Page 1

Infraestructuras Cientíticas y Tecnicas Singulares

Novas do Centro de Supercomputación de Galicia Decembro 2017

NOVA INFRAESTRUTURA DE ALMACENAMENTO


Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

DIRECCIÓN Javier García Tobío COORDINACIÓN Fernando Bouzas Sierra COLABORAN Growcom DESEÑO, GRAFISMO E MAQUETACIÓN Grupo Código Cero Comunicación, S.L. FOTOMECÁNICA E IMPRESIÓN

1,2 millóns

de horas de cálculo

O CESGA contribuíu co seu cálculo ao desenvolvemento do proxecto galardoado este ano co Nobel de Física

Gráficas Garabal, S.L. DEPÓSITO LEGAL C 1604-1998 ISSN 1139-563X EDITA FUNDACIÓN CESGA Avenida de Vigo, s/n (Campus Vida) 15705 Santiago de Compostela Telf. 981 569 810 - Fax. 981 594 616 dixitos@cesga.gal Sala de control dos investigadores do proxecto LiGO

CONTIDOS [ 2 ] 1,2 millóns de horas de cálculo [ 3 ] Supercomputación biotecnolóxica [ 4 - 5 ] O CESGA multiplica por 5 a capacidade dos seus servidores de datos [ 6 - 7 ] Faladoiros arredor do cálculo avanzado [ 8 ] Simulación e HPC como vantaxes competitivas [ 9 ] Sofisticadas quimiotecas para novos fármacos [ 10 ] Montañas de datos para desvelar a historia do cancro [ 11 ] Navegación de deseño contra vento e marea [ 12 - 13 ] A importacia dos datos [ 14 ] Educación rural na vangarda [ 15 ] Novas do CESGA

A Fundación CESGA é unha organización sen animo de lucro ao servizo da investigación científica, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación dende 1993. Participan na Fundación CESGA a Xunta de Galicia e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Infraestructuras Cientíticas y Tecnicas Singulares

As infraestruturas xestionadas pola Fundación CESGA foron parcialmente financiadas pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e do Goberno de España, a través do Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO), así como pola Xunta de Galicia e o CSIC. A Fundación CESGA xestiona unha infraestrutura integrada na Rede Española de Supercomputación, unha Infraestrutura Científico Tecnolóxica Singular (ICTS) do Estado.

2

díxitos  decembro 2017

O

Finisterrae, corazón tecnolóxico do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), serviu de apoio a un proxecto galardoado co Premio Nobel de Física 2017, o proxecto LiGO. O respaldo fornecido polo CESGA foi, ademais, de envergadura: traduciuse no subministro de 1,2 millóns de horas de procesamento de altas prestacións para o desenvolvemento das operacións de cálculo avanzados dos que precisou LiGO. Esta iniciativa, para quen non o saiba, diríxese a achar ondas gravitacionais. A participación do CESGA materializouse a través do doutor Sascha Husa e dun grupo de investigación adicado á Física Teórica da Universitat das Illes Balears (entre cuxos usuarios está precisamente o doutor Husa). Segundo explicou o devandito investigador, no seu traballo cotiá tira proveito das capacidades de cómputo avanzado dos superordenadores para estudar os sinais de ondas gravitacionais creadas cando dous buratos negros chocan; nas súas palabras “os eventos máis violentos no universo”. O seu traballo en concreto baséase en resolver ecuacións e calcular, utilizando cálculos moi extensos, que aspecto teñen esas colisións, e como son exactamente os sinais que emiten. Por outra banda, cómpre ter en conta que os investigadores que desenvolven o seu labor ao abeiro de LiGO teñen que com-

parar, grazas á concorrencia dos supercomputadores, as predicións baseadas nos cálculos dos mesmos cos datos experimentais que eles rexistran e atopar que sistemas crearon eses sinais. Para eses cálculos a comunidade de Física Teórica precisa dispor de acceso a moi grandes máquinas de computación de altas prestacións, xa que sen elas este tipo de avances en ciencia sería impensable e non poderíamos chegar a comprender mellor o universo que habitamos. O doutor Husa e o seu equipo de físicos teóricos acceden a potentes máquinas de cómputo como FinisTerrae a través de diferentes convocatorias competitivas da Rede Española de Supercomputación (RES), á cal o CESGA achega o 20% do superordenador galego. A RES, composta por 13 nodos repartidos por todo o estado é a Infraestrutura Científico Tecnolóxica Singular en Computación de España. Os cálculos en Física Teórica demandan tantos recursos computacionais que ademais do millón duascentas mil horas de procesamento empregados no Centro de Supercomputación de Galicia, o equipo da UIB tamén utilizou os superodenadores Calendula, do Centro de Supercomputación de Castela-León, MareNostrum no Centro Nacional de Supercomputación ou máquinas de PRACE a alianza europea pola computación avanzada. 


Supercomputación biotecnolóxica O CESGA pon os seus recursos ao servizo das empresas de Bioga

O

pasado venres 17 de novembro, o Centro de Supercomputación de Galicia acolleu unha xornada sobre cálculo avanzado e servizos na nube en colaboración con Bioga, o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida. A xornada, que se celebrou na sede do CESGA en Santiago, serviu para mostrar as principais necesidades de computación das empresas integradas na entidade e, tamén, para amosar o potencial e as capacidades do Centro de Supercomputación en materia de cálculo de alto rendemento e almacenamento de datos. Segundo se fixo saber no encontro, o noso sector “bio” consume a día de hoxe o 20% da capacidade de computación do CESGA e copa, ademais, o 30% dos recursos de almacenamento do centro. Na xornada interveu o director do CESGA, Javier García Tobío, quen lembrou que o centro “é unha ferramenta fundamental para a competitividade do sector biotecnolóxico da nosa Comunidade”, un sector que integra unhas empresas con “necesidades moi relevantes de cálculo e de almacenamento de datos”. Segundo engadiu, ao día de hoxe “algo máis dunha ducia de empresas galegas deste ámbito traballan xa co CESGA, así como diferentes grupos de investigación das universidades galegas e doutras Comunidades e do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC)”.

