Issuu on Google+

Novas do Centro de Supercomputaci贸n de Galicia Decembro 2012


Fundación Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

DIRECCIÓN Javier García Tobío COORDINACIÓN Fernando Bouzas Sierra REDACCIÓN CESGA COLABORACIÓN Lazar Stricevicć DESEÑO, GRAFISMO E MAQUETACIÓN CESGA FOTOMECÁNICA E IMPRESIÓN Artes Gráficas LITONOR S.A.L. DEPÓSITO LEGAL C 1604-1998 ISSN 1139-563X EDITA FUNDACIÓN CESGA Avenida de Vigo, s/n (Campus Vida)

gran capacidade

O CESGA ESTREA Novos SERVIDORES DE CÁLCULO Dentro do seu plan de renovación de infraestruturas para ampliar capacidade e prestacións con diminución de custos, o Centro de Supercomputación de Galicia adquiriu un sistema especialmente indicado para o procesado de datos en paralelo de moi altas prestacións. No plan inclúense tamén a renovación da rede de comunicacións Recetga, a actualización da plataforma de cálculo SVG, o sistema de almacenamento en rede, e melloras para a eficiencia de infraestruturas. O CESGA pode así executar os procesos que requiran as capacidades de acceso e procesado de datos máis elevadas, dependentes ata agora do sistema de almacenamento SFS e dalgúns nodos de cálculo de FinisTerrae, facéndoo máis eficiente debido á evolución tecnolóxica producida nos últimos anos. O importe total deste contrato foi de 49.915 euros (IVE non incluído) e foi adxudicado á empresa Hewlett Packard Española S.L. O sistema está baseado nunha arquitectura hardware similar á dun cluster de computación de tipo HPC, adecuada para a execución de cálculos distribuídos de tipo MPI, aínda que dispón de software como Hadoop que permiten a súa utilización en contornas Big Data, capaces de aproveitar a potencia agregada de todos os seus compoñentes. Está formado por 8 nodos de tipo HP Proliant SL230s Gen8, cada un incorporando dous procesadores Intel Sandy Bridge E5-2670 de 8 núcleos, con 64 GB de memoria e disco de 2 TB. Estes nodos están interconectados por unha rede de comunicacións de moi alta velocidade e moi baixa latencia, de tipo Infiniband FDR, o que permite que traballen como un todo con 128 núcleos de procesador da última tecnoloxía, 512 GB de memoria principal e 16 TB de datos en disco. O novo sistema funciona case exclusivamente con software libre e a potencia total en procesos de cálculo é de 2.66 Teraflops, o que equivale a case un 16% da potencia do antigo FinisTerrae, pero cun consumo eléctrico unhas 20 veces inferior (3.5 Kw fronte a 70 Kw). O sistema está incluído dentro da plataforma SVG do CESGA.

15705 Santiago de Compostela Telf. 981 569 810 Fax. 981 594 616 dixitos@cesga.es

........................................................

CONTIDOS [ 2, 3 ] A supercomputación e a crise [ 4, 5 ] MeteoSIX Mobile [ 6, 7 ] BonFIRE [ 8 ] Calculando bandas [ 9 ] ICT-GO-Girls + MOVE IT [ 10 ] CloudPYME [ 11 ] Entrevista a Germán Rodríguez [ 12 ] Entrevista a José Julián Martínez [ 13 ] Rede GALNET [ 14, 15 ] Novas

O proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), por medio da axuda de referencia CESG08-1E-001 correspondente ó subprograma de proxectos de equipamento científico tecnolóxico, da Dirección Xeral de Investigación e Xestión do Plan Nacional de I+D+i do Ministerio de Ciencia e Innovación (actualmente dependente da Secretaría de Estado de I+D+i, do Ministerio de Economía e Competitividade) e pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación. Contornos de memoria compartida O CESGA adquiriu tamen dous servidores de cálculo destinados a dar resposta a aqueles procesos que requiran gran cantidade de memoria nunha única imaxe de memoria compartida. A actualización busca ofrecer o mellor servizo posible para os usuarios tendo en conta as limitacións da situación económica actual, onde un dos obxectivos fundamentais é a redución de custos operativos. Os novos sistemas permitirán atender aqueles procesos que viñan executándose no superordenador FinisTerrae, fundamentalmente nos nodos de tipo Superdome, que xa dispoñían desde o ano 2007 de capacidades de memoria de ata 1TB de datos nunha única imaxe. A evolución tecnolóxica fai que se poidan atopar hoxe no mercado solucións capaces de proporcionar esas capacidades a un custo moito máis reducido, tamén no mantemento e consumo eléctrico. Isto fai que os investimentos sexan amortizados moi rapidamente. O importe total deste contrato foi de 27.711,86 euros (IVE non incluído) e foi adxudicado á empresa Hewlett Packard Española S.L. O sistema adquirido está constituído por dous nodos HP DL 560 GEN8, cada un dos cales dispón como características máis destacadas de arquitectura de 4 sockets con 4 procesadores Intel Sandy Bridge E5-4620, de 8 núcleos de procesador cada un, 512 GB de memoria RAM, e 6 discos que facilitan unha capacidade total de 6TB. Cada un destes dous sistemas dispón xa que logo de 32 núcleos de procesador e 512 GB de memoria, e unha potencia pico de 532 GFLOPS. Os sistemas dispoñen de interconexión de rede a 10 Gbps para conectarse cos sistemas de almacenamento do CESGA, e de Infiniband FDR para integrarse en contornas de baixa latencia co resto de nodos de cálculo do centro. Aínda que a potencia computacional total destes dous servidores é similar á do antigo Superdome incluído en FinisTerrae, o consumo eléctrico representa menos do 10% polo que esta actuación producirá importantes aforros para o CESGA. Para facilitar a utilización por parte dos usuarios, o sistema incluíuse na plataforma SVG do CESGA. Os usuarios poderán beneficiarse das prestacións sen case cambios. O sistema, que xa está operativo no CESGA, está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación e polo CSIC.


Centro de Supercomputación de Galicia

CESGA

INVESTIMENTO CLAVE:

A SUPERCOMPUTACIÓN NOS TEMPOS DA CRISE A pesar da complicada situación económica que vivimos, dispoñer de centros de cálculo avanzado con instalacións actualizadas cos máis modernos equipamentos continúa a ser imprescindible para apoiar a ciencia e evitar que se amplíe a fenda científica e tecnolóxica cos países punteiros nestes eidos. O Barcelona Supercomputing Centre-Centro Nacional de Supercomputación (BSCCNS) foi o que recibiu maiores investimentos para a súa renovación no 2012, pero tamén melloraron as súas infraestruturas o centro de Castela e León e os das universidades de Cantabria, Autónoma de Madrid e Málaga, entre outros. Igual que o Centro de Supercomputación de Galicia, o BSC é una Instalación CientíficoTécnica Singular (ICTS), recoñecida como tal polo Ministerio de Economía e Competitividade. Por iso, para manterse na vangarda da ciencia, está a renovar completamente o supercomputador máis potente de España, o ‘MareNostrum’, para multiplicar por dez a súa capacidade. A primeira fase da renovación, que supuxo a instalación dun 70% do novo equipamento, situou o ‘MareNostrum’ no posto 36 do mundo e no 12 de Europa na clasificación de novembro do 2012 do portal de referencia Top500.org, cando no ránking de xuño estaba no posto 177 mundial. O novo supercomputador supón, de acordo co BSC, un investimento de 22,7 millóns de euros, financiados maioritariamente mediante achegas do Estado e de fondos FEDER da Unión Europea. Foi fabricado pola empresa IBM con tecnoloxía IDataPlex, que permite agrupar en moi pouco espazo (120 m2) os compoñentes necesarios. Contará con máis de 6.000 chips Intel SandyBridge de 2,6 GHz, cada un deles con 8 ‘cores’, unha memoria total de case 100 TB e unha rede de comunicación de alta velocidade entre os procesadores 10 veces máis potente que a actual.

