Page 1

“Uncas Coñece o río Cereixo”

Curso 2012/2013

“Uncas Coñece o Río Cereixo”

Historias, lendas ou contos recopilados polos alumnos e alumnas do CEP Pedro Caselles Beltrán sobre o Río Cereixo

EDNLG CEP Pedro Caselles Beltrán (Tomiño)

1


“Uncas Coñece o río Cereixo”

Curso 2012/2013

“O río Esteiro” O río Esteiro é cabalo de batalla hoxe en día para paso de merandes e meos de carga, e para propietarios de leiras ribeireñas cando son anegadas polas augas de mares ou riadas. Onte tamén foi o problema para os feligreses de San Pedro de Forcadela, aló polo marzo de 1770, os cales otorgaron poder para que ante o tribunal se expoña que desde a xurisdición de Santa María das Tebras, baixa o río Esteiro que pasa pola ponte da feligresía de Forcadela para desembocar no río Miño. E no lugar chamado Pedras na feligresía de Tomiño forma unha “levada” onde se separa en dúas porcións que serven para regar e fertilizar as terras de Forcadela. Como os viciños que aproveitan as augas teñen que limpar ditas “levadas” queren consiguir do tribunal que as viuvas e eclesiásticos que se negan

a faelo,

o fagan ou nombren persoas que o executen no seu lugar.

Presa da Miudiña Contan que hai moitos anos na presa da Miudiña , que está cerca da Capela de Grixó ían as rapazas de Cristelos a bañarse pero un día correuse a voz que entre o monte andaba o home do saco e desde entón os rapaces non volveron bañarse nesa presa. E sabes pra que era? Para non tapar a presa e así o río Cereixo levaba máis auga.

EDNLG CEP Pedro Caselles Beltrán (Tomiño)

2


“Uncas Coñece o río Cereixo”

Curso 2012/2013

Festa de Grixó A Festa de Grixó faise un ano na parroquia de Barrantes e outro ano na parroquía de Santa María de Tebra. Hai moitos anos, alá en Grixó, dous homes andaban a apañar toxo no monte e viron unha luz no medio do río Cereixo. Xustamente entre as parroquias de Santa María de Tebra e Barrantes.

Alí

considerárono

atoparon un

a

milagre,

imaxe

polo

que

da

virxe.

Isto

no

mesmo

sitio

contruiron unha capela. Grixó Uns homes estaban rozando no monte e viron unha luz no río. Ao achegarse atoparon a imaxe dunha virxe no medio do río. Decidiron construírlle unha capela no monte de Grixó e chamarlle a Virxe de Grixó. Tódolos anos, a parroquia de Sta. Mª de Tebra e de Barrantes, no mes de agosto, celebran conxuntamente unha romería neste lugar para adicarllo a esta santa.

Na Capela de Grixó Na capela de Grixó apareceu unha virxe a un home que estaba a rozar toxos. O home metéuse dentro da capela porque chovía moito. Ao pouco tempo tivo unha filla que lle naceu cunha man sen dedos igual que a virxe.

David Castro No parque do río Cereixo ao seu paso polo Lugar da Pedra (río da Pedra) púxose unha placa en homenaxe a un piragüísta de Tomiño que morreu facendo saltos e baixadas de augas bravas. Chamábase David Castro.

EDNLG CEP Pedro Caselles Beltrán (Tomiño)

3


“Uncas Coñece o río Cereixo”

Curso 2012/2013

María a da Manta Hai anos traballábanse as leiras que hai ao carón do río. Alí había moitas hortas con cebolas, pementos, tomates... e mentres os pais traballaban os nenos xogaban. Para que non se arrimasen a beira do río,

por se caían e a corrente os

arrastraba, dicíanlle que alí vivía unha señora moi mala que os levaba. Esa señora era a María a da manta.

María Manta Non hai moitos anos os pais e avós, non deixaban que os nenos e nenas se acercaran as beiras dos ríos porque había un persoaxe chamado “A María Manta” que levaba os nenos cara o fondo do río.

Lenda Fai moitos anos unha moza choraba a carón dun río pola morte do seu amado. Pareceulle velo no río e tirouse a por él e converteuse en serea. Agora se te acercas a calquera río e choras, a moza sairá da auga e cantárache unha canción a ti.

EDNLG CEP Pedro Caselles Beltrán (Tomiño)

4

Lendas Río Cereixo  

Historias, lendas e contos escritas polo alumnado do CEP PEdro caselles

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you