Page 1

Novas do Centro de Supercomputaci贸n de Galicia Novembro 2014

Acelerando a innovaci贸n nas empresas


Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

DIRECCIÓN Javier García Tobío COORDINACIÓN Fernando Bouzas Sierra COA COLABORACIÓN DE

A Xunta incrementará nun 70 % a capacidade computacional do CESGA

Vanessa Pombo Nartallo DESEÑO, GRAFISMO E MAQUETACIÓN Grupo Código Cero Comunicación, S.L. FOTOMECÁNICA E IMPRESIÓN Gráficas Garabal, S.L. DEPÓSITO LEGAL C 1604-1998 ISSN 1139-563X EDITA FUNDACIÓN CESGA Avenida de Vigo, s/n (Campus Vida) 15705 Santiago de Compostela Telf. 981 569 810 Fax. 981 594 616 dixitos@cesga.gal

CONTIDOS [ 2 ] A Xunta incrementará nun 70% a capacidade computacional do CESGA. [ 3 ] O CESGA, entre os pioneiros do dominio ".es"... e tamén entre os pioneiros ".gal" [ 4 - 5 ] Info Day. [ 6 - 7 ] Intelixencia artificial ao servizo da medicina. [ 8 - 9 ] Supercomputación na loita contra o cambio climático. [ 10 ] Investigadores coruñeses melloran os sistemas de recomendación de produtos. [ 11 ] Texas Controls optimiza os seus servizos aperte e selado no CESGA [ 12 - 13 ] Lanzan unha plataforma que moderniza o sistema de recollida, tratamento e presentación de información arqueolóxica. [ 14 - 15 ] Europa tende a rede a MyOcean.

2

díxitos  novembro 2014

O pasado 23 de xullo, visitaron o CESGA o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e o vicepresidente do CSIC, José Ramón Urquijo Goitia. Conde fixo saber que “o Goberno galego continúa traballando a prol da mellora dos computadores do centro co obxectivo de dar resposta ás necesidades do tecido produtivo e investigador de Galicia”. Esta mellora, dixo, repercutirá non só no CESGA, senón tamén nas universidades, nos centros de coñecemento e no tecido produtivo por enteiro, ámbitos cos que o CESGA está a segue estar conectado. Conde tamén avanzou que o centro participará na organización e constitución dunha nova Rede de Supercomputación de España, que integrará aos principais enclaves de supercomputación do país. Tamén informou que manterá o seu recoñecemento como Instalación Científico Tecnolóxica Singular de España (ICTS), “unha vantaxe

clave que lle proporcionará acceso a axudas específicas do Ministerio de Economía e Competitividade”, explicou. Pola súa banda, Urquijo Goitia, vicepresidente do CSIC, declarou durante a súa visita ao CESGA que se están a negociar novos investimentos, que serán anunciados en breve prazo. Lembrar por último que o Goberno galego encamiñou ao Centro máis de 10 millóns de euros nos últimos cinco anos, e o CSIC arredor de 12 millóns de euros nos últimos nove. Os anuncios do día 23 de xullo súmanse, pois, ao constante compromiso das dúas institucións coa mellora competitiva do Centro.


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

O CESGA, entre os pioneiros do dominio “.es”... Como parte dos actos conmemorativos do 25º aniversario do dominio “.es”, o pasado 1 de xullo o Ministerio de Industria celebrou en Madrid un acto de homenaxe a un centenar de universidades, institucións públicas e empresas que foron pioneiras no rexistro de sitios web baixo este dominio. Ao acto asistiu o CESGA na figura do seu director, Javier García Tobío. O dominio “.es” fundouse en 1989 e nos seus primeiros anos de desenvolvemento foi xestionado por RedIRIS. As limitacións impostas para o rexistro e o seu custo fixeron que poucas organizacións aloxasen o seu sitio web no novo dominio, fundamentalmente universidades, institucións públicas e empresas do sector das telecomunicacións e a consultoría. O CESGA solicitou o rexistro en 1993, ano no que comezou a súa actividade. Coa creación da entidade pública Red.es, en 2002, iníciase un cambio de rumbo na xestión que culmina en 2005 co Plan Nacional de Nomes de Dominio, que, cuns requisitos menos estritos, fai que o número de rexistros se triplique ese mesmo ano. En 2014, hai máis de 1,7 millóns de dominios rexistrados baixo “.es”.

O Ministerio de Industria aproveitou a homenaxe para anunciar a primeira convocatoria dos galardóns “Dominios.es”, que se entregarán o próximo mes de novembro ás mellores webs do país en dez categorías diferentes: comercio electrónico, deportes, hostalaría e restauración, turismo e viaxes, medios de comunicación, artes, web social, web corporativa, web emprendedora e axente rexistrador.

...E tamén entre os pioneiros “.gal” O pasado 22 de xullo, a Asociación PuntoGal anunciou os 93 organismos pioneiros no uso do dominio “.gal”, entre os que se atopa o CESGA. A Asociación PuntoGal seleccionou a case un centenar de membros da comunidade lingüística e cultural de Galicia baseándose en criterios de visibilidade, notoriedade, diversidade e compromiso co seu fomento no ámbito das novas tecnoloxías, é dicir: que empregan a lingua galega nas súas comunicacións en liña, que promoven os diferentes aspectos da cultura galega en liña e/ou que dirixen as súas comunicacións e servizos en liña especificamente a esta comunidade. Os esforzos por acadar este fito para a presenza da sociedade galega na rede remóntase ao ano 2006. En xuño dese ano, entidades representativas da cultura e a sociedade galegas constituíron a Asociación PuntoGal. En 2008, a iniciativa acadara xa máis de 9.000 apoios individuais para a solicitude do dominio “.gal”. En maio de 2013 presentouse formalmente a candidatura ao ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers), que aprobou a concesión en xuño desde mesmo ano. O contrato de creación do dominio foi asinado en novembro de 2013 e fíxose realidade o pasado mes de abril.

