Page 1

Novas do Centro de Supercomputaci贸n de Galicia Xullo 2015


Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

DIRECCIÓN Javier García Tobío COORDINACIÓN Fernando Bouzas Sierra COLABORAN María José Rodríguez Malmierca Emilio Abad Vidal Pedro Montero Vilar Marcos García Sotillo Paulo Leitão Manuel Vicente Eva López DESEÑO, GRAFISMO E MAQUETACIÓN Grupo Código Cero Comunicación, S.L. FOTOMECÁNICA E IMPRESIÓN Gráficas Garabal, S.L. DEPÓSITO LEGAL C 1604-1998 ISSN 1139-563X EDITA FUNDACIÓN CESGA Avenida de Vigo, s/n (Campus Vida) 15705 Santiago de Compostela

Foro Transfiere O encontro de Málaga marca Como obxectivo unha meirande presenza de empresas demandantes de tecnoloxías

O

Foro Transfiere (Foro Transfire en galego), polo seu nome completo Foro Europeo para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, acadará a súa quinta edición os vindeiros 10 e 11 de febreiro de 2016 en Málaga. O comité organizador do encontro, que conta coa participación e impulso do CESGA, reuniuse recentemente en Madrid por segunda vez para marcar as liñas estratéxicas, que pasarán por unha maior presenza de empresas demandantes de tecnoloxía e de investigadores e, tamén, polo fortalecemento do sector financeiro. O país convidado desta volta será Corea do Sur.

Telf. 981 569 810 Fax. 981 594 616 dixitos@cesga.gal

CONTIDOS [ 2 ] Foro Transfiere [ 3 ] Supercomputación para PEME [ 4 ] RuralSchoolCloud [ 5 ] Dispoñible a plataforma de Open Innovation do proxecto CloudPYME [ 6 ] Prioridades da Axenda Estratéxica de Investigación en HPC [ 7 ] Análise SIX sobre computación de altas prestacións [ 8 - 9 - 10 - 11 ] Copernicus [ 12 ] HIDROMOD facilitará servizos operacionais empregando servidores do CESGA [ 13 ] Anos luz [ 14 - 15 ] Pulo ao emprendemento feminino

2

díxitos  xullo 2015

A dita xuntanza do comité celebrouse na sede do Ministerio de Economía e Competitividade en Madrid, e na reunión establecéronse os obxectivos para a vindeira convocatoria, prevista no Palacio de Feiras e Congresos de Málaga (FYCMA) os días 10 e 11 de febreiro de 2016. Amais de fixárense

os devanditos obxectivos (máis empresas, máis sector financeiro), informouse que a edición 2015, celebrada os días 11 e 12 do pasado mes de febreiro, “foi a máis internacional até a data”, coa presenza de 26 países de todo o mundo e Israel como nación convidada. O evento vén avalado polos datos da edición anterior, no que se deron cita máis de 2.300 profesionais do sector e houbo 5.000 reunións de traballo en apenas día e medio. A idea do comité é que o foro tome como base a necesidade de fomentar o diálogo entre o tecido investigador e a empresa “para potenciar a innovación española no ámbito global”. Deste xeito, incorporarase unha axenda de citas en liña para a celebración de reunións ao redor dos principais sectores produtivos”. Máis información en www.forotransfiere.com. 


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

Supercomputación para PEME Rede paneuropea de centros de competencias

O

CESGA impulsa unha rede europea de centros de competencias en computación de altas prestacións (HPC) para pemes.

Esta rede, denominada SESAME NET (Supercomputing Expertise for SmAll and Medium Enterprise Network), está financiada a través do programa de investigación e innovación europeo Horizonte 2020. O principal obxectivo desta rede é prover coñecemento, infraestruturas, soporte técnico e apoio a pequenas e medianas empresas europeas no uso de técnicas, métodos e infraestruturas de computación de altas prestacións para obter vantaxes competitivas no mercado. A supercomputación está a converterse nunha tecnoloxía indispensable para o crecemento do negocio e estamos orgullosos de ser parte desta rede europea que proporcionará apoio vital ás pemes que necesiten dispor de acceso a recursos e servizos HPC para obter éxitos comerciais futuros.

No proxecto SESAME NET, CESGA ten encomendada a misión de liderar o paquete de traballo sobre participación, compromiso e desenvolvemento de capacidades e pericia por parte das pemes. Estamos convencidos de que esta rede facilitará a creación dunha contorna favorable para as pemes e que contribuirá a maximizar o impacto económico das einfraestruturas. CESGA é o único representante español nesta rede conformada por 15 institucións públicas, universidades e empresas de 13 países europeos. CESGA conta cunha sólida experiencia na prestación de servizos HPC a pequenas e medianas empresas. Desde hai unha década, CESGA lidera en España unha liña de actuacións e proxectos destinados a apoiar as pemes no uso da supercomputación. Froito desta liña son proxectos como Simula (2005), CloudPYME I (2011), UBERCLOUD (2012),

CloudPYME II (2013), FORTISSIMO (2013) ou FORTISSIMO II (2015) todos eles centrados en prover servizos HPC a pemes. Adicionalmente, CESGA mantén contratos específicos con pemes para a prestación de servizos innovadores que requiren cómputo de altas prestacións. A rede SESAME NET conta con apoio financeiro do Programa Horizonte 2020 por un importe total de 2 millóns de euros. O CESGA conta para o desenvolvemento da súa actividade na mesma cun financiamento europeo de 158.000 euros. Os obxectivos de crecemento económico e dun maior número de postos de traballo de alta cualificación non poden ser alcanzados sen esforzos en investigación, desenvolvemento e innovación. Así, entendemos o apoio na adopción da computación de altas prestacións ás pemes, principais creadores de emprego, como unha aposta segura para obter retornos futuros de interese para toda a sociedade. 