Rede de Ciencia e Tecnoloxía, a cal conectará universidades e centros de investigación. Este proxecto será acometido a través dunha subvención de capital ou achega á entidade. O supercomputador ‘Altamira’ da Universidade de Cantabria, renovado entre xullo e outubro, rebaixa o consumo enerxético nun 50 por cento respecto do sistema substituído, a pesar de multiplicar por 20 a súa potencia de cálculo total, o que lle permitirá ademais compatibilizar o uso dentro do sistema universitario de investigación coa utilización da súa capacidade por parte de empresas innovadoras. ‘Altamira’, instalado no Instituto de Física de Cantabria, é agora o segundo supercomputador máis potente de España de acordo cos seus xestores e pode realizar ata 74 billóns de operaciones de coma flotante por segundo. O sistema forma parte da Red Española de Supercomputación, canda outros sete nodos. Pola súa parte, o Centro de Computación Científica da Autónoma de Madrid (UAM) presentou o 17 de maio as súas novas adquisicións de equipos e a mellora das súas infraestruturas, polo que xa conta con máis de 1.120 ‘cores’ dedicados exclusivamente a cálculo científico e aspira, a curto prazo, a quedar nunha posición destacada entre as infraestruturas europeas. A renovación puido realizarse a través dos proxectos de investigación concedidos polo Consello Europeo de Investigación (ERC), instalando dous supercomputadores Fujitsu, equipados con procesadores Intel Xeon E5-2670 e unha capacidade de 27 teraflops, destinados a servir de base á investigación desenvolvida na UAM. Mentres, a Universidade de Málaga, que conta cos supercomputadores ‘Picasso’ e ‘Pablo’, anunciaba o 12 de setembro a súa intención de incorporar novas instalacións no seu centro de cálculo, incluíndo o reforzamento da infraestrutura de almacenamento de datos en liña.

A Universidade Politécnica de Valencia recentemente adxudicoulle á empresa Fujitsu Technology Solutions S.A. un concurso público para a adquisición de equipos de soporte para cálculo científico. O proxecto está dotado con 950.000 euros e pretende dar solución a procesos de cálculo distribuido mediante un cluster cun mínimo de 54 nodos biprocesador, así como a contornas de memoria compartida e visualización, mediante 8 nodos tetraprocesador. A visión da Comisión Europea O pasado 12 de febreiro, a Comisión Europea fixo pública unha comunicación titulada ‘Computación de altas prestacións: o lugar de Europa nunha carreira global’, sobre o seu Plan de Acción neste campo. Nela, as autoridades europeas sinalaban que “a carreira para o liderado en sistemas de computación de altas prestacións (HPC) é promovida pola necesidade de responder tanto a grandes retos científicos como sociais máis eficientemente, como a detección e o tratamento temperáns de enfermidades coma o Alzheimer, descifrar o cerebro humano, prognosticar a evolución do clima, ou evitar e xestionar catástrofes a grande escala, e polas necesidades de industria para innovar en produtos e servizos”. Así mesmo, para a CE, “a Industria ten unha función dual na computación avanzada: en primeiro lugar, fornecendo sistemas, tecnoloxías e servizos de software para HPC; e segundo, utilizando a HPC para innovar en produtos, procesos e servizos. Ambas son importantes para facer Europa máis competitiva. E especialmente importante para manter a competitividade das pequenas e medianas empresas, facilitarlles a estas o acceso á HPC, ó modelado, á simulación, e os servizos de deseño de prototipos de produto. Este Plan de Acción defende unha aproximación dual: fortalecemento tanto da demanda industrial coma da subministración de HPC”.

Ademais, o renovado supercomputador conectarase a un sistema de ficheiros de alto rendemento, de dous Petabytes de capacidade, e a un sistema de arquivo activo de cinco Petabytes. O seu consumo será dun MW, só un 28% superior ó actual, mentres que a potencia de cálculo se multiplicará por 10,63 e os sistemas IDataPlex serán refrixerados no rack, mellorando o rendemento enerxético. De León a Málaga pasando por Valencia A Fundación Centro de Supercomputación de Castilla y León contará no 2013 con 3,1 millóns de euros, dos que 1,55 millóns serán para o desenvolvemento da decembro 2012

díxitos

3


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

METEOSIX MOBILE, O TEMPO NO SMARTPHONE Chámase MeteoSIX Mobile, é gratuíta e achega as previsións meteorolóxicas de tres días para máis de 29.500 localidades e 820 praias de Galicia. Falamos dunha aplicación que xa empregan milleiros de persoas -rexistráronse máis de 25.000 descargas- e que está dispoñible para os móbiles intelixentes dotados do Android de Google ou do iOS de Apple (os iPhone), mesmo é compatible cos tablets que incorporan tamén eses sistemas operativos. Esta app naceu do proxecto do seu mesmo nome que comezou en decembro de 2009 coordinado por MeteoGalicia e coa participación do Grupo de Arquitectura de Computadores da Universidade da Coruña (UDC), o Laboratorio de Sistemas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Os obxectivos son dotar MeteoGalicia dun Sistema de Información Xeográfica (SIX) para o acceso a datos meteorolóxicos e achegar canles de acceso axeitadas para difundir eses datos entre o maior número posible de usuarios. A aplicación difunde información meteorolóxica e oceanográfica de calquera punto de Galicia e a súa costa dun xeito moi sinxelo: amosa a predición para un lugar seleccionado no mapa ou empregando un buscador, estea este en terra ou no mar. Actualmente posibilita consultar a predición horaria de: estado do ceo, temperatura, precipitacións, vento, cota de neve, humidade relativa, cobertura nubosa, presión, temperatura e salinidade da auga, e finalmente altura, período e dirección de onda. Está previsto que proximamente a cobertura se estenda a todo o litoral atlántico e mesmo ata o resto da Península Ibérica, con novas melloras e servizos, como información relativa ás mareas ou ás horas de saída e posta do sol Mais as apps son só unha parte do proxecto: MeteoGalicia, organismo que depende da Consellería de Medio Ambiente, publicou xa en xaneiro na súa web un sistema de acceso xe-

4

decembro díxitos xullo 2012 2012

orreferenciado a datos de predición numérica, tanto meteorolóxica como oceanográfica, para o seu uso por particulares, empresas ou universidades. A idea é que cada quen adapte ás súas necesidades esa información, que se ofrece en varios formatos. Así, medios de comunicación, entidades do sector enerxético, administracións, grupos de investigación universitarios, desenvolvedores de software e webs sobre o tempo cóntanse entre os usuarios habituais. E é que as necesidades de información meteorolóxica varían dependendo do colectivo. O técnico do parque eólico Sotavento de Xermade (Lugo), Ángel Hermida, explica que para eles as

REXISTRÁRONSE MÁIS DE 25.000 DESCARGAS DA APLICACIÓN NUN ANO predicións máis importantes son as do vento “e ó prazo máis longo posible, para poder planificar o mantemento das instalacións”, e en concreto, o que máis lles interesa é “a densidade do vento, pois a maior densidade, maior produción”. As de chuvia e a temperatura son tamén de consulta continuada neste e noutros parques eólicos. Hermida considera que “con 96 horas de ante-

Un smartphone coa aplicación MeteoSIX Mobile instalada e en funcionamento


Centro de Supercomputación de Galicia

CESGA

EXITOSO WORKSHOP SOBRE APPS E METEOROLOXÍA A Facultade de Química da Universidade de Santiago acolleu o 25 de outubro un workshop sobre apps meteorolóxicas para móbiles e webs organizado por MeteoGalicia e o CESGA e ó que asistiu case un cento de persoas, entre elas especialistas no uso de servizos xeorreferenciados en meteoroloxía e oceanografía en Galicia, así como programadores de apps e páxinas en Internet, que deron a coñecer os seus produtos. As presentacións están en www.cesga.es/ es/ver_nova/idnoticia/5086/p/806 en formato PDF ou PPT. Concluíu a xornada cunha mesa redonda moderada por Jose Iglesias de Iniciador Galicia, cos programadores galegos Alberto Ruibal e Sergio Martínez abordaron as oportunidades de negocio e emprendemento.

