Page 1

EDLG DO CPI DE ZAS CURSO 2013-2014.


17 de Maio Día das Letras Galegas

Xosé Mª Díaz Castro.

EDITORIAL: Ola a todos! Aquí estamos de novo coa nosa Revista Zascandil!! Nela amosamos os traballos e actividades que fixeron os nosos rapaces durante todo este curso e que elaboraron para a revista co fin de amosarvolos con relatos, fotos,debuxos…. Este ano, o persoeiro ó que se lle adican as letras Galegas é Xosé Mª Díaz Castro do que seguro vos falaron na clase e nas nosas páxinas tamén aparecerá salientado. En fin, todo o que contén esta revista e levades para as vosas casas é para que o desfrutedes en familia xa que o fixemos con moito agarimo e eseperamos que vos guste a todos. Desfrutade da vosa revista e quén sabe… se cadra para o ano aparecedes vós como autores nela!! Animádevoss!!! Bo verán a todos!! EDLG


LIMIAR Portada..............................................................1 Portada interior.....................................................2 Editorial.............................................................2 Limiar

.............................................................3

Os nosos pequenos labradores..................................4 - 8 As nosas festas de 1º ciclo....................................9- 12 Os xornalistas de 3º..............................................13 Os publicistas de 4º ..........................................14- 15 Imos de concerto con 5º.........................................16 Excursión a Borneiro 6º .........................................17 Os nosos escritores premiados................................18- 21 Namórate con 5º..............................................22- 23 Os vangardistas de 4º ESO .....................................24 As periodistas Noemi e Natalia DE 4º ESO.................25-29 Xosé Mª Díaz Castro.............................................30 Orlas..............................................................31 Fotos..........................................................32 – 33 Gañadores 2013-2014 ........................................34 Panxoliña de Nadal 1º ESO...................................35 Concerto das Letras Galegas...................................36 Correlingua 2014................................................37 English Space...................................................38-41 Departamento de Tecnoloxía..................................42-44 Orientación....................................................45-47 Aliméntate ben............................................... 48- 51 Ligas de recreo de ESO....................................52- 53 Cultura clásica.................................................54 Meteoescolas...............................................55- 56 Refránea co tempo...........................................57 Pasatempos..................................................58- 62 Contraportada interior...........................................63 Contraportada....................................................64


E N T R O I D O


FESTAS DO OUTONO


GRANXA SAT BUSTO-CORZÓN

AS NOSAS SAÍDAS

CASA DAS CIENCIAS


X E AL


O alumnado de 4ยบ e 5ยบ de Primaria cos protagonistas do Concerto


BY: Mario Castro 5ยบ EP


calquer

Mónica…..é …...Saray Rama 1º ESO


Madalin Ismana 1ยบ ESO


ALVARO FARIÑA 3º ESO

Ana García 6º EP


CADÁVER EXQUISITO:

É unha técnica surrealista que consiste na creación dunha historia a partir de fragmentos escritos por diferentes persoas. Cada unha só pode ver o fragmento que escribiu a anterior. Neste caso, a partir do texto inicial que nos entregou Ana, a nosa profesora de castelán, creamos o noso propio cadáver exquisito: – Bos días... Fai moito que espera? – Nooon. Sempre fun mazá...