Entre estas empresas e grupos, recordou, atópanse AllGenetics, MD Use!, Affinimeter o Glecex, cuxos casos de éxito foron debullados no transcurso da xornada. Segundo os cálculos de García Tobío, o sector biotecnolóxico require dunha parte importante dos recursos do CESGA, o que vén motivado polas demandas especiais de disciplinas como a xenómica ou a nanomedicina, ámbitos de investigación que producen mancheas de datos que cómpre almacenar para logo poder tratalos e tirarlles proveito. Na xornada participaron medio centenar de empresas de Bioga, abordando exemplos de computación, cloud e acubillos de información. Impartiron charlas os doutores Aurelio Rodríguez e Carlos Fernandez, técnico superior de Aplicacións e administrador da Área de Sistemas do CESGA, respectivamente, tras unha presentación de Ramón Basanta, responsable de Transferencia do centro. Os asistentes coñeceron diversos casos de uso e debateron sobre as necesidades das empresas do sector en computación, almacenamento e comunicacións. O director do CESGA, ao remate da xornada, mostrou as instalacións. Seguindo engadiu García Tobío, “para estar na vangarda e sermos competitivos

é crucial que teñamos a capacidade de manexar e almacenar información”. Neste senso, engadiu, o CESGA ofrece o uso de infraestruturas de computación e almacenamento de datos, define solucións tecnolóxicas adaptadas ás necesidades de cada empresa e fornece de consultoría e asesoramento sobre plataformas de computación, simulación, modelado, datos inxentes (Big Data), aprendizaxe a distancia (eLearning) ou GIS. Como exemplos concretos destas demandas atendidas das firmas de biotecnoloxías, puxo o foco nas necesidades computacionais do deseño de novos fármacos, un eido no que é preciso coñecer a dinámica molecular ou desenvolver novas moléculas, e para iso “faise preciso elaborar simulacións sobre cal vai ser o comportamento das mesmas”. Segundo engadiu, no deseño de novos medicamentos, antes e despois de probas de laboratorio, cómpre levar a cabo centos ou milleiros de simulacións. Bioga é unha asociación empresarial sen ánimo de lucro que aglutina ás organizacións integradas na cadea de valor do sector biotecnolóxico que teñen a súa sede en Galicia. O Clúster traballa para mellorar o emprazamento competitivo do sector galego, buscando melloras competitivas e a xeración de negocio mediante o impulso de accións e servizos directamente dirixidos ás empresas deste ámbito. 

decembro 2017  díxitos

3


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

O CESGA multiplica por 5 a capacidade dos seus servidores de datos A Xunta mellorou os servizos do centro cun novo equipo de 1,54 xigabytes

A

s capacidades e a potencialidade de resposta do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) vanse ver reforzadas coa entrada do novo ano. Máis polo miúdo, o centro afrontará a súa nova andaina con “azos” renovados en materia de traballo con grandes volumes de datos. O motivo? Pois a inclusión dun novo servidor de 1,54 millóns de xigabytes. Esta incorporación, financiada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, permitirá (entre outras cousas) multiplicar por cinco a capacidade dos seus servidores de datos. En palabras do departamento da Xunta que dirixe Francisco Conde, o novo sistema tamén “aporta velocidade de acceso e flexibilidade na xestión da información”. Máis en detalle, a tecnoloxía incorporada foi especialmente deseñada para facilitar un acceso inmediato á información almacenada, multiplicando por cinco a capacidade bruta do CESGA e, en concreto, a dos seus servidores de almacenamento de datos, ao dispor da comunidade científica e tecnolóxica usuaria do centro.

O novo equipamento, co-financiado con fondos FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), foi adquirido á multinacional tecnolóxica Fujitsu e producido polos actuais líderes mundiais en almacenamento de datos, NetApp, e supuxo un investimento de 500.000 euros. O equipo entrou a prestar servizo para a comunidade usuaria a principios de decembro. Neste sentido, permitirá a investigadores de institucións e empresas explotar de maneira máis eficiente os inxentes conxuntos de datos cos que traballan, xa que poderán acceder, procesar, manexar, explorar, ou comparar maiores cantidades de datos a grande velocidade. Para facernos unha idea da importancia destas novidades, só ao longo do 2017 CESGA

4

díxitos  decembro 2017

A tecnoloxía incorporada foi especialmente deseñada para facilitar un acceso inmediato á información almacenada, multiplicando por cinco a capacidade bruta do CESGA


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

rexistrou máis de 50 grupos de usuarios traballando de maneira intensiva con grandes volumes de datos. Entre as entidades que se beneficiarán deste sistema atopamos á Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, dependente do SERGAS e dirixida por Ángel Carracedo, que precisa ampliar as súas capacidades de traballo con datos para dar resposta ás crecentes demandas impostas polos avances en medicina personalizada. O servizo de predición meteorolóxica galego, MeteoGalicia, ou o servizo europeo de predicións de estado do mar, Copernicus, liderado en España por Puertos del Estado, tamén se atopan entre as entidades que demandan capacidade para poder incrementar a resolución dos seus modelos e poder así mellorar a fiabilidade das súas predicións.

Investigadores galegos que participan na redacción dos informes do Panel Intergubernamental de Cambio Climático, como Juan Añel da Universidade de Vigo, precisan igualmente manexar con axilidade maiores conxuntos de datos para testar e interrogar axeitadamente os modelos cos que traballan. Pequenas empresas que medran a gran ritmo e que traballan na punta de lanza da innovación en Galicia, como a coruñesa Health in Code, especializada en prover servizos de xenética médica, tamén demandan un acceso flexible a recursos especiais para seren quen de responder a picos de traballo. Por outra banda, os centros do Instituto Español de Oceanografía (IEO) en Galicia contan con grupos de investigación que fan uso de complexos modelos oceanográficos nos que incorporan parámetros físicos e bioxeoquímicos para determinar o estado e predicir as dinámicas dos recursos mariños. A maiores, grupos adicados a seguridade alimentaria e a mellora xenética animal e forestal do Instituto Nacional de Tecno-

loxía Agraria e Alimentaria (INIA) esperan dispor de servizos como os que fornecerá o CESGA con esta infraestrutura para acelerar a súa produción de resultados. De igual xeito, as novidades tecnolóxicas introducidas darán azos a proxectos de centros tecnolóxicos e de empresas da contorna de tres clústeres en Galicia; o Clúster Tecnolóxico Empresarial de Ciencias da Vida (Bioga), o Clúster Audiovisual Galego (CLAG), e o Clúster TIC Galicia. O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) depende da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). É un organismo cunha traxectoria de 24 anos. O seu obxecto é investigar, fomentar, difundir e prestar servizos de cálculo intensivo, almacenamento e comunicacións avanzadas ás comunidades investigadoras galega e do CSIC, así como a empresas e institucións. Como nodo da Rede Española de Supercomputación, o Centro é recoñecido como Infraestrutura Científico Técnica Singular do Estado.

decembro 2017  díxitos

5


Faladoiros arredor do

cálculo avanzado A Rede Española de Supercomputación e o CESGA afondaron nas posibilidades do cómputo para resolver os retos do noso mundo

O

CESGA e a Rede Española de Supercomputación (RES) tiveron unha importante actividade conxunta ao longo de 2017. Primeiro, desenvolveuse en xullo un congreso sobre as posibilidades do cómputo avanzado para incrementar o noso coñecemento sobre a atmosfera e os océanos e logo, en setembro, unha semana enteira de actividades de confraternización e intercambio de coñecemento e recursos. Esta “semana RES” incluíu un novo encontro de investigadores arredor da supercomputación e os océanos e, a xeito de culminación, a onceava edición da xornada anual de usuarios da Rede Española de Supercomputación (RES).