NOS VINDEIROS MESES A APLICACIÓN VAI ACHEGAR MÁIS NOVIDADES PARA DAR UN SERVIZO MELLOR E AÍNDA MÁIS AMPLO lación xa dan unha estimación bastante fiable”, e que para eles son moi útiles as aplicacións para teléfonos móbiles. O presidente da Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur), Cesáreo González, explica que hoxe os clientes comproban antes da súa viaxe se nos días que estarán aloxados van ter chuvia “e de feito fan anulacións dun día para outro”, aínda que as predicións que consultan non sempre son as máis precisas: “fannos moito dano as cadeas de televisión de Madrid, xa que poñen o símbolo da chuvia en Galicia cando igual só hai chuvia nunha parte da comunidade”, polo que un servizo que achegue información máis detallada como o de MeteoGalicia é crucial. Saber que pasará con chuvia, sol e temperatura son as maiores demandas dos turistas unha vez aloxados, para poder preparar viaxes curtas e actividades como rutas de sendeirismo, visitas á praia ou á montaña, ou se o tempo é chuvioso, a museos ou a outros lugares onde poder estar resgardados. Mentres, o presidente da Federación Aeronáutica Gallega, Víctor Maiztegui, indica que os deportes aéreos están “moi condicionados” polo tempo, e cada unha das dez especialidades nas que conta con practicantes a entidade ten requerimentos específicos. “Nuns casos interesa sobre todo a velocidade e a dirección dos ventos, noutros ten moita importancia saber se se espera chuvia intensa e as temperaturas”. Así, os practicantes das distintas especialidades aéreas acostuman

consultar webs coma a de MeteoGalicia e outras centradas nas súas necesidades. As empresas que organizan concertos e actividades ó aire libre -tamén os concellos- teñen moi presente o tempo. Zósimo López, axudante de coordinación en empresas de organización de eventos, explica que a información máis útil son as predicións de chuvia, nubosidade, temperatura e vento. No caso do vento, se é moi forte “pode facer que caia un escenario, ou que se mova ou que rompa”. Por iso, se as previsións son malas pode “que se desprace a actividade de lugar ou que se cancele”, afirma. Outros datos clave son os históricos: “ver que tempo fixo varios anos nunha data determinada para planificar un evento futuro”, procurando situalo nunha época na que sexa pouco habitual que chova. No agro, o espallamento de pragas das viñas coma o mildiu, o oidium e a botrite obriga a que, para obter unha boa colleita, estas deban ser tratadas con certa frecuencia con produtos fitosanitarios. Mais estes son caros e poden afectar a calidade das uvas, polo que os cultivadores tratan de evitalos se poden. Para iso deben saber as condicións meteorolóxicas actuais e predicións con días de antelación. Manuel García, do Pazo Galegos de San Pedro de Vilanova (Vedra) conta no seu viñedo cunha estación agrometeorolóxica de MeteoGalicia, que lle facilita datos clave. “É moi cómodo -asegura-, porque nos permite contrastar información coas nosas propias observacións, e así vemos se hai risco de

infección a partir da humidade e das temperaturas rexistradas. E non habendo riscos, se vemos que a humidade é baixa e a temperatura é adecuada, reduces o número de tratamentos”. Menos produtos químicos significa “un viño de maior calidade e máis san”. Navegar a vela, recoller percebes ou tomar o sol na praia teñen unha cousa en común: son actividades que dependen moito do tempo nun punto da costa e nun momento determinados. Modelos de presión, visibilidade, datos sobre as mareas, as ondas as correntes mariñas ou as temperaturas no aire e na auga, entre outros, serven para programar as actividades náuticas, di Juan Hermida, coordinador de vela do Club Náutico de Sanxenxo, e moita desta información xa pode obterse coas apps de MeteoSIX ou na web de MeteoGalicia -onde se publica unha predición específica para os pescadores de cada confraría-. As persoas que van á praia contan con datos na aplicación MeteoSIX Mobile e noutras gratuítas que amosan os mesmos datos do servizo meteorolóxico galego pero que os combinan con outros coma a existencia de bandeiras azuis ou os servizos que oferta cada areal. As predicións que achega MeteoGalicia son elaboradas con modelos que calculan os prognósticos empregando cantidades enormes de datos procedentes de diferentes fontes, e procesalos nun prazo curto require da capacidade de cálculo do FinisTerrae, o ‘cerebro’ do Centro de Supercomputación de Galicia.

decembro 2012

díxitos

5


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Bonfire clusters tolerantes a erros en clouds federadOs As novas ferramentas de cálculo ou análise para enxeñería, ou para o apoio no diagnóstico e para o tratamento personalizado das enfermidades, necesitan dunha ampla capacidade de cálculo que non sempre está dispoñible nos hospitais ou nas empresas que as necesitan. Frecuentemente, estas ferramentas ofrécense como servizos externos e necesitan dun software e unha infraestrutura fiable que dea resposta ás expectativas dos profesionais que as usan como enxeñeiros, médicos ou físicos. O modelo dominante destas solucións está baseado no paradigma de Software-as-a-Service (SaaS ou Software como Servizo), onde o cliente pode demandar a execución de aplicacións utilizando un interface simple e intuitivo. Este permite que os usuarios se concentren na definición do problema que queren resolver, ocultando a complexidade da infraestrutura de cómputo. Cada solicitude pode requirir moitas horas de CPU dun cluster dedicado. Co incremento continuo do número de clientes e coa complexidade destas novas ferramentas, a infraestrutura dun único proveedor podería non ser suficiente para cubrir a demanda e achegar a solución nun tempo razoable. Nesta contorna, o CESGA dentro do proxecto BonFIRE desenvolveu un modelo de cluster virtual que se desprega nunha infraestrutura federada para cada unha das peticións dos usuarios, evitando os tempos de espera e mellorando a calidade do servizo.

Clusters virtuais tolerantes a erros en Clouds federados O CESGA deseñou unha Arquitectura de Cluster Virtual que se adapta por si mesma á calidade do servizo requirida. O Cluster Virtual componse de dous nodos principais (master e shadow) e un conxunto de nodos de cálculo. Os dous primeiros controlan a execución das aplicacións, serven a través de NFS un sistema de ficheiros compartido e replicado e monitorizan a eficiencia das aplicacións a fin de tomar decisións sobre a elasticidade (incremento ou decremento de nodos) do cluster. Os nodos de cálculo simplemente executan a aplicación desexada. Esta arquitectura permite tres configuracións diferentes que se deciden no momento do despregamento de forma automática: Single-site Virtual Cluster: Este é o caso máis simple. O Clúster desprégase nunha soa localización e inclúe só o master e os nodos de cálculo. Distributed Virtual Cluster: Do mesmo xeito que no caso anterior, só se desprega o master máis nodos de cálculo. Pero estes últimos distribúense entre dúas localizacións diferentes (na figura denominados como site1 e site 2).

