Page 1


redacción

Editorial ........................................................ páx. 03 Profesorado: Besteiro Cabanas, Mª Jesús Cid Tesouro, Xosé Carlos Doural Leiras, Alvaro Fernández Abel, Dores García Fente, Irene Gregorio Montes, Antonio López Fernández, Isabel Manín Gutiérrez, Roberto Martínez Pérez, Anxo Méndez Lombardía, Eva Piñeiro Funcasta, Alfonso

20 anos de Xerfa 20 anos construíndo ilusións ........................ páx. O que vós queirades ................................... páx. Parabéns .................................................. páx. Hora de desembarcar ................................. páx. Roteiros de Pedra ....................................... páx. XERFA como medio de comunicación ............ páx. Que vinte anos non é nada .......................... páx.

04 05 06 07 08 09 10

Axenda 21 Escolar de Galicia Puntos de interese xeomorfolóxico de Ribadeo .............................................. páx. 12-13

Ex Alumnado: Hermida Iglesias, Mª Paz López Fernández, Suso López López, Patricia Prieto Vázquez, María Rilo Castelao, Lucía

Vive a bici.................................................. páx. 14 Estudo da meteoroloxía local ....................... páx. 15 Xuntanza: o alumnado é o protagonista ........ páx. 16 Meteoroloxía Zynthia, cicloxénese explosiva ..................... páx. 17-18

Alumnado: Cancio Méndez, Mireia Casariego Cao, David Chao Penabad, Alberte Expósito Dorado, Adrián Fernández Fernández, Daniel Fernández García, Rebeca Fernández González, Andrea García López, Vanessa García Rodríguez, Aitana Garrán Suárez, Inés López Álvarez, Alba López González Iria López López, Rubén Martínez Pulpeiro, Marcos Millares Mera, Marta Miranda Barcia, Ramón Pousada Linares, Sarai Vilar Álvarez, Andrea

Normalización e dinamización lingüística Correlingua 2010, “a forza do noso amor”...... páx. 19 Intercambio co CPI Domingo Fontán, de Portas, Pontevedra ................................. páx. 20 Letras galegas Uxío Novoneyra ........................................ páx. 21-22 Premios Manifesto Correlingua 2010 ......................... páx. 23-24 Actividade en Ferrol e Fragas do Eume .......... páx. 25-26 Meteogalicia .............................................. páx. 27 Conto Quérote .................................................... páx. 28 Experiencia didáctica A agulla de Buffon ..................................... páx. 29

Avda. de Luarca, s/n. Aptdo. 11 27700 RIBADEO Lugo Teléfono: 982 128 894 Fax: 982 130 955 e-mail: ies.porta.auga@edu.xunta.es www.portdaauga.es

2

Entrevistas Ana Mª Ferradás Barrera ............................. Almudena de la Osa ................................... Horacio Cupeiro ......................................... 1 franco = 16 pesetas ................................ David (Escala Drinker) ................................ Manuel Yáñez Dablanca .............................. Alfonso Piñeiro Funcasta .............................

páx. páx. páx. páx. páx. páx. páx.

30 31 32 33 34 35 36

Pasatempos .............................................. páx. 37-38


editorial

Aquí está o número dezanove. Tardou un pouco máis

do habitual pero ao final apareceu, que é o importante. Xa pasaron 20 anos dende aquel curso 1990-91, cando o telescopio espacial Hubble, posto en órbita en abril de 1990, estaba enviando as primeiras imaxes dos que máis adiante pasarían a ser os maiores descubrimentos da astronomía actual, cando a desintegración da URSS estaba en plena actualidade, as tecnoloxías da información e comunicación non eran máis ca unha esperanza futura e a globalización, tal e como a coñecemos hoxe, impensable. Xa sei que mirar ao pasado é coma correr detrás do vento, pero xa son algúns anos, máis da metade da existencia do instituto, como para pasar por alto este detalle, polo que decidimos dedicar un espazo da revista á lembranza, a unha serea mirada atrás, aos agradecementos e bos desexos para o futuro. Por iso este número ábrese coa participación de antigos alumnos que atoparon nas páxinas desta revista o soporte das súas primeiras publicacións, só unha pequena representación dos moitos que deixaron a súa pegada en XERFA. Tamén Álvaro Doural, ex director do instituto, primeiro e principal coordinador e impulsor desta publicación durante quince anos, atendeu a nosa invitación a esta conmemoración cun artigo repleto de lembranzas; e, por suposto, Antonio Gregorio, fiel e entusiasta colaborador dende os mesmos albores de XERFA, que fai un repaso aos cambios polos que fomos pasando dende aquel inicial número cero, aló polo ano 1991. Son dende logo un bo inicio da edición, sete miradas, sete reflexións que recomendo non pasar sen ler.

A min, que tamén vivín os inicios da revista no meu primeiro curso no instituto, correspóndeme agora coordinar esta edición e quero aproveitar esta oportunidade para dar as grazas a todos os que fixeron e fan posible que XERFA siga sendo unha realidade, un supervivente da prensa escolar impresa ao abafante poderío de blogs, tuenti, facebook,… un instrumento educativo e de normalización lingüística que non podemos perder e do que temos que sentirnos orgullosos. Felicidades XERFA!, e que cumpras moitos máis!. Alfonso Piñeiro Funcasta

Sería imposible e seguro que tamén inxusto, porque algún quedaría, nomear a todos os que ao longo destes 20 anos colaboraron na revista, pero coas posibilidades que nos brindan as novas tecnoloxías, en http://issuu.com/portadaauga/docs é posible botar unha ollada a calquera das pasadas edicións. De seguro que se acenderán luces nalgúns, xa escuros, espazos da memoria.

3


No momento no que se escribe este artigo, o xornalismo, “la profesión más hermosa del mundo” tal e como a definiu Gabriel García Márquez, vive unha nova etapa da súa particular crise permanente. O futuro do oficio coa chegada da internet, as incertezas que sobrevoan a prensa escrita, o lugar que debe ocupar a ética nunha televisión cada vez máis espectacular (no sentido máis pexorativo do termo), os condicionantes que impón a tecnoloxía á hora de dar forma ao relato (radio dixital, televisión HD, en 3D ou TDT...), entre outros, son debates abertos de maneira continuada á hora de afrontar o presente máis o futuro da profesión xornalística. Pero por máis que o horizonte non deixa de ser complexo e difícil de predecir hai algo que permanece inalterábel ao paso do tempo, da tecnoloxía e máis dos debates: a “Esencia (así con maiúscula) do xornalismo. Ryszard Kapunscinsky, en Los cínicos no sirven para este oficio – Sobre el buen periodismo, sinala que os mellores xornalistas dan forma a un discurso intencional: “están luchando por algo. Narran para alcanzar, para obtener algo. Esto es muy importante en nuestra profesión”. Loitar por algo a través das palabras, neste caso dun blog (http://juarezenlasombra.blogspot.com), é o que fai cada día unha das últimas gañadoras dos premios Ortega y Gasset de xornalismo, Judith Torrea. Esta navarra de corazón mexicano deixou o seu traballo nunha revista de espectáculos en Nueva York para viaxar a Ciudád Juárez e cubrir dende alí a impunidade dun feminicidio que deixa milleiros de mulleres mortas cada ano. “El día en el que me anunciaron el Ortega y Gasset me quedaba dinero para comer en las próximas dos semanas. El fin de semana había reflexionado sobre mi trabajo, dónde estaba y hacia dónde iba. La conclusión que saqué es que debía seguir haciendo lo mismo que hasta ahora”, sinalaba en declaracións ao xornal El País (04/05/2010). O xornalismo de Torrea, de Kapunscinsky, dun novo proxecto como é www.periodismohumano.com, entre outros moitos que dan conta de historias silenciadas, permiten que nos reencontremos coas ilusións coas que un día comezamos este camiño. Esa ilusión forma parte de nós dende ben cativos. Nace cando escribes as primeiras redaccións no colexio ou os primeiros textos para os certames da biblioteca. E é que ben pouca diferenza existe entre xornalista e escritor. Di Manolo Rivas (El periodismo es un cuento) que “para mí siempre fueron el mismo oficio. El periodista es un escritor. Trabaja con palabras. Busca comunicar una historia y lo hace con una voluntad de estilo”. Medra a ilusión cando aquelo que escribes ve a luz. Os primeiros pasos foron na revista Orballo do CEIP Gregorio Sanz (o “Público” para os da miña xeración) que acolleu adiviñas, chistes e versos de Rosalía que daquela se escribían á man para logo fotocopialos e repartilos entre a xente; o seguinte foi participar na redacción da Carricanta, a irmá da revista 4

Xerfa, xa no IES Porta da Auga, unha publicación trimestral feita con máis vocación cá medios; e logo viñeron as colaboración na Xerfa, primeiro como alumno do instituto e logo con aportacións puntuais durante o meu paso polas aulas universitarias. Lembrar estas etapas significa dar cun espazo de liberdade que agora, cando formas parte dunha arte que pouco ten desta e moito de negocio, resulta ben difícil de atopar. Un repaso aos últimos anos da revista Xerfa permite atopar un compromiso decidido pola lingua, unha aposta pola conservación do noso patrimonio tanto natural coma cultural así coma un escenario para dar a coñecer a efervescencia artística (cómic, poesía, relatos ou música enchen as páxinas da revista) que emana dun centro de ensino que mantén viva a ilusión daquelas rapazas e rapaces que, cando menos, unha vez na súa vida quixeron contar unha historia. Agora que Xerfa cumpre vinte anos é o momento de ollar ao futuro coa valentía e a decisión demostrados durante este tempo. Manter viva esa aposta pola liberdade de expresión creo que é unha base irrenunciábel para que siga habendo mozas e mozos que un día se ilusionen co pracer de contar historias. E se se me permite pedir tan só unha cousa: que Xerfa non sexa só unha revista anual. Que detrás das súas corenta páxinas se vaia dando forma a unha serie de actividades que axuden a que a comunidade educativa do IES Porta da Auga sexa quen de erguer unha moi precisa conciencia crítica para cos medios de comunicación. Na esixencia e na crítica de quen nos ve, nos le, nos escoita ou nos move pola rede está a solución a esa crise permanente na que vive a que para min é “la profesión más hermosa del mundo”. Parabéns! Suso López foi alumno do IES Porta da Auga. Agora é “contador de historias” e especialista en xestión da comunicación política e electoral.


novas

Comecei a estudar 3º da ESO no curso 96-97 no que

daquela era o Instituto de FP de Ribadeo e saín do xa bautizado como IES Porta da Auga en xuño do 2000. Foron catro anos de moitos cambios para o centro, en plena transición a un novo sistema educativo, e tamén para min, en plena adolescencia. O que non mudaron neses catro cursos foron as miñas ganas de ser xornalista. Teño que recoñecer que o propio exercicio da profesión case logrou que esquecera por momentos as ilusións deses tempos nos que, sen sabelo, facía xa xornalismo. Dunha forma inocente, mesmo infantil, e precisamente por iso mellor en moitos aspectos. Grazas ao esforzo do centro por editar ano tras ano a revista que hoxe tendes nas vosas mans realicei, gravadora en man e xunto coa infatigable Susana Álvarez, a miña primeira entrevista. Aínda é hoxe o día que recordo a sorpresa e o orgullo de escoitar falar en perfecto galego a John Rutherford, fundador do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Oxford, e desde hai décadas un ribadense máis. Por aquel entón atopábase na súa casa dos Galos, en Vilaselán, gozando dun ano sabático para traducir o Quixote ao inglés. A revista era, e seguirá a ser, un punto de encontro non só para os que xa daquela soñabamos con dedicarnos ao xornalismo, senón para os que querían escribir sobre ciencias, os apaixonados dos motores ou os poetas en potencia, profesores e alumnos, pais e nais...

O momento no que chegaban as caixas coa revista e viamos impresas as nosas colaboracións era, como non podía ser doutra maneira, emocionante, pero o que máis recordo era todo o que quedaba fóra do papel: as reunións da redacción, a recollida de información, o momento de sentarse a escribir... Moitos dos que por alí pasamos colaboramos tamén no periódico A Carricanta ou nos programas de radio escolar nos que participaba o centro. O certo é que no Porta da Auga sempre había cousas que facer: Magosto, Feira das Ciencias e Semana das Letras Galegas, xornadas de Automoción... Os antigos números da revista, hoxe dixitalizados e na rede, deixan testemuño nas súas páxinas de moitas cousas vividas e de moita xente que pasou polo centro. Os que están por vir tócavos a vós vivilos e escribilos. A todas as persoas que hoxe enchedes as aulas do Porta da Auga recoméndovos que non desperdiciedes esta poderosa ferramenta que tendes nas vosas mans. Xerfa é unha revista escolar, pero non é calquera cousa: é un medio de comunicación cun público atento, mesmo cunha distribución máis ampla que moitas publicacións “profesionais”; con moitas menos ataduras que calquera empresa xornalística; e fai bandeira dunha lingua, o galego, que en moitos medios segue a estar restrinxida, cando non vetada. É ademais, esta revista é todo o que vós queirades. Non fan falta grandes orzamentos, só o voso esforzo. Está nas vosas mans lograr outros vinte anos máis de Xerfa.

