Issuu on Google+

Compartamos

Benqueridas/os

veciñas/os:

a mirada

Grazas á vosa confianza, durante os tres últimos mandatos tiven a satisfacción e a responsabilidade de asumir o goberno de Santiago de Compostela. Unha tarefa que desempeño con lealdade e ilusión, levando adiante un proxecto de cidade para todos sen distincións. O próximo 22 de maio estamos novamente convocados ás urnas para decidir o destino do noso municipio nos vindeiros catro anos. Volvo concorrer a estas eleccións cun proxecto renovado, sen perder de vista o camiño andado. Os logros conseguidos son a base do futuro que imos decidir entre todos. Nesta ocasión, máis que nunca, falamos de Compostela. A crise internacional propicia a confusión interesada entre as propostas e os obxectivos. As liñas do noso programa son claras: traballaremos por e para Santiago de Compostela, coa mesma dedicación e transparencia que nos caracteriza. Identificados co valor do futuro e das persoas. Seguiremos facendo un esforzo de eficiencia, austeridade e transparencia. O mandato que agora remata estivo marcado pola crise económica internacional, pero nós, desde o Goberno Municipal, non nos limitamos a xestionar a crise senón que tamén quixemos aproveitar as oportunidades que este escenario ofrece para colocar a Santiago nunha mellor posición de despegue económico. Aproveitamos este tempo para dotarnos de infraestruturas e equipamentos imprescindibles, para garantir a competitividade futura de Compostela ao tempo que unha mellor e máis rápida saída de crise. Temos a satisfacción de presentar aos cidadáns de Santiago un balance positivo nun tempo de grandes dificultades. Un balance no que

definimos a cidade dos próximos vinte anos coas mesmas ratios de calidade de vida acadadas. Un balance que nos permite afirmar que o noso modelo de cidade para vivir e traballar é un bo exemplo loado internacionalmente. Imos seguir nese rego porque, afortunadamente, a cidade nunca está concluída e porque conseguimos, polo ben de todos, unha urbe dinámica e emprendedora. Unha cidade culta e ecléctica. Unha cidade segura e próspera. Unha cidade ben comunicada e Capital de Galicia acorde co novo século. Potenciaremos o desenvolvemento do noso proxecto urbano sempre ao servizo das persoas e dos seus intereses de futuro. O perfil da cidade é unha riqueza que debemos coidar porque ten un valor social e económico que facilitará a creación de emprego. O apoio á industria, ao comercio, ao turismo, á USC, aos emprendedores, aos servizos sociais, marcan algúns dos eixes do noso programa. Desde o respecto á nosa identidade cultural, ao noso patrimonio histórico e ao traballo desenvolvido seguiremos traballando os próximos catro anos se volvemos contar coa confianza da maioría. Con ese fin presentamos unha candidatura integrada por mulleres e homes capaces, comprometidos coa cidade. Un equipo de Santiago para traballar por Compostela con confianza, preparados para garantir un Goberno Municipal serio e coherente, competente e sólido. O meu compromiso persoal abrangue os catro anos de mandato completos. A vosa participación, a de todas e todos os composteláns, asegurará a conclusión de proxectos emprendidos e a posta en funcionamento de novos programas para unha Compostela en permanente progreso. Entre todos conseguiremos que Santiago non se deteña.

O alcalde responde Xosé A. Sánchez

Bugallo




Pensa que Santiago de Compostela é a túa casa, a túa empresa, o teu posto de traballo. Pensa quen sería merecente de sentar a túa mesa, de xestionar a túa administración empresarial con confianza, de dirixir a túa actividade laboral con experiencia. Pensa e decide. Co teu voto invistes no futuro da túa cidade.