6

díxitos  decembro 2017

Respecto da cita de xullo, foi un seminario científico dirixido a avanzar no coñecemento do medio natural mediante simulación, cálculo de altas capacidades e outras metodoloxías TIC de deseño e predición de comportamentos, neste caso do sistema terrestre. Falamos do congreso Computación de Altas Prestacións e Modelado de Ciencias da Atmosfera e do Océano. O seminario, que contou co apoio da Rede Española de Supercomputación (RES), encamiñouse tamén a achandar o terreo (resolvendo retos, emendando posíbeis atrancos) para impulsar e estender o uso do modelado dos fenómenos da terra mediante sistemas de computación de altas prestacións, unha

práctica que, tendo en conta a deriva da Terra por mor da acción do home (principalmente o cambio climático), será cada vez máis demandada por todo tipo de entidades. O evento contou co apoio do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e da Universidade de Vigo, desenvolvéndose no Instituto de Investigacións Agrobiológicas-CSIC, no Campus Sur da Universidade de Santiago. Respecto das actividades de setembro, incluíron como dixemos unha nova xeira de traballo arredor da supercomputación e os océanos. Foi, máis polo miúdo, un seminario científico que tivo como fío temático os Servizos mariños e a supercomputación, experiencias e retos futuros. A xornada, que se celebrou tamén na sede do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Santiago, dirixiuse a mostrar o amplo potencial do cómputo avanzado como ferramenta fundamental para as simulacións numéricas en oceanografía. Este potencial, impulsado pola mellora da potencia e da capacidade de almacenamento dos equipos informáticos, xa permitiu o desenvolvemento de simulacións rexionais da circulación costeira a alta resolución e ao longo de períodos longos. Segundo se recordou na sesión de traba-


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

 Participantes na xuntanza anual da Rede Española de Supercomputación

llo, a supercomputación está a posibilitar que varios usuarios da comunidade española manteñan servizos de predición de curto prazo da circulación oceánica como o servizo IBI do programa Copernicus mariño ou servizos de predición autonómica en Galicia. Ademais o financiamento europeo e autonómico destes servizos permite o uso de cómputo avanzado dentro da RES (por exemplo os servizos devanditos execútanse no CESGA). Estes servizos de predición, así como simulacións costeiras e rexionais están a utilizarse no desenvolvemento de solucións baseadas en observacións e modelados para distintos usuarios mariños (acuicultura, pesqueiras, turismo...). Polo que atinxe á onceava edición da xornada anual de usuarios da Rede Española de Supercomputación (RES), foi un relevante e multitudinario evento no que participaron unha manchea de investigadores de todos os recantos estatais, partillando

O CESGA achega na actualidade un servizo diario a máis de 500 investigadores e tecnólogos das tres universidades galegas e do CSIC

ideas e propostas para ampliar o que xa é de por si amplo: o abano de posibilidades e aplicacións do cómputo avanzado en múltiples ámbitos do noso día a día. A xuntanza resultou de gran interese non só para os integrantes da RES e os seus usuarios (actuais e potenciais), senón tamén para a puxante comunidade de estudantes e investigadores en computación avanzada e, igualmente, para as empresas (cada vez máis) que precisan para os seus procedementos de potentes recursos de cálculo, predición e simulación. A xornada da RES celebrouse o 28 de setembro e complementouse, ao día seguinte e tamén en Compostela, coa sexta Conferencia do HPC Advisory Council, as dúas citas organizadas polo CESGA. No encontro da RES, amais de informar das novidades desta Rede Española, achegouse información de interese sobre os métodos de acceso aos recursos de seu e da PRACE (Partnership for Advanced Computing in Europe). Na xornada fixeron acto de presenza, tamén, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, e a secretaria de Estado de Investigación, Carmen Vela, quen coincidiron en salientar as importantes contribucións do CESGA ao impulso dos avances máis relevantes que se están producindo en Galicia no ámbito da ciencia e a innovación. Conde engadiu que o labor do CESGA, é “unha proba do que a tecnoloxía contribúe á mellora da competitividade e da calidade de vida”. Segundo fixo saber o gran

desafío do centro para os vindeiros anos é “fortalecerse como centro de excelencia en ciencia computacional aplicada, intensificar o grao de internacionalización da súa actividade e incrementar a súa presenza na industria para que o tecido empresarial galego poida beneficiarse deste recurso, a supercomputación, que está detrás das previsións meteorolóxicas, a seguridade do tráfico marítimo, os estudos sobre cambio climático, o deseño de novos fármacos ou da dixitalización da Industria 4.0, entre outros”. Tamén lembrou que o CESGA achega na actualidade un servizo diario a máis de 500 investigadores e tecnólogos das tres universidades galegas e do CSIC; participando en máis de 200 proxectos de I+D+i; manexando a maior plataforma de ensino en liña pública en Galicia e promovendo a xeración de talento formando a novos licenciados e profesionais de empresas (“só o pasado ano colaborou con preto de 80 firmas”, dixo). Conde destacou tamén o papel do “buque insignia do CESGA”, o supercomputador Finisterrae, un dos 13 cos que conta a Rede Española de Supercomputación da que forma parte o CESGA desde hai 2 anos. Polo que atinxe á sexta Reunión do HPC Advisory Council, tivo como finalidade promover a interacción entre as empresas e organizacións que traballan en tecnoloxías HPC (computación de alto rendemento polas súas siglas en inglés) cos usuarios finais, e abrangueu un amplo rango de intereses e temáticas como Deep Learning, Machine Learning (aprendizaxe das máquinas) e Big Data (información a gran escala). O día 28 de setembro pola tarde, despois da Xornada de Usuarios, desenvolveuse unha actividade cultural que consistiu nunha visita guiada polo centro histórico de Santiago de Compostela.