xullo 2015  díxitos

3


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

RuralSchoolCloud. Solución de computación na nube para escolas rurais europeas

N

o ano 2010, con financiamento de HP Labs, comezamos a andadura dunha liña de traballo para explorar as potencialidades do cloud computing, a computación na nube, para mellorar a forma de traballar, colaborar, ensinar e aprender nunha contorna especial, a das pequenas escolas rurais galegas, agrupadas en unidades chamadas Centros Rurais Agrupados (C.R.A.). Este primeiro proxecto desenvolveuse man a man co CRA Boqueixón-Vedra, cuxo claustro se involucrou na iniciativa achegando a perspectiva educativa e o necesario contexto para que a solución fose o máis axeitada ás súas necesidades e perfil. Os resultados deste pequeno piloto foron moi valorados non só pola comunidade educativa participante, senón pola propia HP Labs, quen nos invitou a presentalos na súa xuntanza anual HP Catalyst Summit en Nova Delhi en 2011, ou máis tarde, co recoñecemento dun premio internacional da Fundación Telefónica. Esta iniciativa medrou en 2012, grazas ao apoio e ilusión da empresa galega Balidea Consulting & Programming, que achegou o financimaneto necesario para poder avanzar, e a colaboración decidida da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia así como da AMTEGA, que apostaron, xunto co CESGA e Balidea, para estender e ampliar a experiencia a 4 CRAs: o CRA Amencer de Ribadavia, Nosa Señora do Faro de Ponteceso, o CRA de Vilaboa, e o CRA Boqueixón-Vedra. Este proxecto denominouse "Rede de Escolas na Nube", e tras dous anos de intenso e fructífero traballo entre mestres, mestras, persoal investigador e técnico, acadouse unha solución que melloraba a forma de traballo entre o claustro, o alumnado e familias dos CRAs, ademais de facilitar tamén o traballo colaborativo e elaboración de propostas educativas conxuntas entre os distintos CRAs. A solución técnica foi transferida dende o CESGA e Balidea a AMTEGA e á Consellería, quen deu servizo a estes centros, completando exitosamente o proceso de retorno dos resultados da investigación educativa á sociedade.

No ano 2014 o CESGA, coa participación da USC, e colaboración da Xunta e Balidea, obtivo financiamento dun proxecto europeo para validar e mellorar a solución noutras zonas rurais e illadas de Europa. O proxecto RuralSchoolCloud, liderado polo CESGA, e coa participación de 7 institucións de 6 países: Gran Bretaña, Italia, Grecia, Dinamarca, España e Macedonia (gobernos locais, universidades, institucións formativas), supón a internacionalización dunha liña de traballo innovadora liderada por institucións galegas. O proxecto segue baseándose no emprego de software libre e ferramentas na nube para mellorar a colaboración e a aprendizaxe en escolas rurais ou illadas europeas. O próximo día 10 de outubro celebraremos a súa conferencia final en Santiago de Compostela, onde se presentarán os resultados do proxecto e compartirán as experiencias algúns dos seus participantes. Igualmente, o aprendido neste proxecto reverterá na mellora e crecemento da solución implementada nos centros galegos, e posibilitará a exploración de novas áreas de traballo e aplicación innovadora das tecnoloxías no ensino-aprendizaxe.

Toda a información está dispoñible na súa web: http://www.rsc-project.eu así como en Facebook e Twitter.  María José Rodríguez Malmierca Responsable Área e-Learning e Ferramentas Colaborativas CESGA


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

Dispoñible a plataforma de Open Innovation do proxecto CloudPYME

A

Open Innovation (Innovación Aberta) defínese como un fluxo de coñecemento entre os límites internos e externos das organizacións para acelerar os procesos de innovación das empresas. Esta nova metodoloxía de innovación é unha estratexia en que a empresa comparte coñecemento co seu ambiente externo, buscando compartir invencións e coñecemento que poidan ser transformadas en innovacións. Esta propón que os resultados sexan alcanzados en todo tipo de actividades relacionadas coa innovación, desde a prospección e a análise até a explotación de oportunidades de innovación, usando tanto coñecementos externos como ideas internas e camiños internos e externos para alcanzar o mercado.

O seu uso é moi sinxelo. Unha vez que o usuario foi dado de alta na plataforma, despois de ser validado por un dos socios do proxecto, pode entrar nela e a continuación: 1. Facer unha solicitude de innovación especificando en que consiste o problema que se desexa resolver. Ten a opción de achegar un documento en formato PDF e de ofrecer unha recompensa ás entidades que acudan na súa axuda. Esta recompensa pode ser monetaria, de explotación conxunta, de contrato, ou calquera outra que a entidade considere adecuada. 2. Navegar polas solicitudes de innovación para atopar algunha que sexa do seu interese e na que crea que a súa colaboración pode resultar de utilidade. Nese caso, poderá responder á petición de innovación facendo unha proposta á entidade solicitante. 3. No caso de que reciba algunha resposta a unha solicitude de innovación que realice con anterioridade, poderá analizar as respostas e aceptar as que se axusten ás súas necesidades, iniciando así o proceso de contacto coa entidade que respondeu, xa sexa directamente ou solicitando a mediación dos socios do proxecto CloudPYME. As entidades interesadas en comezar a utilizar este novo servizo de forma totalmente gratuíta, poden facelo a través da seguinte URL: https://oi.cloudpyme.cesga.é. 