Razóns para votar a Bugallo Confianza na experiencia. Vivimos nun momento histórico no que a crise internacional tamén se percibe en Compostela. A experiencia e solvencia na xestión demostrada por Sánchez Bugallo é un aval para enfrontar as situacións con éxito. O seu coñecemento da cidade, palmo a palmo; da administración municipal en todos os seus estamentos; das necesidades e dos recursos; dos veciños e as súas inquedanzas son portas abertas á confianza.

Confianza no programa. Sánchez Bugallo presenta un programa amplo pero realizable. Equilibrado para seguir aproveitando as oportunidades que brinda a crise e saír dela con maior fortaleza. Un programa que afonda na cohesión social e na calidade de vida nunha cidade segura e amable, unha cidade pensada e realizada para vivir e traballar con calidade de vida. Un programa que prima a promoción do emprego, a cultura do emprendemento, a vivenda social, o solo empresarial, o turismo...

Confianza no equipo. O equipo que concorre a estas elección na lista que encabeza Sánchez Bugallo, xunta a profesionais e especialistas con experiencia en diversas áreas de xestión. Un equipo escollido para gobernar con solvencia e seguridade, con eficacia e transparencia. Unha candidatura coa proporción xusta de experiencia e renovación.

Confianza na transparencia. A xestión de Sánchez Bugallo ao fronte da alcaldía de Santiago, ademais de pola súa solvencia, destaca pola súa transparencia. Compostela é un dos poucos concellos no que a oposición está presente en todas as mesas de contratación por decisión do Alcalde. O grupo municipal do PP conta con tres concelleiros con dedicación exclusiva, con igual salario aos membros do Goberno, e cun equipo de persoal de confianza composto por catro persoas, tamén con dedicación exclusiva. O Goberno Municipal deu cumprida resposta a todas as preguntas e peticións de documentos solicitadas pola oposición.

Confianza na honestidade. A transparencia é, naturalmente, consecuencia da honestidade coa que se desenvolve a xestión en beneficio de todos os cidadáns sen distincións. A xestión dos gobernos socialistas de Santiago de Compostela é un exemplo de firme rectitude.

Confianza na defensa da cidade. A defensa dos intereses de Santiago de Compostela fronte a outras administracións e organismos, por riba de intereses particulares ou de partido, é unha práctica habitual e ben coñecida no xeito de gobernar de Xosé A. Sánchez Bugallo. Porén, o alcalde de Santiago, non utilizou nunca a cidade como ariete contra outros, pola contra empregou o diálogo e a negociación para acadar os obxectivos propostos.

Confianza no consenso. Xosé A. Sánchez Bugallo preséntase á reelección co obxecto de obter a confianza maioritaria dos cidadáns. Porén, sempre amosou unha extraordinaria capacidade para, como Alcalde, acadar o consenso necesario coa finalidade de ofrecer aos cidadáns un goberno estable e eficaz.




Era o túnel do Hórreo unha obra virtual?

o interior.

Tunel do Hórreo. Acabad

Rúa do Hórreo.

Rotonda de Galuresa.

É a Estación Intermodal un soño imposible? Logo de amplas negociacións, conseguimos que o proxecto da Estación Intermodal, que acollerá a Estación do AVE e a Estación de Autobuses, ademais doutros servizos, sexa unha infraestrutura racional e adecuada ás necesidades da cidade en dimensións, estrutura e racionalización. Un proxecto totalmente contrario e diferente que contradí aos que anunciaban unha escura operación inmobiliaria. O 28 de abril, ADIF licitou por 2,3 millóns de euros a redacción do proxecto. As obras empezarán no vindeiro ano.

A rotonda de Galuresa, a remodelación da rúa do Hórreo e o túnel soterrado xa son unha realidade. Superamos as molestias dunha obra complicada grazas á previsión de abrir o vial Clara Campoamor, á correcta sinalización e á colaboración cidadá. Esta nova infraestrutura dinamizará o tráfico do periférico e fará máis permeable a unión do Ensanche coa futura Estación Intermodal e os barrios da Pontepedriña e Paxonal.