decembro 2017  díxitos

7


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Simulación e HPC como vantaxes competitivas A empresa galega Dinak deseñou chemineas á carta matematicamente respectuosas co medio ambiente

E

stufas, sistemas de ventilación e tubos de aceiro inoxidable integrados na paisaxe debuxan un novo panorama no consumo enerxético. A combustión limpa chegou para quedar. Pero, como acadar chemineas sofisticadas e sostibles? Dinak, empresa galega punteira no sector, recorre á simulación na nube mediante computación de alto rendemento (High Performance Computing) como vantaxe competitiva. Este método de cálculo avanzado permítelle deseñar o produto máis axeitado para cada fogar ou industria nunha semana, minimizando o número de prototipos físicos necesarios. Os gases liberados por estufas de gas, chemineas de leña ou quentadores que funcionan mal poden chegar a ser moi perigosos. Calcúlase que cada ano en España sofren intoxicacións por monóxido de carbono (CO) entre 5.000 e 10.000 persoas. Pero o control dos gases e a procura dunha óptima ventilación é posible. O emprego de tecnoloxía de última xeración por parte do sector consegue emisións cero. Onde está o segredo das novas chemineas? Na simulación numérica. A recreación da realidade empregando métodos matemáticos e potentes computadores permite xerar modelos a partir dunha serie de variables

8

díxitos  decembro 2017

proporcionadas polo deseñador. A posibilidade de recrear e representar de forma virtual procesos e produtos sen necesidade de prototipos físicos, tan custosos en tempo e diñeiro, empezou a incorporarse aos procesos industriais nos anos sesenta. A empresa galega Dinak, con sede en Vigo e máis de tres décadas de andaina, atopou neste método a variña máxica para fabricar chemineas “á carta”. Buscaba unha solución para gañar competitividade creando o deseño máis axeitado para cada fogar ou fábrica en función do espazo, as medidas, o aspecto e os estándares de calidade. Coa simulación dos seus deseños a través da computación de alto rendemento a empresa é quen de aforrar, agora, ate 50.000 euros anuais e de obter o produto final nunha semana, cando antes tardaba ao redor dun mes.

A orixe dos traballos de Dinak está no seguinte: a necesidade de de avanzar na fabricación de chemineas modulares concéntricas de aceiro inoxidable cun circuíto estanco de combustión. Para isto, e tendo en conta a elevada complexidade dos labores a desenvolver, Dinak apostou pola computación de altas prestacións con vistas a acadar unha simulación na nube o máis detallada posible, con probas e visualizacións dixitais na procura do deseño máis axeitado para cada caso e sen necesidade de prototipos físicos. A clave para acadar os ditos obxectivos residiu na concorrencia nun proxecto do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), achegando unha solución tecnolóxica baseada na simulación numérica con código aberto OpenFoam. Deste xeito, Dinak foi quen de contar cun equipamento de cálculo exhaustivo e rápido para acadar chemineas optimizadas. O modelo de simulación deseñado polo Centro Tecnolóxico Aimen e a interface feita a medida polo Grupo de Arquitectura de Computadores da Universidade da Coruña permitiu a Dinak configurar as simulacións, executalas e visualizar os resultados de forma sinxela.

Tempos e custos inferiores O máis sorprendente? Menos tempo e máis beneficios. Coa adopción da simulación numérica, a empresa pode aforrar máis dun 90% dos custos asociados ao deseño de cada modelo de nova cheminea. A maiores, o proceso pasa a realizarse nunha semana cando antes levaba un mes. Actualmente Dinak, con presenza en sete países a través de delegacións en Francia, Italia, Bélxica, Alemaña, Reino Unido e Polonia, desenvolve entre tres e catro novos produtos ao ano. O proxecto Fortissimo recebeu finaciamento do Séptimo Programa Marco para Investigación, Desenvolvemento Tecnolóxico e Demostración da Unión Europea baixo o acordo Nº609029.


Sofisticadas quimiotecas

para novos fármacos O CESGA dá soporte á inxente base de datos do grupo galego BioFarma

A

s primeiras probas de que os humanos deixaron marcados os seus dedos en tabliñas de arxila detectáronse nas antigas Babilonia e Persia. Houbo que agardar a 1891 para a auténtica descuberta do uso da pegada dactilar, única en cada individuo e clave para recoñecer persoas. O achado atribúese ao policía arxentino Juan Vucetich. Un ano despois, o seu equipo foi o primeiro en identificar a unha asasina mediante rexistro dactiloscópico. A información que achegan as curvas da pel dos dedos é moi sensible e por iso mesmo debe estar protexida. Esta esixencia de confidencialidade non é exclusiva do ámbito da identificación das persoas. Trala revolución científica e tecnolóxica iniciada no século XX e que continúa no actual, moitos sectores xeran e manexan grandes volumes de información, con necesidades para a súa xestión e seguridade englobadas no que hoxe coñecemos como Big Data. É o caso do grupo galego de investigación BioFarma, cunha base de datos que é un tesouro para a industria farmacéutica. O equipo dirixido por Mabel Loza, catedrática de Farmacoloxía da Universidade de Santiago (USC), produce dende 1998 información para o descubrimento de novos medicamentos. A tarefa dos máis de trinta investigadores emprazados no Centro de Investigación en Medicina Molecular e En-

fermidades Crónicas (CiMUS) consiste en identificar os compostos químicos máis prometedores para o tratamento de patoloxías. “Creamos e gardamos a pegada dactilar dos compostos”, explica cun símil clarificador José Brea, responsable da plataforma de cribado de fármacos (screening) do grupo. Detectar os compostos que se activan sobre as células é clave, por exemplo, na procura de novos quimioterápicos para tratar o cancro. A información de como reacciona cada composto e a súa morfoloxía fica gardada baixo chave a modo de historial. “De cada composto almacenamos estrutura química, procedencia, localización nas placas de ensaio e outros resultados obtidos”, especifica José Manuel Santamaría, xestor do grupo. Con toda esta información, BioFarma foi creando a súa propia quimioteca. Ao principio, cando o grupo traballaba con mostras de 15.000 moléculas, o tratamento dos datos non supoñía un problema no día a día dos investigadores. Pero a actividade deste equipo deu un paso de xigante a partir do 2012. Nacía InnoPharma, iniciativa galega para o descubrimento temperá de fármacos, na que participa tamén o equipo do xenetista da USC Ángel Carracedo. Cal era o reto? A busca de compostos activos para desenvolver novas dianas