– Que? Mmmm... ok. Non, en serio, fai moito que espera? – Non, fai unhas dúas horas. – E para vostede, dúas horas non é un montón de tempo? – Pois a verdade é que non; sería moito peor estar esperando toda a vida... – Toda a vida?! Pero vostede está chalada?! Esperar toda a vida... Qué barbaridade! A verdade é que, si eu fose vostede e tivese que esperar, xa non lle digo toda a vida, senón esas dúas horas que dixo, non sería quen de facelo. – Mmmm... Supoño que... En fin, eu non son vostede e vostede non é eu así que, por favor, déixeme esperar tranquilamente. E aí a deixou. Esperando como ela quería...; con xesto enfadado, os puños pechados, mirando ao seu redor, esperando a ese alguén co que tantas veces soñara e que era quen de penetrar no seu subconsciente e cuxo rostro nunca chegara a ver. Tan só tiña unha vida para vivila e quería facelo segura de non malgastala. Quería coñecelo, saber se iso chegaría a algún lado, si o pouco que sabía era suficiente, se iso que sentía era real. Quería saber tantas cousas e en tan pouco tempo que seguiu esperando. Esperando algo, esperándoo a el.. E aí seguiría esperando, aínda que pasasen os anos, aínda que o seu cabelo castaño se tornase branco como a neve. Pero xa non podía esperar máis. Non sabía que facer. Estaba confusa. Ao lonxe, entre as sombras da noite escura, viu unha figura alta. Acercábase lentamente. Nese momento, decatouse de que non andaba senón que levitaba. O corazón paróuselle unha milésima de segundo, momento o cal a sombra aproveitou para, cun rápido movemento, atrapala cos seus longos brazos. Un berro afogóuselle na gorxa. Quedárase branca. Intentaba berrar pero éralle imposible. Entón, uns ollos zafiro apareceron ante ela. A sombra adoptara a forma dun aposto mozo. Sorriu de lado e, cunha voz ronca, murmurou... – Chámome Cail... Non lle saían as palabras... non lle puido dicir nada, nin o seu propio nome. – Eu, eu, eu... – díxolle tatexando. Pero non puido rematar; el interrompeuna. – Imos. – E perdéronse entre os vagóns; non sabía cada onde a levaba pero seguiuno ata o Inferno. (Texto feito polo alumnado de 4º ESO e a súa profesora de castelá,Ana García, ca técnica surrealista do cadáver exquisito).

Ana, Kassandra, Noemi, Natalia, Forji, Sergio, Iván, Vania e Adrián.


UNHA VISITA MOI ESPERADA… O día 8 de Maio tivemos a gran sorte de recibir unha visita moi especial. A escritora e ex-mestra Fina Casalderrey acudiu ao CPI de Zas para reunirse cos alumnos e alumnas de terceiro, cuarto quinto e sexto de educación primaria. Para eles foi unha visita moi enriquecedora, xa que puideron coñecer a autora dos libros que eles leran durante este curso e a cal dedicaran numerosos traballos. Traballos que ela agradeceu cun gran sorriso na cara, e a cambio, regaloulles numerosas historias que fixeron que os rapaces comprendesen a importancia da lectura. Os nenos ficaron calados e atentos durante toda a visita, e atrevéronse a facerlle algunas preguntas a Fina, que ela respondeu moi amablemente, como por exemplo, que era o que lle inspiraba a escribir, ao que contestou: “Hai que mirar para dentro e para fóra, calquera cousa nos pode inspirar, como por exemplo, o simple movemento das follas” Tamén temos que confesarvos que a nós, a estas dúas rapazas que tivemos a sorte de estar presentes, nos emocionou moito a historia dunha señora que sabía leer tan só coa mirada e moitas outras que transmitían tenrura e mostras do moito que ama os libros. Para finalizar a xornada, a escritora asinoulles os libros que os nenos e nenas leran e tomou, amablemente, fotos con todos nós.


Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Xose Mª Diáz Castro. Un mestre,escritor, poeta e traductor galego que naceu en “Os Vilares” (Guitiriz) en 1914, e aínda que viviu a maior parte da súa vida en Madrid por traballo, veu pasar os seus últimos anos á terriña, onde morre en Lugo en 1990 Formouse na escola “Habanera” promovida desde a súa parroquia da man da Sociedade “Villares y su comarca” e posteriormente no seminario de Mondoñedo para cursar estudos eclesiásticos. Interesado sempre polas linguas; da os seus primeiros pasos na escrita literaria dirixindo unha revista escolar e publicando en Diarios locais de Vilalba como por exemplo “El Progreso Villalvés”. Comeza de Mestre en Vilagarcía de Arousa ata que aproba as Oposicións para traballar en Madrid como traductor de Ministerio. Na súa carreira de escritor acadou numeroso premios como: Xogos Florais de Betanzos ó mellor poema en Castelán “ El cantico de la Ciudad” e á mellor poesía en Galego “ Nascida dun soño”. Foi un escritor moi activo e variado por isto entre as súas publicacións atopamos: Artigos en varios xornais da súa zona; traballos como traductor pasando textos poéticos a outras linguas de autores galegos ( Rosalía, Iglesias Alvariño...)e españois (Rafael Alberti, García Lorca...); participación en proxectos literarios de promoción da literatira española dando valor á nosa lingua e a outras esquecidas da nosa xeografía. Pero este autor polo que destaca é polos seus poemas que recompilou no libro “Nimbos”, obra que o consagrou como un dos mellores poetas da literatura galega de Posguerra. Nesta obra é onde se atopa o seu poema máis coñecido “Penólope” ( 1950). Tendo en conta todo isto a RAG o 21 de Xuño do 2013, acordou adicarlle este ano o día das Letras Galegas co fin de homenaxealo no ano que coincide co 1º centenario do seu nascemento, homenaxeando ao home que definiu o seu amor pola escritura e a poesía cunha soa frase: “a beleza feriume para sempre”.


VA

IVÁN PARAJÓ

ANA FORJÁN

NATALIA RÍO NOEMI ALLO

O CPI DE ZAS PRESENTA…… “OS SUPERHEROES DE 4º ESO “ 2001-2014 A NDR A S S KA O MAT

VANIA MOUR3ELLE ADRIÁN DOMÍNGUEZ SERGIO MARTÍNEZ


Parabéns a tod@s estes gañadores dos diferentes concursos do centro e do concello e moitas grazas a todos os participantes por mellorar cada día un pouco máis. Animo a todos e seguide participando calquera día poderedes vos tamén ganar e ser os

Nicolás Quiñoy ( 5º EP). Gañador do concurso de postais de Nadal.

Ana García ( 6º EP), Alvaro Fariña (3º eso) e Madalin Ismana ( 1º eso). Gañadores do concurso de cartas de amor por San Valentín. (Pax 20-21)

Begoña ( 3 anos); Nuria ( 1ºEP);Lorena (3ºep); Darío (6ºep) e Laura (2º eso). Gañadores do concurso de cabazas do Samaín. Mario Castro ( 5º EP) e Saray Rama (1º eso). Gañadores do concurso de relatos de medo de Samaín.( Pax 18-19)

Ainhoa (4 anos);Paula Súarez( 4ºEP);Marta (1º eso). Gañadores do concurso de Marcapáxinas polas Letras Galegas. Carmen Gloria Cernadas Lema de 2º de ESO. Quedou en 1º lugar do Sector de A Coruña na VI Edición do Concurso de Novos Talentos de Relato Curto que organiza Coca-Cola coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia


Os rapaces de primeiro veñenvos aquí cantar(e) para falar destas festas que hoxe van comezar(e) Ande,ande,ande que vén o Nadal Ande,ande,ande que marchamos xa Hoxe vannos dálas notas dos exames que fixemos temos que aprobalos todos porque nolo merecmos Ande,ande,ande (…) Marchamos de vacacións co trimestre rematado confiamos non nos carguen de deberes e traballos Ande, ande, ande (…)

O noso profesorado xa está un pouco canso case todos os da clase facemos un bo teatro Ande,ande,ande (…) Somos todos faladores e tamén uns bos rapaces esperamos que o entendades e non nos poñades partes Ande,ande,ande (…)

O vindeiro vinte e catro é o día de Nadal unha festa ben querida e tamén moi familiar

Ande,ande,ande (…) Esperamos polos Reis o día seis de xaneiro e este ano coa crise nin regalos nin diñeiro Ande,ande,ande (…)