Lucía Rilo Castelao, ex alumna do IES Porta da Auga 5


Os meus parabéns á Revista Xerfa e ao seu equipo de

redacción no seu XX Aniversario. Felicitacións que estendo ao conxunto da comunidade educativa do I.E.S. Porta da Auga, no que tantos bos momentos pasei e onde aprendín gran parte do que sei. Son moitos os recordos que regresan á miña mente uns doce anos despois de asistir, na sala de profesores, á miña primeira reunión de redacción. Pídenme que faga un pequeno artigo para conmemorar os vinte anos de Xerfa. Cústame, aínda que xa teño escrito uns cantos dende que exerzo como xornalista, supoño que porque este conta cun compoñente emocional que o mundo empresarial seguramente nin albisca nin comprende.

En Xerfa non se trata de ser líder en datos de difusión, non se trata de convencer ao lector cunha vaixela ou un televisor, nin de escribir en galego para que a Xunta dé unha subvención, aquí trátase, simplemente,  de escribir sobre o tema que a un máis lle gusta e facelo con total liberdade. Lembro con total nitidez o “Consello de Redacción” do ano 98: Antonio Gregorio como director; como plumillas, varios compañeiros do centro que hoxe nos segui mos dedicando ao xornalismo. En Xerfa enfrontámonos ás primeiras presións polo peche da “rotativa”, contactamos coas nosas primeiras fontes, cos nosos primeiros lectores, aprendemos a traballar en equipo e entendemos que era aquilo da obxectividade. Foi en Xerfa onde comezamos a darlle forma ao que primeiro foi un soño, despois unha aprendizaxe e agora un modo de vida. E é xustamente agora, coa perspectiva que só o tempo dá, cando un se decata do determinante que é a formación que recibe cando era neno. Por iso non quero rematar este artigo sen expresar o meu máis sincero agradecemento a Xerfa e a toda a comunidade educativa do Porta da Auga, que durante todos os anos que eu estiven alí, e estou segura que así segue a ser, comprendeu que educar é algo máis que dar clases e repartir fotocopias. Parabéns e a cumprir moitos máis! María Prieto Vázquez, ex alumna do IES Porta da Auga

4 6


A piques de se cumprir tres anos das miñas últimas

clases no Porta da Auga, atópome na mesma situación pero nun lugar diferente: a vida universitaria está ao borde do remate e, como pasa sempre, un cúmulo de sentimentos tan transcendentais se xuntan ante final de etapa. É difícil escoller bos momentos para lembrar sempre e malos para borrar e facer que non existiron. Cada instante, que aínda permanece na retina, será recordado polo pequeno aporte que deixou para a posteridade. Remataba o mes de maio de 2007 cando os exames finais eran máis que unha rutina e o horizonte da selectividade asomábase temeroso; pero creo que por enriba desas pautas que ían tomar unha determinación sobre o noso futuro profesional, estaban os lazos da amizade que se uniran cun nó forte, un nó moi duradeiro en tempo que englobaba bocadillos de recreo, excursións, as “malas” idades que agora recordamos e nos arrepentimos por todas as preocupacións que causamos, os primeiros rapaces que nos gustaron e un sen fin de pequenos empurróns inconscientes ata o mundo aberto e en todo o seu esplendor que nos agardaba. Estabamos na casa, iamos chegar e atoparnos cun prato de comida na mesa, roupa lavada e a ferro pasada, un bico de boas noites e unha aperta cando non viviamos o mellor momento. Pasaban lista, íase de visita xunto ao xefe de estudos, poñían falta de orde, chamábannos polo nome. Eramos “nenos grandes”. Chegou o primeiro día de universidade e os primeiros pasos (entendéndose primeiros pasos ata pasado o primeiro mes) eran dubidosos e nada firmes. En realidade, os primeiros días sempre son mediocres en todos os lugares, polo recordo de que nas tempadas anteriores descansábase sobre a rutina e o bo facer que outorga o costume e polo medo de que aínda non se sabe se nos atopamos no lugar correcto. As comparativas coa etapa adolescente aínda están presentes. Estes últimos tres

anos non foron nin mellores nin peores, foron diferentes simplemente, cun modo de vida máis independente e libre, con experiencias que sumarán e repercutirán para decisións e momentos futuros. Final de etapa unha vez máis. Non sinto vergoña ao falar destes instantes con melancolía e tristeza. Todo quedará no camiño, pero todo remata: a última clase de navegación, o último menú universitario por cinco euros, o último préstamo da biblioteca,… Vinte anos de Xerfa e moitos máis que lle quedarán por diante. Os alumnos con memoria e ganas de compartir vivencias están ocultos pero non escasean. Sinto non cumprir coa misión deste artigo de recompilar os meus seis anos de alumna no Porta da Auga, pero a misión interior e persoal lévame a despedirme como mellor sei de persoas, momentos, detalles e unha longa lista que me acompañou dende que gozo do uso da razón. Aos de antes, Palo, Joako, Moi, Alba, Silveira, Adri,…, a todos os compañeiros que chegaron ao final e aos que se quedaron no camiño, sodes moito máis que persoas sentadas no pupitre do lado. Aos de agora, descoñecidos pola maioría dos lectores, Silvia, Marco, Adri, Kiko, Jorge, Abraham, sei que contundentemente me equivoquei de lugar, pero coa mesma contundencia podo dicir que cheguei no momento oportuno, porque senón nunca vos encontraría na miña vida, e fostes moito máis que as hélices para seguir adiante. E a ti mamá, por quererme e coidarme tanto coma cando tiña 3 anos, porque nos días de querer abandonar o barco (e nunca mellor dito) fuches a mellor compañeira posible de remo. Patricia López López, ex alumna do IES Porta da Auga. 7


ROTEIROS DE PEDRA ESPERTAR ANGURIOSO DUN SONO LONXANO LATEXAR DUN CORAZON SIN DESCANSO, ALOUMIÑOS DA VIDA. VERBAS ESPIDAS QUE CLAMAN XUSTIZA. O PASAR, O PASAR DO NOSO TEMPO. PARAXES INMUNDOS DESACOUGADOS BERROS IALMAS FERIDAS LOITANDO.PUÑOS ERGUEITOS! ESPIÑOSOS SENDEIROS QUE ESPERAN SER PERCORRIDOS. PRANTO CONTIDO NAS PINGAS DA CHOIVA TEMPO GAÑADO. SANGUIÑENTAS ESPADAS EN ALTO, NEGRURA INFAME. ANSIA ABAFANTE QUE CUSPE VELENO FEITIZO NOXENTO, PODER CORROMPIDO ESTOURIDO DO LUME DO INFERNO LOSTREGO QUE ESCACHA SORRISOS TIRANIA MALDITA VERGOÑA INFINITA DOS NOSOS DEVANCEIROS. GOLPE SECO NO PEITO DOR QUE ACORMECE O SON DUNHA GAITA REXURDIR INVENCIBLE DO TEU PENSAMENTO. O CAMIÑO ESTA FEITO. O CAMIÑO, COMPAÑEIRO. ESPIRITO CEIBE NA NOITE POLAS RUAS DE COMPOSTELA QUE NINGUEN TE CALE! LETANIA DUNHA TERRA “PORQUE OS TEMPOS SON CHEGADOS” “...porque o home que dubida e teme no intre de realizar o ideal que predicou e non ten carraxe para manterse no seu posto de perigo, ou é un farsante ou é un coitadiño” Paz Hermida, ex alumna do IES Porta da Auga

8


educación

XERFA COMO MEDIO DE COMUNICACIÓN

S

e collemos unha revista ou un xornal dun centro educativo podemos decatarnos de moitas cousas interesantes. Veremos como é ese centro, as actividades que realiza, a implicación do persoal docente nos proxectos, a relación do centro co seu entorno, a implicación dos alumnos… Como conclusión: se é un centro con vida propia e se está en contacto co seu entorno. Dando un repaso ao número cero da revista Xerfa, veñen á miña mente moitos recordos daquel abril de 1991: o comezo do que despois foron as Xornadas de Automoción, a realización de seminarios sobre as novas tecnoloxías no automóbil e a realización dun curso de Tecnoloxía Ford. Nese número ten un peso moi importante o departamento de automoción, participando con varios artigos. Eran tempos nos que había que buscar financiamento para case todo. Xerfa nace para cumprir dous obxectivos: por unha banda, dar a coñecer as actividades do centro, e por outra, servir de fonte de financiamento para algunha actividade extraescolar. Así foi como no ano 1991 un grupo de profesores e alumnos buscan apoio económico para botar á rúa esta publicación, así como conseguir algunhas pesetas para ir ao Salón do Automóbil de Barcelona. Entrando nesa primeira publicación atopámonos cun artigo do profesor Antonio Gregorio Montes, que empezaba a dar os primeiros pasos como polígrafo, e a facer moito ruído. Xosé Antón Brocos, técnico do Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, ensinounos o centro. Desgraciadamente hoxe xa non está entre nós. Espero que no outro mundo siga investigando con tanta ilusión como o facía alí. Unha persoa francamente extraordinaria. O amigo Xesús Folgueira, profesor de Ciencias do Instituto, fixo un artigo sobre residuos sólidos urbanos. Era un gran colaborador do centro, persoa que, xunto con Brocos, restauraron as famosas baleas que, unha vez

doadas ao Concello, desapareceron do Castelo de San Damián. Algún día poderemos saber que pasou?. Outro dos nosos polígrafos mais importantes foi o profesor Amadeo Arango, o cal aproveitaba a publicación para meterse reiteradamente co departamento de automoción. Amadeo escribía os seus artigos paseando polas rúas de Castropol. Ben, de vez en cando, tomaba algún viño. Dáme que pensar a súa relación con Castropol. Será unha teupa dese Concello?. Ao mellor foi el o que ideou iso do mercado de Castropol, o náutico de Castropol, e outras cousas. Recordo o seu artigo sobre o camión do Xoco. Un bo amigo e mellor profesor. Na entrevista a D. Eduardo Gutiérrez (entonces Alcalde de Ribadeo) xa se falaba do polígono industrial. Dezanove anos mais tarde xa temos polígono!. E din que Ribadeo non avanza… Destacar tamén o traballo das profesoras de Galego Mª Luisa Bermúdez e Gloria Méndez, que fixeron as correccións e varios artigos, un deles dedicado a Álvaro Cunqueiro. Hai que destacar na maioría dos números da revista a colaboración das casas comerciais. Coas súas aportacións pagouse a publicación, e mais sobraron cartos para actividades extraescolares. Nos 19 exemplares da revista Xerta podemos apreciar o que foi o noso centro: un referente en Galicia polas numerosas actividades e proxectos, produto de moitas horas de traballo de todo o persoal do centro. Por último, a miña felicitación a todos os que fan que Xerfa estea na rúa todos os anos. É difícil empezar, pero moito máis manter a actividade ano a ano. Ánimo a seguir adiante!, aínda que os tempos que veñen sexan difíciles. Álvaro Doural Leiras 9


Que vinte anos non é nada / Que veinte años no es nada / That twenty years is nothing “(...) Sentir... que es un soplo la vida, que veinte años no es nada, (...)” Volver (tango)