terapéuticas en neuroloxía, psiquiatría, metabolismo, cancro, inflamación e enfermidades raras. O volume da quimioteca disparouse xa que o grupo conseguiu reunir para esta nova etapa 60.000 moléculas. Con este panorama, BioFarma precisaba máis capacidade para abordar tantas análises de compostos e gardar toda a información de xeito seguro. Como lembra Santamaría, ao ampliarse a plataforma de screening o grupo atopou a solución para albergar os seus enormes volumes de datos nos servidores do CESGA. A actividade de BioFarma adquiríu outra dimensión. O CESGA achegou a súa experiencia en cálculo, computación de altas prestacións e servizos avanzados para o arranque de InnoPharma. Pero, como foi a adaptación do traballo no grupo? Brea fala de dous tipos de xestión de datos, a través de dous servidores aloxados no Centro de Supercomputación. Un deles alberga a base de datos onde o grupo almacena toda a información sobre os compostos. O outro servidor emprégase para a análise automatizada de imaxes de microscopía e a súa almacenaxe. BioFarma consegue con esta iniciativa reducir a distancia entre a investigación básica en novos mecanismos terapéuticos e a súa aplicación industrial. Trátase de que as compañías farmacéuticas aproveiten o know how dos científicos para apostar pola elaboración de novos fármacos. A quimioteca ofrécelles sofisticada información de partida para perfilar a potencia e o éxito dun posible novo medicamento. É moi probable que imaxes analizadas nos últimos cinco anos no CiMUS sexan o piar de fármacos para tratar o ictus, o cancro de pulmón ou a asma nun futuro. A investigación e a tecnoloxía que o farán posible son 100% galegas.

decembro 2017  díxitos

9


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Montañas de datos para desvelar a historia do cancro O CESGA subministra recursos ao equipo de David Posada (UVigo) para a súa análise de células tumorais

O

equipo do xenetista David Posada, da Universidade de Vigo (UVigo), traballa nun escenario de información inxente, de datos que case superan a nosa capacidade de análise e de coñecemento que xa non é posible enviar por Internet. Este é o “ambiente” no que traballa na actualidade o seu equipo, na análise de datos de secuenciado masivo (do termo orixinal en inglés Next Generation Sequencing ou NGS). David Posada foi o primeiro investigador galego que recibiu unha axuda europea Starting Grant hai unha década e no 2014 conseguía subir ao seguinte nivel coa Consolidator Grant. Cunha longa traxectoria como biólogo evolutivo, Posada conseguiu os fondos de elite do Consello Europeo de Investigación (ERC) para financiar o seu proxecto sobre a evolución somática das células canceríxenas. O enfoque da investigación é biolóxico, non médico. Trátase de exa-

10

díxitos  decembro 2017

Pero, como chegará o equipo de Posada á bioloxía básica do cancro? Con técnicas de xenómica de célula única. Se a maioría de estudos desta enfermidade analizan un anaco de tumor para lograr un xenoma promedio e comparalo con outros individuos, neste caso o camiño é inverso. De cada persoa obteranse cen xenomas e o reto é estudar dez individuos. Isto permitirá ter datos da evolución da doenza en cada persoa, cun enfoque que permite ir cara a atrás no tempo e detectar as diferenzas xenómicas. “Comparando os resultados cos de tecido san obteremos a película evolutiva”, apunta. Nun exercicio aproximado, o secuenciado de mil xenomas tradúcese no manexo dun volume inxente de información. No grupo de Filoxenética, este equipo de investigadores traballa cun clúster propio de computación. Pero non era de abondo. Posada recorreu entón ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) por necesidade de “espazo, memoria e velocidade”. Este proxecto de grande alcance superou expectativas no tratamento de datos.

minar cando aparece un tumor e como foi o proceso de mutación celular para chegar a esa alteración. O estudo tamén permitirá comprobar se o cancro se manifestou dúas veces ou se o que se entende como metástase se corresponde co tumor primario. A través da análise de mostras de individuos con cancro, o grupo definirá o mapa histórico da enfermidade. Unha das claves do comportamento dos tumores atópase na teoría de Darwin: as mutacións compiten entre si para replicarse máis rápido. Conta o xenetista que, a través da bioloxía evolutiva, trazouse a traxectoria do espallamento da humanidade polo planeta ou a chegada de determinadas especies a novos territorios, a partir dos xenomas. “Neste proxecto o corpo humano é o continente, os tumores primarios e secundarios o arquipélago e as células os individuos”, describe.

Cada xenoma ten máis de 3.000 millóns de letras e, en termos de espazo, un xenoma ocupa uns cen xigabytes. A xestión dos datos no CESGA permite ao grupo de Xenómica Evolutiva almacenar unha cantidade de información que doutro xeito resultaría imposible, ademais de procesala a unha velocidade e tempo razoables. “Non podemos agardar tres anos para ter unha resposta a unha análise, por exemplo”, explica o científico. Tanto é así que o plan de Posada é prescindir do clúster propio de supercomputación dentro de dous anos e trasladar toda a actividade computacional ao CESGA. Este proxecto para entender a historia do cancro está no seu ecuador, pero a actividade do grupo de investigación co CESGA continuará no tempo. Os resultados desvelarán se os tumores se producen só a partir da replicación de células nai ou en que fase aparece a metástase.


Navegación de deseño contra vento e marea Vicusdt e Wavec botan man da computación avanzada para acadar a máxima seguridade nas estruturas flotantes

Vicusdt, compañía fundada en Vigo con experiencia na industria pesqueira, e a lusa Wavec, máis centrada na industria das enerxías renovables mariñas, funcionan como auténticos laboratorios de cálculo. Ambas empresas perseguen un mesmo horizonte: conseguir a máxima seguridade, o maior rendemento e o deseño máis sofisticado de buques e estruturas flotantes. No seu día a día empregan modelos de simulación para reproducir o deseño de barcos ou plataformas. Inclúen medicións e cálculos obrigatorios e minimizan o número de prototipos físicos, de elevado custo. Porén, neste camiño da experimentación, buscaban mellorar o proceso para seren máis competitivas. Desexaban unha ferramenta de deseño poderosa, con maior potencia computacional. Ambas compañías sabían que empregando computación de alto rendemento na simulación avanzada obterían resultados en tempos moi inferiores. Para ampliar a capacidade no manexo de datos precisaban unha fonte externa e moi potente de recursos de cálculo. Así entrou en escena neste experimento o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), brindando as ferramentas computacionais e un elevado volume de recursos para a simulación considerando múltiples variables de comportamento no mar.

