__MAIN_TEXT__

Page 1


A VACA GLOTONA DO SEÑOR MANOLO Era unha vez un señor chamado Manolo que vivía nas aforas de Santa Comba. Coidaba unha vaca que a bautizara co nome de Glotona porque... comía, comía e comía! A vaca era moi lista e cando o señor Manolo a levaba a leira, a vaca vixiábao, esperaba a que dera a volta e na punta das catro patas, metíase na horta e comía as cenorias, brécoles, tomates, repolos... Cando o señor Manolo a ía a buscar vía que a horta estaba toda desfeita e preguntábase quen sería o que lle destrozara a súa horta. Un día decidiu vixiar e a súa sorpresa foi moi grande cando viu que fora: a súa querida vaca GLOTONA! Manolo decidiu darlle unha lección e botoulle polvos pica-pica nos repolos e esperou agochado despois de levala ao prado. Cando a vaca comeu sentiu un formigueiro na barriga tan grande que empezou a dar saltos e mais saltos, e cando por fin conseguiu parar, decidiu non volver a comer as verduras da horta de Manolo. E colorín colorado, este conto esta rematado. Ana María

O OGRO E A BRUXA Un día a bruxa Ramona estaba na súa guarida. Quería destruír o mundo e empezou atacando unha cidade chamada Artania. Alí vivía un ogro chamado Ásfor, o que ninguén quería. Ásfor defendeu a cidade de Artania e cunha soa man lanzou a bruxa polos aires. Dende aquel día Ásfor foi moi querido na cidade de Artania. Valentín


MARTÍN Había unha vez un neno que se chamaba Martín. Un día estábase bañando na piscina. Cando lle quería dicir algo aos seus pais descubriu que xa se marcharan. Ao cabo dunha hora lembrou que seus pais lle deran un móbil por se se perdía. Chamou a policía para que o levaran a casa. Os policías recibiron a mensaxe e inmediatamente o levaron para a súa casa. Unha vez alí deulles un forte abrazo aos seus pais. Ángel O INDIO E O CABALO Había unha vez un indio que se chamaba Lobo Dourado. Vivía en Norteamérica. Un día cando espertou non estaba o seu cabalo e marchou correndo ao tipi do seu amigo Aguia Brillante e os dous xuntos marcharon a buscar ó cabalo. Escalaron unha montaña e alí había un río e non o podían cruzar porque non tiña ponte e como viron unhas pedras ocorréuselle unha idea que era botar as pedras dentro do río para poder cruzalo. Despois seguiron subindo a montaña e arriba había un lago no que estaba bebendo o seu cabalo xunto a unha egua preciosa. Decidiron marchar para casa e levaron tamén a egua. Os dous tiveron moitos poldriños e foron moi felices. Ángel Manuel e Kevin O DRAGÓN VELDÍN


Había unha vez un dragón chamado Veldín que vivía nunha cova. O dragón comía nenos. Para levalos a súa cova dicíalles aos nenos que el tiña un precioso castelo cheo de xoguetes. Un día foi atacar un pobo chamado Mercadia. Alí colleu a dez nenos pequenos. Ao día seguinte un príncipe deuse conta de que fora o dragón Veldín e decidiu disfrazarse de dragón e foi visitalo a súa cova. Enganou a Veldín dicíndolle que no pobo de Florana había un nenos que sabían... de rechupeeeete! Mentres o dragón Veldín marchou a Florana, o príncipe rescatou aos nenos e levounos a Mercadia. Alí todos lle deron as grazas moi contentos. E colorado colorín, esta historia chega ao seu fin. Ángel

A GATIÑA XOGUETONA Érase unha vez unha nena que se chamaba Clara que vivía no bosque. Clara tiña unha gatiña que se chamaba Mileidi e con ela xogaba todo o día, acariñábaa, xogaban coa la, cunha pelota... Un día Mileidi enfermou e Clara asustouse. Cando quería xogar con ela, Mileidi non quería e permanecía deitada na súa cama. A mamá de Clara atopou unha flor medicinal no bosque. Clara deulle a flor medicinal a Mileidi e por fin se recuperou e volveron a xogar xuntas. Ana


A NENA E A FLOR Érase unha vez unha flor de color rosa que estaba triste porque non tiña amigos. Por alí paseaba unha nena, viuna tan triste e preguntoulle que lle pasaba e ela díxolle que non tiña amigos. A nena díxolle: - Vou a ser a túa amiga. Ao día seguinte a nena foi para alí e a flor rosa non estaba porque un neno a levara para a súa casa. A nena foina buscar e colleuna e púxoa no seu lugar e a flor agradeceullo. Ao final a flor quedou no seu sitio e a nena tróuxolle moitos amigos. A flor agora está moi contenta. E colorín, colorado, este florido conto, esta rematado. Lucía