O tango comezou como unha música de rompe e

rasga (máis aínda na súa realización práctica como baile), e ó tempo, suave, delicada ... Agora xa non o sería... Ademais, sería rexeitable, como foi a lambada hai non tanto. Os tempos cambian. Levamos xa vinte números de Xerfa. E parece ser tempo de lembrar, de mirar ó pasado. Vaia por diante que esta é literalmente a segunda mirada que boto ó pasado desta volta de Xerfa. A primeira, sobre as características físicas dos números anteriores (xa sabes, iso de tamaño, cantidade de papel empregado, artigos con fotos en porcentaxe, número de colaboradores, etc), está irrematada porque o de medir as revistas para extraer datos numéricos, a parte de ser máis traballoso, vende menos. (Explicación complementaria: xa de escribir, que o lean a un). Voltando ó tema. Xerfa segue escribíndose en papel (tivo unha especie de irmán pequeno que se editou en papel, logo de xeito mixto e logo só en internet) e leva numeración correlativa dunha edición a outra, co que a partires de aí poderíanse tomar unha serie de coincidencias entre revistas para ver o pouco que cambiou, que vinte anos non son nada. Pero hai a quen non lle gusta o tango, e ten outra mirada. Quen opina diferente: que 20 anos si son. Así, o título da melodía non protexe contra que a idea poda ser mentira (alomenos baixo certas circunstancias: non é nada respecto á idade da Terra, pero vaia se o é en relación á vida dunha bolboreta), e xa postos, chaman máis as diferenzas que as coincidencias (... por iso hai nos xornais a caza dos erros, e non das coincidencias). Que parece máis sinxelo, imos. Por exemplo, cambiou o centro? Pois para comezar, de nome, varias veces dende hai 19 anos. 19 anos? Pois si, porque 20 edicións representan dende o 91 ata o 10. E se non, conta. O de lembrar, iso de asociar a vida ós ciclos vén alomenos dos exipcios, e segue sendo querido pola xente por mor dos costumes, do afacerse, e aínda que non teña outro significado, permite as festas de celebración de cabodano, polo que xa non é un mal invento. Despois da disgresión, voltemos ó centro. Cambiou de edificios, como un acordeón, primeiro ampliando automoción, o edificio para electricidade, o pavillón, e logo, fendendo entre o construído para crear unha separación que non deixa de ser interna polo momento: dous centros nun, unha dualidade que lembra aquilo da Trinidade, cun terceiro centro externo co que parirá unha nova entidade. Ou tamén, cousas máis prosaicas (chamábase partenoxénese?). Vairou o ensino impartido: de non existir a ESO, a pasar a que hoxe no IES que tutela Xerfa o que menos cantidade hai é a FP. Na outra sección, o CIFP, segue a vella escola de formación en oficios, pero como ‘son outro centro’, quedáronse sen a revista: os centros poden partirse, as revistas, ó que parece, non, aínda que sexan de papel. Variaron os alumnos: no 91 había por aquí algún pai que hoxe ten algún fillo no centro. Vaia, unha xera-

10

ción. E vale con comparar unha nai coa súa filla (ou un fillo co seu pai, que non se celen os homes) para comprender as diferenzas, e non só de tamaño. Variaron os profesores: non é só que os que estabamos daquela esteamos máis vellos (quede claro que estou a falar dos homes, non das mulleres), senón que a maioría dos actuais non estaban, e moitos, nin daquela terían sacado o bacharelato. E en canto ás mulleres? Bo, pois... tampouco terían sacado o bacharelato. A didáctica? Respecto á didáctica ... mellor iso deixámolo para o final (se hai tempo).

Para variacións, no estilo de vida: daquela non había móbiles! Incrible, pero certo. Si había ordenadores. Pero aínda quedaban anos para que algún profesor dixera aquilo de ‘eu non me vou meter nunca na informática’ (coido que un ano antes de que se mercara o seu primeiro, que non último ordenador, que debeu morrer de vello hai ‘moito’ tempo) E que se faría agora sen móbiles? E cámaras dixitais? Non, diso tampouco había, e notábase na revista en relación á actualidade. Blogs? Tampouco, nin fotoblogs, esa cousa que xa pasou á historia e que estaba tan en boga hai tan só dous ou tres anos. Nin Youtube, nin necesidade de baixar películas. Nin redes, máis que as mariñeiras, nin facebook nin tuenti (si, co i latino, non grego como no título), nin e-learning, of course, pero iso lembra ó da didáctica, que queda procastinado (antes diríase postergado, ou diferido, ou algo así, pero non procastinado). Non había Feira da Ciencia! No centro, digo. Se miramos os números da revista que aí están, na web do centro dende o primeiriño (pero metido moitos anos despois, cando a web xa tiña aparecido na superficie das cousas; aínda que non o están os números das revistas antepasadas, feitas entre varios centros da Mariña), veremos que o deseño variou. O mirar as portadas dá unha idea de evolución dos tempos. E o interior, quizais máis. Por certo, e por que o título trilingüe? Ai, porque a evolución de Xerfa non se pode separar da do centro, e a do centro, aínda que propia e abondo independente, tampouco se pode segregar da evolución do ensino e a sociedade en Galicia, e o futuro está aí, hai que lembrar o pasado mirando ó futuro, mesmo ó máis inmediato ... PS.: Non tiven tempo para a didáctica. Pasou o tempo e encheuse o espazo. Variou o suceso no espazotempo (cousas da física; xa que non puiden comezar con ela, remato). Noutra volta será. Antonio Gregorio Montes


A «A21EG» é un programa que ten como finalidade potenciar a educación para ao desenvolvemento sostible na oferta educativa dos centros de ensino de primaria e secundaria de Galicia. Promovido pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (CMADS), estase a desenvolver conxuntamente coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (CEOU), toda vez que gravita directamente sobre o sistema educativo. É un programa de inscrición voluntaria, baseado nun compromiso polas partes: centro educativo, administración autonómica (CMADS e CEOU) e administración local (Concello); con obxectivos fundamentalmente didácticos, baseado nun modelo participativo, que busca a integración dos principios do desenvolvemento sostible no “proxecto educativo do centro”. A A21EG sinala uns obxectivos a medio prazo, nun horizonte de 5 anos: · Promover a consolidación de unha dinámica participativa na toma de decisións, coa participación do alumnado, profesorado, personal non docente e familias. · Propiciar a apertura do centro educativo ao entorno próximo nos aspectos sociais e ambientais e a participación activa nas axendas 21 locais dos Núcleos de Sostibilidade. · Consolidar unha “rede de centros da A21EG” como vehículo potenciador do traballo colaborativo cara á mellora da calidade da educación ambiental. Un aspecto claramente diferenciador da A21EG, derivado da compoñente social do desenvolvemento sostible, é a importancia que se lle da á participación activa de todos os membros da comunidade educativa, especialmente do alumnado.

A A21EG imprime dinámicas participativas para a análise de situacións medioambientais próximas ao alumnado e a subseguinte formulación de propostas de acción, o que ofrece ao profesorado unha oportunidade e apoio para a reformulación do currículo do seu centro educativo reforzando o desenvolvemento das competencias básicas “autonomía e iniciativa persoal e “social e cidadá”. A principios do curso o Concello de Ribadeo a través da Concellería de Medio Ambiente propúxose involucrar aos centros educativos públicos da Vila na A21EG, especialmente pola súa condición de Núcleo de Sostibilidade que debe potenciar a educación e concienciación social medioambiental. Despois dunha reunión inicial no Concello, do compromiso dun grupo inicial de profesorado e do acordo de Claustro e Conselle Escolar, o IES Porta da Auga integrouse na rede da A21EG-2009/10, presentando o seu primeiro proxecto baixo o título “Coñecemento do entorno de Ribadeo e sostibilidade: opcións educativas complementarias”. Nel propoñíanse tres ámbitos de traballo: 1.- Puntos de interese xeomorfolóxico de Ribadeo. 2.- Mellora da xestión medioambiental do instituto. 3.- Estudo da meteoroloxía local. Estas propostas agrupábanse nos eixos temáticos de “sostibilidade e paisaxe”, as dúas primeiras, e “sostibilidade no centro educativo”, a terceira. A continuación resúmese o desenvolvemento destes tres ámbitos de traballo.

11


Froito do noso primeiro ano na Axenda 21 escolar de Galicia, presentamos un traballo que ten como finalidade a educación para a sostibilidade no eixo temático “paisaxe e territorio”. Emprega unha metodoloxía didáctica específica: o traballo por proxectos, baseada na participación activa e o protagonismo do alumnado que debe localizar no entorno puntos de interese xeomorfolóxico e comentalos axeitadamente. Preténdese traballar as competencias básicas, para formar cidadáns responsables co medio, que adquiran valores, actitudes, hábitos e comportamentos sostibles ollando o medio a través da xeomorfoloxía: unha nova perspectiva do entorno, que non é posible valorar sen antes coñecelo. Breve descrición da actividade: 1.- Fase de preparación a) Introducción do proxecto: ó impartir o tema de xeomorfoloxía, cando estabamos facendo en gran grupo os comentarios de distintas paisaxes dende un punto de vista interpretativo, xurdiu unha pregunta: seríamos capaces de facer o mesmo coas paisaxes do noso entorno? Podía ser un traballo interesante para a Feira da Ciencia ( exposición e presentación de proxectos feitos polos alumnos que vimos celebrando dende hai 16 anos). b) Estudio das concepcións previas: ante a pregunta que sabemos do entorno dende o punto de vista xeomorfolóxico, xorden unha serie de ideas, ás veces contradictorias que nos motivan a afondar un pouco máis no tema e tomar conciencia das limitacións persoais, de que pode haber diferentes interpretacións, e que debemos investigar e buscar información ó respecto. É dicir, o estudio de ideas previas xera a necesidade de informarse. c) Obradoiro de interpretación da paisaxe: tivemos a sorte de que o alumnado puido aisitir a unha charla sobre interpretación da paisaxe e posterior saída que nos ofreceron dende a axenda 21 ó coñecer cales eran os nosos obxectivos. Resultou unha actividade bastante motivadora e valeu para darnos conta de que a paisaxe tamén se pode ler e que todos podemos mirar o entorno con outros ollos, tratando de buscar texuras, formas ou pistas que nos indican algo acerca de como se formou ou porque. d) Elaboración do guión: plantexámonos entón que queremos saber e como conseguilo e deseñamos o plan de acción: d.1.- Consulta de tódalas fontes de información posibles (revistas, enciclopedias, páx. Web, folletos turísticos, preguntas á familia e amigos...) para tratar de encontrar 12

os lugares de interese xeomorfolóxico da nosa zona. d.2.- Conseguir fotografías deses lugares. d.3.- Posta en común en gran grupo para evitar repeticións e organizar o traballo conxunto. d.4.- Distribución dos lugares por grupos máis pequenos para facer comentarios oportunos da interpretación da paisaxe. d.5.- Preparación do traballo final. 2.- Fase de desenvolvemento a) Unha vez impartido o tema de xeomorfoloxía, os alumnos dispuxeron dun tempo para localizar e conseguir fotografías dos puntos de interese do entorno. b) Despois, en gran grupo, fíxose unha selección dos mesmos e breve comentario dos aspectos máis destacados en cada caso, repartindo e organizando o traballo en conxunto. c) Por último, os alumnos/as elaboraron as descricións interpretativas da paisaxe en cuestión e preparamos a presentación das mesmas elaborando os materiais axeitados.


Traballo resultante De todo este proceso, o resultado é un traballo no que fomos capaces de localizar ó longo da costa de Ribadeo (dende a Praia das Catedrais ata a praia dos Bloques) uns 60 puntos de interese xeomorfolóxico. De cada un deles fixemos unha ficha onde aparece o nome, a localización, unha fotografía e un breve comentario sobre os aspectos de maior interese, tal e como pode apreciarse na seguinte imaxe.

Pero a información hai que comunicala, é dicir, poñela ó alcance doutras persoas, e nós para presentala ó público pensamos que sería bo, ademais de facer un power point do traballo, poñer esas fichas sobre un cartel dunha dimensión que permitise unha axeitada visualización integral e detallada da costa. Para esto contamos coa axuda da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, que nos facilitou unhas fotos en soporte dixital do concello de Ribadeo, despois na imprenta fixéronnos un cartel de 3,5 m do tramo a estudiar e imprimíronse as fichas en acetato para poder pegalas sobre a lona sendo reutilizadas nos lugares onde se expoña. Na imaxe apréciase o panel expositivo final inaugurado na nosa Feira Ciencia celebrada do 13 ó 16 de abrile tamén presentado na Xuntanza da A21 “O alumnado é o protagonista” celebrada o 20 de maio en Pontevedra. A difusión do traballo tamén se completará coa súa publicación na web do instituto, con enlace dende a web do concello.