Figura1: Proposta de Arquitectura de Cluster Virtual. Cada nodo (master, shadow e node) é unha máquina virtual que se autoconfigura en función de como se realice o despregamento. Os nodos master e shadow comparten un espazo de almacenamento replicado

6

decembro díxitos xullo 2012 2012


Centro de Supercomputación de Galicia

CESGA

O PROCEDEMENTO ASEGURA A CALIDADE DO SERVIZO Fault Tolerant Virtual Cluster: O despregamento é completo neste caso. O master e o shadow despréganse cada un deles nun sitio diferente, mentres que os nodos de cálculo se distribúen equitativamente entre ambas localizacións físicas. Neste caso, o disco compartido replícase automaticamente, configurado en dual-primary, é dicir, que se pode escribir en ambas localizacións simultaneamente. Así, cada nodo de cálculo monta o sistema de ficheiros exportado polo servidor despregado na súa mesma localización física. Nesta configuración, se non funciona unha das localizacións, o cluster pódese recuperar desa situación sen perda de información e, aplicando regras de elasticidade, incrementar o número de nodos de cálculo para garantir a resposta para o usuario final a tempo. Un compoñente fundamental da Arquitectura é a monitorización da eficiencia da aplicación a executar. Esta monitorización obtén información sobre como se está executando a aplicación, xa que nas infraestructuras Cloud non sempre se obtén o mesmo rendemento, debido a que se comparten os recursos con outros usuarios, ou á utilización dun hardware diferente en cada despregamento (diferente modelo de CPU, memoria RAM, etc.). Para aplicacións que se compoñen de moitas tarefas semellantes (como execucións Monte Carlo do mesmo problema), se o rendemento global é inferior ó esperado, o sistema de monitorización incrementa o número de nodos de cálculo e engádeos ó Cluster Virtual de forma automática, subindo o número de tarefas que se poden executar simultáneamente. Resultados en BonFIRE Para probar esta arquitectura nunha contorna Cloud distribuída e federada, o CESGA utilizou a infraestrutura de experimentación BonFIRE. As probas realizadas demostraron que a aplicación de proba non se viu afectada na súa execución cando se utilizan configuracións distribuídas. Ademais, simulouse o erro dun sitio Cloud utilizando a configuración tolerante a erros. Para iso, paráronse bruscamente todas as máquinas virtuais da localización física onde se despregou o nodo master. Despois duns minutos, o nodo shadow tomou o control do clúster

sen perder os resultados previos grazas á replicación do disco compartido. O sistema de monitorización detectou tamén o erro, recomputando o número de nodos de cálculo que se necesitaban para terminar o proceso de simulación en marcha a tempo, e despregándoos na infraestructura IaaS ata obter o rendemento global necesario. O proceso pódese visualizar na figura. A liña vermella representa o rendemento da aplicación (neste caso, o número de historias por segundo nunha simulación Monte Carlo realizada co software BEAMnrc). Cando se forzou o apagado da metade do Cluster Virtual (liña verde) descende bruscamente ese número. Logo duns segundos, a parte do Cluster supervivente medra en tamaño, incrementando o número de nodos de cálculo ata alcanzar un rendemento superior ó necesario (reflectido na liña azul). Para o desenvolvemento e proba desta arquitectura utilizouse a infraestrutura federada Cloud do proxecto europeo BonFIRE (Building service testbeds for Future Internet Research and Experimentation). Este proxecto achega recursos virtualizados, almacenamento e rede de comunicacións (con posibilidade de controlar parámetros de rede como a latencia ou o ancho de banda dispoñible) para o desenvolvemento e experimentación de novas aplicacións, servizos e sistemas. Fronte a Clouds comerciais, esta plataforma de experimentación engade ferramentas adicionais como a posibilidade de monitorizar tanto a infraestrutura virtual como a física, detalles técnicos sobre as configuracións empregadas, etc. O acceso é tanto a través dunha interface web sinxela onde experimentar novos conceptos como a través dunha API para experimentos máis complexos. Para facilitar a súa utilización, o CESGA desenvolveu un kit de demostración que se pode utilizar para aprender a programar experimentos a través da API: http://forge.cesga.es/projects/bonfiredemokit Para máis información sobre o proxecto, visite https://www.cesga.es/es/investigacion/proyectos/Proyecto?id=291

Demostramos a viabilidade da solución sobre clusters virtuais nO cloud federadO de Bonfire Acceda á web do proxecto

Figura 2: Resultado da emulación dun erro nun dos sitios Cloud. O sistema detecta a caída, reconfigúrase e o sistema de monitorización utiliza a elasticidade para recuperar o rendemento global do Monte Carlo en execución, engadindo máis máquinas virtuais

Acceda ao kit de demostración decembro 2012

díxitos

7


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

CALCULANDO BANDAS Lazar Stricevic, profesor na facultade de Ciencias Técnicas de Novi Sad

UN NOVO MÉTODO DE ANÁLISE ESTRUTURAL EN ENXEÑERÍA Na Universidade de Novi Sad está a desenvolverse un método novo de análise estrutural en enxeñería civil. É un método numérico chamado Método de Axustamento Harmónico de Banda Finita (Harmonic-Coupled Finite Strip Method, HCFSM) e mellora a velocidade e a precisión dos cálculos. En enxeñería civil, a análise estrutural emprégase para verificar a aptitude dunha estrutura para o seu uso, a miúdo aforrando probas físicas. Isto faise normalmente utilizando métodos numéricos para solucionar as ecuacións diferenciais xeradas por teorías de mecánica como a teoría da elasticidade e resistencia de materiais. Dependen moito da capacidade de procesamento dos computadores. O Método de Banda Finita (Finite Strip Method, FSM) [1] é unha variante do máis común Método de Elemento Finito (Finite Element Method, FEM), significativamente máis eficiente en termos de potencia de computación. Conségueo por utilizar discretización de banda (Figura 1). Por tanto, é utilizado principalmente para deseño de pontes e de estruturas altas, así como no deseño de elementos de construción como vigas de aceiro. A eficacia do FSM é debida en parte á ortogonalidade da base exponencial complexa: o sistema lineal que resulta da formulación débil é descomposto en varios sistemas máis pequenos, cada un dos cales pode ser solucionado independentemente. Aínda así, nalgúns casos tal aproximación non é suficientemente precisa, por exemplo cando a estrutura experimenta unha grande deformación como o pandeo.

novo aumenta a complexidade computacional, o cal pode significar un tempo de cálculo máis longo. Para aceleralo, poden ser utilizadas varias técnicas de paralelización. Para os propósitos de investigación, unha aplicación prototipo foi desenvolvida na Facultade de Ciencias Técnicas da Universidade de Novi Sad. A aplicación foi paralelizada utilizando MPI e OpenMP e o seu rendemento foi analizado a fondo nun número pequeno de nodos de computación [3] [4]. Varias probas adicionais están a ser feitas no CESGA: - Tests de escalabilidade do HCFSM están a ser realizados nun gran número de procesadores. - Está a ser comparada a execución do programa en procesadores diferentes (Itanium en FinisTerrae e x86 nas máquinas do Supercomputador Virtual Galego, SVG). - Os límites computacionais do algoritmo están a ser explorados con varridos de parámetro. Esta investigación deseñouse para levar a un uso comercial do método HCFSM en aplicacións de enxeñería civil.

