Issuu on Google+

MARTES 16 ABRIL 20:00 h.

DEMOCRACIA E RESPONSABILIDADE

“O PAPEL DOS MEDIA NA DEMOCRACIA E NA CRISE” Participan:

José Luis Gómez Xornalista

Ramón Lobo Xornalista

Carlos Caneiro Escritor

Modera:


A Fundación Araguaney-Puente de Culturas, guiada polo seu espírito de traballo en beneficio da sociedade, abre unha tribuna de debate para que a xente poida acudir, escoitar e aportar ideas co obxectivo de contribuír á rexeneración democrática e a unha maior responsabilidade civil. O obxectivo principal da Tribuna é a rexeneración de ideas e de proxectos e está orientada a impulsar o cambio da sociedade actual cara á sociedade futura, contemplando as causas e as leccións da actual crise financeira e dos conflitos bélicos, étnicos, políticos e económicos, nos que nos atopamos inmersos. Tamén se prestará atención á difusión das novas ideas xeradas no ámbito das ciencias políticas e económicas cuxa importancia sexa testada na controversia científica ou académica. Por razóns de proximidade e compromiso, a tribuna prestará especial atención aos procesos políticos e sociais que afecten ás sociedades palestina e española, contempladas nos seus respectivos contextos estratéxicos e culturais. Na idea de “Tribuna” vai implícita a organización de foros de debate, pero pódese estender tamén a outras actividades, como recitales poéticos e musicais, sesións de intercambio científico entre expertos, actividades de formación relativas aos procesos de información e activación de memoria, intercambios multidisciplinares que abarquen moi diferentes enfoques dunha mesma cuestión, e a todo o que teña que ver co uso e difusión científica ou divulgativa dos resultados obtidos. Permitindo, deste xeito, un maior dinamismo na súa organización. Todo iso axudaranos á xeración de ideas para un rearme intelectual sobre política, democracia, economía e dos procesos de modernización da sociedade a nivel global.


“O PAPEL DOS MEDIA NA DEMOCRACIA E NA CRISE” Analizaremos a evolución do papel dos medios dende o inicio da democracia ata a actual situación de grise global, as estructuras ás que responden e a súa influencia na opinión pública. Trataremos de buscar respostas a preguntas como, por exemplo, se cumplen coa súa función de informar á sociedade ou exercen a manipulación; existe a liberdade de prensa ou os media responden a intereses políticos ou económicos; os cambios necesarios para salvar a unha profesión en crise.


RAMÓN LOBO Xornalista

www.ramonlobo.com www.facebook.com/ramon.lobo twitter.com/ramonlobo

Licenciado en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, desde 1975 traballou en diversos medios de comunicación como a axencia Pyresa, Radio Intercontinental, El Heraldo de Aragón, Radio 80, Actual, A Voz de América, Expansión, Cinco Días, La Gaceta dos Negocios e El Sol. Desde agosto de 1992 destaca o seu faceta como xornalista de guerra do diario El País, cubrindo conflitos e guerras en todos os continentes: Croacia, Serbia e Kosovo, Bosníaca-Herzegovina, Albania, Chechenia, Irak, os Territorios Palestinos, Líbano, Arxentina, Haití, Ruanda, Nigeria, Guinea Ecuatorial, Sierra Leoa, Uganda, Congo, Zimbabue, Namibia, Afganistán, Filipinas, etc.


JOSÉ LUIS GÓMEZ Xornalista

www.joseluisgomez.opennemas.com www.facebook.com/xoseluisgomez twitter.com/J_L_Gomez

O xornalista José Luis Gómez foi redactor, xefe de sección, redactor-xefe e director de La Voz de Galicia, onde traballou entre 1982 e 1999. Nos años 98 e 99 tamén exerceu como director editorial do Grupo Voz. Ata 2003 fue director de Coordinación de Publicaciones y de Comunicación de Grupo Zeta. Entre 2005 e 2008 foi director da revista Capital, posto que compatibilizou ca dirección da revista Forum. No 2008 fundou e dirixeu o Xornal de Galicia, posto que desempeñou ata 2011. Dende 2013 é editor de Mundiario. Foi conselleiro das empresas La Voz de Galicia, La Voz de Baleares, Atlas Galicia, Xornal Galinet e Xornal de Galicia. E colaborou en diversas revistas e cadenas de radio e TV (SER, RNE, RadioVoz, Telecinco, TVG, TVE, Veo, Intereconomía, Localia, etc.). En Telecinco foi tertuliano durante máis de dez años no programa La Mirada Crítica. Tamén foi columnista de El Periódico de Catalunya e de El País. É autor de varios libros, entre eles Cómo salir de esta (Actualia Editorial, 2013), A vueltas con España (Temas de Hoy, Madrid, 2005), Galicia ante la CEE (Biblioteca Gallega, 1983) e José Luis Méndez (Biblioteca Gallega, 1994).