O

transatlántico británico Olympic era xemelgo do Titanic. Meses despois do afundimento deste último, no 1912, o Olympic tiña que iniciar unha singradura dende Southampton, o mesmo porto de partida do Titanic na fatídica viaxe truncada polo choque contra un iceberg. Pero a tripulación do Olympic negouse a navegar ata que se corrixisen os puntos febles en seguridade, os mesmos cós do seu buque irmán accidentado, ao seren de idéntica construción. Logo de investigar o accidente, a Comisión Mersey do Reino Unido redactou un informe con recomendacións sobre o deseño de buques. Este documento supuxo o inicio das normativas sobre seguridade no mar. No 1958 o enxeñeiro naval e matemático ruso Alekséi Krylov escribía a definición de estabilidade, adoptada pola simulación numérica. Aplicou as matemáticas a problemas marítimos e as súas táboas de inundabilidade empregáronse a partir daquela en todo o mundo. O panorama no que traballan hoxe empresas como Vicusdt e Wavec é ben distinto. Están especializadas en servizos de consultoría e enxeñería para construción naval, armadores, plataformas acuícolas e estruturas utilizadas polas industrias do petróleo e do gas. E aplican os avances no estudo do comportamento dinámico dun buque no mar, coñecido como seakeeping en inglés.

Unha vez localizadas as ferramentas, como incorporaron a computación de altas prestacións nos seus procesos? Mediante a sincronización integración do software de deseño e a plataforma de simulación do CESGA. Para Wavec e Vicusdt, isto traduciuse na implantación dunha interface o suficientemente intuitiva para que o seu persoal o manexase sen dificultade dende os seus equipos. A empresa catalana Compass (proveedora do software) e o Centro Internacional de Métodos Numéricos en Ingeniería (CIMNE) fixeron posible a adaptación do software. Vicusdt e Wavec estaban no certo. Os tempos para obter o produto final reducíronse. Comprobaron que ao implementar a computación de alto rendemento resolven estes procesos ata 45 veces máis rápido. Ademais, coa nova potencia son quen de realizar simulacións que antes resultaban imposibles. As vantaxes xeradas xa espertaron o interese do mercado europeo. Os resultados da colaboración do CESGA con Vicusdt e Wavec foron a base para ofertar un servizo de asesoramento e análise do comportamento de barcos e estruturas flotantes no "market place" nacido do proxecto Fortissimo. A fórmula? Un modelo de pago por uso. Esta plataforma europea na nube simplifica o acceso a simulacións de altas prestacións para pequenas e medianas empresas de todo o mundo.

O proxecto Fortissimo recebeu finaciamento do Séptimo Programa Marco para Investigación, Desenvolvemento Tecnolóxico e Demostración da Unión Europea baixo o acordo Nº609029.

decembro 2017  díxitos

11


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

A importancia dos datos

Esta proliferación dos datos pode resultar difícil de xestionar se se empregan as ferramentas tradicionais de bases de datos relacionais. Para obter valor destes datos, é preciso contar cunha infraestrutura axeitada para asumilos e acubillalos, e cunha plataforma analítica para extraer coñecemento relevante deles.

Para o devandito, é preciso que as novas tecnoloxías de xestión de datos permitan simplificar a infraestrutura tecnolóxica e reducir os custes, mellorar o rendemento e a velocidade das análises de datos e mellorar a fiabilidade e a visibilidade dos datos. “NetApp estimula o rendemento de aplicacións de Terceira Plataforma e permite aos usuarios prosperar na economía dixital” - Ashish Nadkarni, director de programas de IDC Os sistemas de NetApp están deseñados para afrontar as necesidades desta terceira plataforma e conta con funcionalidades que subministran grandes vantaxes para o procesamento da información almacenada a través de ferramentas como Splunk, Hadoop ou Bases de datos NoSQL.

50

Tempo total (en s)

A

transformación dixital ten un gran impacto no almacenamento requirido polas empresas. Máis fontes de datos xeran máis datos, que deben consolidarase, transmitirse, procesarase e almacenarse. Os expertos predín un medre nos volumes de información por un factor de 10 nos vindeiros tres anos. Isto conducirá a máis esixentes demandas de almacenamento en termos de tempo de resposta, así como de maior e máis rápida capacidade de evolución. Para manter baixo control os custes deste explosivo crecemento, o prezo por terabyte de datos debe reducirse de maneira significativa.

Búsquedas densas

45

E-series de NetApp SSD quente - SAS frío

40

Servidor xenético SSD quente - SAS frío

35

30

25 20 15

10

5

Denso

Moi denso

Búsquedas estáticas e de streaming (promedio)

Hot/Warm/Cold Data (searchable and actively writing to disk)

NetApp® E5760 (SSDs, NL-SAS)

Splunk Hai varias vantaxes a salientar:

As combinacións de tecnoloxías de Terceira Plataforma están a transformar os sectores industriais, achegando acceso máis rápido á información de valor, potenciación do comercio dixital e habilitación dunha infraestrutura intelixente.

A tecnoloxía de NetApp para Splunk ofrece un rendemento máis rápido, un TCO optimizado e unha fiabilidade mellorada, en comparación con servidores de consumo con almacenamento interno ou outras opcións.

Terceira plataforma

MILLÓNS DE APLIACIÓNS

Segunda plataforma

DECENAS DE MILES DE APLIACIÓNS

LAN/Internet Cliente/Servidor PC MILLÓNS DE USUARIOS

Primeira plataforma Cotorna mainframe, miniordenador Terminais

12

díxitos  decembro 2017

• Redución das copias de réplica de tres a dous, con fiabilidade mellorada. • Escalado independente dos sistemas informáticos e do almacenamento para axustar mellor a carga de traballo das aplicacións.

Redes, móbil, análise, cloud Dispositivos móbiles CENTOS DE MILLÓNS DE USUARIOS

• Optimización dos grupos de capacidade para os niveis de datos quente, tépedo, frío e conxelado de Splunk. • 107 % de media de aumento do rendemento das procuras en streaming fronte á dos servidores de consumo que teñen discos internos.