Co fin de facilitar a introdución das pemes de Galicia e o Norte de Portugal nesta novo paradigma de innovación, o proxecto CloudPYME presenta a súa nova aplicación de Open Innovation. Esta aplicación permite que as empresas pasen a colaborar en rede con distintos axentes (investigadores, empresas, institucións, clientes, provedores), facilitando o aproveitamento do seu coñecemento, capacidade tecnolóxica, propiedade industrial e intelectual, e innovacións, ou mesmo capitalizar innovacións xeradas externamente. Deste xeito, é posible maximizar o retorno da I+D. A plataforma, promovida por CATIM, AIMEN, AIMMAP e CESGA, os catro socios do proxecto CloudPYME financiado polo programa POCTEP de colaboración transfronteiriza España-Portugal, pon especial coidado en garantir que os usuarios sexan organizacións serias que busquen unha colaboración honesta. É por iso que, durante o proceso de solicitude de alta no sistema e o de publicación de solicitudes de innovación, as entidades participantes contarán coa supervisión e o apoio dos socios do proxecto para evitar o mal uso do servizo.

xullo 2015  díxitos

5


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Prioridades da Axenda Estratéxica de Investigación en HPC

A

Plataforma Tecnolóxica Europea de Computación de Altas Prestacións (ETP 4 HPC) ven de publicar a Axenda Extratéxica de Investigación en HPC na que resalta as prioridades para Europa. A plataforma recoñece que a computación de altas prestacións xoga un rol fundamental á hora de estimular o crecemento económico en Europa.

da tecnoloxía e infraestructura está desenvolvida en Europa. En HPC, Europa é hoxe, de modo fundamental, tecnolóxicamente dependente. Mentres, outras rexións invisten considerablemente mais do que o facemos os europeos en novas tecnoloxías, arquitecturas e software especifico para cómputo de altas prestacións.

Recoñece, tamén, que para manter a súa competitividade, Europa precisa mellorar as suas capacidades apoiandose no uso da computación, sin embargo, hoxe o meirande uso de HPC faise en grandes centros de investigación e nalgunhas grandes empresas. Recoñece igualmente a necesidade de que a computación de altas prestacións se torne máis extendida e se xeralice o seu uso entre o tecido empresarial, particularmente entre ás pequenas e medianas empresas.

A Axenda Estratéxica salienta ás áreas nas que a industria considera que Europa precisa facer os maiores esforzos para non perder terreo e manterse competitiva fronte a outras rexións do mundo.

Europa mantén unha porción significativa dos recursos HPC dispoñibles no mundo, ainda que apenas unha pequena parte

HPC System Architecture

System Software and Management

Programming Environment

Coa visión de apalancar o poder transformador do HPC para relanzar a competitividade europea en ciencia e innovación industrial, a plataforma tecnolóxica definiu ás áreas nas que os axentes europeos deberían concentrar os seus esforzos de I+D+i. 

Energy and Resiliency

Balance, Compute, I/O and Storage Performance

BIG Data and HPC Usage Models

Energy and power

Operating system - OS

Parallel Programming APis and Languages

Cooling adn Energy Reuse

I/O Interface

HPCas an Instrument

Memory and storage

Interconect management IC

Runtime supports systems

Energy effiscent design of comuter system

Storage Hierachy

HPC for Big Data Workloads

Interconnects

Cluster management software - CM

Debugging and correctness DC

System Software ad OS Optimization

Storage Services

Industrial Use of HPC as a Commodity

Concurrency and locality

Resource management and jof scheduling

LIB - High performance librarles components

Energy efficent Algorithms

I/O System Simulation

The Use of HPC in Cloud Environments

Performance Tools - PT

Resilience and RAS

Interconnects and Networks

Very Large Volume

Resilience

Exascale system architecture

Distributed Streaming Data and Noisy Data New HPC Workloads

6

díxitos  xullo 2015


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

 Área visible dende un dos asentamentos obxectivo (en cor vermella), nun radio de 5 kilómetros

Análise SIX sobre computación de altas prestacións

O

s sistemas de información xeográfica (SIX) descríbense a miúdo como sistemas que integran software e hardware para o manexo, procesado, análise e visualización de datos xeorreferenciados. A información espacial inclúe múltiples temáticas como variables ambientais, económicas, culturais ou demográficas. Estes sistemas están orientados a obter información para a adopción de decisións sobre diferentes problemáticas, no que o compoñente xeográfico ten unha especial relevancia. Os custos de procesado desta información mediante SIX son con frecuencia altos e presentan problemas metodolóxicos para a súa resolución. Dependendo da escala dun determinado problema, abordar certas análises mediante computadores persoais supón altos custos en tempo de cálculo, e como consecuencia a imposibilidade de abordar unha análise de maneira global. Isto pode ser unha barreira á hora de tomar certas decisións ou alcanzar conclusións, polo que o uso de sistemas de computación de altas prestacións (HPC) pode ser unha solución adecuada para a resolución de certas problemáticas.