EL GATO QUE NO QUERÍA COMER RATONES Había una vez un gato que tenía miedo a los ratones, pero su padre le decía que fuera a seguir a los ratones. El gato tuvo una idea, hacer una carrera, si ganaban los gatos, los gatos comerían a los ratones, pero si ganaban los ratones, los gatos los dejarían en libertad. La carrera empezó pero ganaron los gatos. El padre del gato se puso a comer uno, pero su hijo estaba llorando porque le daba pena comerse al ratón y decidió dejar de comer ratones para siempre. Colorín, colorado, este cuento se ha acabado. Fatma Nafei


A BRUXA DE DÚAS CABEZAS Érase unha vez unha bruxa que se chamaba Brujasa. Vivía nun castelo que tiña moitas arañas, telarañas e morcegos. Brujasa tiña un problema porque as súas dúas cabezas nunca se poñían de acordo en nada. Por exemplo, se unha quería ver a tele a outra quería ir a durmir e non atopaban a solución. Brujasa decidiu chamar a un meigo moi especial que apareceu nun pispas e para facer maxia dixo: - “Alacasí, alacasá, bum, pum”. E así as dúas cabezas se puxeron de acordo. Primeiro decidiron ver a tele e despois ir a durmir. E dende aquela, e grazas a maxia do meigo sempre estiveron de acordo. E colorín, colorado, este conto pesado, por fin está acabado. Jennifer e Leticia

A FLOR BRANCA Había unha vez unha flor branca que quería ter cor. Un día unha rapariga encontrouna chorando a mares. A nena preguntoulle que lle pasaba e ela respondeulle que non tiña cor e que a quería ter. A nena e mais a flor foron polo monte en busca de cores. Foi entón cando os froitos do bosque se deron conta do problema da flor e decidiron axudala. Coa axuda da nena e dos froitos:moras, fresas, framboesas, laranxas, limóns… a flor conseguiu as cores do arco da vella. E colorin colorado, este conto está acabado. Katia


O NENO FUTBOLISTA Había unha vez un neno que se chamaba Kevin e era futbolista de fútbol herba. Era máis bo que os demais e metía moitos goles. O seu entrenador que vivía en Santa Comba entrenabao moito. Un día Kevin díxolle: - Por que nunca me pos de dianteiro, son moi bo e marco moitos goles. - Porque fas moitas faltas. - Ponme so unha vez no partido. Non farei faltas, prométocho. - Vale, pero cunha condición. - Que condición? - Esta condición, como fagas unha soa falta, serás gardameta. - Si entrenador. E por fin chega o día do partido. Kevin non fixo ningunha falta. E desde ese momento nunca máis fixo faltas e foi o mellor dianteiro do equipo de Santa Comba. E colorado, colorín, este futbolero conto chega ao seu fin. Kevin OS CATRO AMIGOS Había unha vez un rato e un gato. O gato chamábase Cherin e o gato Garfil. Eles eran moi amigos e querían xogar con un can que se chamaba Raili, pero o can Raili non quería xogar. Decidiron chamar a Velocido o cabalo e este propúxolle facer unha carreira e dixeron que si gañaba o cabalo xogaban todos xuntos e si gañaba o can deixábano tranquilo. Gañou o cabalo e xogaron todos xuntos e desde aquela son uns amigos inseparables. E colorado colorín, este conto de animais chega ao seu fin. Ángel Manuel


O CARACOL SEN CONCHA Hai moitos anos, había un caracol chamado Caracolin que non tiña concha. Mentres foi pequeno non le importaba e era feliz. Pero cando se fixo maior non lle gustaba ser diferente aos demais. Un día a súa nai chamada Carocolinda encontrou o caracol chorando e preguntoulle: - Que che pasa? E o caracol respondeulle: - Non quero estar sen concha. - Non te preocupes, pedirémoslle axuda a Caraberzas, o caracol xefe. Foron e contáronlle o problema. Despois de moito pensar Caraberzas díxolle que foran ata a seta mais grande do bosque onde vivía o trasno máxico. Foron alí e contáronlle o problema e o trasno dixo as palabras máxicas: “Cachatún, Cachatán que a concha volva xa” E así foi como Caracolín conseguiu a concha e agora é moi feliz porque é coma os demais. E caracolín, caracolado, este conto está rematado. Iago O FUTBOLISTA Había unha vez un neno que quería ser futbolista, pero non sabía xogar moi ben. Un día pediulle axuda a unha bruxa, pero a bruxa non tiña a poción máxica que necesitaba. A bruxa recordou que tiña un amigo marciano e chamouno. Rapidamente chegou o marciano na súa nave espacial coa poción máxica que traía do seu planeta. A bruxa díxolle ao neno: - Toma esta poción máxica sen deixar nin unha soa gota. O neno bebeuna toda e así foi como chegou a ser o mellor futbolista do mundo. E grazas a esta poción, a historia rematou. Valentín