Traballouse só dende a asignatura de Bioloxía e Xeoloxía pero dende logo detectamos a potencialidade de poder plantearse como un traballo interdisciplinar e globalizado do entorno dende distintas perspectivas e con variadas e interesantes aportacións. De feito, en mente temos continuar con aspectos como a flora costeira, por exemplo. Finalmente, reseñar que este actividade en concreto pode supoñer a continuidade do traballo “Coñecer a costa de Ribadeo” no que os nosos alumnos

participan antes de chegar ó noso centro, cando aída están no colexio Gregorio Sanz en 5º e 6º. Esto tamén resulta especialmente interesante para todos porque establece nexos de unión entre os dous centros e os alumnos van coñecendo ano a ano distintos aspectos do entorno, dende a toponimia ou lendas da zona ata as formacións xeolóxicas ou a flora típica. A reflexión conduce a pensar que deste xeito é case imposible non chegar a sensibilizar da importancia do noso medio e da necesidade dun desenvolvemento sostible para que as seguintes xeracións poidan seguir disfrutándo do mesmo. Penso en definitiva que é un bo xeito de educar para a sostibilidade: dende o colexio, dende o instituto e dende asignaturas e actividades moi variadas. Mª Jesús Besteiro Cabanas

13


Eis o que define a experiencia do que foi a derradeira semana do curso. A cousa comezou practicando o que é o uso da bici como método de transporte ao cole, xuntándonos todas as mañás na Praza de Abastos para facer o camiño xuntos, e aínda que nun principio non eramos moitos, temos que confesar que de día en día foi medrando o número de participantes... o cal nos anima a comezar o curso que vén repetindo a experiencia. A segunda parte consistiu nun paseo en bici, tomando como referencia a costa e chegando até Rinlo. Participamos sobre unhas trinta persoas, e temos que confesar que foi moi agradábel ao que contribuíu o bon día que tivemos. A primeira parada foi na Illa Pancha onde o encargado do faro nos explicou o seu funcionamento e nos permitiu subir á torre, desde onde a vista é impresionante. Logo continuamos viaxe e paramos no castro das Grobas, pero temos que confesar que a maleza non nos deixou velo en todo o seu esplendor.

A última parada foi en Rinlo onde paseamos polo seu precioso casco urbano e paramos na ponte un bon bocado, onde aproveitamos para beber e petiscar os bocatas que cada un traía. Como a cousa foi con calma, non puidemos facer a última parte na que tiñamos previsto visitar o muíño da Madanela... pero non nos dá pena porque para o curso que vén imos repetir a experiencia. A conclusión é que a bici dá moitas satisfacións, vale para facer exercicio, e en Ribadeo é un medio de transporte rápido, barato, e eficaz. Animamos a todos os alumnos e alumnas a que proben e xa veredes o útil que é. Xosé Carlos Cid Tesouro

14


Diariamente dous alumnos do centro, do curso de diversificación curricular de 4º de ESO, anotaron o valor das variables meteorolóxicas: temperaturas máxima e mínima e pluviometría. Estes datos recolléronse dos instrumentos da caseta meteorolóxica do instituto e ao mesmo tempo contrastáronse cos aportados pola estación meteorolóxica automática instalada tamén no instituto. Os alumnos fóronse alternando semanalmente para que todos puideran participar na recollida de datos. Os datos recollidos, xunto cos da estación automática, conformaron unha base de datos que permitiu elaborar gráficas de pluviometría e temperaturas medias. A seguinte estatística danos unha idea do clima que gozamos en Ribadeo: temperaturas suaves con oscilacións pequenas entre as máximas e mínimas e abundantes precipitacións. Os datos corresponden ao período de tempo que vai dende o 1 de abril de 2009 ao 31 de marzo de 2010. Témperaturas máximas ·Máxima: 28,9ºC o 31 de agosto ·Mínima: 4,4ºC o 10 de xaneiro ·Media: 17,7ºC ·Nº de días con temperatura superior a 25ºC: 15 Temperaturas mínimas ·Máxima: 19,3ºC o 19 de agosto ·Mínima: -0,6ºC o 6 de xaneiro ·Media: 10,9ºC ·Nº de días con temperatura inferior a 5ºC: 45 Diferenzas entre T. máxima e T. mínima ·Máxima: 15,2ºC o 16 de marzo ·Mínima: 1ºC o 9 de setembro ·Media: 6,72ºC ·Nº de días cunha diferenza inferior a 10ºC: 315 Precipitacións ·Máxima: 61,2 mm o 27 de febreiro ·Mes de máxima: novembro, con 219 mm ·Acumulada no ano: 1166 mm ·Nº de días sen ningunha precipitación: 151

15


Nós, os alumnos de 4º ESO de Bioloxía e Xeoloxía, participamos o pasado 20 de maio no Encontro Intercentros da Axenda 21 Escolar Galega, celebrado en Pontevedra no Pazo da Cultura. Como o día prometía ser intenso, fómonos o mércores e durmimos ( ben, é un dicir) en Poio, moi cerquiña do mosteiro no que fixemos unha foto. Trátase dunha actividade na que nós, xunto con outros alumnos de distintos centros, presentamos os traballos realizados ao longo do curso no marco da A21EG: dende obras de teatro, cancións e poemas que fomentan a sostibilidade, ata xogos con auga, carteiras reciclables, estudos do consumo enerxético nos centros, exposición de aves da ría do Burgo ou o noso: “Puntos de interese xeomorfolóxico de Ribadeo”.

Foi unha xornada amena aínda que con moita calor: pola mañá asistimos repartidos a varios seminarios nos que se presentaban proxectos, e tamén tres de nós presentamos o noso durante 45 minutos. Despois dunha comida, da que alguén dixo “isto na miña casa chámase aperitivo”, participamos nun recinto feiral aberto no que estaban expostos algúns traballos, por suposto que o noso tamén. Por alí foi pasando case todo o mundo e a verdade é que gustou moito. Logo fomos ao auditorio para ver unhas obras de teatro e algunha actuación doutros centros (que algúns aproveitamos para botar unha pequena sesta porque a noite fora un pouco escasa), despois rematamos a xornada e emprendemos a viaxe de volta. Sen dúbida, mereceu a pena o esforzo. Vanessa García López Sarai Pousada Linares

16


meteoroloxía

Un ano, un mes e catro días despois, Zynthia entraba en Galicia polo suroeste, sendo a provincia de Pontevedra a primeira zona afectada. Seguiu unha traxectoria suroeste – nordeste, convertendo así a Ribadeo no último punto da Comunidade onde se deixaron sentir os seus efectos. A pesar de que en Galicia non foi tan virulento coma o do Klauss, tamén houbo que lamentar a morte dunha persoa. Pero a súa forza e capacidade destrutiva había mostralas nos días sucesivos ao seu paso por Francia, coa que se ensañou especiálmente deixando máis de 50 vítimas mortais. A estación meteorolóxica automática instalada no IES rexistrou de forma exacta as variacións de presión atmosférica, temperatura do aire e velocidade do vento que se ían producindo a medida que Zynthia pasaba por Ribadeo, chamando poderosamente a atención a enorme bagoada barométrica e o forte aumento de temperatura que acompañaba ao fenómeno. Nos primeiros meses destes dous últimos anos pasaron por Galicia Klaus e Zynthia, unha parella de cicloxéneses explosivas, que a pesar de non parar moito na súa viaxe cara a outras terras e mares, foi tempo suficiente como para deixar marcas ben visibles do seu devastador percorrido. Unha cicloxénese explosiva, ou bomba meteorolóxica, vén a ser un pequeno ciclón que se despraza moi rapidamente. A diferenza dos furacáns tropicais, que non miden menos de 1000 km de diámetro, estes non soen pasar dos 500 km; ademais son propios do inverno, aínda que de latitudes maiores ca nosa, mentres que os furacáns aparecen a finais do verán ou xa no outono. Primeiro foi Klaus, que tocaba Galicia o 23 de xaneiro do ano pasado. Del aínda perduran as cicatrices das feridas inflixidas en multitude de árbores centenarias e montes enteiros, onde rabuñou con rabia centos de miles de eucaliptos e piñeiros. Pero máis lamentable aínda foi a perda de vidas humanas que causou, unha delas aquí na Mariña.

Para ter unha idea máis precisa da singularidade deste fenómeno e velocidade de desprazamento pola xeografía galega, comparamos os datos da nosa estación cos rexistrados en Vigo, A Coruña e Burela, cada dez minutos e durante as 24 horas do día 27 de febreiro. As gráficas deixan ver con claridade como a perturbación chegaba primeiro a Vigo, despois á Coruña, Burela e finalmente, sobre ás 18:00 h, a Ribadeo. 17


meteoroloxía As variacións de presión atmosférica foron moi similares nas catro cidades, iniciándose cunha caída suave ata valores próximos aos 970 milibares e seguindo unha moito máis rápida recuperación, momentos nos que a diferenza de presión entre Burela e Ribadeo chegou a ser de máis de 7 milibares.

Os cambios nas temperaturas foron quizais os máis significativos, sendo en Ribadeo onde se manifestaron máis claramente cun aumento de máis de 7ºC en media hora, arredor das 19:00 h. Ademais neste caso as diferenzas entre puntos tan próximos como Burela e Ribadeo rondaron os 12ºC ás 20:00 h.

No que respecta aos ventos, en Vigo e Burela superáronse amplamente os 100 km/h, chegando a marcar 146 km/h e 121 km/h, respectivamente. Sinalar aquí que os datos reflectidos na gráfica correspondentes a Ribadeo son os rexistrados na estación meteorolóxica da Escola de Capacitación Agraria Pedro Murias, xa que os da nosa son menos fiables ao estar próxima de árbores e do propio edificio do centro.

Nas tres gráficas quedan patentes as enormes perturbacións que producía Zynthia nesas variables, indicadoras todas do seu potencial poder destrutivo do que despois deixaría boa mostra ao chegar a Francia. Confiemos en que estes dous acontecementos tan próximos no tempo non sexan máis que froito da casualidade, e non unha consecuencia máis do cambio climático á que nos teñamos que acostumar, como xa se empeza a sospeitar. 4 18


normalización y dinamización lingüistíca

CORRELINGUA é o nome co que se denominan as manifestacións en prol do idioma que se convocan na nosa comunidade. O correlingua é unha proposta de carácter lúdico e reivindicativo, que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego, e tamén de exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. O correlingua conta cun manifesto, un escrito onde os alumnos galegos reclaman que non se perda a lingua galega. O manifesto deste ano gañárono os alumnos de segundo de ESO do IES Porta da Auga de Ribadeo. Consta de dezaseis estrofas, e cada unha comeza polas letras correlativas que forman o lema deste ano: A FORZA DO NOSO AMOR. Os alumnos déronlle a este lema un sentido cariñoso, e ao mesmo tempo, patriótico e reivindicativo, utilizando frases dos principias literatos galegos. O correlingua celebrouse en varias comarcas galegas e os actos foron similares: un percorrido portando pancartas alusivas á defensa do idioma, a actuación do mesmo grupo musical, Machina, e lectura do mesmo manifesto, nalgúns lugares lido por prestixiosos escritores en lingua galega. O obxectivo da actividade é defender o noso dereito a vivir en galego, contribuíndo así a divulgar os nosos ideais e a prestixiar o galego. Procuramos manter a nosa identidade defendendo o galego como vehículo de expresión. Moita xente di que para que molestarse tanto por algo que non serve máis que para Galicia, pero nós defendemos a lingua porque é dos nosos antepasados, é nosa e porque nos criamos con ela. Ser bilingüe axúdanos a expresarnos mellor e a entender mellor as culturas que nos rodean. Ademais, como di o refrán: “O saber non ocupa lugar’’.

O corelingua na Mariña. O mércores 5 de maio de 2010 celebrouse en Ribadeo a décima edición do Correlingua en defensa do galego. Para a ocasión xuntáronse máis de 1300 escolares procedentes de toda a Mariña lucense. Os estudantes baixaron camiñando dende o monte de Santa Cruz ata a praza do Cantón. O percorrido foi moi significativo, xa que é un dos tramos do camiño norte de Santiago. Unha vez no centro da vila, os gañadores do concurso en defensa do galego, alumnos de 2º de E.S.O do Porta da Auga, leron o seu manifesto. A xuntanza tamén contou coa actuación do grupo musical “Machina” que tivo unha gran aceptación entre o público. Pero sen dúbida o máis conmovedor desta décima edición do Correlingua foron os dous globos que cada participante botou ó aire. Un era de cor vermella, simbolizando o amor e o outro era de cor azul, simbolizando a nosa lingua; porque o galego é a forza do noso amor. Andrea Vilar Álvarez Adrián Expósito Dorado 19


normalización y dinamización lingüistíca

U

n curso máis, e este xa foi o terceiro, alumnos/as do noso instituto participaron nun intercambio cos de outro centro galego; en concreto, os de 2º e 3º de ESO cos dos mesmos cursos do CPI Domingo Fontán de Portas (Pontevedra). A actividade, organizada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, respondeu a todas as expectativas, e foi unha das máis motivadoras e enriquecedoras. Imos comentar algo da experiencia. Antes do primeiro encontro, mantivemos un intercambio epistolar para ir dándonos a coñecer. Deste xeito, cando os vimos a primeira vez en Ribadeo, xa non nos eran totalmente alleos. Pero o mellor, claro está, foi poder estar compartindo cos eles e elas as dúas xornadas. A primeira foi o 11 de maio, día no que estiveron connosco en Ribadeo.

deo, dirixímolos nun percorrido explicativo, mostrándolles os lugares e monumentos máis significativos da nosa vila, no que nós mesmos aprendemos cousas que non sabíamos. E como despedida, que mellor maneira ca facela que visitando o porto de Rinlo? A nosa devolución de visita tivo lugar o 20 de maio. Ese día agardárannos en Pontevedra, da que Portas está relativamente cerca. Con guías locais, percorremos a parte monumental desta preciosa e moi ben recuperada cidade. Tamén entramos ao museo provincial, onde nos paramos en especial na parte onde se expón a obra de Castelao, e tamén a referida á náutica.