Aeroporto de Lavacolla.

O aeroporto de Lavacolla xa é unha realidade que desmente as mentiras da oposición. Vai con atraso? Sospeitas e insidias. Mesmo se chegou a dicir que non se construiría e que tíñamos un pacto para que así fose, en beneficio doutras cidades. Non vai con atraso. Vai con dous anos de adianto sobre o Plan Director do anterior Goberno de España. Grazas ao ministro de Fomento, José Blanco, esta infraestrutura, vital para a economía de Santiago, entrará en pleno funcionamento despois do verán. FUTURO PERCORRIDO DO TELEFÉRICO

Futura Estación do AVE

Casco Histórico

Debe chegar o AVE a Lavacolla?

Campo de fútbol de Belvís Xiro

Son ganas de confundir e botar balóns fóra. Sería máis barato e eficaz construír un aeroporto xunto á estación. Nós propoñemos a conexión mediante un metro lixeiro e así está recollido no Plan Xeral de Ordenación Municipal. E tamén pedimos á Xunta, que ten as competencias, unha conexión máis áxil mediante unha liña directa de bus interurbano.

Mosteiro de Belvís

Cidade da Cultura LIÑA 1 BELVÍS LIÑA 2 AVE

GAIÁS 8 PILASTRAS GAIÁS 6 PILASTRAS

Lonxitude: 2,6 km. Frecuencia: cada 14 seg. Recorrido completo: 12 min.

Quen debe construír os accesos á Cidade da Cultura? A Cidade da Cultura é un proxecto en solitario da Xunta de Galicia ao que nós nos comprometemos apoiar e así o fixemos en todo momento e seguirémolo facendo. Polo tanto, a construción dos acesos correspóndelle ao propietario da obra, neste caso ao Goberno autónomo. A conexión coa AP-9 estaba pendente de duplicación da auAutoestrada AP9. toestrada por parte de Fomento e a empresa concesionaria. Ese proxecto xa está en marcha, a conexión coa CdC debe executala a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Nós ademais, desde o Consorcio propoñemos a conexión da Cidade Histórica co Gaiás mediante un teleférico, que será, á parte de solucionar o problema, un atractivo turístico máis.




É necesario revisar o Plan Especial do Casco Histórico?

Rúa do Vilar.

O Plan Especial de 1997 é un dos grandes logros na historia da rehabilitación a nivel internacional. Un plan copiado por moitas cidades grazas á súa efectividade para conseguir o noso propósito, que era non deixar morrer un centro monumental. Mantelo vivo e habitado sen que caese nas mans da especulación urbanística e do feísmo. Grazas ao Plan, rehabilitamos o 85% das vivendas e edificios e interviñemos na case totalidade dos monumentos e nos espazos públicos. E fixémolo contando con recursos de Santiago, de Galicia, de España e de Europa. Sen o Plan non tería sido posible obter esas axudas. Ademais, recibimos o Premio Dubai, o máis prestixioso a nivel internacional, grazas aos resultados deste Plan. Imos continuar nesa liña de traballo para que os nosos fillos se sintan orgullosos de vivir en Santiago.

San Clemente.

Rúa San Fiz.

Díxose durante a campaña que o Casco Histórico está deshabitado Non hai mellor cego que o que non quere ver. A vitalidade e ocupación da nosa Cidade Histórica está á vista. Non é un decorado para turistas como acontece noutras cidades, que cando chega a noite semellan dormitorios para fantasmas. Hoxe pódese vivir nela cos mesmos servizos das construcións modernas e cos inconvenientes reducidos a niveis mínimos. Quedan cousas por facer e mellorar. Imos continuar cos programas de axudas, TER e MANTER, de rehabilitación, elaborar unha nova Ordenanza de Usos, seguiremos coa reforma da Praza de Abastos, apertura do Museo da Cidade, creación do Centro Sociocultural, do Centro de Saúde... servizos, en definitiva, para unha cidade habitada.