Referencias 1. Cheung YK, Tham LG. Finite strip method. ISBN 0849374308; CRC Press LLC, 1997. 2. Milašinovic DD. The Finite Strip Method in Computational Mechanics. ISBN 8680297194; Subotica, Budapest, Belgrade; 1997. 3. Rakic PS, Milašinovic DD, Zivanov Z, Suvajdzin Z, Nikolic M. Hajdukovic M.; MPICUDA parallelization of a finite-strip program for geometric nonlinear analysis: A hybrid

HCFSM

approach; Advances in Engineering Software 2011;42(5):273-285: doi:10.1016/j. advengsoft.2010.10.008

Unha versión nova de FSM, chamada Método de Axustamento Harmónico de Banda Finita (Harmonic-Coupled Finite Strip Method, HCFSM), está a ser desenvolvida na Universidade de Novi Sad, Serbia, polo profesor Milašinovic. Con todo, este método

4. Hajdukovic M., Milašinovic D.D., Nikolic M., Rakic P.S., Zivanov Z., Stricevic L.; Scope of MPI/OpenMP/CUDA parallelization of harmonic coupled finite strip method applied on large displacement stability analysis of prismatic shell structures; ComSIS 2012;9(2):741-761: doi:10.2298/CSIS110822011H

Á esquerda, foto da ponte Akashi en Kobe, tomada en decembro do 2005 por Kim Rötzel desde un avión (Wikipedia). O método FSM fai posible pontes coma esta Á dereita, gráfico que amosa a discretización FSM fronte á discretización FEM

8

díxitos decembro 2012


Centro de Supercomputación de Galicia

CESGA

ICT-GO-GIRLS! rapazas e emprendemento tic Facilitarlles ás rapazas europeas que cursan secundaria o coñecemento, as habilidades e os valores para crear futuras oportunidades de innovación e de creación de emprego de calidade relacionado co uso das tecnoloxías, é a meta do proxecto europeo ICT-Go-Girls! que lidera o Centro de Supercomputación de Galicia. Os días 12 e 13 de novembro celebrouse en Santiago a reunión de inicio deste proxecto que lidera o CESGA e no que se desenvolverá unha metodoloxía de aprendizaxe, as probas e a avaliación dun programa piloto, para mellorar as habilidades emprendedoras das mozas que estudan educación secundaria a través das tecnoloxías da información e as comunicacións. A aplicación práctica correrá a cargo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Die Berater (Austria), Spoleczna Akademia Nauk (Polonia), Instituto Fraunhoffer IAO-Stuttgart Uni (Alemaña), CVO Antwerpen-Zuid (Bélxica) e Donau-Universitat Krems (Austria). A primeira fase do proxecto consiste en analizar outras iniciativas postas en marcha con anterioridade en Europa e fóra de Europa e orientar así ICT-Go-Girls! na dirección máis axeitada. A continuación definiranse metodoloxía, ferramentas e recursos para levar o proxecto a dous centros educativos de secundaria en cada país, facendo uso da experiencia das entidades participantes nos eidos tecnolóxico, de negocios e educativo, para aplicar finalmente o programa piloto. O esforzo completarase creando, seleccionando e adaptando contidos educativos e de entretemento, que lles faciliten ás rapazas de secundaria a motivación

de achegarse ás TIC e, a través delas, acadar o obxectivo de promover a cultura emprendedora entre as mulleres. O proxecto construirase arredor de recursos e ferramentas de código aberto e accesible libremente, coma as destinadas á creación de eportfolios, simuladores de xogos, actividades educativas e de entretemento virtuais, deseño dixital, creación de redes sociais entre as propias rapazas participantes, construción de contornos en 3D, escaparates virtuais de compañías, concursos e xogos entre os centros de ensino participantes, entre outros puntos. Haberá ademais entrevistas en vídeo a mulleres de negocios emprendedoras, actividades de titorización por mentoras, e mesmo unha rede social que servirá de marco de comunicación para as experiencias piloto entre os centros de ensino secundario participantes e para integrar recursos, ferramentas e propostas. O programa piloto probarase en dez institutos de secundaria dos países participantes, e unha vez que a metodoloxía e os recursos a usar sexan implementados, farase un esforzo para desenvolver un plan de explotación e tratar de manter en marcha a iniciativa, unha vez que remate o proxecto de investigación. En Galicia estes centros pilotos serán o CPI O Cruce, en Cerceda e o IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela. Unha vez probadas a plataforma e as ferramentas que se empregarán no proxecto, o CESGA transferiralle o coñecemento técnico e o software empregado a este consorcio de participantes, tal como xa fixo en proxectos similares anteriores, que culminaron con resultados exitosos.

move it, aprendizaxe mobil no rural

Usar unha metodoloxía innovadora de e-learning, que incorpore as tecnoloxías móbiles para mellorar a formación de xoves estudantes e traballadores no eido rural, é o eixo do proxecto europeo MOVE IT (Mobilising Opportunities in Vocational Education with Innovative Technologies), que ten como destinatarios mozas e mozos de entre 16 e 24 anos. A plataforma tecnolóxica será deseñada desde o Centro de Supercomputación de Galicia, que ten case dúas décadas de experiencia no eido da teleformación. O CESGA formará o profesorado do centro líder do proxecto, o Myerscough College (Reino Unido), así como o do Innovatie Praktijk Centrum Groene Ruimte BV (Holanda), Rural Institute of Central Ostrobothnia (Finlandia) e Asociatia pentru Educatie Permanenta (Romanía), para que aproveiten do mellor xeito posible a tecnoloxía. Este proxecto segue unha liña de investigación comezada no CESGA en 1998, sobre a aplicación das novas tecnoloxías para a mellora do ensino e a colaboración no eido rural, tanto na educación formal -proxectos A Ponte (1999), proxecto Escola Rural e Educación na Nube (2010), Rede de Escolas na Nube (2012)-

como de formación para traballadores (Proxecto Metafor, 2001). No proxecto MoveIT, o CESGA participa como institución transferidora de tecnoloxía, debido á súa exitosa experiencia e achega de solucións de e-learning noutros proxectos europeos, coma o YES (Youth Employment Support, Apoio ó Emprego Xuvenil). O CESGA transferirá despois a tecnoloxía e as ferramentas tecnolóxicas axeitadas para que a plataforma poida ser empregada en proxectos de e-learning desas institucións, mesmo despois de setembro de 2014, cando rematará o proxecto. Doce representantes das distintas institucións involucradas en MOVE IT reuníronse en Santiago de Compostela os días 30 e 31 de outubro -na imaxe sobre estas liñas-, para comezar coa distribución de tarefas do proxecto e lanzalo así oficialmente. Durante dous anos analizarán como crear contido de calidade para o alumnado que acceda a distintos cursos a través da teleformación, e buscarán os mellores xeitos de facilitar apoio do profesorado e a colaboración de estudantes entre si, para que o feito de que o ensino non sexa presencial non supoña ningún problema.

decembro 2012

díxitos

9


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Empresas de Galicia e Portugal accederán a ‘clouds’ de supercomputación