Entre otros, es Premio Galicia de Periodismo.


INTERVENCIÓN NA TRIBUNA O PAPEL DOS MEDIA NA DEMOCRACIA E NA CRISE

España adoptou severas medidas de austeridade, a pesar de ter un desemprego elevado. Pero non o fixo por vontade propia, senón baixo presión. Encontrouse sen capacidade de refinanciar a súa débeda e viuse obrigada a recortar o seu gasto e a subir os impostos. Ante a imposibilidade dun cambio inmediato do modelo produtivo, a devaluación interna perfila a saída da crise. Vendo os números de Alemaña e España -a primeira con case o dobre de poboación ten a metade de parados- é lóxico que o aumento sen límites coñecidos do paro español chame a atención dos grandes medios de comunicación internacionais. E, por suposto, de todos os españois. Tamén ten a súa lóxica que a democracia se tambalee nunha situación de crise xeral tan extrema. Abondarían un par de datos para comprendelo, poñéndolle cara e ollos: 1) unha de cada dez familias, millón e medio longo de fogares, teñen a todos os seus membros desempregados. E 2) O ascenso do paro superou todos os récords da era moderna de España tanto no número de desempregados coma en taxa. O risco de conflitividade parece evidente, por moito que agora estea atenuado polo emprego na economía mergullada, cuxa dimensión duplica a media europea. O papel dos media na democracia e na crise é especialmente importante nun momento como o actual. Tanto dende dentro coma dende fóra de España. Non esquezamos que periodismo é aquilo que os poderosos non queren que saiba e que todo o demais é propaganda. En xeral, como diría o ex presidente Felipe González, as élites de referencia deixaron de existir en todos os ámbitos, e sen elas España ten un problema moi serio. Se por enriba non coidamos as institucións... podemos entrar noutro momento escuro da nosa historia. En canto á crise dos medios, dentro da crise xeral, talvez o que está


en crise non é a profesión xornalística, senón a estrutura xornalística, xa que, en realidade, a revolución tecnolóxica creou un mundo perfecto para o profesional dos medios de comunicación. En resumo, os medios constatan que estamos nun festival xudicial de políticos e empresarios mesturados coa crise económica e de valores, tamén coa corrupción, cuxo vector resultante mina a democracia. A solución, acaso a única realista, pode ser un gran pacto social e político -non só entre partidos-, de forma que os custos da crise se repartan do mellor xeito posible, como sucedera nos xa históricos Pactos da Moncloa, que fixeron posible asentar a democracia no medio dunha crise económica. Producir máis e mellor sería agora a solución ao paro e aos baixos ingresos nun país con déficit fiscal.


XOSÉ CARLOS CANEIRO Escritor

twitter.com/xccaneiro

Estudou Maxisterio, Filoloxía Hispánica e Xeografía e Historia.Presenta e dirixe en TVG o programa cultural ”Oficio de palabras”, ademais de ser un colaborador habitual da Voz de Galicia e do programa “A crónica dá Radio Galega”.

O seu primeiro recoñecemento como escritor foi o Premio Ourense de Contos en 1984. Como autor de relatos ou novela breve conseguiu o Premio Breogán por Bette Davis, por favor. Tamén recibiu os Premios Rosalía de Castro de Poesía, o premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo en 1999, e en marzo de 2011 recibiu o premio de xornalismo Fernández do Rego.