Despois desta primeira fase que constitúe o Programa Pioneiros, entre setembro e novembro comezará a fase de lanzamento Abrente, ou Sunrise, na que se permitirá que outras entidades públicas e privadas poidan exercer o seu dereito preferente de solicitar un dominio. Esta fase simultanearase co proceso de Carreira, ou Landrush, no que calquera interesado sen prioridade especial poderá solicitalo. A partires de principios de decembro de 2014, calquera persoa poderá adquirir un dominio “.gal”.

novembro 2014  díxitos

3


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Info Day: Computar é competir O xoves 5 de xuño, o CESGA celebrou a xornada “Info Day: Oportunidades para PEME da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal”, retransmitida por streaming. Participaron nela expertos de diversos proxectos europeos existentes para atraer ás pequenas e medianas empresas cara ao uso de servizos de computación de altas prestacións (HPC, polas súas siglas en inglés) que lles permiten aumentar a súa competitividade (tres de ámbito europeo e un específico para a Eurorrexión de Galicia – Norte de Portugal). Tamén se deron a coñecer dous casos de éxito de empresas galegas que traballaron coas tecnoloxías HPC. Ademais, mostráronse outras iniciativas complementarias que benefician ás PEME da manufactura como o programa I4MS da Comisión Europea, un proxecto europeo sobre a utilización do lá-

Todos os proxectos presentados durante a xornada nacen do interese da Unión Europea por situarse nunha posición destacada na carreira para incorporar estas novas ferramentas, especialmente a HPC, ao desenvolvemento industrial. 4

díxitos  novembro 2014

ser e a innovación aberta na PEME. Todos os proxectos presentados durante a xornada nacen do interese da Unión Europea por situarse nunha posición destacada na carreira para incorporar estas novas ferramentas, especialmente a HPC, ao desenvolvemento industrial, unha tendencia que, en palabras de Javier García Tobío, director do CESGA, «xa non é singular, senón imprescindible». O obxectivo destas iniciativas é vencer os obstáculos iniciais que impiden ás PEME achegarse a estas tecnoloxías, fundamentalmente polos custos asociados ao software e a formar persoal cualificado. Andrés Gómez, administrador de Aplicacións e Proxectos no CESGA, falou dos proxectos CloudPYME (para a Eurorrexión de Galicia – Norte de Portugal) e Fortissimo (a nivel europeo). CloudPYME facilita o acceso a plataformas HPC a PEME galegas e do norte de Portugal que se dediquen a actividades de I+D, para explorar novos servizos ou produtos. Este é un proxecto xestionado polo CESGA. Pódese optar por un acceso non presencial a horas de


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

ICT Innovation e Open Innovation cálculo por vía telemática, ou ben acollerse a estanzas de formación nas instalacións do CESGA. As PEME seleccionadas recibirán acceso aos recursos HPC do Centro, formación e asesoramento personalizado.Web para máis información: http://icts4pyme.cesga.es

Por outro lado, Carmen Polcaro, da Asociación Innovalia, falou de I4MS (http://i4ms.eu/), o proxecto europeo global que recolle estas e outras iniciativas. A aposta deste proxecto global é a integración da chamada ICT innovation (robótica, sistemas encaixados, sensores fotónicos, etc.) nos procesos produtivos das PEME manufactureiras europeas.

Neste mesmo proxecto está aberta unha convocatoria para analizar conxuntamente coas PEME de calquera sector produtivo da Eurorrexión a aplicabilidade da HPC ou da análise masiva de datos aos seus procesos, produtos ou servizos. Poden participar empresas con e sen experiencia previa no uso destes recursos, que solicitar antes do 18 de xullo. Para máis información pódese visitar a web http://www. cloudpyme.eu/ Pola súa banda, Fortissimo, proxecto participado polo CESGA, explora o mesmo concepto a nivel europeo para PEME manufactureiras, dentro da iniciativa "Factories of the Future". Habilitouse un presuposto total de 22 millóns de euros, 16 deles financiados pola UE, para crear unha plataforma integrada de HPC que responda ás necesidades estratéxicas das PEME para impulsar os seus procesos produtivos e de prestación de servizos. Rubén Vallés, de Grid & Cloud Computing BIFI, presentou CloudSME, de concepto moi similar aos anteriores. Este proxecto asignou 400.000 € a unha convocatoria para seleccionar 10 novos experimentos, á que puideron acollerse tanto empresas manufactureiras e de enxeñaría como empresas provedoras de software que quixeran migrar os proxectos dos seus clientes a esta plataforma. Pódese encontrar máis información en http:// cloudsme.eu/opencall Por videoconferencia dende Eslovenia, Nejc Bat, de Arctur, deu a coñecer o proxecto Cloudflow que, máis que enfocado en HPC, está destinado a facilitar os fluxos de traballo para usuarios de enxeñaría. O proxecto busca casos de uso innovadores cun alto potencial para beneficiarse da tecnoloxía cloud. A primeira convocatoria abriuse o 30 de xuño e estivo dispoñible ata finais de setembro, tras o cal seleccionáronse 7 empresas coas que se traballará ao longo de 2015. Para máis información: http://www.eu-cloudflow.eu/

 Carmen Polcado Pablo Romero, do Centro Tecnolóxico AIMEN, presentou o proxecto Lashare, que busca impulsar a innovación a través do uso de tecnoloxía láser industrial, mediante a súa implantación en ámbitos produtivos reais. Ao igual que os proxectos de HPC, está prevista a apertura dunha convocatoria na que se seleccionarán entre 10 e 12 experimentos. Máis información en http://www. lashare.eu/ Pola súa banda, Nuno Araujo, de CATIM, introduciu o concepto de open innovation, unha posibilidade que CloudPYME está a ofrecer ás empresas galegas e do norte de Portugal. Fronte á innovación tradicional, ou pechada, que obtén os seus beneficios exclusivamente de comercializar a innovación desenvolvida no seo da organización, a innovación aberta nútrese da achega de terceiros ou da explotación de novos modelos de negocio mediante aplicacións novidosas de innovacións existentes, xa sexan propias ou alleas. Así, as empresas colaboran para encontrar solucións aos seus problemas, ou intercambian solucións internas que poderían proporcionar unha rendibilidade inexplorada. Nuno Araujo presentou os casos de dúas multinacionais que conseguiron aumentar a rendibilidade dos seus produtos grazas a iniciativas de innovación aberta e explicou como as enquisas demostran que, a pesar de ser un concepto relativamente descoñecido aínda entre as PEME, unha vez que descobren esta posibilidade mostran un alto interese por participar nela.