Nos sistemas de cómputo de altas prestacións do CESGA integramos as ferramentas SIX, GRASS E SAGA. Estas son aplicacións gratuítas e de software libre, cuxos módulos poden ser integrados con metodoloxías de computación paralela e distribuída. Como problema de proba executouse unha análise básica de SIX como é a análise de visibilidade dun punto nun territorio determinado. Este é un dos principais usos de SIX en arqueoloxía, orientado a conseguir diferentes valoracións; como o dominio do territorio por parte dos habitantes dos asentamentos nun período cultural concreto. Neste caso o cálculo realizouse para 2.300 xacementos da Idade de Ferro sobre un modelo do terreo de 10 metros de resolución para toda Galicia. O resultado obtido foi a clasificación de cada un dos asentamentos protohistóricos en base a un cálculo realizado de forma conxunta para todos eles e sobre un mesmo modelo do terreo, e en base a uns parámetros comúns e coñecidos. Os resultados con ambas as aplicacións (SAGA e GRASS) foron similares, sendo máis aceptables os realizados con GRASS. En canto ao rendemento obtido polas aplicacións, este vese afectado significativamente pola distribución dos datos e as tarefas no HPC. Queda por tanto como liña de investigación, o deseñar procedementos e técnicas que permitan optimizar os tempos de cálculo e por tanto a eficiencia das análises. Como conclusión, podemos presentar a implementación dun caso de estudo mediante ferramentas SIX sobre HPC na plataforma do CESGA. Isto permitiu abordar un problema, que até o momento expúxose de forma parcial, dunha forma global e para todo un territorio como Galicia, sen limitacións desde un punto de vista computacional. Queda como tarefa a necesidade de desenvolver novos códigos e metodoloxías de análise, que permitan a optimización do tempo de procesamiento segundo os recursos informáticos dispoñibles, comunicacións, etc.  Emilio Abad Vidal, Técnico Superior SIX, CESGA

xullo 2015  díxitos

7


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

COPERNICUS:

Servizo de Control Ambiental Mariño A Misión CMEMS

O

propósito do Copernicus Marine Environment Monitoring Service (CMEMS) (http://marine.copernicus.eu/) é proporcionar acceso plenamente aberto a unha corrente constante coherente e consistente de produtos de información sobre o estado da contorna mariña tanto para o océano global como para os mares rexionais europeos. A operativa de Copernicus está baseada na continua dispoñibilidade de servizos, alimentada por datos in-situ, modelos e observacións espaciais, entregando información a institucións e ao sector privado, dentro e fóra de Europa. A misión CMS (Copernicus Marine Service) será responsable de entregar os servizos de core, tal como figura descrito na Figura 1. O alcance da misión é compatible con, e complementario a, os mandatos e funcións

PoRTOS DEL ESTADO (ES), CESGA (ES), MERCATOR-OCEAN (FR), METEOFRANCE (FR), MARINE INSTITUT (IR) E AEMET (ES) COLABORAN NO CENTRO IBI DE PREDICIÓN E MONITORIZACIÓN

das institucións involucradas no desenvolvemento e execución de oceanografía operacional no nivel nacional. É tamén compatible cos mandatos e actividades doutros stakeholders, incluíndo axencias intergobernamentais e europeas. A información entregada por Copernicus está baseado nos máis modernos métodos e tecnoloxías dispoñibles de procesado e algoritmos de recollida de datos, modelización numérica, sistemas de asimilación de datos e metodoloxías de provisión de servizos. Copernicus inclúe sistemas de control de calidade en cada punto. Distribúese de modo puntual. Está libremente dispoñible dentro e fóra de Europa como un servizo coherente que dá soporte e apoio á seguridade marítima, o control de contorna mariña e as áreas costeiras, a explotación de recursos mariños, a predición do tempo e ás predicións climáticas e estacionais (Figura 2). Tras 15 anos de definición e de actividades de investigación e desenvolvemento, Copernicus háxase agora na súa fase de implantación final apuntando á provisión de servizos plenamente operacionais, a longo prazo e de modo sustentable a partir do presente 2015. Copernicus capitaliza os logros recentes da serie de proxectos MyOcean e a súa disposición para establecer un modelo que sustente un servizo coherente e sustentable a longo prazo.

Figura 1 Plan Estratéxico de Implantación do Servizo Mariño Copernicus

8

díxitos  xullo 2015


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

Figura 2 Servizo de Control Ambiental Mariño Copernicus: Áreas beneficiadas

Os compoñentes do Servizo Mariño Copernicus de monitorización e predición oceánica foron desenvolvidos e implantados progresivamente a través da serie de proxectos MyOcean. Estes proxectos construíron sobre a experiencia, achados e resultados de varios proxectos anteriormente financiados pola Unión Europea (p. ex. MERSEA e XEFE4GMES), e sobre a visión para a

coordinación das actividades de servizos mariños proposta por EuroGOOS e outros corpos e institucións relevantes. O proxecto MyOcean opera unha rede distribuída de centros de produción que prové de modo regular un servizo central de monitorización e predición mariña coherente e extensivo. Actualmente prové servizos diarios a máis de 5,000 usuarios en todo o mundo. Estes usua-

rios inclúen institucións nacionais, universidades e o sector privado, así como institucións europeas e corpos, axencias e convencións intergubernamentais como EEA, EMSA e ECMWF, HELCOM, a Convención de Barcelona, REMPEC, UNEP/MAPA, o Consello Ártico e a Comisión do Mar Negro.