A partir do día oito xa volvemos á rutina desexamos que o 14 sexa un ano de fortuna

Ande,ande,ande (…) Aquí vai a despedida duns rapaces deste centro esperamos vos gustase ese foi o noso intento

Ande,ande,ande (…)


O 23 de Maio celebramos no colexio un concerto músico literario en conmemoración das letras galegas no que todo o alumnado do Centro participou dun ou doutro modo. Algúns tocaron instrumentos de todo tipo amosándonos o seu dominio nel e a súa ilusión por tocar para todos e outros leron algúns dos poemas do autor Xose María Díaz Castro ó que se lle adicaron este ano as Letras Galegas Ademais o mestr Stevo esntregou os agasallos do torneo de xadrez realizado este ano no que houbo moitos gañadores do colexio . Todos estiveron moi ilusionados polo acontecemnto qie prepararon toda a semana con ilusión incluíndo programas que se repartiron ese día e cartaces que se colgaron por todo o colexio.

Haberá que repetir para o ano que vén non ??


Sábado 17 de maio de 2014, día das nosas letras, día das Letras Galegas, adicado este ano a Xosé María Díaz Castro. E que mellor maneira de demostralo que xuntándonos con toda una xente, galegos, poñendo en coñecemento o que sentimos e berrando pola Coruña adiante o que queremos. Este ano ademais de pancartas, bonitas e traballadas, decidiuse animar coa axuda de instrumentos ou calqueira tipo de animación. Había algo de todo: tambores, trompetiñas, bucinas e o máis importante unas voces tremendas para que todos nos mirasen e descubrisen o que hai que falar, Galicia vai unido a galego. Todo isto, realizado por distintos institutos como Vimianzo, Malpica, Arteixo, Zas… ten un nome CORRELINGUA. Os compañeiros do CPI de Zas xa tiñamos ido algún que outro ano e incluso gañamos unha vez o concurso de pancartas, pero que máis dá gañar se ao final non conseguimos o obxectivo polo que loitamos. Iso tamén está ben, pero que pasa coa nosa intención de que as persoas falen o galego? De que importa manifestarse se os rapaces van falando o castelán? Están, realmente, apoiando todas as nosas decisión de intentar levar adiante a nosa lingua? A partir do verso Un paso adiante e outro atrás, Galiza! do poema Penélope do noso adicado Xosé María Díaz Castro xorde outro de Claudio Rodríguez Fer dicindo UN PASO ADIANTE E OUTRO MÁIS, GALIZA!


1- CELEBRACIÓNS: Como tódolos anos gústanos conmemorar aquelas celebracións que resultan significativas para nós, como son o Samaín (Halloween), o Nadal (Christmas) e o día da Paz (Peace Day). Nesas datas, ademais das tarxetas de felicitación correspondentes que levan para as súas casas, cantamos cancións relacionadas con esas celebracións e expoñemos no taboleiro da aula algúns dos traballos feitos na clase. Ademáis tamén polo día do Pai ( Father’s Day) e o día da Nai ( Mather’s Day) confeccionámoslle unhas tarxetas con moito agarimo para felicitalos. Ahí vos deixo algunhas fotos:

Hallowen

Peace day

Christmas


2- OBRAS DE TEATRO: Este curso o alumnado de Primaria de Zas asistiu á representación de dúas obras teatrais en inglés, porque os nen@s de Sexto xa viran “Tarzan” cando estaban en Primeiro. O 5 de novembro de 2013 o alumnado de Primeiro, Segundo,Terceiro, Cuarto e Quinto foi a Baio para ver “Tarzan” cos nen@s de Primaria de Baio.

Miguel de 1º e Iria de 5º tamén actuaron

Cando Tarzán coñece á súa sogra

A obra resultou moi interesante para o alumnado


O 4 de abril de 2014 o alumnado de Sexto foi a Cabana para ver “Derailed” cos nen@s de ESO de Zas e de Cabana.