Casos de éxito galegos O CESGA pechou a xornada “Info Day” dando a coñecer as experiencias de dúas empresas galegas coas tecnoloxías HPC: INCAT (ver número anterior de 'Díxitos') e Texas Controls (ver páx. 11 deste número de 'Díxitos').

novembro 2014  díxitos

5


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Intelixencia artificial ao servizo da medicina de atención primaria Un consorcio de empresas galegas, en colaboración con tres grupos de investigación da UDC, INIBIC e o CESGA desenvolven SIGAIM, un Sistema de Xeración Automática de Informes Médicos. A implantación de novas tecnoloxías no ámbito sanitario para mellorar a atención ao paciente é imparable, pero aínda existen áreas de mellora. Unha delas é a redacción dos informes médicos a partir das conversas médico-paciente que teñen lugar durante as consultas de atención primaria, o cal consume un tempo considerable da consulta en prexuízo da atención ao paciente; outra dificultade radica na heteroxeneidade dos sistemas de información, que decote non implementan ningún estándar na representación da información e, en moitas ocasións, trátase como texto non estruturado, o que dificulta a súa explotación e intercambio.

Alejandro Pazos Sierra. A súa solución consiste en introducir un software de captación e recoñecemento de voz que envorque a información automaticamente na plataforma, evitando a introdución dos datos de forma manual e aforrando ao facultativo un tempo que pode dedicar a unha mellor atención ao paciente. Daniel Rivero, membro de RNASA-IMEDIR, explica: «Traballamos con dúas opcións: capturar o diálogo médico-paciente para que a historia se xere automaticamente a medida que interactúan, e permitir tamén que o médico a dite, porque durante o diálogo faltarán detalles que o médico deberá explicitar».

Un consorcio de empresas galegas traballa para ofrecer unha solución a estas áreas de mellora co proxecto SIGAIM (Sistema de Xeración Automática de Informes Médicos), que se acolle ao programa de financiamento europeo FEDER-Innterconecta e constitúe un desenvolvemento inédito para a área de atención primaria. O consorcio está liderado polas empresas Coremain, Arcade e Ayco e conta coa colaboración de tres grupos de investigadores galegos, que centralizan o desenvolvemento nos servidores do CESGA.

Os sistemas de recoñecemento de voz que existen actualmente no mercado acadan unha fiabilidade do 93 %. No ámbito da saúde, esta marxe de erro é excesiva, polo que os investigadores da UDC queren alcanzar unha eficacia do 100 %: «O que nos diferencia dos sistemas xa comercializados é que estes son de código propietario, mentres que nós baseamos o noso en software libre e, polo tanto, pode ser mellorado de forma continua a través de modelos de voz”, engade Rivero. E conclúe: “A eficacia dependerá do completos que sexan estes modelos: cantas máis horas de voz recollamos de persoas distintas, máis específico será o recoñecemento”.

O obxectivo do proxecto é dobre. Por un lado, axilizar as consultas médicas de Atención Primaria reducindo o tempo que os profesionais adican á redacción dos informes. Por outro, extraer e estruturar a información para permitir o acceso a calquera profesional que á necesite, estea no mesmo ou noutro servizo de saúde (interoperabilidade), e a súa explotación por parte de xestores do sistema de saúde a través de ferramentas especialmente deseñadas para a análise da información.

Captura de audio en consulta A creación do informe en tempo real a medida que se realiza na exploración clínica ten unha primeira parte que está a ser estudada polo grupo de investigación RNASA-IMEDIR (Redes de Neuronas Artificiais - Laboratorio de Imaxe Médica e Diagnóstica Radiolóxica) da Universidade da Coruña (UDC), dirixido polo profesor

6

díxitos  novembro 2014

Nun principio, pensaron desenvolver un sistema que puidese ser instalado no ordenador do médico, pero resultou non ser unha boa solución por motivos de requisitos de computación. «Ao final, optamos por instalar no ordenador do médico un cliente sinxelo e lixeiro que capture a voz e desenvolver o sistema no CESGA, onde se centraliza a súa execución. Así que do CESGA empregamos os seus recursos de computación e almacenamento e o apoio dos seus recursos humanos, que nos brindan un servizo extraordinariamente bo».

Historias clínicas electrónicas universais Por outra banda, o grupo de Avances en Telemedicina e Informática Sanitaria (ATIS) –dirixido por Guillermo Vázquez González– do


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) traballa nun mecanismo que estandarice os termos clínicos empregados polos médicos para referirse aos síntomas e o modo en que recollen a información, de xeito que a estrutura dos historiais clínicos dos pacientes sexa universal e uniforme, con independencia do centro médico e o país nos que fosen elaborados. Para iso, o grupo traballa en incorporar aos informes de atención primaria a nomenclatura SNOMED-CT, unha terminoloxía clínica integral, multilingüe e codificada de grande amplitude e precisión, pola que están a apostar a gran maioría de países industrializados. O seu uso permitirá obter informes obxectivos e comprensibles para calquera profesional, independentemente do seu país de procedencia. «O xeito no que os médicos interpretan e recollen a información que describe a realidade do paciente non está uniformizado e nós queremos relacionar os estándares existentes, non só a nivel español senón tamén europeo», explica Alejandro Lamelo, de ATIS-INIBIC. «Actualmente, en atención primaria emprégase sobre todo o estándar de codificación de enfermidades CIAP, que é moi conciso e, polo tanto, máis práctico para o médico de atención primaria. Nós queremos engadirlle a terminoloxía SNOMED-CT, máis ampla e complexa, no momento de crear o informe, de maneira que este sexa plenamente utilizable tamén por outros profesionais sanitarios cando deban acceder á historia clínica». Para acadar este obxectivo, implementarase no sistema a norma de informática sanitaria UNE-EN/ISO 13606, cuxa meta é garantir a interoperabilidade semántica das historias clínicas electrónicas (HCE) entre os sistemas sanitarios europeos. “Esta norma establece o concepto de arquetipos clínicos, que buscan estruturar non só os conceptos clínicos nas HCE, senón tamén como se transfiren estas dun sistema sanitario a outro”, explica. Facilitando o traballo dos facultativos, SIGAIM proporcionará beneficios tamén aos pacientes: os historiais serán máis precisos; haberá menos lugar a posibles erros humanos na recollida da información clínica; e a tradución automática en diferentes idiomas fará posible que as HCE poidan ser trasladadas a outro país ou a un sistema sanitario diferente.

