Anuarioagapiweb2

Page 59

Decembro Marzo A b r i l •••••••••••••••• Anuario de Información do Sector Audiovisual Galego - 59 Abril u O audiovisual galego participa no mercado de televisión MIPTV de Cannes co apoio da Maio Consellería de Cultura e Educación Maio Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Xuño Universitaria promove a Xuño presenza do audiovisual galego na 50ª edición do MIPTV de Cannes, unha das principais citas internacionais Xullo do sector canto á produción e Xullo comercialización de todo tipo de formatos, programas e servizos para televisión, que se desenvolve ata o 11 Agosto de abril na cidade francesa. As empresas Agallas Films, Agosto CTV, Maruxiña Films, Enxebre Sede do MIPTV Entertaiment, Intuitive Productions, Setembro Tree Line Distribution, Ficción Producciones e Somadrome Creative asisten a este mercado baixo a marca Audiovisual from Spain, desenvolvida polo Instituto de Comercio Exterior (ICEX) en colaboración, para Setembro o caso de Galicia, coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no marco do convenio que se

A

mantén co IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica). Tamén están representados nesta plataforma –que se visualiza cun pavillón destacado no espazo expositivo do MIPTV– a Federación de Asociacións de Produtores Españoles (FAPAE) e outros organismos autonómicos como Extenda (Andalucía) e Catalan Films & TV. O pavillón acolle a unhas 30 empresas e institucións nacionais e sirve tamén como punto de encontro de todos os profesionais españois rexistrados neste mercado. Entre as actividades de difusión no marco deste multitudinario encontro (segundo a organización, máis de 11.000 participantes dos que 1.600 son compañías e 4.000 figuran acreditados como compradores de contidos), a Agadic está a distribuír o catálogo Films from Galicia, que recolle a produción galega máis recente canto a longametraxes de ficción, documentais e de animación, así como a última produción de programas para televisión.

u O Novo Cine Galego desembarca no Festival de Bos Aires

R

amiro Ledo presentará no Bacifi o seu filme VidaExtra, unha acerada reflexión sobre a crise das estratexias de contestación frente a un tempo lúgubre que abre en canle as esperanzas dunha colectividade. VidaExtra é a máis lúcida, molesta e profunda indagación na encrucillada na que se atopa a parte da sociedade que busca alternativas de resistencia á situación actual en Europa. É cine que fuxe do optimismo antropolóxico das mareas humanas. Cine que desmenuza sen piedade a ausencia de follas de ruta efectivas para os descontentos. Tamén terá presenza no Bacifi o realizador Lois Patiño, ó que o festival dedica un foco específico que acolle o máis recente do creador, videocreacións de imaxinativa intervención na paisaxe e curtametraxes nas que celebra a avasalladora natureza de Islandia.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.