Dos primeiros tempos do Centro lembra especialmente “a actividade frenética dos primeiros días de todos os traballadores do CESGA e sobre todo a boa sintonía con todos eles. ¡O mellor de todo é que isto non mudou co paso do tempo!”.

Vicente Pérez Muñuzuri foi un dos primeiros usuarios no eido da meteoroloxía. Foto: Cortesía ECG

JUAN LUIS RUIZ BUJÁN Responsable hoxe en día do departamento de Sistemas de Información da empresa Redes de Telecomunicación Galegas, Retegal, nos inicios do CESGA era o responsable de Comunicacións do Centro. “O meu traballo consistiu na creación da rede de comunicacións que lles permitía ás universidades e diferentes centros de investigación de Galicia ter acceso ao CESGA. A instalación do supercomputador necesitaba dun soporte de comunicacións que permitise que os investigadores de toda Galicia puidesen ter acceso ao mesmo para executar os seus cálculos. Por outra banda, o CESGA era a porta de acceso a Internet ao ser un dos nodos de RedIRIS, polo que para facer chegar Internet ás universidades era necesaria a creación dunha rede de comunicacións en Galicia”, sinala Ruiz Buján. “A nivel profesional enriqueceume moito estar na posta en marcha do CESGA, xa que me permitiu traballar con tecnoloxías punteiras dificilmente accesibles doutro xeito”, explica. Juan Luis Ruiz Buján foi responsable de Comunicacións do CESGA

“toda a comunidade universitaria de Galicia compartía un acceso a Internet cunha velocidade inferior do que permite calquera teléfono móbil a día de hoxe”

Estima que o Centro “naquel momento supuxo a apertura da comunidade universitaria de Galicia ao mundo de Internet e o acceso a recursos de computación que por aquel momento eran impensables. Servizos que a día de hoxe nos parecen básicos non estaban ao alcance da comunidade universitaria”. Por iso, “mirando cara a atrás dámonos conta do rápido que pasa o tempo e como ás veces non somos conscientes de como a tecnoloxía cambiou as nosas vidas e a forma de traballar. Creo que ninguén pode imaxinar un investigador traballando sen correo electrónico, acceso a webs para a procura de información, conexión a equipos remotos... Naqueles momentos ese era o escenario que había e coa creación do CESGA facilitouse o acceso a estes recursos e o labor investigador da comunidade universitaria”. A modo de curiosidade, lembra, “podemos falar das capacidades das redes de comunicacións naquelas momentos. O ancho de banda dispoñible nas comunicacións con RedIris era de 64 Kbps. Dentro de Galicia os anchos de banda aínda era inferiores, e ían desde 64 Kbps (no caso da Coruña, Vigo e Santiago) facendo uso de liñas punto a punto, ata 19,2 Kbps (Ferrol, Lugo e Ourense) mediante o uso de módem e liñas telefónicas tradicionais”. “Desde o punto de vista da actualidade, parece incrible pensar que toda a comunidade universitaria de Galicia compartía un acceso a Internet cunha velocidade inferior do que permite calquera teléfono móbil a día de hoxe”, conclúe.

xuño 2013

díxitos

15


CESGA 20 años de Supercomputación en Galicia

Fujitsu felicita al CESGA en su 20 aniversario

20 aniversario del CESGA 40 aniversario de Fujitsu en España 400 años de relaciones España - Japón

Modelando el futuro juntos

Profile for FUNDACIÓN CESGA

DIXITOS JUNIO 2013  

Publicación periódica de la Fundación CESGA.

DIXITOS JUNIO 2013  

Publicación periódica de la Fundación CESGA.

Advertisement