Page 1

“Recórdao ti e recórdallo aos outros”

Actos conmemorativos do 75 aniversario do pasamento de

Luís Cernuda

A memoria é a condición necesaria para o logro da nosa identidade” “El uso moral de la conciencia” Carlos Castilla del Pino

A roseira do recordo ten as rosiñas a centos; ni- as pode queimar o sol ni- as pode arrincar o vento: florece cando se quere e dálle o delor recendo. “Pombas feridas”. Vento Mareiro. Ramón Cabanillas

Dr. Manuel Díaz González Coa colaboración:

[1886-1936] O Pequeniño do Incio

Concello de O Incio

26 e 27 de Novembro de 2011


Día 26/11/2011

Hora: Lugar:

16,30 horas. Salón de actividades da Casa do Concello do Incio

Conferencia – coloquio coa intervención dos seguintes participantes: Coordinador: Xosé Ramón Fandiño Veiga Escritor e xornalista. Poñentes:

Xosé Alvilares Moure Teólogo e escritor.

Lourenzo Fernández Prieto

Catedrático de Historia Contemporánea na USC e director do Proxecto Interuniversitario “Os Nomes, As Voces”).

Claudio Rodríguez Fer

Catedrático de Literatura na USC, poeta e estudoso da represión vinculada á Guerra Civil.

David Simón Lorda

Médico psiquiatra, estudoso da represión no colectivo médico en Galicia.

José Luis Díaz Gómez

Médico investigador da Universidade Nacional Autónoma de México e autor, entre outros, de dous libros sobre o homenaxeado do que é sobriño.

Día 27/11/2011

Hora: 11,00 horas. Lugar: Casa do Concello do Incio. Visita, en compañía da Sra. Alcadesa - presidenta do concello do Incio, membros da corporación municipal e familiares de don Manuel Díaz González, á mostra documental sobre o que foi médico municipal.

Hora: 12,00 horas. Lugar: Parque biosaudable de Cruz do Incio. Descubrimento do busto erixido en memoria do doutor Don Manuel Díaz González [1.886-1.936], O Pequeniño do Incio, en compañía de representantes municipais, familiares e público en xeral. Actuación de gaiteiros do Incio con outros músicos e recital do poeta Claudio Rodríguez Fer.

Hora: 13,00 horas. Lugar: No castiñeiro da Casilla da Serra, ao pé da

estrada que de Rubián conduce ao Incio.

Descubrimento do monólito erixido en memoria do doutor Don Manuel Díaz González [1.886-1.936], O pequeniño do Incio, en compañía de representantes municipais, familiares e público en xeral. Con actuación de gaiteiros do Incio con outros músicos e breve recital do poeta Claudio Rodríguez Fer.

Posteriormente, celebrarase un xantar na carpa que se instalará nas proximidades do parque. Os interesados en asistir deberán retirar as tarxetas en diversos establecementos do Incio.

Programa 75 aniversario do pasamento M. Díaz.  

Programa do pasamento

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you