Plataformas tecnolóxicas MILES DE MILLÓNS DE USUARIOS

• Aumento do rendemento de busca nun 69 %

MILES DE APLIACIÓNS

• Cifrado de datos en repouso con pouco ou nulo impacto no rendemento. “Dada a gran cantidade de datos xerados por máquinas confiamos en E-Series de NetApp para pór en marcha solucións de Splunk dirixidas a supervisar e resolver problemas nas diferentes plataformas que se atopan na nosa contorna”. - ING DIRECT Australia


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

Nodo de nombre

Hadoop deseñouse pensando nas empresas que querían xestionar, analizar e explotar o Big Data co fin de obter información relevante. Con Hadoop, agora é posible procesar e aproveitar datos sen estruturar ou estruturados de forma masiva. Cada vez máis empresas adoptan Hadoop para as súas aplicacións.

Hadoop/Spark Cluster

HDFS

NFS

HDFS as Primary and NFS as Secondary

Porén, Hadoop presenta desafíos no ámbito empresarial, en termos de dispoñibilidade, eficiencia e flexibilidade. E para iso NetApp fornece de solucións para o sistema de arquivos distribuídos de Hadoop (HDFS) que ofrecen un rendemento máis rápido, un tempo de inactividade inferior do clúster e capacidade evolutiva lineal cun conxunto de ferramentas moi variado para dar resposta á demanda de análise de Big Data. Esta solución optimizouse tendo en conta o equilibrio entre servidores e almacenamento, os custos, a fiabilidade e a capacidade de servizo, o rendemento e a densidade de almacenamento. A súa prioridade é proporcionar opcións flexibles baseadas en factores como o número de clústeres, os servidores e as opcións de soporte. As organizacións que utilizan Hadoop teñen con frecuencia servidores básicos con almacenamento de acceso directo (DAS) interno. A solución de NetAPP está deseñada para utilizar ou modelo de DAS externo, que fornece de almacenamento

Red dataNode de 10 GB

Hadoop

Software de Hadoop

Nodo en espera

SAS/ ISCSI/ FC E-Series de NetApp

NodosDatos SAS/ ISCSI/ FC

E-Series de NetApp

NodosDatos SAS/ ISCSI/ FC

E-Series de NetApp

NodosDatos

dedicado e fiabilidade e escalabilidade óptimas para empresas, ademais de reducir os custos operativos. O firmware RAID proporciona operacións transparentes e practicamente ininterrompidas sen a carga da replicación baseada en servidor, que adoita necesitar normalmente tres copias de datos para Hadoop. As solucións de NetApp para Hadoop soamente requiren dúas copias dos datos, polo que reducen a conxestión da rede e aumentan o rendemento.

BBDD no SQL

O almacenamento All-flash de NetApp está deseñado para axudar aos clientes a crear solucións de alto rendemento, rendibles e de alta dispoñibilidade para bases de datos NoSQL. As bases de datos NoSQL validadas a día de hoxe son Couchbase, MongoDB e Cassandra, aínda que tamén é compatible con outras bases de datos NoSQL, como HBase, Redis e MarkLogic. Entre as vantaxes que podemos obter deste tipo de almacenamento utilizado para Bases de Datos NoSQL podemos salientar as seguintes: • Rendemento superior e predicible.

NoSQL, que abrangue unha ampla gama de tecnoloxías e arquitecturas, busca resolver os problemas de escalabilidade e rendemento de Big Data que as bases de datos relacionais non foron deseñadas para abordar. NoSQL é especialmente útil cando unha empresa necesita acceder e analizar grandes cantidades de datos non estruturados ou datos que se almacenan de maneira remota en varios servidores virtuais na nube.

• Acceso a datos de NoSQL con maior frecuencia. • Escalado sinxelo con computación e almacenamento desasociados. • Menor número de servidores, así como de menor capacidade, reducindo o custe de propiedade. Autor do artigo: Manuel Millares, Storage Technology Consultant Solution Design de Fujitsu

Amazon Web Services

MongoDB 3.0

Google Cloud Platform NetApp® SnapMirror® Backup/DR to the Cloud

ONTAP

Microsoft Azure

Mongo DB

Mongo DB

RHEL

RHEL

AFF A300 AFF A300 On Premises

SnapMirror® Backup/DR to the NPS/Secondary

NetApp Private Storage

decembro 2017  díxitos

13


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Educación rural na vangarda A Rede de Escolas na Nube senta os alicerces para estenderse a todo o noso ámbito non urbano

O

proxecto Rede de Escolas na Nube vaise ampliar a todas as Escolas Rurais Agrupadas de Galicia. Así o deu a coñecer en novembro o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), impulsor actual do proxecto xunto coa empresa Balidea e máis a Xunta (AMTEGA e a Consellería de Educación e Cultura). Como lembraremos, a Rede foi creada hai case oito anos co obxectivo de explorar (e explotar) as vantaxes da computación na nube (cloud computing) desenvolvidas na contorna das nosas pequenas escolas rurais, os Centros Rurais Agrupados (CRA). O dito traballo foi posíbel na súa orixe grazas ao apoio financeiro que HP Labs emprestaba ao CESGA e en 2014 recibiu un importante pulo orzamentario para un proxecto europeo de cara a validar e mellorar os achados obtidos noutras zonas rurais e illadas de Europa. Agora, a Rede de Escolas de Nube (www.escolasnanube.es) volve recibir impulso coa posibilidade de espallarse a todo o noso rural.

14

díxitos  decembro 2017

A dita nova (o espallamento da iniciativa) deuse a coñecer nunha xuntanza entre a Consellería de Educación e AMTEGA, por unha banda, e os equipos directivos de todos os Centros Rurais Agrupados (CRAs) de Galicia. Na presentación da Rede de Escolas na Nube ofrecéuselles a posibilidade de incorporarse ao proxecto. Como recordaremos, catro deles (o CRA Boqueixón - Vedra Neira Vilas, o CRA de Vilaboa Consuelo González Martínez, o CRA Amencer de Ribadavia, e o CRA Nosa Señora do Faro de Ponteceso) están a participar desde 2012 como centros piloto ao abeiro da iniciativa. O proxecto de innovación educativa Rede de Escolas na Nube xurdiu como colaboración entre o CESGA, quen coordinou a iniciativa, a empresa galega Balidea Consulting & Programming, a Consellería de Educación e a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia (AMTEGA).