Por que o Centro de Saúde de Galeras non está xa en construción?

Parcela cedida para o Ce ntro de Saúde de Galeras.

O Centro de Saúde de Galeras, como o de Conxo, é unha responsabilidade da Consellería de Saúde. Nós cedemos as parcelas necesarias. O anterior Goberno da Xunta xa tiña prevista a licitación e o proxecto que a actual conselleira detivo para convertelo nunha xestión mixta, público-privada. Non é lícito acusar ao Goberno Municipal de atrasos que corresponden a outras administracións. Con todo, así que pasen as elección, temos a confianza de que será reactivado.




pedriña.

nte Nova urbanización na Po

Nova urbanización en Santa Marta.

Insinúan que o Goberno Municipal fai un urbanismo á carta... Urbanismo á carta? Se consideramos o Plan Xeral de Ordenación Municipal unha carta, na que están definidos con transparencia e rigor todas as normas e pautas dos comportamentos urbanísticos, pois afortunadamente temos un urbanismo á carta que xera seguridade xurídica, que evita especulacións e comportamentos escuros. Unha boa carta que dá como resultado un urbanismo feito á medida do ser humano, que prima a calidade de vida dos habitantes de Santiago por riba doutros intereses.

Será máis eficaz a adxudicación a unha empresa privada a xestión das licenzas? Esa proposta da oposición seméllase máis a unha carta de conveniencia, con menos control e transparencia, que o PXOM aprobado polo Pleno da Corporación, a Xunta e, mesmo, polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, xa que das reclamacións feitas, 36 foron favorables ao Concello e as 11 que restan pensamos que tamén o van ser. Temos unha boa folla de ruta e os funcionarios do Concello teñen medios e capacidade para facer as cousas ben, como é sabido.

O urbanismo debe ser un proceso lento? As présas nunca son boas conselleiras. No urbanismo menos, porque unha obra mal feita pode ter consecuencias nefastas durante cen anos. Saia vostede polas estradas de Milladoiro, Teo, Bertamiráns... e observe o urbanismo desenvolvido sen orde nin concerto e compare coa ordenación e a racionalidade do feito en Santiago. Mire, por exemplo o que nos custou a nós humanizar o Ensanche. Levamos anos investindo os cartos de todos para superar unha obra mal feita nos anos da ditadura. Modelo de ascensor exterior para o ARI de Vista Alegre.

Necesita a Praza Roxa unha nova remodelación? Nós pensamos que non. Esa proposta da oposición é semellante a aqueloutra de Dositeo Rodríguez de tirar as Casas de Ramírez para levantar un edifico comercial e vivendas. Ao mellor esa é a intención. Para as Casas de Ramírez como para Vite-Almáciga e a Avenida de Salamanca, entre outras, imos solicitar a declaración de Área de Rehabilitación Integral, para solucionar a accesibilidade con ascensores e outras reformas con axudas públicas, como o proceso iniciado en Vista Alegre e Pontepedriña.

Praza Roxa




Debéronse facer as obras fóra do Ano Santo? As obras hainas que facer no momento que son necesarias e cando contamos cos recursos. No medio da crise contamos cos plans E, do Goberno de España, para 2009 e 2010; contamos co Plan de Travesías e co Plan de Saneamento Integral, aprobados polo anterior Goberno de Galicia, que o actual mantivo; contamos co Plan Urbana Norte, con fondos europeos; e, entre outros asinados coa Deputación, contamos co Plan de Fomento para o aeroporto de Lavacolla, para o túnel do Hórreo, para a chegada do AVE... Debiamos renunciar a eses recursos e deixar as obras sen facer? Daquela nos acusarían de incompetencia. O 95% dos turistas consultados non sentiron as molestias das obras e os beneficios para Santiago están á vista.

Rúa Galeras.

Rúa Londres.

Ensanche rehabilitado.