INTERVENCIÓN NA TRIBUNA O PAPEL DOS MEDIA NA DEMOCRACIA E NA CRISE

CRISES, LITERATURA, PERIODISMO E MUNDO FELIZ Xosé Carlos Caneiro

Escribir no xornal é unha terapia. Un escribe no periódico para salvarse da actualidade. Por ese motivo un, para salvarse da actualidade, escribe da actualidade que ás veces parécese ao humanismo perverso e machista da Italia Berlusconi, outras á evanescencia mistérica da política hispana, algunhas aos inverosímiles místicos corruptos e, a maioría das ocasións, a actualidade parécese a ese compendio de sentimentos e emocións que somos, fomos e seremos. O escritor metido a columnista é un productor de emocións de usar e tirar, de brevidades, de palabras que duran o que dura o periódico sen ser tirado ao cubo de papel para reciclar. O periódico do día, para o día, patinando sobre a corda frouxa da xornada. Ser escritor significa ser social. Non podemos vivir en cápsulas herméticas cerradas ao que nos rodea. Escribir no periódico é un modo de constatar que somos e estamos e parecemos porque hoxe, os escritores, apenas existimos. Perdimos prestixio, función social e función educativa. Polo tanto eu celebro poder escribir no xornal sen ser xornalista, senón escritor. Non é o mesmo, aínda que hai grandes xornalistas que son grandes escritores, eo ao revés, ou sexa, que hai de todo nesta república das letras. O xornalismo é denotativo, a literatura é connotativa. O periodismo conta, a literatura (digo eu en contra da maioría) debe estimular, seducir, bosquexar, difuminar, suxerir. O periodismo recrea a verdade, a literatura pretende facer pasar por verdade a mentira que vivimos e que nos vive. O periodista informa e non comunica, porque a información e a comunicación son cousas ben distintas. Pena que todo se confunda. E pena que ás veces interpreten ao opinador como informador e ao comunicador como periodista. Incluso corremos o risco de deixar de ser escritores cando escribimos no xornal e iso, digo ben


alto, é o que non pode ser. O escritor é escritor cando redacta columnas no xornal e non pode deixar de selo. Nunca. Estamos a facer os escritores unha escritura tamén de periódico, que algúns, equivocadamente, chaman literatura. Escoitei algunha vez, varias veces, que a mellor literatura está a facerse nos xornais. Como frase, como titular, debo recoñecer que é esta unha aseveración de altura. Eu non a comparto. A boa literatura faise nos bos libros, incluso nos bos libros que nunca se publican: os que corren premios literarios, editoriais, ollos de amigos, lectoras e lectores particulares que os queren facer vivir, aínda que nunca vivan. Non infravaloremos a literatura. Non repitamos demagoxias: nin o máis fácil é sempre o máis difícil, nin o breve é mellor sempre que o amplo, nin un bo verso (así sen máis) é máis luminoso que unha boa novela. A demagoxia, como o dogma, non é a aliada da intelectualidade senón daqueles que a negan constantemente. Hoxe, por fortuna, regresa ás planas dos periódicos máis prestixiosos o xornalismo literario. Nel pretendo asentarme. Penso que non hai outro lugar máis adecuado para o escritor. O escritor, segundo o meu vehemente criterio, debe facer literatura (breve) nas súas columnas para seguir sendo escritor e non pasar por analista, erudito, politólogo, polemista ou opinador profesional. Claro que o escritor pode ser tamén todas esas cousas sen deixar de ser escritor. O escritor pode analizar ou epistemoloxizar a realidade, certo, pero creo, a risco de errar, que nese momento deixa de existir a literatura e deixa de existir o autor literario. É outra cousa. Nin mellor nin peor; diferente, simplemente. De todas as profesións necesarias nunha sociedade libre e libertaria –impulsoras, polo tanto, do sentido crítico e do espírito aberto– quizá o xornalismo sexa a máis imprescindible para oficiar a democracia. O periodismo non só conta a verdade, senón que a propaga. Non só fai da opinión pública o seu fundamento, senón que grazas a tal perseverancia outorga sentido e lustre ao Estado de dereito. Falo de periodismo como profesión no sentido máis certo da palabra: profesar, facer votos de adhesión a unha causa. O periodismo é un oficio de profesos, é dicir, o oficio propio daquel que entrega a súa vida a uns principios. Non se pode ser periodista sen vocación de periodista. Do mesmo que non se pode ser