Á súa chegada recibímolos no salón de actos: o Director deulles a benvida, explicámoslles algo de como é Ribadeo e das actividades que realizamos no Grupo de Normalización Lingüística, e, como remate, os compañeiros/ as de 2º, que recibiron este ano o Premio do Manifesto do Correlingua, escenificaron a lectura do mesmo.

4 20

De seguido ensinámoslles o faro de Illa Pancha, una novidade tamén para a maioría de nós, pois non é habitual entrar nel, no faro, non na illa, e de subir polo seu interior ata a plataforma superior. A vista da costa é xenial. A continuación estivemos no Forte San Damián e no Cargadeiro, onde lles contamos algo da historia destes dous lugares.

Que balbordo no comedor escolar do centro! E que rica a comida! Fixeron algo especial para nós.

E, xa cando a fame empezaba a facerse sentir, xantamos con eles en Santa Cruz. Repostas as forzas, divertímonos un pouco tirando da corda, e canto custaba movelos ... ata que descubrimos que a tiñan atada a unha árbore!!

Descansamos algo en Portas todos xuntos, e logo seguimos para Caldas de Reis, vila próxima, onde, nas beiras do río, pasamos o serán, descubrindo a súa historia. Na despedida, apertas, chuchos... e promesas de visitas privadas para o verán. Sería certo isto?

Á tarde, divididos en cinco grupos mixtos Portas-Riba-

Anxo Martínez Pérez, coordinador do E.N.D.L.


letras galegas

BIOGRAFÍA Uxío Novoneyra naceu en Parada de Moreda, en plena serra do Courel, en 1930, fillo dunha familia labrega acomodada. Pasa a nenez e a mocidade nesta terra, que será o principal referente físico para os seus versos, ofrecendo unha anovadora visión da paisaxe dentro da literatura galega.

guer o esencial da problemática humana, desde unha perspectiva fundamentalmente política e existencial. Nos comezos da década dos 80, o poeta principia a recompilar e depurar o seu ciclo courelán, publicando Os eidos. Libro do Courel (1981), que terá diversas reedicións.

En 1945 trasládase a Lugo para cursar o bacharelato e xa nesta etapa vai coincidir co compañeiro da xeración Manuel María.

No ano 1983 afíncase definitivamente en Santiago, cidade desde a cal exerceu como presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, até a súa morte no ano 1999.

En 1949 marcha a Madrid para cursar a carreira de Filosofía e Letras, etapa na que empezará a escribir poesía en castelán. No 1952 volta a Galicia. A partir de agora vai tomar contacto co galeguismo (Pedrayo, Ramón Piñeiro…) que, xunto coas estancias no Courel, vano motivar a escribir en galego. No ano 1955 deu ao prelo Os eidos, poemario con que comeza un ciclo poético que retomará con Os eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1974). Nestas obras encóntranse presenzas do paisanismo, do neotrobadorismo e mais da temática existencial que estaban vixentes nesta etapa literaria. Esta poesía (poesía da terra) presenta unha vivencia total, física, sensual e mental da natureza, de extraordinario valor cultural. Nos versos compostos máis ou menos de 1960 a 1975, aparece marcada a preocupación político-social propia da época. Uxío Novoneyra é un poeta que trata abran-

Publica Poemas caligráficos en 1979, nunha edición prologada e ilustrada por Reimundo Patiño, con textos vinculados a unha vangarda pictórica organizada arredor do grupo Brais Pinto. Xa na segunda metade desa década comeza cunha recompilación temática da súa produción poética completa. Así, en Muller pra lonxe (1987), reuniu os poemas paixonais e amorosos; e dous anos máis tarde, en Do Courel a Compostela 1956-1986, os de temática política, que irán acompañados dunha antoloxía crítica. En 1994, logo de varios anos de silencio editorial, editou Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras. En 1998 publicou Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas. Nos seus textos, Novoneyra explicita o seu compromiso nacionalista e marxista (especialmente na época en que 21


letras galegas estes temas son protagonistas na literatura galega), sen deixar de preocuparse en ningún momento pola forma poética e mais pola linguaxe, pesquisando na materia lírica até conseguir o mellor resultado visual e —sobre todo— sonoro para os textos (botando man para tal efecto de diversos recursos como o fonosimbolismo, a utilización de dialectalismos e vulgarismos, os silencios, o simbolismo gráfico, etc). Novoneyra, á fin, fixo do seu Courel un ámbito mítico para acoller todo o que el quere.

OBRA COMPLETA - Antoloxía consultada da poesía galega 1976-1900. - Antoloxía poética. - Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas. - Os Eidos. - Do Courel a Compostela. - Dos soños teimosos - Gorgorín e Cabezón. - III Festival de poesía no Condado. - Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín. - Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina. - Muller para lonxe. - O cubil do xabarín. - Os Eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas. - Os Eidos: Terras outas e soias do Courel. - Poemas caligráficos. - Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras. - Poemas pola memoria. - Tempo de elexía. - VII Festival da Poesía do Condado.

POEMAS

Os cousos do lobo Cousos do lobo! Caborcos do xabarín! Eidos solos onde ninguén foi nin ha d’ir! O lobo! Os ollos o lombo do lobo! Baixa o lobo polo ollo do bosco movendo nas flairas dos teixos ruxindo na folla dos carreiros en busca de vagoada máis sola e máis medosa… Rastrexa parase e venta finca a pouta ergue a testa e oula ca noite na boca…

Do Courel a Compostela GALICIA será a miña xeneración quen te salve? Irei un día do Courel a Compostela por terras libradas? Non a forza do noso amor non pode ser inutle!

Terras altas e solas Terras outas e solas! Serras longas mouras! Eu son esta coor de soidá… Ancares soñados co lonxe! Penas de Marco de Medio Mundo en ringuileira do Canedo ás Moás! Cimo da Devesa! Alto da Lucenza Formigueiros Montouto Pia-páxaro tesos cumes do Courel! Pobos probes ardidos de tristura mouros de queimados! Lor ruxindo polo val pecho! Ucedo e ucedo! Fontiñas outas Penedos carrozos escuros fragas agros soutos e devesas! Labregos e pastoras que sólo vistes istes tesos i estes vales! Aturula a curuxa e canta o cuco medindo o tempo quedo que se para no cor e tornándose contra un ven cravarse no sitio onde máis se sinte…

22


premios

Os alumnos/as de 2º de ESO B, do IES Porta da Auga, obtiveron o premio do Manifesto do Correlingua 2010 coa composición que comeza “somos un grande equipo, o equipo do correlingua...” O manifesto gañador é un poema onde a primeira letra de cada verso forma o verso de Uxío Novoneyra A FORZA DO NOSO AMOR, e alude a obras doutros autores galegos e manifesta tamén a preocupación que se vive nos centros polo novo decreto do galego no ensino. Eva Méndez Lombardía foi a profesora que animou e axudou a estes alumnos para a elaboración deste manifesto, que obtivo este recoñecemento. Estes rapaces/as foron invitados á presentación do Correlingua 2010, o pasado día 15 de abril, no Museo do Pobo Galego de Santiago. Tamén, como premio, disfrutarán dunha viaxe de dous días ás fragas do Eume e a Ferrol, guiados por especialistas do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e realizando diferentes actividades. No concursos do Correlingua participan todos os anos centros de infantil, primaria e secundaria de toda Galiza, polo que estes alumnos senten un orgullo especial ao quedar en primeiro lugar e polo feito de que o manifesto que eles elaboraron sexa lido ante miles de estudantes en todas os Correlinguas que se van celebrar no próximo mes de maio. 23


premios

Manifesto: Somos un grande equipo, o Equipo do Correlingua.Os que desde A Coruña, Baixo Miño, Ferrol, Vigo, A Mariña, Pontevedra, Lugo, O Salnés, Ourense e Santiago xuntamos as nosas voces para berrar alto e forte:

“Galiza, a forza do noso amor non pode ser inútil” A nosa proposta é clara, díxonola Manuel Antonio:

“A nosa fala é nosa, pospola a calquera outra é unha forma de suicidio” Libraremos a batalla se libres quixermos ser facéndolle honor ao seu lema, evitando o xenocidio.

Feixoo co seu “Decretazo”

pretende facernos memos vendéndonos trilingüismo para evitar o galego

O xogo non será fácil, os adversarios son traidores, pero temos xuventude, somos moitos, somos fortes; xogamos no noso campo e temos por adestradores a Pondal, a Rosalía, a Daniel e Airas Nunes.

Rompamos as barrreiras, xa estamos fartos: Falar queremos galego como os nosos antepasados. Zoa no ar un tempo de represión.

Mais Galiza, non teñas medo, que te imos defender “Nunca máis” permitiremos que eses verdugos crueis amordacen a túa lingua, nos repriman por ser fieis. Formamos un bo equipo disposto a te protexer.

A vitoria está cantada, o xogo témolo nós. Xa toca a “Alba de Gloria” do noso querido Daniel oxalá que co seu “Ollo de vidro” el nos estea a ver e poidamos redimilo do seu destino tan cruel. Dabondo nos maltrataron

nos anos da Ditadura á que pretenden regresarnos vendéndonos inter-cultura.

O inglés, ninguén dubida,

lingua moi útil é, que sen minguar a nosa propia, ninguén rexeita aprender.

24

“Nunca aprenderás a hablar”. “Hable bien, sea patriota” “Eso no es un can, que es un perro, la laverca es una alondra”. Con esas armas proclamaron a vitoria. Minguando a nosa estima, ensumindo a nosa gloria.

O nó que sen atar nos una

é o nó que nós queremos, o que nos trouxo hoxe aquí: A defensa do galego.

Somos unha xeración

de galegos preparados, a gramática coñecemos, da nosa historia sabemos. Por usar a nosa lingua quen se atreve a insultarnos? Se nos deixamos gañar, non seríamos desleixados?.

O correlingua camiña contigo, Uxío, do Courel a Compostela polas terras liberadas, esas que vós liberastes coa arma das vosas palabras.

A nosa gran Rosalía xogou no Olimpo moi soa e por iso foi alcumada como “a pobriña da tola”. Semente foi dunha estirpe de poetas emprendedoras que coa súa lingua tecen a arma máis poderosa. Mal de linguas din algúns, os que non queren entender que a multitude de linguas é en si un grande ben do que goza a humanidade para chegar a comprender a complexidade do mundo no que lle tocou nacer.

O dito ben dito queda. Xa é a hora da despedida.

Agardamos terche aclarado algunha das túas dúbidas para que a partir de hoxe na casa, cos amigos e amigas fales galego por sempre, que o galego tamén liga.