Extracción e almacenamento da información Neste proxecto, as empresas levan a cabo as principais tarefas de implementación do sistema que realizará a extracción da información estruturada a partir de informe médico e o seu almacenamento, que está deseñado de xeito que quede accesible para calquera sistema externo ou para a súa explotación interna. A primeira parte desas tarefas son desenvolvidas por Coremain, que aporta a súa ampla experiencia no ámbito médico. O obxectivo principal do sistema consiste en obter un informe médico estruturado a partir doutro redactado en linguaxe natural, é dicir, onde o médico describe os síntomas do paciente, resultados de exploracións, probas, diagnóstico e tratamento. Un dos principais retos do proxecto é a extracción da información médica que conteñen os informes redactados ao longo dunha consulta. A información obtida pode ser conceptos médicos como síntomas, enfermidades ou datos clínicos (temperatura, presión arterial, etc.). Para isto, empréganse técnicas de procesado de linguaxe natural (NLP) xunto con outras desenvolvidas especial-

mente para este proxecto, que fan uso dos recursos semánticos dispoñibles (terminoloxías médicas e arquetipos) para identificar a información presente no texto e adaptala a unha forma estruturada, que permita o seu tratamento. “Dada a complexidade que implica o procesamento da linguaxe natural, pretendemos crear un sistema que evolucione, primeiro centrándonos no ámbito da Atención Primaria pero que sirva para calquera práctica médica” explica Alejandro Andrade, de Coremain. A continuación, esta información estruturada é gardada nun almacén de datos, sistema de integración e consulta de información interoperable baseado en modelos duais (referencia/arquetipos), independentes polo tanto do dominio, e con capacidade de consulta de baixa granularidade (extracción de estadísticas) tarefa desenvolvida por Arcade. Ademais, realizase unha interface gráfica para a creación e xestión destes informes adaptada ás necesidades dos médicos de Atención Primaria. Os servizos desenvolvidos no proxecto precisan proporcionar bos tempos de resposta compatibles coas necesidades das consultas médicas, ao tempo que deben admitir un elevado número de usuarios. Garantir que se cumpran estes requisitos é precisamente o papel do CESGA no proxecto, desenvolvendo mecanismos de escalabilidade axeitados. SIGAIM conta coa colaboración de IBM, que cedeu os programas nos que está baseada a tecnoloxía Watson de intelixencia artificial. Máis información en: www.sigaim.org. Se desexas colaborar na mellora continua do sistema de recoñecemento de voz, podes prestar a túa en: www.voxforge.org/es.

novembro 2014  díxitos

7


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Supercomputación na loita contra o cambio climático O doutor en Ciencias Físicas Vicente Timón, do CSIC, investiga materiais para a captura de gases de efecto invernadoiro e o seu comportamento en ámbitos astrofísicos cos recursos de simulación do CESGA.

De entre as moitas características que definen á ciencia, dúas destacan polo apaixonante: que as respostas a unha pregunta poden xerar outras, pero tamén que unha solución para un problema pode responder a outro de xeito inesperado. Un exemplo disto último atópase nas zeolitas, uns compostos metal-orgánicos microporosos de orixe volcánica empregados xa polo Imperio Romano na construción dos seus acuedutos. Redescubertas no século XVIII, hoxe teñen aplicacións moi versátiles en agricultura, industria e tecnoloxía. Actualmente, considéranse un dos desenvolvementos máis prometedores na loita contra o cambio climático, ao ter demostrada unha eficaz capacidade de absorción dos gases de efecto invernadoiro.

reciclaxe. O pasado mes de xullo, realizaba unha estadía ICTS no CESGA para simular a estrutura óptima que deben ter un tipo de zeolitas, os imidazois de cinc, para absorber da forma máis eficiente o dióxido de carbono (CO2), o metano (CH4) e o hexafluoruro de xofre (SF6). Por que estes gases? «O CO2 e o metano son os gases de efecto invernadoiro máis comúns na atmosfera», explica. «O SF6 é menos frecuente, pero a súa capacidade para absorber calor supera en 37.000 veces a do CO2. Por outra banda, non é un composto que se atope na natureza senón que xurdiu da actividade humana, polo que, cun desenvolvemento industrial que está en continuo crecemento, o seu impacto no cambio climático vai ser moi relevante no futuro».

Vicente Timón, doutor en Ciencias Físicas, traballa no departamento de Física Molecular do Instituto de Estrutura da Materia (IEM) e leva unha liña de investigación sobre captura de CO2 para reducir a súa presenza na atmosfera e a súa posterior

«Estudei os imidazois de cinc na captura de CO2 co proxecto europeo CapZeo. Agora quería analizar o seu comportamento con gases menos estudados pero igualmente importantes para o cambio climático, como son o metano e o SF6. Exis-

8

díxitos  novembro 2014

ten arredor de 190 zeolitas, tanto naturais coma sintéticas, e o seu estudo, deseño e desenvolvemento teñen uns custos económicos elevados. Poder avanzar parte deste desenvolvemento con simulación permite identificar os materiais máis válidos para a captura do carbono e implica un aforro significativo de custos de experimentación». Esta é unha das súas finalidades no departamento de Física Molecular do IEM, ademais do estudo de xeos de interese astrofísico, moitos deles compostos por este tipo de moléculas: «A maioría dos meus compañeiros son investigadores experimentais. Só o profesor Rafael Escribano e eu, xunto ao doutor Oscar Galvez, actualmente contratado Ramón e Cajal, somos investigadores teóricos, aínda que tamén levamos a cabo unha parte de experimentación. O noso traballo basicamente consiste en resolver problemas que poidan xurdir durante a experimentación».

Enfoque novidoso no estudo das zeolitas metal-orgánicas Vicente Timón aproveitou a súa estadía no CESGA para avanzar ademais outra investigación do seu grupo enfocada á astrofísica: «O noso departamento analiza xeos de auga, de CO2, de metano, etcétera, para estudar os seus espectros infravermellos, que agora mesmo son pouco coñecidos nestes ambientes de alto baldeiro e baixas temperaturas. O obxectivo é comprender mellor a composición dunha ampla variedade de corpos celestes, incluídos planetas como Marte. Son dúas investigacións diferentes, pero en certa forma relacionadas: trátase de coñecer en maior profundidade estes gases, para saber como tratalos na Terra e entender o seu comportamento no espazo exterior cando se adhiren á auga».