O Auditorio de Cabana estaba cheo Darío bailando ao son de “Train, train, train”

O inspector Cluelez pensaba que Xabi roubara o White Tiger Diamond

O alumnado de Sexto diante dalgúns traballos da preparación previa á obra


Aos nosos alumnos de 4º da ESO saiulles a vena poética!! E nada mais e nada menos que en INGLÉS!! QUE VOS PARECE!!! Ahí vos deixo as súas obras

We ar e like i nsects Are you Reddy?? We do on this n’t kno strang w any e Wor But w t h ld i ng abo e think u t i w t e can d And th escribe is Wor it with d to de a Wor scribe Sergio d the Wo Alvare rld is “ z fantas tic”. clock e h t es ck c k fo o t k r kno c o o Ti d ssage e a , m e a s tim bring Slow , s u pts r ag e u u r o r c e t s In o r give e h c a e to g e m i t s The t t` e, low ngs, I y i r b , l l ng Be runni t Mato u o a r e d n Com Kasa

I hea r He t him e ll s m e wh But I'm n at I h ot w I'm t orrie ave to d ryin o d ab g my I'm i out i clea nsid t ts e my The thou wor d g hts I kee He s tops p sa ying ta lk My in g is S C team ORE mat The e s hu refer g e me e bl o It's t ws h i me to W is w histl IN e A

driá

n Do ming uez m oure ll e

onounce YOU ARE that people pr ve lo d or w e ord, th ing. You are the w mpty of all fell e , m th y h r t y, withou so without melod from the check ll fa t a th rs a You are the te ve. suffered for lo r e ev o h w e ne. n f someo oesn´t fell alo d o h w er d el ile of an You are the sm ork. fter a day´s w a d r a ew r e th to say You are man who had o w e th f o t r mfo You are the co er. ost. goodbye forev n he need it m e h w ss le lp e h brace of the ead. You are the em nates in my h so re t a th ” ve “Belie You are that r your name. a e h I en h w rt eat of my hea You are the b You. and my life is , fe li e th e r a Yo u Moreira Natalia Río

orld strange w is h t n o ke insect it We are li ing about h rd t y n a w kno with a wo 't it n e o d ib r e c s W can de hink we t e w t u B orld is dead w h t n o s ke zombie a bit We are li ds smell in m id r ms t Our pu ll of wor u f e r a s brain And our orld this old w n o s ie b k e ba We are li w trip start a ne e st w n e h W are so lo e w t a h t ver We disco ated at we cre h world. w e r a We his pure t n o s r e onst We are m

n Ana forja


ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA CONCURSO FELICITACIÓN DE NADAL En colaboración co EDLG. Data

Destinatarios

1º trimestre. As felicitacións elaboraranse durante os meses de novembro e decembro. Unha vez rematadas exporanse na páxina web do centro. Entrega de premios: Festival de Nadal Alumnos de 3º ESO e 3º ESO PDC

Realizouse o CONCURSO “FELICITACIÓN DE NADAL” como actividade do departamento para os alumnos de 3º ESO. Un xurado de profesores elixiu como gañadora a do alumno: Brais González Antonio.

Se lle premiou cun reprodutor IPod nano.

Visita ao MACUF e participación na actividade "Home Made 3D" O departamento de Tecnoloxía organizou a actividade en colaboración cos departamentos de Ciencias Naturais e E. Plástica e Visual. O 26-11-2013 os alumnos de 2º ESO – 3º ESO – 3º PDC ESO - 4º ESO de ESO visitaron o MACUF para participar na actividade HOME MADE 3D. HOME MADE 3D é unha actividade educativa de carácter transversal que involucra obxectivos e contidos específicos de varias materias impartidas na Educación Secundaria. Formúlase como unha aproximación de carácter netamente práctico á cuestión da imaxe estereoscópica, dende unha dobre perspectiva: 1. Biolóxica: anatomía e utilidade da nosa visión en relevo. 2. Tecnolóxica: funcionamento e aplicacións dos sistemas desenvolvidos para simular este efecto.