Rematamos esta historia Berrando ben alto e forte Para que todos nos oian: “Galiza, a forza do noso amor non pode ser inútil” Queremos galego na escola!


premios

Os días 20 e 21 de abril, os alumnos de 2º ESO B e tres alumnos de 2º ESO A desprazámonos a Ferrol e ás Fragas do Eume para disfrutar o premio por ser os gañadores do concurso do manifesto do Correlingua 2010. Previamente, o 15 de abril desprazámonos a Santiago para presentar o noso manifesto que leva por título “Galiza, a forza do noso amor non pode ser inútil” e recoller o diploma de gañadores. Durante estes dous días convivimos con 4 alumnos e 13 alumnas de 4º ESO do CPI de Pontecesures (finalistas do concurso). DÍA 20. FERROL Acompañados por dúas profesoras, saímos do noso instituto ás 08:45 con destino a Ferrol. A viaxe durou tres horas, pois o condutor despistouse e pensou que tiñamos que ir directamente a Pontedeume en vez de ir a Ferrol. Chegamos ás 11:45 ao parque Raíña Sofía, onde realizariamos as primeiras actividades. Primeiro visitamos o parque de Aquaciencia, mentres que os de Pontecesures foron á Aula de Ecoloxía Urbana, que posteriormente rotamos. A partir de agora estaremos sempre cos de Pontecesures. Ás 14:00 collemos no peirao da Curuxeira a barca “Rías Altas Dos”(tivemos que esperar un pouco debido a que Paco, o patrón da barca, demorouse).Tiñamos tanta fame que comemos nada máis subir á barca. Ás 15:15 atracamos en Mugardos para tomar un xelado, café, etc... e tamén dar un pequeno paseo, xa que ás 16:45 tiñamos que estar de volta na barca.

de formigón e aire burgués; edificios de arquitectura racionalista que datan de 1930-1940 e de varias vivendas; e por último, edificios máis recentes destinados a comercios, salas de cine, teatro... Despois de ver edificios importantes en Ferrol, collemos o autobús que, dirección a Monfero, nos levou ata o albergue Alvarella, situado en Vilarmaior. Ás 19:00 chegamos ao albergue, onde nos deron unha pequena charla sobre as súas normas e tamén distribuíron as habitacións. Despois da charla tivemos tempo libre, así puidemos xogar nunha sala que tiña mesas de pingpong; tamén había unha piscina (os alumnos/as de Pontecesures bañáronse xa que ían provistos de bañador, ó contrario de nós, que nos tocou mirar para eles, máis ben para elas), ou disfrutar dun marabilloso xardín. Ás 21:15 ceamos no albergue. A continuación puidemos ver o partido Inter-Barça. En Alvarella é raro ver a tele, pero dada a importancia do partido, deixáronnos ver a segunda metade. Ás 22:45 déronnos unha charla sobre o que iamos ver ao día seguinte nas Fragas do Eume: fauna e vexetación. A continuación, as profesoras deixáronnos tempo libre ata a hora de ir para a cama.

A continuación dirixímonos ao Castelo de San Felipe, onde realizamos unha visita guiada. O castelo foi construído no século XVI, agora está algo abandonado, pero alí puidemos ver os cárceres; as zonas de defensa, pois contaba con máis de cen buratos por onde se podía defender a ría de Ferrol. Enfronte deste estaba o castelo de San Carlos e o castelo de Palma, este último derrubado, só queda un muro. Despois da visita collemos de novo a barca e levounos ata o peirao da Curuxeira, onde comezamos a visita polo barrio da Magdalena en Ferrol. Este barrio conta con edificios antigos de pedra que datan do século XVIII, característicos polos balcóns e galerías acristaladas, con trazos rurais e mariñeiros; edificios de comezos do XX, 25


premios DÍA 21. FRAGAS DO EUME Levantámonos ás 8:30 e ás 09:30 almorzamos. A continuación os educadores ensináronnos as instalacións do albergue, ao tempo que nos ían explicando a biocontrución do mesmo. Alvarella é un albergue moi ecolóxico: teñen paneis solares para quentar a auga, a calefacción; a madeira é de piñeiro do país; cultivan verduras e hortalizas que serven aos hóspedes; fan compost... e traballan con grupos sobre a reciclaxe, enerxía... Despois da visita polas instalacións, collemos o autobús que nos levou á Capela, onde comezamos a ruta das tres pontes polas Fragas do Eume. As Fragas son moi bonitas, con moita vexetación, hai moitos tipos de árbores autóctonas: carballos, aveleiras... Pasamos xunto ao mosteiro de Caaveiro, pero non puidemos entrar, pois só abre as fins de semana. Camiñamos polo lado do río Eume, que é moi caudaloso e destaca pola cor turquesa das súas augas debido ao reflexo dunhas oucas que medran no seu fondo. Sobre ás 13:00 paramos para comer o pic-nic que nos deron no albergue. Despois seguimos a ruta e chegamos ao final do percorrido. Por esta ruta hai que cruzar varias pontes colgantes, así camiñamos polas dúas beiras do río.

Ás 16:30 acabamos o noso paseo polas Fragas do Eume. Recolleunos o autobús e levounos ao museo das Fragas, onde vimos un vídeo que mostraba as cousas máis características das mesmas. Ás 17:00 despedímonos dos compañeiros de Pontecesures e collemos o autobús que nos levou de volta para a casa. Foron dous días moi completos, pero interesantes. Recoméndo a experiencia. Rubén López López

26


premios

Na foto do acto de entrega está, no centro da imaxe, o Conselleriro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández; á súa esquerda e ao fondo Vicente Pérez Muñuzuri, director de Meteogalicia; á esquerda da imaxe, Juan Sama, director do IES Perdouro de Burela, e á dereita, Martín García, coordinador do xornal “De Luns a Venres”, que recolleu o premio en nome do IES porta da Auga. O labor constante de observación, rexistro e divulgación da meteoroloxía en Ribadeo, desenvolvida polo IES dende que forma parte da rede de MeteoEscolas, foi recoñecida cun premio outorgado por Meteogalicia. O premio entregouno o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, no acto de celebración do X aniversario da creación de Meteogalicia, o día 23 de febreiro, Día Mundial da Meteoroloxía. O Conselleiro afirmou que as MeteoEscolas complementan a rede de estacións meteorolóxicas da Xunta de Galicia xestionada por MeteoGalicia, e grazas e elas acadouse unha base de datos meteorolóxicos importante para que os estudantes e o profesorado a puideran empregar como recurso educativo, á vez que estes datos -obtidos e facilitados polos centros- se colgaban na web.

proxecto. Ademais do IES Porta da Auga, foron premiados os IES Perdouro (Burela), Couto e Ribeiro, e o CPI Camiño de Santiago, os centros máis activos entre as MeteoEscolas. Non debe pasar desapercibido que dos cinco premiados dous son da Mariña.

Dende 2007 un total de 97 Institutos de Educación Secundaria (IES) e Centros Públicos Integrados (CPI) están adheridos a esta rede. Recoñeceuse e agradeceuse o labor e participación de todos os centros, moi especialmente o daqueles máis involucrados con este 27


conto

- Bo día! Viña para o de... xa sabe... a procura de parella! – di Ribadeo alborotada. - Ah! Por suposto. Pero dígame, que quere que poñamos?. - Claro, podería ser algo así?: “Ribadeo, muller loura coa que ficas quedo, busca cidade travesa pero que lle dea amor”. - De seguido comezo coas xestións. Estaremos en contacto, bo día. Ribadeo marcha. De volta ao seu recuncho, cavila en se atopará unha fermosa cidade para unha vila tan corrente como é ela. Xa estaba ceando cando, de súpeto, oíuse o típico “ riing riing”. - Entendo... entón ás 4 e media no departamento. - ... Incrible... pensa ela. Mañá vou ter un encontro moi emocionante co mesmísimo Barcelona. Era pola mañá cedo. Ribadeo toma unha ducha e marcha cara ao traballo. Non dá pé con bóla. Todo lle sae mal: as contas, papeleo... Por fin chega a hora tan desexada: Barcelona, por fin xuntos. Quedaron nunha praza moi coñecida. Un saúdo cordial é o único que se pode ver ademais dos coloretes de Ribadeo. Comeza Barcelona a entoar conversa: - Mira, non quero rodeos. Eu quero atopar algo novo, diferente, que me faga sentir algo que polo de agora creo que nunca cheguei a sentir. - Pero... que che fai pensar que eu che podo dar iso? - Investiguei sobre ti na web. Todo o que lin me pareceu alucinante. Como unha vila pode estar chea de recunchos e cada un deles ter algo semellante? Contas coas mellores praias, monumentos e as mellores persoas. Houbo unha pausa. Todo se converteu no mesmo. Mesturáronse as augas, a Sagrada Familia ligou coa Torre dos Moreno e a xente saíu aos luxosos bares de Barcelona. Foi algo nunca visto. Nin Madrid, nin Sevilla, nin incluso Londres e París, podían crer que unha cidade como Barcelona comece unha relación cunha vila como Ribadeo. A Barcelona non lle importaba o que dixeran os demais, el sabía a razón pola que estaba loucamente namorado de Ribadeo. Hoxe, nos mapas aparecen separados. Pero tan só nós, os ribadenses, somos os únicos que sabemos a verdade, esa bonita historia da que todas as vilas teñen envexa. Por iso, cada noite, asubiándose dedícanse a palabra máis bonita, que sen lugar a dúbidas temos na nosa lingua: Quérote! Mireia Cancio Méndez

28


experiencia didáctica o número de sucesos posibles aseméllase ao cálculo da área dun círculo de raio a lonxitude do escarvadentes (π·r²), e o número de casos favorable aseméllase a calcular a área dun rectángulo de dimensións r x 2r = 2r². Así a probabilidade é 2r²/(π·r²) = 2/π. Por tanto, se o que facemos é multiplicar por 2 o número total de lanzamentos e dividilo polo número de casos favorables, en realidade estase a despexar o valor de π no exercicio de probabilidade anterior. OBSERVACIÓNS: A explicación real de por qué sucede isto, recurrindo a unha descrición máis matemática, utilizando variables aleatorias e a integración da función de densidade correspondente, podedes encontrala na rede a través da wikipedia no seguinte enderezo: http://es.wikipedia.org/wiki/Aguja_de_Buffon Nesta páxina, ademais, xeneraliza o problema para o caso de que a agulla ou escarvadentes e a distancia entre liñas paralelas non coincidan. Outra explicación, agora utilizando senos e cosenos, podedes encontrala no seguinte enderezo: http://www.genciencia.com/matematicas/el-problema-de-la-aguja-de-buffon Ademais, vén na mesma páxina un enlace a un simulador do experimento. A continuación, imos expoñer os resultados obtidos despois dunha semana de repetir o experimento con eses once escarvadentes, engadindo os resultados obtidos tamén na Feira na rúa da Coruña, onde tamén expuxemos este traballo: Este ano, no departamento de matemáticas, propuxemos a inclusión na Feira da Ciencia do instituto dunha sección dedicada ao número π. Dentro dos oito proxectos que levamos a cabo, todos eles con alumnos de 2º da ESO, imos destacar o que fai referencia á agulla de Buffon pola súa sinxeleza e os seus excelentes resultados prácticos.

Neste caso consistía en aproximar o número π mediante un modelo probabilístico. O experimento en si é bastante coñecido polos xa iniciados nas matemáticas, pero cara ao alumnado non deixa de sorprenderlles. A metodoloxía do traballo foi a seguinte: 1. Debuxamos nunha cartolina unhas liñas paralelas a distancia igual cá lonxitude duns escarvadentes. 2. Tiramos 11 escarvadentes na cartolina. Anotamos nunhas táboas os que tocan algunha das liñas e os que non. Á vez, mandamos que faga o mesmo con outros tantos escarvadentes algún dos asistentes e que conte tamén. O habitual é que toquen liña sobre 7. 3. Repetimos os lanzamentos ata completar un total de 5, anotando o resultado de cada un deles. 4. Dividimos o dobre do número total de escarvadentes (110) entre o número total de acertos nos cinco lanzamentos. Debería saír unha aproximación do número π.

Nº de Tocan Non folla liña tocan

π na folla

π

acumulado

1

275

165

3,2

3,2

2

277

163

3,1768953...

3,1884057...

3

281

159

3,1316725...

3,1692677...

4

283

157

3,1095406...

3,1541218...

5

286

154

3,0769230...

3,1383737...

6

277

163

3,1768953...

3,1447290...

7

280

160

3,1428571...

3,1444614...

8

282

158

3,1205673...

3,1414547...

9

280

160

3,1428571...

3,1416104...

10

284

156

3,0985915...

3,1372549...

11

275

165

3,2

3,1428571...

12

281

159

3,1316725...

3,1419220...

Esta táboa podemos obter unha boa aproximación en forma de fracción grazas á táboa 9, onde acumulamos 2521 escarvadentes que tocaban, o que conseguiu a fracción 7920/2521 = 3,1416104..., que deixa un erro aproximado de 0,0000178. Roberto Manín Gutiérrez

EXPLICACIÓN: Como a lei de Laplace di, a probabilidade de que un suceso ocorra é igual a contar o número de casos favorables e dividilo polo número de casos posibles, sempre que os sucesos sexan equiprobables. Neste caso, 29


-Tiveches algún adestrador persoal? Non, son autodidacta. Aconséllome cos amigos. -Tiveches algunha motivación para empezar a correr? Ao principio só gozar coas amigas/os; e despois, a de participar nas carreiras. - Que che gustaría chegar a ser ou conseguir nun futuro? Non creo que poida acadar máis éxitos, estes xa foron un grande agasallo; só agardo que as lesións me sigan permitindo gozar deste deporte. - Cóntanos algunha anécdota. Nunha ocasión, adestrando con dous amigos, leveinos ao Mondigo e cando baixabamos viñamos a falar tan entretidos que me despistei e baixamos a Vilela, polo que tivemos que voltar: ao final, en lugar de facer 25 km fixemos 36 km, polo que un dos meus acompañantes xurou que nunca máis iría adestrar polo monte comigo, cousa que a día de hoxe segue a cumprir; chegou algo canso e medio deshidratado. -Que lle dirías ao corredor máis veloz do mundo? Que o admiro e que agardo que nos continúe dando moitas satisfaccións cos límites do ser humano. -Que consello lle darías a alguén que está comezando a correr? Que só pense en divertirse, que os resultados chegarán por si sós. -Canto tempo lle dedicas a correr? Entre un mínimo de 45 minutos e máximo de 3 horas. -Cando e por que empezaches a interesarte por este deporte? Por influencia duns amigos, xa que iamos ao mesmo ximnasio. Aos 25 anos. -E máis tarde empezaches a competir, non é así? De xeito serio empecei no ano 2000; no maratón de Donostia.

