Page 1

COSITA LINDA Autor: Anthony Browne Un gorila en que vive encerrado, pídelle aos seus gardas que lle consigan un amigo; así é como a pequena Linda entra na su vida. Pronto, ela convértese na súa mellor compañeira e ambos farán ata o imposible por manterse xuntos.

Editorial: Fondo de Cultura Económica (Fce) Libros para niños


LOS DIENTES DE YACARÉ Autora: Margarita Mainé Yacaré, o protagonista desta historia, escoitou que cando aos nenos se lles caen os dentes, o Ratón Pérez cámbiallos por diñeiro. Como el ten tantos dentes pensa que podería chegar a ser millonario. Unha mañá decide saír a buscalo. E así, sen máis equipaxe que un pequeno bolso ao ombro, empeza a preguntar por el. Sen embargo, non é tan fácil encontrar a alguén que non desexa ser atopado… Editorial: EBD


¡MI TIA ES VERDE! Autor: Xose Cermeño

Esta é a historia dunha nena que ten una tía de cor verde e nadie sabe por que. Ela está orgullosa de ser verde desde que era pequena e á nena encántalle xogar coa súa tía. Editorial: Edicións SM Colección: Barco de vapor A partir de 6 años


MORRIS, REGÁLAME UN AMIGO Autora: Gabriela Keselman Ilustrador: Maximiliano Luchini Nesta nova aventura de Morris é Zorris o que precisa a súa axuda para atopar un amigo. O mapache acepta a cambio de dous chocolates Cando se reúnen con todos os amigos de Morris, ningún quere ser amigo de Zorris, pero Morris e moi convincente e todos terminan dando consellos a Zorris de cómo ser un bo amigo. Editorial: Edicións SM Colección: Barco de vapor


CLEMENTINA Escritor: Sara Pennypacker Os profesores dinlle sempre en clase a Clementina que estea atenta. Non se dan conta de que ela atende, o que pasa, e que ten tantas ideas «xeniales» na cabeza que as solta sen parar, porque di que se non se aburren. Como cando debuxou con rotulador uns preciosos rizos na cabeza pelona de Marga, a súa mellor amiga. Aínda que a idea máis fantástica foi a que se le ocorreu para axudar ao seu pai coas pombas… Editorial BRUÑO


A GRAN VIAXE DO SEÑOR M. Autor: Gilles Tibo Ilustrador: Luc Melanson Cando morreu o seu fillo, o Señor M. emprendeu unha longa viaxe. Só levou consigo un osiño de la e unha cadeira. Visitou lugares incribles. Percorreu as rúas dos pobos e cidades e coñeceu as súas xentes. Paraba nos parques a xogar. Un día coñeceu un neno que estaba moi tristeiro porque a súa familia desaparecera en medio dunha terrible guerra. Só lle quedaba unha boneca de trapo. E o Señor M. fabricoulle unha cadeira de madeira e colleuno da man. Editorial: KALANDRAKA


A PEDRA E AS FORMIGAS Autor: Jacobo Fernández Serrano Houbo unha vez dúas formigas que, paseando polo campo preto dun bosque tan escuro que metía medo, viron como unha xirafa bebía un raio de sol que se colaba entre a follaxe. Seguiron camiñando. Cando se puxeron a comer os bocadillos apoiados nunha pedra grande, escoitaron a voz dunha princesa que dicía estar presa na pedra por unha bruxa malvada… Editorial : XERAIS


E TI QUE FARIAS POR MIN? Autora: Fina Casalderrey Ilustrador: Manolo Uhía Malta e Marqués viven na rúa. Cada vez cústalles máis atopar comida; hoxe só queda por buscar no vertedoiro. Marqués non se atreve a meterse no lixo, pero faille promesas a Malta: Se fose bolboreta regalaríache… Se fose xílgaro contaríache… Se fose lúa… E Malta, ¿que fai por Marqués? Editorial: XERAIS

lecturas veran 2010  

lecturas para o verán

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you