O CMEMS IBI-MFC: Portos do Estado e CESGA a cargo de operacións e servizo. A estrutura do servizo CMEMS (ver Figura 3) está baseado nunha rede distribuída de centros de produción (identificados como MFCs –Centros de Predición Mariña- e TACs -Centros de Ensamblaxe Temática-, responsables de datos de modelado e observacionais respectivamente) que fan uso das mellores capacidades rexionais en Europa. Copernicus proporciona a mellor información de predición posible co coñecemento e tecnoloxías actuais a través das súas MFCs cubrindo 6 áreas específicas: océano global, Ártico, Báltico, Mediterráneo, Plataforma Noroeste Europea e a rexión Iberia-Bizkaia-Irlanda (IBI).

Figura 3 Visión xeral do fluxo do Servizo de Control de Contorna Mariña Copernicus

A rexión nordeste do Atlántico IBI (ver ámbito xeográfico en Figura 4) cobre áreas de importantes actividades econó-

xullo 2015  díxitos

9


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

micas e sociais que inclúe pesqueirías, transporte de petróleo e gas, tráfico marítimo comercial, administración costeira, produción de enerxía e protección costeira. Espérase que a dispoñibilidade de estimacións e previsións validadas das variables mariñas nesta rexión costeira faga aumentar considerablemente o actual desenvolvemento de aplicacións e actividades demandadas polos usuarios. Baixo esta subestrutura do sistema Copernicus, o Centro IBI de Monitorización e Predición (IBI-MFC) é responsable de xerar predicións operativas diarias de océano para a área IBI-ROOS, cubrindo a totalidade da fachada atlántica europea e proporcionando servizo das Illas Canarias a Irlanda. O IBI-MFC de Copernicus étá liderado por Puertos del Estado (PdE), e o seu operación e os servizos están a cargo de PdE e CESGA. Mercator-Ocean (FR), MeteoFrance (FR), Marine Institut (IR) e AEMET (E) participan no IBI-MFC desenvolvendo actividades relacionadas con I+D, validación científica de produtos e desenvolvemento de sistemas de modelado.

Figura 4 Ámbito xeográfico cuberto polo Servizo CMEMS IBI-MFC. A Batimetría utilizada polo modelo IBI-MFC de océano tamén aparece descrita en augas IBI atlánticas (ver Figura 5). O servizo de predición oceanográfica IBI-MFC está baseado na aplicación dun modelo NEMO rexional que inclúe procesos de alta frecuencia de importancia primordial para caracterizar procesos

CESGA proporciona as suas infraestruturas avanzadas para soster tanto a produción da operativa IBI-MFC como a provisión de servizos. Así mesmo, os recursos de computación de altas prestacións dedicados permiten incrementar as capacidades de investigación do compoñente CMEMS IBI-MFC. Para alcanzar este obxectivo, CESGA proporciona ao servizo de CMEMS IBI-MFC as infraestruturas de computación de altas prestacións e de rede de comunicacións necesarias para prover a contorna de traballo científico-técnico máis adecuada. O IBI-MFC de Copernicus proporciona desde mediados de 2011 e de modo ininterrompido estimacións de estado e predicións para as augas da rexión IBI do Atlántico. O principal obxectivo do servizo é producir unhas previsións a curto-prazo (5-días) en tempo real de correntes e outras variables oceanográficas, como temperatura, salinidade e nivel do mar, así como para obter una mellor comprensión da dinámica do océano

10

díxitos  xullo 2015

mariños a escala rexional (p.ej. forzado mareal, aumento do nivel do mar e forzado atmosférico de alta frecuencia, achegas de auga doce dos ríos, etc.). Esta aplicación de resolución de remolinos de 1/36º, está forzada cos datos de previsión meteorolóxica actualizada de ECMWF e aniñada no sistema MyOcean GLOBAL. Desde xuño 2014, o novo produto de IBI Reanalysis que cobre o período de 2002 a 2012 tamén se distribúe a través das interfaces de usuario MyOcean. Os produtos IBI-REA comprenden variables físicas e bio-xeoquímicas. O servizo, sistema e produtos IBI-MFC están en constante evolución. Con este obxectivo mantense un alto nivel de actividade no desenvolvemento de evolucións para IBI-MFC, orientados a manter a excelencia científica no servizo. Neste contexto, a curto-prazo (durante o período de 3 anos de duración da Fase I do CMEMS) a evolución prevista dos sistemas do IBI-MFC está centrada en incluir unha estratexia de asimilación de datos no sistema IBI de modelado de circulación oceánica para xerar análise rexional. Outra actualización noticiable en IBI-MFC será a inclusión no catalogo de produtos de predición de ondas e de predición bioxeoquímica. 

Figura 5 Exemplo de Produto de Predición Oceanográfica do IBIMFC: Campo de Temperatura de Superficie do Mar.

Marcos García Sotillo Área de Medio Físico Puertos del Estado


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

RAIATEC CARTOGRAFÍA A

COSTA EN ALTA RESOLUCIÓN

A

observación e predición do estado do medio mariño é actualmente unha tarefa fundamental para dar resposta a diversas necesidades da sociedade desenvolvida como pode ser o entendemento e a mitigación do cambio climático, a mellora da seguridade e eficacia nas operacións marítimas, a redución dos riscos para a saúde, a xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros e a protección do medio ambiente. Ésta é a razón do paquete de proxectos RAIA, RAICO e RAIATEC, financiados polo Programa POCTEP da Unión Europea, o cal ten como obxectivo a creación do Observatorio Mariño Galicia-Norte de Portugal chamado RAIA. Este observatorio basease nunha observación rutinaria da marxe ibérica norte a través dunha rede de boias meteo-oceanográficas, radar HF, e campañas con barcos oceanográficos; na análise e predición do estado da mar, con diversos modelos meteorolóxicos e mariños; e na difusión de toda esta información para que poda ser usado polo público en xeral. Co desenvolvemento de Internet, a xestión dos datos xeográficos mudou totalmente. Actualmente calquera persoa sinte como normal a aparición de mapas nas páxinas web onde, xunto con imaxes satélites, es-