O Centro de Supercomputación de Galicia, en colaboración co centro tecnolóxico galego AIMEN e cos portugueses CATIM e AIMMAP, abriu para as pequenas e medianas empresas de Galicia e o Norte de Portugal, a plataforma de computación científico-técnica de alta capacidade CloudPYME. Baseada en tecnoloxías de última xeración, está para satisfacer as necesidades computacionais das firmas da Eurorrexión á hora de desenvolver os seus produtos. A simulación numérica é unha ferramenta fundamental para a competitividade de moitas empresas, facilitando a xeración de novos produtos robustos e con gran calidade e reducindo os custos do seu desenvolvemento. Habitualmente, a empresa que xa utiliza a simulación, emprega a súa propia infraestructura informática, bloqueando a mesma para outras tarefas necesarias ou limitando o número de ensaios. A nova plataforma elimina estes inconvenientes, abrindo tamén a

10

decembro díxitos xullo 2012 2012

posibilidade de utilizar simulación numérica a aquelas empresas que aínda non a utilizan nos seus procesos de innovación, incrementando a súa competitividade. Probas sen custo O proxecto dá a oportunidade de probar a plataforma de forma sinxela, por un tempo limitado, e sen ningún custo pola súa utilización. A plataforma permítelles ás empresas conectarse á infraestrutura tecnolóxica instalada no CESGA e ensaiar cos seus prototipos virtuais baixo demanda á medida das súas necesidades, de forma segura e fiable. Ofrece o acceso a software de código aberto para deseño e enxeñería asistidos por computador (CAD e CAE), que se adapta ás necesidades das empresas que desenvolven novos produtos. Con todo, permite a instalación doutro software de cálculo ou análise de datos que as

firmas necesiten para innovar. Xa pode solicitarse o acceso a través de www.cloudpyme. eu. CloudPYME ten o respaldo dunha infraestrutura de computación estable, formada por máis de 1.200 procesadores e 31.000 GB de espazo en disco, de tal forma que a empresa usuaria poida facer aqueles ensaios virtuais que considere necesarios sen limitarse por falta de capacidade. O proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), dentro do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP). Proxecto 0448_ CLOUDPYME_1_E

A PLATAFORMA AXUDARALLES ÁS PEMES A SER COMPETITIVAS NUN MERCADO GLOBAL


Centro de Supercomputación de Galicia

CESGA

Germán Rodríguez: “Para nós CLOUDPYME é unha oportunidade para entender problemas complexos que hai que abordar con simulacións”

TEXAS CONTROLS A firma galega Texas Controls, implantada na Coruña desde 1995, é unha das que probarán a fondo a plataforma CloudPYME para aprender como aplicar as capacidades de supercomputación nas súas tarefas cotiás. O director de operacións en Texas Controls na Coruña, Germán Rodríguez, explica que “imos aproveitar esta oportunidade para entender e profundizar en problemas do día a día que se presentan con certos materiais e en aplicacións críticas, o que non poderiamos facer se non fixeramos cálculo e simulación”. Como exemplo concreto, Rodríguez cita o estudo das dificultades que aparecen cando se utiliza un determinado tipo de unións bridadas nalgunhas instalacións industriais críticas coma os Hidrocracker de moitas refinarías “e non se respectan as condicións preestablecidas ou previas de cargas sobre os materiais, pois o código de construción non recolle todas as posibilidades que poden presentarse en casos coma este, xa que simplifica o comportamento dos materiais, e non permite, cando os materiais son levados ó seu límite, predicir erros baixo condicións non previstas nestes”. A firma vai promover a formación do seu persoal no uso deste tipo de ferramentas “para xustificar as decisións que tomamos á hora desenvolver o noso traballo de enxeñería, o porqué deses cálculos, e poder predicir o que pode pasar a partir de experiencias pa-

sadas, o cal é moi importante para nós”. En definitiva, explica Germán Rodríguez, trátase de “entender o fondo do problema e elevalo a un nivel científico, a un nivel superior, para logo ofertarlles estes cálculos ás empresas coas que traballamos, principalmente no sector enerxético e petroquímico”. O directivo recoñece que para unha PEME “o día a día manda e resulta moi complicado investigar, pero para nós é moi importante poder utilizar ferramentas moi potentes de cálculo e poder ter acceso a elas co soporte técnico de AIMEN e de CESGA, e teremos que experimentar con estes procesos ata que os interioricemos e os dominemos, de forma que o que agora nos pode levar unha semana ou dúas o fagamos en dous días”.

Desde a súa fundación no ano 1995, a innovadora empresa coruñesa dedícase a prestarlle servizos á industria desde as súas distintas divisións de instrumentación, apertado e selado e prospección eólica. Texas Controls pódese considerar hoxe en día a única enxeñería de apertado e selado do noso mercado. Nese ámbito, a empresa ofrece solucións a medida para a resolución de problemas na consecución de unións mecánicas e de proceso seguras e íntegras, ofrecendo “todo o necesario para que o sistema de producción dos nosos clientes ou proxectos non se deteñan”.

Para Rodríguez, a participación de Texas Controls en CloudPYME ten unha vantaxe adicional, o uso de software de código aberto, pois “o uso do software comercial encarecería de máis estes cálculos”.

Desde cálculos, deseño ou desenvolvemento de produtos de alta tecnoloxía, “a actitude de continuo desenvolvemento e melloras dos produtos e servizos, unida a unha atención especial ás necesidades dos mercados locais, asegura o liderato da empresa no futuro”, indica Rodríguez.

A FIRMA GALEGA FOI UNHA DAS PRIMEIRAS DO MUNDO EN FABRICAR EQUIPOS PARA A PROSPECCIÓN DO POTENCIAL EÓLICO DUNHA ZONA

A firma galega foi unha das primeiras do mundo en fabricar equipos para a prospección do potencial eólico dunha zona, e resume a clave do seu éxito nesta filosofía: “Desenvolver os mellores e máis completos equipos para a prospección eólica”, pois pola súa experiencia as necesidades da industria actual só poden ser satisfeitas por fabricantes que estean preparados para investir en investigación e desenvolvemento.

Germán Rodríguez, director de operacións en Texas Controls, firma asentada na Coruña que participará nas probas do proxecto CloudPYME

decembro xullo2012 2012

díxitos

11


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

JOSÉ JULIÁN MARTÍNEZ, DIRECTOR DE AYS

“a capacidade de decisión no ámbito da tecnoloxía pasa pola formación” Introducir ferramentas moi potentes de software para análises e simulación nas empresas españolas é aínda hoxe en día unha tarefa difícil, en opinión do director de Análisis y Simulación (AYS), José Julián Martínez. A firma, líder en implantación en España de tecnoloxías de simulación, acumula “unha grande experiencia á hora de implantar e transmitir coñecementos ás empresas”, e os seus profesionais atópanse a miúdo con que “non hai tradición, non hai cultura de utilización desas ferramentas, e é difícil introducila porque o software, a tecnoloxía, son algo intanxible”, apunta Martínez. O director de AYS considera que “ás pemes cústalles moito máis, e a solución, o vehículo para chegar á capacitación e a capacidade de decisión, pasa pola formación”. Neste sentido, estima que “é necesaria unha formación mínima para saber cando e por que hai que aplicar unha ferramenta de software, é imprescindible para que achandemos o camiño, para que se saiba polo menos cando, a quen e como contratar os servizos”. En definitiva, sinala o directivo, “é importante traballar con xente experimentada, e sabemos que a fórmula de formación funciona, aplicándoa tanto con xente das empresas como a recentemente licenciados ou diplomados, pois durante os cursos regulados de universidade con tantas disciplinas é imposible profundar en temas concretos”.