- Sufriches algunha lesión importante? Si, teño catro hernias discais que me dan a lata bastante a miúdo e engadíuseme a síndrome do piramidal.

-En que tipo de carreiras participas? Como son? En todas : populares, nacionais, estatais , e internacional unha vez.

- Que aspectos negativos e positivos ten para ti correr? Negativos ningún. Positivos todos: todos os días é unha superación de ti mesma, adquires moitos valores, como o respecto cara aos demais, a constancia, a amizade…

- Onde adestras e como o compaxinas co teu traballo? No tempo de lecer que me deixa o traballo e adoito adestrar polo monte.

- Por que este e non outro deporte? Practico moitos deportes: bicicleta, natación…pero correr dáche moita liberdade, tanto de horarios como só depender de ti: só hai que calzar uns tenis e saír.

-Cal foi o teu maior reto nestes anos correndo? Participar no campionato de Europa de 24 horas. Non só por ser internacional, senón porque me avisaron da miña elección con só un mes e medio para preparalo.

-Levas algunha dieta especial? Non, necesito toda a enerxía que me poidan proporcionar todos os alimentos.

- Participas a nivel nacional, internacional ou local? Nos tres. -Entre os teus retos, que foi o que máis che custou? Rematar en 9º posición no campionato de Europa das 24 horas. -Gañaches algún premio importante nalgunha das túas carreiras? En tres campionatos : o de España, de 100 km.; un subcampionato de España, de 100 km; e un maratón. Todo en categoría absoluta. Tamén varias carreiras populares e un campionato galego de veteranas de medio maratón de España. 30

-Que corredor ou corredora admiras e por que. Marta Domínguez, polo seu tesón.

- Se son longas as competicións, como fas para administrar a comida? Temos unhas mesas coa bebida e comida (froitos secos, froita, chocolate, barriñas enerxéticas e refrescos isotónicos). O tempo que se perde en comer e beber tamén conta na marca final. -E para rematar, como foi a túa experiencia no Grand Prix? Boa, aínda que faltei á hora da verdade, pero no ensaio arrasamos: gañamos en todo. -Grazas pola túa colaboración. Inés Garrán Suárez Aitana García Rodríguez


- Onde e cando competiches por primeira vez? A miña primeira competición foi en “los Europeos de Estocolmo”, no ano 2001. - Como foi para ti esta situación? Buff! Moi emocionante! Pensar que toda a xente que alí había foi só para ver aos participantes, e eu era un deles facíame sentir xenial e orgullosa de estar alí. Aínda que tamén pasei moitos nervios ao ser a primeira vez. Incluso a rapaza que me axudou a subir para tirarme á piscina (xa que podemos ter axuda ao ter algunha minusvalía) díxome que lle apertaba con moitísima forza a súa man, tanto que pensou que a deixaba sen ela. - Nas paraolmpíadas de Atenas, cantos participantes galegos había? Pois eu era a única. Aquí en Galicia fun declarada “deportista galega de alto nivel”. - Seguro que tiveches moitas anécdotas durante a túa carreira, pódesnos contar algunha? Pois si! Recordo unha cando fun á “ Competición en Alemaña”: retrasouse tanto que me tiven que ir sen nadar, posto que o avión para volver íase sen min. Esta anécdota deume moita rabia. - Onde adestrabas? Pois mentres vivín en Madrid adestraba no “Club el Jimenéz”, cun edestrador do equipo de Madrid. E cando me transladei a Ribadeo, tiña que ir addestrar a Xove, posto que aquí presentaba algúns problemas, e alí preparábame o adestrador do equipo de Cervo. - Desde cando vives en Galicia? Pois dende fai sete anos aproximadamente, antes vivía en Madrid e agora en Ribadeo. - Que estudaches? Estudei 2º de Bacharelato, no colexio Claret de Madrid. Tamén estudei 1º de TAFAD no I.E.S. Pérez Galdos de Madrid.

- Podes dicirnos a clasificación dos teus xogos máis importantes? Claroo! CAMPIONATO DE MADRID (LAS ROZAS): OURO EN 50 M. LIBRES. OURO EN 100 M. LIBRES. OURO EN RELEVOS 4X100 M. LIBRES.

- En que campionatos participaches? En campionatos de Europa, campionatos do mundo, paraolimpíadas e Xogos do Mediterráneo.

CAMPIONATO DE EUROPA (ESTOCOLMO): BRONCE EN RELEVOS 4X100 M. LIBRES 5ª EN 100 M. LIBRES 6ª EN 50 M. LIBRES

- En que especialidade participas nos campionatos? En natación.

ATENAS PARAOLIMPÍADAS DE ATENAS, DIPLOMA OLÍMPICO EN RELEVOS 4X100 LIBRES.

- Tes unha minusvalía verdade? Cal é? Si, teño unha prótese no fémur, xeonllo e tibia. Puxéronme esta prótese debido a que aos 15 anos diagnosticáronme un “tumor de células grandes”, polo que primeiro sometéronme a unha operación para sacar simplemente un vultiño e logo xa parecía estar curado.Despois fixéronme unha revisión e tíñao outra vez estendido, polo que non houbo outra solución que operarme por segunda vez, substituíndo os ósos do fémur, xeonllo e tibia por próteses –explícanos Almudena.

- Segues practicando este deporte? Si, pero só por ocio, deixei de competir dende o ano 2004, ao volver das “Paraolimpíadas de Atenas”.

- Como se dividen as competicións da xente con algunha minusvalía? Pois divídense en dez categorías, habendo un posto 1,2,3,4...10. Estas categorías diferéncianse no grao de minusvalía que ten cada participante, sendo o posto 1 coa maior minusvalía e o posto 10 coa menor minusvalía. Para determinar a que categoría se pertence sométennos a uns exames. Un é nunha padiola e outro na auga. A min determináronme na categoría 10, é dicir, coa menor minusvalía; e logo a hora de competir, tamén competimos coa xente da mesma categoría.

- Por que o deixaches? Porque por nadar non me pagaban e eu teño que traballar. E desgraciadamente non podo compaxinar as dúas cousas, sobre todo porque teño que ir adestrar a Xove e está moi lonxe. - Pensaches algunha vez en volver? Si, ás veces pícame o verme e penso “podía volver a adestrar e prepararme para as paraolimpíadas de Pekín, pero agora mesmo aquí non teño os medios necesarios”. Quizás se fixesen un equipo en Ribadeo volvería. - Gustaríache profesionalizarte como nadadora? Gustaríame preparar a xente nova en natación, incluso a mozos discapacitados, partindo da miña experiencia. Rebeca Fernández García Andrea Fernández González

31


- Cal é a función principal do seu traballo? Todo aquilo que teña que ver con temas medioambientais, para un desenvolvemento sostible e responsable; ademais de loitar para que as actuacións humanas sexan o máis adecuadas posible, dentro do que a nosa economía nos permita. - Con que problemas se soe encontrar á hora de realizar as súas funcións? En primeiro lugar, co diñeiro suficiente para realizar todos os fins propostos dentro do meu labor. En segundo lugar, que os cidadáns se responsabilicen á hora de seleccionar os residuos, e de depositar nos respectivos colectores do lixo eses residuos que nós mesmos xeramos. E tamén coa pouca conciencia dos empresarios á hora de desfacerse dos residuos. - Prodúcelle satisfacción o seu traballo? Indubidablemente. Para as persoas que nos gusta traballar en defensa do ben común é unha gran satisfacción a pesar das dificultades e das horas de traballo que temos que dedicarlle. - Logo, canto tempo lle dedica ao seu traballo? Sería imposible saber cantas horas dedico exclusivamente ao medioambiente, posto que levo outra delegación e outros traballos para que funcione o noso conce32

llo. En medioambiente non se pode contar o tempo; en parte depende dos cidadáns, pois todos podemos colaborar, por exemplo, tirando os envases ao colector do lixo correspondente. - Cre vostede que o pobo ribadense está bem informado sobre o reciclado do lixo? É certo que a información é a virtude de toda actividade, pero en ocasións non se consegue o diñeiro para tal fin. Non hai dúbida de que temos o deber de informar e os cidadáns teñen o dereito de recibir esa información. Se nos concienciamos, beneficiámonos todos. - Que cambiaría do seu traballo? Faría un cambio cuantitativo sobre as persoas que teño ao meu cargo; e tamén un cambio cualitativo. Tamén cambiaría o orzamento destinado a medioambiente para poder conseguir os fins propostos. - Moitas grazas por colaborar connosco. De nada. É un pracer para min informar do meu traballo e, sobre todo de medioambiente, a xente nova coma vós. Marcos Martínez Pulpeiro


A: Eu tamén traballei no xardín, pero por pouco tempo. Despois fíxeno nunha fábrica de fundición, onde se facían, por exemplo, pezas para os coches… D: Ao chegar a Suíza, os dous traballastes no campo. Había moita diferenza na forma de traballar respecto de aquí? A: Moitísima. En Suíza había tractores e moita outra maquinaria agrícola, cousa que en Galicia daquela todo se facía de xeito máis rudimentario, a man. DF: Onde viviron? S: Vivimos nun pobo chamado Morïken, que pertencía ao cantón de Argao. D: Con que outros emigrantes convivistes? A: Habíaos galegos, andaluces, iugoslavos, turcos…aínda que a maioría eran italianos.

Hoxe, 10 de abril, realizamos unha entrevista aos avós de David Casariego, Álvaro e Selmira, que nos van contar a súa experiencia como emigrantes na Suíza dos anos 60. DANIEL FDEZ: En que ano marcharon a Suíza? ÁLVARO: Fómonos no ano 1966 e voltamos no 1973. DAVID: Cal foi a causa da vosa marcha? SELMIRA: Pois que en Ribadeo non se gañaba o suficiente. Había pouco traballo e mal pagado. Ademais, nesas condicións era moi difícil darlle unha boa vida á nosa filla. DF: Levaron con vostedes a filla? S: Non. Alí íase traballar para traer cartos para aquí. Levar a nosa filla sería, por dicilo dalgunha maneira, unha “carga”. D: Como foi a vosa chegada? A: Collemos o tren en Lugo. Os seus vagóns ían repletos doutros galegos que, coma nós, ían a Suíza. Despois de moitas horas de viaxe, chegamos a Xenebra, onde nos fixeron un recoñecemento médico e nos puxeron unha pegatina que indicaba a onde iamos traballar. Alí agardábanos o noso xefe, é dicir, a persoa para a que iamos traballar. DF: A que se adicaron neses anos? S: Nada máis chegar, o meu home e mais eu traballamos nunha empresa que se encargaba da distribución de flores. O noso labor era plantar, coidar e recoller flores. Despois, eu traballei de axudante de cociña nun restaurante; e por último, entrei nunha fábrica de chocolate, onde o embalaba en caixas.

DF: Cal era a actitude dos suízos con vós? S: Eran moi amables, correctos, sempre dispostos a axudar. A: A min sorprendeume, por exemplo, cando traballaba na fábrica, que o xefe traballara cóbado a cóbado connosco, con mono de traballo incluído. Era un home que tiña outras tres fábricas máis e polo tanto era moi rico. A actitude que tiña cos traballadores era impensable que ocorrese dese xeito en Galicia. D: Entón, déstesvos acostumado a vivir alí? S: Non. O idioma sempre nos supuxo unha barreira. A: Pola contra, eu houbéseme quedado a vivir alí. Traer a nosa filla, quedarnos en Suíza e pasar as vacacións en Galicia, iso era o que eu desexaba. O nivel de vida que tiñamos alí era moi superior ó de aquí. Lémbraste, Selmira? Todo estaba tan coidado, tan limpo…non había nin un só papel na rúa. S: A pesar de que fose un sitio moi bo para vivir, eu sempre tiven moita morriña da miña terra e, sobre todo, da miña filla. De todas formas sempre me sentín moi agradecida pola actitude dos xefes e da xente. Pero,… non sei, eu quería voltar. A: E como as que mandan sempre son as mulleres… Despedímonos de Álvaro e de Selmira, dándolles as grazas pola súa colaboración. Como cambiaron as cousas dende entón! Agora Galicia é un país receptor de emigrantes: colombianos, brasileiros, rumanos, marroquís … Cómpre que teñamos con eles a mesma actitude de axuda que tiveron os suízos cos avós Álvaro e Selmira, o que desgraciadamente, en ocasións, non é así. David Casariego Cao Daniel Fernández Fernández 33


Entrevistamos a David, o guitarrista do grupo“ESCALA DRINKER”, un grupo ribadense que este ano presentarán o seu primeiro pero non último disco.