tradas e nomes de sitios emblemáticos, se pode consultar información útil localizadas no seu lugar. Por debaixo destes “web maps” subxacen as chamadas Infraestruturas de Datos Espaciais (IDEs), as cales permiten descubrir información xeográfica, visualizala en mapas e recollela se fose necesario. O grande reto destas infraestruturas é a interoperabilidade, a cal se pode resumir en facer que diferentes servizos espallados pola nube traballen como un so. Neste contexto, estaba claro que RAIA tiña que desenvolver unha IDE para diseminar a súa información marítima, a cal está maiormente xeolocalizada. Así, o proxecto RAIATEC pretende ampliar e reforzar os servizos xeográficos do observatorio. Un aspecto fundamental destes servizos é a presentación da información sobre unha capa de referencia, por exemplo, sobre imaxes satélite. Porén, a información mariña visualízase dun xeito máis adecuado sobre un mapa que presente o relevo do océano, o que se coñece co nome de batimetría. Actualmente existen varias capas xeográficas que recollen a información mundial deste relevo como pode ser a iniciativa europea EMODnet ou a levada

a cabo por Esri. Aínda así, estas capas, que son de ámbito europeo ou global, non teñen resolución suficiente cando se achega un a costa. Este é o motivo polo que dentro do proxecto RAIATEC, o INTECMAR encarga ao CESGA a creación dunha capa de relevo mariño de alta resolución para Galicia, partindo de fontes xa existentes, como son as cartas de navegación, levantamentos previos, ou datos batimétricos recollidos durante o proxecto. Esta capa, ou modelo dixital do terreo de alta resolución, unha vez creada e aliñada con outras, como por exemplo EMODnet, poderá ser usada como capa de referencia para dispoñer sobre ela a cantidade inmensa de datos que xera diariamente o observatorio RAIA.  Pedro Montero Vilar Xefe da Unidade de Modelado Oceanográfico INTECMAR

xullo 2015  díxitos

11


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

HIDROMOD FACILITARÁ SERVIZOS OPERACIONAIS EMPREGANDO servidores DO CESGA

H

IDROMOD é unha empresa especializada en modelización numérica, tecnoloxías de información e sistemas operacionais. A empresa foi creada en 1992 como unha spin-off da Universidade de Lisboa. HIDROMOD ten traballado en diversas localizacións arredor do mundo e completou máis de 400 proxectos para empresas e gobernos. Actualmente ten 12 traballadores altamente especializados e inviste unha parte significativa da súa facturación en investigación, desenvolvemento e innovación. HIDROMOD (www.hidromod.pt/) facilita servizos de consultoria e operacionais de soporte ás actividades marítimas, costeiras e de xestión de augas urbanas e de concas hidrográficas. Nestas áreas de actividade a HIDROMOD ten un coñecemento profundo en modelización numérica, xestión de datos e servizos de previsión. A lista de clientes de HIDROMOD de servizos de consultoria e operacionais inclúen: empresas das área da enerxía (EDP, Portugal) , das augas (SimTejo en Portugal, Lyonnaise-des-Eaux en Francia, Clabsa en España, PAEH en Oman), portos (todos os principais portos portugueses, Santos e Fortaleza no Brasil), administracións públicas (APA, DGPM, DGRM e outras entidades da administración pública, Dirección Xeral Marítima Colombiana, INTECMAR, CETMAR e MeteoGalicia en Galicia e AZTI en Euskadi), Institucións Internacionais (International Maritime Organization, European Space Agency, Comisión Europea), universidades e consultoras.

12

díxitos  xullo 2015

HIDROMOD tense enfocado no desenvolvemento de servizos sustentados en modelización numérica e xestión de datos. Este desenvolvemento ten sido feito no ámbito de diversos proxectos de I+D e de enxeñaría e deu orixe á plataforma AQUASAFE que facilita en tempo real datos medidos e modelados. Os últimos anos, HIDROMOD ten aplicado diversos sistemas de decisión baseados en datos medidos en tempo real e previsións numéricas. Por exemplo, HIDROMOD con base na plataforma AQUASAFE facilita previsións de circulación, ondas, meteorolóxicas e caudais de ríos á escala global. Estas previsións, pola súa vez, son utilizadas para xerar previsións de alta resolución na zona costeira onde a actividade económica é máis intensa. A HIDROMOD ten actualmente sete sistemas AQUASAFE en funcionamento en servidores contratados a empresas dedicadas a servizos de hosting. Adicionalmente foi asinado recentemente un contrato entre HIDROMOD e o CESGA que vai permitir ao sistema AQUASAFE correr de forma automática os modelos numéricos máis esixentes dende o punto de vista do cálculo numérico en hardware dedicado a HPC (High Performance Computing) permitindo así aumentar a resolución e/ou dominio espacial/temporal das previsións facilitadas aos clientes finais.