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

"A estanza ICTS no CESGA impediu que a investigación quedase esperando nun caixón" As estadías ICTS ofrecen acceso priorizado aos recursos de computación do CESGA, para realizar traballos de investigación ou adquirir coñecementos ou formación nas tecnoloxías do centro. A elas poden acollerse investigadores pertencentes á comunidade científica de países da UE, do Espazo Económico Europeo e do programa CYTED. Vicente Timón valora os beneficios que a súa estadía supuxo para os seus traballos: «É fundamental que aproveitemos as posibilidades que nos brindan os centros e as redes europeas de supercomputación para poder levar a cabo uns traballos que, doutro modo, non se poderían facer. No meu caso este tipo de zeolitas son compostos grandes formados por redes de moléculas orgánicas e metais que, xunto aos gases a estudar e a introdución de auga, complican bastante o sistema en composición e número de especies que interveñen, polo que se precisan moitos recursos informáticos para realizar os cálculos».

Tamén a auga é fundamental no estudo dos imidazois de cinc, de feito, constitúe a novidade dos seus traballos. Outros investigadores xa definiron como actúan en ambientes secos, pero a auga é un elemento omnipresente na Terra e estes compostos microporosos absórbena con gran facilidade. «A auga sempre é problemática no estudo de materiais, porque cambia as propiedades do sistema. Debemos incluíla nos nosos experimentos para que estes sexan realistas, e iso é o que estou a facer cos meus cálculos na actualidade». Un exemplo de respostas que dan orixe a novas preguntas. Pero tamén un exemplo claro de ciencia básica que constitúe un paso máis na loita contra o cambio climático.

Existe a posibilidade de que os grupos de investigación teñan clústeres propios, pero esta alternativa ten, na súa opinión, desvantaxes: «Non é suficiente con comprar a máquina: requírese un técnico, unhas instalacións axeitadas... O mantemento complícase cando hai escaseza de recursos e ademais esixe adicarlle un tempo que nos impide ser eficientes. Por exemplo, realicei unha estadía post-doc de 4 anos no departamento de Física da Universidade de Durham, en Inglaterra, co profesor Stewart Clark, desenvolvedor de código CASTEP. Aínda que el dispoñía dun clúster propio que podiamos utilizar, por cuestións de eficiencia prefería que fixésemos os nosos cálculos nos centros de computación aos que estabamos asociados, o centro Sci-Tech de Daresbury e o da universidade de Edimburgo. Así, durante a miña estadía puiden adicarme plenamente a facer ciencia e calquera problema que puidese xurdir era resolto polos técnicos informáticos». «Iniciativas como as estadías ICTS-CESGA permiten aos investigadores que utilizan a simulación optimizar os seus recursos ao máximo, especialmente cando hai que adaptarse a circunstancias complicadas. Pola miña banda, agora comezarei a analizar os datos que obtiven durante a miña estadía no CESGA para avanzar máis no coñecemento neste campo. De non poder realizar os cálculos, a investigación tería que ter esperado nun caixón».  Máis información sobre as estadías ICTS: http://icts.cesga. es/

 Web do proxecto CapZeo: http://msme.u-pem.fr/capzeo/ home/

novembro 2014  díxitos

9


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Investigadores coruñeses melloran os sistemas de recomendación de produtos Un equipo da UDC desenvolveu FilmYou, unha plataforma distribuída que xera recomendacións personalizadas de contido audiovisual baseadas en afinidades entre usuarios. En 2011, Daniel Valcarce, Javier Parapar e Álvaro Barreiro, membros do IRLab (Information Retrieval Lab) da Universidade da Coruña, empezaron a desenvolver, xunto con profesores da Universidade Autónoma de Madrid, un sistema de recomendación cuxa eficacia superaba ata nun 200% os máis punteiros daquel momento. Agora, trasladan aquel algoritmo inicial a escala “big data” na plataforma FilmYou. A finais de xuño de 2014, FilmYou contaba con máis de 750.000 películas, ao redor de 480.000 usuarios e en torno a 100 millóns de valoracións. Isto é o que os levou a buscar os recursos de computación distribuída do CESGA: «Redeseñamos o algoritmo inicial para poder derivalo a Map/Reduce, un modelo de programación creado por Google para computar de xeito distribuído os seus traballos de indexación e busca, e que posteriormente a comunidade de desenvolvedores adaptou para outros fins,» explica Javier Parapar. «Calcular a relevancia dunha película para un usuario é a parte que máis tempo leva, porque, para avaliar o rendemento da plataforma, estamos a calcular a relevancia das películas e xeramos as recomendacións para todos os usuarios á vez, é dicir, para case medio millón de usuarios simultáneamente. Así que a necesidade de empregar os recursos do CESGA non vén polo cálculo en si, senón polo gran volume de usuarios e películas que manexamos». FilmYou baséase no filtrado colaborativo: o algoritmo agrupa aos usuarios de gustos afíns por “veciñanzas”, comunidades dentro da plataforma que determinarán a relevancia das películas para cada un deles. Cando un usuario novo se dá de alta en FilmYou, debe valorar un número determinado de películas cun valor entre 1 e 5, para que o algoritmo identifique as súas preferencias e poida incluílo nunha veciñanza afín; só entón empezará a recibir recomendacións. «Combinamos a xeración de veciñanzas baseada en clúster probabilístico con modelos de relevancia, que é unha idea tomada do ámbito de recuperación de documentos; isto é o que nos permitiu mellorar substancialmente as solucións que había ata o momento». Ademais, o equipo de IRLab está a investigar o desenvolvemento de detección de “sentimento” (opinion mining), de forma que o algoritmo sexa capaz de avaliar se as críticas escritas son negativas, positivas ou neutras e poida telas tamén en conta cando ofrece as recomendacións aos usuarios.

10

díxitos  novembro 2014

Posibilidades de rendibilidade multisectorial Os sistemas de recomendación poden ofrecer rendibilidade comercial a sectores moi diversos. As futuras cadeas de televisión de contidos baixo demanda poderían empregar estas tecnoloxías para fidelizar unhas audiencias cada vez máis dispersas. Tamén se exploran os seus beneficios para a eSaúde. En canto aos negocios de venda online, sexan grandes firmas ou pequenas tendas locais, a incorporación de tecnoloxías de recomendación eficaces podería incrementar as súas posibilidades de que os visitantes da súa web se convertan en clientes. O 3 de xullo, o IRLab presentou FilmYou a empresas de diferentes ámbitos durante a xornada “Tecnoloxías intelixentes: aplicacións e oportunidades de negocio”, organizada polo Clúster TIC Galicia e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC). A presentación espertou o interese das empresas asistentes, varias das cales discutiron con Daniel Valcarce e Javier Parapar as posibilidades da plataforma para os seus sectores ao finalizar o acto.