Segundo se lembrou na xuntanza, a Rede de Escolas na Nube supón “un modelo de infraestrutura, servizos e metodoloxía de traballo baseado en computación cloud e software aberto ao servizo do ensino e a colaboración entre as escolas rurais distribuídas, creando unha rede na que se poidan compartir de maneira segura experiencias educativas, materiais e aprendizaxe, adaptada a contorna ás necesidades deste modelo de escola rural distribuída e multinivel”. Asemade, fíxose fincapé nos bos precedentes abertos polo proxecto: “A Rede de Escolas na Nube é un claro exemplo dunha colaboración de éxito entre institucións públicas e privadas galegas”, unha iniciativa que, neste caso concreto, é quen de “repercutir nun beneficio directo para a sociedade, así como nunha aposta de futuro para a creación de produtos innovadores made in Galicia”.

Poboación dispersa Entre os porqués da posta en marcha da Rede de Escolas na Nube atópase a necesidade dar resposta ás demandas de calidade educativa que esixe unha poboación tan espallada e dispersa coma a nosa. De feito, malia a importancia crecente das cidades e vilas grandes, é certo que o rural aínda pesa moito e que neste ámbito viven moitas nenas e nenos que precisan ter as mesmas oportunidades formativas e tecnolóxicas cós demais. Esta foi a base orixinaria da iniciativa: loitar contra as eivas comunicativas, tecnolóxicas ou de ensino que puideran frear o desenvolvemento da ensinanza nestas áreas e engadir aínda máis distancia na chamada fenda dixital urbano-rural. As “armas” empregadas nestas loita foron, entre outras, a computación na nube e as tecnoloxías avanzadas de comunicación (por exemplo a videoconferencia), todo concibido dunha maneira aberta e sen cancelas (open source), prontas para ser adoptadas e aproveitadas noutras contornas semellantes.


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

Todo o que quixemos saber sobre o Deep Learning

Entre o 6 e o 19 de novembro celebrouse en diferentes puntos do ámbito estatal e galego a Semana da Ciencia, edición 22. Houbo actividades de divulgación, visitas guiadas, obradoiros e conferencias en centros de investigación e universidades, co obxectivo de achegar a actividade científica á sociedade e concienciar da importancia da investigación e a innovación. Participaron neste programa de accións, moi envorcadas cos escolares, cinco centros da Rede Española de Supercomputación, entre os que se conta o CESGA, o Centro de Supercomputación de Castela e León, o CSUC de Barcelona, o Computaex de Estremadura e o IFCA de Cantabria. Polo que se refire ao CESGA, abriu as súas portas á cidadanía entre os días 13 e 17 de novembro en diferentes horarios. Os participantes puideron visitar as instalacións do centro e coñecer o supercomputador Finisterrae II, os servidores de almacenamento de datos, os servidores que soportan a nube para cómputo científico e un dous principais nodos da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia.

Curso Big Data (ou información inxente) O CESGA organizou os días pasados (21, 22, 23 e 24 de novembro) un curso sobre Big Data especialmente indicado para investigadores e profesionais das universidades, centros de investigación e PEME que queiran extraer o Tomás Fernández Pena máximo partido aos seus grandes volumes de datos. Con esta actividade, o CESGA quixo cumprir dous obxectivos: por unha banda dar resposta ás demandas formativas crecentes en materia de analítica de grandes volumes de coñecemento (tecnoloxías fundamentais para o desenvolvemento de proxectos de I+D+i, tanto en universidades como en centros de investigación como en empresas), e pola outra, dar a coñecer as posibilidades da plataforma de Big Data do CESGA, que permite explorar eses grandes volumes de datos ou facer probas de concepto. No curso exploráronse as capacidades de análises estatísticas e de Machine Learning da dita plataforma en particular e, en xeral, da plataforma Spark. Foi impartido polos profesores e investigadores Tomás Fernández Pena e David E. Losada.

O Instituto NVIDIA de Deep Learning (www.nvidia.co.uk/dli) está a poñer ao alcance dos desenvolvedores, científicos da información e investigadores en xeral adestramento avanzado en aprendizaxe profunda, o que se coñece, precisamente como Deep Learning. O obxectivo: que teñan a capacidade de solucionar todo tipo de problemas e retos vencellados coa análise e a interpretación avanzada da información. Froito deste compromiso foi a cita organizada o 20 de outubro no Centro de Supercomputación de Galicia, de mans do devandito Instituto e da compañía Hewlett Packard. Resultou ser, en termos concretos, unha xornada de traballo con formato de obradoiro sobre Deep Learning práctico. Na cita os asistentes recibiron formación en adestramento básico en DL empregando redes neuronais e en cuestións como a experimentación cos datos, a preparación de parámetros, as estruturas de redes e outras estratexias para incrementar rendemento e capacidade. Asemade, convidouse aos presentes a despregar as súas propias redes para comezar a solucionar problemas reais da actualidade mundial. Como lembraremos, o concepto Deep Learning abrangue un conxunto de algoritmos de clase aprendizaxe automática (Machine Learning) que se dirixe a modelar abstraccións de alto nivel en datos usando arquitecturas compostas de transformacións non lineais múltiples.

decembro 2017  díxitos

Novas do CESGA

Portas abertas na Semana da Ciencia

15


Más potencia HPC, menos problemas

Acelere la investigación y desarrollo con HPC en su escritorio Intel Inside®. Para un mundo de nuevas posibilidades. Usted es la clave para solucionar complejos problemas técnicos y científicos. Si trabaja con ingenieros o científicos, necesita proporcionarles potencia de computación para tomar las decisiones correctas. Ahora le resultará todavía más fácil darles lo que necesitan. Descubra cómo el Sistema Integrado FUJITSU PRIMEFLEX para HPC puede ayudarle: ■ Simplifique HPC, aumente la productividad y estimule el rendimiento ■ Despliegue clústeres rápidamente y navegue con facilidad por las tareas diarias ■ Flujos de trabajo automáticos para aplicaciones comunes Visite: bcis.es.fujitsu.com/HPC

Equipado con procesador Intel® Xeon®. Ultrabook, Celeron, Celeron Inside, Core Inside, Intel, el logotipo de Intel, Intel Atom, Intel Atom Inside, Intel Core, Intel Inside, el logotipo de Intel Inside, Intel vPro, Itanium, Itanium Inside, Pentium, Pentium Inside, vPro Inside, Xeon, Xeon Phi y Xeon Inside son marcas registradas de Intel Corporation en Estados Unidos y/o en otros países.

Díxitos Diciembre 2017  
Díxitos Diciembre 2017  

Publicación periódica de la FundacIón CESGA

Advertisement