Recentemente HIDROMOD aplicou un modelo 3D hidrodinámico que cobre todas as Rías Baixas cunha resolución espacial horizontal de 300 metros. Este modelo é corrido en modo de previsión no CESGA por MeteoGalicia. Esta implementación confirma a posibilidade de integrar dunha forma eficiente o hardware de HPC facilitado polo CESGA cos sistemas operacionais mantidos por HIDROMOD.  Paulo Leitão Xestor HIDROMOD


Centro de Supercomputación de Galicia CESGA

Anos luz

A

estrela máis brillante do ceo de verán en Galicia é Arturo. Cando ollamos para ela estamos a ver como era hai 37 anos, que foi o tempo que lle levou á luz facer a súa viaxe. Viaxemos entón ao pasado.

Hai 30 anos naceu a Casa das Ciencias, hai 20 a Domus, hai 10 celebrabamos o Ano Internacional da Física, e en 2015 facemos o mesmo co Ano Internacional da Luz. O primeiro fito representa o xermolo dos Museos Científicos Coruñeses, algo así como un Big Bang na cultura científica en Galicia. O segundo a consolidación desta iniciativa. O Ano da Física pode considerarse o momento no que Galicia comeza a confluír con Europa: Semana da Ciencia, Anos Internacionais, Noite dos Investigadores, premios de xornalismo científico,... Asemade van aparecendo nos medios galegos os primeiros divulgadores recoñecidos polo gran público. Nesta época florecen unha morea de iniciativas novas, desde programas de TV e radio ata formatos inéditos como o teatro ou os cafés científicos. Atrás deste renacemento está sen dúbida o apoio da administración autonómica a través de “Diverciencia”. Lamentablemente a duración deste programa foi breve. Na actualidade a principal vía de financiamento dos proxectos galegos vén da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Esta convocatoria é extremadamente competitiva, pero os proxectos galegos adoitan ter un éxito maior ao noso peso poboacional. Unha parte das iniciativas que naceron con Diverciencia seguen hoxe en día grazas ao mecenado privado da Fundación Barrié. Outro movemento interesante son as incipientes unidades de cultura científica dos organismos de investigación. Nos últimos anos puidemos ver como creceu de forma importante o número de persoas que apostan pola divulgación da ciencia de calidade. Proba disto é a constitución de Divulgacción, a “Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica” que a día de hoxe conta con máis dun cento de asociados. É moi significativa a diversidade do ecosistema que se está a crear: xornalistas, profesores universitarios e de instituto, actores, pequenos empresarios,... Mesmo xa empezan a existir profesionais que poden dicir que van vivindo da divulgación en calquera das súas múltiples manifestacións.

Manuel Vicente Presidente de Divulgacción Esta masa crítica esta a xerar continuamente novos contidos, formatos, proxectos e públicos: medios na rede, animacións 3D, aplicacións, actividades para familias, certames de relatos,... Co valor engadido de que toda esta nova divulgación se está a facer en galego. En Galicia somos quen de lanzar bos proxectos de cultura científica. O difícil nos tempos actuais é dar continuidade as iniciativas que merecen a pena. Aínda nos falta que o financiamento público e privado descubra o potencial da cultura científica. Se este verán te achegas a algunha das múltiples observacións de ceo que temos no país pregunta por Arturo. Con so miralo saberás que en divulgación da ciencia estamos a anos luz de onde estabamos, pero tamén lonxe de onde queremos chegar. 

xullo 2015  díxitos

13


CESGA Centro de Supercomputación de Galicia

Pulo ao

Emprendemento Feminino

O

programa Woman Emprende da Universidade de Santiago de Compostela nace co obxectivo de impulsar o espírito emprendedor e a creación de empresas promovidas por mulleres universitarias. O equipo que constitúe Woman Emprende desenvolve, entre outras actividades, seminarios, talleres, laboratorios e cursos dirixidos á comunidade universitaria feminina co fin de fomentar e acompañar o espírito emprendedor para a creación de empresas innovadoras: spin-off académicas. Entre as actividades que se viñeron realizando atópanse iniciativas como: • O asesoramento a proxectos empresariais de mozas universitarias e investigadoras. • O desenvolvemento de programas de investigación sobre a emprendedora que apoien e complementen o labor do programa Uniemprende da Universidade de Santiago de Compostela. • O desenvolvemento de actividades en rede para o apoio á emprendedora, para difusión, asesoramento e investigación relacionada. • O deseño de políticas que favorezan a conciliación da vida familiar e profesional tendentes á mellora da calidade de vida dos/as emprendedores/as. Unha vez que o programa de creación de empresas da Universidade de Santiago de Compostela –UNIEMPRENDE- alcanzou a madurez suficiente para analizar o potencial emprendedor da comunidade universitaria na que estamos integrados, un equipo de traballo promovido polo propio programa detectou a importantísima necesidade de analizar e explorar en termos de xénero a iniciativa emprendedora universitaria. O resultado destes estudos levou a concluír que na Universidade de

14

díxitos  xullo 2015

Santiago de Compostela o emprendemento era unha cuestión fundamentalmente masculina, a pesar de que en todos os seus ciclos formativos exhibe unha maioría de alumnas fronte a alumnos.

dirixidas por homes (e non é só unha cuestión unicamente da nosa universidade). Ese desaxuste levou a que o equipo de traballo cualificase a situación como de “desequilibrio emprendedor de xénero”.

