Programa electoral

Page 267

do plan. O plan incluirá ademais desenvolvementos normativos entorno á oferta de alimentos saudables para a poboación.

Programa Galego de cribado de cancro de colon Para avanzar na prevención das enfermidades crónicas e no diagnóstico precoz, poremos en marcha un programa de detección temperá de cancro de colon.

Atención na saúde mental Continuaremos coas liñas iniciadas de mellora na atención da saúde mental e na loita contra a estigmatización. Impulsaremos as liñas de colaboración coas institucións e asociacións de enfermos e familiares, para mellorar os autocoidados e a calidade de vida destes pacientes e achegados.

Programa de dispensación de fármacos a residencias Estenderemos a implantación da dispensación personalizada dende os servizos de farmacia dos hospitais ás residencias e centros de día, coa integración dos farmacéuticos de atención primaria neste programa. Continuaremos así, coa política de eficiencia e de boas prácticas de prescrición de medicamentos.

267


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.