Acusan ao Goberno Municipal de non sacar adiante o enlace entre o Polígono do Tambre e Aradas Ese vial será o peche da circunvalación, é un proxecto que xa está delimitado no PXOM e corresponde á Xunta a elaboración do proxecto e o financiamento. De momento o Goberno actual de Galicia só consignou nos orzamentos da comunidade cincuenta mil euros para unha obra que debe custar máis de sete millóns de euros. A resposta haina que ir buscar á Consellería correspondente. www.bugallo.es




Son unha tomadura de pelo, como opina a oposición, os proxectos de parques empresariais?

1

Debe ser unha tomadura de pelo moi produtiva para a cidade. Nos últimos doce anos puxemos en funcionamento máis solo empresarial que nos cincuenta anteriores. En pouco tempo teremos case cinco millóns de metros cadrados en funcionamento. Estes días adxudicamos case dous millóns e medios de metros cadrados e os novos enlaces, coa N-550 e entre a AP-9 e a autovía de Lavacolla. Neste momento, Santiago xa é a terceira zona comercial e industrial de Galicia e contamos coas mellores posibilidades de expansión.

O Parque da Sionlla é unha obra da Xunta, como afirma o sr. Conde? O Parque Empresarial da Sionlla é unha iniciativa e un proxecto do Concello de Santiago, como todos os demais. É competencia da Consellería de Ordenación do Territorio desenvolvelo. E así se fai, pero debemos deixar claro que foi o anterior Goberno de Galicia quen adxudicou o proxecto, quen realizou as expropiacións e quen achegou o orzamento necesario. O goberno actual, responsablemente, limítase a executar a obra emprendida.

CARACTERÍSTICAS DOS SOLOS INDUSTRIAIS Superficie Índice de Volume Aparcadoiros Espazos libres Equipamentos del ámbito edificabilidade edificable públicos (m²) (m²) (m²) (m²/m²) máximo (m²) (prazas) SUNP-34 Boisaca

201.722

0,56

178.710

22.764

6.658

732

SUNP-37.1 Costa Vella

395.644

0,67

265.081

52.259

15.859

1.005

SUNP-37.3 Costa Vella

167.309

1

167.309

17.696

3.473

499

SUNP-38 Formarís

279.390

1

279.390

34.297

5.601

1.331

1.455.547

0,6

829.679

138.280

27.656

2.518

SUND-40 Parque empresarial da Sionlla




3

2 Por que non saíu adiante o Parque Tecnolóxico?

4

5

Por unha cuestión de interpretación, por parte do Departamento de Patrimonio da Xunta, do paso do Camiño de Santiago pola zona reservada para a súa execución, na área de San Marcos. Este solo industrial está aprobado inicialmente polo Concello pero depende da decisión última do Goberno autonómico, que mantén a paralización. Porén, se non chegamos a un acordo, buscaremos outro espazo para situalo. Entendemos que o Parque Tecnolóxico é esencial para a configuración empresarial da cidade do futuro inmediato e non imos abandonar o proxecto.

Realmente EMUVISA é unha empresa municipal inoperante que hai que pechar?

1. SUPN-38 FORMARÍS - ADXUDICACIÓN INMEDIATA 2. SUPN-37.3 COSTA VELLA – ADXUDICACIÓN INMEDIATA 3. NOVO ENLACE COA CARRETERA NACIONAL 550 A CONSTRUÍR POR EMUVISSA – ADXUDICACIÓN INMEDITA 4. POLÍGONO DA SIONLLA EN EXECUCIÓN 5. ENLACES ENTRE OS SOLOS INDUSTRIAIS, AP-9 E AUTOVÍA DE LAVACOLLA. (APROBADO E INCLUÍDO DENTRO DO PROXECTO DE DUPLICACIÓN DA AP-9). LICITACIÓN EN XUÑO DE 2011

A creación da Empresa Municipal de Vivenda e Solo, s.a. foi un dos grandes acertos deste goberno. Acaba de cumprir dez anos de existencia cun balance no que vemos que a empresa actuou sobre 1.836.000 m2, achegou ao patrimonio da cidade 97 Ha. Promoveu a creación de 6.700 vivendas. Xerou un investimento de 53 millóns de euros e induciu un investimento privado en Santiago de 564 millóns de euros. As cifras falan da súa eficacia, tanto na xestión de vivenda como de solo empresarial. A idea de pechala debe ter outro interese diferente ao da súa operatividade.