Por tanto, a maioría dos potenciais emprendedores da Universidade de Santiago de Compostela aos que se dirixe o programa Uniemprende son mulleres, no entanto, no momento de materializarse o emprendemento prodúcese un investimento da tendencia, e a maioría das empresas creadas dentro dos programas de creación de empresas universitarias están

Unha vez diagnosticado o problema chegou o momento de exporse algunhas cuestións. Por que se produce esta situación? Cales son as causas? Que se pode facer? Quen pode desenvolver mecanismos de correción? Como se pode levar a cabo un programa que equilibre esta tendencia? Cal é a forma de non desperdiciar tanto capital intelectual? Todas estas preguntas

UNIRISCO Capital Risco Formal

UNIBAN Rede de Business Angels

UNIGUARANTEES UNIMICRO-C Garantías e Microcréditos

Premios UNIEMPRENDE Concurso de Ideas e Proxectos

Poboación universitaira

% Mulleres emprendedores = % Mulleres universitarias

Incremento emprendedores universitarios

Estrutura do Programa Uniemprende

UNINOVA Incubadora de Empresas

Empresas Concepto UBS Emprendia Emprendiapolis ...


tentaranse contestar o desenvolvemento dunha nova ferramenta metodolóxica que axude a pilotar un cambio para lograr que os datos do emprendemento arroxen uns números armónicos en relación co xénero fronte ás cifras xerais da relación alumno/a de a universidade no seu conxunto. Esa ferramenta metodolóxica que axuda á descrición, análise, actuación e correción dese “desequilibrio emprendedor de xénero” é Woman Emprende, que ofrece unha exploración en termos de xénero de todo o proceso do programa de creación de empresas universitarias baseadas no coñecemento, ao mesmo tempo que ofrece unha metodoloxía de calidade e actualizada, ofrece apoio ás emprendedoras, desenvolve actividades comúns, e acompaña a cada un dos proxectos desde o inicio até o desenvolvemento real da actividade. Todo isto, tendo en conta a situación de inferioridade da que parten as mulleres para realizar esta actividade emprendedora, tanto por unha cuestión de mentalidade herdada por séculos de androgenismo como pola propia contorna social, tendente a crear “teitos de cristal” permanentes alí onde as mulleres tentan destacar. Woman Emprende é un programa da Universidade de Santiago de Compostela dirixido á muller universitaria emprendedora que inicia as súas actividades a finais do ano 2006 despois dunha fase previa de incubación. Esta iniciativa xorde baixo o paraugas do programa Uniemprende (ver Táboa 1) co obxectivo de responder á nova realidade social e sociolóxica da Universidade de Santiago de Compostela. Por iso, Woman Emprende é unha plataforma ideada, xestionada e levada a cabo por mulleres e dirixida a todas as persoas emprendedoras. Eva López

Poboación Universitaria

Emprendedores Universitarios

Desequilibrio emprendedor de xénero

Programa UNIEMPRENDE

Accións para promover o emprendemento na comunidade universitaria

Poboación Universitaria

Emprendemento Universitario

68 % Mulleres

% Mulleres Emprendedoras < % Mulleres Universitarias

Distribución da poboación universitaria Ademais de todo isto, Woman Emprende tamén é unha rede para desenvolver, sempre dentro do programa UNIEMPRENDE, unha plataforma de traballo para potenciar a creación de empresas no ámbito universitario e conseguir resultados de participación das mulleres en consonancia á súa cota de participación na Universidade. O programa Woman Emprende proporciona unha ferramenta de traballo específica para desenvolver a tarefa emprendedora feminina no contexto poboacional universitario compostelán, no cal o número de mulleres rolda o 70%, porcentaxe que non se traslada ao número de emprendedores e emprendedoras universitarios, posto que só un 26% do total de universitarios e universitarias son mulleres (ver Táboa 2). Pero nese 26% están os proxectos que mellores resultados alcanzaron en termos de viabilidade económico-financeira, exemplos como Galchimia, NanoGap,… están nese 26% e están liderados en feminino. Que constatamos con isto? Un “desequilibrio emprendedor de xénero” que unha vez detectado é necesario corrixir con traballo, dedicación e un programa de actuación solvente, ordenado e cun gran control metodológico. Unha das accións intelectuais do Programa Woman Emprende é coñecer, analizar e estudar por que se produce este “desequilibrio emprendedor de xénero” á vez que desenvolver toda unha serie de actua-

cións, actividades e prácticas para corrixir, na medida do posible, estes resultados. Por tanto, Woman Emprende non só é un programa de dinamización do emprendemento feminino universitario, senón que é unha plataforma de análise, de reflexión e de debate na que se estudan e investigan as mellores solucións para rectificar os números do “desequilibrio emprendedor de xénero”. Tanxencialmente a estas iniciativas, a misión do Programa Woman Emprende consiste en potenciar o emprendemento a través de accións que propicien a participación da muller nos programas de Uniemprende, posto que o programa Woman Emprende analiza de forma transversal todos os ciclos de asesoramento á creación de empresas de base tecnolóxica do programa Uniemprende desde a perspectiva do xénero. Como conclusión, apuntar que o programa Woman Emprende xa está a realizar un importante labor de revisión dos procedementos de traballo do programa Uniemprende en colaboración con todo o seu persoal. O obxectivo deste labor é conseguir que nos procesos de “acompañamento empresarial” que se están autorizando aumente a participación feminina, algo que se alcanzará si analízanse, discuten, estudan e investigan os protocolos de actuación que se seguen no asesoramento á creación de empresas de base tecnolóxica.  Eva López Directora Programa Woman Emprende

xullo 2015  díxitos

15


HP Apollo Systems Reinventing HPC today to accelerate the world of tomorrow

Follow us at @hpconvergedsys Learn more at hp.com/go/apollo

Díxitos Julio 2015  

Publicación periódica de la Fundación CESGA.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you