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

Texas Controls optimiza os seus servizos de aperte e selado no CESGA Dentro dos proxectos europeos CloudPYME e Fortissimo Texas Controls, fundada en 1995 na Coruña, ofrece á gran industria produtos e servizos tecnolóxicos orientados a instrumentación, aperte e selado e prospección eólica. No ámbito do aperte e selado, a empresa é a única enxeñaría existente no noso mercado na actualidade, polo que unha das súas prioridades é ofrecer solucións da máxima calidade. A firma ofrece estas solucións aos sectores industrial e enerxético e ao mundo da investigación, pero son especialmente importantes para os seus clientes da industria do gas e petróleo. Neste sector, posiblemente máis que en ningún outro, é imprescindible que non se produzan fugas en canalizacións e colectores que en ocasións poden chegar a soportar, ademais, presións e temperaturas extremas. Os custos de evitar unha fuga son moi inferiores aos xerados polas súas consecuencias. Pero nesta prevención hai que ter en conta moitas variables: o selado é unha interacción plástica entre elementos, durante a cal se produce unha deformación esperada en determinadas zonas e pezas. As diferentes condicións de presión e temperatura, en ocasións extremadamente elevadas, determinarán a resposta e a vida útil das

pezas. Por iso, é crucial estudar e predicir o comportamento das unións embridadas, para comprender como se producen as interaccións elásticas entre elementos. Un comportamento que o código de construción tende a simplificar sen recoller todas as posibilidades que poden presentarse, o que impide predicir erros baixo condicións límite non previstas.

Modelizar para comprender mellor unha actividadE chave Con este obxectivo, Texas Controls participou nos proxectos europeos CloudPYME e Fortissimo, que o CESGA vén impulsando nos últimos meses para incentivar o uso de tecnoloxías abertas de computación de altas prestacións (HPC) entre as PEME galegas. Cando se incorporaron ao proxecto, Germán Rodríguez Novo, director de Operacións, explicou que querían aproveitar a oportunidade para «entender e afondar en problemas do día a día que se presentan con certos materiais e en aplicacións críticas», algo imposible sen simulación numérica. Así, os seus técnicos puideron modelizar as forzas de presión e temperatura máximas que poden soportar as unións embridadas para evitar fugas, sen que as pezas sufran danos no proceso de aperte e facendo que este dure o menor tempo posible.

O balance foi moi positivo, xa que a experiencia permitiulles coñecer en profundidade unhas das súas actividades chave, explorar novas liñas de negocio e mellorar o perfil profesional do seu persoal técnico. Como expectativas a futuro, a firma espera optimizar o deseño e a seguridade das ferramentas e operacións de aperte, abreviar os tempos de cálculos complexos e reducir os gastos dos seus clientes asociados a estas operacións e ás probabilidades de fuga. Como beneficios adicionais, a firma puido colaborar con entidades alleas ao seu negocio e fortalecer a súa imaxe de marca como empresa comprometida coa innovación. Texas Controls foi unha das empresas invitadas a expoñer o seu caso de éxito durante a xornada “Info Day”, que o CESGA celebrou o pasado 5 de xuño para presentar ás PEME galegas os proxectos cos que a UE quere impulsar o desenvolvemento industrial a través da HPC. Germán Rodríguez animou ás empresas asistentes a aproveitar estas tecnoloxías para optimizar os seus procesos produtivos.

novembro 2014  díxitos

11


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Lanzan unha plataforma que moderniza o sistema de recollida, tratamento e presentación de información arqueolóxica Nun acto celebrado no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, o pasado 30 de xuño presentouse IDEPatri, unha infraestrutura de datos espaciais (IDE) desenvolvida polo Grupo de Estudos de Prehistoria do Noroeste (GEPN) desta universidade. Aínda que o seu núcleo esencial é o rexistro arqueolóxico da Idade de Ferro en Galicia, co lanzamento desta ferramenta o GEPN propón modernizar e unificar a metodoloxía de recollida e consulta de información arqueolóxica. Iso permitirá acadar unha visión global do noso pasado grazas á integración de disciplinas investigadoras diversas, a través dunha ferramenta que ofrece un gran potencial pedagóxico, divulgador e comercial.

Reconstruír o pasado con “big data” e “open access” O método arqueolóxico de investigación baséase na comparación de restos materiais separados no espazo e no tempo. Na actualidade, a posibilidade de interconectar datos arqueolóxicos entre diferentes xacementos, ou mesmo de diferentes disciplinas nun mesmo xacemento, vese limitada por uns métodos de recolección de datos non uniformes, que difiren case de arqueólogo a arqueólogo. Tampouco se estandariza a información que se envía aos museos durante a entrega de material. Ademais, con frecuencia os sistemas de arquivo non explotan o potencial dixital e os museos non habilitan mecanismos abondo para que os investigadores poidan consultar as coleccións con rapidez e eficacia cando necesitan completar un estudo. Así, reconstruír unha historia coherente e global sobre os modos de vida no pasado supón unha tarefa máis lenta, custosa e esforzada. «É imposible traballar illados. Moitas veces, cando estudas un material, desexarías que o arqueólogo tivese utilizado unha metodoloxía de recollida de información que atendese tamén ás cuestións que a ti te interesan», explica Pepa Rey, profesora da