10

A oposición fala de fomentar o servizo de garderías infantís e atribúese o mérito das actuais. Que hai de certo?

rlamento.

Gardería infantil de traspa

Nos últimos doce anos, das sete garderías infantís que temos en Compostela, construíronse seis. Cinco fíxoas o Concello. Dúas, Alameda e Vite, son mantidas pola Xunta; outras dúas, Conxo e Fontiñas, son mantidas polo Concello; tres, San Roque, Tambre e Tras Parlamento, son mantidas ao 50% pola Xunta e o Concello. Pero hai que dicir máis, o impulso ás escolas infantís é produto da política do anterior Goberno da Xunta, o actual limitouse a cambiarlle o nome. En breve abriremos a nova escola infantil de MeixonfríoSalgueiriños e no próximo mandato dotaremos doutras dúas aos barrios do Castiñeiriño e Santa Marta. Deste xeito superaremos a ratio europea en dotacións de prazas de preescolar.

Gardería Infantil de Conxo .

ono do Tambre.

Gardería Infantil do Políg

que.

Gardería Infantil de San Ro

Gardería Infantil de Fonti

ñas.


11

A acusación de abandono do rural é permanente? Santiago de Compostela ten o rural máis amplo de todos os concellos de Galicia. A actividade propiamente rural, agraria e gandeira, perdeu posicións en relación coa actividade e o poboamento de índole urbana. Os cidadáns do rural miran as leiras como parcelas e esa transformación non sempre é posible. Os servizos van chegando na medida das posibilidades, primeiro as zonas máis poboadas e logo as de menor densidade. Chegaremos a todas, pero non ten o mesmo custo levar auga, luz e saneamento a unha vivenda solitaria que a un núcleo de dez ou vinte. Ás veces sería máis barato mercarlle un piso a un veciño no núcleo urbano que levarlle a auga a súa casa no medio do monte. Pero esta é a nosa realidade e temos que darlle solucións. No presente mandato investimos no rural máis de DEZASEIS MILLÓNS de euros e se sumásemos todo o investido nos últimos doce anos veríase que a cifra é impresionante. Para o próximo mandato imos crear a Concellería de Medio Rural desde a que formularemos e xestionaremos o Plan de Actuación Integral e plurianual en colaboración, como é habitual en nós, cos veciños e especialmente con FERUSA.

Santa Centro Sociocultural de

Aula de interpretación do

rural de Portela.

Centro Sociocultural de

Campo de fútbol de Villest

ro.

www.bugallo.es

Lavacolla.

Cristina de Fecha.


12

Como ve a proposta de peche de Incolsa? Volvemos estar fronte a un caso de manipulación da información. Incolsa desenvolveu un extraordinario traballo nos procesos de promoción do turismo para Santiago de Compostela. Desde Incolsa negociamos a implantación dos voos de baixo custo, que tan bos resultados están dando no incremento de pasaxeiros no aeroporto de Lavacolla, nas pernoctacións e no consumo na hostalería en xeral. O turismo é un sector estratéxico para a economía de Compostela e Incolsa é un instrumento necesario para seguir afondando nos plans de desestacionalización e para executar o Plan Estratéxico de Turismo 2015. Durante 2010 atendéronse na Oficina de Turismo de Santiago, dependente de Incolsa, máis de 230.000 turistas.