O alumnado recibiu unha charla e visionou exemplos da aplicación de diferentes tecnoloxía para a creación de imaxes e películas en 3D. Tamén participou nun taller no que crearon as súas propias películas 3D.


25- Novembro DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO Dende o Departamento de orientación e xunto coa Comisión de Convivencia no CPI de Zas, polo 25-Novembro Día internacional para a eliminación da violencia de xénero, realizouse co alumnado dende 3º de Educación Primaria, un concurso de marcapáxinas con debuxo e lema libre relacionado coa violencia de xénero. De entre tod@s os marcapáxinas presentados e expostos no tablón da Biblioteca houbo dous seleccionados da ESO, que foron os de Natalia Rio de 4º de ESO e o de Cristina Torres de 3º de ESO.

EXPOSICIÓN DE MARCAPÁXINAS E ESTE FOI O RESULTADO

DO

TRABALLO

DO

ALUMNADO DE 1º E 2º DE PRIMARIA SOBRE O CONTO: “HAI ALGO MÁIS ABURRIDO QUE SER UNHA PRINCESA ROSA?”


8 de Marzo polo día INTERNACIONAL DA MULLER Neste día convidouse a participar a todo o alumnado do Centro. cunha proposta na que todo o alumnado trouxo unha fotografía dunha muller da súa familia ou do seu entorno traballando. A fotografía reflectía situacións da vida diaria na casa, no campo, na oficina, nas compras…

AS MULLERES TRABALLADORAS E o alumnado do 1º ciclo de Primaria polo 8 de Marzo “ Día da Muller Traballadora, tamén aportaron os seu grao de area con este precioso mural.


E por último, ahí vos deixo un comic dunha nena de 1º de Primaria sobre Concepción Arenal polo día 8 de Marzo. Espero que vos guste!!


LIGAS DE RECREO EN SECUNDARIA Continuando coa labor de dinamización deportiva dos recreos que comezamos xa o curso pasado, dende o Departamento de Educación Física perseguimos o obxectivo de propiciar aos alumnos de secundaria a posibilidade de incrementar a súa cantidade de exercicio físico diario e mellorar así o seu estado xeral de saúde fomentando hábitos que rompan co sedentarismo. É por iso que se están a celebrar diferentes ligas e torneos deportivos desenvolvidos durante os recreos da ESO no campo exterior cuberto así como no pavillón polideportivo.

LIGA DE BRILÉ 7X7

: participaron 9 equipos

Campión “ATLETIC ZAS“ (1º/2º/4º ESO) Alejandro E, Juan A, Kevin P, Daniel D, Adrián D, Sergio A, JA Calo

TORNEO DE FÚTBOL 7X7

: participaron 8 equipos

Campión “CHOPPINES“ (3º PDC) Carlos R., Cristian M, Joel Q, Pablo T, Álvaro F, JA Oreiro, Nuria R, Rocío T

: participaron 12 equipos


Campión “PORCO Ó TALLO” (3ºPDC) JA Oreiro, Mario C, Pablo T, Carlos R, Alvaro F, Rocío T * Os campións recibiron da 1ª Avaliación recibiron uns TROFEOS, os demáis serán premiados no festival de fin de curso .

Neste último trimestre está xa disputándose unha coa participación de 10 equipos de 5 saltadores cada un deles. A idea é que os mellores participen nunha final individual a doble corda que se celebrará no festival de fin de curso. O Departamento está a organizar dous torneos máis, de , que esperemos nos dea tempo a desenvolver durante esta 3ª Avaliación

