Page 1

ENRIQUE TOURIÑO MARCÉN

DO 15 DE FEBREIRO AO 22 DE MARZO DE 2013


Enrique Touriño Marcén, nace en Vigo en 1957. Profesional da fotografía dende o ano 1975, multidisciplinar e autodidacta, especialízase no terreo publicitario e industrial sen abandonar o mundo da arte e patrimonio, reprodución museística e artística, arqueoloxía e aérea. Divide a súa actividade profesional entre traballos para institucións públicas e para a empresa privada. O seu interese e profundo coñecemento das técnicas fotográficas actuais lévano a simultanear o traballo cunha estreita colaboración con Apple como ADP (Apple Distinguished Professional Photography) dende o ano 2007; na actualidade é colaborador de Sony na división de foto profesional.

Sinto que eles deben ser a miña verdadeira familia. Pronto esquecerei a outra. Estas árbores adoptaranme pouco a pouco e, para merecelo, aprendo o que hai que saber: Xa sei mirar as nubes que pasan. Tamén sei quedar quieto. E case sei calar. Jules Renard.

Díptico informativo da mostra fotográfica TERRA INCOGNITA, de Enrique Touriño Marcén.  

O vindeiro venres 15 de febreiro ás 20 horas terá lugar a inauguración da exposición TERRA INCOGNITA, do fotógrafo Enrique Touriño Marcén....

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you