Con IDEPatri, preténdese que a base de datos conecte coas preocupacións de todos os participantes na cadea que vai dende o punto de escavación ata o museo, englobando distintas esferas de actividade 12

díxitos  novembro 2014

 Pepa Rey, a coordinadora da plataforma facultade de Historia da USC e membro do GEPN. «Aínda que traballemos en seccións, en arqueoloxía dependemos os uns dos outros: dos que escavan, dos que tratan o material, dos que o entregan ao museo... Pero cada un de nós emprega un enfoque diferente, empezando polas etiquetaxes e as bases de datos. O que máis nos preocupou ao concibir IDEPatri foi a base de datos do arqueólogo». Con IDEPatri, preténdese que a base de datos conecte coas preocupacións de todos os participantes na cadea que vai dende o punto de escavación ata o museo, englobando distintas esferas de actividade. Emilio Abad, técnico superior de Sistemas de Información Xeográfica (SIX) no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e estreito colaborador do GEPN, é o principal desenvolvedor técnico da plataforma. «Cada investigador ocúpase dunha especialidade: o estudo do carbón (antracoloxía), metalurxia, comercio, cerámica, alimentación, cultivos, silvicultura... A parte na que interveño eu intégraas», explica. «O obxectivo é que toda a información que xeren os depósitos teña un corpo único e consultable, que as investigacións deixen de estar illadas, para así acurtar os tempos e custos de traballo. Aínda que o noso núcleo duro sexa a época castreña, a nosa IDE propón unha metodoloxía unificada que poida servir para calquera intervención pertencente


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

 Excavación na Cova Eirós nunha imaxe da Universidade de Santiago a calquera época. Non presentamos tanto unha ferramenta como un sistema que está vivo». Pepa Rey concorda: «Queremos que esta ferramenta, nacida dunha necesidade interna inicial do noso equipo, teña unha derivación pública e extensa. Actualmente, ao preparar un traballo arqueolóxico, os investigadores e as empresas arqueolóxicas teñen que empezar dende cero. A idea é que exista unha ferramenta de traballo na que todo o mundo poida consultar que hai sobre aquilo que quere investigar e incrementalo, e para iso necesitamos un sistema codificado simplificado que poidamos compartir». Un sistema simplificado pero completo, que permita facer unha investigación histórica global, tanto dos modos de vida a escala local coma de tendencias sociais maiores (rutas comerciais ou migratorias, por exemplo). «IDEPatri ten unha característica moi importante: usa unha IDE onde o espazo é un elemento básico a todas as escalas, dende a máis grande á máis pequena, incluído o detalle, e ademais che dá a posibilidade de converter o tempo en espazo», matiza Pepa Rey. O concepto de xestión de grandes volumes de datos (“big data”) que incorpora IDEPatri para facilitar o traballo dos investigadores, combínase co de acceso aberto (“open access”), para que pedagogos e divulgadores poidan explorar o seu potencial mediante ferramentas de visualización. E non só a eles: acceder a esta información implicará a oportunidade de poder ofrecer produtos de valor a sectores de actividade como o turismo: «Por exemplo, poderíanse desenvolver 'apps' móbiles que ofrezan aos turistas a posibilidade de explorar o ámbito no que se encontran e localizar puntos arqueolóxicos interesantes para visitar». A xestión de grandes volumes de datos xustifica a implicación do CESGA no proxecto. «É imposible manexar unha cantidade tan inxente de datos con recursos do grupo de investigación, fíxose

nun primeiro momento e supuxo un consumo de tempo e de recursos enorme. Así que poder dispoñer da tecnoloxía e a infraestrutura do CESGA é o que lle deu o impulso final á IDE».

Valor para as empresas de arqueoloxía A plataforma xa tivo unha primeira aplicación completa nun traballo real, o estudo do Castelo da Rocha Forte, situado en Conxo, nos arredores de Santiago. As escavacións foron realizadas pola empresa arqueolóxica A Citania. «A lóxica que prima detrás dunha escavación non é só recuperar a información arqueolóxica, senón facela accesible e comprensible, polo que definimos a estrutura de estudo de materiais na IDE agrupando cada obxecto en función do seu material, o seu uso probable e a súa forma identificable», conta Israel Picón, socio de A Citania e presidente da Asociación de Empresas Galegas de Arqueoloxía (AEGA). «IDEPatri permitiu que os arqueólogos puidésemos facer o traballo teórico nun tempo récord: entregamos catro informes mensuais valorativos, así como a memoria final tan só un mes despois de rematar a intervención na fortaleza. Ademais, ao poder introducir a información dos achados a pé de obra, a dirección facultativa podía tomar decisións sobre as escavacións en tempo real». «Nunha época na que o sector estase a ver profundamente afectado pola crise», continúa, «unha ferramenta como esta pode axudar a que as empresas e autónomos en activo ofrezamos un salto de calidade nos nosos servizos a prezo axustado, para poder facer fronte a dificultades como a competencia desleal. Por outro lado, o Inventario Xeral de Patrimonio Cultural recolle un gran número de elementos en planos que foron realizados con programas informáticos de deseño inadecuado, co que continuamente estamos a perder moitos bens arqueolóxicos. Se as Administracións apostasen polo desenvolvemento, mellora e aplicación de plataformas como IDEPatri, evitaríanse moitas destrucións».

novembro 2014  díxitos

13


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

O proxecto europeo, no que España ten un papel decisivo, impulsa a creación dun servizo de acceso público que informe sobre o estado dos océanos e mares do continente. O milenario vencello que une ao ser humano co mar sempre estivo caracterizado por unha combinación de supervivencia, aproveitamento e en ocasións explotación pola parte humana, e o imprevisible e o perigo pola parte oceánica. Coa participación do CESGA no proxecto europeo MyOcean da man de Portos do Estado, Galicia, que tradicionalmente protagonizou esta relación de formas especialmente complexas, contribúe a que no futuro estea baseada no coñecemento para que poida ser máis sustentable, segura e equilibrada. MyOcean está financiado polo Sétimo Programa Marco de Investigación (2007-2013) e por HORIZON 2020, ambos da UE. Trátase, en realidade, de tres proxectos oceanográficos consecutivos ('MyOcean', 'MyOcean2' e 'MyOcean Follow-on') cuxo obxectivo principal é desenvolver e xestionar un sistema centralizado de vixilancia dos océanos que sexa rigoroso, robusto e sustentable. Para iso, ofrece acceso libre e gratuíto a servizos de predición e control das principais variables físicas da dinámica mariña (correntes, nivel do mar, temperatura da auga, salinidade, ventos, formación de xeo). O proxecto encamíñase á creación, en 2015, do Servizo Mariño Copernicus que, empregando observacións satelitais e de estacións 'in situ', permitirá crear produtos específicos que impacten positivamente en actividades socioeconómicas tan diversas como a seguridade marítima (operatividade portuaria, operacións de salvamento marítimo), a xestión dos recursos marítimos (acuicultura), a loita contra a con-

o obxectivo principal é desenvolver e xestionar un sistema centralizado de vixilancia dos océanos que sexa rigoroso, robusto e sustentable

14

díxitos  novembro 2014

taminación marítima tanto accidental (derrames de hidrocarburos) como intencionada (sentinazos), as enerxías renovables, a predición estacional e climatolóxica, a ecoloxía e bioloxía mariñas, o estudo do cambio climático, a planificación de infraestruturas portuarias, xestión integral de zonas costeiras, o turismo ou a axuda á navegación comercial e recreativa (optimización de rutas, condicións nas bocanas dos portos).