A formación de persoas acabadas de licenciar é clave “porque cando se incorporan ás empresas levan novas ideas e novas formas de facer as cousas, a formación e o coñecemento básico abre perspectivas de negocio, de como melloralo”. Usar ferramentas de análises e simulación é hoxe, indica Martínez, algo tan básico como usar computadores “se as empresas non queren quedar estancadas, para achegarlles valor ós seus produtos ou ós produtos que fabriquen para terceiros”.

O SOFTWARE DE ANÁLISE E SIMULACIÓN FACILITA QUE AS PEMES POIDAN SER MÁIS COMPETITIVAS

José Julián Martínez, director de Análisis y Simulación (AYS)

FORMACIÓN ESPECIALIZADA EN GALICIA A tecnoloxía de Simulación por Elementos Finitos permítelles ás empresas e ás persoas “incrementar notablemente o valor nos seus produtos, procesos ou servizos, sendo así competitivos no mercado”. A frase, que procede do convenio entre o Centro de Supercomputación de Galicia e a firma de Vitoria-Gasteiz Análisis y Simulación, ilustra claramente a finalidade deste acordo: difundir esta tecnoloxía para o seu uso polas empresas galegas, achegando a formación necesaria para o seu persoal actual e para estudantes que no futuro poidan traballar nos sectores nos que operan. Para cumprir o obxectivo, as actividades de formación que desenvolverán conxuntamente CESGA e AYS desenvolveranse tanto no ámbito académico coma no empresarial, e porase especial interese en que poidan acceder a ela non só grandes empresas, senón tamén as firmas pequenas e medianas. Con esa idea, o CESGA porá persoal para a organización e xestión

12

díxitos decembro xullo 2012 2012

das actividades de formación, soporte e divulgación, así como infraestruturas de cómputo para a utilización das aplicacións achegadas por AYS para beneficio das persoas que participen nos eventos formativos. AYS dedícase principalmente a deseñar e executar proxectos de I+D+i, de enxeñería e servizos de cálculo por Elementos Finitos, así como á compraventa e comercio de produtos de software de enxeñería asistida por computador (CAE), e en particular é distribuidor de valor engadido de Autodesk, S.A., MSC Software, ESI, Craddle, e Siemens, firmas clave neste sector. Á súa vez, AYS dispón dun departamento de Formación que ademais de impartir cursos das aplicacións a persoas que xa as empregan habitualmente, organiza cursos de capacitación e mais de transmisión de coñecemento e tecnoloxía a persoas que acaban de licenciarse nas disciplinas de enxeñería, matemáticas e física.

Grazas a este convenio, AYS considerará o CESGA como o seu centro de coordinación e referencia para gran parte das actividades formativas programadas pola firma no territorio galego e dentro da actividade de Simulación Numérica permitiralle utilizar as aplicacións e licenzas necesarias e pertinentes en cada caso, xunto con manuais ou material didáctico referentes a esas aplicacións ou tecnoloxías. Igualmente será posible estender eses servizos a outras comunidades como Castela e León ou Estremadura e ata o Norte de Portugal. A oferta formativa contempla, entre outras posibilidades, a realización de actividades que resulten de interese para persoas que tomen parte en cursos académicos de licenciatura ou grao en enxeñería naval, industrial, de deseño e fabricación, ou cursos de posgrao en enxeñería, contando para iso coa colaboración das tres universidades galegas.


Centro de Supercomputación de Galicia

CESGA

datos de POSICIONAMENTO GNSS para a comunidade científica A empresa Cartogalicia deseñou GALNET como unha rede complementaria do Sistema Global de Navegación por Satélite (GNSS), que cobre todo o territorio galego, “dando resposta a unha crecente demanda en servizos de posicionamiento por satélite”, tal como explica na súa web. Agora, froito dun acordo entre a firma e o Centro de Supercomputación de Galicia, este achégalle unha maior robustez ó servizo de datos e, como contrapartida, os membros da comunidade científica galega poderán acceder ás observacións dispoñibles grazas a esa rede. A información obtida axuda a conseguir “unha maior precisión”, explican desde Cartogalicia, a partir das medicións das constelacións de aparellos que manteñen en órbita os consorcios GPS ou GLONASS, que no seu conxunto constitúen o GNSS. GALNET “convértese así no primeiro servizo en Galicia de posicionamento de alta precisión con receptores con capacidades para procesar os datos das constelaciones GPS, GLONASS e a futura GALILEO”. Os sistemas globais de navegación por satélite, foron deseñados para achegar por si mesmos datos con precisión da orde de entre dous e tres metros. Coa tecnoloxía existente hoxe, non é posible conseguir unhas medicións máis precisas desde un punto de vista global, pero si no ámbito local: GALNET calcula os erros locais, permitindo corrixir o sinal procedente dos satélites e mellorar a precisión, ata que os erros sexan como máximo de centímetros. A rede dispón de receptores GNSS que constitúen estacións base repartidas por todo o territorio galego, cunha distancia entre

elas de entre 60 e 70 quilómetros, e que monitorizan os sinais dos satélites dos sistemas GPS e GLONASS. Estes receptores atópanse en posicións coñecidas, de forma que cando se compara a posición calculada en base á información dos satélites coa posición coñecida previamente, xa se despexan os erros que o sistema de navegación está cometendo en cada instante. Os datos brutos para corrección diferencial producidos pola rede -tanto en ficheiros para postprocesamento como en tempo realdifundiranse a membros da comunidade científica en Galicia, e poderán ser incorporados para a execución de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i). O marco de referencia usado é xeodésico en ETRS89, que como referencia oficial substitúe ou complementa as tradicionais redes xeodésicas. Para a difusión dos datos utilízase exclusivamente Internet, e poderase acceder a eles desde un computador de sobremesa ou cando se trate de medicións de campo, mediante teléfonos móbiles ou con dispositivos que operen con enlaces de radio. A sinatura do acordo de colaboración entre o CESGA e Cartogalicia resolve unha carencia que sufría o colectivo científico de Galicia, pois esta comunidade, xunto con Castela A Mancha e Canarias, compoñía o grupo de autonomías que non dispoñía dunha rede deste tipo de titularidade pública.

Para maior información sobre a rede GALNET: http://www.cartogalicia.com

Mapa coa cobertura das antenas da rede GALNET e dous dos dispositivos situados na costa galega pola firma Cartogalicia

decembro xullo 2012

díxitos

13


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Novas do PRESENZA NO EISCO DE GUIMARÃES (PORTUGAL) As infraestruturas de comunicacións científicas e tecnolóxicas en Galicia e o proxecto CloudPYME foron os eixes dos dous relatorios presentados polo CESGA na European Information Society Conference 2012 (EISCO 2012), que tivo lugar en Guimarães (Portugal) os días 12, 13 e 14 de novembro. Este foro está promovido pola Comisión Europea e o Centro de Supercomputación de Galicia participou convidado pola longa colaboración neste eido na súa historia. O director, Javier García Tobío, presentou nun relatorio “as importantes infraestruturas de I+D+i dispoñibles no CESGA, con especial mención á rede de comunicacións RECETGA, que se conecta directamente á rede portuguesa de investigación” e salientou, así mesmo, “a importancia do uso da simulación/ modelización na industria para a mellora da competitividade”. García Tobío tamén participou nunha mesa redonda sobre o uso das TIC aplicadas á mellora da competitividade das rexións europeas. Na conferencia tamén participou o técnico de innovación Cesar Veiga, facendo unha presentación de CloudPYME, un proxecto europeo que “pretende levar a innovación ás pequenas e medianas empresas”. Tal como explica Veiga, para que moitas pemes poidan realizar actividades de investigación e desenvolvemento, “a solución é a nube”, pero aínda hai moito descoñecemento das vantaxes e desvantaxes da tecnoloxía cloud. “As persoas asistentes á conferencia interesáronse sobre todo polos aspectos prácticos e legais da cloud coma a confidencialidade, as posibilidades comerciais ou os elementos máis técnicos”.