A PRINCESA ROSALINDA Había unha vez unha princesa chamada Rosalinda que tiña so dúas amigas Jennifer e Clara. Un día Rosalinda tiña que marchar do seu país pero ela non quería e tiña que buscar unha solución e non se lle ocorría nada. Un día atopouse con un neno chamado Iago e preguntoulle: -Que che pasa? E Rosalinda díxolle: -Teño que marchar deste pais, pero eu non quero. - Ó mellor pódoche axudar. Primeiro escaparás pola ventá baixando por unha corda e despois ven para a miña casa. Pola noite cando todos estaban durmindo escapou e foi a xunto do neno. E Iago díxolle: -Se vou contigo, irás? -Si pero tamén quero que veñan as miñas dúas amigas Jennifer e Clara. -Pois si queres que vaian, iremos os catro. Despois a princesa volveu ao castelo e díxolle aos gardas que quería ir para ese pais tan bonito que era Santa Comba. Os gardas dixéronllo ao seu pai que era o rei. Pola mañá o rei díxolle a súa filla Rosalinda que tivera boa sorte. Cando Rosalinda marchou e chegou a ese pais cos seus amigos deuse de conta que parecía case coma no seu soño e quixo aproveitar un pouco o tempo. Rosalinda aprendeu que podes ir a un millón de sitios e que todos serán bonitos. E colorín, colorete, este conto sae nun foguete. Ana Mª


A BRUXA MALA Érase unha vez unha bruxa mala que se chamaba Tópica. Un día chegou a un pobo e converteu a todos os seus habitantes en ras, menos a un neno que se chamaba Alex. A el non o converteu porque estaba de vacacións e cando volveu ao seu pobo viu que non había ninguén, so había moitas ras. Intentou averiguar o que pasara, ata que nun xornal vello descubriu o que sucedera. Entón foi ao bosque e encontrou unha fada e contoulle o que pasara. A fada foi con Alex ao pobo e alí coa súa variña máxica dixo: - “Chiscaravís, chiscaravás que deixen de ser ras”. Así foi como conseguiu desfacer o feitizo e agora todos son moi felices. Nicole A ESTRELA FUGAZ Érase unha vez unha estrela fugaz. Un día rompeulle un anaco dunha das súas puntas e caeu na Terra. Unha nena que paseaba polo bosque viu unha cousa brillante no chan e agachouse para collela. Levouna para a casa e púxoa enriba da mesiña de noite. Cando se deitou apagou a luz e o anaco empezou a alumear. Logo o anaco saíu voando cara a venta do cuarto. A nena foi correndo detrás del pero non puido alcanzalo. O anaco voou ata que atopou a estrela fugaz no ceo. A noite seguinte a nena mirou para o ceo e recoñeceu a estrela porque brillaba moito mais que as outras. Katia


O UNICORNIO Nun pobo chamado Linguindín vivía unha nena chamada Lulú, co seu papá, a súa mamá e a súa irmá maior nunha pastelería. Un día, todo o pobo de Linguindín esta en calma porque están vendo un cisne. Lulú decidiu perseguir ao cisne, non sabía onde ía. O cisne parou e cando ela mirou dixo: -Onde estou? será que estou nun bosque encantado? E de súpeto viu pasar a Raíña do bosque con uns animais. Chegou a noite e Lulú esta soa e apareceu un ser malvado e dixo: -Ola, como te chamas? Lulú non llo quixo dicir e entón el transformouna nun unicornio. Ao día seguinte cando a raíña espertou viu a Lulú transformada en unicornio, pero conseguiu desfacer o feitizo. Como Lulú lle dixo que non quería que aquilo volvera a pasar a Raíña dixo movendo o seu bastón: -“Alcaravín, alcaraván, que desapareza o señor do mal”. E o ser malvado desapareceu e transformouse nun peixe de cores que levou Lulú para a súa casa como mascota. E colorín, colorado, este máxico conto esta rematado. Leticia O GNOMO Había unha vez un gnomo que se chamaba Phineas. Era millonario e unha bruxa chamada Jacinta perseguíao para roubarlle a súa fortuna. A bruxa tiña unha guarida e na guarida tiña un lago de Pirañas e Phineas descubriu a guarida da bruxa e decidiu entrar nela. A bruxa encerrou a Phineas e este fixo a “chamada dos gnomos” e toda a súa familia acudiu a guarida da bruxa na súa axuda. Os gnomos sabían que estaban alí porque Phineas os avisou de que ía a guarida da bruxa Jacinta. Cando chegaron, empezou a tronar e o teito da guarida caeu. A tormenta era moi forte e levou a bruxa polos aires e os gnomos salváronse. Adrián

Profile for Maria Pintos

OS NOSOS CONTOS  

CONTOS REALIZADOS POLOS NENOA E NENAS DE 2º B CURSO 2008 / 09

OS NOSOS CONTOS  

CONTOS REALIZADOS POLOS NENOA E NENAS DE 2º B CURSO 2008 / 09

Profile for polillas
Advertisement