Page 1

ENTROIDO OU CARNAVAL O Entroido é unha festa popular que se celebra entre os meses de febreiro e marzo. Ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Tamén ten relación coas crenzas relixiosas e correspondese cos días anteriores a Coresma, que para os cristiáns e tempo de sacrificio e penitencia. O Entroido é a época na que se poden romper todas as normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. O anonimato que proporcionan as máscaras e os disfraces é un dos seus principais atractivos, pois permítelle á xente facer máis cousas que o acostumado No Entroido dáselle moita importancia ao feito de comer e beber ben ata encherse. Durante as festas tómanse grandes cantidades dos tradicionais chourizos, lacóns e cachuchas. As androllas e o caldo non faltan tampouco na maioría dos fogares xa que fan falta para repoñer as forzas de toda a foliada destes días. Tamén nestas datas elabóranse sobremesas especiais como son as orellas e as filloas, que son os pratos máis típicos do Entroido.

CALENDARIO DO ENTROIDO LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

SÁBADO

DOMINGO FARELEIRO

MERCORES DE CINZA

COMPADRES

OLEIRO

COMADRES

CORREDOIRO PIÑATA


REMATE DO ENTROIDO Chegado o último día o mércores de cinza, toca a

despedida,

acaba

a

festa

e

hai

que

prepararse para a Coresma. Para iso queimase o Meco des pois de facerlle un xuízo xusto. Este meco é un boneco que representa todos os los vicios e excesos destes días de troula: comer e beber a fartar, cantar e bailar, burlarse e disfrazarse... Organízase un cortexo fúnebre onde se lle acompaña, no seu paseo pola vila, vestidos de loito. Cando se chega ao lugar da execución, fáiselle un xuízo onde se lle acusa de tódalas súas faltas. Lese a continuación o testamento do boneco, onde este vai deixando ás súas pobres prendas a diversas persoas destacables da comunidade ese ano.

AS FILLOAS INGREDIENTES 6 ovos Medio litro de leite 75 g de fariña 70 g de mantequilla

CANTIGA Adeus martes de Entroido, adeus, meu amiguiño, ata o domingo de Pascua non comerei máis touciño.

Touciño Bater os ovos e engadir a mantequilla derretida e a fariña e mesturar todo moi ben. Incorporar o leite e o sal. Deixar repousar a mestura, poñer una tixola a quentar e untala co touciño. Verter cun cullerón un pouco da mestu -ra, hai que ter coidado de non por moito, pois canto más finas queden más saborosas estarán. Deixar que calle e coa axuda dunha espátula voltear a


OS PELIQUEIROS Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo de Limia convértense por uns días nas capitais de Galicia. Os peliqueiros de Laza: os seis “chocos” similares a cencerros, que levan a cintura avisan da súa presenza. Cada un pesa un quilo e medio e son de ferro e bronce. O traxe está composto de varias pezas: carauta, chaqueta de cores, que se ata con tres lazos de diferente cor, camisa branca e gravata, unha faixa que vai por riba duns calzóns curtos adornados con podóns brancos, medias brancas con ligas e zapatos negros. Ademais leva adornos e outros accesorios.

A carauta é de madeira de bidueiro e ten una prolongación a modo de crista onde se reproducen motivos de animais. Leva uns podóns que colgan nos extremos. Na man leva a zamarra, unha especie de fusta que se usa unicamente contra aqueles que non respectan ao peliqueiro ou se interpoñen no seu camiño.


PANTALLAS E BOTEIROS As pantallas de Xinzo de Limia visten camisa e calzóns brancos, capa vermella ou negra, pano no pescozo, polainas negras e zapatos negros. Levan tamén unha faixa chea de campaíñas. As carautas, que son moi vistosas representan ao demo con bigote puntiagudos e barba. O seu complemento fundamental son as vexigas de animal infladas que ao batelas producen un ruído moi peculiar. Con elas golpean a todo aquel que pase pola rúa sen disfrace.

Os Boteiros de Viana do Bolo levan unha carauta de madeira tallada con motivos arrepiantes e unha pantalla de arame e cartón forrado de papeliños de cores formando un debuxo singular. A camisa de liño forrada de lazo de raso ou seda engurrada tamén de moitísimo colorido. O pantalón é vermello con flecos. Tamén leva un cinto de esquías avisando cando chega o Boteino, e un longo pau de madeira para axudarse a dar grandes brincos.

O Entroido  

Información

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you