Portos do Estado coordina a fachada atlántica Para optimizar as redes de medición, organizouse o medio mariño europeo en seis zonas (océano Atlántico, mar Báltico, océano Ártico, mar do Norte, mar Mediterráneo e mar Negro) xestionadas por 61 institucións de 29 países que recompilan e distribúen datos de 2.400 estacións: 100 mareógrafos, 1.900 boias de deriva e 400 boias ancoradas. Até 320 destas estacións empréganse na zona IBI (Iberia-Biscay-Ireland), que desenvolve o servizo de predición mariña para o océano Atlántico entre as Illas Canarias e Irlanda e está liderada desde España por Portos do Estado, coa colaboración do CESGA e Mercator Ocean en Francia.


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

«Coordinamos dous aspectos», explica Enrique Álvarez Fanjul, xefe de Área de Coñecemento de Medio Físico de Puertos del Estado. «Por unha banda, o observacional: compilamos as observacións procedentes de múltiples institucións de Francia, Reino Unido, Irlanda, España e Portugal, e envorcámolas nunha páxina web onde poden consultarse en tempo real. Doutra banda está o aspecto do modelado numérico, representado polo IBI Marine Forecasting Center (IBI-MFC) que está instalado no equipo de computación de altas prestacións Finisterrae do CESGA». A aplicación IBI-MFC está baseada en NEMO (Nucleus for European Modelling of the Ocean), un modelo desenvolvido para simular en tres dimensións os procesos físicos que afectan á dinámica oceánica: mareas, ventos, presión atmosférica, fluxos superficiais de calor e auga doce, descarga de sedimentos fluviais, etcétera. O modelo traballa coas observacións recollidas polas diferentes institucións europeas, para ofrecer tanto reanálises de datos históricos como predicións a cinco días vista, mediante visualizacións que permiten aos usuarios unha manipulación moi flexible en función das súas necesidades (periodicidade dos datos, variables físicas a visualizar, nivel de profundidade do mar...). A plataforma unifica o modo en que os usuarios obteñen a información “de actualización diaria” para as seis zonas europeas, e para cada solicitude de datos xera un 'script' en linguaxe de programación Python que posibilita a creación de aplicacións web e móbiles que se alimenten da base de datos de forma automática, sen pasar pola descarga manual. «En decembro de 2013, a plataforma acadou os 3.000 usuarios», continúa explicando Álvarez Fanjul. «Ao redor de 100 deles operan cos datos da zona IBI e constitúen usuarios tanto intermedios como finais. Entre eles atópanse organismos con gran peso específico, tanto na relevancia das súas actividades, por exemplo, Salvamento Marítimo ou Protección Civil de Cantabria, como polo

servizo que prestan aos usuarios finais, por exemplo, Meteogalicia. Periodicamente celebramos 'user forums' para divulgar esta actividade e atraer a máis usuarios, tamén do sector privado».

Servizo Mariño paneuropeo Copernicus A fase actual do proxecto, 'MyOcean2' (2012-2014), mellora e robustece a versión pre-operacional desenvolvida durante a fase 'MyOcean' (2009-2012). En outubro deste ano comezará a última, 'MyOcean Follow-on', que previsiblemente culminará en 2015 coa creación do Servizo Mariño Copernicus. Con todo, en España inaugurouse xa unha iniciativa que o anticipa: Portos do Estado constituíu o grupo de traballo Copernicus-Mariño, unha rede de colaboración interinstitucional formada por usuarios intermedios e finais que operan cos datos da zona IBI e aniñan aplicacións locais e costeiras en produtos desenvolvidos por Portos do Estado no CESGA. «A colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia permitiunos realizar o desenvolvemento do sistema de predición mariña cun alto nivel de profesionalidade», afirma Álvarez Fanjul. «Mercator Ocean realiza unha predición de respaldo en Francia por se xorde algún problema, pero durante este tres anos o CESGA demostrou unha fiabilidade, seguridade e precisión tan fortes que se está expondo a posibilidade de darlle outra finalidade a ese backup». España lidera, así, a predición oficial para a fachada atlántica europea neste sistema centralizado de observación e diagnose, e anticipa dende aquí o consorcio paneuropeo que en 2015 implantará o Servizo Mariño Copernicus, un fito da oceanografía operacional que prevé repercusións sociais, económicas e ambientais moi positivas. Máis sobre MyOcean e Copernicus en: http://www.myocean.eu/ http://www.copernicus-mariño.es

novembro 2014  díxitos

15


SERVIZOS TECNOLÓXICOS PARA EMPRESAS • Acceso ao uso de infraestruturas de computación e almacenamento de datos. • Definición de solucións tecnolóxicas adaptadas as túas necesidades. Consultoría, información, análise e asesoramento sobre plataformas de computación, simulación, modelización, big data, almacenamento de datos, e-learning, información xeográfica. • Titorización na incorporación destas tecnoloxías na túa empresa. Acompañamento para o seu uso. Capacitación. Formación. Demostración de solucións tecnolóxicas. • Procura de axudas e subvencións e soporte na definición de proxectos no ámbito da investigación, desenvolvemento e innovación.

CENTRO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICIA

GALICIA SUPERCOMPUTING CENTRE

• Se es: PEME, Micropeme, Autónomo, Emprendedor Spinoff, Startup,

• Se es parte de: Aceleradora, Enxeñaría, Oficina técnica ou Departamento de I+D+i.

SÚMATE XA ÁS EMPRESAS GALEGAS QUE AVANZAN CO CESGA CHÁMANOS HOXE 98156 98 10 info@cesga.es

Díxitos Noviembre 2014  

Publicación periódica de la Fundación CESGA

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you