CLUSTERS VIRTUAIS TOLERANTES A ERROS EN GANTE (BÉLXICA) O CESGA estivo presente nas xornadas de Future Internet Research and Experimentation (FIRE) Engineering Workshop celebradas en Gante (Bélxica) este novembro. O coordinador de Aplicacións e Proxectos do CESGA, Andrés Gómez, presentou os resultados das experiencias sobre a creación de Cluster Virtuais Tolerantes a erros que se realizaron na infraestrutura de experimentación en Cloud BonFIRE. O CESGA demostrou como se pode utilizar unha infraestrutura federada e mais a elasticidade da Cloud para garantir a calidade de servizo das aplicacións técnicas e científicas que requiren moitas horas de CPU e a execución de moitas tarefas. Ademais, no mesmo evento, pasou satisfactoriamente a revisión da Comisión Europea da súa participación no proxecto BonFIRE. En setembro asistiu á asemblea do proxecto en Madrid.

VIAXE ÓS DATA CENTERS NA FUNDACIÓN DINTEL DE MADRID O subdirector do CESGA, Ignacio López, asistiu o 21 de novembro en Madrid á xornada Data Centers. Eficiencia, disponibilidade e seguridade, da Fundación Dintel. O evento estaba orientado a xestores de grandes centros de datos e participaron representantes das empresas máis importantes do sector como Telefonica, Arsys, Intel, Cisco, Interxion ou Bankinter, así como das administracións. López pronunciou a conferencia inaugural, onde falou do CESGA e das aplicacións científicas dos seus supercomputadores, e explicou a importancia da eficiencia enerxética nos centros de datos. Presentou tamén a relación de medidas de eficiencia enerxética realizadas no CESGA, e o impacto económico que tiveron.

Virginia Míguez, esquerda, Ignacio López, Jesús Rivero e Alfonso Robles, na xornada da Fundación Dintel

ASISTENCIA DO CESGA A ENCONTROS INTERNACIONAIS Representantes do Centro de Supercomputación de Galicia asistiron no último semestre a relevantes encontros internacionais no eido da investigación, onde deron a coñecer o traballo que se realiza desde a súa sede compostelá e estableceron contactos para o desenvolvemento de distintos proxectos. Así, houbo representación do CESGA nas reunións da European Grid Infraestructure (EGI) en Praga, Ámsterdam e Karlsruhe; na da European Middleware Initiative (EMI) en Budapest; no congreso Online Educa Berlin -o máis importante de Europa no ámbito do e-learning, con asistencia de máis de 2.000 persoas de 90 países-; na reunión de WikiSkills en Atenas, na de FIRE in Horizon 2020 en Bruxelas e no evento Interreg Larnaca en Chipre. No ámbito español, persoal do Centro estivo presente nas xornadas destinadas a usuarios do servizo MyOcean, nos eventos de JIIDE, IBI-MFC e Infoday ICT-2013, na conferencia de IberGrid e no encontro GGTT e nas Xornadas Técnicas de RedIRIS.

14

díxitos decembro 2012


Centro de Supercomputación de Galicia

CESGA

CESGA JULIO CEZAR NEVES CRE NOS DATOS ABERTOS Os datos en aberto que publican as administracións públicas poden converterse nunha fonte de xeración de riqueza, grazas ó seu aproveitamento por empresas e particulares. Así o considera o asesor da Presidencia do Serviço Federal de Processamento de Dados brasileiro, Julio Cezar Neves, quen acompañado de Roberto Brenlla, da firma galega Tegnix, visitou as instalacións do CESGA aproveitando a súa viaxe a Santiago para participar como relator na Libre Software World Conference que se desenvolveu na capital galega os días 18 e 19 de outubro. Neves salientou, durante o encontro internacional, o enorme valor das comunidades asociadas a proxectos das administracións públicas con datos liberados, e asegurou que “aínda que se trate de proxectos públicos, é imprescindible apoialos en comunidades de desenvolvedores xa existentes ou creadas para esas aplicacións”. Tal como indicou, as persoas que utilizan o software introducen máis innovacións que as propias empresas, pois “unha comunidade de software libre, pola súa forma de funcionar, é o mellor xeito de aproveitar esas innovacións, mellorando e evolucionando o código, xerando ademais riqueza nas empresas de ámbito local, que coñecen o código e o poden aproveitar para os seus produtos, ou para dar servizos en torno a esas aplicacións liberadas”. O Serviço Federal de Processamento de Dados brasileiro, dependente do Ministerio da Fazenda dese país, é a maior empresa pública de xestión de datos de toda Latinoamérica, de aí a importancia que lle concede a un uso amplo do software libre polas súas numerosas vantaxes, entre elas o aforro de custos con respecto do software propietario.

Julio Cezar Neves na súa visita á sede do CESGA

AS GRANDES INFRAESTRUTURAS DE I+D+I SON CLAVE PARA EUROPA, AFIRMA DAVID SWEET

David Sweet, esquerda, con Javier García Tobío na visita a CESGA

As grandes infraestruturas para investigación e innovación, son hoxe en día elementos clave na promoción de colaboracións transfronteirizas estables entre científicos de entes públicos e innovadores de sectores industriais. Esta é a idea coa que traballa a Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea, e que transmitiu na súa visita ó CESGA o pasado 10 de xullo o coordinador da mesma, David Sweet. O representante da DG Regio visitou, por desexo expreso, o Centro de Supercomputación de Galicia, no marco da súa viaxe para participar nos II Open Days da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que foron inaugurados polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, e que se desenvolveron baixo o lema “A cooperación transfronteiriza como oportunidade ante a crise” nas cidades de Santiago de Compostela e Guimarães -a esta última asistiu o director do CESGA, Javier García Tobío-. O obxectivo principal do evento foi presentar os proxectos e as actividades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a diversos actores da Unión Europea, para promover a investigación e a innovación, o turismo, a cultura e as industrias creativas, así como as iniciativas incluídas nestes ámbitos para promover o crecemento intelixente, sostible e integrador.

CESGA, ENTRE OS PIONEIROS EN PROBAR O INTEL XEON PHI Supermicro, con sede en San José (California), e Flytech (distribuidor en España) alcanzaron un acordo co CESGA para que os técnicos do Centro e os seus usuarios nas universidades galegas e no Consello Superior de Investigacións Científicas, proben un novo tipo de procesador de múltiples núcleos, o Intel Xeon Phi. O CESGA dispuxo dun dos primeiros prototipos para poder probalo desde antes da súa presentación pública, que foi o 15 de novembro na conferencia Supercomputing 2012 en Salt Lake City (Utah, Estados Unidos). O Intel Xeon Phi ten 60 núcleos de procesamento por tarxeta e presenta consumos enerxéticos moi baixos. Cada tarxeta ofrece capacidades superiores a un Teraflops: cunha manchea de tarxetas poderíase construír unha máquina coa capacidade dun supercomputador da década pasada.

decembro 2012

díxitos

15



DIXITOS DICIEMBRE 2012