Foto liga de Baloncesto curso 2012/2013


CULTURA CLÁSICA PARA TODO O 2ºCICLO DA ESO

O venres 25 de abril, os alumnos de 3º e 4º da ESO visitaron o auditorio do Conservatorio de Música de Culleredo, A Coruña, para presenciar a obra de teatro clásico titulada “Las Troyanas” , unha auténtica traxedia griega escrita por Eurípides e posta en escena pola compañía cullerdense “El Ruiseñor” que, desinteresadamente nos ofreceu esta interpretación. A obra trata da traxedia vivida polas mulleres troyanas tras a derrota de Troya polo griegos nunha guerra que durou 10 anos e deixou mortes tan significativas como a de Aquiles no exército griego ou Héctor no bando troyano. Os griegos repártense as mulleres troyanas antes de queimar Troya e partir cara Grecia. Ao rematar a obra, os rapaces tiveron a oportunidade de subir ao escenario, falar cos actores e sacarse fotos con eles. O noso agradecemento a toda a compañía.


Non hai moito tempo lin unha noticia que viña a dicir que a información máis consultada e valorada diariamente polos cidadáns era o prognóstico meteorolóxico. Non me estrañou o máis mínimo, eu mesmo son unha de esas persoas que acode puntualmente, cada tardiña, á cita cos oráculos do tempo, noutrora os homes do tempo, hoxe, as webs meteorolóxicas. Por eso, saber se mañá van caer chuzos de punta ou se nos imos a asar coma polos é algo que nos preocupa a tod@s., xa que , de unha ou de outra maneira, facemos plans ou trocámolos en función do tempo. Así, coñecer este tipo de información non só é útil para romper ese silencio incómodo que se produce cando dous descoñecidos comparten viaxe nun ascensor, senón que determina a nosa actividade a curto prazo: poder ir a dar un paseo, facer plans para a fin de semana, ter que botar a tarde axudando a ensilar.... Ademais, a meteoroloxía é unha ciencia moi socorrida para os profes xa que é unha materia multidisciplinar, que abrangue moitas áreas como a física, a química, as matemáticas, as ciencias sociais, etc. Con todo isto, cando a principios de curso xurdiu a posibilidade de levar un proxecto en torno á recollida de datos meteorolóxicos, non o dubidamos nin un instante: o CPI de Zas tiña que formar parte de Meteoescolas. Vale, moi ben, pero que é eso de Meteoescolas? Meteoescolas, como outros dos proxectos incluídos no Plan Proxecta, é un programa que se desenvolve simultaneamente en varios centros de Galicia a iniciativa dunha entidade allea ao sistema educativo, no noso caso MeO noso punto de partida foi a chegada ao centro de dous instrumentos de medida, un pluviómetro e un termómetro de máximas e mínimas. A partir de aquí, os alumnos de 3ºPDC construíron unha mini-estación meteorolóxica que puidese albergar este instrumental. MINI-ESTACIÓN


Así xa tiñamos a base sobre a que levantaríamos o noso proxecto: recoller diariamente os valores de precipitación, temperatura máxima e temperatura mínima, e extraer a maior cantidade de información destes datos. Unha vez instalada a estación coa axuda de Pepe,

decidimos crear un logo co que nos puidésemos sentir identificados. Esta tarefa artística desenvolvérona os alumnos de 4º de ESO, que deseñaron varias imaxes por ordenador; finalmente eliximos unha por votación popular. Tamén creamos un blog no que iamos publicando todos os nosos avances no proxecto. Diariamente, e por turnos, os alumnos de 5º e 6º de primaria e todo o alumnado de

secundaria, foron recollendo os devanditos datos. Con éstes, elaboramos táboas, gráficas e climogramas e analizamos a información que se agochaba tras esa morea de números. Pero a cousa non acabou aí, construímos novos instrumentos que nos permitisen medir a dirección e a intensidade do vento, experimentamos coa presión atmosférica e, incluso, chegamos a recrear

perimentos

ALUMN@S CON EXPERIMENTOS

ex-

como o realizado por Torricelli no século XVII. Ademais, decatámonos que a meteoroloxía non só se limitaba a números e experimentos, senón que estaba presente na nosa vida cotiá e na nosa fala, así que decidimos recopilar toda a sabedoría popular en forma de refráns, poemas ou cancións que gardasen relación co tempo; POR EXEMPLO:

* Cando hai xiada , queima toda a ramalla * Cando o verán e inverno e inverno e verán mal anda para os pobres o ano de pan CONSTRUÍNDO O PLUVIÓMETRO

ALUMN@S RECOLLENDO DATOS

Agora, despois de este pequeno camiño recorrido, a sensación é que o curso remata pero este proxecto non vai morrer con el. En setembro retomaremos as nosas medidas pluviométricas, as táboas de temperaturas e as gráficas e volveremos a poñernos na pel dun “home do tempo”.

Participaron no proxecto MeteoEscolas os alumnos de 5º e 6º de primaria, os alumnos de secundaria e os profesores Estevo, Cati, Sibila, Nacho, Antonio, Pili Veiga, Rosalía e David.


How much do you know about …

In about how many countries is English an official language? a) 8.

English is officially spoken in many countries because… a) it’s an easy language. b) people like it. c) they were British colonies .

b) 16. c) 53.

Which of these is an independent country? a) Guam. b) Bermuda. c) Seychelles.

In which country is English one of the 11 official languages?

a) South Africa. b) India. c) Sri Lanka.

In which areas is English a dominant language? a) In no areas. b) In science. c) In all areas.

Which of these English speaking countries is in America? a) Cameroon. b) Malta. c) Jamaica.

How many people speak English as a first language? a) About 30 million. b) About 100 million. c) About 400 million.

Nairobi is the capital of which of these countries? a) Rwanda. b) Kenya. c) Nigeria.

Lake Victoria is not a part of which of these countries? a) Uganda. b) Tanzania. c) Zambia.

Which of these nonsovereign entities is not in Europe? a) Gibraltar. b) Isle of Man. c) Christmas Island.

How many countries are members of the Commonwealth of Nations? a) 24. b) 53. c) 62.

Modern English is sometimes described as a… a) difficult language. b) lingua franca. c) roman language.

Which countries were not British colonies but English is an official language? a) Madagascar and Rwanda. b) Pakistan and India. c) Kenya and Namibia.

English is not the most spoken language in… a) The Bahamas. b) Singapore. c) India.

Which of these countries was once a U.S. dependent territory? a) The Philippines. b) Puerto Rico. c) Bermuda.

Which of these islands is not in Oceania? a) Fiji. b) Nauru.

c) Santa Lucia. Who is the head of the Commonwealth of Nations? a) Queen Elizabeth II. b) Gordon Brown. c) Barak Obama.

What is “Received Pronunciation”? a) Standard English accent. b) English-American accent. c) Scottish accent.


THE UNITED KINGDOM

1.

8. 15.

16 + 17

13.

Across (→ ) 3. The sea between France and England 9. = Great Britain + Northern Ireland 11. The name of the Parliament 14. The Queen's first name 17. Wales + England + Scotland 21. 18. One of the emblems of Wales 20. The emblem of Scotland 21. The emblem of England 22. The other name of the Republic of Ireland 24. The country north of England 25. The colour of the buses

9.

Down ( ↓ ) 1. The name of the British flag 2. The Queen lives in ... Palace 4. It is a big clock 5. It's the capital of Northern Ireland 6. It's the capital of England 7. The country west of England 8. The street of the Prime Minister 10. The capital is Belfast 12. David Cameron is the ... 13. The colour of the taxis 15. The name of the river in London 16, One of the emblems of Wales 19. The capital of Wales 23. It's the capital of Scotland 24, The emblem of Ireland


Un paso adiante i outro atrás, Galiza, i a tea dos teus sonos non se move. A espranza nos teus ollos se esperguiza. Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mól coma unha uva. Pro tí envólveste en sabas de mil anos, i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, Xesús María!, e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. Un paso adiante i outro atrás, Galiza!


Zascandil 2014  

Revista escolar do CPI de Zas. EDLG Curso 2013-14

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you