teólogo negando a Deus, ou escritor sen venerar os libros e o coñecemento, sensibilidade ou paíxón que os libros implican. Os periodistas navegan no barco da búsqueda constante. Descren das verdades absolutas. Resultan indómitos para o poder, tan acostumado a ditar ortodoxias e preceptos. Representan a un dos sectores máis dinámicos da sociedade. Son paradigmas do pensamento deductivo e analítico. Os periodistas perseguen a cognición da verdade e o relati¬vismo inherente que ela mesma convoca. Os homes e mulleres do periodismo son os que non se atemorizan fronte á desfortuna, a miseria que por veces danza diante dos nosos ollos. Esta crise inducida endogamicamente pola ambición, a codicia e os seus satélites. Por tal motivo, os medios de comunicación resultaron ser fundamentais para significar o descrédito da política e o poder financeiro neste último lustro de padecementos, recortes físicos (pecuniarios) e relativos á psique individual (de índole moral). Os medios de comunicación contaron as causas e os efectos, e unha vez máis amosaron o seu grao simbiótico coa sociedade á que serven e informan. E falo de grao simbiótico porque, adurmiñados como estabamos todos, nin periodistas, nin economistas, nin académicos nin outros sabios da polis foron quen de avisar que sucedería o que por fin, e para desgraza de todos, sucedeu dende finais de 2007. Uns, os mesmos que hai meses sinalaban que “faltan horas para que España sea rescatada” (sic), calaron as ominosas mentiras e sofismas do anterior presidente do Goberno, que por puro interese electoral, foi quen de negar a crise cando a crise era evidente. Outros, mecidos no sono profundo da opulencia, non albiscaron as nubes negras que anunciaban esta funesta crise económica. Pero foron elas e eles, uns e outros, os que capitanearon a nave da opinión pública para que a sociedade civil tivese forzae presenza en asuntos capitais moi relacionados coa crise: a corrupción cos seus modismos e protagonistas, as participacións preferentes, os desafiuzamentos, etc, etc, etc. En todo caso, haberá tempo para debatir todas estas cuestións. Eu, que só son un columnista, afirmo que cada columna quere ser un


acto literario. A columna, que González Ruano definiu como o soneto do periodismo, é unha confesión sincera. Os autores debémoslles aos medios de comunicación o feito de existir porque hoxe nada alleo aos medios existe. Incluso máis, ás veces teño a certeza de que o único existente é iso que aparece nos xornais. Debémóslles aos periódicos a fortuna, como dicía ao comezo, de ser estar e parecer. Pero talvez cómpre reclamar neste foro intelixente, onde discutiremos do papel dos medios de comunicación na crise económica, que a literatura teña máis presenza e latencia na actual sociedade da información. A literatura vive momentos de angustia. A literatura permanente, aquela que Schopenhauer definiu como clásica –ou para sintetizalo ao modo de Italo Calvino: os libros que nunca terminan de dicir o que teñen que dicir– sofre momentos de agonía, de loita cruenta e terminal. A literatura permanente, os textos que crean ao seu redor un espacio sempre fructífero (George Steiner) deféndese sen uñas e sen dentes perante o trebón de simplezas que pretenden disfrazarse de literatura. Esta crise, da que apenas se fala, créanme, resulta tamén moi profunda e angustiosa. Crise económica, pero tamén crise espiritual e humanística. Crise espiritual que nos levou a solemnizar aos necios e esquecer aos sabios. Crise espiritual que provocou, tamén, esta crise económica.Vivimos durante demasiado tempo na distopía do mundo feliz que Huxley retratou, idolatrando a non liberdade na que crecemos, coa auténtica literatura repousando nas estanterías do olvido ata que o tempo a rescate, coa necesidade de ler e coñecer derramada na propaganda de lecturas brandas e mansas e reductivas, coa diferenza e a disidencia e a estética da ambición castigadas polas organizadas brigadas que pretenden homoxeneizar ou homologar ou anaforizar o humanismo do terceiro milenio, cun exceso de presunta información tan alarmante que a actualidade, a crise e as súas tanxencias, é quen rebosa e rebasa o presente, o pasado e o futuro do noso existir. Estou fatigado por tanto repetir o mesmo cansino categorema. Desculpen que insista nestes diálogos da Fundación Araguaney. Os medios de comunicación deberan evidenciar no só a crise económica, senón esoutras crises que nos asolan: a crise do pensamento, da intelixencia, da tolerancia e o respecto pola “outredade” (e recupero unha expresión de Sartre). Borges dicía que debemos escribir para a memoria, non para o olvido. Quizá a memoria futura vislumbre que na intrahistoria destes anos, tan aciagos, os medios de comunicación xogaron un papel relevante fronte ao frío económico pero esqueceron a crise fundamental, e gravísima, que ao meu ver nos fustiga sen horizonte nin remedio: a crise humanística. A crise dos valores, da palabra e da cultura. Para camiñar cara a un mundo máis feliz, non nos queda máis remedio que mirar estas crises. Pídolles, por caridade e altura moral, que vostedes non deixen de facelo. Grazas.


FOTOGRAFÍAS DO EVENTO


DOSSIER DE PRENSA


DOSSIER DE PRENSA


DOSSIER DE PRENSA


DOSSIER DE PRENSA


Santiago de Compostela Hotel Eurostars Araguaney


Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"