- Cando nace a túa afección pola música? A miña afección pola música apareceu cando era pequeno, escoitaba todo tipo de música e practicamente toda me gustaba. Pero cando realmente a empecei a apreciar ben foi aos 13 ou 14 anos, despois de coller prestado (sen volta) unha cinta de Extremoduro nun centro comercial. - Como se formou o grupo? O grupo formouse fai máis ou menos 3 anos, porque os compoñentes (Diego, Rubén e eu) escoitabamos o mesmo tipo de música e sabiamos tocar algún instrumento, ou iso pensabamos. - De onde vén o nome do grupo? O nome do grupo foi o elixido entre varios nomes que propuxemos; foi proposto por Rubén, o batería, porque era o menos malo de todos... Máis tarde buscámoslle o sentido de que reflicta unha especie de forma de medir o grado das borracheiras que colliamos (e collemos) e puntualas dalgunha forma; por exemplo, “Onte creo que saquei polo menos un 8,5 na escala” - Como vos xuntastes os compoñentes do grupo? Pois unha fin de semana que nos encontramos Ruben e mais eu falamos de música e díxome que el tocaba a guitarra e cantaba con Diego na escola de Vilaselán. El sabía que eu tocaba a guitarra eléctrica e díxome que pasara un día por alí a ver se me gustaba o ruído que facían. E gustoume. - Por que che gusta este estilo de música? O estilo que me gusta, o rock en todas as súas vertentes, empezoume a gustar polas letras críticas e poéticas dos grupos que escoitaba. Máis tarde, funme fixando en ritmos , partes de guitarra, batería... das que non me decatara, e deime conta de que xa estaba namorado delas. En definitiva, podo escoitar grupos variados e respecto case todo tipo de música, pero quedo co Rock&Roll. 34

- Cantos anos ten o grupo? O grupo ten aproximadamente 3 anos. - Estás contento cos resultados do grupo? Nestes momentos estou contento, porque no verán contamos gravar a nosa primeira maqueta, que creo que xa era hora. Temos moitos temas propios en inglés e castelán e estamos desexando compartilos. Tamén estamos dando pouco a pouco máis concertos. Os compoñentes cada vez entendémonos e compenetrámonos mellor. - Que plans de futuro tedes? Pois, de futuro inmediato, gravar unha maqueta ou disco financiado por nós; e á parte de tocar por Ribadeo, que xa temos tocado bastante, por arredores e varios puntos de España, nos que temos colegas que nos acollerían na súa casa. E pensando en dentro de 5 ou 10 anos, pois gustaríame verme con varios discos gravados e dando xiras por toda España... e incluso América.... por que non? Se aínda non coñeces este grupo e queres escoitar a súa música, non dubides en coñecer o seu MySpace: http://www.myspace.com/escaladrinker Alba López Álvarez Iria López González


Manuel Yañez Dablanca, profesor de filosofía do IES Dionisio Gamallo Fierros, exerce como director dese instituto dende o curso 2007-08. Moi amablemente accedeu a concedernos esta entrevista.

Ter curiosidade e temeridade, porque o dos cargos non me atrae moito.

Que o levou a estudar filosofía? Os meus mestres recomendábanme que estudase isto e, aínda que dubidaba entre dereito e periodismo, licienceime en filosofía na Universidade de Salamanca.

E tivo a oportunidade de ser director neses centros? Nunca mo propuxen, a verdade.

Sempre quixo ser mestre, ou gustáballe outra profesión? De pequeno quería ser astronauta. Antes de vostede, na súa familia houbo algún mestre? Si que houbo. Influíu iso na súa decisión de ser mestre? Para nada. A parte de director imparte algunha asignatura? Si, o de director é pasivo e perecedoiro. Cal? Filosofía. Gústalle? Encántame, e é a máis importante de todas. Ten algún método para dar clase? Si, teño en conta o tipo de xente á que lle dou clase, a súa idade... Recorda vostede algún momento especial na súa carreira? Todo. Os anos universitarios son para todos especiais e para min foron moi especiais, sobre todo porque estaba en Salamanca.

En que outros centros traballou? Nun de Ourense, Sarria, Monforte de Lemos, Moaña...

Cree que podería realizar ben o seu traballo sen o seu equipo? Non se fai nada sen o equipo, xa que hai un reparto necesario de responsabilidades e funcións. Cree que esta facendo ben o seu traballo? Todo é mellorable. Comparárono algunha vez con antigos directores deste centro? Supoño, pero a min non mo comentaron, loxicamente. A súa profesión resúltalle satisfactoria e pracenteira? Si, é satisfactoria polo contacto coa xente, aínda que ás veces é algo estresante. Hai tempo faláronnos da fusión dos institutos, como ve vostede esa proposta? Positiva. É necesaria por dous motivos: primeiro rendabilizamos mellor os recursos e, segundo, prodúcese unha mellora educativa para a comarca. Cree que pode levar a diferenzas entre os alumnos do Dionisio Gamallo Fierros e do Porta da Auga? Non, en absoluto. Rebeca Fernández García Andrea Fernández González

Que tivo que facer para chegar a ser director? 35


do. Entre os dous houbo moitos momentos bos e menos bos. En xeral teño boas lembranzas desa época da miña vida en Santiago. Que tivo que facer para chegar a ser director? Nun principio nada, aceptar o nomeamento, xa que fun proposto dende a Delegación Provincial no curso 200506. Logo, despois de tres cursos académicos, presentei a candidatura co respaldo do equipo directivo e, do que criamos, un bo programa de traballo para os catro seguintes cursos. En que outros centros traballou? Empecei traballando nun colexio privado, no San José de Lugo (Josefinas). Despois estiven nos IFP de Chantada, de Teis (Vigo) e de Betanzos. Xa no curso 1990-91 obtiven destino definitivo no IFP de Ribadeo, hoxe IES Porta da Auga. E tivo a oportunidade de ser director neses centros? Non. Só estiven un curso en cada un deses centros. Ademais, no meu caso, o de ser director foi algo totalmente circunstancial, inicialmente nunca mo propuxen, nin sequera no Porta da Auga, como xa expliquei.

Alfonso Piñeiro Funcasta é profesor de matemáticas no IES Porta da Auga e, dende o curso 2005-06, director do mesmo. Non tivo ningún reparo en concedernos uns minutos para responder ás nosas preguntas: Que o levou a estudar matemáticas? Gustábanme as ciencias en xeral e tardei en decidirme, xa que dubidaba entre matemáticas e física. Ao final foron as matemáticas, por tratarse dunha ciencia menos experimental, máis exacta. Sempre quixo ser profesor, ou gustáballe outra profesión? Non tiven unha vocación clara. Fixen a licenciatura de matemáticas sen pensar moito no que ía traballar, simplemente porque me gustaba. Logo, ao rematar, hai que gañar a vida dalgún xeito e aí fun parar. Antes de vostede, na súa familia houbo algún mestre? Non. Á parte de director, imparte algunha asignatura? Si claro. Cal? Este curso encargueime das matemáticas de 3º de ESO e de 1º de Bacharelato de Ciencias e tecnoloxía. Gústalle? Si. Ademais dende que son director, as clases permítenme esquecer os problemas que a diario teño na cabeza. Moitas veces sérvenme de relax, especialmente algunha delas, como as deste curso. Ten algún método para dar clase? Supoño que si. Intento minimizar as explicacións teóricas e centrarme na realización de exercicios e problemas. Nos últimos anos os razoamentos teóricos e formais foron moito a menos na ensinanza das matemáticas. Os profesores temos que adaptarnos a iso. Recorda vostede algún momento especial na súa carreira? Lembro o temor inicial e a alegría final por ter remata36

Cre que podería realizar ben o seu traballo sen o seu equipo? Evidentemente non. No labor de dirección o traballo en equipo éo todo, son as catro patas que aportan estabilidade á mesa, ningunha máis importante ca outra. Cre que está facendo ben o seu traballo? Non o sei. Sempre se intenta facer ben, non podería ser doutro xeito. Pero hai que ter en conta que dende que estás dentro non tes a visión dos que lles corresponde xulgar ese traballo, polo tanto o que eu opine sobre iso ten pouco valor. Comparárono algunha vez con antigos directores deste centro? É unha cousa que non me preocupa. Isto non é coma a política, non hai tantos intereses, incluso soe non habelos. Cada equipo directivo intenta facer as cousas o mellor que pode, con erros e acertos. Trátase de ir sumando vontades para que o centro funcione o mellor posible. A súa profesión resúltalle satisfactoria e pracenteira? Supoño que ao igual que nas demais profesións hai momentos de satisfacción e de insatisfacción. Eu tendo a ser bastante esixente comigo mesmo, polo que momentos de insatisfacción téñoos a miúdo. Hai tempo faláronnos da fusión dos institutos, como ve vostede esa proposta? Pareceume acertada dende o primeiro momento, aínda que non exenta de riscos se non se fai ben. Debe tratarse de que todos saiamos gañando, especialmente a educación en Ribadeo. O que ten pouco sentido é manter unha oferta educativa duplicada en dous institutos públicos nunha vila destas características. Cre que pode levar a diferenzas entre os alumnos do Dionisio Gamallo Fierros e do Porta da Auga? Non vexo cales poden ser esas diferenzas. Estou seguro que xa vos coñecedes todos, xa que sodes veciños e polo tanto compartides espazos, servizos e actividades. Por outro lado, é habitual que alumnos que comezan os seus estudos neste centro os rematen no Gamallo, e ó contrario, igual que pasa cos colexios. En resume, paréceme absurdo falar de diferenzas. Rebeca Fernández García Andrea Fernández González


pasatempos

KAKURO En cada fila e en cada columna hai que encher os cadradiños baleiros con números do 1 ao 9, sen que estes se repitan. Ademais, a suma destes números (por fila o por columna) ten que ser igual ó número clave dado. En número clave superior indica la suma da súa fila e o número clave inferior a suma da súa columna.

��� � � ����� ��� ��

��� ��

��� ��

�����

����

�����

���� ��� ��

�����

� ���� ��� ��

��� �

��� �

SOPA DE LETRAS EN FRANCÉS � % � $ � � � � � � � $ & &

� � � � � ! � + , % * , / ! +

� & � $ � ( � % # � & ) * � �

� & ) � . 0 # � $ # � � � � .

� ' *

! � � � ( , � ! # � ' � ! & ! ' ) � � � ! * � # � � � ( 0 # / � � $ ! � ) � $ '

� ( $ ( � 0 � � � + ! $ * � ( �

� � ' � � # $ " � � ,

� " ) ! + & " / � � � % � ) � ' % � � $ � $ " � � $ $ � � � $

# � � ( � � � # + � + � � � $ �

� & % � � . � & 0 ' & / � # �

$ ! � � � # + � & � ' ! � ' * 0 $ � # $ # � # ' � 0 ' # $ � � # % � 0 , & $ � � " � 37


ÉBANO E MARFIL O obxectivo do xogo é marcar os cadradiños de cor clara ou escura. Para elo debes ter en conta que nunha mesma fila ou columna, non pode haber mais cadradiños consecutivas dunha mesma cor cas que indican os números que aparecen arredor do taboleiro. Os números da parte superior e da parte esquerda indican o número máximo de cadradiños consecutivos de cor escura da columna ou fila correspondente. Os números da parte inferior e da dereita do taboleiro, indican o número máximo de cadradiños consecutivos de cor claro da columna ou fila correspondente.

� �

� �

� � � �

� �

� �

SOPA DE LETRAS EN INGLÉS SOPA LETRAS FRANCÉS Find theDE eleven jobs: waiter, EN teacher, doctor, lawyer, engineer, disc jockey, architect, farmer, mechanic, singer, cleaner.

�������������������������������� ��������� ������������������������������������������ ��������������������������������������������� ����������������� ������������� ������������� ������������������������������������������� ����������������� ��������������������� ����� ������������� ����������������������������� ����������� �������������������� �������� �������������������������������������������� � ����������������������������������������� 38


XERFA 19  

Nº19 da revista escolar XERFA. Curso 2009-10

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you