Oficina de Incolsa.

ostela.

Turistas na noite de Comp

O grupo municipal da oposición non estivo coa cidade na defensa dos voos de baixo custo Nin na defensa dos voos de baixo custo, nin na reclamación da Escola de Idiomas, nin na petición de titulación para os estudos do Centro de Hostalería, nin para aclarar as listas de espera do CHUS, nin nas esixencias cara á terminación das obras da Cidade da Cultura, nin para esixir a inmediata construcións dos centros de saúde de Galeras e Conxo, nin en nada que teña que ver coas competencias da Xunta en relación con Santiago. Mesmo no Parlamento galego, concelleiras que tamén son parlamentarias, votaron contra iniciativas que beneficiarían a nosa cidade.

ana.

Turistas na Praza da Quint

Palacio de Congresos.


13

Que lle parece esa idea de facer unha pista de atletismo que rodee a cidade como un anel?

. Polideportivo do Restollal

Po

lideportivo de Fontiñas

Unha ocorrencia sen sentido, un descoñecemento da realidade e, incluso, da xeografía do municipio. Trátase de prometer por prometer. Hai unhas semanas a oposición prometía piscinas cubertas en todos os barrios e aldeas, logo foron a menos, naturalmente. O certo é que non teñen un programa de deportes real, do mesmo xeito que non os teñen noutras áreas. Así, calquera ocorrencia de última hora vale para conseguir un titular de prensa. Nós presentamos un programa de deportes no que continuaremos optimizando os recursos de que dispoñemos, realizando as infraestruturas necesarias de acordo coa situación económica que vivimos, colaborando cos clubs etc, sen fantasía irrealizables. O labor desenvolvido nestes anos en materia de deportes queda de manifesto nos 21 centros deportivos construídos, ademais do Estadio de San Lázaro, que utilizan unhas 37.000 persoas todos os meses.

Zona deportiva de Sar. (Pistas de padel, multiusos e piscinas).


14

do Museo Praza de Praterías. Obras

n da Casa do Cabido.

de Santiago e rehabilitació

Xardín da Trindade.

Nun falso metro publicado acusan ao Goberno de incumprimentos e atrasos e de vender unha cidade imaxinaria Nós temos ideas, presentamos programas e ofrecemos resultados. Cada proxecto ten o seu tempo de maduración e execución. En realidade o que presentaron é un metro de mentiras e manipulacións. Unha práctica habitual da oposición municipal que tivemos nestes catro anos. Teatro e máis teatro. Edificio CERSIA. Con ese plano na man, percorrendo a cidade, os composteláns poderán comprobar as nosas verdades, as nosas obras concluídas e as nosas obras en execución, os nosos proxectos en marcha. Verán máis de duascentas novas rúas abertas, novos aparcadoiros, novas infraestruturas culturais, novos parques... verán unha cidade real con calidade de vida. Verán que o señor Conde trata de confundir amosando unha cidade desvirtualizada. Trata de sementar desilusión.

É certo que incumpriron a promesa de non recortar os servizos sociais?

al, Luís Iglesias.

Museo de Historia Natur

Nos dous últimos anos foi necesario axustar os orzamentos de todos os departamentos das administracións públicas. Nós, nese axuste dos dous últimos anos de mandato, optamos por preservar ós servizos sociais para protexer os máis desfavorecidos. Foi necesario primar algúns servizos como Cáritas, a Cociña Económica, o Fogar de San Francisco... sobre outras actuacións menos perentorias. Porén, en benestar social investimos varios millóns ao ano; aos programas de atención domiciliaria dedicamos setecentos mil euros; para axudas a familias con dificultades económicas empregamos cincocentos mil... os datos son públicos. Non deberían facer demagoxia electoral con cuestións tan sensibles como o paro, as necesidades básicas, as dependencias...


Na defensa da cidade

15


www.bugallo.es


A Mirada da Confianza 3